36
1 Asociación de Emigrantes Retornados Editorial a ofensiva desprotectora e desnormalizadora da lingua galega E n setembro do 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), promovido pola Xunta de Galicia que presidía Manuel Fraga Iribarne e que tiña como vicepresi- dente a Núñez Feijóo. Nese Plan propoñíase en preescolar e en educación infantil unha oferta educativa en galego para os nenos e nenas gale- gofalantes e establecíase un mínimo dun terzo en lingua galega do horario semanal nos contor- nos castelanfalantes; e nos outros niveis do ensi- no obrigatorio establecíase un mínimo dun 50% da docencia en galego. Isto foi o que o Goberno do PSOE e o BNG aplicou no Decreto do ensino 204/2007, de 28 de xuño, que o actual Goberno quere derrogar antes do vindeiro curso académico, seguindo o ronsel de grupos minoritarios que manifestaron a súa oposición a ese Decreto en nome da liberdade, que parecen entender como dereito a non falar o galego ou, en todo caso, que teña un papel secundario no en- sino. Eses grupos mancharon o termo normalización, como se significase agresión aos que non teñen o galego como lingua habitual, e comezaron a falar de imposición do galego e do perigo que corre o castelán en Galiza, sabendo que todo iso son trolas. O actual Goberno do PP, na liña desas persoas opostas á normalización do galego e para frear a Manifestación a prol do idioma galego. 17 de maio de 2010. © PAULA CASTRO

Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

1Asociación deEmigrantes Retornados

Editoriala ofensiva desprotectora e

desnormalizadora da lingua galega

En setembro do 2004 o Parlamento galegoaprobou por unanimidade o Plan Xeral deNormalización da Lingua Galega (PXNLG),

promovido pola Xunta de Galicia que presidíaManuel Fraga Iribarne e que tiña como vicepresi-dente a Núñez Feijóo. Nese Plan propoñíase enpreescolar e en educación infantil unha ofertaeducativa en galego para os nenos e nenas gale-gofalantes e establecíase un mínimo dun terzoen lingua galega do horario semanal nos contor-nos castelanfalantes; e nos outros niveis do ensi-no obrigatorio establecíase un mínimo dun 50%da docencia en galego. Isto foi o que o Gobernodo PSOE e o BNG aplicou no Decreto do ensino

204/2007, de 28 de xuño, que o actual Goberno querederrogar antes do vindeiro curso académico, seguindoo ronsel de grupos minoritarios que manifestaron asúa oposición a ese Decreto en nome da liberdade, queparecen entender como dereito a non falar o galegoou, en todo caso, que teña un papel secundario no en-sino. Eses grupos mancharon o termo normalización,como se significase agresión aos que non teñen ogalego como lingua habitual, e comezaron a falar deimposición do galego e do perigo que corre o castelánen Galiza, sabendo que todo iso son trolas.

O actual Goberno do PP, na liña desas persoasopostas á normalización do galego e para frear a

Manifestación a prol do idioma galego. 17 de maio de 2010.

© PAULA CASTRO

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 1

Page 2: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

suposta imposición do galego, está a poñer enpráctica medidas desprotectoras da linguapropia de Galiza, historicamente marxinada eminorizada. Así, reconverteu as Galescolas dobipartito que escolarizaran milleiros de nenos envilas e cidades; suprimiu a proba obrigatoria degalego nas oposicións da Función Pública deGaliza; e o 30 de decembro do 2009 deu a coñe-cer as Bases para a elaboración do decreto deplurilingüismo no ensino non universitario deGalicia que reducían o galego a un terzo e pos-tulaban unha igualdade entre galego, castelán einglés, cando se trata de tres linguas moi desi-guais que non poden equipararse no ensino. AXunta de Galicia solicitou informe desas Bases áReal Academia Galega e ao Consello da CulturaGalega, que redactaron análises moi críticas,porque o galego pasaba a ter un papel total-mente secundarizado no ensino e porque se alu-día á inmersión lingüística como algo pernicio-so, cando se trata dun método didáctico deaprendizaxe de linguas simple, eficaz e avaladopolo Consello de Europa.

O pasado mes de marzo o Goberno presentou oBorrador do proxecto do decreto de plurilingüismo noensino non universitario de Galiza. Abandónase oreparto dos tres terzos (galego, castelán, inglés), quefora rexeitado pola práctica totalidade de colectivosrelacionados co ensino e por moi diversas institu-cións, para pasar a defender un equilibrio 50-50 dasmaterias en galego e castelán. En realidade non hai talequilibrio e vai ser moi difícil que no remate do ensi-no obrigatorio o alumnado acade plena competenciaoral e escrita nas dúas linguas oficiais de Galiza, talcomo establece o artigo 14 da Lei de NormalizaciónLingüística que o Parlamento galego aprobou porunanimidade en xuño do 1983.

Na educación infantil, e particularmente a nivelurbano, o galego queda totalmente desprotexido, por-que se establece que “o profesorado usará na aula alingua predominante entre o alumnado”, como nodecreto do ensino de 1995 que, segundo moitos ensi-nantes, iso provou a práctica desaparición do galegona maior parte dos centros urbanos. A seguir dise queo profesorado “procurará que o alumnado adquira deforma oral e escrita o coñecemento da outra lingua

2 Asociación deEmigrantes Retornados

Manifestación do 18 de outubro de 2009, a prol do idioma galego. Praza da Quintana.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 2

Page 3: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

3Asociación deEmigrantes Retornados

oficial de Galiza dentro dos límites da etapa ouciclo”, o que seguramente se realizará cando a“lingua predominante” da aula sexa o galego,pero é ben improbable cando o maioritario sexao castelán.

Con este antreproxecto por primeira vez naetapa autonómica establécense máximos nadistribución horaria para o galego, cando nuncase cumpriron os mínimos dos Decretos de 1995do Goberno Fraga e do 2007 do Goberno bipar-tito, á vez que se vai afondar nos prexuízos con-tra o galego ao transmitir o prexuízo de que nonse pode usar o galego en materias do ámbitocientífico e técnico. Ademais, o papel decisorioque se lles outorga a pais e nais provocará con-flitos inexistentes, á parte dos que se poidanproducir en centros, sobre todo públicos, queestán a superar o mínimo do 50% en galego quepermite a lexislación vixente.

As medidas desprotectoras da lingua propiade Galiza que o actual Goberno leva aplicandotanto no ensino como na administración fixo quenacesen diversas plataformas que consideranirrenunciables a Lei de Normalización de 1983 e oPlan Xeral de Normalizacion de 2004. A platafor-ma Queremos Galego, que agrupa ducias de

colectivos socioculturais e algún político e sindical,convocou tres grandes manifestacións que levaron ásrúas de Compostela a moitos milleiros de manifes-tantes. A plataforma apartidaria (pero non apolítica)ProLingua presentou a comezos de febreiro en 69 local-idades de todo o mundo o libro 55 mentiras sobre a lin-gua galega, no que se analizan outros tantos prexuízosdos negacionistas da lingua galega. O papel desasplataformas e doutras como Cambia Galicia ou GalegoPatrimonio da Humanidade seguirá a ser vital no pro-ceso mobilizador para que non se dea ningún pasoatrás na defensa do idioma que é o principal signo deidentidade do pobo galego e que nos singulariza nestaxeira globalizadora. Porén, cómpre repensar novas tác-ticas e estratexias normalizadoras para contrarrestar aacción dos grupos negacionistas que, aínda que sonsocialmente minoritarios, contan con moi forte apoiomediático co que foron capaces de acurralar a razón ede espallar prexuízos e falacias contra o galego, á vezque buscan condicionar a axenda normalizadora entodos os ámbitos.

A abnegada entrega de tanta xente que desde haitantos anos loitou arreo para dignificar o uso dogalego non pode ser inútil. Sigamos a traballar (e asoñar) con camiñar algún día do Courel a Compostela(e a Fisterra) por un territorio onde a lingua propia deGaliza sexa de uso plenamente normal.

Manifestación a prol do idioma galego. Praza do Obradoiro. 17 de maio de 2010.

© PAULA CASTRO

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 3

Page 4: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Galicia do silencio calada á forza. Uxio Novoneyra, o poeta do Courel, foi tamén voceiro de todo o país.Os seus poemas e contos infantís non só tiveron difusión en galego, senón que foron tamén traducidosa sete linguas (inglés, xaponés, euskera, francés, gaélico, alemán e castelán). Traballou como xornalis-ta en Madrid pero no ano 1983 decidiu voltar á terra e afincarse en Santiago de Compostela de xeitodefinitivo, dende onde presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega, até o seu pasamento, noano 1999. Entre a súa bibliografía atópanse obras como Os eidos, Poemas caligráficos, Tempo de ele-xía e Muller para lonxe. Os ideais nacionalistas aboian na súa coidada poética, que tamén se compro-meteu de xeito perenne coa nosa lingua, servindo de exemplo de loita actual. A forza do noso amor nonpode ser inútil.

Asolemnidade coa que recitaba semellaba un-ha oración, un rito sacro; mais as súas pala-bras non eran máxicas por extraordinarias e

esotéricas senón porque lograba os seus efectoscurativos a través da autenticidade. O cal non dei-xaba de ser un problema para un idioma que pre-tendía fixar unha norma. Non se pode ter todo. A fi-delidade de Uxío Novoneyra á fala provocáballecertos desvíos ortográficos que nunha academi-cista visión reducionista podía provocar a condenadas autoridades normativizadoras. Mais na arteson compatíbeis as regras coa transgresión, oumáis exactamente: as regras son a condición nece-saria para que se produza a transgresión. Con to-do, esta transgresión ten que ser xustificada. Unnon é “rebelde” por facer o que lle peta senón porter un propósito e estar disposto a pagar o prezode sufrir as consecuencias de incorrer na vulnera-ción de leis ou preceptos. Facer o que un quere, ásveces non é máis que acomodarse e deixarsearrastrar, aínda que pareza todo o contrario poloexhibicionismo que se manifesta naqueles escán-dalos permitidos polo poder para lexitimar o seudominio na súa tolerancia e comprensión. Rebeldecon causa, Uxío é levado por razóns de forzamaior, mais non desatende todas as demais ra-zóns, por menor que sexa a súa forza. A tensióncoa que se enfronta á escrita reflicte as contradi-cións dunha situación sociocultural anormal nunpaís informal e alegal.

Novoneyra, o último druída

Xoán Carlos Garrido Couceiro

Profesor de filosofía

Asociación deEmigrantes Retornados4

Novoneyra, 1994.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 4

Page 5: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Claro que hai algo de relixioso na poesía deUxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aosmortos, a invocalos, a retomalos, a prolongalos ea revivilos. Ese religare, que inicialmente era arelixión popular que aglutinaba a comunidadenun proxecto igualitario e convivencia en paz coshomes e coa natureza. A lingua permite estar ausar palabras que chegaron a nós de boca enboca de xeracións e cargadas das experienciasque achegaron as vidas que termaron delas. Alingua racha a nosa soidade, salva/ralva as dis-tancias cos outros. Mesmo na necesidade sincró-nica de fundirse co pobo/pueblo co que convivi-mos hoxe, as palabras deben ser tratadas congran coidado para non provocar ningún inciden-te que nos divida ou nos distancie. De aí que undialectalismo aquí, un xiro medieval alá, emesmo un castelanismo poida ser empregadopara lograr o efecto de facer comparecer nunverso séculos de xeracións anteriores xunto coasdiferentes clases populares que conforman osuxeito e obxecto do recital.

Os textos de Novoneyra son escasos e enconstante revisión porque militaba na necesaria

teima de ser sintético. Do mesmo xeito que as súaspáxinas con grandes espazos en branco, recreaba ossilencios elocuentes dos seus recitais tamén as tem-poradas de ausencias editoriais supuñan unha reafir-mación no dito, unha exaltación do escrito, unharevalorización do publicado. Con todo, Novoneyranon facía outra cousa que ser escritor ou máis estri-tamente: poeta. El falaba de que era máis “dicidor”que “publicador” mais en calquera caso do que setrataba era de exercer de poeta a tempo completo.Lograr dignificar o oficio de escritor nun país como onoso esixía un gran sacrificio de dedicación constan-te a este labor e de renuncia a tarefas máis “rendí-beis”. E para ser escritor cumpría ser lector? Ser lec-tor é necesario pero tamén un risco. Uxio Novoneyratemía caer nas gadoupas da alleante cultura libresca,claro que lía e relía poetas de todos os recantos domundo, mais tamén ollaba e escoitaba cada conden-sación verbal da existencia popular como se estivesea recibir un tesouro, non fose ser que se convertesenun tradutor/traidor da linguaxe no canto de sercanle de expresión do máis profundo do noso ser. Eno fondo, non debemos esquecer que non somos sóo que queremos ser senón tamén o que fixeron denós.

Asociación deEmigrantes Retornados 5

Foto de: Marcelino Vidal García. 25 de xullo, anos 90.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 5

Page 6: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Fronte aos que se consideraban modernospor renegar do pasado, Uxío falaba de anovalo,e era quen de atopar nel aquilo que tiña de futu-ro ou mesmo de eternidade. Claro que experi-mentaba e coincidía cos últimos acontecemen-tos que se estaban a producir no panoramainternacional da poesía, mesmo os anticipabanalgúns casos. Agora ben, coller a palabra paranon dicir nada novo era un luxo que un escritornon se podía permitir. E moitas veces o pasadoé o máis novo que nos pode acontecer cando opresente é de renuncia baleira.

Uxío volve sobre os trobadores, mais lembraque non é un exercicio inútil. Volve sobre Rosalíae Pondal, volve sobre os cantares de cego e ascantigas populares (no seu momento en refluxo),en definitiva, volve sobre o futuro. Aquilo quepode facer que este pobo teña futuro. Érguesesobre o chan, non fai castelos no ar, aínda queacredita no soño, e constrúe o seu universo poéti-co como punto de encontro de experiencias múl-

tiples. Non é costumista nin paisaxista, non é panfleta-rio e activista, non é tantas cousas nas que se lle quixoengaiolar, nin sequera aquelas máis ben intencionadas.Porque ao fin un poeta expresa o que sente e salvo quesexa insensíbel ás variadas situacións nas que se atopaa súa poesía acabará reflectindo e facéndose eco do quelle afecta como home dun tempo e dun espazo deter-minado. Hai quen quixera recluír a Uxío no Courel. Maisquen tivo a ollada atenta capaz de captar e expresar oque a súa Terra tiña que dicir, tamén arrastrou a súaexistencia por carreiros que desembocando enCompostela chegaron a rodear a mesma capital doImperio, onde se dicía que fóra de alí todo era secunda-rio, descentrado, desenfocado e marxinal.

O poder, como un imán atrae ao seu centro todo oque quere triunfar. Mais a medida que alcanza o reco-ñecemento exterior prodúcese un maior descoñece-mento interior até chegar a preguntarse diante do espe-llo quen é o que nos mira desde dentro do noso corpo?Dicíase que para ser alguén había que ir a Madrid eUxío comprobou alí que podía ser outra cousa que

Asociación deEmigrantes Retornados6

Novoneyra, 1996.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 6

Page 7: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

aquilo que agardaban del, podía ser el mesmo.Mais para iso tiña que construír a súa personali-dade cos materiais sedimentados sobre os que sesostén e de onde arrinca a súa existencia.

Ser poeta-pobo, ser o xamán da tribo, éunha gran responsabilidade nun momento dedesfeita da comunidade e de individualismoconsumista. Mais tamén é certo que quixeraser outra cousa. Estar raptado pola patria é odestino de calquera intelectual neste país. Élamentábel que un creador non poida desfacer-se das ataduras á nación porque a situación ocolocaría contra as cordas da traizón. É dramá-tico tratar de desfacerse inutilmente da cargade ser máis nacionalista que calquera outracousa. Mais o caso é que non hai xeito de libe-rarse dese cativerio aos que somete Galiza aos

seus escritores que lograr emancipar a propia Terraque os secuestra.

Non foi finalmente a xeración de Uxío quen de liberarGaliza aínda que dedicaron as súas vidas a esta tarefa.Con todo, nos seus libros sagrados quedaron moitas dasensinanzas ancestrais que poden dar pulo aos novos pa-ra que rematen o labor. Uxío Novoneyra ficou no futuro ea súa lectura tráeo ao presente. Hai que reparar en cadaestrofa libre ou rimada, en cada termo elixido e mesmovogal escolleita, en cada forma do texto e cada sonorida-de do contido, e de seguro, a medida en que descifremoso sentido dos seus versos iremos desentrañando o mis-terio da nosa situación. Botémonos a andar sobre as súaspáxinas e lembremos, como el nos di, que non se fai o ca-miño só para chegar.

Xoán Carlos Garrido Couceiro

GALICIA digo eu ún di GALICIA

GALICIA decimos todos GALICIA

hastr’os que calan din GALICIA

e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza

GALICIA da tristura triste á forza

GALICIA do silencio calada á forza

GALICIA da fame emigrante á forza

GALICIA vendada cega á forza

GALICIA tapeada xorda á forza

GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir

libre pra non ser libre pra non ser

libre pra morrer libre pra morrer

libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa

GALICIA mariñeira GALICIA nosa

GALICIA obreira GALICIA nosa

GALICIA irmandiña

GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda

recóllote do PUEBLO estás n’il toda

recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro

no verbo verdadeiro que fala o pueblo

recóllote pros novos que vein con forza

pros que inda non marcou a malla d’argola

pros que saben que ti podes ser outra cousa

pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa

sabemos que o home pode ser outra cousa

Asociación deEmigrantes Retornados 7

Uxio Novoneyra

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 7

Page 8: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

cartografía dorecordo

Ana de Larriva

Xornalista e colaboradora de Marusía

8 Asociación deEmigrantes Retornados

Un lugar non é só espazo, é tamén tempo.Un cronotopo. É tamén memoria. A lem-branza da lembranza dunha lembranza.

Por iso cada posto evoca sensacións diferentesa cada persoa. Chegan cheiros, sons, percep-cións, rememoracións e recordos de historiascontadas. Pero, máis aló diso todo están os fei-tos. Galicia construíu un mapa lutuoso na repre-sión franquista, con numerosas cruces nas cu-netas e ás portas dos cemiterios, pero tamén enprazas maiores e lugares concorridos. A tinturadese plano foi esvaecendo polo paso do tempo,non esquencido, agochado baixo sete chavesporque “non interesa”. Cantaba a Quenlla quese rescatamos os feitos, non deixaremos quevolvan.

Locía un sol traveso aquela mañá do 20 de xu-llo de 1936. Vigo agarda despistada informa-cións sobre a folga xeral que se convocara comocándida protesta obreira ao traizoeiro levanta-mento das tropas. Ao cárcere vigués, sito na cén-trica rúa de Fermín Galán -agora do Príncipe,chega un aviso dende A Coruña, agardado, comodetonante para proclamar o bando de guerra, epoder así derrogar o poder legal. Unha masa po-pular fai de corredor humano ao paso dunha sec-ción de Infantería. Diríxea o capitán Carreró Ver-gés, que marcha á fronte da comitiva como cabe-za visíbel da mesma.

A cidade descoñece o que está a acontecer.Até moitos dos militares son alleos ás verdadei-ras razóns da súa ida. A Porta do Sol acolle aossoldados. Alí agarda un importante número depersoas. Cando o oficial empeza a ler o manifes-to traidor, algúns espontáneos decátanse da rea-lidade da situación. Sen prever as consecuenciasdas súas accións, tentan riparlle o bando das

mans e mesmo piden aos soldados que se rebelen e seneguen a participar na sublevación.

Un fragor seco resoa na praza. Anda jaleo, jaleo y yaempieza el tiroteo. Unha descarga pechada de fusilaríacarga contra o pobo. Úlense a pólvora e máis o horror.Este sentimento de pavor invoca a natureza máis pri-maria do home. Comezan as carreiras sen dirección,que provocan o aumento das baixas entre os civís. Soneles, os seus corpos febeis, inermes, abertos ante o fo-go. O chan queda cuberto dun manto escarlata...

Descubrir a xeografía do país tamén a través da súahistoria, recuperando un elemento imprescindíbel dasúa identidade é vital. En Vigo comezouse unha inicia-tiva pioneira. Un roteiro polos lugares da Memoria ten-

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 8

Page 9: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

9Asociación deEmigrantes Retornados

ta loitar contra o desleixo dos que queren ago-char os feitos, impulsado pola laboura da Asocia-ción Viguesa pola Memoria do 36. Son case unhaquincena os lugares que percorre esta ruta lutuo-sa. A Porta do Sol é, pois, un dos lugares marca-dos a lume no mapa da represión viguesa.

Nos muros do cemiterio de Puxeiros taménhai unha cruz vermella que lembra as 21 persoas(19 homes e dúas mulleres) asasinadas contra assúas pedras, cun covarde tiro na caluga. E houbosangue inocente verquida tamén na curva ante-rior a este camposanto, na praia de Fontes, nasRoteas, na Guía...

O silencio cando é inducido, obrigado, impos-to, perde o seu significado como acción de abs-terse de falar, e convértese nunha agresión. Nunfurto da voz, nun enmudecemento imposto. Naextirpación dunha parte da esencia. Non só se si-lencian os feitos. Silénciase a memoria. O únicoque fica do pasado e nos vencella con quen fo-mos e co que agora somos.

El era un cativo que perdeu o pai e, con el, a in-fancia. E impídeselle recordalo. Telmo Comesa-ña, presidente da Asociación Viguesa pola Me-moria do 36, foi, é e será un home loitador, quecombate, pero pola paz. Por rescatar os feitos,para que non volvan. Para atopar a paz que a el, ea tantos, e ao propio país lles foron arrapañados.Velaquí un pouco da súa memoria, dos feitos,

das palabras que lle foron calados, que enviou baixo aforma de cartas ao director aos dous principais xornaisgalegos e lle foron censuradas, devoltas e agochadas.Por medo á verdade. E o medo é o xérmolo das pai-xóns máis baixas, por iso non se debe abonar.

CARTA ABERTA A UN NENO DE DEZ ANOS

Neno querido: eu, que xa son vello e xa que logo outra volta neno, tamén me pregunto “Franco mo-rreu hoxe?”. Ti, querido neno, tes un pai a quen lle-lo podes preguntar, aínda que o que che contesta, amin dame medo.

Eu, querido neno, nunca lle-lo puden preguntar o meu, porque el, José Comesaña Pérez foi asasinadoo dia 6 de outubro do 1936, xuntamente co seu irmán Antonino, o seu curmán Emilio Comesaña e o seuamigo Fernando Costas. Un mes despois asasinaron a Adolfo Monroy e Gildo Andrés.

Querido neno: aquí non houbo guerra; asasinouse aos “ROJOS”. Agora mesmo non che podo dicirquen eran os “rojos” porque nin eu mesmo o entendo.

Querido neno: aquí en Alcabre, de seis homes asasinados quedaron cinco mulleres viúvas e vinte or-fos. A máis, a dúas fillas dun deles rapáronlles o cabelo. Destrozaron familias. Quedamos aldraxados, sinconsolo e sen axudas... e aínda ninguén nos pediu perdón.

O historiador Xoan Carlos Abad, presentou o acto da memoria asportas do cemiterio vigués de Puxeiros.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 9

Page 10: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Querido neno: teu pai, Ramón Cortegoso, non cho supo explicar, ou non o sabe, ou non o quere saberporque posiblemente forme parte desas familias de paseadores que queren tapar o pasado dos seus de-vanceiros e dos crimes que cometeron.

Querido neno: explícalle a teu pai e a outros como el, que Franco morreu pero que hai moitos que bo-tan de menos a ditadura, para seguir a pornos tesos aos que non cantamos o “cara al sol”, e aos que que-remos vivir nun país laico e ceibe.

Querido neno: teu pai laia porque en Madrid desmontaron o burro do cabalo; e eu dígoche, que os aga-sallos son para os homes de ben, e non para os asasinos.

Querido neno: cando sexas máis grandiño eu serei máis neno, ou xa non serei; se ainda son, eiche su-xerir que tódolos símbolos feixistas, incluidos os que están pendurados nas paredes das igrexas os leveno “Valle de los caídos” e que o declaren MUSEO DO HORROR da ditadura franquista. Alí, querido neno,está soterrado Franco, máis un tal José Antonio Primo de Rivera; o que nunca che contará teu pai é, queesa obra fíxose con homes escravos, cheos de fame e de miseria, e que moitos deles deixaron alí a súa vi-da. O delito destes homes era ser demócratas.

Querido neno: agora que sei que existes nunca me esquecerei de ti.

CARTA DE RESPOSTA A UN SEÑOR

Alguén dixo, polas súas obras os coñeceredes, e eu engado, e polas súas cartas tamén. Sr., na súa car-ta acho os tópicos de sempre e algunhas ofensas; quero crer que non o fai con mala intención, senón porignorancia. Ai frases como (“na guerra mataron uns e mataron outros”, “queren desenterrar os mortos”,“son cousas do pasado que xa están superadas”, e, especialmente, a frase: “a guerra fraticida ninguén arevive se se ten un mínimo de pudor, vergoña, senso da responsabilidade e desexo de reconciliación”).Señor, eu son fillo dun home asasinado, “paseado” o 6 de outubro de 1936. Tiña 26 anos e, con el foronseo seu irmán Antonino, de 32 anos, o seu curmán Emilio e outros máis.

Señor, en Galicia non houbo guerra; cometéronse asasinatos selectivos, empezando polos cargos polí-ticos elixidos democraticamente (alcaldes, concelleiros e parlamentarios), seguindo os mestres, sindica-listas e líderes sociais. É dicir, todos aqueles que tiñan a capacidade de trocar a sociedade corruta da mo-narquia totalitaria.

Señor, en Galicia asasinaron a milleiros de persoas; en Vigo 700 dunha poboación de 120.000. Señor,Franco e algúns máis levantáronse contra un réxime legalmente constituido, dando lugar a unha guerraque finalizou o 1 de abril de 1939. Sr., a partir de aí, Franco e os seus colaboradores axudados, xaleados ebendicidos pola Igrexa Católica asasinaron a máis de 150.000 persoas. Sabía vde. que se encheron os cár-ceres de homes e mulleres por non seren nacional-catolicistas, e que se crearon campos de concentracióne de traballos forzados? Ouviu vostede falar das 13 Rosas e das masacres nos cárceres de mulleres leva-das a cabo polo psiquiatra Vallejo Nájera? Parou a pensar nos orfos e nos nenos arrincados das súas naisnos cárceres e como tivemos que loitar para sobrevivir? Sabe vostede o que é pasar fame e a dor dunhanai cando un fillo lle dicía “mai, teño fame”?

Señor, vostede que fala de revanchismo, sabe canta xente tivo que exiliarse fuxindo da represión e damorte? Cre vostede que os nosos pais eran menos dignos que os asasinados por ETA?

Sr., os crimes contra a humanidade non prescriben e, quérao ou non vostede, vostedes, e o goberno,os xuízos sumarísimos serán anulados e a ditadura franquista condenada; se non o fai a xustiza española,farao a europea.

Asociación deEmigrantes Retornados10

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 10

Page 11: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

CONTESTACIÓN A V. R. M.

Magóame ter que saír a respostar sobre os crimes fascistas de Franco e demáis camarilla que participouna mal chamada guerra civil. Teño que facelo porque non podo aturar que V. R.M. publique unha carta titu-lada “La revancha de la guerra civil”. Unha das consignas do xeneral Mola foi: “ Tenemos que exterminar atodos los que no piensen como nosotros….”. E fixérono.

Sra. V.: eu son fillo de José Comesaña Pérez, asasinado o 6 de oububro do 1936 xunto co seu irmán An-tonino e catro homes máis. Non hai 100 anos como vostede despreciativamente suliña. Pode ter por segu-ro que mentras eu alente seguirei dignificando a memoria de meu pai:f alando del, ensinando a súa foto(un home novo, de 26 anos, cheo de vida e ilusionado cun réxime republicano que lle ía permitir educar osfilllos nun país laico e libre; e a da súa muller Eusebia, 25 anos, e un fillo de 30 meses e unha filla de 8 me-ses). Meu pai tiña rostro, e durante moitos anos a cidadania non sabía del; non estaba nos libros, nin lle da-ba nome a ningunha rúa porque iso estaba reservado para os verdugos. Hoxendía a fotografia de meu paiestá presente en algúns actos de Memoria diante do meu peito e sinto que é el quen fala a través de min.Preto de 6000 asasinados en Galicia onde non houbo guerra nin civil nin incivil; soio houbo crimes contra ahumanidade e mesmo parece que a Vd lle reconforta que se siga ocultando ese pasado recente. Os fillosdas vítimas, (arredor de 20.000 en Galicia ) nunca ímos esquecer, nin os nosos fillos, nin os nosos netosmentras neste país non se faga xustiza. Fíxese señora que pouco pedimos: verdade, xustiza e reparación.As novas xeneracións teñen que saber que os verdugos non poden xuntarse coas vítimas, cada quen ten oseu lugar na historia.

Non se pode esquecer, aínda que persoas como vostede o pretendan, que o levantamento fascista dun-ha parte dos militares (se fosen todos non había guerra), nin tampouco que se fixo un exterminio: despoisdo 1 de abril do 1939 inzouse España de campos de concentración con traballos forzados, de xente exiliada,desterrada, fuxida polos montes ou agochada entre muros ou en buracos inmundos e as familias malvivin-do e aldraxadas por ser familias de “rojos”. A cantas mulleres lles sacaron os fillos! Cantos homes perde-ron o traballo acusados de “desafectos al régimen”! e cantas mulleres violadas e rapadas!, canta dor! Can-ta inxustiza e canto terror! Vostede señora pregúntase se aínda existe Franco e se seguimos baixo o réximefranquista. Se vostede non é quen de velo, eu explícollo:

1) O xefe do estado foi imposto polo sátrapa, que xurouos “principios fundamentais” e aínda non se discul-pou.

2) A xustiza segue a ser a mesma; atenda ben: aínda nonse anularon os xuízos sumarios. Meu pai foi “pasea-do” e non tivo xuizo e figura como “indeseable” e osque pasaron por xuízo sumario seguen sendo uns“canallas” e acusados de “rebelión militar” mentresque os verdugos foron premiados con medallas e pos-tos na administración e nas mellores empresas sin im-portar a calificación. Eran fillos do novo réxime. Decá-tome señora que Vde. foi da caste dos vencedores eeu pídolle por favor que non nos magoe máis, que nosdeixe en paz para que algún día os nosos fillos ou osnetos poidan ter paz, xa que a nós seguen feríndonoscon comentarios como os que Vde. reflicte. As feridasnon pechan se non se curan.

Non pode haber perdón sen: Verdade, sen Xustiza esen Reparación.

Asociación deEmigrantes Retornados 11

Telmo Comesaña

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 11

Page 12: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Moitas son as preguntas que nos podemosfacer a hora de falar de igualdade e benes-tar. Que entendemos por igualdade?, es-

tamos a referirnos á igualdade entre o 50% da so-ciedade e o outro 50%?, e dicir, a igualdade entrehomes e mulleres?. Ese dereito co que se enchetanto a boca, á hora de falar dos moitos logrosconseguidos e do moito que cambiaron as cou-sas. Mais a realidade é teimuda e ponnos fronte afronte ao vivir de cada día das mulleres do nosoPaís, porque vou falar de nós, da situación dasmulleres galegas de hoxe, do moito que temosque facer para avanzar de verdade.

A sociedade está composta de mulleres e ho-mes, persoas que “con” dignidade sexan quende viviren xuntos e xuntas, respectándose na di-ferenza.

Dende sempre as mulleres fomos educadas paraquedarmos na casa, para atender a familia, para “parirfillos para o ceo”, inda que nós estiveramos perma-nentemente no inferno, para quedármonos sempre noámbito do privado, minusvalorándose o noso traballo,desprezándonos e mesmo asasinándonos se intenta-bamos saír dese cárcere que para moitas é a casa; enon porque non queiramos a nosa parella, aos nososfillos e fillas, a nosa familia; non, non é ese o caso, senon por non termos a posibilidade e elixir, porque eseera o papel que para nós estaba decidido e non habíaoutra opción por moito que se desexara. Os tempos fo-ron andando e o esforzo e traballo de moitas mulleressilandeiras, foinos incorporando ás aulas, ás universi-dades, á cultura, ao mundo do traballo remunerado,...pero ao chegarmos á casa estaba todo sen facer e era-mos tamén nós (mulleres), e sempre nós, as que a con-ta do noso corpo, do noso tempo de durmir, da nosasaúde as máis das veces, faciamos as cousas. E todoestaba no seu sitio: a casa arranxada, os nenos/as coi-dados, as persoasmaiores atendi-

igualdade ebenestar

Tereixa Novo Arrojo

Mestra

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 12

Page 13: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

das. É o que se deu en chamar as duplas e triplasxornadas das mulleres. O noso traballo nuncaera recoñecido, nin o que se facía na casa ou norural traballando de sol a sol, nin o remunerado(en precario). Facendo iso que agora se chamaconciliación da vida laboral e familiar, iso foi oque fixemos sempre as mulleres: conciliar. Ou aque se lle chama senón conciliar?.

Conciliar teñen que ser medidas laborais quepermitan a “homes” e mulleres ter un traballodigno e que ámbolos dous teñan tempo sufi-ciente para compartir e repartir as tarefas da ca-sa e do coidado de nenos e nenas, e de persoasmaiores ou dependentes. Máis isto non será po-síbel sen dous elementos fundamentais: a co-rresponsabilidade dos homes nas tarefas docoidado; non “axudando” nas tarefas do fogar,non; corresponsabilizándose, que quer dicircompartindo responsabilidades da vida en co-mún. E a implicación activa das administra-cións públicas fornecendo a sociedade de sufi-cientes prazas públicas de “galescolas” e digo“galescolas” moi conscientemente, non se ne-cesitan prazas de “garderías”, non, teñen queser prazas de escolas infantís que coiden aotempo que educan e que ademais o fagan engalego, (nunha palabra GALESCOLAS) idiomaque permitirá ás crianzas medrar nun país orgu-lloso de seu, que transmite con normalidade dexeración en xeración o seu rico “acervo cultu-ral”, só así criaremos nenos e nenas respectuo-

Asociación deEmigrantes Retornados 13

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 13

Page 14: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

sos co seu.... e co dos demais, integrados e soli-darios. Máis non quero perder o fío do que esta-ba a dicir; necesítanse prazas públicas suficien-tes de centros de día de residenciais, así comoservizos a domicilio que cuns prezos accesíbeisfaciliten a vida ás persoas (transporte, comidas,ocio, cultura), en definitiva unha rede pública deservizos sociais, que garanta unha calidade devida digna para todos e todas. Se a isto engadi-mos que sexamos quen de eliminar as taxas deparo feminino, moi superior a dos homes, osmenores salarios e a maior precarización dascondicións laborais das mulleres, e conseguir-mos o acceso en igualdade de condicións aospostos de responsabilidade e de toma de deci-sións, das empresas, dos organismos públicos,dos gobernos, da representación política; seademais logramos remover todos os elementosde opresión que nos levan á violencia contra asmulleres, e sobre todo se imos facendo que asmulleres sexamos cada vez máis conscientesdo que leva implícito ser muller, estaremos real-

mente camiñando… cara a eliminación das desigual-dades que sufrimos as mulleres, polo simple feito desermos mulleres; estaremos na dirección correcta daigualdade e dunha calidade de vida (benestar) paratodos e todas.

Pero a realidade é ben outra: eliminaron as Gales-colas,… queren eliminar o galego,… privatizaron osservizos sociais,… segue aumentando o paro,... o fe-minino tamén, as condicións laborais cada vez sonmáis precarias… as mulleres seguen sendo asasina-das, seguimos fóra das tomas de decisións impor-tantes, nun mundo que segue a ser totalmente mas-culino.

Pero cada vez somos máis, e máis conscientes da si-tuación das mulleres, tamén das galegas. Esa é a nosagrande forza, o tempo xoga no noso favor, inda que se-xa tarde para moitas.

Tereixa Novo ArrojoCompostela, marzo 2010

Asociación deEmigrantes Retornados14

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 14

Page 15: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

a consideración do corpo como unha suma de órganose partes que deben ser tratados polo médico especial-ista illadamente. O otorrino queda cos oídos, o neuról-ogo fica co cerebro, ao traumatólogo dámoslle acolumna... A fibromialxia non a quere ninguén, aíndaque llela teñan adxudicado aos reumatólogos.

De inicio somos unha máquina biolóxica perfecta, so-mos un laboratorio ambulante capaz de producir de to-do sen danar o noso entorno. Un individuo san é un ex-emplo de equilibrio biolóxico perfecto. Agora ben, paramanternos neste estado de saúde, temos que cumprirunhas especificacións: respirar, hidratarnos e nutrirnoscorrectamente, descansar adecuadamente, manter unequilibrio emocional, facer algo de exercicio físico, etc.Se non mantemos este equilibrio, que é outro modo defalar de saúde, enfermamos e é entón cando queremosque alguén ou algo (o medicamento milagreiro, apoder ser) nos cure. Parécenos o mais normal do mun-do cambiarlle o aceite ao coche cando o precisa, sendemora, pero non bebemos suficiente auga porquenon temos sede ou non tomamos verduras, a pesar deque necesitamos as vitaminas que conteñen, simple-mente porque non nos gustan. Non educamos o gusto

Asaúde é un proceso dinámico que ten comocentro a persoa, con todo o que esta impli-ca. Está demostrado que o grao de coñece-

mentos, o estatus económico, a clase social eoutros factores inflúen decisivamente na súa es-peranza de vida, no seu nivel de saúde e naevolución das enfermidades que poida padecer.

O primeiro problema que encontramos á hora defalar de saúde é a propia concepción que temosdela. Sempre que falamos de saúde acabamosfalando de enfermidade. Os medios de comuni-cación, os poderes públicos e mesmo oscidadáns temos un gran problema inicial respec-to da saúde: só nos interesa cando a perdemos.Até ese momento a saúde non conta ou non ex-iste. Estar sans non vende. E pagamos un seguropara que nos curen, non para manternos sans.Cando enfermamos preséntase outro problema:

Asociación deEmigrantes Retornados 15

sociedade esaúde

Tereixa López Albardonedo

Enfermeira

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 15

Page 16: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

16 Asociación deEmigrantes Retornados

dos nosos fillos, aínda que sabermos que unhacarencia alimentaria provoca enfermidades per-fectamente constatábeis. É que o meu fillo sócome pizza, salchichas, hamburguesas e patacasfritidas. Se asumimos esta conduta alimentariaresignadamente, temos de aceptar un futuromáis ou menos inmediato de hipertensión, sín-drome metabólica, problemas cardiovasculares,diabete, etc.

De quen é a responsabilidade sobre a saúde? Enprimeiro lugar ,de nós mesmos. Cando nontemos problemas económicos, cando estamosequilibrados emocionalmente, cando durmimose nos nutrimos correctamente, que estraño: esta-mos sans! Pero nin somos conscientes deste es-tado, nin o valoramos se é que si o somos. Vivir éun proceso de aprendizaxe constante. Igual queaprendemos a conducir ou a convivir ou apren-demos a desempeñar un traballo e para facelotemos que poñerlle interese, dedicación e esfor-zo, tamén temos que aprender a manternos sans;e igual que avaliamos o estado da nosa conta cor-rente e corriximos os desvíos ou erros, nosos oudoutros, para evitar os números vermellos, con-

servar a saúde esixe observar o noso modo de vida, asnosas condutas alimentarias, emocionais, de relacióncos demais... Ver o que facemos correctamente paranon enfermar.

Como isto nos pide un esforzo de conciencia do quefacemos ben e mal, preferimos deteriorarnos até en-fermar en lugar de coidarnos e, unha vez enfermos,delegar noutros a responsabilidade do noso benestar.

Ó primeiro o corpo envía sinais de alarma: estamos es-gotados, pouco vitais, durmimos mal, temos malasdixestións, estreñimento, dóenos a cabeza ou respi-ramos mal ou presentamos calquera outro síntomaleve. A isto respondemos tomando algún fármacopara silenciar este sinal de alarma. Con isto forzamos ocorpo a continuar a traballar en precario. Curiosa-mente, se nos dan un croque no coche, levámolo areparar canto antes, en lugar de ir coleccionando cro-ques até que escacha a carrocería. Se se gastan as zap-atas non esperamos a estragar os discos, pero co cor-po, que é o noso vehículo fundamental, non temosestes coidados.

Agora ben, a persoa que nos dá cita no taller non é amesma que nos recolle o coche, nin a mesma que o ar-ranxa ou que nolo entrega finalmente reparado. Damesma maneira, o médico diagnostica e pauta unhamedicación, pero un diagnóstico, unha medicación eunha dieta ou unha rehabilitación non son iguais paraun paciente dunha cidade ca do rural; para unha per-soa nova ca para unha maior; para alguén sen estudos,sen familia ou sen recursos; simplemente, para alguénque non sabe cociñar ou non entende o que lle sucede,un tratamento ou unha dieta concretas, sen o adecua-do asesoramento dos equipos multidisciplinares (en-fermeiras, comadroas, fisioterapeutas...) acaba sendosinxelamente imposíbel. A medicación acaba sendo aúnica peza que incorporamos de toda a reparación e is-to equivale a cambiar un faro roto para estamparnosde novo contra o muro, e volta a comezar.

A unha persoa que vai ao médico por malestar físico esobrepeso, detéctanlle un exceso de azucre. Antes deaplicar ningunha medida correctora ou indagar sobreos seus hábitos de vida, danlle unha medicación paracorrixir o problema do azucre. Se o paciente regresacon un exceso de azucre maior no sangue, danlle outramedicación, pero non se incide sobre os seus modosde vida. Finalmente, acabarán inxectándolle insulinapero, se non corrixe os hábitos dietéticos, a enfermi-dade segue progresando e co tempo acabarán tratán-doo dos problemas coronarios, problemas renais, per-

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 16

Page 17: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

17Asociación deEmigrantes Retornados

da de visión, etc., cando se podía evitar que osmalos hábitos alimentarios desembocasen nun-ha patoloxía. Se o paciente non coñece o proce-so que padece, dificilmente pode contribuír amodificalo no día a día. Se está demostrado quea dieta ten unha incidencia absolutamente deter-minante na diabete, por que o acento está postosempre na medicación? A dieta e o exercicio físi-co non deberían ser elementos de tortura para opaciente. Ao diabético, por continuar co exemp-lo, prohíbenlle comer azucre, pero ninguén lle dide que non pode botar cinco sacarinas no café ouque o xamón cocido tamén leva azucre ou que asgalletas para diabéticos están elaboradas confrutosa, que tamén é un azucre. O diabéticocome estes alimentos convencido de que non llefan dano, coma a cantidade que coma. E, obvia-mente, deixa de comer outros que están sa-tanizados para el. O resultado é unha dieta dese-quilibrada e non adecuada ao seu problema.Habería que explicarlle que cada alimento con-tén unha cantidade de azucre e que a cuestión es-tá en saber combinar os alimentos tendo en con-ta o seu índice glicémico. Para facer isto ten quehaber alguén que llo poida explicar, que lle fagaun seguimento. Este traballo non é cometido domédico que, no sistema actual, carece de tempopara isto. Por outro lado, os coidados de saúdeson cometido da enfermería. O que sucede hoxepor hoxe, a falta de persoal que asuma estescometidos, é simplemente que se medica o pa-ciente para paliar o seu exceso de azucre. Máis

nada. A súa enfermidade faise crónica e empeora oseu estado de saúde. Como é evidente, esta dinámica éextensiva a todos os procesos de saúde/enfermidade,non só á diabete.

A maiores destes, temos outro problema que pasa de-sapercibido. As descubertas nos diferentes camposque afectan á saúde non son de inmediata aplicaciónna curación dos pacientes. Ese coñecemento unica-mente se traduce en medicamentos.

A conclusión final de todo isto é que a saúde se trans-forma nun negocio que non é nin mais nin menos quea xestión da enfermidade. O paciente nesta mesma in-ercia é un suxeito pasivo do que lle sucede, en lugardun actor responsábel da súa transformación.

As industrias farmacéuticas operan coa mesma lóxicaempresarial ca o resto das grandes corporacións: oobxectivo é repartir beneficios. A diferenza –paranós— é que está en xogo a nosa saúde. No campo dasaúde o negocio mais rendíbel é vender fármacos.Para iso é preciso que a enfermidade sexa crónica eque o paciente perciba o medicamento como a (única)solución. Unha gran parte dos recursos sanitarios,hoxe en día, están destinados precisamente á comprade medicamentos, moitos deles innecesarios. A solu-ción non pasa por unha supresión dos medicamentos,senón por un uso racional e adecuado.

Se a enfermidade non fose un gran negocio, privati-zaríase a súa xestión?

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 17

Page 18: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

En xuño de 2009 aprobouse no Congreso dosDeputados o proceso para unha fonda rees-truturación e ordenación das entidades fi-

nanceiras no estado español. Tal e como aconte-ce noutras cuestións de Estado relevantes, osdous partidos políticos estatais, o PSOE comosustento do actual Goberno, e o Partido Popular,partido da oposición que se erixe como alternati-va, coincidiron e aprobaron conxuntamente aconstitución do Fondo de Reestruturación Orde-nada Bancaria (FROB), que conleva unha regula-ción e ordenación do sector financeiro dun xeitocentralizado, malia que afectaría tanto á bancaprivada como ás caixas de aforro, relegando de-se xeito a intervención das Comunidades Autó-nomas no que atinxe á tutela das caixas de afo-rro.

Baixo o pretexto de reforzar, perante a crisedo sector financeiro, a solvencia económica dascaixas de aforro, o principal obxectivo do FROBé situar as caixas de aforro na órbita do podercentral, facilitando o deseño desde Madrid dofuturo mapa das caixas de aforro, coutando acapacidade de que as nacións e pobos que com-poñen o estado español, como é o caso deGaliza, exerzan o seu dereito a contar cun poderfinanceiro propio acaído ás necesidades dosseus sectores económicos, do seu tecido empre-sarial e produtivo.

O nacionalismo galego foi consciente desdeo primeiro momento desa estratexia orientadanon só ao control central, senón tamén concen-tración, privatización e deslocalización das cai-xas de aforro, isto é, desligazón do seu territorioe con iso a desvinculación co financiamento dos

proxectos económicos ligados ao desenvolvementosocioeconómico do país. Convén remarcar ese impul-so e decisión inicial, cunha posición inequívoca einvariábel ao longo de todo o proceso, pois foi deter-minante no resultado final que hoxe coñecemos: afusión das caixas galegas para seguir contándomosen Galiza cunha ferramenta fundamental para o finan-ciamento e, xa que logo, desenvolvemento do tecidoprodutivo galego.

Lembremos que, ao tempo que se presentaba poloBNG, xa en setembro de 2009, a proposta lexislativapara reforzar as competencias das institucións gale-gas sobre as caixas de aforro e para orientar a súaactividade crediticia dun xeito prioritario a apoiar ossectores estratéxicos da economía galega, o Gobernode Feijoo dubidaba e abaneaba na súa posición, ollan-do de esguello ao ditado do seu partido en Madrid,que partillaba a estratexia de centralización do sectorfinanceiro e o seu marco regulador, o FROB. Durantemáis de dous meses, apenas soubemos cal era a deci-sión do Goberno Galego, e foi no intre de ter quedebaterse a devandita iniciativa lexislativa cando seprecipitaron as decisións, motivadas pola presión deter que posicionarse ante a proposta formulada polo

Unha caixa galega ao servizo da economía do país

Alberte Souto Souto

Avogado

Asociación deEmigrantes Retornados18

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 18

Page 19: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

nacionalismo galego, sensata e de país, queconectaba co sentir maioritario do pobo galego.E, polo tanto, a iniciativa nacionalista o percutorque disparou un proceso en Galiza de debatesobre o futuro das caixas galegas que, vén deculminarse, de momento, co anuncio da fusiónde “Caixa Galicia” e “Caixanova”.

Malia terse superado ese primeiro envitesobre as caixas de aforro galegas, a culminaciónformal da súa fusión non pode ser o obxectivofinal, senón que ha de contribuír para que, aotempo que nace unha nova entidade financeiragalega con máis musculatura, tamén xermoleun novo modelo financeiro, moi alonxado doimperante guiado polo paradigma económiconeoliberal ao longo dos últimos anos, e cos seusalicerces nunha maior intervención desde ospoderes públicos das entidades financeiras cogallo de asegurar que a política de créditos vaidestinada a financiar investimentos produtivosque crean emprego para as maiorías sociais enon meramente especulativos en exclusivobeneficio de minorías elitistas.

O modelo de sector financeiro encetado nosanos 90 asentouse nunha desligazón das entida-des dos poderes públicos democráticos, afon-dando na súa autonomía e autorregulaciónseparada dos gobernos que deciden a políticaeconómica xeral. A evolución recente do sectorfinanceiro, co estoupido da crise financeiraactual, puxo de manifesto as eivas dese modelo,

que conduciu a excesos e abusos por parte das enti-dades financeiras, sendo necesario retornar a un sis-tema onde prevaleza o control e intervención para evi-tar que se produza un colapso como o que estamos avivir.

Por outra banda, a intervención pública no sectorfinanceiro, non só é desexábel, senón necesaria paragarantir que cumpra co seu papel de canalizar aforroe investimento aos sectores produtivos e non a ope-racións especulativas que ocasionan perdas a medio elongo prazo que deixan unha fonda fenda social.

A reforma da lei de caixas de Galiza, aprobada endecembro de 2009 polo Parlamento Galego, pretendesobre todo garantir que as caixas de aforro cumpranacaídamente a súa función económico-social. As cai-xas de aforro galegas son vitais para o desenvolve-mento da economía galega, teñen unha vinculaciónco territorio no que se asentan e constitúen o princi-pal instrumento financiador dos sectores económicosestratéxicos. A devandita Lei obriga a reforzar a coor-dinación da política crediticia e de investimentos dascaixas: dado que unha parte importante dos depósitosdas galegas e galegos se atopan nas súas mans, estáxustificada a intervención desde os poderes públicosgalegos para promover e coordinar unha estratexiaque permita facilitar o financiamento aos sectoresprodutivos galegos, ás empresas que producen ecrean valor en Galiza.

Logo de ter superado a primeiro chanzo clave caraa reestruturación das caixas de aforro galegas, non

Asociación deEmigrantes Retornados 19

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 19

Page 20: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

pode demorarse a aplicación do novo modeloque se desprende do marco xurídico da vixenteLei de caixas de aforro, con vistas a que contri-búan a mellorar o nivel socioeconómico deGaliza. Apenas temos avanzado de contarmoscunha entidade financeira galega se a súa estra-texia é semellante á da banca comercial conven-cional, senón que ha de levar adiante un mode-lo diferenciado, que teña como preferencia sub-ministrar o financiamento necesario a todos osproxectos de empresas e emprendedores quesirvan para estimular a economía galega, e nonsimplemente o análise custe-beneficio baixoparámetros de obter altos rendementos a curtoprazo.

O actual Goberno Galego ten a responsabili-dade de aplicar a nova norma legal sobre caixasde aforro, para que desde o comezo da andainada nova caixa de aforros galega cumpra acaida-mente, non só un papel como entidade financie-ra ao uso, senón exerza a vocación de ser onutrinte esencial para o crecemento da econo-mía e o emprego en Galiza. Á contra da ambi-güidade e indecisión amosada inicialmentecando xurdiu o debate sobre a fusión das caixasde aforro en Galiza, nestes intres, cómpre afa-narse en tutelar e supervisar o proceso de fusióne marcha, para garantir que o mesmo non se

guía exclusivamente por criterios economicistas emesmo se faga a custa dunha desvinculación dofinanciamento e participación das caixas de aforrogalegas nas empresas estratéxicas do país, senón quehan de terse sobre todo en consideración as repercu-sións que no tecido económico galego poden ocasio-nar e as consecuencias que terán para o futuro desen-volvemento económico do país.

Non se remata a tarefa con ter comparecido cosactuais dirixentes das caixas de aforro. Non abondacon terse fotografado conxuntamente para declararculminado con éxito a supervivencia do noso modelofinanciero. Está en xogo defender un modelo de sec-tor financeiro propio, configurado por nós mesmosconsonte as necesidades de Galiza, que son as dosempresarios/as, emprendedores/as, traballadores/asno seu conxunto, non os intereses dos directivos oudeterminados grupos de presión representados nascaixas, en suma, garantir no futuro a supervivenciadun modelo de caixas de aforro galegas e a súa impli-cación no desenvolvemento socioeconómico deGaliza. Ese é o camiño que fica por recorrer, que esixeda tutela dos poderes públicos galegos, nomeada-mente a Xunta de Galiza, e non unha retirada a unsegundo plano, como a que comeza a aplicar oPresidente Feijoo e o seu equipo, contravindo así oespírito que presidiu a aprobación da actual Lei de cai-xas de Galiza.

Asociación deEmigrantes Retornados20

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 20

Page 21: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Primeiro temos que situarnos. Galiza é un paispracticamente á metade de latitude norte ( de41º 50’ a 43º 50’ ), no extremo occidental de

Europa, de algo menos de 30.000 Km�, pero cunhaampla costa de case 1.200 quilómetros de lonxitu-de por mor das rías, pódese dicir que temos todotipo de costa, rochas, area, costa exposta ou tran-quila. A nosa posición xeográfica, que polo réxi-me de ventos dominantes provoca a presenzadunha cantidade de nutrientes excepcionalmentealta, xunto aos factores antes comentados, fai po-síbel ter non só, unha gran biodiversidade, senón

tamén unha capacidade produtiva excepcional que sedá en moi poucos lugares no mundo. Isto é algo que osgalegos e as galegas sabemos e vimos aproveitandodesde a presenza dos primeiros humanos no noso terri-torio.

Desde os primeiros apañadores de mexillóns e os-tras até os barcos de grande altura que chegan a calque-ra parte do mundo, pódese dicir dos mariñeiros galegos(aproveitando unha sentenza escrita en Coímbra en“Portugal dos pequenitos”) que se mais mares houberaalá chegaran. Pero agora imos falar do que temos maispreto, o aproveitamento das nosas rías e a nosa costa enxeral.

O poboamento nun territorio calquera non se distri-búe ao azar, senón que a densidade da poboación vai

o aproveitamento do noso mar,pesca de baixura e marisqueo

Joám Luís Ferreiro Caramês.

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de

Santiago de Compostela.

Asociación deEmigrantes Retornados 21

Redeira

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 21

Page 22: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

ser maior alí onde tamén hai maiores recursos,desde sempre a pesca foi fundamental para a su-pervivencia na costa, converténdose algunhas es-pecies como a sardiña, debido á súa abundancia,nun recurso alimenticio básico, tanto así que can-do algunha temporada a sardiña escaseaba pro-ducíanse épocas de fame e miseria.

Hai crónicas abondosas que relatan a evolu-ción da pesca de baixura no noso país, incluso acaza de baleas, a chegada dos cataláns co come-zo da industria conserveira e a exploración cadavez máis intensa dos nosos mares, a evolucióndas diferentes artes, desde o xeito ao arrastre,nasas, miños, betas, trasmallos, cerco..., a varie-dade é case tanta como tipos de especies son ob-xectivo de captura, e como os tipos de fondo on-de se utilizan, non hai que recorrer ás crónicassenón simplemente á memoria dos vellos, decando aínda o peixe secado no verán sacabamoita fame no inverno cando non se podía saírao mar e non había outras cousas para comer.

Pero estamos xa no século XXI, temos tecnolo-xía abondo para poder planificar e desenvolverunha pesca sustentábel, que nos permita aumen-tar o rendemento sen esquilmar os nosos recur-sos, e que continúe a ser unha fonte de emprego eriqueza fundamental para todas as comarcas cos-teiras e ao final tamén para todo o país, xa que Ga-liza é un dos pobos que máis dependencia ten domar en toda Europa, é fácil de ver e comprendelo,construción de embarcacións de todo tipo, apare-llos de pesca e marisqueo, investigación, venda,elaboración, transporte e comercialización dosprodutos do mar moven unha parte moi impor-tante da nosa economía que sobrepasa con moitoas zonas estritamente costeiras.

No marisqueo ocorre outro tanto, somos os primeirosprodutores de marisco de todo o Estado, fomos pionei-ros en acuicultura co estabelecemento de bateas para ocultivo de mexillón co que tivemos unha posición predo-minante no mercado mundial aínda que agora a estamosa perder polo estabelecemento de bateas noutros países.Hoxe aprovéitase todo o marisco, especies que non seapañaban ou que até non hai moito se usaban para ester-car as terras, hoxe son delicatessen en moitos mercados,e o noso marisco é apreciado pola súa calidade. Hai unhaparticularidade no marisqueo, que así como na pesca éescasa aínda que cada vez máis frecuente a presenza demulleres aquí ocorre o contrario, sendo as mulleresmaioritarias con moitísima diferenza fronte á presenzados homes, incluso no que se realiza a flote desde as em-barcacións hai tamén unha cota de mulleres importante.O marisqueo sufriu unha transformación aínda máisgrande se cabe que a pesca no século pasado, pasandode ser unha actividade case marxinal, de apoio á econo-mía familiar, a ser unha actividade económica con entida-de suficiente como para poder producir uns salarios dig-nos para as persoas que desempeñan estes labores, pa-samos da simple extracción ao semicultivo, de bateasque a mediados do século pasado cando se empezaron ausar só tiñan mexillón a agora que se aproveitan para va-rias especies, estamos comezando coa extracción das al-gas, e hoxe até se comercializan as actinias. Queda aíndamoito camiño por percorrer, camiño que non é complica-do, mais necesita non do interese das mariscadoras (so-bradamente probado), senón da implicación das admi-nistracións, logo falaremos diso.

Como antes dicía, estamos xa no século XXI, esta-mos a mellorar a situación da pesca e o marisqueo?,estase a facer todo o que se pode e debe para non sómanter, senón mellorar este sector tan importante pa-ra a nosa economía e o porvir do noso país?, imos ana-lizalo un pouco:

Asociación deEmigrantes Retornados22

Mañóns, Boiro.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 22

Page 23: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

• A entrada de España na UE causoulle a Galizagraves danos na súa estrutura económica,sendo o sector pesqueiro un dos mais dana-dos, por un lado desde España, nin se ve ninse comprende este mundo, e ademais utili-zouse como moeda de cambio para obter con-trapartidas noutros sectores, os cartos quechegaron de Europa non se investiron en me-llorar o sector, senón en desmantelalo, coa co-nivencia e apoio do Goberno galego, chegán-dose a situacións esperpénticas pero reais, nanegociación dos TAC (total amisíbel de captu-ras) pesqueiros para o ano 2010 acudiu en re-presentación das comunidades autónomasespañolas Castilla e León (...) informando des-pois da cota estabelecida para a nova especie“vaca ladilla”, sería para rir se non fose tan se-rio, pero ilustra claramente o interese do Go-berno español e a inexistente presión que fai aAdministración galega para nos defender.

• Ditamínanse normas sobre construción deembarcacións e motores que non teñen nadaque ver coa realidade da nosa costa e o nosomar, nin co tipo de traballo que aquí se desen-volve, poñendo límites á potencia nos moto-res que fan correr serio risco da vida das per-soas que realizan o seu traballo, como xa oco-rreu por desgraza máis dunha vez.

• Seguen a ser de xurisdición estatal moitosportos e augas de pesca, así como ocorre nolitoral, no que se solapan a Administracióncentral e autonómica, nos que para facer unsimple movemento de area nunha praia pararealizar unha rexeneración pérdense mesesen trámites e licenzas

O IEO (Instituto Español de Oceanografía) quecon dúas instalacións en Galiza segue a depen-der do Estado co que isto significa en canto a pla-nificación , deseño de campañas e investigación.Temos o IIM (Instituto de Investigacións Mariñas)que depende do CSIC (Consello Superior de In-vestigacións Científicas), e ademais outros cen-tros dependentes da Xunta.

• Sendo o principal produtor de marisco de to-do o Estado, somos tamén os que teñen as au-gas costeiras de peor calidade ( zonas B e C ),por non estar construídas as depuradoras de

augas residuais en practicamente ningunha cidade(cousa que non acontece no resto do Estado), crean-do un grave problema para o marisqueiro, xa que omarisco de zonas C non se pode comercializar ( enon son poucos os bancos marisqueiros afectados).

• Temos unha estrutura organizativa, no mundo domar, fundamentalmente as confrarías, que deixanmoito que desexar en canto a democracia interna ecapacidade de participación, e cunha estrutura terri-torial que non se corresponde coa realidade, pro-vincial, en vez de ser zonas de traballo, por exemploa ría de Arousa sendo un espazo de traballo únicoestá dividida entre dúas federacións provinciais.

• Ante unha produción marisqueira tan ampla que ásveces necesita de semente, non hai unha política dedeseño e promoción de produción de semente pro-pia, véndose obrigado o sector a comprala fóra, coperigo de importar parasitos ou outras especiesalleas que poden ser perigosas.

• En xeral a política no sector nestes anos é unha con-tinua diminución no número de persoas que se de-dican a este traballo, tanto mariñeiros como maris-cadoras, menos barcos e menos permex, e a receita

Asociación deEmigrantes Retornados 23

Mariscadoras de berberecho.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 23

Page 24: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

que se leva aplicando no sector como solu-ción a todos os males.

• As importacións de peixe e marisco que sepon á venda na nosa comunidade, con baixosprezos e peor calidade, compiten en desigual-dade cos nosos produtos, como ben saben es-pecialmente os bateeiros.

• Quedan aínda moitas cousas como a políticade salvamento mariño, seguridade no mar, ti-tulacións pesqueiras, pero que en xeral desdeunha administración autonómica “abducida”por España, que a pesar de chamarse galeganon traballa para este país, así leva ocorrendodesde que existe, incluídos os catro anos doPSOE que foron máis do mesmo, non se lle dáresposta ás necesidades do sector. Se aíndaexiste pesca artesanal en Galiza é grazas aoesforzo e interese da xente do mar que non serende a pesar das dificultades.

Temos que defender os nosos sectores produ-tivos, e a pesca e marisqueo é un dos máis impor-tantes, queremos que este país teña futuro, e pa-ra iso temos que ter claro ante todo que só unhapolítica pesqueira deseñada desde Galiza, por ga-legos e galegas, coa participación do sector e fei-ta para este país, podería conseguir unha explota-ción sustentábel dos nosos recursos, que diversi-fique e adecúe o esforzo á capacidade real, quecomece como prioridade por recuperar as nosaszonas produtivas, só esta política pode garantir ofuturo, un mar san e produtivo, un oficio digno econ salarios dignos.

O litoral tense que administrar desde aquí, eli-minar duplicidades. A investigación mariña tenque estar deseñada desde Galiza, en función dos

intereses do noso país. Necesitamos unhas rías sanea-das cun apoio claro ao marisqueo, formación, asesora-mento, mecanización, Hatcheries (centros de produciónde semente)... Temos que participar nós nas negocia-cións en Bruxelas, como país dependente da pesca quesomos e ademais porque somos os que máis temos quegañar ou perder. Temos que lexislar para o sector, de ca-ra a el, non de costas. Hai que deixar de dicir que o pro-blema da pesca e o marisqueo é a esquilma producidapolos mariñeiros (sobre todo porque a degradación domedio producida pola contaminación, recheos e desfei-tas de toda caste, non é responsabilidade do sector) eque se amaña co desmantelamento e a redución de per-mex, amáñase coa recuperación de bancos e caladoi-ros, formación, cambios nas artes, optimización do es-forzo, diversificación de especies..., en calquera casoxestionando mellor o recurso que non ten porque impli-car redución de frota nin de mariscadoras.

Non podemos renunciar ao noso mar, temos moitofuturo por diante, pero somos nós os que temos quexestionalo para seguir a dar riqueza, aquí, polos coren-ta e tantos graos de latitude norte, neste sitio chamadoGaliza.

Asociación deEmigrantes Retornados24

San Tomé, Cambados.

Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 24

Page 25: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Plan Ferrol. Curiosamente, este último parte do fraca-so “dos diversos plans para o fomento empresarial nacomarca”, mais reitera os mesmos vicios anteriores;centrando os sectores de futuro nada máis e nadamenos que na biomasa, acuicultura e nos biocombus-tíbeis; definindo o eólico como motor da economíacomarcal e relegando ao naval da comarca como unsector de soporte....

Na prática, fica abandonada a responsabilidade dasadministracións neste proceso, reiterando o recursoás axudas instrumentadas baixo a figura de créditosbrandos que teñen que ser devoltos no seu prazo;quedando o financiamento de proxectos empresariaiscomo unha parte menor das actuacións. O exemplo –do pasado exercicio de 2009 – é ben claro: das axudaspara a “reindustrialización”, 51.21 millóns de eurosson en créditos, e só 2,52 millóns de euros foron parasubvención a proxectos. A maiores, a tendencia des-cendente dos fondos para Ferrolterra é clara: do 4,4%que éstes significaban no orzamento do IGAPE en2008, pasaron ao 2% no ano 2009 e finalmente sitúan-se no presente exercicio só nun 1,6%; moi lonxe deindicadores como o PIB, poboación ou mesmo doíndice do paro.

Neste longo periodo de tempo, no que os cantos deserea emitidos por boca do entramado político-sindi-cal-empresarial tentaban xustificar o desmantela-mento do naval en nome de que o sector tendía poucomenos que á desaparición, desde o nacionalismo afir-mabamos que DEFENDER ASTANO É DEFENDER ACOMARCA, e sabiamos do que estabamos a falar: danecesidade de non renunciarmos a un sector queconstitúe – aínda hoxe co veto imposto – un dos pia-res básicos da actividade económica da nosa comar-ca.

Non era difícil albiscar xá daquela o que foi axiñarealidade: un transporte marítimo que acadaba nestesanos máximos históricos, entre outras cousas porquenon existe nen existirá en moito tempo alternativa viá-bel, nen técnica nen económicamente. Así, desde o

Pasaron xá máis de 25 anos de aplicacióndunha política de reestruturaciòn perma-nente do sector naval exercida polos sucesi-

vos gobernos centrais – ligada claramente á inte-gración do Estado Español dentro da hoxe deno-minada UE – nos que Ferrolterra foi sometida aunha diminución xeralizada da capacidade deproducción e, finalmente, a unha redistribuciónda capacidade de producir a nivel do estado; quefixo recaer en Galiza e nesta comarca unha partedesproporcionada da reducción no ámbito cuan-titativo e, especialmente, no ámbito cualitativo,como foi a prohibicion do acceso á construcciónnaval civil.

En troques dunha política compensatoria, ogoberno central optou – coa complicidade dasforzas políticas e sindicais de ámbito estatal, edalgúns sectores do ámbito comarcal – porunha política narcotizante, consistente no aban-dono da acción política de reindustrialización efuxindo de calquera orientación do proceso porparte das administracións públicas -central eautonómica- mesmo que fosen éstas as quetivesen articulado instrumentos como a ZUR,ZID, ZPE e, máis recentemente o denominado

ferrolterra: a longa loitapolo dereito a producirManuel Rodríguez Doval

Membro da Executiva Comarcal do BNG de

Ferrolterra

Asociación deEmigrantes Retornados 25

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 25

Page 26: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

ano 88 asistimos a un auxe na construcciónnaval mundial que, segundo recentes dados doMinisterio de Industria, manteríase práticamen-te no horizonte do 2015-2020. E mentras ¿quepasa coa antiga ASTANO ?

Primeiro foi a inhabilitación para a construc-ción naval convencional, deixando só a posibili-dade de construcción de aparellos off-shore euns reaxustes laborais que reduciron a plantillade 6500 a 1000 traballadores.No 2004 consúma-se outra fase, ao asinárense os acordos entre aempresa, os sindicatos CCOO-UGT e a UE, polosque a antiga ASTANO ficaba vetada á construc-ción civil ata o ano 2015, e operando na práticacomo un taller da factoría de Ferrol exclusiva-mente no campo da construcción militar. Aresultas deste proceso, a factoría de Perlíopasou dos 1000 traballadores á plantilla actualde aproximadamente 360 persoas.

Foi esta unha fase na que a reclamación donaval como estratéxica desaparece das priorida-des das organizacións de ámbito estatal, ata quea acción do BNG no goberno galego sitúa porprimeira vez a recuperación do naval na ria deFerrol como unha prioridade . Da interlocuciónda anterior Consellería de Industria nacionalistaco goberno central e coa UE fica en evidencia otransfondo político da decisión adoptada no seudia cos nosos estaleiros, e tamén a negativa dogoberno do estado a revisala. Pero tamén, anecesidade de implicar á sociedade comarcalcomo un elemento activo na reclamación donaval como un dos piares da economía comar-cal e, concretamente, no levantamento do vetoimposto á antiga ASTANO.

De aí xurde a iniciativa Rumbo 21: aberta e plural nasúa composición, pero concreta nos seus obxectivosde situar o sector naval civil como estratéxico para acreación de postos de traballo; nunha comarca queacumula xá máis de 17.000 persoas paradas, milleirosde mozas e mozos emigrados e unha progresiva epreocupante perda de poboación. Nun escenariocomo éste, manter as potencialidades – únicas, sendúbida – que oferece a antiga ASTANO impedidas dodireito a producir, xustamente nun mercado que pre-senta claras e evidentes posibilidades de futuro, seríacomo renunciarmos ao noso futuro e, fundamental-mente, ao das vindeiras xeracións. E iso foi o que ava-laron as máis de 18.000 sinaturas de apoio á IniciativaLexislativa Popular (ILP) que Rumbo 21 levou aoParlamento Galego.

Mais tamén o levantamento do veto ten moito a vercoa necesidade de que a sociedade comarcal actúecomo vixía do cumprimento dos compromisos insti-tucionais. Concretamente, do asumido no Congresodos Deputados – resultado en grande parte dun traba-llo intenso, consciente e mesmo teimoso levado poloBNG – polo Presidente do Goberno Español no sen-tido de aproveitar a presidencia de turno da UE paranegociar o levantamento do veto; máis aínda ao fío daactual situación de crise e o elevadísimo índice deparo existente na nosa comarca.

E dese traballo de concienciación social – feito cunhainusitada belixerancia por parte de CCOO e UGT contrada convocatoria – xurdía a mobilización do pasado 27de Marzo. Á importancia cuantitativa desta mobiliza-ción – a máis numerosa en defensa do naval nos últi-mos seis anos - habería que engadirlle a cualitativa, no

Asociación deEmigrantes Retornados26

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 26

Page 27: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

sentido de situar de novo na axenda política esocial a necesidade dun sector naval de futuro,libre de vetos, como unha posibilidade real aodesmantelamento industrial que vive Ferrolterradesde hai máis dun cuarto de século.

Proba desta nova situación son as contradic-cións dos membros do goberno español, xuntoco comisario da competencia, Sr. Almunia: men-tras que o Ministro de Industria nega o compro-miso de Zapatero de negociar o tema baixo apresidencia española da UE, o Sr. Almunia negaque recibise petición algunha para negociaciónalgunha....Algo similar ao que acontece nodebate da ILP no Parlamento Galego, onde logo

de teren aceitado a tramitación da proposta por una-nimidade; PSOE e PP néganse agora a aprobar o con-tido. A explicación é ben sinxela: nen PP nen PSOEacreditan, na prática, no sector naval como un sectorestratéxico e de futuro e, no fondo, fuxen de remexerno levantamento dun veto no que, por activa ou porpasiva, foron cómplices.

Á sociedade comarcal e, sen dúbida ao BNG, qué-dalles aínda traballo na defensa do direito a producir;con ou sen presidencia española da UE. Non facelosería un acto de irresponsabilidade co presente pero,sobor de todo, de negación do noso futuro. AFerrolterra fíxoselle xá renunciar a moitas cousas,pero o futuro é irrenunciábel.

Asociación deEmigrantes Retornados 27

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 27

Page 28: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

1. Os antecedentes. A política eólica do BNG naXunta de Galicia.Un novo episodio da andaina de desmantela-mento da política enerxética desenvolvida no pe-ríodo 2005-2009 tivo o seu colofón coa aproba-ción da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola quese regula o aproveitamento eólico en Galicia e secrean o canon eólico e o Fondo de Compensa-ción Ambiental. No período citado, entre os prin-cipais obxectivos da Consellaría de Innovación eIndustria, dirixida polo Bloque Nacionalista Gale-go, atopábase que Galiza destacase no desenvol-vemento da enerxía eólica baixo tres paráme-tros:

1. A enerxía eólica tiña que actuar como unvector de crecemento económico e servirde factor detonante da posta en marcha deimportantes investimentos asociados e aconsecuente creación de emprego.

2. Debía supor progreso social, non unica-mente para os promotores dos proxectossenón para o conxunto da cidadanía gale-ga. Por medio da participación do sectorpúblico no capital dos promotores de no-vos parques, a sociedade galega no seuconxunto podía beneficiarse de maneiradirecta dos rendementos xerados por estasinstalacións.

3. Tiña que ser exemplar no plano ambientale respectuosa cos valores ambientais até opunto de non ocupar espazos de especialprotección ambiental.

Asemade buscouse que o desenvolvementoeólico non se concentrase nun reducido número

de promotores senón que existise unha maior partici-pación de promotores con capacidade técnica e econó-mica cumpridamente acreditada. Aquí as empresasgalegas estaban chamadas a ter un importante papel,demostrando a súa plena capacidade e iniciativa encondicións de igualdade coas empresas de fóra, tanprotexidas e privilexiadas en detrimento das galegasdurante a era Fraga, situación de desigualdade que sereproduce novamente co Partido Popular de volta nogoberno da Xunta de Galicia.

Un dos principais fitos da política enerxética desen-volvida polo BNG á fronte da Consellaría de Innova-ción e Industria (CII) foi a posta en marcha dun procesode admisión a trámite de solicitudes de parques eóli-cos, para a instalación de 2.325 MW. Un procedementodesenvolvido con pleno respecto aos principios deigualdade, transparencia e obxectividade que debenrexer este tipo de procedementos. Precisamente portales características e pola posibilidade da participa-ción pública nos proxectos dos parques, o coloquial-mente coñecido como “concurso eólico” converteuseen obxectivo daquelas opcións políticas, grupiños me-diáticos e grandes empresas enerxéticas que non que-ren ver Galiza como centro de toma de decisións se-nón como simple escenario onde se desenvolven polí-ticas de subordinación, trazadas e decididas en instan-cias foráneas, das que os populares son incansábeisseguidores, ao son do guión ditado por titulares deprensa, artigos de opinión e faladoiros de grupos decomunicación afíns.

2. Unha Lei fraudulentaToda a Lei eólica do Partido Popular devén unha autén-tica falacia ao se fundamentar sobre unha mentira detremendas consecuencias. En efecto a Lei 8/2009 co-meza cunha imprecisión semántica e sintáctica referi-da ao Decreto regulador da enerxía eólica, aprobadopor proposta do entón conselleiro nacionalista de In-novación e Industria:“... a través do Decreto 242/2007, do 13 de decem-

bro (....) se garante a participación do sector público nocapital social do proxecto”.

a lei eólica do partido popular

Mª Carmen Brun Vázquez

Licenciada en Xeografía e Historia

Asociación deEmigrantes Retornados28

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 28

Page 29: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Cun lixeiro matiz terxiversaron a declaracióncontida na exposición de motivos do Decreto242/2007 que na súa redacción real declara quepor medio da participación do sector público nocapital social das empresas se garantirá que asociedade galega no seu conxunto se poida be-neficiar de maneira indirecta dos rendementosxerados por estas instalacións.

Polo tanto, a participación pública no capitalsocial das empresas era a garantía inequívocadese retorno dos beneficios xerados pola explo-tación dos parques eólicos a prol do propio país.E este era o obxectivo. Agora dáselle a volta paradicir que o Decreto 242/2007 era garantía da par-ticipación do sector público formulando esta par-ticipación como un fin en si mesmo. Unha inten-cionada terxiversación co único fin de vestir un-ha actuación política cando menos cuestionábelen termos de seguranza xurídica.

O cambio normativo do PP, segundo eles ex-plican na exposición de motivos da Lei, baséasenunha tacha de legalidade sobre a participación

pública contida no ditame do Consello Consultivo deGalicia emitido antes da aprobación do Decreto242/2007. Pero a verdade non é esa: a tacha de legali-dade era sobre a redacción do artigo 9.2 contida noproxecto de decreto enviado a consideración do CCGpero non á redacción definitivamente dada ao textopola Consellaría de Innovación e Industria, no que seintroduciron as necesarias modificacións para reme-diar as tachas consideradas polo órgano consultivo.Polo tanto, o Consello Consultivo nunca suxeriu unhatacha de legalidade sobre o texto aprobado polo Con-sello da Xunta na súa reunión do 13 de decembro de2007 que foi aprobado conforme o seu ditame.

Afirman, no texto da Lei, que o procedemento ante-rior está incurso nunha manifesta incerteza xurídica.Pero o de “manifiesta incerteza xurídica” sabemos queé unha montaxe do Partido Popular coa inestimábelcolaboración dun poder mediático e empresarial so-bradamente coñecido. Non houbo ningún elementoque permita afirmar que existe “manifesta incertezaxurídica” entre outros motivos porque o propio Parti-do Popular impediu a resolución dos recursos inter-postos tanto en vía administrativa como en vía xudi-

Asociación deEmigrantes Retornados 29

San Tomé, O Valadouro.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 29

Page 30: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

cial, plenamente sabedor de que non existiu nocoñecido como “concurso eólico” ningún indiciode irregularidade que lles permitise anulalo.

A realidade é que logo de proclamar durante asucia campaña electoral de febreiro de 2009 queo concurso eólico estaba sumido nun mar deirregularidades, facendo ostentación dunha la-mentábel capacidade para formular xuízos aprio-rísticos, unha vez no goberno e constatada aexistencia dun procedemento ordenado, instruí-do e resolto con plenas garantías, dedicáronse amontar a gran mentira da “revisión do procede-mento” para tratar de adecuar a solución adopta-da (a suspensión e a desestimación) a unhas pre-misas absolutamente falsas, superando os lími-tes que conformaban anteriormente o marco éti-co de funcionamento da Administración comoorganización sometida plenamente á Lei e ao De-reito, e que se debe rexer por principios como ode obxectividade, igualdade e non discrimina-ción.

3. Unha visión xeral da Lei O que vén significar a Lei 8/2009 en termos concretosdeducímolo en contraposición aos tres parámetrosaxiais que antes sinalabamos para a política eólica de-senvolvida polo BNG á fronte da Consellaría de Inno-vación e Industria.

En primeiro lugar a enerxía eólica deixa de ser vec-tor de crecemento económico impulsor doutras inicia-tivas investidoras creadoras de emprego, e volve serunha actividade per se, sen vinculación ningunha a unnecesario desenvolvemento económico do país, no-meadamente das comarcas onde os parques se im-plantan. Asemade, recupérase o recurso á expropia-ción forzosa dos terreos necesarios para a execucióndos parques eólicos e volven ser factíbeis procesos ex-propiatorios masivos que poñan a disposición das em-presas eléctricas terreos de particulares ou de comuni-dades de montes en man común. Lembremos como oDecreto 242/2007, estabelecía mecanismos que llespermitían aos propietarios dos terreos manter a titula-ridade destes mediante o estabelecemento de fórmu-

Asociación deEmigrantes Retornados30

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 30

Page 31: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

las que vinculaban a produción da instalacióneólica coas rendas derivadas das fórmulas detranslación ou cesión de uso ou aproveitamento,tales como arrendamentos, censos ou superficie,entre outras.

Fronte a unha política eólica desenvolvida coobxectivo de acadar progreso social para o con-xunto da cidadanía galega, a través da participa-ción do sector público no capital dos promotoresde novos parques, atopamos o canon e o Fondode Compensación Ambiental, este último coninequívocos trazos de se converter nun elementodiscrecional ao servizo de políticas opacas.

Por que considera o PP que debía retirarse aparticipación pública? A razón atopámola nopropio texto da Lei: “Implica compartir decisiónsen decenas de Consellos de Administración alle-os á Administración autonómica, en definitiva,ser socio e intervir en estratexias empresariaisprivadas.” Para eles, un pecado: atenta contra“unha escrupulosa observancia e respecto da li-beralización do sector”, un axioma neoliberalcontraposto á participación pública concibida co-mo a capacidade dun goberno para tomar parti-do nas decisións de empresas que operan nunsector estratéxico para calquera país: o sectorenerxético.

Finalmente, para o nacionalismo a instalaciónde parques eólicos en Galiza tiña que ser exem-plar no plano ambiental. Agora vemos como seproduce unha perda importante de garantíasambientais, a propia concepción do canon comoelemento de compensación ambiental presénta-se como reparación fronte ao dano ambiental; is-to significa que o pagamento do canon permite aimpunidade absoluta fronte á execución de pro-xectos sen garantía ambiental ningunha. Se bencertas emendas propostas polo grupo parlamen-tario do BNG atenuaron esa perda de garantías,recuperando a exclusión dos espazos de especialprotección dos valores naturais, con excepcióndos proxectos de repotenciación, a relaxacióndas esixencias ambientais que si se recollían noDecreto 242/2007 poden sintetizarse en douspuntos:

A Lei non prevé a obriga de todos os parqueseólicos seren sometidos a unha avaliación de im-

pacto ambiental. Isto significa que haberá parques ins-talados sen se teren avaliados os seus efectos ambien-tais e, xa que logo, sen o estabelecemento daquelasmedidas correctoras e protectoras necesarias antes doinicio das obras, durante a construción do parque e aolongo de toda a vida útil da instalación, é dicir no perío-do de explotación. Esta cuestión ten aínda maior gravi-dade no caso dos proxectos de repotenciación dos par-ques instalados no período 1995-2005 na Rede Natura,e que a Lei do Partido Popular vai permitir desenvolversen avaliación de impacto ambiental.

A Lei non obriga á remoción das instalacións e árestauración dos terreos que ocupe ao seu estado ori-xinal unha vez finalizada a actividade de produción deenerxía eléctrica. Elimínase en consonancia a regula-ción específica do depósito dunha fianza en materiaambiental, mantida durante toda a vida da instalacióncon previsión de actualización anual, que garantise oslabores de remoción e restauración e se limita a facerunha remisión á norma xenérica na materia.

En síntese, a Lei 8/2009, do 22 de decembro, recon-duce Galiza ao seu papel tradicional de subordinacióncomo simple subministradora de enerxía eléctrica, senun desenvolvemento socioeconómico paralelo peroobrigada a pagar o prezo dos custos ambientais e so-ciais, vinculados estes aos procesos expropiatorios, edevolve as empresas galegas ao seu rol secundariofronte aos intereses das foráneas, nomeadamente asgrandes corporacións enerxéticas, coa consecuente ei-va de toda posibilidade de desenvolvemento dun teci-do industrial e tecnolóxico propio vinculado ao sectorda enerxía eólica.

Asociación deEmigrantes Retornados 31

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 31

Page 32: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

Asuma de dúas forzas negativas nunca podedar a nada porque o cero absoluto contradias leis da termodinámica. E porque, segun-

do as regras de adición matemáticas, resultaránunha forza aínda máis negativa.O parón bruscoque experimentou o sector eólico no país e a cri-se económica colisionaron, facendo tambalearas empresas dedicadas á metalurxia. Dez anosde traballo dedicado nunha firma dese eido dan-lle a Bernabé Noya unha perspectiva do que estáa acontecer. Cando se viu obrigado a pasar dousmeses sachando na horta, enviado ao paro pararotar os postos de traballo cos seus compañei-ros, convenceuse de que a situación “estaba re-almente mal”.

Bernabé traballa para unha empresa de meta-lurxia no Polígono da Grela que constrúe torreseólicas e máis estruturas para naves, palacios decongresos, estacións de tren -a última delas en-viárona a Bélxica... Porén o sector eólico era oque máis tiraba da carga laboral. O case centearde persoas que desenvolvían as tres quendas(mañá, tarde e noite) quedou reducido a 15, queteñen que rotarse para ir ao paro de cando encando e poder así traballar todos. “Eu xa estivencase dous meses na casa. Conto con que calque-ra día me toque outra vez, pero hai que facelo porsolidariedade cos compañeiros”, expresa. E omedo constante segue aí: a empresa pediu unERE que remata o 22 de xullo, e agardan que soli-cite entón outro.

A meirande parte das fábricas que traballa-ban só para o sector eólico fabricando as palas,as hélices, as casacas, motores... pecharon. “Oque se move e do que xa hai feito e almacena-do, pero non se efectúan novos pedidos”.Outras empresas readaptáronse a novas activi-

dadades e xuntáronse ás que fabrican todo tipo deestruturas. “Nós traballamos tamén para outros paí-ses, como Bélxica, Arxelia...”. Aínda así, a carga detraballo é mínima e a situación abrangue todo omundo metalúrxico. “Non lle vai mellor a ninguén. Senon hai traballo no eido das estruturas, mandan aosempregados ao paro”.

A orixe deste problema é unha mestura entre ocese de actividade provocado no sector eólico galegoe máis a crise que azouta a economía mundial.“Seguramente unha cousa axuda á outra. O eólicotiña moita actividade e claro, ao parar de golpe,houbo que remodela-las naves para dedicalas aoutras funcións. Ademais, non había tantos pedidoscomo para recolocar a plantilla. Con 51 anos, eu téñoodifícil. Agora, se perdo o traballo, serame complicadoachar outro. Ademais, ao rotarnos, imos gastando doparo. Así, se un día nos botan á rúa quedamos sen tra-ballo e mais sen cobrar o desemprego. Sen nada”.

Aspas negras na economíaComo co(i)nfluiron a crise económica e o parón doeólico na metalurxia galega

Ana de Larriva

Xornalista e colaboradora de Marusía

Asociación deEmigrantes Retornados32

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 32

Page 33: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

As referências à crise económica converté-rom-se num lugar comum no nosso diadia. A existência dumha crise, durante lon-

go tempo objecto de discusom, é hoje umha rea-lidade que ninguém discute, embora já se come-ce a falar do seu fim.

Os principais meios de comunicaçom tentá-rom transmitir que esta crise está causada polairresponsabilidade dalguns “especuladores”,sem embargo as suas origens som mais profun-das. Esta crise vem mostrar os limites do regimede acumulaçom que surge da contra-revoluçomconservadora de finais dos setenta, começos

dos oitenta: liberalizaçom dos fluxos financeiros ecomerciais, dos investimentos directos, e do mercadolaboral. Umha configuraçom específica do imperialis-mo que se deu em chamar globalizaçom ou mundiali-zaçom. Um processo liderado Estados da Tríade (EUA,UE e Japom), com o primeiro no comando, mas noque os Estados asiáticos, especialmente a China,jogam na actualidade um papel de destaque.

Vamos botar umha olhada sobre algumhas dasprincipais características do modelo de acumulaçomque estám detrás da crise:

Incremento da taxa de exploraçom.Trás a crise dos setenta, a recuperaçom dos lucrosempresariais desde começos dos oitenta veu da maodumha diminuiçom da parte do PIB destinada a remu-nerar aos assalariados. Som muitos analistas quecomparárom esta crise com a do 29, embora existam

Apontamentos sobre acrise económica

Bernardo Valdês Paços

Professor do departamento de economía aplicada

(Universidade Santiago de Compostela)

Asociación deEmigrantes Retornados 33

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 33

Page 34: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

consumo privado no PIB nom se deteriorou, na UEmantivo-se estável e nos EUA mesmo sufriu um forteincremento. Por detrás desta evoluiçom está o cresci-mento do consumo dos mais ricos mas também ocrescente endividamento, especialmente nos EUAmas também nalguns Estados da UE como pode ser ocaso do EE.

Estancamento do investimento produtivoA recuperaçom dos lucros nom foi acompanhada,sem embargo, dumha recuperaçom da mesma mag-nitude da taxa de acumulaçom, dos investimentosreais, dos investimentos produtivos. Estes lucros nominvestidos na esfera produtiva dirigírom-se funda-mentalmente cara à esfera financeira na procura devalorizaçom.

Produziu-se umha hipertrofia da esfera financeira,os fluxos financeiros multiplicárom-se a escala inter-nacional, os intercambios nos distintos mercadosfinanceiros medrárom a ritmos muito mais elevadosque a economia real. Este capital-dinheiro concentra-se em grandes bancos, companhias de seguros, fun-

notáveis diferenças entre a economia mundialdaquel momento e a actual, também achamossemelhanças. O que fora presidente da ReservaFederal dos Estados Unidos, Marriner StoddardEccles, afirmara depois do crack do 29:

Se a riqueza nacional tivesse sido mais bemrepartida, isto é, se as empresas se tivessemcontentado com lucros menos elevados, se asclasses mais ricas tivessem auferido rendimen-tos mais baixos e os agregados familiares maismodestos remunerações mais elevadas, a esta-bilidade da nossa economia teria sido maior.

Ao que acrescentou:

Se, por exemplo, os seis mil milhões dedólares investidos pelas empresas e pelasgrandes fortunas na especulação bolsistativessem sido aplicados numa política deredistribuição baseada na descida dos pre-ços ou em aumentos salariais, com a con-sequente diminuição dos lucros dasempresas e dos mais ricos, teria sido pos-sível impedir ou pelo menos atenuar, emgrande medida, o colapso económicodesencadeado em 1929.

Este incremento da taxa de exploraçom temumha explicaçom evidentemente sócio-política,umha modificaçom da correlaçom de forças afavor do capital em contra do mundo do traba-lho: políticas liberais, reformas dos mercadoslaborais, temporalidade, precariedade,… levá-rom a recuperaçom das taxas de lucro em pre-juízo dos rendimentos do trabalho. A própriaqueda do socialismo real, o processo de inter-nacionalizaçom das empresas, a aberturacomercial exterior e a integraçom de China naeconomia mundial favorecérom esta câmbio, aoigual que na UE a integraçom dos países doLeste.

Esta contra-ofensiva do capital também sepujo de manifesto nas privatizaçons que abrí-rom novas possibilidades de valorizaçom, deobtençom de lucros, ao capital.

EndividamentoSem embargo, a pesar dessa reduçom do pesodos rendimentos do trabalho a percentagem do

Asociación deEmigrantes Retornados34

Santiago de Compostela

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 34

Page 35: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

dos de pensons, fundos mútuos, fundos decobertura (hedge funds),… que procuram valori-zar o seu capital a taxas elevadas, acaparandoumha parte crescente do mais-valor criado.

A desregulamentaçom financeira, as inova-çons neste ámbito e as práticas cada vez máisopacas figérom possível que o valor dos activosfinanceiros se multiplicasse. Este crescimentoda boia financeira, ao igual que o do valor dosactivos imobiliários, foi um crescimento emgrande parte sem contrapartida real, um cresci-mento “fitício”. Sem embargo o facto de que opatrimónio financeiro (acçons, bonos,…) e opatrimónio imobiliário cresçam a ritmos muitosuperiores aos do patrimonio real tem os seuslimites que se evidenciam no momento em queo património virtual tenta plasmar-se na esferado real.

Quando falamos de globalizaçom tendemosa pôr num primeiro plano o papel das grandesempresas transnacionais, dos fluxos financei-ros, da liberalizaçom comercial,… sem embargoem muitas ocasions fica num segundo plano opapel dos governos, e em realidade isso queconhecemos como globalizaçom nom se pode-ria explicar sem ter em conta o papel jogadopolos governos. Poderiamos falar do processode privatizaçons, das sucessivas reformas labo-rais, do desmantelamento do Estado do Bem-Estar, da liberalizaçom do comércio internacio-nal (xurdimento na Organizaçom Mundial doComércio),…

Da mesma forma a hegemonia do capital-dinheiro à que nos referimos anteriormente foipossível pola decisons políticas de distintos

governos, entre eles os da EU. A desregulamentaçomdos mercados financeiros, patrocinada inicialmentepor Reagan e Thatcher, foi abraçada com entusiasmopor parte da UE com a assinatura do Acto Único(1986) e o conhecido como Informe Delors de 1989.

A subida das taxas de juro e o incremento da moro-sidade nos Estados Unidos; coincidindo com a explo-som da boia imobiliária que pujo fim ao efeito rique-za, fórom os detonantes dumha crise que rapidamen-te se estendeu dumha entidade a outra e passou dumEstado a outro polas ligaçons geradas, e transmitiu-seà esfera real.

O EE é no ámbito da UE um dos mais afectados oque nom deve surpreender-nos se temos em conta ascaracterísticas da economia espanhola: boia imobiliá-ria e boom da construçom; forte endividamento; pre-cariedade laboral; crescentes desigualdades; crescen-te déficit comercial exterior; elevado endividamentoexterior.

Até o momento a crise longe de pôr-se em causa omodelo de acumulaçom neoliberal está servindo paraaprofundar nas suas características essenciais.Estamos vendo como a factura das aventuras finan-ceiras é assumida polo Estado, é dizer, pola maioriada populaçom. Para isto foi necessário recorrer agigantescas emissons de dívida pública evidenciando,mais umha vez, que o gasto público e o endividamen-to som admissíveis quando se trata de agir na defesados interesses do capital.

Quer aproveitar-se o incremento do desemprego,com a reduçom do poder de negociaçom da classetrabalhadora que isto pode supor para novas refor-mas (no mercado laboral, no sistema público de pen-sons, nos serviços públicos,…) que permitam recupe-rar a taxa de lucro aumentado a taxa de exploraçom.Na Galiza Feijoo vai aplicando a sua folha de ruta mar-cada polos avanços na privatizaçom dos serviçospúblicos, os recortes nas medidas de apoio a sectoreseconómicos fundamentais na nossa economia (p.ex.o agrário) e os favores a determinados grupos da oli-garquia económica.

A questom agora é a forma de sair da crise, bem afavor das classes populares bem a favor do grande capi-tal. Este é um partido que se joga no terreno político.

Lugo, Abril de 2010.

Asociación deEmigrantes Retornados 35

Manifestacións en Grecia, 2010.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 35

Page 36: Revista • 230/12marusia.galiciaaberta.com/files/2010/09/Marusia-Interior... · 2012-01-11 · Uxío Novoneyra pois está a tocarlle as mans aos mortos, a invocalos, a retomalos,

36 Asociación deEmigrantes Retornados

Avida é un fluxo. Unha marea constante quevai bailando entre milleiros de portos nosque as vivencias se encadean. Hai lem-

branzas que fican penduradas na memoria, co-mo gravadas a lume. A voz do compañeiro Susoé unha delas, dándolle son á historia dunha terra,un pobo e unha fala. Nin rosmar un laído foi abanda sonora daquel Volkswagen vello no quena miña infancia recorriamos as terras galegas.O cuco cantaba na carballeira mentres detrás decada home ouveaba un lobo naquel vello casset-te coa etiqueta xa medio despegada.

Foi a antítese do Paco Pixiñas, un heroe, poriso o seu réquiem berra: “A nosa Terra todo chedebe”. Dez anos se foron xa dende que nos dei-xou Suso Vaamonde, o 16 de febreiro do ano2000. Viviu con sangue loitador para espir a nosaterra, vestida de aldraxe, e libertala. Naceu en1949 en provincia de caciques, en Ponte Caldelase na súa laboura de cantautor e, sobre todo, gale-go, defendeu os tres compoñentes esenciais danación, tanto en Voces Ceibes como na súa tra-xectoria en solitario: o pobo, a terra e a fala. Gali-za somos nós, a xente e máis a fala. Se buscas aGaliza en ti tes que atopala. Tiña unha voz incon-fundíbel, inesquecíbel, e as súas cancións se-guen bruando de cando en cando na terra. Se o

irmán Daniel aca-dou na súa músi-ca o lugar que me-rece na cultura ga-lega, o nome deSuso ten taménque situarse comoo que foi: un dospiares contempo-ráneos da nosaidentidade.

Vaamonde foi un expoñente de Galicia dentro e ta-mén fóra dela. Tamén coñeceu o vento da emigración,forzado pola inxustiza, para evitar o que un lustro des-pois sería: o primeiro preso político da democracia. Noano 1979, o cantautor agregou unha estrofa a un dosseus temas máis coñecidos, o “Uah!”. Para expresar oseu sentimento de rabia contra a opresión do estadoespañol berrou: “Cando me falan de España, sempreteño unha disputa, que se España é miña nai, eu sonun fillo de puta.

Foi acusado de inxurias á Patria con publicidade econdeárono a seis anos na cadea. Suso optou por seexiliar. Viaxou por Europa e, despois, marchou para Ve-nezuela e afincouse en Caracas. Voltou á terra logo decatro anos e, aínda así, pasou máis dun mes no cárcereourensán até que se revisou a súa causa. Voltou por-que Galicia o precisaba. Voltade á nosa terra que a nosapatria berra hai tanto que arranxar. O “becho” –como ellle chamaba– do cancro levouno novo, hai unha deca-da, mais atopouno en pé, como viviu, combatendo, senrosmar nin un laído.

RéquiemAna de Larriva

Xornalista e colaboradora de Marusía

Suso Vaamonde, Sala de Faubourg, Xenebra.

Mausia 5_Revista • 230/12 06/07/10 12:28 Página 36