2
PRIMEIRO DE PRIMARIA… FAINOS COMPETENCIA… Por Antonio González, 3º ESO O Mércores, 11 de abril de 2012, os nenos e as nenas do 1 o curso de Primaria viñéronnos expor o traballo que fixeron durante o primeiro e segundo trimestre ó confeccionar unha revista, moi elaborada, onde puxeron, dende os debuxos das súas casas ata un apartado de pasatempos, pasando por unha sección de receitas, por adiviñas, polos seus animais preferidos e polas cuadras de cada un e unha entrevista que lle fixeron a Álvaro. Na exposición participaron todos e todas, colaborando uns con outros dunha forma admirable. Seguramente sexan os mellores á hora de traballar en equipo e teñan unha maior soltura e facilidade para expoñer. Con esa revista, xa editada, a Revista de Primeiro vaille pasar por diante á Xesteira. Xa que vimos un traballo ben feito, que lembraba á antiga Revista Xesteira, cando se editaba a final de curso, con todo o que facíamos durante o mesmo; propoñémoslles e pedímoslles que colaboren connosco na labor xornalística, co fin de poder editar, aínda sendo a final de curso, un anuario do centro. Asimesmo, convidamos a colaborar connosco a toda a comunidade educativa da escola. Polo feito, e en recoñecemento ó esforzo e dilixencia coa que realizaron o traballo, ademais dos blogues de “A Zorregada” ou “A Buxaina”, na que tamén teñen algúns traballos; a Revista Xesteira e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, deciden facer unha Mención de Honor e Recoñecemento para o grupo de 1 o de Primaria (alumnado e profesora) e, animalos así, a continuar con estas actividades e seguir ampliando horizontes. Grazas pola charla e ánimo. Monfero, 13 de abril de 2012

Antonio1.º e.p. revista

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Antonio1.º e.p. revista

PRIMEIRO DE PRIMARIA… FAINOS COMPETENCIA…

Por Antonio González, 3º ESO

O Mércores, 11 de abril de 2012, os nenos e as nenas do 1o curso de Primaria viñéronnos expor o traballo que fixeron durante o primeiro e segundo trimestre ó confeccionar unha revista, moi elaborada, onde puxeron, dende os debuxos das súas casas ata un apartado de pasatempos, pasando por unha sección de receitas, por adiviñas, polos seus animais preferidos e polas cuadras de cada un e unha entrevista que lle fixeron a Álvaro.

Na exposición participaron todos e todas, colaborando uns con outros dunha forma admirable. Seguramente sexan os mellores á hora de traballar en equipo e teñan unha maior soltura e facilidade para expoñer. Con esa revista, xa editada, a Revista de Primeiro vaille pasar por diante á Xesteira. Xa que vimos un traballo ben feito, que lembraba á antiga Revista Xesteira, cando se editaba a final de curso, con todo o que facíamos durante o mesmo; propoñémoslles e pedímoslles que colaboren connosco na labor xornalística, co fin de poder editar, aínda sendo a final de curso, un anuario do centro. Asimesmo, convidamos a colaborar connosco a toda a comunidade educativa da escola.

Polo feito, e en recoñecemento ó esforzo e dilixencia coa que realizaron o traballo, ademais dos blogues de “A Zorregada” ou “A Buxaina”, na que tamén teñen algúns traballos; a Revista Xesteira e o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, deciden facer unha Mención de Honor e Recoñecemento para o grupo de 1o de Primaria (alumnado e profesora) e, animalos así, a continuar con estas actividades e seguir ampliando horizontes. Grazas pola charla e ánimo.

Monfero, 13 de abril de 2012