8

Click here to load reader

Imperialismo no s. xix

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Imperialismo no s. xix

O imperialismo do

s. XIX e o reparto

do mundo

Page 2: Imperialismo no s. xix

Definición de imperialismo

O imperialismo no último terzo do s. XIX adquire formas de expansión territorial das potencias europeas máis industrializadas sobre territorios de Asia e África como unha demostración da súa hexemonía política, militar e económica, pero tamén como unha necesidade de ampliar mercados e investir capitais.

No pasado o imperialismo colonial fora practicado por países como España e Portugal que agora estaban en plena decadencia. A partir de 1870 auténtica carreira por repartirse o mundo entre as principais potencias.

Lenin cualifica o imperialismo como unha fase superior do capitalismo. Unhaconsecuencia da rapiña do capitalismo financiero.

Podemos distinguir dous tipos de imperialismo:

a) Imperialismo formal. Gran Bretaña ou Francia ocupan territorios, imponen a súa lingua, a súa administración explotan as riquezas das colonias

b) Imperialismo informal. USA, como antiga colonia, rexeita a ocupación sistemática dun territorio, pero a cambio exerce un control económico sobre os territorios da súa área de influenza: Latinoamérica.

Page 3: Imperialismo no s. xix

Causas do imperialismo

De tipo económico.

a) Necesidade de colocar o excedente de produtos. Os mercados nacionais das potencias imperialistas están saturados. Superar o proteccionismo característico da época

b) Necesidade de canalizar o excedente de capital de investimento.

c) Explotación de materias primas, metais preciosos e fontes de enerxía.

d) Consecuencia lóxica da continuada expansión do capitalismo a nivel mundial

De tipo político e ideolóxico.

a) A posesión de colonias proporciona prestixio internacional. Carreira por ocupar África e Asia.

b) O carácter estratéxico dalgúns territorios que permitiría o control das rutas marítimas ou grantiría unha mellor defensa do territorio nacional.

De tipo demográfico. Colocar o excedente de poboación nun proceso de explosión demográfica dos países europeos.

De tipo ideolóxico: A crenza na superioridade da raza branca. A misión civilizatoria.

Page 4: Imperialismo no s. xix

A expansión por ÁfricaO coñecemento do continente era limitado ata 1870

As viaxes de exploración de Stanley, Livingstone, Brazza espertan o interese sobre este continente.

• A Conferencia de Berlín de 1885 determina as condicións do reparto do continente:a) Os ríos Congo e Níxer son de libre navegación

b) O control da costa permite o control do interior

c) Chegar con máis efectivos militares e humanos é o que garante a verdadeira ocupación.

d) O Congo será administrado polo rei de Bélxica, Leopoldo II

• Expansión británica: Pretende unha continuidade colonial norte- sur e unha conexión entre El Cairo - El Cabo. Cecil Rhodes é o ideólogo desta expansión. Explotación de metáis preciosos no sur do continente

e intereses estratéxicos en Exipto.

• Expansión francesa: Pretende unha unidad colonial leste- oeste, unir Dakar e Xibuti. Jules Ferry é o impulsor do colonialismo francés. Arxelia será a súa colonia de poboamento.

• Conflitos:a) O Congo entre Francia, Portugal e Bélxica. Resólvese pola Conferencia de Berlín

b) Fashoda entre Gran Bretaña e Francia. Ao final Sudán cae en mans británicas

c) Alemania chega tarde ao reparto: trunca a liña norte- sur británica ao ocupar Tanzania, xera tensións no

protectorado marroquí con Francia.

d) Guerra dos Boers en Sudáfrica entre os colonos holandeses e os británicos.

e) Tensións entre Italia e Francia polo control de Tunicia

Page 5: Imperialismo no s. xix

A expansión por AsiaUn continente que conta con territorios e sociedades organizadas que están pechados a Occidente: China

e Xapón. As potencias so logran abrir aquí encraves comerciais.

Antes de 1870, o control europeo redúcese aos holandeses en Indonesia, os británicos en India, os

portugueses en Macao e Goa e os españois en Filipinas.

• Expansión británica: Partindo da India, a súa “Royal Crown”, e para protexela mellor amplia os territorios coloniais en dirección leste: Birmania, onde choca cos intereses franceses, e en dirección oeste onde

choca con Rusia. Control de encraves no SE de Asia: Hong-Kong, Malasia e Singapur

• Expansión francesa: Na península de Indochina. Explotación da seda.

• Expansión rusa: Control das vastas extensións de Siberia. Choque con Xapón nas Kuriles e na cunca do río Amur. Choque con Gran Bretaña ao ir cara o sur na área de Persia

• Expansión xaponesa: A necesidade de materias primas e fontes de enerxía leva a Xapón a pór os ollosen China. Controla a península de Corea. Controla a rexión de Manchuria. Tensión con Rusia pola área

do río Amur e as Kuriles.

• Conflitos:a) A guerra do Opio, mediados do s. XIX, entre Gran Bretaña e China. Equilibrar unha balanza comercial

desfavorable para os británicos en China.

b) A tensión entre Gran Bretaña e Francia no SE de Asia que se salda coa creazón do estado tapón de

Siam (1893)

c) A tensión entre Gran Bretaña e Rusia que se soluciona coa non ocupación de Persia

d) A guerra chino xaponesa (1894-1895)que se salda coa ocupación de Xapón sobre a illa de Formosa e

Manchuria.

e) A guerra ruso- xaponesa pola rexión do río Amur e o sur da illa de Sakhalin

Page 6: Imperialismo no s. xix

O imperialismo norteamericanoBases ideolóxicas Doutrina Monroe. “América para os americanos”. A liberdade do

continente americano e a defensa do liberalismo fronte ao

imperialismo europeo e os reximes absolutistas será o obxectivo da

política exterior norteamericana.

Destino Manifesto. USA está destinada a xogar un papel civilizador.

Xustifica así a conquista dos espazos cara o oeste dos primitivos

estados. Unha vez alcanzada a costa oeste esa doutrina será

aplicada para xustificar a expansión máis alá das fronteiras naturais.

Navalismo de Mahan. USA debe garantir a defensa e a protección

das súas fronteiras a través da posesión dunha serie de illas no

Pacífico e no Caribe que servan de bases flotantes con carácter

estratéxico defensivo.

Corolario Rooselvet. USA debe defender os intereses

norteamericanos alí onde estean. Atacar unha empresa

norteamericana é atacar ao país. Actualiza o dereito de

intervención contido na doutrina Monroe.

Practica o

Imperialismo

informal

Intervén en

Latinoamérica para

defender os seus interés

económicos (Big Stick): Panamá, Cuba, Nicarag

ua, Sto. Domingo…

En 1898 faise co resto do

imperio español.

Page 7: Imperialismo no s. xix

O imperialismo xaponés

Bases ideolóxicasA revolución Meihi:

A familia imperial transforma Xapón de ser un país feudal

gobernado polo shogunato a outro moderno e occidentalizado.

Aposta pola industrialización cunha clara vocación de

converterse nunha potencia mundial. Economía exportadora.

Aposta pola educación e formación profesional.

Introduce a través dunha Carta Outorgada un sistema de

Monarquía seudoconstitucional.

Necesidade de conseguir no continente asiático áreas de

suministro de materias primas, fontes de enerxía e mercados

para a producción xaponesa

Áreas de expansión colonial Illas Kuriles e Riu Kiu, Corea. Guerra contra China (1894-95):

Illa de Formosa, Manchuria.

Guerra ruso xapones (1904-05): Illa de Sakhalin, Port Arthur

Despois da 1ª guerra mundial adquire posesións de

Alemania e competirá con USA por bases no Paciífco.

Page 8: Imperialismo no s. xix

Consecuencias do imperialismoPositivas Negativas

Nas colonias:• Creazón de infraestruturas viarias

• Inserción nos circuitos de mercado mundial

• Desenvolvemento de estruturas educativas

e políticas que desenvolven conciencia de

país.

• Desenvolvemento de estruturas sanitarias

Nas colonias:• Explotación das riquezas por parte das potencias

imperialistas.

• Subordinación económica das colonias cara aos

intereses das potencias imperialistas.

• Explotación de man de obra

• Subordinación política e imposición de gobernos

alleos

• Problemas de aculturación e perda de identidade

coa ruptura das ligazóns tribais.

• Racismo.

• Perdas demográficas.

Nas potencias imperialistas:• Creazón dun circuito económico metrópoli –

colonia favorable aos intereses imperialistas

• Un lugar onde investir o excedente de capital

• Consolidación da idea de que posuír

colonias dá prestixio internacional

• Un lugar onde colocar o excedente de

poboación

• Occidentalización do mundo.

Nas potencias imperialistas:• O custo de manter un imperio

• Rivalidades entre as potencias que conducen

a moita tensión internacional

• Difícil aclimatación nun contexto

tecnoloxicamente atrasado