133
Nome do Centro: (*) _____________________________________________ Área de Inglés Curso escolar 20__/__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

bbresources.s3.amazonaws.com · Web viewÁrea de Inglés Curso escolar 20__/__ (*) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA . Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________ ÍNDICE

  • Upload
    vohuong

  • View
    218

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Nome do Centro: (*) _____________________________________________

Área de Inglés Curso escolar 20__/__ (*)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Xefe/a de Departamento: (*) _________________________________

ÍNDICE DE CONTIDOS

BURLINGTON BUILD UP ESO 1

1. Descrición da identidade do centro (*)

2. Introdución e metodoloxía

3. Competencias básicas

4. Secuenciación dos Obxectivos Xerais de Área

5. Contidos xerais do primeiro curso da ESO

6. Secuenciación de contidos das unidades

7. Atención á diversidade

8. Avaliación e promoción (*)

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

10. Materiais e recursos didácticos (*)

(*) Puntos que deben completar os profesores/as cos datos necesarios

2

1. DESCRICIÓN DA IDENTIDADE DO CENTRO (*)

a) Variábel sociocultural (*) - O barrio amplo - O contorno próximo

b) Características do centro (*) - Emprazamento - Funcionalidade - Integración - O alumnado

c) Variábel idade (*)

d) Composición do departamento didáctico (*)

e) Número de grupos (*)

f) Reunións de departamento (*)

3

2. Introdución e metodoloxía

Descrición do curso

Burlington Build Up ESO 1 motivará ao teu alumnado para que aprenda inglés, proporcionándolle as capacidades que necesita para alcanzar unha auténtica competencia comunicativa. É un método ben estruturado e de uso sinxelo que lles facilitará a adquisición das competencias básicas recollidas na LOE e enfocado ao desenvolvemento das destrezas de vocabulario, gramática, lectura e estratexias de comunicación. O método ofrece numerosas ocasións para que amplíen os seus coñecementos sobre temas socioculturais e interdisciplinarios e tamén inclúe exercicios adicionais para os alumnos/as que acaban antes, para os que posúen un maior nivel de coñecementos e para as clases que necesitan atender á diversidade. Dous aspectos fundamentais foron tidos en conta na creación de Burlington Build Up 1: a claridade de obxectivos e a facilidade de uso. Por iso indícaselles claramente aos alumnos/as onde atoparán explicacións máis detalladas e prácticas adicionais das estruturas aprendidas. Tamén se lles ofrece a oportunidade de elaboraren o seu propio Language Notebook, ademais de ideas e estratexias para “aprender a aprender” que lles permitirán medir os seus progresos e ir creando o seu Portfolio persoal, como propón o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Burlington Build Up ESO 1 foi deseñado para poñer unha especial énfase no desenvolvemento do vocabulario. Para lograr este propósito, trabállase de modo extenso o vocabulario ao longo das unidades do Student’s Book e da orixinal e exclusiva sección Vocabulary Builder, incluída no Workbook. Cada unidade do Student’s Book ten dúas seccións dedicadas ao vocabulario. Esta forma de traballar o vocabulario de xeito sistemático daralle ao alumnado as ferramentas básicas para enfrontarse ás tarefas comunicativas que irá atopando ao longo das unidades.

O Workbook de Burlington Build Up ESO 1 inclúe un apéndice gramatical, un glosario, unha guía de escritura e unha lista de verbos irregulares, todos en lingua propia-inglés; unha sección para que os alumnos/as se autoavalíen (Language Learning Competences), e outra a toda cor chamada Vocabulary Builder para que traballen e consoliden de forma divertida o vocabulario presentado no Student’s Book. Na web www.burlingtonbooks.es/buildup1, os alumnos/as atoparán tamén actividades adicionais para reforzar a súa aprendizaxe, con exercicios de gramática, xogos de vocabulario, listenings sobre temas socioculturais, un cuestionario para cada unidade, as cancións do Student’s Book e os ditados do Workbook. Todo iso proporciónalles aos alumnos/as moitas máis oportunidades de practicaren o inglés na casa.

Burlington Buid Up ESO 1 ofrécelles aos profesores/as o Teachers Manual coas páxinas do Student’s Book intercaladas e unha ampla información sociocultural e interdisciplinaria; o Teachers All-in-One Pack con material extra para atender aos diferentes niveis de capacidade dos alumnos/as e algunhas páxinas interdisciplinarias; o Test Factory and Other Resources CD-ROM con todo o material en formato Word editábel; o DVD Welcome to Britain que mostra aspectos socioculturais da lingua inglesa e contén páxinas de traballo, e os Class Audio CD.

Burlington Build Up ESO 1 é un curso completo e fácil de seguir tanto para os profesores/as coma para os alumnos/as. Toda a clase pode gozar mentres aprende inglés grazas aos seus

4

variados e interesantes temas e ás súas actividades motivadoras. A medida que avance en Burlington Build Up o alumnado aprenderá a expresarse con soltura e, grazas aos seus prácticos e claros compoñentes, será un proceso sinxelo e natural.

Compoñentes

Student’s Book Unha unidade introdutoria para repasar o vocabulario básico e a linguaxe da clase. Nove unidades didácticas que exploran aspectos do noso mundo, con frecuentes preguntas

socioculturais e interdisciplinarias. Tres seccións de repaso e ampliación con exercicios de gramática e de vocabulario, un

proxecto e unha canción. Cadros gramaticais completos. Actividades interactivas de listening e speaking centradas en contextos comunicativos reais. Exercicios personalizados en cada unidade baixo o epígrafe About Me. A sección Language Build Up ao final de cada unidade, cun repaso dos contidos da mesma

e unha actividade de Portfolio. Presentación gradual das estratexias de escritura dentro das unidades, para que o alumnado

aprenda a organizar as súas ideas antes de empezar a escribir. Unha lista de verbos irregulares coa súa transcrición fonética. Un apéndice de pronuncia con exercicios adicionais. Un apéndice ortográfico.

Workbook Unha unidade de introdución e nove unidades para practicar a gramática e o vocabulario do

Student’s Book, ademais dun ditado por unidade e unha sección de reading e writing. Proxectos planificados paso a paso e fichas para facilitar a súa presentación oral. A sección Check Your Progress para que os alumnos/as se autoavalíen e un apartado de

Self-evaluation por unidade. Un apéndice gramatical e un glosario bilingües. Unha Writing Guide con pautas paso a paso que facilitan a autocorrección. Unha lista de verbos irregulares traducidos á lingua propia. A sección Portfolio, con exercicios de escritura, proxectos e a sección Language Learning

Competences.

Vocabulary Builder Xogos, lista de palabras e expresións útiles por unidade. Divertidas actividades para recordar e consolidar o vocabulario.

Build Up ESO 1 Website (tamén dispoñible en Multirom)• Vocabulario, gramática e actividades culturais.• Xogos.• Gravacións dos textos, diálogos e cancións en formato mp3.

Basic Practice• Presentación da gramática en cadros sinxe.• Seccións que se corresponden coas seccións do Student’s Book.• Instrucións en castelán para que que os alumnos/as traballen por si mesmos .

5

• Glosario e apéndices bilingües.

Teachers Manual Unha presentación do curso e dos seus compoñentes. Unha sección de avaliación. Notas didácticas claras, concisas e intercaladas coas páxinas do Student’s Book, onde se

destacan sobre un fondo de cor as referencias a outros compoñentes do curso para facilitar a preparación das clases.

As respostas aos exercicios do Student’s Book. Información sociocultural e interdisciplinaria adicional. Cadros fotocopiábeis do Student’s Book para facilitar o traballo na clase. Actividades de reforzo e ampliación. Transcrición dos listenings. Pistas dos Class Audio CD. Actividades opcionais de ditado. Actividades opcionais de listening. Exercicios de corrección de erros. As páxinas do Workbook e da sección Vocabulary Builder reproducidas en tamaño

reducido coas respostas sobreimpresas a todos os exercicios.

Teachers All-in-One Pack Unha sección de Test que consta de:

Un test de diagnóstico e follas de repaso. Un test por unidade con tres niveis de dificultade. Tres tests trimestrais con tres niveis de dificultade. Dous exames finais tamén con tres niveis de dificultade. Un test de comprensión oral (listening) e expresión oral (speaking) por unidade e

trimestre e outro final. A clave de respostas.

Unha sección de atención á diversidade (Extra Practice) que inclúe: Dúas follas fotocopiábeis por unidade con práctica adicional das estruturas

gramaticais e do vocabulario. Unha folla fotocopiábel por unidade para que amplíen os coñecementos adquiridos. A clave de respostas.

Actividades orais extra con clave de resposta (Extra Speaking).

Class Audio CD

As gravacións dos textos de lectura e os listenings do Student’s Book. As actividades de pronuncia do Student’s Book. Os listenings dos tests do Teachers All-in-One Pack. Os ditados. As cancións.

Dixital Teachers Pack Burlington ESO Grammar Factory CD-ROM, con exercicios de gramática e unha

aplicación para crear exercicios propios.

6

Burlington ESO Culture Bank CD-ROM, con exercicios e actividades culturais. Test Factory and Other Resources CD-ROM, con todo o material do Teachers All-in-

One Pack en formato Word editábel. Interactive Whiteboard CD-ROM, que inclúe unha completa versión dixital do

Student’s Book con material audio integrado e unha versión proxectábel do Student’s Book e da clave de respostas do Workbook.

Welcome to Britain DVD Nove capítulos filmados en Gran Bretaña para ampliar os seus coñecementos

socioculturais, centrados na comprensión oral, a gramática e a linguaxe funcional. Un pequeno caderno con tres follas de traballo fotocopiábeis por capítulo.

Ensinar con Build Up ESO 1

As nove unidades do Student’s Book comezan cunha sección de vocabulario centrada nun grupo léxico. Máis adiante, aparecerá un segundo grupo léxico en cada unidade. O devandito vocabulario aparece nos tests, nos exercicios de gramática e nas actividades de speaking e listening, proporcionando unha ampla variedade de oportunidades para o seu uso. Ademais, inclúese en cada unidade a sección Remember!, con actividades de repaso do vocabulario estudado.

A sección inicial de vocabulario vai seguida dunha actividade de listening e dunha actividade de speaking en forma de diálogo onde se introducen e practican expresións útiles. En cada unidade hai dous textos, baseados en material auténtico, que proporcionan o contexto para as actividades de vocabulario, gramática, pronuncia, comprensión e expresión oral. A gramática preséntase en cadros claros e practícase en exercicios coidadosamente graduados.

Os exercicios de comprensión e os baseados en aspectos socioculturais profundan no tema da unidade co obxectivo de aumentar o interese dos alumnos/as e de ampliar a súa visión do mundo. A gramática preséntase mediante un enfoque dobre: presentación das formas gramaticais en cadros claros e práctica na sección Grammar, seguida de actividades complementarias na sección Grammar Build Up.

Unha sección adicional de listening e speaking proporciónalle ao alumno/a oportunidades adicionais para exercitar o inglés en situacións reais. Aténdese particularmente a cuestións de pronuncia, tanto ao longo das unidades coma no Pronunciation Appendix situado ao final do libro. As estratexias de escritura preséntanse paso a paso, divididas por unidade.

Ao final de cada unha das unidades está a sección Cross-Curricular Focus, unha páxina con información sociocultural e interdisciplinaria adicional que inclúe unha pequena actividade. Así mesmo, a sección Language Build Up ofrece, ao final de cada unidade, un resumo do vocabulario e da gramática estudados na mesma, ademais da sección My Portfolio, que lle permite ao alumno/a practicar o inglés en situacións reais e que inclúe unha práctica de conversación.

Hai tamén tres seccións de repaso e de ampliación no Student’s Book, con exercicios acumulativos de vocabulario e de gramática, un proxecto que os estudantes poden incluír no seu Portfolio e unha canción acompañada de exercicios de comprensión e interesante información de apoio.

7

Outros compoñentes que forman parte integral do curso Burlington Build Up ESO 1 son: - O Workbook: deseñado para poder repasar e consolidar os coñecementos e capacidades que se acaban de adquirir. Un glosario, o apéndice gramatical, a guía de escritura e a sección de autoavaliación facilitan a autonomía na aprendizaxe. Inclúe, así mesmo, a sección Vocabulary Builder, un complemento práctico á hora de lograr os obxectivos de cada unidade, que inclúe divertidos xogos e actividades de vocabulario que permiten que os alumnos/as repasen as palabras aprendidas en cada unidade dun xeito entretido e interesante.

- O Teachers Manual: coas páxinas do Student’s Book intercaladas, inclúe claras notas didácticas coas referencias a outros compoñentes, destacando sobre un fondo de cor para facilitar a preparación das clases. Para axudarlle ao profesor/a na avaliación inclúense varias follas fotocopiábeis que seguen as pautas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (Common European Framework of Reference for Languages). Con elas poderán coñecer mellor o historial dos seus alumnos/as, os seus estilos de aprendizaxe e a súa actitude ante o inglés. Este compoñente tamén contén actividades opcionais extra que permiten aproveitar ao máximo o material, ampliando a información de referencia sobre moitos dos temas tratados no Student’s Book.

- O Teachers All-in-One Pack: abundante material fotocopiábel adaptado aos distintos niveis de inglés dos alumnos/as, xa que contén tests en tres niveis de dificultade, tres follas de atención á diversidade por unidade, follas de traballo sobre temas interdisciplinarios e actividades extra de vocabulario, gramática e expresión oral, ademais das respostas correspondentes.

- Para facilitar máis o labor do profesor/a, todos os tests e demais materiais do Teachers All-in-One Pack aparecen tamén en formato Word no Test Factory and Other Resources CD-ROM, por se necesitan editalos nalgún caso.

- O DVD Welcome to Britain inclúe unha entretida historia en nove capítulos, ambientada no Reino Unido e de gran riqueza cultural, que se centra no vocabulario, na gramática e na linguaxe funcionais. Vai acompañado dun pequeno caderno con tres follas de traballo fotocopiábeis por capítulo, consellos para sacarlle máis partido ao DVD e o guión da historia.

Avaliación dos alumnos/as de 1º da ESO e o marco común europeo

Seguramente, aprender unha nova lingua é un dos retos máis difíciles aos que se enfrontan os estudantes ao longo da súa vida académica, sobre todo porque supón mergullarse de forma activa nunha cultura e nunha visión da vida moi diferentes da súa e porque contribúe á adquisición das competencias básicas da aprendizaxe. Nesta liña, o obxectivo primordial de Burlington Build Up é facilitar o proceso de aprendizaxe e servir de ponte para que os alumnos/as coñezan os lugares nos que se fala inglés e a forma en que o utiliza a xuventude nativa da súa mesma idade.

Durante o proceso de adquisición da lingua inglesa é habitual que os alumnos/as mostren claras preferencias por determinadas áreas da aprendizaxe. Por exemplo, quizais lles interese máis aprender o inglés que fala a xuventude hoxe en día que as regras gramaticais, ou poida que teñan máis facilidade para unhas destrezas de aprendizaxe que para outras.

8

Por estas razóns, o método Burlington Build Up ofrece un amplo abano de actividades coas que desenvolver os seus intereses e demostrar os seus puntos fortes, á vez que practican en profundidade todas as áreas da aprendizaxe de linguas. Dada a diversidade dos estudantes, é de vital importancia que o profesorado coñeza canto antes as preferencias e os puntos fortes e débiles de cada quen. Con este obxectivo, ofrecemos unhas follas fotocopiábeis moi útiles para preparar o perfil de cada alumno/a e rexistrar tanto a avaliación continua do seu progreso coma a avaliación sumativa ou final.

Preparación dos Portfolios de traballo e avaliación individual dos alumnos/as Actualmente téndese a fomentar que os alumnos/as coa axuda dos seus profesores/as preparen un cartafol dos seus traballos que inclúa referencias aos seus estilos de aprendizaxe, obxectivos de mellora, progresos e un rexistro dos contactos mantidos con falantes nativos ou dos intercambios culturais con comunidades de fala inglesa. Quizais o exemplo máis ambicioso deste tipo de cartafoles sexa o chamado Portfolio Europeo das Linguas (European Language Portfolio, ELP), que ten por finalidade animar a aprender máis linguas e a continuar aprendéndoas ao longo de toda a vida, facilitar a mobilidade en Europa e favorecer o entendemento e a tolerancia entre as cidades europeas. Está descrito no Marco Común Europeo e componse de tres elementos básicos:

Un Pasaporte de linguas no que o alumno/a rexistra as cualificacións que vai obtendo e o seu progreso na lingua, mediante unha escala de autoavaliación recoñecida internacionalmente.

Unha Biografía lingüística na que reflexiona sobre o que sabe facer na lingua que está aprendendo e onde se autoavalía de forma realista.

Un Dossier que contén, en varios formatos (gravacións de audio / vídeo, tarefas escritas e informes de visitas), exemplos de traballos realizados no centro educativo, ademais da documentación que acredite a información contida no Pasaporte e na Biografía.

Esta iniciativa emana da convicción de que o estudante de linguas debe ser responsábel da súa aprendizaxe e adoptar unha actitude o máis activa posíbel á hora de estabelecer obxectivos e de traballar para conseguilos. As follas de avaliación que o alumnado debe cubrir nas páxinas 144-149 do Workbook baséanse na devandita convicción, ofrecendo unha oportunidade idónea para falar sobre os seus contactos coa lingua inglesa, describir os seus logros e fixar obxectivos personalizados para o curso entrante. Este último punto é, probabelmente, o máis importante, xa que esixe un esforzo de selección e emprego das mellores estratexias para mellorar. Moitos dos criterios de autoavaliación incluídos na folla English and Me, na páxina 146 do Workbook, son moi similares aos do Portfolio Europeo das Linguas e permiten que profesores/as e alumnos/as preparen doadamente cartafoles desta natureza.

Os cadros Student Learning Record (páxina 144) e My English Experience (páxina 145) deben ser cubertos ao comezo do curso; o situado na parte inferior da páxina 145 e as follas English and Me e My Strategies for Progress (páxinas 146 e 147) ao final de cada trimestre, e os de autoavaliación das páxinas 148 e 149 ao rematar a unidade correspondente.

Os alumnos/as deben gardar, nun cartafol á parte, todas as follas de autoavaliación e algunhas mostras dos traballos que vaian facendo durante o curso para amosarllas periodicamente ao

9

profesor/a. Recoméndase dedicar unha parte do tempo da clase a cubrir esas follas de autoavaliación e a reflexionar sobre a propia aprendizaxe. Tamén poden gardar nos seus Portfolios os proxectos incluídos nas seccións de repaso.

Perfil individual do estudante que entra en 1º da ESO

O desafío que supón para o alumnado entrar en 1º da ESO é realmente duro xa que existe unha diferenza abismal entre aquilo ao que estaban afeitos en Primaria e o que se espera deles en Secundaria. Por exemplo, é posíbel que en Primaria tivesen máis oportunidades para expresarse oralmente, pero case todos os profesores/as coinciden en dicir que a maioría dos estudantes chegan de Primaria cunha base de inglés moi pobre. Porén, con frecuencia esquécese que esta percepción pode ter a súa orixe no enorme cambio que senten os alumnos/as cando pasan dun nivel a outro. Burlington Build Up ofrece dúas importantes ferramentas para determinar os coñecementos previos de inglés dos alumnos/as que entran en 1º da ESO:

un test de diagnóstico para o comezo do curso, co fin de avaliar os seus coñecementos previos (páxina 2 do Teachers All-in-One Pack);

as follas de autoavaliación (páxinas 144-149 do Workbook), que se poden utilizar como punto de partida do Portfolio de cada alumno/a.

Unha lectura atenta dos resultados das devanditas ferramentas de avaliación proporcionaralles aos profesores/as información esencial sobre os seus alumnos/as e fará que os mesmos se sintan máis valorados no seu novo contorno. É importante facerlles ver que os criterios de autoavaliación aplicados en English and Me (páxina 146 do Workbook) resaltan o positivo da súa aprendizaxe destacando o que conseguiron por enriba do que non. Utilizando esta folla de avaliación, todos eles terán comentarios positivos que facer e verán os seus progresos durante o curso. Débenselles recordar constantemente as estratexias que escolleu cada quen como favoritas ao comezo do curso para que melloren nas áreas lingüísticas que máis lles gustan (My Strategies for Progress, páxina 147 do Workbook).

A avaliación formativa e sumativa

A folla de avaliación continua ou formativa (Formative Record Sheet), incluída no capítulo 8 desta programación, permítelle ao profesorado anotar as cualificacións obtidas polos alumnos/as nas diferentes áreas tratadas en cada unidade e reflicte as actitudes cara á lingua de cada un deles. Recoméndase contrastar o resultado desta folla cos da autoavaliación levada a cabo polos propios alumnos/as na folla English and Me (páxina 146 do Workbook) antes de calcular a puntuación final na folla Summative Evaluation (capítulo 8), que é a que describe o progreso global do curso. A razón é evitar as posíbeis discrepancias entre o que os alumnos/as fixeron baixo a presión das probas e o que realmente poden facer nas situacións normais e distendidas da clase.

De todos os xeitos, o factor máis importante para medir o desenvolvemento dos alumnos/as é o progreso individual que consigan desde o inicio do curso ata o final de cada trimestre. Nesta nova etapa, a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado é continua e a decisión do profesor/a de promover ao alumno/a será adoptada atendendo á consecución das competencias básicas e aos obxectivos da etapa.

10

11

3. Competencias básicas

Son aquelas competencias que deben desenvolver os rapaces ao finalizar o ensino obrigatorio para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaces de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Finalidades

1- Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto formais (incorporadas ás diferentes áreas ou materias) coma informais e non formais. 2- Permitir a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes. 3- Orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación de carácter imprescindíbel.

Non existe relación entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea, identificáronse oito competencias básicas: 1. Competencia en comunicación lingüística 2. Competencia matemática 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico 4. Tratamento da información e competencia dixital 5. Competencia social e cidadá 6. Competencia cultural e artística 7. Competencia para aprender a aprender 8. Autonomía e iniciativa persoal

En cada materia inclúense referencias explícitas acerca da súa contribución a aquelas competencias básicas ás que se orienta en maior medida. Por outra banda, tanto os obxectivos coma a propia selección dos contidos buscan asegurar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación serven de referencia para valorar o grao progresivo de adquisición.

1. Competencia en comunicación lingüística

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.

Con distinto nivel de dominio e formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poderse comunicar nalgunhas delas e, por conseguinte, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Do mesmo xeito, favorécese o acceso a máis e diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.

12

En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

2. Competencia matemática

Esta competencia supón aplicar aquelas destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática utilizando as ferramentas de apoio adecuadas e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento, para dar unha mellor resposta ao distinto nivel de complexidade das situacións da vida.

3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico

Esta competencia supón o desenvolvemento e aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal nun mundo no que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferenciación e valoración do coñecemento científico xunto con outras formas de coñecemento, e a utilización de valores e criterios éticos asociados á ciencia e ao desenvolvemento tecnolóxico.

En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica o uso responsábel dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente, o consumo racional e responsábel e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

4- Tratamento da información e competencia dixital

Esta competencia implica ser unha persoa autónoma, eficaz, responsábel, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén, ter unha actitude critica e reflexiva na valoración da información dispoñíbel, contrastándoa cando é necesario, e respectar as normas de conduta socialmente acordadas para regular o uso da información e as súas fontes nos distintos soportes.

5. Competencia social e cidadá

Esta competencia supón comprender a realidade social en que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético baseado nos valores e prácticas democráticas e exercer a cidadanía actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia e mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsábel ante o cumprimento dos dereitos e obrigacións cívicas.

6. Competencia cultural e artística

O conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírese tanto á habilidade para apreciar e gozar coa arte e outras manifestacións culturais, coma a aquelas relacionadas co emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias; implica un coñecemento básico das distintas manifestacións culturais e artísticas, a aplicación de

13

habilidades de pensamento diverxente e de traballo colaborativo, unha actitude aberta, respectuosa e crítica ante a diversidade de expresións artísticas e culturais, o desexo e vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora e un interese por participar na vida cultural e contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico, tanto da propia comunidade coma doutras comunidades.

7. Competencia para aprender a aprender

Aprender a aprender implica a conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico coma a capacidade de cooperar, de autoavaliarse e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual. Todo iso desenvólvese a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas.

8. Autonomía e iniciativa persoal

Esta competencia supón ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

Contribución da materia de Lingua Estranxeira á adquisición das competencias básicas

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición das seguintes competencias, traballadas todas elas en cada unidade de Burlington Build Up ESO 1:

Competencia en comunicación lingüística, ao completar, enriquecer e achegar novos matices comprensivos e expresivos a esta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira baseada na mellora de habilidades comunicativas contribuirá ao desenvolvemento desta competencia básica no mesmo sentido en que o fai a primeira lingua. A contribución da lingua estranxeira ao desenvolvemento desta competencia é primordial no discurso oral ao adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar. Así mesmo, a aprendizaxe da lingua estranxeira mellora a competencia comunicativa xeral ao potenciar a habilidade para expresarse oralmente e por escrito.

Competencia para aprender a aprender, ao facilitar ou completar a capacidade dos alumnado para interpretar ou representar a realidade e, así, construír coñecementos, formular hipóteses e opinións e expresar e analizar sentimentos e emocións. Por outra banda, a competencia para aprender a aprender ten enormes beneficios se se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a propia aprendizaxe. Esa é a razón da inclusión no currículo dun apartado específico de reflexión sobre a propia aprendizaxe. O Aplicación de estratexias diversas de aprender a aprender prepara o alumnado de forma progresiva na toma de decisións que favorecen a autonomía para utilizar e seguir aprendendo a lingua estranxeira ao longo da vida.

Competencia social e cidadá, ao favorecer o respecto, o interese e a comunicación con falantes doutras linguas e o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. O intercambio de información persoal axuda a reforzar a identidade dos interlocutores. Por outra banda, en lingua estranxeira é especialmente relevante o traballo en

14

grupo e en parellas xa que, a través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas propias e a escoitar as dos demais, poténciase a habilidade para construír diálogos, negociar significados, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros/as, conseguir acordos e, en definitiva, favorécese aprender dos demais e cos demais.

Competencia en tratamento da información e competencia dixital, ao acceder de xeito sinxelo e inmediato á información que se pode atopar nesta lingua, á vez que ofrece a posibilidade de comunicármonos utilizándoa. Ademais, facilita a comunicación persoal a través do correo electrónico en intercambios con xuventude doutros lugares e, o que é máis importante, crea contextos reais e funcionais de comunicación. Este uso cotián contribúe directamente ao desenvolvemento desta competencia.

Competencia artística e cultural, ao incluír un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países nos que se fala e propiciar unha aproximación a obras ou autores que contribuíron á creación artística. Así mesmo, a área contribúe ao desenvolvemento desta competencia se se facilita a expresión de opinións, gustos e emocións que producen as diversas manifestacións culturais e artísticas e se se favorecen os traballos creativos individuais e en grupo, como a realización e representación de simulacións e narracións.

Competencia autonomía e iniciativa persoal, ao fomentar o traballo cooperativo na aula e o manexo de recursos persoais e habilidades sociais de colaboración e negociación, o que supón poñer en funcionamento determinados procedementos que permiten o desenvolvemento de iniciativas e a toma de decisións na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a autonomía e a iniciativa persoal.

15

4. Secuenciación dos Obxectivos Xerais de Área

Os dez Obxectivos Xerais de Área para Burlington Build Up ESO 1 concrétanse nas capacidades que se detallan baixo cada enunciado:

1º- Escoitar e comprender información xeral e a específica de textos orais en situacións comunicativas variadas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

Capacidades:

Negociar co profesor/a e cos compañeiros/as a organización da clase e das actividades (instrucións, obxectivos, criterios de avaliación, regras) respectando todos os puntos de vista.

Comprender a información global e algúns datos relevantes de mensaxes orais gravadas e de material semiauténtico e facer tarefas significativas graduadas ao seu nivel (textos sobre a adopción de animais en perigo de extinción, unha conversación sobre distintos deportes ou sobre a próxima excursión dun grupo de estudantes, un artigo de revista, etc.).

Comprender a información global e a específica de mensaxes orais emitidas directamente polo profesor/a e polos compañeiros/as relativas a situacións habituais de comunicación, tales como instrucións para a realización de actividades na aula e aos temas incluídos neste nivel.

Estruturar ou poñer en orde a información emitida na mensaxe oral.

Identificar significados apoiándose en claves non lingüísticas (o ton de voz, as ilustracións, os coñecementos previos sobre o tema, o contexto, etc.).

2º- Expresarse e interactuar oralmente en situacións habituais de comunicación de modo comprensíbel, adecuado e con certo nivel de autonomía.

Capacidades:

Interaccionar significativamente de xeito bastante controlado cos compañeiros/as e co profesor/a para saudar, presentarse a si mesmos e presentar aos demais, dar información persoal sobre os seus gustos e intereses, expresar gustos e preferencias, falar sobre unha foto, intercambiar información, falar das súas vacacións, dos seus plans futuros, etc., e sobre os demais temas incluídos neste nivel.

Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia (das terminacións verbais en presente e pasado, de sons consonánticos e vocálicos difíciles, das formas contraídas e dalgunhas formas débiles), o ritmo e a entoación.

Identificar estratexias lingüísticas e non lingüísticas (expresarse e demostrar comprensión por medio de actos non verbais, pedir que repitan, pedir aclaracións, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación.

16

Identificar a funcionalidade da mensaxe oral (saudar e presentarse, dar información persoal, falar de actividades e rutinas, pedir comida, describir persoas, lugares e cousas, expresar habilidades, gustos e preferencias, obrigación e prohibición, describir experiencias pasadas e plans futuros, etc.).

Verificar afirmacións sobre a mensaxe oral e o seu contido.

Organizar a mensaxe oral de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (a orde suxeito-verbo, as conxuncións e os conectores de secuencia, etc.).

Producir mensaxes orais en relación directa co profesor/a e cos compañeiros/as expresando a intencionalidade comunicativa que requira a situación, referentes ao funcionamento da clase, saúdos e presentacións, intercambio de información persoal, gustos e preferencias, descricións de persoas, cousas e lugares, expresión de hábitos, peticións, ordes, instrucións, suxestións, directrices, descrición de accións en curso, actividades de tempo libre, o pasado, plans futuros, etc.

Utilizar o vocabulario (referente aos membros dunha familia, países e nacionalidades, rutinas, actividades que se realizan no tempo libre, a comida, animais, as partes do corpo, deportes, preposicións de lugar, as pezas de roupa, etc.) e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes orais (to be en presente e pasado, as partículas interrogativas, have got, os adxectivos posesivos, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, os pronomes demostrativos, o Present Continuous, as conxuncións, a, an, the, some, any; there is / there are, can / can’t, etc.).

Participar en actividades de grupo e en parellas respectando os compañeiros/as e colaborando con todos os integrantes da clase.

3º- Ler e comprender diversos textos dun nivel adecuado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

Capacidades:

Comprender a información global e a específica de mensaxes escritas en inglés relativas a situacións habituais de comunicación: mensaxes de correo electrónico, unha páxina web, un artigo de revista, unha crítica dun libro, letras de cancións, textos breves sobre distintos temas, etc.

Inferir polo contexto, o apoio visual e os coñecementos culturais, o significado das palabras que aparecen en textos sobre temas e situacións de comunicación familiares.

Asociar información con imaxes e/ou personaxes.

Desenvolver estratexias adecuadas de lectura extensiva e intensiva: - Identificar palabras e informacións relevantes a través da reflexión, para utilizar o

dicionario de forma correcta e non abusiva.

17

- Predicir información e significados a partir do contexto, do apoio visual, dos títulos e dos coñecementos culturais previos que se teñan sobre o tema, para facilitar a comprensión lectora.

- Recorrer a fontes de información: dicionarios, glosarios, enciclopedias, explicacións gramaticais.

- Identificar a funcionalidade e a intencionalidade do texto escrito. - Identificar información específica facendo unha lectura selectiva (scanning). - Identificar a idea principal do texto sen necesidade de lelo completo. - Identificar o tema dun texto coa axuda das ilustracións que o acompañen.

Relacionar o tema da lectura con outras disciplinas, coas experiencias persoais e coa propia cultura.

Obter información específica da lectura seguindo unha tarefa determinada.

Mostrar unha actitude positiva e de curiosidade ante a lectura.

Reflexionar de xeito crítico sobre o tema da lectura.

4º- Escribir textos sinxelos con finalidades diversas sobre distintos temas, utilizando recursos adecuados de cohesión e de coherencia.

Capacidades:

Identificar a funcionalidade da mensaxe escrita (dar información persoal, falar de actividades e rutinas propias, expresar gustos e preferencias, etc.).

Organizar a mensaxe escrita de xeito coherente a través das tarefas e da reflexión (a orde suxeito-verbo, o uso das maiúsculas, os signos de puntuación, o lugar dos adxectivos na oración, as conxuncións e os conectores de secuencia).

Utilizar o vocabulario (referente aos membros dunha familia, actividades que se realizan no tempo libre, a comida, as preposicións de lugar, os transportes, as pezas de roupa, etc.) e as estruturas adecuadas á intención comunicativa das mensaxes orais (to be en presente e pasado, as partículas interrogativas, have got, os adxectivos posesivos, o Present Simple, as expresións temporais, os adverbios de frecuencia, os pronomes demostrativos, o Present Continuous, as conxuncións, os nomes contábeis, en singular e en plural, e os non contábeis, a, an, the, some, any; there is / there are, can / can’t, etc.).

5º- Utilizar con corrección os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lingua estranxeira en contextos reais de comunicación.

Capacidades:

Identificar estratexias comunicativas lingüísticas e non lingüísticas (uso do apoio visual e dos coñecementos culturais para expresar e inferir significados, repetición de patróns sintácticos e fonolóxicos, etc.) para evitar que se interrompa a comunicación, reflexionando a través das diversas tarefas e contrastando coa súa lingua materna.

18

Practicar patróns fonolóxicos para mellorar a pronuncia e a entoación.

Recoñecer os esquemas de entoación correspondentes ás distintas funcións comunicativas e intentar utilizar os específicos das situacións de comunicación incluídas no apartado de contidos correspondentes a este nivel.

6º- Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionar sobre os propios procesos de aprendizaxe e transferir á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

Capacidades:

Planificar o tempo dedicado á materia fóra da clase.

Avaliar se o tempo dedicado foi suficiente e frutífero.

Organizar o seu propio caderno da materia incluíndo partes ben diferenciadas de: tarefas, vocabulario, autoavaliación, etc.

Completar a sección Language Learning Competences (My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress, Self-Evaluation) do Workbook, e reflexionar sobre os seus logros e fracasos.

Identificar os contrastes entre a L1 e a L2 (en aspectos como as regras de puntuación, o uso das maiúsculas, os nomes contábeis e non contábeis, a colocación das palabras na oración, os tempos verbais e demais puntos gramaticais pertencentes a este nivel) e reflexionar sobre os mesmos para convertelos en estratexias de aprendizaxe autónoma.

7º- Utilizar estratexias de aprendizaxe e todos os medios ao seu alcance, incluídas as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito.

Capacidades:

Organizar o vocabulario construíndo redes léxicas e mapas semánticos ou utilizando estratexias propias, sempre que sexan produtivas para a aprendizaxe: clasificacións léxicas, sintácticas e fonolóxicas; percepcións subxectivas; palabras que habitualmente van xuntas (adxectivos e nomes, preposicións e nomes, etc.).

Desenvolver as seguintes estratexias de aprendizaxe autónoma: - Utilizar os coñecementos previos. - Utilizar o apoio visual para mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita. - Utilizar o contexto para inferir significados e intencións comunicativas. - Utilizar correctamente o dicionario. - Seguir o proceso adecuado na realización da audición. - Atención selectiva para obter información específica dun texto oral ou escrito. - Recorrer ás fontes de información adecuadas: dicionarios, enciclopedias, explicacións

gramaticais, glosarios, Internet, etc. - Crear asociacións funcionais.

19

- Transferir conceptos de comprensión oral a expresión oral e viceversa. - Deducir e inducir regras. - Repetición de sons, palabras e oracións. - Repetición significativa de discursos contextualizados preestabelecidos. - Transferir conceptos de comprensión escrita a expresión escrita e viceversa. - Transferir os contidos estudados ás producións propias. - Utilizar e organizar os recursos e materiais didácticos para mellorar a produción propia

(caderno, resumos, agrupacións léxicas, tests, etc.). - Utilizar a autocorrección. - Utilizar a autoavaliación para recoñecer a fase de aprendizaxe do momento e planificar

as necesidades de mellora. - Interrelacionar os coñecementos propios doutras áreas nas prácticas de aprendizaxe do

idioma.

8º- Apreciar a lingua estranxeira como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos.

Capacidades:

Recoñecer estruturas e tipos de texto para poder transferilos ás producións propias (estruturas gramaticais e funcionais, descricións, correos electrónicos, carteis anunciadores, etc.).

Identificar as categorías gramaticais e os seus trazos lingüísticos para facilitar a comprensión dos textos: os determinantes e os cuantificadores; o adxectivo (posesivos); o pronome (interrogativos e demostrativos); o verbo (to be, have got, o Present Simple, o Present Continuous, o Past Simple, be going to e o Present Continuous con valor de futuro, os verbos modais (can / can’t e must / mustn’t); o adverbio (os de frecuencia, modo e intensidade); a preposición (as de tempo e lugar), a conxunción (copulativas, adversativas e causais) e os conectores de secuencia.

Aplicar técnicas para inferir significados e tempos verbais adecuados a través do contexto, do apoio visual e dos coñecementos culturais.

9º- Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como medio de comunicación e de entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas diversas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

Capacidades:

Reflexionar sobre a capacidade persoal de relacionarse con persoas de distintos países grazas ao inglés.

Identificar estilos de vida de diferentes países e valorar a súa riqueza cultural. Mostrar unha actitude de respecto ante a cultura anglosaxoa. Identificar as normas de cortesía propias da comunicación en inglés. Valorar e respectar culturas e formas de vida diferentes á propia, favorecendo a

tolerancia e a convivencia. Recoñecer a influencia dunhas linguas sobre outras: herdanzas lingüísticas, préstamos, a

linguaxe científica, etc.

20

10º- Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na capacidade de aprendizaxe e no uso da lingua estranxeira.

Capacidades:

Reflexionar sobre a finalidade da aprendizaxe do inglés.

Marcar obxectivos persoais para a adquisición da lingua.

Mostrar unha actitude positiva cara á aprendizaxe.

21

5. Contidos do primeiro curso da ESO

Segundo a lexislación vixente e para favorecer unha maior claridade ao ler este proxecto curricular, presentamos de forma individualizada os contidos de Burlington Build Up ESO 1, á parte da secuenciación de obxectivos xerais de área, que incluímos no apartado 4, e dos criterios de avaliación especificados en cada unidade.

Os contidos preséntanse agrupados en bloques en relación a tres eixos con características e necesidades específicas en canto ao proceso de ensino e de aprendizaxe:

As habilidades lingüísticas bloque 1: Escoitar, falar e conversar bloque 2: Ler e escribir

Os elementos constitutivos do sistema lingüístico, o seu funcionamento e relaciónsbloque 3: Coñecemento da lingua

A dimensión social e cultural da lingua estranxeira bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

Bloque 1: Escoitar, falar e conversar

Nesta etapa dáselle unha importancia relevante á comunicación oral. Por esa razón o primeiro bloque céntrase en fomentar no alumnado a capacidade para interactuar nestas situacións, incidindo na importancia de que o modelo lingüístico oral de referencia proveña dun variado número de falantes, co fin de recoller as variacións e os matices. De aí a forte presenza no currículo do uso dos medios audiovisuais convencionais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Bloque 2: Ler e escribir

Este bloque incorpora os procedementos necesarios para desenvolver a competencia discursiva no uso escrito.

Bloque 3: Coñecemento da lingua

Permite a elaboración dun sistema conceptual cada vez máis complexo acerca do funcionamento da lingua, a través da observación das manifestacións orais e escritas da lingua que se está aprendendo e do seu uso en situacións de comunicación. O punto de partida serán as situacións de uso que favorezan a inferencia de regras de funcionamento da lingua e que permitan que o alumnado estabeleza os elementos da lingua estranxeira que se comportan coma nas linguas que coñecen. Do mesmo xeito, terán que estabelecer estratexias que lles permitan progresar nas súas aprendizaxes, co obxectivo de que afiancen as súas propias capacidades.

Bloque 4: Aspectos socioculturais e conciencia intercultural

22

Os contidos deste bloque contribúen a que o alumnado coñeza os costumes, formas de relación social, trazos e particularidades dos países nos que se fala a lingua estranxeira.

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR

- Audición e comprensión de breves mensaxes orais relacionadas coas actividades da aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos.

- Anticipación do contido xeral do que se escoita con apoio de elementos verbais e non verbais.

- Obtención de información especifica de textos orais sobre diferentes nacionalidades, rutinas, unha páxina web para adolescentes, a descrición dun animal, planificar as comidas, unha conversación sobre un pedido a un restaurante, as regras do baloncesto, roupa, plans de futuro, etc.

- Uso de estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación.

- Produción de textos orais curtos, con estrutura lóxica e con pronuncia adecuada. - Participación en conversacións breves e sinxelas dentro da aula e en simulacións

relacionadas cos saúdos e as presentacións, intercambios de información persoal, intereses e gustos persoais, actividades habituais e en curso, comidas, habilidades, obrigacións e prohibicións, accións pasadas, plans de futuro, etc.

- Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

- Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, facendo uso de elementos verbais e non verbais para expresarse oralmente en actividades de parella e en grupo: demanda de repetición e aclaración entre outras.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

- Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. - Comprensión xeral e identificación de informacións específicas en diferentes textos

sinxelos, auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre coleccionistas de postais, a familia Jolie-Pitt, a xeografía europea, o colexio en Xapón, unha páxina web para adolescentes, os diferentes modos de medición do tempo ao longo da Historia, a adopción de animais en perigo de extinción, a cadea alimentaria, vivendas diminutas, unha crítica dun libro, os distintos tipos de vivendas ao longo do mundo, unha guía de televisión, competicións tecnolóxicas, as antigas Olimpíadas, a historia de Londres, disfraces famosos, etc.

- Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia tales como historias ilustradas con fotografías, artigos de revistas, páxinas web, anuncios, correos electrónicos, diálogos, cancións, etc.

- Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto con axuda de elementos textuais e non textuais, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen.

- Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral.

- Mellora da expresión escrita de forma guiada, por exemplo, ordenando os elementos dunha frase, engadindo as maiúsculas e os signos de puntuación, utilizando

23

conxuncións e conectores de secuencia temporal en parágrafos sinxelos e corrixindo erros.

- Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. - Composición de textos curtos dando información persoal, describindo as actividades

favoritas de cinco amigos, elaborando unha adiviña, a descrición dunha fotografía ou debuxo, unha crítica gastronómica, a descrición da propia cidade e escribindo normas e regras. Utilizaranse elementos básicos de cohesión, con diversas intencións comunicativas, a partir de modelos e utilizando as estratexias máis elementais co proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión).

- Uso da orde correcta das palabras nas frases, as maiúsculas, os signos de puntuación, as conxuncións e os conectores de secuencia e recoñecemento da súa importancia nas comunicacións escritas.

- Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos - Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario - Relacionado cos temas tratados: números e cores, días e meses, material escolar,

países, nacionalidades e membros da familia, rutinas e actividades de tempo libre, animais e partes do corpo, cuartos da casa, móbeis e tarefas do fogar, comida, bebida e sentimentos, deportes e verbos de acción, lugares do barrio e preposicións de lugar, roupa e adxectivos, medios de transporte e xeografía, partes do corpo, natureza e móbeis.

- Fórmulas e expresións correspondentes ás funcións e temas tratados no curso.

Estrutura e funcións da lingua - Uso da linguaxe que se utiliza na clase: instrucións e preguntas. O verbo to be; as

partículas interrogativas (unidade de introdución). - Saúdos e presentacións. Intercambio de información persoal. Have got; os pronomes

posesivos; uso das maiúsculas (unidade 1). - Expresión de rutinas e de accións. O Present Simple, os adverbios de frecuencia e as

expresións temporais que o acompañan; o xenitivo saxón (unidade 2). - Intercambio de información e descricións. O Present Simple en afirmativa e

interrogativa; uso correcto da puntuación (unidade 3). - Expresión de accións en curso e descricións. O Present Continuous e as expresións

temporais que o acompañan; contraste entre o Present Simple e o Present Continuous; a orde de palabras na frase (unidade 4).

- Expresión de gustos e preferencias. Fórmulas para pedir comida. There is / there are; os nomes contábeis e non contábeis; a, an, some, any; a orde dos adxectivos na frase (unidade 5).

- Expresión de habilidade, obrigación e prohibición. Can; must / mustn’t; adverbios de modo e de intensidade. As conxuncións and, but e because (unidade 6).

- Narración de accións pasadas. O verbo to be en pasado e as expresións temporais que o acompañan; there was / there were; as normas de puntuación (unidade 7).

24

- Narración de accións pasadas. O Past Simple e as expresións temporais que o acompañan; os pronomes demostrativos; os conectores de secuencia first, then, next e finally (unidade 8).

- Expresión de plans futuros e intencións. O futuro con be going to e as expresións temporais que o acompañan; o Present Continuous con valor de futuro; os erros nos textos escritos (unidade 9).

Fonética

- Pronuncia de sons de especial dificultade: /i:/ /I/ (unidade 1). - Pronuncia da terminación dos verbos na 3ª persoa singular do presente:

/s/, /z/ e /iz/ (unidade 2). - A entoación das oracións: o ritmo (unidade 3). - Pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous (unidade 4). - Pronuncia da forma débil de some (unidade 5). - Pronuncia da forma débil can (unidade 6). - Pronuncia das formas débiles de was e were (unidade 7). - Pronuncia da terminación ed dos verbos regulares en pasado: /d/, /t/ e /id/

(unidade 8). - A acentuación das palabras (unidade 9).

Reflexión sobre a aprendizaxe:

- Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. - Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de consulta,

bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. - Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. - Iniciación en estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e

escritas. - Aceptación do erro como algo natural sobre o que reflexionar para avanzar no proceso

de aprendizaxe, a través de todas as actividades de autocorrección do texto (comprobacións mediante actividades de audición) e das seccións Check Your Progress de cada unidade do Woorkbook.

- Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. - Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e

fóra da mesma. - Participación activa en tarefas e traballos en grupo. - Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

- Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas.

Cada lingua leva aparellados uns patróns de comportamento culturais e lingüísticos e nós incluímolos de forma implícita en cada situación de comunicación oral ou escrita. Deste xeito os patróns que o alumnado ha de producir seguirán os modelos que foron presentados.

25

- Identificación de costumes e trazos da vida cotiá doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira.

Potenciamos no alumnado a capacidade de recoñecer os costumes e trazos da vida cotiá presentados explícita ou implicitamente nos textos, tales como as rutinas escolares dos adolescentes xaponeses, excursións co colexio, sitios preferidos para pasar as vacacións de verán, etc.

- Uso de fórmulas de cortesía adecuadas nos intercambios sociais.

A través dos contidos socioculturais, preténdese mellorar no alumnado a capacidade de usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados en consonancia coas seguintes situacións de comunicación e funcións lingüísticas: preguntar na clase, saudar, presentarse, intercambiar información persoal, falar dos intereses propios e dos horarios da clases, expresar gustos e preferencias, intercambiar información sobre accións habituais, expresar habilidade, obrigación e prohibición, falar de plans no futuro, etc.

- Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos doutros países, obtendo a información por diferentes medios, entre eles Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

Nas seccións Culture e Cross-Curricular Focus presentámoslle ao alumnado aspectos socioculturais doutros países e involucrámolo en situacións de comunicación significativas nas que teñen que reflexionar sobre estes aspectos.

Estes coñecementos desenvólvense a través dos diferentes tipos de mensaxes escritas tales como historias ilustradas con fotografías, artigos de revista ou de Internet, folletos informativos, letras de cancións, etc.

Neste punto pretendemos que o alumnado desenvolva a capacidade de utilizar Internet, Class Audio CD e Welcome to Britain DVD como ferramentas de aprendizaxe en calquera contexto, dentro ou fóra da aula, para ampliar os seus coñecementos sobre os países de fala inglesa.

- Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Este interese fomentámolo a través de actividades guiadas orais e escritas, co fin de lograr que os alumnos/as poidan alcanzar certa autonomía para comunicarse con outras persoas en inglés, tanto dentro coma fóra da aula.

- Valoración do enriquecemento persoal a través da relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Neste punto preténdese que desenvolvan a capacidade de: mostrar aprecio polas visións culturais distintas á propia presentadas nas unidades; mostrar respecto cara aos valores e comportamentos dos que se ten noticia a través da lectura e da audición.

26

O contacto con adolescentes doutras culturas como a inglesa, os seus diferentes hábitos, os seus gustos e intereses en canto a música, deporte, preferencias para o lecer, sentimentos, etc., enriquece a visión que os nosos alumnos/as teñen do mundo que os rodea, e permítelles ampliar fronteiras comparando as súas propias experiencias coas da xuventude doutros países.

27

6. Secuenciación dos contidos das unidades

UNIDADE DE INTRODUCIÓN

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo varias palabras e frases relacionadas coa linguaxe da clase.

Expresar e interactuar utilizando a linguaxe que se utiliza na clase. Identificar e pronunciar correctamente os números naturais e ordinais, as cores, os

días e meses e os obxectos da clase. Utilizar a linguaxe da clase: instrucións e preguntas. Saudar e presentarse.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da

aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Debate do tema da unidade na clase. Uso dunha linguaxe da clase adecuada para as diferentes finalidades. Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos

compañeiros/as nas actividades da aula.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Desenvolvemento de forma guiada da expresión escrita: relacionando o vocabulario

coas ilustracións correspondentes, identificando os números e relacionándoos coa súa grafía e co ordinal correspondente, ordenando os meses cronoloxicamente, relacionando a linguaxe da clase coas ilustracións, etc.

Uso das regras básicas de ortografía e da puntuación; recoñecemento da súa importancia nas comunicacións escritas.

Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Os números: números naturais e ordinais. As cores. Os días da semana e os meses do ano. Obxectos da clase. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

28

Estrutura e funcións da lingua Uso da linguaxe da clase: instrucións e preguntas.

Fonética Recoñecemento dos patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación do

vocabulario estudado e da linguaxe da clase: imperativos e preguntas.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais adecuadas a

distintas intencións comunicativas. Iniciación de estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e

escritas. Confianza e iniciativa para usar a linguaxe aprendida na clase. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula. Identificación dos costumes e trazos da vida cotiá doutros países. Valoración do enriquecemento persoal derivado da relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais sobre as instrucións e preguntas máis frecuentes utilizadas na clase.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés como: pronuncia adecuada da linguaxe da clase, preguntas, pronuncia do léxico repasado en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística:

- Vocabulary, páxs. 4 e 5: vocabulario relacionado cos números, as cores, os meses, os días da semana e o material escolar.

- Grammar, páx. 6: uso do Present Simple do verbo to be e das partículas interrogativas.

- Speaking, páx. 6: uso de instrucións e preguntas para interaccionar na aula co profesor/a e cos compañeiros.

Competencia matemática:

- Vocabulary, páx. 4: os números naturais e ordinais en inglés (ata o cen).

29

Competencia social e cidadá:

- Grammar, páx. 6: respecto polo uso da linguaxe apropiada na clase; importancia dunha actitude respectuosa cara ao profesor/a, aos compañeiros/as e ás rutinas da clase.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Temas interdisciplinarios

Lingua e literatura: - Instrucións e preguntas típicas que se usan na linguaxe da clase.

Matemáticas: - Os números naturais e os ordinais (ata o cen).

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - A importancia de manter unha actitude de respecto cara ao profesor/a e cara

aos compañeiros/as da clase. - Aprendizaxe e respecto ante as quendas para tomar a palabra, dentro e fóra da

aula.

30

UNIDADE 1: People

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo diálogos nos que se pide e se facilita información persoal.

Saudar e presentarse. Intercambiar información persoal. Ler de forma comprensiva e autónoma textos curtos sobre un páxina web, un artigo

de revista sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos. Escribir un parágrafo cos seus datos persoais, prestando atención ao uso das

maiúsculas na oración. Utilizar correctamente os pronomes posesivos. Utilizar correctamente o verbo to be. Identificar e producir sons de especial dificultade: /i:/ /I/.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da

aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dun texto sobre coleccionistas de postais, co

fin de contestar preguntas de comprensión e de verdadeiro ou falso. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do

significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre países e nacionalidades e sobre os membros da familia, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para intercambiar información persoal.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes intercambian información persoal, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

31

Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre o coleccionismo de postais, un artigo de revista sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos, con información visual, para elixir a resposta correcta e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, co fin de corrixir estas últimas e responder as preguntas de comprensión dadas.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Lectura dun mapa de Europa para extraer información sobre diferentes países, a súa moeda, poboación e lingua e responder as preguntas dadas.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, mediante o uso dos coñecementos previos, a inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha ficha e identificando as maiúsculas na oración.

Composición dun texto curto con información persoal a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e prestando atención ao uso das maiúsculas na oración.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre

familias numerosas, para identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas e para responder preguntas de comprensión.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Composición de frases con información persoal.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Países e nacionalidades. A familia. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Os pronomes posesivos. Verbo have got (afirmativa, negativa e interrogativa e as respostas breves). As partículas interrogativas. Uso das maiúsculas na oración. Saúdos e presentacións. Intercambio de información persoal.

32

Fonética Pronuncia de sons de especial dificultade /i:/ /I/.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do verbo have got e sobre o uso das

maiúsculas na oración. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude

positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación dos costumes e trazos da vida cotiá doutros países e culturas. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para saudar, presentarse e intercambiar

información persoal. Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos de varios países europeos,

obtendo información por diferentes medios: - Mapa de Europa. - A familia real inglesa. - Os diferentes países que forman Europa, a súa poboación, capital, lingua,

bandeira e moeda nacional. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais.

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (saúdos, presentacións e intercambios de información), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre os coleccionistas de selos e a familia Jolie-Pitt.

33

4.-Redactar un texto breve con información persoal, respectando o uso correcto das maiúsculas nas oracións.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso dos pronomes posesivos, o verbo have got, o uso das maiúsculas na oración, a pronuncia de sons de especial dificultade, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, coma o Reino Unido, así como outros países europeos e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística:

- Vocabulary, páxs. 8 e 13 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: vocabulario relacionado cos distintos países e nacionalidades e coa familia.

- Reading, páxs. 10 e 15 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: comprensión escrita dun texto sobre coleccionistas de selos, outro sobre a familia Jolie-Pitt e un cadro informativo sobre os países europeos.

- Grammar, páx. 11 e Grammar Build Up, páx. 12: comunicarse empregando os pronomes posesivos, o verbo have got (afirmativa, negativa e interrogativa e as respostas breves) e o correcto uso das maiúsculas na oración.

- Listening, páxs. 9 e 14: comprensión dunha conversación onde se intercambia información persoal.

- Speaking, páxs. 9 e 14 e My Portfolio, páx. 17: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para efectuar saúdos e presentacións e intercambiar información persoal.

- Pronunciation, páx. 14: pronuncia de sons de especial dificultade: /i:/ /I/ - Writing, páx. 15 e My Portfolio, páx. 17: expresión escrita dun parágrafo

descritivo e un cadro con información persoal.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 15: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Cross-Curricular Focus, páx. 16: actitude crítica ante a información sobre

diferentes aspectos da cultura doutros países europeos. - Speaking, páxs. 9 e 14, My Portfolio, páx. 17: respecto polas normas de

conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

Competencia social e cidadá: - Cross-Curricular Focus, páx. 16: comprensión das diferenzas xeográficas

entre os distintos países europeos.

34

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións que se dan na aula.

Competencia cultural e artística: - Cross-Curricular Focus, páx. 16 e Culture, páx. 15: interese por coñecer o

patrimonio cultural e artístico doutras culturas e países, con especial atención a Europa e ao Reino Unido.

Competencia para aprender a aprender: Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e ser

consciente das propias capacidades e coñecemento a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 10, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 14 e 15, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 9 e 14, Writing, páx. 15 e My Portfolio, páx. 17: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Reading, páxs. 10 e 13, Listenings, páxs. 9 e 14, Culture, páx. 15 e Cross-Curricular Focus, páx. 16: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

- Writing, páx. 15: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 17: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Ciencias sociais, xeografía e historia: - Europa: os países que a conforman, as súas capitais, a súa lingua, a súa

bandeira e moeda nacional. - Diferentes países, nacionalidades e as súas linguas. - A familia real inglesa.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre as diferenzas xeográficas e culturais dos distintos países

europeos.

Lingua e literatura: - Os pronomes posesivos. - O verbo have got en afirmativa, negativa e interrogativa. - O uso das maiúsculas no inglés. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

35

UNIDADE 2: My Day

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo unha serie de conversacións onde se expresan rutinas e accións habituais.

Intercambiar información persoal. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto sobre a escolarización en Xapón, un

e-mail sobre un sitio web dirixido a adolescentes e un texto sobre os distintos métodos de medición do tempo ao longo da Historia.

Escribir un informe sobre cinco amigos e as súas actividades favoritas a partir dun modelo dado, seguindo o esquema elaborado e prestando atención ao uso correcto das preposicións temporais.

Utilizar correctamente a forma afirmativa do Present Simple. Utilizar correctamente os adverbios de frecuencia. Utilizar correctamente o xenitivo saxón. Identificar e producir o son /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas co vocabulario da

unidade: rutinas e accións habituais. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dunha conversación sobre unha páxina web

para adolescentes, co fin de contestar preguntas de comprensión. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade relacionado con

rutinas e actividades habituais, para relacionalo coas fotografías ou debuxos correspondentes e clasificalo correctamente.

Participación en breves e sinxelas conversacións co compañeiro/a para pescudar sobre as súas rutinas e actividades habituais, utilizando expresións útiles.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes intercambian información sobre rutinas persoais, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

Identificar e producir o son /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés.

36

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos

sobre a escolarización en Xapón, un e-mail sobre un sitio web dirixido a adolescentes e un texto sobre os distintos métodos de medición do tempo ao longo da Historia, para elixir a resposta correcta e identificar se as afirmacións que se dan son verdadeiras ou falsas, co fin de corrixir estas últimas e responder as preguntas de comprensión dadas.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección Speaking e Writing do Workbook.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención ao emprego das preposicións temporais, identificando os erros e completando unha táboa cos datos de cinco amigos e as súas actividades favoritas.

Composición dun texto curto sobre cinco amigos a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación.

Uso correcto das preposicións de tempo para escribir oracións correctas; recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre a

vida nun internado, para elixir a información adecuada e responder unhas preguntas de comprensión.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés, completando os espazos en branco do exercicio.

Produción de frases dando información sobre as propias rutinas. Práctica do uso do xenitivo saxón e da orde correcta dos adverbios de frecuencia na

oración.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Actividades que se realizan habitualmente. Rutinas. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

37

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Uso das preposicións de tempo. Os artigos: a, an, some e the. Os adverbios de frecuencia. Xenitivo saxón. Intercambio de información persoal. Expresión de rutinas.

Fonética A pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

relación do vocabulario coa súa representación visual ou cos símbolos dados, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Simple en afirmativa, o

xenitivo saxón, os adverbios de frecuencia e sobre o uso das preposicións de tempo na oración.

Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas:

- Rutina escolar dos estudantes xaponeses. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para intercambiar información persoal e falar

sobre as rutinas e actividades habituais. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais con información persoal, sobre as rutinas e sobre as actividades habituais.

38

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (intercambios de información sobre rutinas persoais e as actividades que facemos habitualmente), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre a vida escolar en Xapón, unha páxina web dirixida a usuarios adolescentes e sobre os distintos modos de medir o tempo ao longo da Historia.

4.-Redactar un texto breve con información sobre cinco amigos poñendo especial atención no correcto uso das preposicións de tempo.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso do xenitivo saxón, os adverbios de frecuencia, o Present Simple en afirmativa, a pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios doutros países e culturas.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística:

- Vocabulary, páxs. 18 e 23: vocabulario relacionado coas rutinas e coas actividades habituais.

- Reading, páxs. 20 e 23 e Cross-Curricular Focus, páx. 26: comprensión escrita dun texto sobre as rutinas escolares en Xapón, outro sobre unha páxina web dirixida a usuarios adolescentes e outro sobre os distintos mecanismos para medir o tempo ao longo da Historia.

- Grammar, páx. 21 e Grammar Build Up, páx. 22: comunicarse empregando o Present Simple en afirmativa, os adverbios de frecuencia e o xenitivo saxón.

- Listening, páxs. 19 e 24: comprensión de dúas conversacións. - Speaking, páxs. 19 e 24 e My Portfolio, páx. 27: participación en

conversacións e simulacións co compañeiro/a para describir as rutinas e actividades habituais propias e falar do animal favorito.

- Pronunciation, páx. 24: pronuncia dos sons /s/, /z/ e /iz/ das terminacións verbais en inglés.

- Writing, páx. 25 e My Portfolio, páx. 27: expresión escrita dun parágrafo descritivo con información sobre as actividades favoritas de cinco amigos e elaboración dun cadro con información sobre as actividades da semana.

Competencia matemática: - Writing, páx. 25 e Culture, páx. 19: lectura e interpretación de gráficos e

fórmulas horarias.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico:

39

- Cross-Curricular Focus, páx. 26: coñecemento dos distintos métodos de medición do tempo ao longo de distintos períodos históricos.

Tratamento da información e competencia dixital: - Reading, páx. 23: familiarización cos novos formatos dixitais de transmisión

da información: e-mail. - Writing, páx. 25: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 19 e 24, My Portfolio, páx. 27: respecto polas normas de

conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 20: interese polas diferenzas culturais e de comportamento cos

estudantes xaponeses. - Culture, páx. 19: interese polas diferenzas horarias nos distintos países. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as

interaccións na aula.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 18, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 22 e 23, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 19 e 24, Writing, páx. 25 e My Portfolio, páx. 27: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Reading, páxs. 20 e 23, Cross-Curricular Focus, páx. 26 e Culture, páx. 19: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

- Writing, páx. 25: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 27: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Ciencias sociais, xeografía e historia: - O tempo: diferentes métodos de medición temporal ao longo da historia.

Lingua e literatura: - As preposicións de tempo. - Os adverbios de modo. - O Presente Simple en afirmativa. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

40

Matemáticas: - Lectura e interpretación de gráficos.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Reflexión sobre as diferenzas xeográficas e culturais con outros países, en

particular Xapón.

UNIDADE 3: Animal World

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo a descrición de varios animais e unha conversación sobre un traballo de bioloxía.

Intercambiar información. Falar sobre os animais. Ler de forma comprensiva e autónoma un anuncio sobre a adopción de animais de

especies en perigo de extinción, un artigo de revista sobre un animal coñecido como zorse, metade cebra, metade cabalo e un cadro sobre a cadea alimentaria.

Escribir unha adiviña onde se describa un animal en concreto, poñendo especial atención no correcto uso da puntuación.

Utilizar correctamente o Present Simple nas súas formas negativa e interrogativa. Utilizar correctamente a entoación das oracións: o ritmo.

Contidos

41

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de breves mensaxes orais relacionadas co vocabulario da

unidade: animais e partes do corpo. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre os

animais e a partes do corpo, para relacionalo coas fotografías ou debuxos correspondentes e clasificalo correctamente.

Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a, para intercambiar información en xeral e en particular, sobre as mascotas e animais, utilizando expresións útiles.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook.

Uso do modelo de diálogo proposto sobre os animais de compañía, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

Práctica da entoación das oracións: o ritmo.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun anuncio sobre a

adopción de animais de especies en perigo de extinción, un artigo de revista sobre un animal coñecido como zorse, metade cebra, metade cabalo e un cadro sobre a cadea alimentaria, para completar as oracións, corrixir erros e responder as preguntas de comprensión dadas.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na sección Speaking e Writing do Workbook.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención á corrección da puntuación, identificando os erros e completando unha táboa coas características máis significativas dun animal concreto.

Composición dunha adiviña sobre un animal a partir dun modelo dado, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación.

Uso correcto da puntuación en inglés para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

42

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo sobre un

cabalo coxo e cunha perna ortopédica, para elixir a información adecuada e responder preguntas de comprensión.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés, completando os espazos en branco do exercicio.

Práctica das formas negativa e interrogativa do Present Simple.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Animais e partes do corpo. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Formas interrogativa e negativa do Present Simple. Descrición dun animal.

Fonética A entoación das oracións: o ritmo.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

relación do vocabulario coa súa representación visual, uso das familias de palabras, discriminación do vocabulario segundo diferentes categorías, etc.

Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Simple nas súas formas negativa e interrogativa e sobre a puntuación nos textos escritos.

Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Participación activa na clase. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook:

43

Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da unidade.

Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL

Recoñecemento e valoración do uso da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula e con persoas doutras culturas.

Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para intercambiar información, manter unha conversación e describir un animal en detalle.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais onde varias persoas están pedindo comida por Internet, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais.

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (intercambio de información sobre animais e mascotas), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, , con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre a adopción de animais de especies en perigo de extinción, sobre un curioso animal chamado zorse e a natureza e descrición da cadea alimentaria.

4.-Redactar un texto breve consistente nunha adiviña sobre un animal concreto, poñendo especial atención na puntuación.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso das formas negativa e interrogativa do Present Simple en diferentes contextos de comunicación), como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para producir diálogos a partir de modelos dados e estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 28 e 33: vocabulario relacionado cos animais e coas partes

do corpo.

44

- Reading, páxs. 30 e 33 e Cross-Curricular Focus, páx. 36: comprensión escrita dun texto sobre a adopción de animais en perigo de extinción, sobre un híbrido entre cabalo e cebra e sobre as cadeas alimentarias.

- Grammar, páx. 31 e Grammar Build Up, páx. 32: comunicarse utilizando o Present Simple nas súas formas afirmativa e interrogativa.

- Listening, páxs. 29 e 34: comprensión dunha descrición dun animal e dunha conversación sobre un traballo de bioloxía.

- Speaking, páxs. 29 e 34 e My Portfolio, páx. 37: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para describir animais e práctica de pronuncia.

- Pronunciation, páx. 34: a entoación das oracións: o ritmo. - Writing, páx. 35: expresión escrita dunha adiviña sobre un animal concreto.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 35: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 29 e 34 e My Portfolio, páx. 37: respecto polas normas de

conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 30: interese pola situación das especies animais en perigo de

extinción. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as

interaccións na aula.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 26, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 30 e 31, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 29 e 34, Writing, páx. 35 e My Portfolio, páx.37: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Writing, páx. 35: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 36: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Ciencias da natureza: - As especies animais en perigo de extinción e a importancia de levar a cabo

accións dirixidas á súa conservación. - A pirámide dos alimentos.

45

Lingua e literatura: - Present Simple en afirmativa e negativa - A puntuación en inglés. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos:

- Reflexión sobre a situación das especies animais en perigo de extinción e a necesidade de evitalo.

46

UNIDADE 4: At Home

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo un diálogo sobre as actividades domésticas. Expresar plans futuros e intencións. Falar sobre as actividades ou tarefas domésticas. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo sobre casas ecolóxicas diminutas,

unha crítica dun libro e dun cadro, con información sobre distintos tipos de vivendas ao longo do mundo.

Escribir unha descrición dun debuxo ou fotografía prestando atención á orde suxeito-verbo na oración.

Utilizar correctamente o Present Continuous e comparalo e diferencialo do Present Simple.

Pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da

aula: instrucións, preguntas, comentarios, diálogos. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dun texto sobre casas ecolóxicas e dunha

crítica literaria, para contestar varias preguntas de comprensión. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do

significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre elementos e cuartos da casa e tarefas do fogar, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente.

Produción de textos orais curtos, coa pronuncia adecuada. Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e

diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook. Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para investigar

que actividades realiza na súa casa e sobre os distintos tipos de vivenda, utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes falan sobre as rutinas domésticas, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

Práctica da pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous.

47

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de artigos sobre

pequenas casas ecolóxicas, unha crítica literaria e un cadro sobre os distintos tipos de vivendas ao longo do mundo, para clasificar unha serie de afirmacións en verdadeiras ou falsas, elixir as respostas correctas e responder as preguntas de comprensión dadas.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, colocando unhas oracións na orde correcta e buscando a información requirida.

Composición dun texto descritivo sobre unha fotografía ou un debuxo a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: a orde suxeito-verbo.

Uso da orde dos adxectivos para escribir oracións correctas, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre

casas subterráneas, para responder preguntas de verdadeiro e falso e para completar unhas frases.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés. Produción de frases.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Elementos e cuartos da casa. Actividades domésticas Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua

48

Present Continuous (afirmativa, negativa, interrogativa, respostas breves e expresións temporais): comparación e diferenciación do Present Simple.

Expresar plans futuros e intencións. A orde suxeito-verbo na oración.

Fonética Terminación ing dos verbos en Present Continuous.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Present Continuous, as expresións

temporais que o acompañan e sobre a orde suxeito-verbo na oración; contraste entre o Present Simple e o Present Continuous

Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas:

- Disposición dos elementos e móbeis das casas xaponesas. - Información sobre os distintos tipos de vivendas ao longo do mundo. - Coñecemento de casas emblemáticas: o Vaticano, A Casa Branca, o Palacio de

Buckingham e o nº 10 de Downing Street. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de plans. Coñecemento dalgúns datos sobre o Reino Unido, coma o nome da residencia

oficial do seu Primeiro Ministro e da Raíña de Inglaterra Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

49

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais nos que se fala dos elementos e cuartos da casa e das actividades domésticas.

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: falar sobre plans futuros e actividades ou tarefas domésticas, corrección de información falsa, descrición dun debuxo e falar sobre os distintos tipos de vivendas no propio país, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre casas ecolóxicas, o contido dun libro xuvenil de misterio e os distintos tipos de vivendas ao longo do mundo. 4.-Redactar un texto breve describindo unha fotografía ou un debuxo, respectando a orde suxeito-verbo nas oracións.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso do Present Continuous e as súas diferenzas co Present Simple, as expresións temporais, a pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu propio progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios doutros países e culturas, coma o Reino Unido e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 42 e 47: vocabulario relacionado cos elementos e os cuartos

da casa e coas distintas actividades ou tarefas domésticas. - Reading, páxs. 44 e 47 e Cross-Curricular Focus, páx. 50: comprensión

escrita dun texto sobre pequenas casas ecolóxicas e sobre un libro xuvenil de misterio, así como un cadro sobre os distintos tipos de casas ao longo do mundo.

- Grammar, páx. 45 e Grammar Build Up, páx. 46: comunicarse utilizando o Present Continuous e diferenzas co Present Simple.

- Listening, páxs. 43 e 48: comprensión dunha conversación telefónica entre varios amigos e outra sobre as actividades domésticas.

- Speaking, páxs. 43 e 48 e My Portfolio, páx. 51: participación en conversacións co compañeiro/a participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para falar de plans futuros e intercambiar información sobre as actividades domésticas e práctica de pronuncia.

- Pronuntiation, páx. 48: pronuncia da terminación ing dos verbos en Present Continuous.

- Writting, páx. 49: expresión escrita dun parágrafo descritivo sobre un debuxo ou fotografía.

50

Competencia matemática: - Culture, páx. 43: comprender e aplicar un código lóxico baseado en imaxes

simbólicas.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 49: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 43 e 48 e My Portfolio, páx. 51: respecto polas normas de

conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 44 e Cross-Curricular Focus, páx. 50: interese polas vivendas

que respectan o medio ambiente e polos modos de vida e tipos de vivenda doutros países e culturas.

- Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia cultural e artística: - Reading, páx. 44 e 47, Culture, páx. 43 e Cross-Curricular Focus, páx. 50:

interese por coñecer as vivendas que respectan o medio ambiente, os distintos tipos de vivenda do mundo, as especificidades dos fogares xaponeses e a literatura xuvenil de misterio.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 34, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 38 e 39, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 43 e 48, Writing, páx. 49 e My Portfolio, páx. 51: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Writing, páx. 49: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 36: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Ciencias sociais, xeografía e historia: - A xeografía de Londres. - A xeografía do Reino Unido. - Lugares de interese histórico e turístico no Reino Unido.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos:

51

- Reflexión sobre as vivendas ecolóxicas. - Respecto polos plans dos demais.

Lingua e literatura: - O Present Continuous. - Falar e facer plans futuros. - A corrección de erros nun texto escrito. - A orde suxeito-verbo na oración. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

UNIDADE 5: Food and drink

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo unha conversación sobre a preparación da comida e outra sobre o menú dun restaurante.

Falar sobre gustos e preferencias. Utilizar fórmulas para pedir comida. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo de revista sobre os distintos modos

de servir e de comer as patacas fritidas en diferentes países, o resumo dunha guía de televisión dun programa sobre hábitos saudábeis na alimentación e información sobre a pirámide alimenticia.

Escribir unha crítica gastronómica sobre o restaurante favorito, prestando especial atención á orde dos adxectivos na oración.

Utilizar correctamente a, an, some, any e there is / there are. Identificar e producir a forma débil de some (unidade 5).

Contidos

52

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas coas actividades da

aula e co vocabulario da unidade: comida, bebida e os sentimentos e/ou estados de ánimo.

Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e non verbais.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre comida, bebida e sentimentos e/ou estados de ánimo, para relacionalo coas fotografías e debuxos correspondentes e clasificalo correctamente.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para falar dos gustos e hábitos alimenticios e pedir comida nun restaurante, utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde se intercambia información sobre os seus gustos alimenticios, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

Práctica da pronuncia da forma débil de some (unidade 5).

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo de

revista sobre os distintos modos de servir e de comer as patacas fritidas en diferentes países, o resumo dunha guía de televisión dun programa sobre hábitos saudábeis na alimentación e información sobre a pirámide alimenticia, para contestar as preguntas de comprensión dadas.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral na seccións Speaking e Writing do Workbook.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención á orde dos adxectivos na oración e completando unha táboa coas características máis significativas do restaurante elixido.

Composición dun texto curto sobre o restaurante favorito, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: a orde dos adxectivos na oración.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook:

53

Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto sobre a alimentación a base de insectos, para contestar unhas preguntas de comprensión e identificar se unhas afirmacións dadas son verdadeiras ou falsas.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Práctica do vocabulario da unidade e a, an, some, any e there is / there are.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Comida e bebida. Sentimentos e/ou estados de ánimo. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua A, an, some, any e there is / there are. Nomes contábeis e incontábeis. Expresar estados de ánimo e/ou sentimentos. Fórmulas para pedir comida. Orde dos adxectivos na oración

Fonética A pronuncia da forma débil de some.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado dos nomes contábeis e incontábeis, así

como de a, an, some, any e there is / there are. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude

positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

54

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas:

- As diferentes formas de preparar as patacas fritidas nos distintos países. Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para pedir comida e manter unha

conversación. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais con información sobre pratos, preferencias e/ou gustos gastronómicos e fórmulas para interpretar unha carta nun restaurante e pedir a comida desexada.

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (pedir comida, falar sobre os pratos favoritos), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre as distintas formas de servir e de comer as patacas fritidas en diferentes países, o resumo dunha guía de televisión dun programa sobre hábitos saudábeis na alimentación e información sobre a pirámide alimenticia.

4.-Redactar un texto breve consistente nunha crítica sobre o restaurante favorito. 5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso dos

nomes contábeis e incontábeis, There is / There are, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística. - Vocabulary, páxs. 52 e 57: vocabulario relacionado coa comida, a bebida e os

estados de ánimo. - Reading, páxs. 54 e 57 e Cross-Curricular Focus, páx. 60: comprensión

escrita dun texto sobre as distintas formas de servir e de comer as patacas fritidas en diferentes países, do resumo dunha guía de televisión dun programa sobre hábitos saudábeis na alimentación e dun cadro con información sobre a pirámide alimenticia.

- Grammar, Páx. 55 e Grammar Build Up, páx. 56: comunicarse utilizando os nomes contábeis e incontábeis, There is / There are e a, an, some, any.

55

- Listening, páxs. 53 e 58: comprensión dunha conversación sobre tipos de comida e outra sobre un pedido nun restaurante.

- Speaking, páxs. 53 e 58, Pronuntiation, páx. 58 e My Portfolio, páx. 61: participación en conversacións e simulacións co compañeiro para expresar as preferencias gastronómicas, falar dos hábitos alimenticios discutir o menú dun restaurante, así como práctica do inglés en situacións reais (pedir comida) e práctica de pronuncia.

- Writing, páx. 67: expresión escrita dun parágrafo sobre o restaurante favorito.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: - Vocabulary, páxs. 52 e 57, Health, páx. 53, Reading, páx. 57, Cross-

Curricular Focus, páx. 60: coñecemento dos distintos tipos de alimentos, duns hábitos alimentarios máis adecuados para a saúde, así como da cadea alimentaria para conseguir unha alimentación máis saudábel e equilibrada.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 59: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Speaking, páxs. 53 e 58 e My Portfolio, páx. 61: respecto polas normas de

conduta en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase ao usar a información e as súas fontes.

Competencia cultural e artística: - Reading, páx. 54 e Culture, páx. 59: interese por coñecer as distintas

especialidades gastronómicas nacionais, en particular os diferentes xeitos de servir as patacas fritidas, e a orixe dunha serie de alimentos.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 42, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 46 e 47, e a sección Self-Evaluation, páx. 148, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 53 e 58, Writing, páx. 59 e My Portfolio, páx. 61: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Reading, páx. 54 e Culture, páx. 59: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

- Writing, páx. 59: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 61: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos:

56

- Respecto cara aos hábitos alimenticios doutras culturas e/ou países. - Respecto e interese polas fórmulas de cortesía empregadas á hora de realizar

un pedido nun restaurante.

Lingua e literatura: - Os substantivos contábeis e non contábeis. - A orde dos adxectivos na oración. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

57

UNIDADE 6: Sport

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo unha conversación duns adolescentes sobre deportes e outra sobre as regras do baloncesto.

Falar sobre a habilidade para practicar diversos deportes e sobre as regras do fútbol. Expresar obrigación e prohibición. Ler de forma comprensiva e autónoma un folleto sobre unha competición deportiva

entre robots, un artigo sobre unha competición deportiva celebrada en Semana Santa na localidade de Ashbourne, Inglaterra e coñecida como Shrovetide Football e un texto sobre as antigas Olimpíadas.

Escribir as normas dun deporte en particular, poñendo especial atención no correcto uso dos conectores de secuencia.

Utilizar correctamente can / can’t e must / mustn’t. Utilizar correctamente os adverbios de modo e de intensidade. Identificar e producir a entoación e os sons das formas débiles dos modais vistos na

unidade.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de breves mensaxes orais relacionadas co vocabulario e

cos obxectivos da unidade: deportes e verbos de acción. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dun diálogo entre dous adolescentes que falan

sobre deportes e outro sobre as regras do baloncesto. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: uso do contexto

verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema. Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre deportes e

verbos de acción, para relacionalo coas fotografías correspondentes, clasificalo correctamente e realizar outros exercicios de comprensión.

Produción de textos orais curtos, con estrutura lóxica e con pronuncia adecuada. Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para intercambiar

información sobre as propias habilidades deportivas, expresar obrigacións e prohibicións e falar sobre as regras dos deportes, utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes falan sobre as súas habilidades deportivas, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

Práctica da entoación e dos sons das formas débiles dos modais vistos na unidade; can / can’t e must / mustn’t.

58

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun folleto sobre

unha competición deportiva entre robots, un artigo sobre unha competición deportiva celebrada en Semana Santa na localidade de Ashbourne, Inglaterra e coñecida como Shrovetide Football e un texto sobre as antigas Olimpíadas, para contestar unhas preguntas de comprensión e localizar determinada información no texto.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e diferenciación da linguaxe oral nas seccións Speaking e Writing do Workbook.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, prestando especial atención ao emprego das conxuncións e completando unha táboa coas regras dun deporte concreto.

Composición dun texto curto no que escriban as normas dun deporte concreto, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación: os conectores de secuencia.

Uso adecuado da puntuación para escribir oracións e parágrafos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto

sobre as habilidades de Tyson, un can-actor, para completar un cadro cos seus datos e completar un encrucillado con información extraída do texto.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés, completando os espazos en branco do exercicio.

Práctica dos verbos modais estudados na unidade.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Deportes. Verbos de acción

59

Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas (ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Os adverbios de modo e de intensidade. As conxuncións. Falar sobre habilidade. Expresar obrigación e prohibición.

Fonética A entoación das formas débiles de can e must.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico. Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de

consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión guiada sobre o uso e o significado dos modais, dos adverbios de modo e

de intensidade e sobre as conxuncións. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude

positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas,

con especial atención a aqueles onde se fala a lingua estranxeira que se traballa na unidade:

- Celebración do día do Shrovetide Football na localidade de Ashbourbe, Inglaterra.

Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para expresar habilidades, obrigacións e prohibicións.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

60

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais onde uns adolescentes falan sobre deportes e sobre as regras do baloncesto.

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: expresar obrigacións e prohibicións, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre unha competición deportiva entre robots, un artigo sobre unha competición deportiva celebrada en Semana Santa na localidade de Ashbourne, Inglaterra e coñecida como Shrovetide Football e un texto sobre as antigas Olimpíadas.

4.-Redactar un texto breve no que se especifiquen as normas dun deporte concreto respectando o uso adecuado dos conectores de secuencia.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso dos adverbios de modo e intensidade, os modais can e must en diferentes contextos de comunicación), como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para obter información sobre organizacións e actuacións que favorecen o medio ambiente, mostrando interese polo seu uso.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística: - Vocabulary, páxs. 62 e 67: vocabulario relacionado co deporte e cos verbos de

acción. - Reading, páxs. 64 e 67 e Cross-Curricular Focus, páx. 70: comprensión

escrita dun folleto sobre unha competición robótica, un artigo deportivo sobre o Shrovetide Football e un texto sobre as antigas Olimpíadas.

- Grammar, páx. 65 e Grammar Build Up, páx. 66: comunicarse utilizando os verbos modais (can e must) e os adverbios de modo e de intensidade.

- Listening, páxs. 63 e 68: comprensión dunha conversación sobre deportes e outra sobre as regras do baloncesto.

- Speaking, páxs. 63 e 68 e My Portfolio, páx. 71: participación en conversacións e simulacións co compañeiro para expresar habilidades, prohibicións e obrigacións, así como práctica do inglés en situacións reais e práctica de pronuncia.

- Writing, páx. 69: expresión escrita das normas ou regras dun deporte concreto.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: - Vocabulary, páxs. 62 e 67, Reading, páxs. 64 e 67, Listening, páxs. 63 e 68,

Speaking, páxs. 63 e 68 e Cross-Curricular Focus, páx. 70: coñecemento dos

61

distintos tipos de actividades deportivas e interese pola historia das competicións deportivas.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 69: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Reading, páxs. 64 e 67 e Cross-Curricular Focus, páx. 70: actitude crítica ante

a información sobre diferentes aspectos relacionados co deporte. - Speaking, páxs. 63 e 68 e My Portfolio, páx. 71: respecto polas normas de

conduta na clase, en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

- Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel.

Competencia cultural e artística: - Sports, páx. 63 e 69, Reading, páx. 64 e 67, Cross-Curricular Focus, páx. 70:

interese por coñecer os distintos tipos de competicións deportivas e as orixes das Olimpíadas.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 50, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 54 e 55, e a sección Self-Evaluation, páx. 149, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 63 e 69, Writing, páx. 69 e My Portfolio, páx. 71: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- My Portfolio, páx. 71: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico

Temas interdisciplinarios

Educación física: - Coñecemento dos principais deportes e competicións, así como das súas

regras.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto polas preferencias deportivas doutras culturas ou persoas.

Lingua e literatura: - Os modais can e must. - Os adverbios de modo e de intensidade. - As conxuncións. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

62

UNIDADE 7: Around Town

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo unha conversación sobre a fin de semana e outra sobre os cambios na paisaxe urbana.

Falar sobre eventos pasados. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto dun álbum de recortes sobre unha

vila temática situada no salvaxe oeste, unha breve historia de misterio e un cadro sobre os diferentes períodos históricos que atravesou a cidade de Londres.

Escribir un parágrafo descritivo sobre a propia localidade, prestando atención ao uso correcto da puntuación.

Utilizar correctamente o pasado de to be e there was / there were. Identificar e producir o acento das palabras en inglés e as formas débiles de was /

were.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Debate do tema da unidade a partir dun concurso. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas co vocabulario da

unidade: lugares do barrio e preposicións de lugar. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dun texto dun álbum de recortes sobre unha

vila temática situada no salvaxe oeste, unha breve historia de misterio e un cadro sobre os diferentes períodos históricos que atravesou a cidade de Londres.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre lugares do barrio e preposicións de lugar, para relacionalo coas fotografías correspondentes e clasificalo correctamente.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para explicar en que sitios estivo o seu compañeiro/a nun momento determinado, contestar preguntas sobre un evento pasado e falar sobre os cambios e as diferenzas na paisaxe urbana despois de 10 anos, utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dous adolescentes falan sobre o que fixeron a fin de semana, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

63

Comprensión xeral e identificación de informacións específicas de textos sinxelos sobre unha vila temática situada no salvaxe oeste, unha breve historia de misterio e un cadro sobre os diferentes períodos históricos que atravesou a cidade de Londres, co fin de elixir a resposta correcta, responder as preguntas de comprensión dadas e corrixir erros.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, utilizando correctamente as regras de puntuación e contestando unha serie de preguntas.

Composición dun breve texto descritivo da propia localidade a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e de puntuación.

Uso adecuado das regras de puntuación para escribir correctamente, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto curto

sobre o museo viquingo de Yorvik situado na cidade de York, Inglaterra, para completar unhas oracións e elixir as respostas correctas.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés completando os espazos en branco do exercicio.

Práctica do uso correcto do pasado do verbo to be e das formas there was / there were.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Lugares do barrio. Preposicións de lugar Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Pasado do verbo to be (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e

expresións temporais). Uso de there was / there were. Uso adecuado das normas de puntuación en inglés. Falar sobre eventos pasados.

64

Fonética Acento das palabras en inglés e as formas débiles de was / were.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de

consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do verbo to be en pasado, sobre o uso

de there was / there were e sobre o uso das normas de puntuación. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude

positiva para superalo. Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Participación activa en tarefas e traballos en grupo. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas,

con especial atención a aqueles onde se fala a lingua estranxeira que se traballa na unidade:

- Información sobre Ghost town, unha vila temática dos EEUU situada no salvaxe oeste.

- Información sobre algunhas das cidades máis antigas do mundo. - Información sobre os distintos períodos históricos da cidade de Londres.

Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de eventos e acontecementos pasados.

Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais con información sobre eventos pasados.

65

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: conversacións sobre eventos e accións pasadas, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre unha vila temática dos EEUU, un relato de misterio e un texto con información sobre os distintos períodos históricos da cidade Londres.

4.-Redactar un breve texto descritivo con información da localidade na que se reside, respectando o uso adecuado das normas de puntuación en inglés.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso do pasado do verbo to be e de there was / there were), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para obter información sobre un cantante en Internet, mostrando interese polo seu uso.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística. - Vocabulary, páxs. 76 e 81: vocabulario relacionado cos lugares do barrio e as

preposicións de lugar. - Reading, páxs. 78 e 81 e Cross-Curricular Focus, páx. 84: comprensión

escrita dun texto sobre unha vila temática dos EEUU, un relato de misterio e un texto con información sobre os distintos períodos históricos da cidade Londres

- Grammar, páx. 79 e grammar Build Up, páx. 80: comunicarse utilizando o pasado do verbo to be e there was / there were.

- Listening, páxs. 77 e 82: comprensión dunha serie de conversacións sobre eventos pasados e sobre os cambios na paisaxe urbana.

- Speaking, páxs. 77 e 82 e My Portfolio, páx. 85: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para falar de profesións e de eventos pasados, así como práctica do inglés en situacións reais.

- Pronuntiation, páx. 82: o acento das palabras en inglés e as formas débiles de was / were.

- Writing, páx. 95: expresión escrita dun breve parágrafo descritivo sobre a localidade onde se reside.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 83: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes.

66

- Reading, páxs. 78 e 81, Listening, páxs. 77 e 82 e Cross-Curricular Focus, páx. 84: actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos relacionados co tema da unidade.

- Speaking, páxs. 77 e 82 e My Portfolio, páx. 85: respecto polas normas de conduta na clase, en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

- Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel.

Competencia matemática: - History, páx. 83: aplicar os coñecementos matemáticos para calcular a idade

dalgunhas das cidades máis antigas do mundo.

Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 78 e Cross-Curricular Focus, páx. 84: interese por coñecer

aspectos doutros países, en especial a información sobre a historia de Londres. - Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as

interaccións na aula.

Competencia cultural e artística: - History, páx. 83 e Cross-Curricular-Focus, páx. 84: interese por coñecer datos

sobre algunhas das cidades máis antigas do mundo e sobre a historia da cidade de Londres.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 58, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 62 e 63, e a sección Self-Evaluation, páx. 149, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 77 e 82, Writing, páx. 83 e My Portfolio, páx. 85: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Culture, páx. 77, Reading, páx. 78, History, páx. 83 e Cross-Curricular Focus, páx. 84: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

- Writing, páx. 83:Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 85: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto pola historia doutros pobos e culturas.

67

Lingua e literatura: - O pasado do verbo to be e o uso de there was / there were. - Falar de feitos e acontecementos pasados. - O uso adecuado das normas de puntuación en inglés. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

Historia: - Casa Botín, o restaurante máis antigo do mundo. - A idade dalgunhas das cidades máis antigas do mundo. - Os distintos períodos históricos da cidade de Londres.

Matemáticas: - Coñecemento dos cálculos matemáticos adecuados para pescudar a idade

dalgunhas das cidades máis antigas do mundo.

68

UNIDADE 8: Appearances

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo un diálogo sobre comprar roupa, entre un adolescente e súa nai e unha conversación entre dúas amigas sobre unha festa á que acudiron xuntas.

Falar sobre o pasado. Describir persoas. Ler de forma comprensiva e autónoma un texto sobre unha exposición de disfraces

famosos, un artigo dunha revista dixital sobre actores e actrices que se disfrazan no cine e un cadro con instrucións para confeccionar un disfrace.

Escribir un e-mail sobre unha actividade que realizaron no pasado. Utilizar correctamente o pasado dos verbos regulares e irregulares, os conectores de

secuencia e os demostrativos. Identificar e producir as terminacións verbais /d/, /t/ e /id/.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de breves mensaxes relacionadas co vocabulario da

unidade: as pezas de roupa e os adxectivos. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dun diálogo entre un adolescente e súa nai e

outro entre dúas amigas, para relacionalos con diversas actividades de comprensión. Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do

significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre adxectivos e pezas de roupa, para relacionalo coas fotografías ou debuxos correspondentes e contestar unhas preguntas.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para facer descricións e preguntar e responder información de acontecementos e momentos xa pasados, utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto entre un cliente e un dependente/a, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente.

69

Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre unha exposición de disfraces famosos, un artigo dunha revista dixital sobre actores e actrices que se disfrazan no cine e un cadro con instrucións para confeccionar un disfrace, co fin de elixir a resposta correcta e de contestar unhas preguntas de comprensión.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, con especial atención ao uso correcto dos conectores de secuencia e desenvolvendo o eixo cronolóxico dun texto.

Composición dun e-mail sobre un acontecemento que tivo lugar no pasado a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación: os conectores de secuencia.

Uso adecuado dos conectores e dos demostrativos para escribir parágrafos e textos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun texto sobre a

historia dos traxes de baño, co fin de elixir a resposta adecuada e contestar unhas preguntas de comprensión.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés completando os espazos en branco do exercicio.

Practica do pasado dos verbos regulares e irregulares.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario A descrición de cousas e de persoas (adxectivos). Pezas de roupa. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

Estrutura e funcións da lingua Past Simple (afirmativa, negativa e interrogativa, respostas breves e expresións

temporais) dos verbos regulares e irregulares. Os conectores de secuencia. Os demostrativos. Falar sobre o pasado.

70

Fonética A pronuncia das terminacións verbais /d/, /t/ e /id/.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Uso progresivo de recursos para a aprendizaxe, como dicionarios, libros de

consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación. Reflexión guiada sobre o uso e o significado do Past Simple dos verbos regulares e

irregulares, dos demostrativos e dos conectores de secuencia. Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude

positiva para superalo. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Confianza e iniciativa para expresarse en público e por escrito. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas,

con especial atención a aqueles onde se fala a lingua estranxeira que se traballa na unidade:

- Recoñecemento dalgúns datos biográficos de personaxes como Anne Bonny e James Barry.

Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos do Reino Unido, obtendo información por diferentes medios:

- A existencia de personaxes históricos como Anne Bonny e James Barry, mestres do disfrace, así como dunha das obras máis famosas da literatura inglesa do século XX: O Señor dos Aneis.

- Coñecemento dalgúns acontecementos históricos. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais con información sobre roupa, sobre eventos pasados e descricións.

71

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións (intercambios de información persoal e fórmulas para comprar roupa), utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre unha exposición de disfraces famosos, un artigo dunha revista dixital sobre actores e actrices que se disfrazan no cine e un cadro con instrucións para confeccionar un disfrace.

4.-Redactar un e-mail con información sobre un acontecemento pasado, respectando o uso adecuado dos conectores.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o uso e a forma do Past Simple, da pronuncia das terminacións verbais de pasado, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para localizar información, mostrando interese polo seu uso.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios doutros países e culturas, con especial atención a aqueles onde se fala a lingua estranxeira, como acontecementos ou personaxes históricos, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística. - Vocabulary, páxs. 86 e 91: vocabulario relacionado coas pezas de roupa e a

descrición de cousas e persoas (adxectivos). - Reading, páxs. 88 e 91 e Cross-Curricular-Focus, páx. 94: comprensión

escrita dun texto sobre unha exposición de disfraces famosos, un artigo dunha revista dixital sobre actores e actrices que se disfrazan no cine e un cadro con instrucións para confeccionar un disfrace.

- Grammar, páx. 89 e Grammar Build Up, páx. 90: comunicarse usando o pasado dos verbos regulares e irregulares.

- Listening, páxs. 87 e 92: comprensión dunha conversación sobre a compra de roupa e outra na que se describen os asistentes a unha festa.

- Speaking, páxs. 87 e 92 e My Portfolio, páx. 95: participación en conversacións e simulacións co compañeiro/a para falar sobre o pasado e dar información biográfica, así como práctica do inglés en situacións reais (comprar roupa).

- Pronuntiation, páx. 92: a pronuncia das terminacións verbais /d/, /t/ e /id/. - Writing, páx. 107: expresión escrita dun e-mail sobre unha experiencia pasada.

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 93: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes.

72

- Speaking, páxs. 87 e 92 e My Portfolio, páx. 95: respecto polas normas de conduta, en interaccións co profesor/a ou cos compañeiros/as na clase, ao usar a información e as súas fontes.

- Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel.

Competencia social e cidadá: - Culture, páx. 87, Reading, páxs. 88 e 91, Listening, páxs. 87 e 92, Speaking,

páxs. 87 e 92, History, páx. 93 e Cross-Curricular-Focus, páx. 94: Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia cultural e artística: - Reading, páx. 88: interese por coñecer o patrimonio literario e cultural dos

países onde se fala a lingua inglesa.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 66, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 70 e 71, e a sección Self-Evaluation, páx. 149, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páx. 87 e 92, Writing, páx. 93 e My Portfolio, páx. 95: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Writing, páx. 93: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

- My Portfolio, páx. 95: desenvolver un proxecto individual con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

- Fomento do traballo cooperativo na aula.

Temas interdisciplinarios

Ciencias sociais, xeografía e historia: - Algúns acontecementos históricos e personaxes famosos de relevancia

histórica.

Lingua e literatura: - Falar do pasado. - A descrición de cousas e de persoas (adxectivos). - Os conectores de secuencia. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

73

UNIDADE 9: Travel

Obxectivos de aprendizaxe

Escoitar de xeito comprensivo unha conversación entre os alumnos dun colexio sobre unha viaxe escolar ao museo de transportes e outra na que unha familia discute posíbeis destinos para as vacacións.

Expresar plans futuros e intencións. Ler de forma comprensiva e autónoma un artigo dun xornal sobre un proxecto de

coches solares, un boletín informativo sobre as sete marabillas naturais do mundo e un cadro informativo sobre as sete novas marabillas do mundo, elixidas en 2007.

Escribir un parágrafo sobre o que van facer durante este verán, prestando atención á corrección de erros.

Utilizar correctamente be going to e o Present Continuous con valor de futuro. Identificar e producir a entoación, o ritmo e o acento das frases en inglés.

Contidos

BLOQUE 1. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR Uso dos obxectivos da unidade para interaccionar co profesor/a e cos

compañeiros/as. Audición e comprensión de mensaxes orais breves relacionadas co contido e o

vocabulario da unidade: medios de transporte e características xeográficas. Anticipación do contido xeral do que se escoita, con apoio de elementos verbais e

non verbais. Obtención de información específica dunha conversación entre os alumnos dun

colexio sobre unha viaxe escolar ao museo de transportes e outra na que unha familia discute posíbeis destinos para as vacacións.

Uso de estratexias básicas de comprensión de mensaxes orais: dedución do significado dalgunhas palabras ou expresións a través do contexto e uso dos coñecementos previos sobre o tema.

Audición, comprensión e produción oral do vocabulario da unidade sobre medios de transporte e sobre elementos da xeografía, para relacionalo coas fotografías ou cos debuxos correspondentes, e clasificalo correctamente.

Participación en conversacións breves e sinxelas co compañeiro/a para obter información sobre os medios de transporte que utiliza habitualmente, o prezo do transporte público e falar de plans utilizando expresións útiles.

Uso do modelo de diálogo proposto, onde dúas persoas falan sobre o prezo da entrada a un museo, para interactuar co compañeiro/a e crear un novo diálogo cambiando as palabras coloreadas, cunha pronuncia adecuada.

Emprego de respostas adecuadas ás informacións requiridas polo profesor/a e polos compañeiros/as nas actividades da aula.

Aplicación de estratexias para superar as interrupcións na comunicación, usando elementos verbais e non verbais.

BLOQUE 2. LER E ESCRIBIR

74

Comprensión de instrucións básicas para a correcta resolución de actividades. Relación do vocabulario da unidade coa súa categoría correspondente. Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo dun

xornal sobre un proxecto de coches solares, un boletín informativo sobre as sete marabillas naturais do mundo e un cadro informativo sobre as sete novas marabillas do mundo, elixidas en 2007, co fin de contestar preguntas de comprensión, corrixir erros e localizar información específica no texto.

Iniciativa para ler con certa autonomía textos adecuados á idade, intereses e nivel de competencia.

Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto mirando as imaxes, uso dos coñecementos previos, inferencia de significados polo contexto, etc.

Mellora da expresión escrita de forma guiada, completando unha táboa, corrixindo erros nun texto e contestando unha serie de preguntas sobre un texto.

Composición dun texto curto no que falen dos seus plans para o verán, a partir dun modelo, seguindo o esquema elaborado e usando as regras básicas de ortografía e puntuación vistas ao longo do curso.

Uso de todos os puntos aprendidos e repasados ao longo do curso, para escribir textos correctos, recoñecemento da súa importancia na comunicación escrita e diferenciación da linguaxe oral.

Interese por coidar a presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital.

No Workbook: Comprensión xeral e identificación de informacións específicas dun artigo sobre

unha competición de vela entre dous adolescentes que queren dar a volta ao mundo, para identificar se as afirmacións son verdadeiras ou falsas e para completar un cadro con información extraída do texto.

- Realización dun ditado para consolidar o vocabulario da unidade. - Tradución á lingua propia de expresións útiles.

Produción escrita dun diálogo en inglés a partir dun guión en lingua propia. Práctica do vocabulario aprendido na unidade, de be going to e do Present

Continuous con valor de futuro.

BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA Coñecementos lingüísticos:

Elementos morfolóxicos Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua.

Léxico / Vocabulario Medios de transporte. Elementos da xeografía. Identificación, uso e valoración das estratexias de aprendizaxe adecuadas

(ver obxectivo xeral de área nº 7).

75

Estrutura e funcións da lingua A estrutura be going to e o Present Continuous con valor de futuro (afirmativa,

negativa e interrogativa, respostas breves e expresións temporais). Repaso de todas as normas ortográficas vistas ao longo do curso. Falar de plans futuros. Expresións útiles para falar de plans futuros.

Fonética A entoación, o ritmo e o acento das frases en inglés.

Reflexión sobre a aprendizaxe: Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico:

familias de palabras, esquemas, etc. Reflexión guiada sobre o uso e o significado da estrutura be going to e do Present

Continuous con valor de futuro, e de todas as normas ortográficas vistas ao longo do curso.

Aceptación do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e actitude positiva para superalo.

Organización do traballo persoal como estratexia para progresar na aprendizaxe. Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula

e fóra da mesma. Indución de regras gramaticais a partir da observación. Uso da terminoloxía adecuada aos contidos.

No Workbook: Sección Check Your Progress para afianzar ou ampliar os coñecementos da

unidade. Unha sección de Self-Evaluation.

BLOQUE 4. ASPECTOS SOCIOCULTURAIS E CONCIENCIA INTERCULTURAL Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de

comunicación na aula e con persoas doutras culturas. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas:

- Destinos turísticos naturais. - As sete novas marabillas do mundo. - Actividades favoritas dos turistas británicos durante as súas vacacións.

Uso de fórmulas de cortesía adecuadas para falar de plans. Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes da

lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais. Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas

pertencentes a outras culturas.

Criterios de avaliación

1.-Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, en concreto unha conversación entre os alumnos dun colexio sobre unha viaxe escolar ao museo de transportes e outra na que unha familia discute posíbeis destinos para as vacacións

76

2.-Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións: falar sobre plans futuros, corrixir a información dada e planear unhas vacacións, para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención da comunicación.

3.-Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre un proxecto de coches solares, un boletín informativo sobre as sete marabillas naturais do mundo e un cadro informativo sobre as sete novas marabillas do mundo, elixidas en 2007.

4.-Redactar un texto breve sobre o que van facer durante este verán, prestando atención á corrección de erros, tendo en conta a regras ortográficas que foron vendo durante o curso.

5.-Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código do inglés (coma o verbo be going to, o Present Continuous con valor de futuro, a corrección de erros nun texto escrito por eles mesmos, etc.), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

6.-Identificar, utilizar e poñer exemplos das estratexias utilizadas na unidade para progresar na aprendizaxe, tales como a capacidade de valorar o seu progreso, a reflexión sobre como aprende un mesmo, a aceptación do erro, a utilización de táboas para aprender e memorizar o vocabulario, o uso de apéndices gramaticais, de ortografía e de escritura, etc.

7.-Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar e recibir información de distintos tipos, mostrando interese polo seu uso.

8.-Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira, como algúns dos destinos turísticos do Reino Unido, etc., e mostrar interese por coñecelos.

Competencias básicas

Competencia en comunicación lingüística. - Vocabulary, páxs. 96 e 101: vocabulario relacionado cos medios de transporte

e os accidentes xeográficos. - Reading, páxs. 98 e 101 e Cross-Curricular, páx. 104: comprensión escrita de

dous textos sobre medios de transporte ecolóxicos, outro sobre plans para as vacacións e outro texto sobre as novas 7 marabillas do mundo.

- Grammar, páxs. 99 e Grammar Build Up, páx. 100: comunicarse utilizando be going to e o Present Continuous con significado de futuro.

- Listening, páxs. 97 e 102: comprensión dunha conversación. - Speaking, páxs. 97 e 102 e My Portfolio, páx. 105: participación en

conversacións e simulacións co compañeiro/a para falar de plans futuros e intercambiar información persoal, así como práctica do inglés en situacións reais.

- Pronuntiation, páx. 102: a entoación, o ritmo e o acento das frases en inglés. - Writing, páx. 103: expresión escrita dun parágrafo sobre os plans para as

vacacións.

Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: - Science, páx. 97, Reading, páxs. 98 e 101 e Cross-Curricular-Focus, páx. 104:

coñecer os distintos medios de transporte e posíbeis destinos turísticos.

77

Tratamento da información e competencia dixital: - Writing, páx. 103: demostración de autonomía, eficacia, responsabilidade e

reflexión ao seleccionar e facer uso da información e das súas fontes. - Culture, páx. 103: actitude crítica ante a información sobre diferentes aspectos

da cultura británica. - Speaking, páxs. 97 e 102 e My Portfolio, páx. 105: respecto polas normas de

conduta en interaccións na clase, co profesor/a ou cos compañeiros/as, ao usar a información e as súas fontes.

- Selección e uso da información e das súas fontes para ser unha persoa autónoma, eficaz e responsábel.

Competencia social e cidadá: - Reading, páx. 101 e Listening, páx. 102: aprender a facer plans para unhas

vacacións e coñecer o formato dun catálogo, distintos destinos turísticos, etc. - Science, páx. 97, Reading, páxs. 98 e 101, Listening, páxs. 97 e 102, Culture,

páx. 103 e Cross-Curricular-Focus, páx. 104: Actitude construtiva e solidaria ante a información que se presenta e ante as interaccións na aula.

Competencia cultural e artística: - Reading, páx. 101, Culture, páx. 103 e Cross-Curricular-Focus, páx. 104:

interese por coñecer o patrimonio natural, cultural e artístico.

Competencia para aprender a aprender: - Uso de estratexias, recursos e técnicas de traballo intelectual para aprender e

ser consciente das propias capacidades e coñecementos a través da sección Remember! situada ao longo da unidade no Student’s Book, as seccións Be the Teacher!, páx. 74, Check Your Progress e Self-Evaluation, páxs. 78 e 79, e a sección Self-Evaluation, páx. 149, do Workbook, correspondentes á unidade.

Autonomía e iniciativa persoal: - Speaking, páxs. 97 e 102, Writing, páx. 103 e My Portfolio, páx. 105: uso da

creatividade persoal á hora de producir textos escritos e orais a partir de modelos dados.

- Science, páx. 97, Reading. páxs. 98 e 101, Culture, páx. 103 e Cross-Curricular Focus, páx. 104: demostración de sentido crítico ante as informacións culturais que se presentan.

- Writing, páx. 103: Capacidade de organización á hora de presentar un traballo escrito.

Temas interdisciplinarios

Ciencias sociais, xeografía e historia: - Situación xeográfica das máis importantes marabillas naturais do mundo. - Situación xeográfica das sete novas marabillas do mundo. - Recoñecemento en inglés dalgúns elementos xeográficos.

Educación para a cidadanía e os dereitos humanos: - Respecto polos plans dos demais.

78

Lingua e literatura: - Facer plans futuros e falar deles. - A corrección de erros nun texto escrito. - Tradución inglés-lingua propia no Workbook.

79

Review and Extension

Burlington Build Up ESO 1 inclúe tres unidades de repaso nas que se presentan exercicios de vocabulario e de gramática, tres proxectos que os alumnos/as poden incluír no seu Portfolio e tres cancións.

Foron deseñadas para seren realizadas ao final de cada trimestre do curso escolar, pero pódense relacionar con calquera das unidades estudadas segundo o criterio do profesor/a. Por outra banda, nas mesmas trabállanse de forma sistemática os contidos e obxectivos de aprendizaxe expostos nas nove unidades programadas.

Os exercicios de vocabulario e de gramática que inclúen son moi variados e ofrecen práctica adicional de todo o que foi visto nas unidades anteriores.

As cancións reproducen tres temas apropiados á idade e aos intereses dos alumnos/as de 1º da ESO.

- One Day at a Time (Jonas Brothers) - Our house (Madness) - The World´s Greatest (R. Kelly)

Ademais de reproducir as letras no Student´s Book, para permitir un mellor aproveitamento na clase, os alumnos/as tamén poden atopar as cancións na web www.burlingtonbooks.com/buildup1, co fin de que poidan cantar e familiarizarse, deste xeito, coa pronuncia das palabras.

Os proxectos son actividades nas que os alumnos/as practican dun modo divertido todos os coñecementos gramaticais e o vocabulario estudado ata o momento. Remítenos ás páxinas 138-143 do Workbook, onde atoparán instrucións detalladas que lles permitirán desenvolver a súa capacidade de traballo autónomo e ás cue cards, que lles permitirán facer a presentación oral dos mesmos na clase.

- No proxecto 1 (A poster) concrétanse os obxectivos e contidos vistos nas unidades 1, 2 e 3.

- No proxecto 2 (A photo album) concrétanse os obxectivos e contidos vistos nas unidades 4, 5 e 6.

- No proxecto 3 (An itinerary) concrétanse os obxectivos e contidos vistos nas unidades 7, 8 e 9.

Estes proxectos poden ser utilizados como ferramenta de avaliación, tendo en conta os criterios de avaliación descritos para as unidades respectivas.

80

7. Atención á diversidade

Build Up ESO 1 ten unha metodoloxía ecléctica, xa que se esperan varios estilos de aprendizaxe por parte dos alumnos/as e, así mesmo, diversos estilos de ensino por parte dos profesores/as. Por esa razón, estes materiais dedícanlle moita atención á diversidade.

Como punto de partida tivemos en conta catro ámbitos de diversidade:

A capacidade para aprender a aprender

Cada alumno/a ten a súa propia capacidade para aprender cousas e para retelas, sen que iso sexa sinónimo da súa capacidade intelectual, e todos eles poden alcanzar un nivel mínimo, independentemente do ritmo de traballo que poida ter cada quen. Tales son os aspectos que consideramos na investigación inicial e en todo o desenvolvemento do curso.

Este feito queda reflectido nas actividades do Student’s Book e do Workbook, xa que, a través dunha reciclaxe continua de estruturas e de vocabulario, por unha banda ofrecen amplas oportunidades de reforzo para os alumnos/as con menos capacidade e por outra facilitan a ampliación da materia para os que teñen máis nivel.

A motivación para aprender

A motivación do alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por unha banda, do historial de éxito ou de fracaso que tivese ata ese momento e, por outra banda, do proceso de aprendizaxe seguido. Isto influirá notabelmente, tanto no nivel de motivacións individuais, coma na forma máis lóxica e funcional de presentarlles todos os contidos.

Para levar a cabo a selección dos temas incluídos neste curso realizamos unha ampla investigación, abarcando o punto de vista do profesor/a a través de cuestionarios, pero tamén o dos alumnos/as, para así adaptalos ás súas idades, experiencias e contorno.

Os estilos de aprendizaxe

Existen moitos tipos de investigacións sobre os diversos estilos de aprendizaxe á hora de estudar un idioma.

Como é ben sabido, os alumnos/as poden ser impulsivos ou reflexivos cando se enfrontan ás súas tarefas escolares. Algúns alumnos poden reaccionar moi rapidamente e non obstante necesitar varios intentos para asimilaren unha idea, mentres que outros poden traballar máis a conciencia e aprender máis amodo, conseguindo o mesmo resultado. Este factor foi tido en conta dun modo sistemático. Por exemplo, á hora de ensinar as estruturas gramaticais incluíronse exercicios e táboas para aprender e repasar o presentado punto por punto, e tamén unha ampla repetición e práctica en distintas situacións para aqueles alumnos/as que non usen tanto o estilo analítico cando aprenden.

Tamén se prestou unha atención especial á “modalidade sensorial preferente” dos alumnos/as (visual, auditiva ou quinesiolóxica), é dicir, ás posíbeis formas de levar á práctica o aprendido.

81

Xa que logo, á hora de presentar as estruturas e as funcións, tivéronse en conta en todas as unidades, os distintos modos de aprendizaxe, ofrecéndolles aos alumnos/as máis analíticos numerosas oportunidades: táboas, preguntas de comprensión, esquemas e exercicios, e moita e moi variada práctica. Ademais, ao final das unidades de repaso do Student’s Book poden facer proxectos guiados para practicaren o vocabulario e as estruturas aprendidas, coas instrucións detalladas no Workbook e material de apoio necesario para facer presentacións orais na clase.

Os intereses dos alumnos/as

O esforzo por aprender un idioma varía moito duns alumnos/as a outros dependendo do seu interese e/ou necesidade de facelo. Por iso incluímos unha gran variedade de temas, intentando que sexan de interese para a maioría, e ofrecemos materiais para atender aos distintos niveis de coñecemento e estilos de aprendizaxe. Hai actividades graduadas de menor a maior dificultade e de maior a menor control tanto no Student’s Book coma no Workbook. Ao final do Student’s Book incluímos un apéndice de ortografía en inglés e ao final do Workbook un glosario, así como apéndices de gramática e de escritura na lingua materna dos alumnos/as para os que necesiten apoiarse máis na presentación teórica.

No Workbook inclúese unha gran variedade de exercicios graduados para practicar máis intensamente a gramática e o vocabulario, ademais dun ditado, unha sección de comprensión e expresión escrita e actividades para que os alumnos/as máis avanzados practiquen cada punto nun nivel máis elevado. Para rematar, tamén se inclúen dúas páxinas de repaso por unidade que permiten atender á diversidade. Ao final deste compoñente atópase un pequeno caderno Vocabulary Builder, que proporciona xogos e divertidas actividades para consolidar o vocabulario. Alén diso, os alumnos/as poderán atopar na web www.burlingtonbooks.es/buildup1 xogos de vocabulario e exercicios interactivos de gramática, actividades interactivas de listening baseadas en aspectos socioculturais e cuestionarios de opción múltiple, as gravacións das cancións do Student’s Book e dos ditados do Workbook, para que reforcen os contidos na casa.

O Teacher’s Manual ofrece tamén actividades opcionais de reforzo e de ampliación, outras de ditado, listening, corrección de erros e información sociocultural e interdisciplinaria adicional, ademais de continuas suxestións ao profesor/a sobre como dividir a súa axuda segundo as distintas necesidades da clase.

O Teacher’s All-in-One Pack ofrece un test de diagnóstico que se recomenda facer ao principio de curso para ver o nivel dos alumnos/as, así como exercicios de repaso para que revisen os puntos nos que atoparon maior dificultade. Ademais ofrece nove exames (un por unidade), tres trimestrais e dous finais, todos eles en tres niveis de dificultade para poder elixir o máis adecuado segundo a capacidade de cada alumno/a. As follas de traballo dividíronse do seguinte xeito:

- Extra Practice (proporcionan práctica adicional co mesmo nivel que o presentado na unidade) - Extension (enfocadas para que os alumnos/as máis avanzados poidan ampliar os coñecementos adquiridos dun xeito máis significativo e motivador)

82

Tamén proporciona un test con actividades de comprensión e de expresión oral por unidade e trimestre e outro final, todo iso nun mesmo nivel de dificultade.

Todos os tests deste compoñente están dispoñibeis en formato Word no Test Factory and Other Resources CD-ROM co fin de poder editalos e facerlles cambios atendendo ás necesidades da aula.

83

8. Avaliación e promoción

A avaliación será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

Os criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar, tanto o grao de adquisición das competencias básicas, coma o de consecución dos obxectivos.

Serán promovidos ao curso seguinte cando se superen os obxectivos das materias cursadas ou se teña avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirase curso con avaliación negativa en tres ou máis materias. Co fin de facilitarlle ao alumnado a recuperación das materias con avaliación negativa, organizaranse probas extraordinarias en cada un dos cursos. O alumno poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa.

a) Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de textos orais, emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, sobre asuntos cotiáns, pronunciados amodo e con claridade.

A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumnado para comprender o esencial de diálogos emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, aínda que non se comprenda a súa totalidade. Trátase de avaliar esencialmente se se identifica o significado de instrucións, comentarios, preguntas e respostas, diálogos curtos, descricións e narracións breves.

2. Comunicarse oralmente participando en conversacións e en simulacións sobre temas coñecidos ou traballados previamente, utilizando as estratexias adecuadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensíbel e adecuado á intención de comunicación.

Este criterio avalía a capacidade de comunicarse oralmente participando en conversacións, reais ou simuladas, sobre temas coñecidos. Estes diálogos consistirán esencialmente en expoñer e contestar preguntas, intercambiar ideas e información, relatar experiencias sobre temas familiares en situacións predicíbeis, utilizando os recursos lingüísticos e as estratexias que aseguren a comunicación. As producións poderán ter algunhas incorreccións léxicas, morfosintácticas ou fonéticas que non dificulten a comunicación.

3. Recoñecer a idea xeral e extraer información específica de textos escritos adecuados á idade, con apoio de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con algunhas materias do currículo.

A través deste criterio apreciarase a capacidade para comprender textos diversos: instrucións, correspondencia, descricións e narracións breves, mensaxes, cuestionarios, etc. aplicando estratexias básicas de lectura como a inferencia de significados polo contexto ou por elementos visuais, ou a comparación coas linguas que coñece.

84

Con este criterio tamén se avalía a capacidade de ler textos, en soporte papel ou dixital, de certa extensión, para aprender ou para gozar da lectura, recorrendo ao dicionario cando sexa preciso.

4. Redactar textos breves en diferentes soportes utilizando as estruturas, as funcións e o léxico adecuados, así como algúns elementos básicos de cohesión, a partir de modelos, e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación.

Este criterio avalía a capacidade para redactar, aínda que sexa de forma elemental, notas, descricións, correspondencia postal ou electrónica, ou mensaxes. Os textos conterán as palabras de uso habitual, oracións simples e conectores básicos. Valorarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada, en soporte papel ou dixital.

5. Utilizar o coñecemento dalgúns aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía), en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias e para comprender mellor as alleas.

A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumnado para aplicar os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico, ao usar os aspectos sonoros, de ritmo, entoación e organización da lingua en actividades diversas, e para reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posíbel a comprensión tanto das súas propias producións coma das alleas.

6. Identificar, utilizar e poñer exemplos dalgunhas estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se se utilizan as estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe como: a capacidade de ir valorando os progresos, a reflexión sobre como aprende un mesmo máis e mellor, a incorporación e a aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe; a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso correcto do dicionario para identificar a acepción adecuada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais para solicitar información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, etc.

7. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para estabelecer relacións persoais, mostrando interese polo seu uso.

Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe, en actividades habituais da aula e para estabelecer relacións persoais. As comunicacións que se estabelezan versarán sobre temas familiares previamente traballados e realizaranse a partir de modelos. Tamén se terá en conta a actitude ante a lingua estranxeira, os intentos por utilizala e se se valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor.

8. Identificar algúns elementos culturais ou xeográficos propios dos países e culturas onde se fala a lingua estranxeira e mostrar interese por coñecelos.

85

Este criterio pretende comprobar que se coñecen algúns trazos importantes do contexto sociocultural e xeográfico dos países onde se fala a lingua estranxeira e que se manifesta interese e aprecio por hábitos culturais distintos aos propios e actitudes de respecto cara aos valores e comportamentos doutros pobos.

b) Procedementos e sistemas de avaliación

- Procedementos (*)

- Sistemas de avaliación

É necesario levar a cabo varios tipos de avaliación: individual, formativa, sumativa, autoavaliación, etc. Para a avaliación formativa e sumativa incluímos dúas follas fotocopiabeis ao final desta sección. Para as demais avaliacións, incluímos no Workbook a sección Language Learning Competences para que os alumnos se autoavalíen: Student Learning Record, My English Experience, English and Me, My Strategies for Progress e Self-Evaluation.

A avaliación individual permite constatar os coñecementos de inglés que teñen os alumnos/as. Faise un test de diagnóstico ao comezo do curso e utilízanse as follas de autoavaliación para seguir o progreso de cada quen na lingua, o modo en que aprendeu, a súa experiencia anterior, etc.

Se se teñen demasiados alumnos/as, en lugar de recoller as follas English and Me (páxina 146 do Workbook) e de as ler unha por unha, pódeselles pedir que comparen as súas respostas en pequenos grupos, para posteriormente preguntar por elas a man alzada. Deste xeito poderemos ter unha visión xeral da clase.

A avaliación dos coñecementos previos pódese realizar antes de comezar cada unidade, pedindolles aos alumnos/as que adiviñen do que tratan, a partir do título e mirando os obxectivos primordiais detallados ao principio de cada unidade, aos que os debemos remitir cando vaian repasar para un exame.

Tamén se debe avaliar o progreso dos alumnos/as nun período de tempo, é dicir, facer unha avaliación formativa. Se un alumno/a que ten un nivel baixo ve como progresa e que o seu esforzo é tido en conta a pesar de non chegar ao aprobado, sentirase máis motivado a continuar traballando para tratar de conseguilo. Isto faise aínda máis patente na clases heteroxéneas onde os alumnos/as de máis baixo nivel sempre obteñen notas baixas, especialmente se son comparados constantemente con alumnos/as máis avantaxados. Se a nota final inclúe un compoñente de progreso, será un factor especialmente motivador.

As ferramentas de avaliación formativa poden ser as tarefas, a participación, o comportamento e a actitude en xeral, o traballo en parellas e en grupos, o caderno e o progreso en listening, speaking, reading e writing. Recoméndase comparar os resultados da avaliación formativa coa autoavaliación que os alumnos/as fixeron nas follas de English and

86

Me antes de cubrir a folla de avaliación sumativa de cada un, para rexistrar como progresaron durante o ano.

Tamén podemos facer uso dos tests de cada unidade (incluídos no Teacher´s All-in-One Pack) para observar como progresan dunha unidade á seguinte e tamén para avaliar a súa actitude cara á lingua. Sempre se debe dicir canto e de que xeito vai contar nas súas notas cada criterio de avaliación.

Para recoller as notas que obteñen en cada unidade e ademais avaliar a súa actitude cara á lingua e así ver a súa evolución, pódese utilizar a folla de avaliación formativa, ao final desta sección.

A autoavaliación

A autoavaliación é un bo modo de que o alumno/a sexa consciente tanto do seu progreso coma das súas carencias ou necesidades, contribuíndo así a desenvolver a súa autonomía e a responsabilidade da súa aprendizaxe. En Burlington Build Up ESO 1 incluímos no Workbook, exercicios para que poña en práctica as destrezas de escritura (sección de Writing), para que traduza do inglés á súa propia lingua e que complete un diálogo en inglés, e para que teña a oportunidade de avaliar o seu progreso (Self-Evaluation, páxinas 148 e 149). Tamén é aconsellábel que se autoavalíen noutros aspectos importantes da súa aprendizaxe como son os proxectos, as actividades de listening, o seu grao de cumprimento das normas e calquera outro aspecto que se considere importante.

Con alumnos/as desta idade, as follas de avaliación deben ser planificadas con coidado e discutidas na clase antes de seren cubertas, xa que deben saber por que e como facelo de forma correcta, é dicir que trataremos de que sexan responsábeis e sinceros. Tamén hai que tratar de evitar darlles follas de autoavaliación con excesiva frecuencia ou que sexan demasiado longas, senón os alumnos/as cansarán rapidamente.

O seu interese pola autoavaliación decaerá se non lle ven utilidade. É necesario que aprendan a reflexionar e que saquen conclusións da súa propia valoración, pero non a realizarán seriamente se o profesor/a non a ten en conta. O profesor ten a última palabra sobre a nota, pero pode pactar cos alumnos unha forma de incluír a súa propia valoración na avaliación global. Se conseguimos que a tomen en serio, a autoavaliación pode ser un elemento moi motivador.

Hoxe en día téndese cada vez máis a animar aos alumnos/as a que preparen un “portfolio” do seu traballo, un documento no que se recollen o seu estilo de aprendizaxe, os seus obxectivos para mellorar, as probas dos seus progresos e un rexistro dos seus contactos con falantes nativos ou os seus intercambios culturais. Con este fin, o noso proxecto tomou como referencia un documento promovido polo Consello de Europa chamado Portfolio Europeo das Linguas, no que os alumnos/as poden rexistrar as súas experiencias de aprendizaxe da lingua e da cultura inglesa e reflexionar sobre as mesmas. O marco de referencia europeo proporciona unha base común para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas en toda Europa, e sobre todo mellorará a capacidade de autoavaliación do alumnado.

O alumno/a, de forma autónoma, poderá non só repasar ou reforzar os coñecementos que vaia adquirindo en cada unidade a través das actividades da web www.burlingtonbooks.es/buildup1, senón tamén mellorar a súa comprensión oral cos textos,

87

diálogos e cancións incluídos na mesmo, así como practicar a expresión oral. Con iso tamén se pretende que teña a posibilidade de estar en contacto coa lingua inglesa en calquera momento e que non se vexa limitado ás horas escolares para a súa aprendizaxe.

Os proxectos incluídos nas tres unidades de repaso que hai despois das unidades 3, 6 e 9 están pensados para que os alumnos/as poñan en práctica os contidos e as estruturas gramaticais que aprenderon ata ese momento. No Workbook atoparán material de apoio e unha detallada explicación dos pasos a seguir. Porén, o profesorado pode optar por non encomendarlles estes proxectos sen que por iso se produza ningún desequilibrio na adquisición dos contidos programados para este nivel.

Finalmente, os alumnos/as poderán ampliar os aspectos socioculturais coa sección Cross-Curricular Focus, ao final de cada unidade do Student´s Book, que contén un ou varios textos breves, un cuestionario ou unha táboa informativa e unha actividade, ademais do apartado Your Turn. O propósito desta sección é fomentar o interese por coñecer aspectos socioculturais de países de fala inglesa e doutras linguas e contrastalos cos propios do seu país.

88

Formative Record Sheet

Name ________________________________________

Class ________________________________________

School Year ___________________________________

Unit 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Date

CommunicationSkills

ReadingWritingListeningSpeaking

LanguageSkills

GrammarVocabularyPronunciationFunctional Language

Attitude

Use of English in classHomeworkBehaviourProjects

Observations

Score: 1 – 101 = Insufficient5 = Sufficient10 = Outstanding

89

Photo ofstudent

to go here

Summative Evaluation Name _______________________________ Class _______________________________ School Year __________________________

Diagnostic Test

Term 1

Term 2

Term 3

Final Exam 1

(circle level)

Final Exam 2

(circle level)

Final Mark

Reading

Speaking

Listening

Grammar

Vocabulary

Writing

Observations

90

c) Criterios de promoción (*)

91

9. Actividades complementarias e extraescolares (*)

92

10. Materiais e recursos didácticos

93