12
O SÉCULO XVII: A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL 2º ESO

O século XVII: a crise do imperio español

  • Upload
    roberto

  • View
    568

  • Download
    9

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Roberto López. Presentación para 2º ESO sobre o Século XVII. En galego

Citation preview

Page 1: O século XVII: a crise do imperio español

O SÉCULO XVII: A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL

2º ESO

Page 2: O século XVII: a crise do imperio español

1. O FINAL DA HEXEMONÍA ESPAÑOLA

Filipe III

Filipe IV

Carlos II

A inicios do século XVII, España posuía o imperio máis rico e poderoso do mundo.

En poucas décadas perdeu a hexemonía en Europa e sufriu unha profunda crise económica e social.

Page 3: O século XVII: a crise do imperio español

O REINADO DE FELIPE III

Filipe III reinou entre 1598 e 1621. O seu valido era o duque de

Lerma. A súa política exterior foi pacifista,

xa que desexaba solucionar a grave crise financeira evitando os gastos militares.

Pero o rei incorreu en enormes gastos e tivo que declarar unha bancarrota en 1607.

En política interior, a medida máis relevante foi a expulsión dos mouriscos.

Cadro titulado Embarque dos mouriscos no porto de Vinaròs (1612-1613).

O duque de Lerma, de Rubens

Page 4: O século XVII: a crise do imperio español

O REINADO DE FELIPE IV

Filipe IV reinou entre 1621 e 1665.

O seu principal valido foi o conde-duque de Olivares.

A política exterior foi belicista. España involucrouse na Guerra dos Trinta Anos. Ao principio, as tropas españolas saíron vitoriosas, pero ao final España foi derrotada e perdeu parte do seu imperio en Europa (Tratado de Westfalia).

Page 5: O século XVII: a crise do imperio español

Europa tras a sinatura do Tratado de Westfalia

Page 6: O século XVII: a crise do imperio español

En política interior, Olivares intentou reformar a monarquía co obxecto de repartir os gastos militares e reforzar o poder do rei. Pero esta política provocou levantamentos, sobre todo en Cataluña e Portugal. Portugal alcanzou a independencia.

Política interior

Page 7: O século XVII: a crise do imperio español

O REINADO DE CARLOS II

Reinou entre 1665 e 1700.

A súa nai, Mariana de Austria, tivo gran influencia no goberno.

A primeira parte do seu reinado foi de crise, pero a situación melloroua partir de 1680.

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polo problema sucesorio.

Page 8: O século XVII: a crise do imperio español

2. A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL

A economía retrocedeu en todos os seus sectores: agricultura, artesanía e comercio. Tamén se sucederon as bancarrotas.

Os valores predominantes fomentaban a vida inactiva. O ideal era vivir das rendas e rexeitábase aos que traballaban.

No século XVII, a poboación española sufriu un retrocesodebido as malas colleitas e as pandemias de peste, a expulsióndos mouriscos, as guerras e a emigración a América.

Page 9: O século XVII: a crise do imperio español

3. GALICIA NA IDADE MODERNA

A finais do século XV os Reis Católicos someteron á nobreza galega e crearon dúas institucións presididas polo seu representante no reino de Galicia:

As Xuntas de reino: Tratan os problemas de Galicia

A Real Audiencia: un tribunal especial.

Page 10: O século XVII: a crise do imperio español

A agricultura da época caracterizouse por:

Desenvolveuse a agricultura pola incorporación de novos cultivos vidos de América: millo e pataca

Auxe do comercio marítimo polo contacto coas colonias de América.

Economía

Page 11: O século XVII: a crise do imperio español

4. A HEXEMONÍA FRANCESA

Desde o Tratado de Westfalia, Francia converteuse na potencia europea dominante.

O esplendor comezou co reinado de Luís XIV, que ampliou as fronteiras de Francia en Europa e formou un imperio colonial.

A perruca, igual ca os tacóns,ten tamén a función de aumentara altura e prestancia do rei.

Cetro: símbolode mando.

O manto real de coroacióndos reis de Francia desdea Idade Media.

Espada medieval: símboloda xustiza. O rei é a máximarepresentación da xustiza.

Coroa: símbolodo poder real.

Luis XIV.

Obra de Rigaud

Page 12: O século XVII: a crise do imperio español

Control sobre poderes alleosá coroa: Igrexa,

institucións representativase poderes locais

Centralizaciónadministrativa

Sometementoda nobreza

Formacióndun exército

estatal centralizado

Represiónda disidencia

relixiosa

Sacralizacióne exaltación do rei

na arte e a propaganda

DO MONARCA

Este rei implantou en Francia unha monarquía absoluta: quitoulles poder ás institucións locais, unificou as leis e impostos, eliminou a disidencia relixiosa, controlou a nobreza e converteu a corte no centro da administración do Estado.

Luís XIV exemplo de monarquía absoluta