26
REVISTA NÚMERO 1 Concellería de Mocidade Servizo SocioComunitario Asociación Deportiva Freeride Narón Xestionar a nosa identidade dixital Entrevista a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes Visitamos a Escola de Música Moderna Narón estrea club de piragüismo Sabías que...?

Revista Dameuntoke número 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista de mocidade do Concello de Narón. Dameuntoke número 1.

Citation preview

Page 1: Revista Dameuntoke número 1

REVISTA NÚMERO 1Concellería de MocidadeServizo SocioComunitario

Asociación Deportiva Freeride Narón Xestionar a nosa identidade dixital Entrevista a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes

Visitamos a Escola de Música Moderna Narón estrea club de piragüismo Sabías que...?

Page 2: Revista Dameuntoke número 1

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos

Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L.

Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero

Fotografía Ana Pintos

Impreso En Galicia

Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2010

Promove: Concello de Narón

Concellería de Mocidade

Serie: Información e DivulgaciónTítulo: Revista DameuntokeDepósito legal: C-566-2100

Page 3: Revista Dameuntoke número 1

04 Acrobatas das bicisAcercámonos ao deporte, en concreto á montain bike e á especialidade free-ride da man de Berto, membro da Asociación Deportiva Freeride Narón.

10 Xestionar a nosa identidade dixitalPorque en internet tamén creamos a nosa identidade. Dámosche algúns consellos para viaxar polo ciberespazo.

14 Entrevista a Natalia HermidaEntrevistamos a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes do Concello de Narón.

16 Visitamos a Escola de Musica ModernaNun local anexo á Casa da Mocidade encóntrase un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra, batería e baixo dunha maneira diferente.

19 Naron estrea club de piraguismoAntonio Castro ensinounos o novo club de piragüismo e as posibilidades coas que contamos en Narón para practicar este deporte.

22 Sab as que...?En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos cun Skate-park na Gándara, unha web con información xuvenil actualizada diaria-mente, un departamento de orientación laboral...

Sumario

Page 4: Revista Dameuntoke número 1

Acrobatas das bicisEntrEvistamos a BErto, mEmBro da asociacion dEportiva FrEEridE naron

Fotos: Alberto Armada Blanco

Page 5: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón �

NO NOSO CONCELLO atopámonos cuns verdadeiros acróbatas das bicis e amantes do deporte de risco. A súa ilusión por dar a coñecer esta especialidade levo-unos a crear en febreiro de 2008 a Asociación Freeri-de Narón e planificar diferentes actividades ao longo do ano.

No primeiro número da revista Dameuntoke entre-vistamos a Berto, presidente da asociación.

En que consiste o freeride?O freeride é unha modalidade deportiva, na que os

corredores, sortean unha serie de obstáculos, tanto naturais, coma árbores, caídas e pedras, ou artificiais, coma longas pasarelas de madeira elevadas do chan ou saltos de madeira ou terra.

Nestas competicións puntúase o estilo dos corredores, así como a complexidade das manobras realizadas. No noso club ademais practicamos outras modalidades de BTT como o descenso e o four cross, que son dis-ciplinas de velocidade, en trazados máis naturais e á vez moito máis técnicos, nos que os corredores loitan contra o cronómetro e á vez contra outros corredores.

O freeride é unha modalidade de mountain bike que consiste en facer trucos en saltos e obstá-culos artificiais e naturais. Normalmente é costa abaixo e as competicións desta modalidade son puntuadas por xuíces. As súas orixes proveñen dos grandes bosques canadenses polo que Narón, e en xeral Galicia, son lugares idóneos para a súa práctica.

Page 6: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón �� Concellería de Mocidade. Concello de Narón

É un deporte perigoso?Aínda que estas modalidades están consideradas un deporte de risco, depende do nivel acadado por cada persoa ou a súa vontade. Isto é o que realmente o con-verte en perigoso.

Para evitar os accidentes, ademais de andar con sen-tidiño, protexémonos con todas as proteccións po-sibles, dende o imprescindible casco, ata petos inte-grais, reforzos, xeonlleiras e guantes, que aseguran que o dano nas caídas sexa o mínimo.

Que acrobacias se poden facer?Que che gustaría facer? Os trucos dependen do nivel de cada persoa, ou do que se lle pase pola cabeza no

momento de encarar un salto, dende rodar por unha parede completamente vertical ou facer un back hip ata unha simple pregada baixando o bordo da bei-rarúa…

A variedade de trucos e practicamente infinita, a pro-pia palabra freeride, montar libre. Ti ves unha zona na que poderías facer algo e dis: “vou intentalo”.

Un dos trucos máis difíciles que vin (non en persoa) foi un rapaz facendo un frontflip (un pichacarneiro cara adiante) baixando un grupo dunhas 10 escalei-ras, e isto sen separarse da súa bici… impresionante.

Por que decidistes montar unha asociación? Buscabamos o apoio institucional para poder facer

Page 7: Revista Dameuntoke número 1

actividades libremente no concello e tamén poder participar en competicións.

Atopastes apoio dende o concello?Nun primeiro momento impulsounos a Concellería de Mocidade, aínda que agora como club deportivo estamos máis ligados á Concellería de Deportes, que puxo á nosa disposición unha parte da parcela do cir-cuíto do Río do Pozo, na que temos un circuíto per-manente, que usamos maioritariamente en verán e no que neste ano 2009 fixemos unha carreira.

Que actividades realizades ao longo do ano? Par-ticipades nalgunha competición?Normalmente todas as fins de semana saímos a mon-tar en bici pola comarca, xa sexa en Narón, Ferrol, Ares ou A Coruña e no verán no bike-park de Manzaneda. Ademais todos os anos facemos dúas quedadas aber-

Concellería de Mocidade. Concello de Narón �� Concellería de Mocidade. Concello de Narón

tas a todo o público, na que nos xuntamos unhas cincuenta persoas procedentes de toda Galicia, e este ano tamén algunha xente de León , para montar en bici durante todo o día e comer xuntos. Para estas reunións soemos escoller unha data no ve-rán ou outra na última fin de semana do ano, para despedilo como máis nos gusta.Este último ano fixemos unha carreira de Dual Sla-

Page 8: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón �� Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Page 9: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón �� Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Que podemos facer para unirnos a vosa asociacion? Podédesnos visitar no noso local da rua Río Vespasante (xunto Correos ou o Siroco) os ven-res a ultima hora da tarde, entre as 20:00 e as 22:00 ou ben mandándonos un correo electró-nico a [email protected]

lom, ademais de participar en case todas as competi-cións de Galicia de descenso e parte das de Asturias.

O freeride potencia un contacto directo coa natu-reza, cos bosques e contornos salvaxes, que lu-gares destacarías no Concello de Narón con estas características?Pois na zona rural de Narón. É donde soemos des-envolver as nosas actividades, camiños que discorren por Pedroso ou Sedes son os que máis nos atraen.

Dinos en poucas palabras que che proporciona a práctica do freeride?

O freeride é un estilo de vida. Cando realmente estás enganchado a este deporte, só pensas en que chegue a fin de semana para saír do traballo ou da clase, para poder sentir esa sensación de liberdade que che dan 3 ou 4 minutos de baixada, nos que non pensas noutra cousa máis que no ben que o estás pasando.

É unha sensación difícil de explicar, o que é estar a 300 metros sobre o nivel do mar, cunhas vistas ex-plendidas, un día na Coruña, outro nas Illas Sisargas, en Valdoviño... e 5 minutos despois atoparte rozando a area da praia. Nese percorrido, nese camiño, encon-tras de todo pedras: barro, algún xabaril ou corzo e moita diversión.

Page 10: Revista Dameuntoke número 1

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Chatear » Facer amigos » Encontrar parella » Pagar a contribución » Reservar billetes de avión » Poxar un cómic » Manter un blog » Apostar » Alugar un coche » Buscar un vello amigo » Buscar o enderezo dun restaurante...

Xestionar a nosa identidade dixitalSe ben e certo que Internet ofrece numeroSaS poSIbIlIdadeS tamen e certo que non exISte unha cultura dIxItal

Page 11: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11

ESTE É SÓ UN PEQUENO CONXUNTO das actividades que podería realizar unha persoa conectada a internet, con independencia da súa idade, nun día calquera.

A maioría das enquisas realizadas sobre usos en in-ternet indican que o 90% dos novos internautas con-sidera que saben utilizar gran parte dos servizos que ofrece actualmente a rede. Facebook, Skype, Flickr, Tuenti, Youtube, Wikipedia, Google Maps, Messen-ger, Amazon... son ferramentas coas que estamos familiarizados.

Non obstante as mesmas enquisas demostran que son moi poucos os que son conscientes das ameazas que se cernen sobre eles cando se conectan.

Somos conscientes de que cando navega-mos a través de diferentes páxinas web imos deixando un rastro?; con que amea-zas nos podemos atopar?; son delitos os escarnios públicos e chantaxes sexuais a través da rede?; se temos un problema sabemos a onde acudir?; podemos enviar un correo electrónico indicando os nosos contrasinais?; é veraz a información que consultamos?...

que son as redes sociais?As redes sociais son sitios web que facilitan o con-tacto e o intercambio de información entre persoas. Constitúen unha das grandes achegas da Web 2.0 e están modificando a nosa forma de comunicarnos e relacionarnos cos demais.

As redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter, Hi-5, MyS-pace, Orkut, Skyrock...) incrementan as posibilidades

Page 12: Revista Dameuntoke número 1

de contacto e permiten subir á internet todo tipo de material multimedia como comentarios, fotos, vídeos ou ligazóns para compartir cos nosos contactos.

O seu uso xeralizado xera dúbidas con respecto á pri-vacidade. Como indica Howard Rheingold nas redes sociais “o elemento máis importante non é a tecno-loxía, senón as relacións humanas”. Ten en conta que todo aquilo que subas ás redes so-ciais vai quedar almacenado e visible para un bo nú-mero de persoas.

que é a identidade dixital?A identidade dixital é unha representación de nós mes-mos en internet. É un retrato en internet xerado por cada interacción que realizamos utilizando, por exem-plo, o correo electrónico, escribindo nicknames, crean-do un blog, publicando comentarios, fotos ou videos.

A suma destes trazos ofrece unha percepción sobre a nosa imaxe persoal na rede. Na actualidade a socia-

lización no mundo virtual é tan importante coma no mundo físico.

Ten en conta que xestionar as ferramentas tecnolóxi-cas que usas e como as usas vai definir a túa presen-cia, visibilidade e reputación en internet.

que é o phishing ou pesca?A pesca (en inglés phishing) é unha modalidade de estafa por correo electrónico deseñada para acceder de xeito fraudulento ás nosas contas bancarias.Aínda que existen medidas preventivas, a usurpación e uso fraudulento da identidade son problemas co-múns no mundo virtual. Son frecuentes os delitos ligados a falsas identidades.

Ten en conta que as entidades bancarias nunca de-mandan información por correo electrónico. Non indiques os datos confidenciais e números de iden-tificación vinculados a contas bancarias, tarxetas de crédito... poderías estar caendo nunha estafa dixital.

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Page 13: Revista Dameuntoke número 1

que é o cyberbulling ou acoso dixital?O cyberbulling ou acoso dixital trátase dun tipo de agresións que poden variar dende as chamadas amea-zantes ao teléfono móbil, mensaxes de texto, envío de material gráfico desagradable, ata a divulgación dal-gunha foto ou filmación embarazosa.Existen numerosas organizacións que se dedican a identificar e denunciar os agresores. Na web Denun-cia On-line (http://www.denuncia-online.org) encon-trarás un grupo de expertos que asesoran sobre cada caso e as medidas que se deben tomar.

Ten en conta que en internet tamén existe unha lexis-lación e que estas actuacións son delitos.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13

En definitiva, temos que empezar a coi-dar a nosa identidade dixital. A mocidade, especialmente, vivimos nunha sociedade en rede que nos ofrece múltiples posibi-lidades. Pero tamén é certo que debemos ser conscientes de que as nosas accións dixitais teñen un efecto na construción da nosa identidade.

Page 14: Revista Dameuntoke número 1

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Natalia Hermida Rico é a concelleira de Modidade, Participación Cidadá e De-portes do Concello de Narón. Desenvolve as políticas de mocidade do concello máis novo da comarca, onde, ao contrario que no resto de Galicia, a poboación crece cada ano e, polo tanto, cada ano somos máis os rapaces e rapazas.

Entrevista a Natalia HermidaO COnCellO de naron nOn fai COusas “para” a mOCidade senOn COusas “COa” mOCidade

Pois divido o día entre o traballo no comercio e o do Concello desde primeira hora da mañá ata a noite. En resumo, son moitas horas fóra da casa. Pero, claro, é un traballo que elixín eu, así que o fago con gusto.

1. Como é o teu día a día?

2. É necesario ser novo para ocupar este cargo?

Non necesariamente. É certo que canto máis novo é un, máis próxi-mo está aos problemas da xente nova, pero hai que ter en conta que o traballo no concello é un traballo colectivo no que participa moita xente, dende os políticos e funcionarios ata os propios mozos.

O traballo dunha concelleira do goberno é acadar uns obxectivos que os veciños e veciñas de Narón nos marcamos colectivamente.

3. Dende cando e ata cando se é novo?

A lei di que ata os 30 anos, pero é certo que a sociedade na que nós vivimos é distinta á dos noso país, e o acceso ao mundo do traballo é hoxe máis tardío.

Cada un marca os seus obxectivos vitais, pero tamén as circunstan-cias xogan.

4. Cres que custa máis agora que antes ser novo?

A realidade social en Galicia é hoxe moi distinta á de hai anos. As dificultades son distintas.

Hoxe é moito máis fácil acceder a todo tipo de formación, non só académica, senón tamén relacionada cos intereses persoais de cada un (a música, a arte, o deporte, por poñer algúns exemplos) e hai moitas máis maneiras de divertirse e relacionarse que antes.

Page 15: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15

5. Que fai a túa concellería para a mocidade?

A concellería non fai cousas para a mocidade senón coa mocidade.

Narón ten unha política de mocidade que se entrelaza coa política educativa, a de deportes, a de cultura, a de igualdade, … De feito, Narón é o único concello da comarca que ten un servizo socioco-munitario que deseña e executa políticas e programas que non se desenvolven de arriba abaixo, senón horizontalmente, permitindo a participación de todos e implicando aos mozos e mozas, aos institutos, ás asociacións…

As escolas deportivas, as culturais, o apoio aos grupos musicais, o investimento en novas tecnoloxías… todo é política de mocidade.

perfil da entrevistada

Vive: NarónProfesión: Empresaria de comercioIndica nunha palabra que che transmite1. Concerto - Amigos2. Libro - Evasión3. Deporte – Saúde 4. Responsabilidade - Entrega5. Traballo - Satisfacción6. Narón - Orgullo

Pero tamén hai problemas que antes non había. É distinto. Os país sempre nos din que vivimos mellor do que vivían eles de mozos, e é certo, pero os problemas de cada un sábeos cada un.

Page 16: Revista Dameuntoke número 1

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A idea de crear unha escola na que o alumnado aprenderá dun xeito práctico e participativo está tendo éxito. Para o ano 2010 a escola xa conta con 34 alum-nos/as e ás clases de guitarra e batería súmanse as de baixo.

Visitamos a Escola de Musica Moderna de NaronNuN local aNexo a casa da Mocidade eNcoNtrase uN espazo privilexiado para apreNder a tocar a guitarra e a bateria duNha MaNeira difereNte.

A ESCOLA DE MÚSICA MODERNA do Concello de Narón, xurdiu no ano 2003 ante a necesidade que tiña Narón de contar cunha escola na que mozos/as de Narón puideran aprender a tocar a guitarra e a batería dunha maneira diferente, intentando fuxir do formato clásico e academicista de ensinanza. A idea era crear unha escola na que o

alumnado aprendera mediante un mé-todo participativo que o involucrara ac-tivamente na aprendizaxe musical.

Ao mesmo tempo, ante a existencia de numerosos grupos musicais que tiñan a necesidade de contar cun local onde poder ensaiar, decídese poñer á dispo-sición destes grupos, unha aula con

Page 17: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17

Visitamos a Escola de Musica Moderna de Naron

asesoramento musical na que poder ensaiar durante a semana.

Desta maneira, a Escola de Música Mo-derna leva seis anos con este programa, e no ano 2009 incorporouse á oferta formativa, a posibilidade de aprender a tocar outro instrumento: o baixo.

Esta escola ten como obxectivo xeral promover a formación técnico musical da xente nova de Narón, e promover a música realizada por grupos novos, dán-dolles a oportunidade de amosar a súa expresión musical en actuacións en cen-tros cívico sociais, prazas públicas, etc.

os horarios deste curso 2009-2010 para a oferta forMativa, soN os seguiNtes:

Para as clases de guitarra: os luns de 17:00 a 19:00 h. ou os xoves de 17:00 a 19:00 h.

Para as de batería: os mércores de 16:30 a 18:30 ou de 18:30 a 20:30 h.E para as de baixo: os mar-tes de 18:30 a 20:30 horas.

As aulas de ensaio para grupos terían dispoñibilida-de de martes a sábados en

horario de tarde.Os únicos requisitos para poder participar nesta escola son estar empadroado/a en Narón e ter unha idade comprendida entre os 12 e os 26 anos.Para inscribirte, debes dirixirte á Oficina Munici-pal de Información Xuvenil (OMIX) situada na 1ª planta do concello e cubrir o impreso de solicitude.

Page 18: Revista Dameuntoke número 1

para Mais iNforMacioN podes chamar ao seguinte teléfono: 981337700 ext 1103; no seguinte enderezo electrónico: [email protected] ou informarte na páxina web de mocidade: http://www.dameuntoke.es

MT18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Entre os obxectivos operativos que tería a escola destaca: fomentar foros de encon-tro que propicien o troco artístico-musical entre grupos novos; xerar unha cultura musical entre a mocidade; incentivar o coñecemento de grupos novos e abrirlles camiño no panorama musical, mediante a realización de encontros e “Kedadas musi-cais” nas prazas e outros lugares públicos; así como, crear un tecido de accións e re-cursos para favorecer a “externalización” da súa actividade.

A Escola de Música Moderna ten a súa sede na Casa da Mocidade (rúa do Col-meote s/n. Narón).

As clases da escola de música comezan no mes de outubro e rematan no mes de xuño. As inscricións nesta poden realizar-se ao longo do curso e o custo da activida-de é de 7,60 euros.

obxectivos

Page 19: Revista Dameuntoke número 1

Naron estrea club de piragüismoO nOvO clube de piraguismO busca cOnverterse nun referente a nivel galegO e estatal.

A ría de Ferrol é un estupendo marco para a práctica do piragüismo, quizais por iso, na parroquia de Xuvia están a facer un importante esforzo por potenciar este deporte. A finais do ano 2009 presentábase o novo club de piragüismo de Narón. En Dameuntoke tivemos a oportunidade de conversar co seu presidente, Antonio Castro.

1918

Page 20: Revista Dameuntoke número 1

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A ría de Ferrol é un marco idóneo para a práctica do piragüismo?Sen dúbida. O exemplo máis claro é que no pasado había ata sete clubs de piragüismo no marco da comarca de Ferrol. A nosa intención é recuperar esta tradición deportiva.

É un deporte sinxelo?É un deporte sacrificado que esixe moita constancia, unha boa preparación física e un perfeccionamento do estilo. Ao mesmo tempo, trátase dun deporte moi

completo no que nos podemos iniciar dende unha curta idade. A verdade é un deporte moi atractivo.

Hai unha idade mínima para ser piragüista?Eu diría que os rapaces e rapazas a partir dos sete anos xa poden empezar a practicar o piragüismo.

Como podemos empezar a practicar o piragüismo?Unha boa oportunidade é apuntarse aos cursos de iniciación que dende o Club de Piragüismo de Narón estamos a organizar para Semana Santa (un curso) e para o verán (dous cursos).

Estes cursos diríxense a persoas que queren come-zar a collerlle o fío a este deporte ou para aqueles afeccionados que teñen algunha idea pero que queren mellorar a súa aprendizaxe.

A finais do ano 2009 creastes o novo club de pi-ragüismo? Por que apostastes por este deporte?Apostamos polo piragüismo porque nos gusta, porque contamos cunhas grandes instalacións de-portivas, un gran director deportivo e a proximidade á ría. Tres elementos básicos para levar adiante un gran club.

Ao mesmo tempo vemos que é unha práctica que gusta, que se está a recuperar. Moitas persoas do Concello de Narón veñen a preguntar pola Escola de Piragüismo e as posibilidades que ofrece.

Cales son os vosos obxectivos?O primeiro obxectivo é contar cunha gran escola de piragüismo que cree canteira. A partir de aí pensa-mos que en tres, catro anos podemos ver os primei-ros froitos a nivel de competicións galegas.

Page 21: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 21

En que tipo de categorías desexades competir?Imos competir nas diferentes categorías de K1, K2 e K4 (modalidade onde o deportista vai sentado sobre a piragua) e tamén nas categorías C1 e C2 (modalida-de onde o deportista vai de xeonllos sobre a piragua).

Contades con escola de piragüismo?Si estamos dentro do conxunto de escolas deportivas do Concello de Narón. No noso caso a Escola de Piragüismo está baixo a tutela de Miguel Leira, un referente no piragüismo a nivel galego.

A través da Escola de Piragüismo formamos os interesados neste deporte con cursos de iniciación, cursos de perfeccionamento ou incluso cursos de pesca sobre kayak.

Que lle dirías á mocidade de Narón para que se anime a participar no conxunto de actividades

que realizades?Pois que se animen, que nos veñan a visitar para comprobar o bo ambiente que se respira.

Nós, dende o Club de Piragüismo de Narón ofre-cémoslles a posibilidade de practicar este deporte, ademais contamos cunhas estupendas instalacións con ximnasio, todo o material deportivo necesario, cursos específicos con profesionais preparados para a súa impartición e o pago da licenza de piragüista. Todo este conxunto por 10 euros ao mes.

datOs de cOntactO: Lugar: r/ Marcial Calvo, número 20 15570 NarónTeléfonos de contacto: 620589466 / 609914819

Page 22: Revista Dameuntoke número 1

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

1

1naron conta dende o día 18 de decem-bro cunhas instalacións públicas para a práctica da patinaxe sitas xunto á Casa da Mocidade (skatepark da Gándara)?

2 na paxina web de mocidade www.dameuntoke.es ou dameuntoke.eu podes informarte diariamente das novas de índole xuvenil máis actuais e mandar as túas suxestións a través da web?

3

5 a casa da mocidade do concello (situada na Gándara) ten un horario de apertura semanal de 17:00 a 19:00 h de luns a venres?

6 a casa da mocidade conta cunha aula de informática dotada con 10 equipos informáticos con conexión a internet e impresora de uso gratuíto?

3 no servizo socio- comunitario do Concello existe un departamento de Orientación laboral que contan con pro-fesionais que poden axudarche a atopar un traballo, ase-sorarte para facer cursos formativos, o teu currículo... etc?

2

4 na oficina de informacion xuvenil sita no concello (1ª pranta) ademais de informarte de todos os temas que poden ser do teu interese, podes facer o carné xove (carné dirixido a mozos/as de 12-30 anos de idade que permite unha serie de descontos en actividades, cines, estable-cementos de ocio, tendas, museos, etc)?

Page 23: Revista Dameuntoke número 1

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23

8 todos os anos no mes de outubro o concello pon a disposición dos estudantes da Universidade da Coruña o bonobús universitario que pode solicitarse para os transportes á universidade?

7 a biblioteca municipal do alto conta cun volumen de libros superior a 48.000 exemplares e con múlti-ples revistas e cómics así como equipos informativos que están a túa diposición de luns a sábados? E que ademais podes facerte socio pagando soamente 50 cts ao ano (no caso de ser menor de 14 anos) ou 1 euro ao ano (no caso de ser maior desta idade)?

9 o programa de mocidade está a promover a decora-ción de espazos urbanos a través do graffiti mediante kedadas realizadas ao longo de todo o ano?

10 a oficina de informacion xuvenildo concello funciona en horario de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres e ten o seguinte teléfono: 981337700 ext 1103?

7

6

5

9

10

Page 24: Revista Dameuntoke número 1

Se desexas coñecer o que se move en Narón séguenos no teu dia a dia.

No portal portal web http://www.dameuntoke.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.

Moi

útilDurante o ano 2009...

7 grupos ensaiaron e máis de 70 persoas aprenderon a tocar a guitarra, batería e baixo na Escola de Música Moderna

A web Dameuntoke sumou máis de 3.200 visitas

No Encontro Local de Mocidade partici-paron arredor de 170 persoas de forma directa nos diferentes talleres.

máis de cinco mil mozos e mozas de Narón utilizaron os servizos e participaron nas actividades programadas pola Concellería de Mocidade.

Encontro de patinaxe

A Oficina de Información Xuvenil atendeu 4036 consultas sobre diversas temáticas relacionadas coa mocidade

Quedadas para deseñar camisetas

Encontro de grafitis

Inagurouse o Skatepark de Narón situado tras a Casa da Mocidade

Talleres sobre educación afectivo-sexual

Page 25: Revista Dameuntoke número 1
Page 26: Revista Dameuntoke número 1

©JA

MER