Upload
roberto
View
201
Download
9
Embed Size (px)
Citation preview
O IMPERIO ESPAÑOL
Roberto López
1. O IMPERIO DE CARLOS V
Carlos V reinou entre 1516 e 1556. Dos seus avós herdou un gran imperio con terras en Europa (Castela, Aragón, Países Baixos, Sacro Imperio, territorios en Italia), no norte de África e en América. Como rei de España recibiu o nome de Carlos I. Como emperador do Sacro Imperio o nome de Carlos V
Os problemas internos
Cando chega a España, repartiu cargos de goberno entre nobres flamencos e subiu os impostos
Esto provocou rebelións en moitas cidades de Castela
A rebelión fracasou, pero supuxo un cambio na forma de gobernar de Carlos.
Carlos V desexaba unificar a Cristiandade baixo o seu mando, pero a súa política contou coa oposición de:
• Francia. Os dous países estiveron en guerra durante todo o reinado.
• Os turcos otománs. Ameaza no Mediterráneo nas fronteira do Sacro Imperio
• Príncipes protestantes alemáns. Carlos intentou frear a expansión do luteranismo, pero fracasou
Carlos V abdicou en 1556. Entregou o Sacro Imperio ao seu irmán Fernando e o resto das súas posesións ao seu fillo Filipe.
Abdicación de Carlos V. Louis Gallait
Os problemas exteriores
2. A MONARQUÍA HISPÁNICA DE FILIPE II
Filipe II recibe de Carlos V os territorios máis importantes: os territorios españois, italianos e flamencos.
En 1580 Filipe II herdou a Coroa portuguesa e o imperio que Portugal tiña en América, África e Asia.
Filipe II instalou en Madrid a súa corte, desde onde gobernaba un grandísimo imperio.
A política de Filipe II tivo dous obxectivos principais:
A conservación de
todos os territorios que herdara.
A defensa do catolicismo.
A relixión socorrida por España. Tiziano
Os obxetivos de Felipe II
Filipe II enfrontouse aos seguintes problemas:
A guerra con Francia. O enfrontamento cos turcos. A revolta dos Países Baixos. O enfrontamento con Inglaterra.
Terzos españois loitando nos Países Baixos
Fresco Batalla de Lepanto, Museo del Vaticano Derrota da Armada Invencible
Jacques de Loutherbourg (1796)
Estas guerras provocaron grandes gastos que colapsaron a economía
Os problemas do reinado
3. A ORGANIZACIÓN DO IMPERIO
Carlos V e Filipe II exercen unha monarquía autoritaria cada vez máis centralizada. O rei exercía o goberno, dirixía a política exterior e o exército, ocupábanse da administración e da recadación de impostos.
O rei non ten poder absoluto: a aprobación de novas leis e o establecemento de impostos teñen que ser aprobados polas cortes do cada territorio.
Carlos V tivo unha corte itinerante. Filipe II estableceu a corte en Madrid
As institucións de goberno
Carlos V e Filipe II contaban con
consellos para que os axudaran
nas tarefas de goberno
Tratan asuntos dun territorio
concreto
Ocúpanse de materias
específicas
Ademais dos consellos cada territorio tiña un gobernador ou
vicerrei.
Tamén existían as audiencias
A economía
O comercio viviu unha época de esplendor baseado no monopolio comercial coas colonias e na chegada de metais preciosos desde América.
A produción agrícola aumentou.
A gandería transhumante mantén a súa importancia.
A industria ten un notable crecemento (siderurxia e confección).
As ganancias do comercio e a riqueza de Castela non era suficiente para sufragar as continuas guerras e Filipe II viuse
obrigado a declarar varias bancarrotas
A sociedade
4. A CONQUISTA DE AMÉRICA
Ao longo do século XVI os españois foron explorando e conquistando moitas terras en América.
Os españois interesáronse polas
zonas máis poboadas e cun clima máis parecido ao europeo.
Houbo numerosas expedicións de conquista. As máis importantes foron as de Hernán Cortés, que conquistou o imperio azteca, e Francisco Pizarro, que conquistou o imperio inca.
Tamén se explorou o Amazonas e se conquistaron as illas Filipinas
Principais expedicións
As expedicións estaban dirixidas por particulares, aos que o rei daba un permiso ou capitulación de conquista. O particular corría cos gastos. Unha vez que se conquistaba un territorio, este pasaba ao monarca, e, a cambio, o rei concedíalle ao conquistador o título de gobernador e a propiedade de extensas terras. A conquista foi rápida debido á superioridade en armamentos, a existencia de certas tradicións indíxenas e os enfrontamentos entre os pobos americanos.
Instrumentos da conquista
Hernán Cortés
Francisco Pizarro
5. O IMPERIO AMERICANO
Os territorios americanos rexíanse polas mesmas leis ca Castela.
O Consello de Indias asesoraba
o monarca sobre o goberno de América.
O territorio dividiuse en dous vicerreinados: vicerreinado de Nova España e vicerreinado do Perú.
Os vicerreis era elixidos polo rei entre a aristocracia castelá.
A explotación das colonias
Explotáronse principalmente as minas de prata (Zacatecas, Potosí) e a agricultura, para o que se estableceron grandes estancias gandeiras e agrícolas. O comercio era un monopolio real, controlado a través da Casa de Contratación.
Minas de Potosí
Casa de Contratación. Sevilla
Desde 1542, os metais preciosos e outros produtos americanos trasladáronse a España en convois de barcos mercantes escoltados por naves militares, a fin de protexelos dos ataques dos piratas. Establecéronse dúas grandes frotas anuais, unha a Nova España e outra a Terra Firme, defendidas pola Armada do Mar Océano.
As frotas de Indias
O sistema das frotas de Indias mostrou unha eficacia altísima e durante os séculos XVI e XVII a frota só caeu en poder do inimigo en 1628, cando o pirata holandés Heyn derrotou a Armada española en Matanzas
Barcos do século XVI, baixo a protección da Virxe dos Mareantes. Retablo de Alejo Fernández,
A sociedade americana
A sociedade americana organizouse por criterios raciais:
Os españois ocupaban a posición superior na sociedade colonial.
Seguían en importancia os mestizos (fillos de español e india)
Os indios tiñan unha situación peor. Facían os traballos do campo. Sufriron moitos abusos, a pesar da Lei de Indias que os protexía.
Os negros eran escravos sen dereitos. Traídos de África.
Efectos culturais da conquista
A extensión do castelán e o portugués A extensión do catolicismo
O descenso de poboación indíxena Desde hai máis de corenta años que os españois están alí, non fixeron outra cousa que asasinar indios, facelos sufrir, aflixilos, atormentalos e destruílos. Así, a illa de Cuba está hoxe practicamente despoboada. Se ben na Española había máis de trescentos mil habitantes, hoxe non quedan apenas douscentos. A causa pola que mataron e destruíron a tantas persoas foi só por ter o ouro e encherse de riquezas en moi breves días.
BARTOLOMÉ DE LAS CASAS, Brevísima relación da destrución das Indias. Adaptado
O exemplo de México central
Efecto demográfico da conquista