22
1 A diversidade hídrica Henrique Hervés

03a hidroloxía

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación sobre a rede hidrolóxica española para Xeografía de 2º BAC.

Citation preview

Page 1: 03a hidroloxía

1

A diversidade hídrica

Henr ique Hervés

Page 2: 03a hidroloxía

2

AS AUGAS SUPERFICIAISTERRESTRES:

● A rede hidrográfica:● Factores:● Réximes fluviais.● A rede fluvial española.

● As zonas húmidas● Lagos e lagoas.● Humedais.

AS AUGAS SUBTERRÁNEAS

Henr ique Hervés

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

Page 3: 03a hidroloxía

3

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

3

As augas superficiais terrestres.O ciclo hidrolóxico

Henrique Hervés

A cantidade de auga presente na superficie terrestre (hidrosfera) permanece sempre constante. Sen embargo, esta masa está en constante movemento e o seu estado físico vai mudando. Deste xeito, entre os océanos, a atmosfera e os continentes prodúcese un intercambio constante de auga denominado ciclo hidrolóxico.

Page 4: 03a hidroloxía

4

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

E B

IOX

EO

GR

ÁF

ICA

4

A rede hidrográfica.

Henr ique Hervé s

Page 5: 03a hidroloxía

5

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

5

Factores concicionantes:O clima

Henr ique Hervés

● Las precipitaciones condicionan notablemente o caudal e o réxime dos cursos fluviais. Así podemos sinalar un forte contraste entre a España húmida (clima atlántico), con ríos de caudal regular e abundante, e a España seca (clima mediterráneo) con ríos menos caudalosos e máis irregulares.

● As temperaturas inciden na importancia das perdas por evaporación.

Page 6: 03a hidroloxía

6

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

6

Factores condicionantes:O relevo

Henr ique Hervés

● A disposición do relevo condiciona a organización da rede fluvial:● Explica a enorme disimetría

entre as vertentes atlántica e mediterránea.

● Determina a forma e dimensións das concas fluviais.

● A pendente determina a velocidade, a capacidade erosiva e o volume das enchentes.

● A altitude inflúe nas precipitacións (volume, forma) e, plo tanto, no réxime dos ríos

Page 7: 03a hidroloxía

7

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

7

Factores condicionantes: A litoloxía

Henr ique Hervés

As características físico- químicas do rochedo inflúen notablemente nos trazos da rede hidrográfica:➢ A permeabilidade das rochas

calcarias reduce a escorrentía superficial e facilita a infiltración e a formación de acuíferos.

➢ A escasa permeabilidade do rochedo silíceo favorece a escorrentía superficial a non ser nas zonas diaclasadas que posibilitan a infiltración.

➢ A impermeabilidade das arxilas, dominantes nas concas sedimentarias facilitan a escorrentía superficial.

Page 8: 03a hidroloxía

8

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

8

Factores condicionantes:A vexetación.

Henr ique Hervés

A presenza de vexetación:● Contribúe a conservar a

humidade ao reter a auga das precipitacións e reducir a evaporación.

● Dificulta a erosión.● Conseguintemente,

favorece a formación de acuíferos e cursos permantentes de auga.

Page 9: 03a hidroloxía

9

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

9

Factores condicionantes: A intervención humana

Henr ique Hervés

● O ser humano intervén na rede fluvial para o seu uso doméstico, a agricultura e a industria asi como para a produción de enerxía.

● O aproveitamento duns recursos hídricos limitados require da construción de infraestruturas de regulación (encoros, canalizacións, trasvasamentos...) que poden alterar o cauce e o equilibrio ecolóxico dos cursos de auga.

Page 10: 03a hidroloxía

10

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

10

Réximes fluviais. Conceptos básicos

Henr ique Hervés

● Réxime fluvial: evolución do caudal dunha corrente de auga ao longo do ano.● Caudal: volume de auga que leva un río por segundo nun punto dado (exprésase en m3/sg.)● Caudal absoluto: volume de auga, expresado en en m3, que drena un curso de auga ao

longo dun ano. Se expresamos o caudal en m3/sg durante un período determinado falamos de caudal medio. Se o período é un ano, denomínase caudal medio anual ou módulo. Esta variable utílizase polo xeral para series de 30 anos. Coeficiente de caudal (K) sería a relación entre o caudal medio mensual e o modulo dun río. Cando K > 1, o río presentará augas altas e, cando K < 1 o río presentará augas baixas.

● Caudal relativo: relación entre o módulo anual (l./sg.) e a superficie da conca fluvial (Km2.) En xeral, un módulo consíderase que o caudal relativo é reducido cando é menor de 5, medio se se sitúa entre 5 e 15 e elevado se é maior ca 15.

● Regularidade/irregularidade: son termos relativos que fan referencia ás variacións no caudal dun río ao longo dun ano ou entre distintos anos. Para cuantificalo utilízase o coeficiente de irregularidade, relación entre os caudais medio máximo e medio mínimo durante o período analizado, xeralmente 1 ano. Se o coeficiente é menor a 3, dise que o río ten un caudal regular e, se é superior a 7, sinalaríase como irregular, entre 3 e 7 situaríanse os valores intermedios.

● Enchente (avenida): momento de máximo caudal ao longo do período analizado● Estiaxe (estiaje): momento de mínimo caudal ao longo do período analizado

Page 11: 03a hidroloxía

11

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

11

Réximes fluviais.Tipos

Henr ique Hervés

RÉXIME PLUVIAL

RÉXIME NIVAL

RÉXIME MIXTO

Oceánico Mediterráneo

Nivo-pluvial Pluvio-nivalPuro Interior

continentalizadoSubtropical

ÁREAFranxa septentrional de clima oceánico

Ríos do litoral levantinoantino

Ríos do interior peninsular

Ríos do litoral meridional.

Zonas de alta montaña con cabeceiras en cotas >2.500 m.

Montaña media (ríos pirenaicos, cursos altos dalgúns ríos cantábricos e do Sistema Central)

Zonas de cabeceira dos grandes ríos da vertente atlántica (Douro, Texo),Aalgúns ríos cataláns (Llobregat)

FACTORES

Precipitacións abundantes e regulares. Evaporación relativamente baixa

Precipitacións escasas e irregulares. Evaporación intensa

Precipitacións escasas e irregulares. Evaporación intensa, s.t. no verán

Precipitacións moi escasas e irregulares. Evaporación moi intensa. Caudal reducido

Baixas temperaturas invernais e desxeo primaveral.

Súmase a aportación do dexeo coa das choivas con maior incidencia da primeira

Súmase a aportación do dexeo coa das choivas con maior incidencia da segunda

MÁXIMOS En inverno

En outono e primavera (2) coincidindo coas precipitacións equinociais

En outono e primavera coincidindo coas precipitacións equinociais

Final do inverno-comezos da primavera

Finais da primavera e comezos do verán (xuño-xullo)

Finais da primavera (maio-xuño)

Comezos da primavera (marzo-abril)

MÍNIMOS Estival pouco pronunicado

Un estival máis pronunciado e outros 2 intermedios en inverno e primavera

Estival moi prolongado

Estival moi acusado e prolongado (máis de 6 meses)

Invernal Invernal Estival

Page 12: 03a hidroloxía

12

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

12

Réximes fluviais.Localización.

Henr ique Hervés

Page 13: 03a hidroloxía

13

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

13

Réximes fluviais. Exemplos

Henr ique Hervés

Pluvial oceánico

Nival

Pluvial med. puro

Pluvial med. subtropical

Nivo-pluvial

Pluvio-nival

Pluvial mediterráneocontinentalizado

Page 14: 03a hidroloxía

14

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

14

A rede fluvial española.Mapa

Henrique Hervés

A rede fluvial española estrutúrase en dúas grandes vertentes, desiguais en extensión e de características ben diferenciadas: a atlántica e a mediterránea.

Dentro delas podemos distinguir diferentes concas hidrográficas, territorios que drenan as súas augas a través dun río principal e os seus afluentes.As distintas concas estan separadas entre si por divisorias de augas que se corresponden coas zonas de cambio de pendente do terreo. As divisorias de augas coinciden, polo tanto, cos cumios dos relevos que delimitan as concas.

Page 15: 03a hidroloxía

15

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

15

A rede fluvial española.Vertente atlántica

Henr ique Hervés Sayar

RÍOS CANTÁBRICOS RÍOS GALEGOS GRANDES COLECTORES

Lonxitude

●Cursos fluviais curtos por nacer en sistemas montañosos (Cordilleira Cantábrica) moi próximos á súa desembocadura.

●Cursos curtos. por nacer en montañas (serras setentrionais, dorsal) bastante próximas á costa.●O Miño-Sil, con 371 Km (nace na Serra de Meira e na C. Cantábrica) constitúe unha relativa excepción.

●Curso moi longos xa que nacen en montañas afastadas da súa desembocadura (Sistema Ibérico, Sistemas Béticos)

Forza erosiva

●Gran forza erosiva pola forte pendente entre o nacemento e a desembocadura.●Profundos vales.●Aproveitamento hidroeléctrico.

●Pendentes, en xeral menos acusadas●Ás veces, os cauces encáixanse en bloques e depresións tectónicas que aceleran o seu curso e facilitan o seu aproveitamento hidroléctrico.

●Pendentes suaves xa que discorren por amplas chairas.●Os ríos Douro e Texo encáixanse nalgúns puntos do seu cauce.

Caudal e réxime

●Caudal abundante.●Réxime regular de alimentación pluvial oceánica e, ás veces, pluvio-nival.

●Caudal abundante.●Réxime regular de alimentación maiormente pluvial oceánica.

●Caudal abundante en termos absolutos, pero non tanto en termos relativos.●Réxime irregular tipicamente mediterráneo cunha marcada aridez estival moderada polo aporte de numerosos afluentes.

Exemplos

●P. Vasco: Bidasoa, Nervión.●Cantabria: Pas, Deva.●Asturias: Sella, Nalón-Narcea, Navia

●Eo, Eume, Xallas, Tambre, Ulla, Umia, Lérez.●Miño-Sil

●Douro e afluentes: Pisuerga, Esla (dereita), Duratón, Adaja, Tormes (esquerda).●Texo e afluentes: Járama, Tiétar, Alagón (dereita), Guadiela, Algodón, Almonte (esquerda).●Guadiana.●Guadalquivir e afluentes: Genil (esquerda)

Page 16: 03a hidroloxía

16

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

16

A rede fluvial española.Vertente mediterránea

Henr ique Hervés Sayar

RÍOS CATALÁNS RÍOS LEVANTINOS RÍOS MERIDIONAIS RÍO EBRO

Lonxitude●Cursos de mediana e curta lonxitude por nacer en sistemas montañosos (Sistema Costeiro-Catalán, Sistema Ibérico, Cordilleira Penibética) próximos á súa desembocadura.

●Río longo por nacer na Cordilleira Cantábrica..

Forza erosiva

●Pendentes acusadas, especialmente nas cabeceiras.●Carácter frecuentemente torrencial pola irregularidade das precipitacións.

●Drena unha estensa conca de reducida pendente.

Caudal e réxime

●Caudal relativamente abundante e regular cunha alimentación mixta (pluvio-nival).

●Caudal escaso e moi irregular de alimentación pluvial mediterránea e/ou mixta (pluvio-nival)

●Caudal moi escaso e irregular de alimentación pluvial subtropical.

●Caudal abundante alimentado polo aporto da súa cabeceira e afluentes.●Réxime relativamente regular de alimentación pluvionival.

Exemplos●Fluviá.●Ter.●Llobregat

●Mijares.●Palancia.●Turia,●Júcar.●Segura.

●Almanzora.●Guadalfeo.●Guadalhorce.

Afluentes:●Aragón, Gállego, Cinca e Segre (esquerda).●Jalón, Guadalope (dereita).

Page 17: 03a hidroloxía

17

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

17

A rede fluvial española.Perfil dos grandes ríos

Henr ique Sayar

Page 18: 03a hidroloxía

18

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

18

A rede fluvial española.Perfil dos grandes ríos

Henr ique Sayar

Page 19: 03a hidroloxía

19

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

19

As zonas húmidas.

Henr ique Sayar

● Por razóns relacionadas co clima e o relevo teñen un escaso desenvolvemento en España.

● Ademais, historicamente foron desecadas para evitar a difusión de enfermidades contaxiosas (malaria, paludismo) e permitir o aproveitamento agrícola destas áreas.

● Sen embargo, teñen unha enorme importancia dende o punto de vista ecolóxico.

Page 20: 03a hidroloxía

20

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

20

As zonas húmidas.Lagos e lagoas (medios lacustres)

Henr ique Sayar

● Lagos e lagoas son masas de auga profundas e estables formadas pola acumulación natural de auga en áreas deprimidas da superficie.

● En España teñen un escaso desenvolvemento tanto por razón do clima, o relevo e a intervención humana.

● Atendendo á súa xénese podemos distinguir:● Orixe endóxeno, ben tectónico (lago de

Carucedo en León), ben volcánico (lagoas do Campo de Calatrava: Caracuel, Lomillos, Nava Grande).

● Oríxe esóxena, ben glaciaria (o estany de Sant Maurici nos Pireneos, ou o lago de Sanabria nos Montes de León) ben cárstica (lagoas de Ruidera na Mancha)

● Orixe mixta, caso da lagoa de Banyoles (tectónica-cárstica).

Page 21: 03a hidroloxía

21

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

21

As zonas húmidas.Os humedais (medios palustres)

Henr ique Sayar

● Zonas húmidas de escasa profundidade que, ocasionalmente, sobre todo durante o verán poden chegar a secarse por verense sometidas a unha intensa evaporación.

● Segundo a súa orixe podemos diferenciar:● Concas arreicas do interior,

onde auga se acumula formando lagoas e charcas (Tablas de Daimiel na Mancha, Estanca de Alcañiz na depresión do Ebro).

● Albufeiras e marismas xeradas pola sedimentación conxunta de ríos, mar e ventos (Albufera de Valencia, S'Albufera en Mallorca, marismas do ríos Guadalquivir, Tinto e Odiel).

Page 22: 03a hidroloxía

22

DIV

ER

SID

AD

E H

ÍDR

ICA

E B

IOX

EO

GR

ÁF

ICA

22

As augas subterráneas.

Henr ique Hervés

● Os acuíferos son embolsamentos de auga subterránea infiltrada.

● Localízanse nas depresións terciarias, proximidades dos grandes cursos fluviais e cabeceiras dos principais ríos.

● Polo xeral son augas moi estables e ricas dende o punto de vista mineral.

● Nas rexións carentes de auténticos ríos (Canarias, Baleares, SE peninsular) constitúen a única fonte natural de fornecemento de auga.

● Actualmente, afrontan dous problemas fundamentais:● A sobreexplotación coa

conseguinte salinización.● A crecente contaminación

antrópica.