8
Margarita Ledo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Margarita ledo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Margarita ledo

Margarita Ledo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Margarita ledo

Se tivera que dicir cal foi o primeiro sinal, para min, da Ditadura, remitiríame a un feito que decote retornou ao meu maxín coma un bucle. Aos 10 anos déronme unha bolsa para comezar o bachalerato no Instituto Feminino de Lugo, pero a bolsa levaba canda ela a obriga de ir residir ou ben a una colexio da Falange española ou ben a un outro de monxas, “La Milagrosa”, sito na Praza do Ferrol que é onde fun parar. O meu pai acompañoume e xusto ao entrar a monxa que agardaba colocouse entre nos os dous. Eu puxen a pequena mala nun chanzo das escadas e revireime para lle dar un bico ao papá. Pero ela, a freira, non mo permitiu. Souben nese intre o que era asoballar, a sen razón, facerche obedecer sen máis. Levoume 3 anos conseguir que me expulsaran. Secomasí, aprendín a desenvolver unha grande capacidade de observación, fíxenme unha mirona e sempre que podía facía todo o que, segundo a norma, non tiña que facer. Por exemplo, falar durante os “exercicios espirituais”, unha estraña práctica que consistía en pecharnos sen que puidesemos nin abrir a boca, cun libro piadoso entre as mans. Canto ao meu modo de pensar, foise construíndo nesa posición de observante que me permitiu apañar calquera diferenza a redor. No Instituto, a dun profe moi calado de nome Camilo (Gonsar) e, de maneira fundamental, as novas que, por vieiros diferentes, chegaban sobre as folgas estudiantís en Compostela o ano no que cursei o Preu.

Margarita Ledo

1. Que recordos ten Vostede daqueles seus primeiros anos naquela sociedade marcada pola ditadura? Foron estas circunstancias da vida as que marcaron dalgún xeito o seu futuro persoal e o seu pensamento?

2. Que importancia tiveron para Vostede realidades como a emigración e o pensamento progresista familiar?

A primeira pequena migración foi para ir á escola de Barxa, a 2 quilómetros da vila, da escola de Castro de Rei, onde os mestres eran ostentoriamente fascistas e onde separaban a nenos e nenas. Os meus pais, co simples xesto de mandarnos andando cada mañá ate unha escola rural, impediron que caeramos nas súas gadoupas. Despois viñan os comentarios ás noticias da tele que me ían indicando, entre liñas, que aquel “réxime” non era quen dicía ser. E a grande liberdade para decidir.Acababa de ver unha reportaxe de Quadra Salcedo na Amazonia (máis tarde souben que levaba un acompañante que respondía por Avilés de Taramancos) e díxenlle ao meu pai: quero ser xornalista. Eís a orixe da miña segunda migración á cidade de Barcelona no 1969.

Fonte: El Correo Gallego

Page 3: Margarita ledo

Púxenme a parolar comigo mesma seguramente so influencia do existencialismo (lera, xa no bachalerato, autores tan distantes como Sartre e Unamuno) e fíxeno para escribir en galego, un galego que coñecía a nivel oral e que, para a escrita, aprendía nos libros de poesía que editaba Galaxia e, sobre todo, de Castelao. A represión non nos metía medo porque en calquera lugar, e con calquera motivo, sempre había alguén que se opuña de maneira aberta ao réxime, que era o xenérico para referírmonos aos gobernos franquistas. A miña primeira manifestación foi en Barcelona, contra o Consello de Guerra de Burgos a militantes de ETA, e a miña experiencia nos anos de estudante de xornalismo estivo ateigada de asembleas.

Margarita Ledo

3. Cando Vostede se puxo a “Parolar consigo mesma, cos intres e cos insectos” foi debido a aquela represión, a aquela persecución e ás anteditas circunstancias? Eran estes feitos tan significativos como para que a persoa se tiver que encerrar en si mesma?

4. O exilio marcou fondamente á nosa cultura. Que supuxo esta circunstancia para Vostede? Redundou aínda máis fondamente no seu pensamento?

O exilio permite comprender a complexidade da política –e a solidariedade como unha das formas da política-; o exilio fai que valores o papel de dar a ver, de que os outros te recoñezan polo que representas, polo tipo de loita (no meu caso o que na altura se chamaba “liberación nacional e social”); o exilio ponte fronte ao abismo e vas sabendo que dar un paso atrás non sempre quererá dicir retroceder nos teus obxectivos.

Foto sacada do blog da editorial galaxia.

5. Dirixir un xornal como “A Nosa Terra”, tristemente desaparecido recentemente, foi a súa meirande experiencia xornalística ou simplemente unha experiencia máis na súa profesión?

Foi unha experiencia basilar que conecta coa necesidade de dar a ver que veño de mencionar. Foi recuperar o que se tronzara coa guerra civil, soerguer esa ponte imaxinaria entre aquele exilio e nós, a xeración dos anos 70, foi a construción dun modelo de periódico interpretativo dende o interior do pensamento nacionalista de esquerdas, foi a proba material de que outro xornalismo era posíbel: que evitara as fontes oficiais, que trouxera á tona os intereses do capital monopolista a traveso das súas actuacións concretas, que lle puxera rostro ás clases populares... Pero sobre todo, A nosa terra (1977-1980) soubo enxergar cada un dos elementos que definen un produto como a prensa: do deseño (de Pepe Barro), aos fotógrafos e ilustradores (a primeira tira de Xaquín Marín, a dos pés, fíxose para ANT) e ate os e as colaboradoras. Convido a ler, por exemplo, a sección de Teresa Conde Pumpido “O dereito e a razón”.

Page 4: Margarita ledo

Digo sempre que un xornal non é unha mercadoría como as máis. E unha sociedade fica eivada sen xornais na lingua de seu. Os medios de comunicación son un elemento insubstituíbel no uso público dunha lingua e a historia da normalización do galego a través dos xornais ofrécenos unha cartografía na que nos situar no mundo. Porque os Medios son tamén un síntoma do estado xeral dunha sociedade, da súa invernía ou do seu desenvolvemento cabal, da súa capacidade para se expresar.Para alén da desaparición desta ou daquela cabeceira, a ausencias de medios en galego atinxe, directamente, o corazón dun dereito, o de expresión, información e comunicación, dun dereito que iguala os membros dunha sociedade, en facendo máis feble o espazo común, o espazo público.

Margarita Ledo

6. Poderá a nosa cultura, o noso idioma, aturar a perda continua até case a desaparición de prensa total ou parcialmente en galego? Que futuro pode agardar, segundo Vostede, á nosa prensa en galego?

7. Como lembra a súa experiencia cinematográfica? Que lle falta ao noso cinema para dar ese chimpo que todos desexariamos?

Aínda estou dentro da miña experiencia como cineasta. O que quero é facer un cinema contemporáneo –tanto en documental como en ficción, por falarmos en termos convencionais- dende o interior da cultura galega e en todos os rexistros que eu poida abranguer. Comecei por Santa Liberdade, polas accións políticas dos anos sesenta, e continuei pola outra cara da guerra, por Liste, pronunciado Líster. Agora remato unha sorte de triloxía do século XX con A cicatriz branca, unha ficción sobre as mulleres que emigraron soas. Pero tamén fixen mediametraxes, por exemplo, Manuel María, fala e terra desta miña terra, ou Cienfuegos 1913. Estaban depositadas en Flocos, no tempo do outro goberno, e poderiades acceder a elas. Con isto avanzo un dos problemas do cinema galego: nos ter circuítos de exhibición.

Margarita Ledo en Praga na rodaxe de “Líster”.

8. Vostede que viviu a cultura catalá, que tería que mimetizar a nosa dela? Que lle falta á nosa para acadar o respecto que cremos que posúe a catalá?

O sentido nacional pleno. E lugares que dean a ver ese sentido como podería ser a creación do Instituto Rosalía –tipo o que é o Instituto Cervantes-. Pero craro, é unha decisión política. Catalunya, por exemplo, ten o Institut Ramon Llull.

Page 5: Margarita ledo

Margarita Ledo

9. É Vostede unha persoa fortemente identificada coas reivindicacións feministas. Aínda queda moito camiño por percorrermos até a igualdade muller-home? Foi a súa obra Contos eróticos. Elas o seu berro feminista para reclamar esa igualdade?

Na historia, como sabedes, as relacións de xénero foron marcadas polas relacións de poder, relacións que se trasladan a cada ámeto da nosa experiencia. Entre iguais pasa por medidas que combatan a discriminación e por unha mudanza nas mentalidades, por que os rapaces decidan ser feministas e as rapazas rexeiten seren machistas, é dicir, deixen de aceptar o rol dependente –tamén nas emocións- que se lles asigna. “Renda no muro” de Contos eróticos é un ollar feminino, irónico e tenso a redor destas relacións.

10.Que futuro lles agoira á nosa literatura e á nosa lingua nestes tempos

onde cada vez lles achamos máis atrancos por todas as partes?

“Somos o que falamos”, a pancarta que amosaba un grupo de rapaces e

rapazas do “Correlingua” na Praza do Obradorio deulle que pensar a un

profesor brasileiro, Carlos Gerbasse, que nos visitaba. E de súpeto soubo que

eramos unha nación. Os atrancos visíbeis son máis fáceis de sobordar que as

nosas barreiras mentais.

Foto sacada de La voz de Galicia

Page 6: Margarita ledo

CUESTIONARIO

Page 7: Margarita ledo

Ao aviador Loriga,

en Lalín, do escultor

Francisco Asorey

Un monumento

salientábel?

Sombra do aire na

herba, Luís Pimentel.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Marat-Sade de Peter Weiss.

Unha obra teatral?

A muller do mariscal Pardo de Cela.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Ultimo Round, Ju

lio

Cortázar.Un/ha autor/-a e u

nha obra

literaria estranxeiro

s?

Tal vez Hall, o pequeno

robot de Odiseia do Espazo.

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

Galicia, de Carlos Velo.

Unha película de cine

Page 8: Margarita ledo

A normalización do galego

nos medios de

comunicación.

Un anceio por realizar?

Mirar: a paisaxe, as películas, as

exposicións de fotografía, as

instalacións...

Outro entretemento

ademais da literatura?

Os catro

mundos nun.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

O Castro de Viladonga. Carnota.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A revolución cubana.

Un feito histórico?

O retorno ao

ideario do

Banquete de

Conxo.

Unha utopía?

O parque de Bonaval en Compostela.

Un lugar axeitado para a lectura?

Calquera variación do Jazz. Negra Sombra.

Un tipo de música? Unha canción?

Marguerite Duras.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?