Download pdf - Cerdeira (Prunus avium)

Transcript

cerdeira cereixeira

(Prunus avium)cerezo

gean, wild cherry mérisiercerejeira

CLASEAnxiospermas

ORDERosalesFAMILIA

Rosáceas

Árbore orixinaria de Europa e oeste de Asia e atópase en bosques caducifolios e sebes.

A copa é alta e cónica.Pode acadar ata 30 m de altura.

TALOToro dereito e tona de cor castaña ou gris, avermellada lixeiramente brillante con tiras horizontais que se desprenden.

FOLLASCaedizas, simples, alternas, oval-lanceoladas, coa beira dentada irregularmente, duns 7 a 15 cm de lonxitude e 4-8 cm de anchura, de cor verde escura. O peciolo é cilíndrico, de 2 a 4 cm de lonxitude, de cor encarnada e con dúas glándulas na base do limbo.

FLORESSimples, hermafroditas, con cinco pétalos redondeados, soltos e de cor branca, numerosos estames amarelos e un pistilo. Teñen os rabos longos e agrúpanse en ramiños (umbelas) de número variable. Florece de abril a maio.

FROITOS (cereixas) Drupas esféricas de 9-12 mm de diámetro, de cor encarnada ou case negra. Maduran a comezos do verán e son comestibles.

CICLO ANUAL-CERDEIRA

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Cerdeiras en flor

Cerdeiras no outono

En Galiza é común sobre todo nas serras orientais e meridionais. Atópase silvestre, cultivada ou naturalizada.

Cerdeira no Parque de Castrelos (Vigo).

GUINDO, GUINDEIRA (Prunus cerasus) Ten os froitos máis grandes e acedos. Atópase cultivada e subespontánea por todo o país.

PAU DE SAN GUIRGORIÑO (Prunus padus). Ten os froitos pequenos e amargos agrupados en acios. Atópanse algúns exemplares nas serras orientais de Ourense e Lugo.

CERDEIRA DE SANTA LUCÍA (Prunus mahalev). O froito é pequeno e amargo. Atópase preferentemente en solos calcários de bosques secos desde Pena Trevinca ata o Courel.

USOS: A madeira é apreciada en ebanistería e as corres úsanse para facer cestos. A froita para comer e facer licores. Os rabos dos froitos son diuréticos.

Cerdeira de adorno

Plantación forestal de cerdeiras en Arzúa.

REFRÁNS-Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo.-As cerdeiras e os ladrón, anque os prendan non son bos.

CANTIGA POPULARPaxariño comechónque me andas nas cereixas,come paxariño come,pero a ver as que me deixas.

ESCOLMA LITERARIA

Souto sen follas! Cerdeirasroxas e bidueiras marelas!días breves en que un está sempre nunha cousa!As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas.As bouzas roxas pardean cas choivas.O vento solono souto do outo outono.

Uxío Novoneira “Os Eidos”

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta InternetMaio 2015


Recommended