5
Tema 2 A Revolución Científica dos séculos XVII e XVIII O século XVIII estudámolo para entender a Idade Contemporánea, coma quen estuda a infancia para entender o que é a idade adulta. No caso das ciencias debemos empezar polo século XVII, porque é neste século cando a forma de estudar o mundo dos grandes pensadores e pensadoras comeza a ser científica de verdade. Non é que antes do século XVII non se fixeran estudos e descubrimentos importantes, pero a partir do século XVII, a ciencia irá conformándose tal e como a coñecemos hoxe en día. A revolución científica do século XVII abarcou todos os campos, especialmente as matemáticas, que se desenvolveron como nunca antes o fixeran. Eses avances nas matemáticas permitiron avanzar tamén a outras ciencias que se valen das matemáticas, como a astronomía ou a óptica. Ademais perfeccionáronse obxectos que servían para investigar, como o microscopio ou o telescopio. Pero máis importante que entender os progresos concretos que houbo en cada materia, é entender o cambio que houbo no modo de investigar dos científicos e científicas. O feito de maior importancia para o porvir é que se produciu unha evolución no espírito e nos métodos da ciencia. Naceu o método científico. Para ser chamado científico un método de investigación, debe estar baseado na experiencia e na observación dos feitos (empirismo). O método científico que nace no século XVII, consiste na observación sistemática, a medición, a experimentación, a formulación, a análise e a modificación das hipóteses. Ademais o experimento debe darse a coñecer, para que poida ser reproducido por outra persoa noutro sitio distinto e, se non se dan os resultados esperados, poida ser rexeitado. Así é como a comunidade científica verifica os resultados obtidos. As conclusións científicas non se consideran nunca absolutamente verdadeiras, senón unicamente non refutadas 1 . Nesta época tamén se foi impoñendo o uso das linguas nacionais en lugar do latín, por parte dos filósofos e científicos en Europa. O uso do latín, como lingua universal 2 dos sabios e sabias 3 de toda Europa, significou un precioso instrumento de comunicación entre todos eles que saltaba por enriba das fronteiras culturais e das diferenzas idiomáticas, pero o uso da lingua común, facilitou o coñecemento da ciencia por un maior número de persoas. 1 Refutar: rexeitar a súa validez mediante razóns e argumentos. 2 O latín foi a lingua común de toda Europa. Introducírona os romanos durante o seu imperio na antigüidade, e a xente culta seguíaa empregando. Durante a Idade Media o latín foi derivando en moitas linguas distintas que falaban a meirande parte da poboación, pero o latín mantívose en moitos ámbitos: as misas seguían sendo en latín, a meirande parte dos libros, etc. 3 Durante os séculos XVII e XVII, as mulleres da aristocracia tiñan certo poder e prestixio social, pero os historiadores da ciencia parece que o esquecen. Aínda que a sabedoría era un campo principalmente masculino, as mulleres da nobreza ou da alta burguesía, recibían educación en casa. As mulleres nos séculos XVII e XVIII están presentes en todos os campos do saber: química, botánica, ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía, astronomía e matemáticas. Eran minoría, pero non inexistentes.

A revolución científica do século XVII

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A revolución científica do século XVII

Tema 2

A Revolución Científica dos séculos XVII e XVIII

O século XVIII estudámolo para entender a Idade Contemporánea, coma quen estuda a infancia para entender o que é a

idade adulta. No caso das ciencias debemos empezar polo século XVII, porque é neste século cando a forma de estudar o mundo

dos grandes pensadores e pensadoras comeza a ser científica de verdade. Non é que antes do século XVII non se fixeran

estudos e descubrimentos importantes, pero a partir do século XVII, a ciencia irá conformándose tal e como a coñecemos hoxe en

día.

A revolución científica do século XVII abarcou todos os campos, especialmente as matemáticas, que se desenvolveron como

nunca antes o fixeran. Eses avances nas matemáticas permitiron avanzar tamén a outras ciencias que se valen das matemáticas,

como a astronomía ou a óptica.

Ademais perfeccionáronse

obxectos que servían para

investigar, como o microscopio ou

o telescopio. Pero máis

importante que entender os

progresos concretos que houbo

en cada materia, é entender o

cambio que houbo no modo de

investigar dos científicos e

científicas. O feito de maior

importancia para o porvir é que se

produciu unha evolución no

espírito e nos métodos da ciencia.

Naceu o método científico.

Para ser chamado científico un método de investigación, debe estar baseado na experiencia e na observación dos feitos

(empirismo). O método científico que nace no século XVII, consiste na observación sistemática, a medición, a experimentación, a

formulación, a análise e a modificación das hipóteses. Ademais o experimento debe darse a coñecer, para que poida ser

reproducido por outra persoa noutro sitio distinto e, se non se dan os resultados esperados, poida ser rexeitado. Así é como a

comunidade científica verifica os resultados obtidos. As conclusións científicas non se consideran nunca absolutamente

verdadeiras, senón unicamente non refutadas1.

Nesta época tamén se foi impoñendo o uso das linguas nacionais en lugar do latín, por parte dos filósofos e científicos en

Europa. O uso do latín, como lingua universal2 dos sabios e sabias3 de toda Europa, significou un precioso instrumento de

comunicación entre todos eles que saltaba por enriba das fronteiras culturais e das diferenzas idiomáticas, pero o uso da lingua

común, facilitou o coñecemento da ciencia por un maior número de persoas.

1 Refutar: rexeitar a súa validez mediante razóns e argumentos. 2 O latín foi a lingua común de toda Europa. Introducírona os romanos durante o seu imperio na antigüidade, e a xente culta seguíaa empregando. Durante a Idade Media o latín foi derivando en moitas linguas distintas que falaban a meirande parte da poboación, pero o latín mantívose en moitos ámbitos: as misas seguían sendo en latín, a meirande parte dos libros, etc. 3 Durante os séculos XVII e XVII, as mulleres da aristocracia tiñan certo poder e prestixio social, pero os historiadores da ciencia parece que o esquecen. Aínda que a sabedoría era un campo principalmente masculino, as mulleres da nobreza ou da alta burguesía, recibían educación en casa. As mulleres nos séculos XVII e XVIII están presentes en todos os campos do saber: química, botánica, ciencias naturais, bioloxía, xeoloxía, astronomía e matemáticas. Eran minoría, pero non inexistentes.

Page 2: A revolución científica do século XVII

No século XVII fundaranse moitas academias por Europa. As Academias eran lugares aos que asistía unha minoría de xente

culta que quería formarse en diversas ciencias. Nelas debatían ou ensinaban, sabios e sabias de diferentes países. As

universidades oficiais resistíanse a saír do pensamento tradicional, e estaban quedando ancoradas no pasado. En lugar de

investigar co novo espírito da ciencia, seguía ensinándose coma sempre, ás costas dos novos descubrimentos científicos. Así que

se foi difundindo a idea das academias, como institucións culturais onde, á marxe da universidade, que quedara anquilosada na

escolástica4, posibilitábase o contacto e intercambio de ideas entre a multiplicidade de disciplinas intelectuais. En Roma, por

exemplo, fundouse a Academia dei Licei (1603) á que pertenceu Galileo. Había academias privadas que funcionaban coas cotas

que pagaban os seus membros, e habíaas públicas pagadas polos gobernantes.

Pronto comezaron a publicarse tamén as primeiras revistas científicas. Ao principio os científicos e científicas

comunicábanse por carta, pero ao facerse máis común o método experimental, a correspondencia comezou a facerse insuficiente.

Así que aproveitando as posibilidades que abría a prensa perfeccionada por Guttenberg séculos antes, comezaron a facerse

comúns as revistas científicas, promovidas polas mesmas academias. Xurdiron tamén os gabinetes de historia natural, ou as

coleccións mineralóxicas, xardíns botánicos e observatorios astronómicos particulares. A fins do século XVII abríronse os

primeiros observatorios estatais modernos.

Galileo Galilei é considerado xeralmente o pai da ciencia moderna porque

sitúan nel a orixe do método científico. Tamén Isaac Newton (1642 – 1727) sostivo

que o método correcto para investigar

as propiedades das cousas era

deducilas a partir de Experimentos.

A óptica realizou avances

importantísimos no século XVII,

permitindo así o avance científico en

dous importantes áreas: a observación

do máis pequeno, o microscópico que escapa á nosa simple vista, e a observación

do máis grande, o Universo. Pronto se xeneralizou o uso do telescopio e o microscopio nunha multitude de ciencias distintas.

Outra ciencia que se desenvolveu de forma destacada durante o século XVII foi a medicina, ao abandonar algúns antigos

prexuízos e ideas de orixe medieval. No século XVII, por exemplo, aínda se cría na xeración espontánea. Crían que as plantas ou

algúns animais podían xurdir da unión de partículas sen vida. Un médico italiano sostivo que a vida só podía proceder da vida.

Redi demostrou que os vermes non nacen espontaneamente ao podrecer os cadáveres e que se a carne se protexe do contacto

das moscas non cría vermes, xa que estes proceden dos ovos depositados polos insectos.

A difusión dos avances científicos, moitas veces coa oposición de amplos sectores sociais, en especial da Igrexa, permitiu

unha mellora da investigación e , ao mesmo tempo, do nivel xeral de vida en Europa.

O progreso científico acabou producindo un gran progreso tecnolóxico. O progreso tecnolóxico, cos seus inventos, foi

transformando a economía e a vida das persoas. Isto é o que veremos coa Revolución Industrial.

4 Escolástica: a escolástica viña sendo a forma de pensamento medieval, que intentaba mesturar razón e fe. É dicir, a escolástica pensaba que Deus tamén era unha fonte de coñecemento científico. Calquera descubrimento que parecese levar a contraria ás escrituras (tomadas ao pe da letra coma se foran saberes científicos) estaba por forza mal e era unha herexía que debía ser castigada por ir contra Deus. Razoar intentaban razoar, pero antepoñendo a fe. Usaban a dedución e o razoamento para explicar a natureza pero sempre antepoñendo o punto de vista relixioso e dándolle moi pouco valor á experiencia e á observación, e demasiado valor ao que dixeran pensadores de renome anteriormente.

Ilustración 2 Lección de anatomía. Rembrandt. Esta obra deixa patente a importancia crecente da investigación directa

Ilustración 1 Galileo Galilei

Page 3: A revolución científica do século XVII
Page 4: A revolución científica do século XVII
Page 5: A revolución científica do século XVII

Bibliografía:

- Lo de las mujeres principalmente de https://lanaveva.wordpress.com/2010/06/23/mujeres-cientificas-del-siglo-xvii-y-xviii/ y

luego buscando nombres concretos fui tirando del hilo: https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Andrea_Casamayor

- El texto de libros de la biblioteca de la diputación de Coruña.

- Gran historia de la humanidad 9/211 (varios tomos).

- Enciclopedia Planeta 9/185 (varios tomos).

- Historia Universal. Siglo XVII Instituto Gallach 9/178 (tomo 6, hay varios tomos).