28
REVISTA NÚMERO 4 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario Recursos de orientación laboral no Concello de Narón A ritmo de samba con Sandra García En marcha o rexistro de bicicletas Que é o software libre? Lugares con encanto II Sabías que…?

Revista Dameuntoke número 4

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista de mocidade do Concello de narón, número 4

Citation preview

Page 1: Revista Dameuntoke número 4

REVISTA NÚMERO 4Concellería de MocidadeServizo sociocomunitario

Recursos de orientación laboral no Concello de Narón A ritmo de samba con Sandra García En marcha o rexistro de bicicletas

Que é o software libre? Lugares con encanto II Sabías que…?

Page 2: Revista Dameuntoke número 4

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos

Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L.

CEM. Sociedade cooperativa

Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero

Impreso En Galicia

Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2011

Promove: Concello de Narón

Concellería de Mocidade

Revista subvencionada polaSerie: Información e DivulgaciónTítulo: Revista DameuntokeDepósito legal: C-566-2100

Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa

Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico.

O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta

do Concello de Narón.

Estamos á túa disposición.

Foto de portada: Manuel Rivera

Page 3: Revista Dameuntoke número 4

Sumario

04 Recursos de orientacion laboral no Concello de NaronNo Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón funciona o programa de orientación laboral coa finalidade de informarte e situarte no mercado laboral.

08 A ritmo de samba con Sandra GarciaMozos e mozas acoden a recibir unha boa dose de ensaios e calmar a febre que senten polos bailes de salón no Pazo da Cultura do Concello de Narón.

12 En marcha o rexistro de bicicletasUnha iniciativa para impedir o extravío das bicicletas, dificultar o seu roubo e pór en marcha, no seu caso, mecanismos de detección e identificación que permitan a súa recuperación.

16 Que e o software libre?O software libre é a denominación do software que respecta a liberdade dos usuarios sobre o seu produto adquirido, e polo tanto, unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudado, cambiado ou redistribuído libremente.

19 Lugares con encanto IIO río Xuvia está gardado por un fermoso bosque de ribeira formando un estreito corredor verde que se estende ao longo do seu leito.

24 Sab as que...?En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…

Page 4: Revista Dameuntoke número 4

Cando pensas poñerte a traballar?,

pensaches niso algunha vez? Cos novos

cambios que se están a producir no

mundo laboral temos que estar alerta e

pensar no futuro. Que fago da miña vida?,

sigo estudando ou traballando?, isto é o

primeiro que debes aclarar para saber o

que queres nun futuro.

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Recursos de orientacion laboral no concello de NaronNo Servizo SociocomuNitario do coNcello de NaroN fuNcioNa o programa de orieNtacioN laboral coa fiNalidade de iNformarte e Situarte No mercado laboral.

NO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO DO CONCELLO DE NARÓN poderás recibir información sobre as actuacións do Servizo Público de Emprego e outros dispositivos da comarca onde poder recibir informa-ción sobre a formación que necesitas e onde atopar un emprego. Por exemplo, entre outras cousas co-ñecerás: • A programación de accións formativas para per-soas desempregadas que desenvolve o Servizo Públi-co de Emprego, e na que podes atopar cursos.

• As accións formativas que desde o Concello de Na-rón realizamos para distintos tipos de usuarios, como aquelas persoas que non teñen nin-gún tipo de formación e necesitan uns mínimos para incorporarse ao mer-cado laboral, aquelas outras que xa te-ñen unha base e necesitan apren-der un oficio ou perfeccionarse no que ten, ou para as persoas que xa están traballando e necesitan dun-ha especialización concreta.

Page 5: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5

Recursos de orientacion laboral no concello de Naron

• As bolsas de emprego da comarca, os buscadores de emprego, e outros servizos de información e orien-tación aos que podes acudir para recoller información.

Tamén che diremos cal é a situación do mercado laboral da comarca, que requisitos piden as empresas e in-formación que che pode axudar a atopar ese primeiro emprego. Nesta

liña asesorarémoste sobre os sectores que están en auxe, as profesións máis

demandadas, o perfil dos postos de traballo e a formación asociada para acadalo, etc.

Ademais, axudarémosche coa confección do teu cu-rrículo, a carta de presentación, a busca de informa-ción en internet, a entrevista de traballo e outras ferra-mentas que se usan no proceso de busca de emprego como por exemplo o Decálogo de busca de emprego, que é un tríptico que temos editado e no que te infor-mamos de forma sinxela sobre os dez pasos básicos que tes que seguir para atopar un traballo.

E a parte máis importante, asesorámoste e orientá-moste para que poidas aclarar as túas ideas sobre cales son as mellores opcións que tes neste momen-to, e poidas tomar as decisións adecuadas de cara ao futuro.

Page 6: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 76 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

decalogo de buSca de emprego

1. Coñecerte a ti mesmo

2. Decidir de que queres traballar

3. Seleccionar e coñecer as fontes de información da zona onde queres traballar

4. Utilizar a túa rede de contactos persoais

5. Estudar as ofertas de emprego nas que estás interesado/a

6. Preparar a entrevista de traballo

7. Reflexionar sobre como foi a entrevista

8. Analizar e reformular a túa estratexia de busca de emprego

9. Non esquecer a opción do autoemprego

10. E finalmente, organizarte e levar unha axenda dos teus pasos na busca de emprego.

Ten en conta que a orientación é un proceso para pre-parar as persoas para que se incorporen e permane-zan no mundo laboral, e axúdavos a trazar o camiño que queredes seguir na vida para ter un traballo satis-factorio, a través da correcta decisión que dea lugar a unha adecuada inserción profesional, e ao mesmo tempo contribúe a que cada un alcance na medida do posible a súa realización como persoa.

O proceso é sinxelo, solicita unha entrevista de orien-tación laboral no rexistro do concello e os/as orienta-dores/as poñeranse en contacto contigo para dicirche o día que te atenderán.Nesa entrevista, analizarán o teu perfil profesional e formativo para coñecer me-llor as posibilidades que tes de atopar un emprego ou formarte, e proporanche a realización dun itinerario persoal de inserción para seguir mellor o teu progre-so cara ao emprego.Neste itinerario persoal de inser-ción traballaremos coas túas aptitudes e capacidades, e indicarémosche os pasos que tes que seguir para axustar os teus intereses e vocación coa situación do mercado laboral.

Page 7: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 76 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Nalgúns casos fanse accións colectivas, dirixidas á adquisición de capacidades básicas necesarias para enfrontarse á procura de emprego, como poden ser técnicas de busca de emprego, desenvolvemento de aspectos persoais para a ocupación, obradoiro de au-toemprego, etc.

Por último, cando un empresario ou empresaria ne-cesita contratar a alguén, pode pórse en contacto con nós para que o axudemos na definición do posto de traballo ofertado e o perfil profesional necesario para cubrir esa oferta.

A continuación introducimos eses datos na rede in-formática do Servizo Público de Emprego e comuni-camos a preselección dos/as candidatos/as que máis se adecúen de acordo cos criterios especificados. Por isto, é moi importante que os teus datos persoais estean actualizados e correctamente introducidos no Servizo Público de Emprego, se non, podes estar perdendo oportunidades de emprego. Na entrevista de orientación tamén revisamos esta cuestión.

Servizo Sociocomunitario municipalPraza de Galicia, 115570-NarónA Coruña

Teléfono de contacto: 981 33 77 00Ext. 1107 e 1106 Orientación LaboralExt. 1123 Técnica de empregoExt. 1103 Información Xuvenil

Podes contactar cos/as orientadores/as no:

Page 8: Revista Dameuntoke número 4

8 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A ritmo de samba con Sandra GarciaMozos e Mozas acoden a recibir unha boa dose de ensaios e calMar a febre que senten polos bailes de salon no pazo da cultura do concello de naron

Fotos: María Vieira “Mavi”

Page 9: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9

Na última visita que realizamos ao Pazo da Cultura notamos unha sensación extrana, uns ritmos bailongos leváronnos a coñecer a Sandra García, xunto con Román Romero, a profesora encargada de ensinar diferentes bailes tanto a nivel social como de competición.

Boas tardes Sandra, explícanos como te

adentraches no mundo do baile?

Con 4 anos asistín a miña primeira clase de baile tradicional, onde continuei ata fai catro anos, formando parte das escolas de Baile Tradicional do Padroa-do da Cultura e do Grupo Alxibeira, do que hoxe son a directora.

Grazas ao baile tradicional collín o gusto pola danza e xa de moza, cando empezaban os bailes de salón en Galicia, adentreime xunto coa miña parella neste sorprendente mundo.

Comezamos nas escolas do Padroado por coñecer un pouco esta modalidade de baile e enganchounos de tal maneira que continuamos a nosa formación competindo por toda Europa e recibindo clases con diferentes adestradores.

Page 10: Revista Dameuntoke número 4

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

perfil do entrevistado

Vive: NarónProfesión: Profesora de Baile de Salón e Baile TradicionalIndica nunha palabra que che transmite1. Concerto - Placer2. Libro - Relax3. Deporte – Benestar 4. Responsabilidade - Necesidade5. Traballo - Satisfacción6. Narón - Progreso

Temos dous tipos de clases de baile, unhas chamadas de Social, para toda a xente que queira iniciarse no baile, e outras de Competición. Todas elas divididas por grupos de idede e de nivel.

Na túa traxectoria tiveches múltiples re-coñecementos, cómo

te sentes actualmente na Escola de Baile do

Concello de Narón?

A verdade é que me sinto unha privilexiada por traballar no que máis me gusta e formar parte desta aposta na que o baile está ao alcance de todo o mundo.

Que tipo de clases podemos atopar?

Page 11: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11

onde obteno Mais inforMacion? Se desexas inscribirte nalguna das actividades da Escola de Baile do Concello de Narón non tes máis que contactar co:

Padroado de Cultura no Pazo da Cultura, rúa Holanda s/n ou no teléfono 981391144 en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00.

Non podería escoller unha soa das experiencias gratificantes xa que son unha infinidades delas as que xorden no día a día. Pero en xeral quedaría-me coa ilusión, a motivación e ganas de aprender coas que chegan os alumnos e alumnas ás clases, e por suposto coa gran amizade que hai entre eles, somos unha gran familia.

Polo que escoitamos participa moita xente nova nestas activida-

des. É certo?

Contamos cun número elevado de xente bailando na escola, de aí que sexamos a escola máis nume-rosa de toda Galicia e a cuarta de España. Aínda que é certo que contamos cun porcentaxe moi alto de xente nova.

Cal é a experiencia máis gratificante e a

máis graciosa que vivi-ches nesta Escola?

Page 12: Revista Dameuntoke número 4

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

En marcha o rexistro de bicicletas de NaronO COnCellO de narOn pOn en marCha O rexistrO de biCiCletas unha iniCiativa para evitar O seu extraviO.

Fotos: Manuel Rivera

Page 13: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13

O rexistro de bicibletas de Narón busca dar unha resposta axeitada a este pro-blema. Trátase dunha base de datos de propietarios e propietarias de bicicletas creada para dar resposta aos problemas de seguridade.

Con esta iniciativa preténdese impedir o extravío das bicicletas, dificultar o seu roubo e pór en marcha, se é o caso, mecanismos de detección e identificación que permitan a súa recuperación.

O proceso consiste en enmarcar legalmente a propiedade das bicicletas a partir da inclusión dos datos do propietario e dos datos identificativos da bicibleta nun sistema informático de rexistro. Esta base de datos está en conexión coa Policia Local de Narón para poder comprobar en todo momento titulares e posibles identificacións de bicibletas.

1. Ummm perdín a miña bicicleta que fago…

Nos últimos meses vemos que o Concello de Narón está a pór en marcha iniciativas para potenciar o transporte en bicicleta. Narón en bici, xa conta con varias rutas xeolocali-zadas para percorrer a ribeira do río Xuvia, o camiño de Santo André de Teixido ao seu paso por Narón, os camiños milenarios do Val, etc.

Estas iniciativas van acompañadas dun sistema de rexistro de bicicletas para evitar o seu extravío ben sexa por algunha imprudencia nosa ou por roubo.

Page 14: Revista Dameuntoke número 4

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

3. E como podo rexistrar a miña

bicicleta?

Moi fácil. Para rexistrar as bicicletas temos que ser maiores de 14 anos e residen-tes en Narón. Os menores de 18 anos debemos traer asinado o formulario de rexistro polos nosos representantes legais.

Para rexistrar as nosas bicicletas temos que cubrir un único formulario con dous apartados:

• O apartado de rexistro da propiedade. É dicir un documento onde se acredite quen é o verdadeiro propietario.

• O apartado de rexistro da bicicleta. É dicir cubrir outro documento onde se indique o número de bastidor, normalmente situado na parte inferior da caixa do pedalier.

2. Cantos ciclistas somos en Narón?

Pois seguramente moitos máis dos que pensamos. Un bo exemplo do número de persoas que apostamos por un transporte saudable e ecolóxico foi a organi-zación da III Edición do Día da Bicicleta, iniciativa impulsada por “La Voz de Galicia” en colaboración co Concello de Narón e o Padroado de Deportes onde nos xuntamos máis de 2000 ciclistas para percorrer as principais rúas de Narón.

Neste sentido, rexistrar as nosas bicicletas axudará a que os organismos públicos aposten decididamente por este tipo de transporte e que se poidan levar a cabo actuacións enfocadas a mellorar o tránsito en relación coa mobilidade segura.

Page 15: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15

Para este verán estará a disposición dos naroneses e naronesas o servizo de alugueiro de bicibletas.

Esta iniciativa impulsada por Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, contará con 72 bicicletas repartidas en múltiples puntos para recoller e devolver as bicibletas, así como cun centro de control para o seu mantemento e reparación.

Animádevos a participar nestas iniciativas, por unha vida máis sauda-ble sen malos fumes!!

4. E teño a posibilidade de alugar unha bicicleta?

O proceso de rexistro podes facelo telematicamente a través da páxina web da Policía local de Narón (http://policia.naron.es) ou dirixíndote á oficina de Educación Viaria na planta baixa do Concello de Narón, situado na praza de Galicia, número 1.

Page 16: Revista Dameuntoke número 4

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

O software libre é a denominación do software que respecta a liberdade dos usuarios sobre o seu produto adquirido, e polo tanto, unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudado, cambiado ou redistribuído libremente.

Que é o software libre?ActuAlmente existen moitos progrAmAs que utilizAn licenzAs de softwAre libre.

O SOFTWARE LIBRE (do inglés Free Software, oposto ao “Software Privativo”, Privative Software) refírese no seu aspecto máis xeral a aqueles programas de ordena-dor nos que o usuario goza das seguintes liberdades:

1. Liberdade para usar o programa, independente-mente do propósito e a persoa. 2. Liberdade para estudar como funciona e modifi-car o programa, de xeito que o poidas adaptar ás túas necesidades. 3. Liberdade para redistribuílo, de xeito que poidas axudar aos teus amigos. 4. Liberdade para melloralo e facer públicas as me-lloras, de xeito que toda a comunidade se beneficie.

Estas liberdades concrétanse en licenzas de uso, que o usuario acepta cando usa o programa (de xeito análogo ás “licenzas de usuario final” do Software Privativo).

Existen moitas licenzas, pero a mais usada e coñecida posiblemente sexa a GNU GPL.

copyleftAs licenzas do Software Libre, normalmente, incor-poran un termo chamado copyleft. O Copyleft significa

Page 17: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17

Que é o software libre?

a inversión do copyright: o uso por parte do autor dos seus dereitos para liberar a obra (programa, texto, fo-tografía ou o que sexa) baixo os termos da licenza, e a esixencia de que calquera modificación ou traballo derivado da mesma utilice tamén esa licenza.

Deste xeito, o copyleft garante que ninguén poida -- legalmente alomenos -- apropiarse dunha obra libe-rada. O copyleft tamén garante que as obras derivadas usarán esa mesma licenza, e dese xeito contribúe a que a filosofía da Cultura Libre se estenda.

cultura libreEntendemos como Cultura Libre como a extensión do modelo do Software Libre ao resto da creación, tanto artística como científica ou técnica, e a reper-cusión que isto ten na riqueza que é o coñecemento compartido.

O Software Libre comparte características moi desta-cadas co método científico, nomeadamente aquelas

Page 18: Revista Dameuntoke número 4

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

o noso diA A diA e o softwAre libre

Actualmente existen moitos programas que utilizan licenzas de software libre. De seguido podes ollar unha listaxe daquelas que nos parecen máis interesantes:

• Navegador Mozilla Firefox. Navegador rápido, seguro e personalizable. Web de descarga: http://www.mozilla-europe.org

• Mozilla Thunderbird. Cliente de correo POP/IMAP semellante a Ms. Outlook. Web de descarga: http://www.mozilla-europe.org/es/products/thunderbird

• OpenOffice. Completa suite informática que inclúe procesador de texto, folla de cálculo, presentacións, debuxo e base de datos. Web de descarga: http://www.ope-noffice.org

• R. Paquete estatístico que inclúe ferra-mentas de análise de datos e xeración de gráficas. Web de descarga: http://r-project.org

• 7-zip. Compresor/descompresor de ficheiros.Web de descarga: http://www.7-zip.org/

• VLC. Reproductor multimedia para varios formatos de audio e video. Web de descar-ga: http://www.videolan.org/

• GIMP. Programa de manipulación de imaxes e retoque fotográfico. Web de descarga: http://gimp.org.es

que o fan fiable: revisión por iguais, desenvolvemen-to colaborativo, prioridade na comunicación, transpa-rencia e divulgación de resultados.

Estes mesmos principios son aplicables tamén á produción artística ou técnica: a primeira non deixa de ser, en moitos casos, de xeito consciente ou non, inspiración en elementos de traballos anteriores. A segunda esixe, polo seu carácter rigoroso e formal, dunha contrastación nos fondos e nas formas que é complicado articular doutro xeito.

Neste contexto, a Cultura Libre é a consciencia dese funcionamento das cousas, e a súa concreción nun marco legal e formal: se o coñecemento que temos é compartido, creado a partir de traballos anteriores e contrastado contra do parecer dos demais, fagámolo explícito e, sobre todo, asegurémonos de que non é posible que ninguén desvirtúe eses valores.

Page 19: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19

Lugares con encanto IIItInerarIo ambIental polas rIbeIras do rIo XuvIa

Page 20: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 2120 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

No noso camiñar pola natureza existen algúns animais moi esquivos que nos será difícil velos e que poderemos

ma, evitan a erosión que provocarían as chuvias torren-ciais. Tamén filtran determinadas augas contaminan-tes. Axudan a regular a temperatura das augas do río, manténdoa case constante, especialmente no verán. Os bosques de ribeira serven de refuxio e despensa de alimentos para unha gran diversidade de animais.

A continuación van uns consellos para gozar dos lu-gares con encanto do Concello de Narón:

O río Xuvia é un espazo natural que debemos poñer en valor. No ano 2001 incorporouse á Rede Natura 2000, unha rede de espazos naturais a nivel europeo que pretende protexer e conservar os lugares con valores naturais especialmente importantes. Imos amosarvos algúns dos seus segredos!

O RÍO XUVIA nace nos montes de Tafornelos, a uns 480 metros de altitude, no concello das Somozas. No seu camiño ata a desembocadura na ría percorre 31 km sinuosos, nos que se incorpora, á altura do noso Concello, o río Castro, o máis importante dos seus afluentes.

O río Xuvia está gardado por un fermoso bosque de ribeira formando un estreito corredor verde que se es-tende ao longo do seu leito. Este bosque cumpre un papel fundamental para axudar a conservar os nosos ríos, prestándonos unha serie de servizos esenciais para a supervivencia e calidade de vida dos humanos.

Por un lado, as súas raíces fixan as marxes, e desta for-

1. Se paSeaS poLaS rIbeIraS do rIo XuvIa

fIXate naS pegadaS

Page 21: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 2120 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

descubrir polas súas pegadas ou outros si-nais que vaian deixando no medio.

Nas ribeiras do río Xuvia podémonos atopar con xabaríns, corzos, raposos ou mesmo con lontras.

Se nos deixamos levar polo noso oído e fixamos a vista nas árbores e no propio río veremos como o picapeixes se lanza en picado a pescar pequenos peixes, ferreiriños e ferreiros, lavandeiras brancas e reais, miñatos e incluso as fermosas garzas, in-móbiles coas súas patas metidas na auga para arpoar algún peixe.

2. Se paSeaS poLaS rIbeIraS do rIo XuvIa vISIta a area

medIoambIentaL e recreatIva de

pedroSo

_

3. Se paSeaS poLaS rIbeIraS do rIo XuvIa

pregunta aoS noSoS maIoreS poLaS LendaS,

recupera a noSa

etnografIa

A área medioambiental e recreativa de Pedroso é un estupendo lugar para coñecer o patrimonio asociado ao río Xuvia.

Neste lugar, o río Castro únese ao Xuvia e ato-pámonos co muíño de Entrerríos, restaurado polo Concello de Narón.

A intervención creou unha área ambiental da que forman parte tamén o muíño do Chao ou da Muiñeira, un cámping e

unha área recreativa.

Esta área habilita e pon en valor o espazo para que poidamos gozar do medio natural e social próximo ao río, poñendo á disposición da xente unha serie de servizos necesarios para pasar un día no campo: meren-deiro, aparcadoiro, cám-ping, parque de xogos infantís…

Meigas chuchonas, homes-peixe, feiticei-ras, xacios… coñeces as fermosas lendas e historias asociadas aos ríos galegos? Non che pica a curiosidade?

Page 22: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 2322 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

4. Se paSeaS poLaS rIbeIraS do rIo XuvIa

coIda eSte eSpazo

naturaL En Galicia temos a sorte de contar cunha multi-tude de mitos e cren-zas, referidas ás zonas húmidas, cunha orixe en moitos casos incerta.

Sobre o pai dos ríos galegos, o Miño, están vivas na tradición oral unha gran variedade de xenios acuáticos, como os encantos, os homes-peixes, as lavandeiras, as feiticeiras, a moura troita, os xacios (seres de corpo

humano e vida anfibia).

Entre todos e todas seguro que recuperamos a nosa tradición oral.

Non o dubides se paseas polas ribeira do Xuvia pregunta polas lendas e cóntallas aos teus ami-gos e amigas.

Está moi claro o problema dos ríos son orixinados por nós.

Durante as últimas dé-cadas os cursos fluviais sufriron innumerables agresións: contamina-cións por verteduras de augas residuais, uso masivo de fertilizantes químicos, destrución do bosque autóctono

de ribeira, construción de grandes encoros e minicentrais que alteran o réxime hidrolóxico, usos recreativos con alto impacto como os quads ou todoterreos…

Quédanos moito que aprender na xestión do noso patrimonio, natural e sociocultural e a concienciación da mocidade ten un papel fundamental para cam-biar as tornas.

Page 23: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 2322 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

ConclusionAgardamos que este breve artigo polas ribeiras do río Xuvia fose do teu agrado.

Aquí comeza unha nova andaina para ti, anímate a seguir observando e camiñando para descubrir máis cousas do río e da natureza que nos rodea.

SabIaS que... A Concellería de Medioambiente do Concello de Narón ven de publicar o “Itinerario ambiental polas ribeiras do Xuvia” con catro posibles percorridos.

Solicita un exemplar na Casa do Concello ou accede á web http://medioambiente.naron.es (http://rioxuvia.naron.es)

Page 24: Revista Dameuntoke número 4

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

1no mes de xuno realizarase o Encontro Lo-cal de Mocidade no pavillón da Gándara e inmediacións da Casa da Mocidade.

2 a primeira fin de semana de xuño terá lugar dentro da Concentra-ción Moteira de “Fojeteiros” unha actuación musical na que participarán grupos da Escola de Música Moderna que están a ensaiar na Casa da Mocidade.

4

3 dentro do programade Mocidade estanse a recompilar imaxes gravadas en vídeo por mozos/as de Narón para montar un documental que levará o nome de “Vida dun adolescen-te en Narón”.

2

1

3

4 se estas interesado/a en montar unha asociación ou federación, na OMIX do noso concello poden infor-marte de como facelo.

5 naron conta dende o mes de marzo cunha nova aula dixital equipada con ordenadores, impresora e pantalla de proxeccións situada no antigo concello en Xuvia.

Page 25: Revista Dameuntoke número 4

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25

4

7 no p.t.i.d.rde Aldea Nova podes formarte a través dos cursos que alí se imparten ao mesmo tempo que gozar das súas confortables instalacións e dun contorno privilexiado…

9 o Horario deatención ao público da con-celleira de Mocidade, Nata-lia Hemida, é os martes de 11:00-13:00 h na planta 3ª do Concello de Narón.

6

5

8

9

2

8 na omix de naron podes informarte de acampadas de verán, cursos de tempo libre, programación de verán da Xunta de Ga-licia… para que poidas ir facendo plans de cara ao verán.

6 naron conta cun Café Teatro situado no Pazo da Cultura de Narón e onde previa programación poderás gozar dos mellores espectáculos de monó-logos, representacións teatrais, etc.

7

Page 26: Revista Dameuntoke número 4

Moi útil

http://igualdade.naron.es

Nos portais web http://www.dameuntoke.es e http://igualdade.naron.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.

que é una relación sa?

Unha relación é cando dúas persoas se queren, se respectan e se divirten estando xuntas

É saber escoitar á outra persoa e poder contarlle os teus pro-blemas, inquedanzas e desexos

É cando as decisións que nos afectan ás dúas persoas da parella son o resultado dun acordo mútuo

É aceptarse mutuamente e querer á outra persoa coas súas virtudes e os seus defectos

Narón coa igualdade de xénero

É unha unión de sentimentos, na que unha persoa non se impón sobre a outra

É poder expresarnos con total libertade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo

É ter diferentes puntos de vista e poder dialogar sobre eles sen que ninguén impo-ña a súa opinión

É ter confianza mutua e non comprobar se o que fai ou di a túa parella é verdade

É non abusar da parella pedíndolle constantemente que faga cousas pola outra persoa

É recoñecer cando nos pasamos ou equivocamos

Page 27: Revista Dameuntoke número 4
Page 28: Revista Dameuntoke número 4

©SD

WEB

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Narón é un servizo público que ofrece información e asesoramento para a xuventude. O noso horario de atención ao público é de 08:30 a 13:30 horas durante todo o ano excepto os meses de xuño, xullo, agosto e setembro que o horario é de 08:30 a 13:00 horas.

Se desexas contactar con nós tamén o podes facer no teléfono 981 337 700 extensión 1103 ou no correo [email protected]