8
Nº 138 Boletín gratuito para os socios de Cofer Xullo 2015 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected] Séguenos @COFERferrol @COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste NOVOS SERVIZOS DE COGAMI A Confederación Galega de Per- soas con Discapacidade pon en marcha un servizo integral de apoio á contratación: intermedia- ción laboral, contratación temporal e externalización de servizos auxiliares. P.5 AXENDA Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio- nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi- pais recintos da xeografía na- cional. P.7 NOVO PRESIDENTE Cristóbal Dobarro Gómez é dende o pasado 9 de xuño o novo presi- dente da Confederación de Em- presarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal en sustitución de Isidro Silveira Rey. P.2 PRIMEIROS CONTACTOS O novo presidente de COFER mantivo durante o mes de xuño unha apretada axenda de con- tactos con representantes insti- tucionais para presentarlles o seu programa de traballo. P.3 LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais. P.6 CONVENIO FP Asinado co CIFP Ferrolterra un convenio para homologación de soldadura que abre a porta para a colaboración entre a Confedera- ción de Empresarios e o Centro de Formación Profesional. P.4

Xullo 2015 - cofernet.com · Nº 138 Boletín gratuito para os socios de Cofer Xullo 2015 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: comunicacion

Embed Size (px)

Citation preview

Nº 138

Boletín gratuito para os socios de Cofer

Xullo 2015

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Séguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

NOVOS SERVIZOS DE COGAMI A Confederación Galega de Per-soas con Discapacidade pon en marcha un servizo integral de apoio á contratación: intermedia-ción laboral, contratación temporal e externalización de servizos auxiliares.

P.5

AXENDA

Unha compilación dos eventos e feiras monográficas profesio-nais máis interesantes para o empresario, programados para as vindeiras datas nos princi-pais recintos da xeografía na-cional. P.7

NOVO PRESIDENTE Cristóbal Dobarro Gómez é dende o pasado 9 de xuño o novo presi-dente da Confederación de Em-presarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal en sustitución de Isidro Silveira Rey.

P.2

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

PRIMEIROS CONTACTOS O novo presidente de COFER mantivo durante o mes de xuño unha apretada axenda de con-tactos con representantes insti-tucionais para presentarlles o seu programa de traballo. P.3

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, publicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais.

P.6

CONVENIO FP Asinado co CIFP Ferrolterra un convenio para homologación de soldadura que abre a porta para a colaboración entre a Confedera-ción de Empresarios e o Centro de Formación Profesional.

P.4

2

Relevo na presidencia de COFER

Xuño 2015

O que ata o de agora fora secre-tario da Confederación de Em-presarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, Cristobal Dobarro Gómez, ocupa xa dende o pasa-do día 9 de xuño a presidencia da entidade en sustitución de Isidro Silveira Rey, quen, des-pois de catro anos de mandato decidiu non volver a optar ao cargo. Silveira agradeceu aos repre-sentantes da entidades asocia-das a COFER a súa colabora-ción durante o seu mandato e animou ao seu sustituto a seguir traballando pola dinamización socioeconómica das tres comar-cas e a defender diante das Administracións o cumprimento das obligacións que estas teñen coa zona, para conseguir a con-solidación e o progreso que se merece. O presidente entrante, pola súa parte, expuxo as liñas do que será o seu programa de traba-

cia que realmente resulte atractivo para a inversión. Dobarro apostou tamén por favore-cer a promoción exterior das em-presas da comarca e a potencia-ción de sectores como o turístico e o enerxético. Tras a celebración da asemblea electoral, quedou constituída a Xunta Directiva e o Comité Execu-tivo da Confederación. Compoñen a primeira: o presidente, Cristóbal Dobarro, os vicepresidentes, José R. Franco Caaveiro, José M. Rilo González-Vallés e Santiago Pérez-Torres Fernández; o secretario, Pablo Rivera Somorrostro e o te-soureiro, Juan Ramos Reigosa. A eles súmanse como vogais, para conformar o Comité Executivo: Emilio Vázquez Rey, Tomás Antón Lorca e Jaime Domínguez Paz. Ademáis, o presidente incorporou como vogais de libre designación con voz pero sen voto a: Óscar Faraldo Mayo e Roberto Hermida Piñón.

llo para os vindeiros catro anos, apuntando o seu interese por ampliar a colaboración coas ad-ministracións para a mellora so-cioeconómica das nosas comar-cas, demandando un plan de reindustrialización acorde coa realidade da nosa área de influen

Cristóbal Dobarro Gómez asumiu a presidencia trala asemblea do día 9 de xuño

Momento da reunión da asamblea electoral

3

Xuño 2015

O presidente de COFER traslada ás institucións locais o seu programa de traballo para 2015-19

Días despois da súa designación como presidente de COFER, Cristóbal Dobarro comezou cos contactos de rigor cos principais representantes institucionais da cidade para trasladarlle os detalles do seu programa de traballo de cara aos vindeiros catro anos. O obxectivo é manter e ampliar os lazos de colaboración que a nosa Confederación ten coas diferentes entidades e administracións para avanzar na dinamización socioe-conómica do noso tecido empresa-rial. Aínda que en axenda quedan máis reunións pendentes, ata o momen-to o presidente de COFER entre-vistouse xa co alcalde, Jorge Suá-rez, nun encontro no que estivo tamén presente o anterior titular da nosa entidade, Isidro Silveira. Días antes, Dobarro mantivera un encontro co concelleiro de Promo-ción Económica de Ferrol, Felipe Sas. O dia 24 de xuño foi Natalia Barros, directora da Oficina do Plan Ferrol, quen recibiu ao titular de COFER, que lle fixo chegar o interese da patronal comarcal por traballar coas administracións central e autonómica na definición dun Plan de Reindustrialización acorde coa realidade socioeconómica de Fe-rrolterra e que sexa capaz de cap-tar inversión para a nosa área de influencia. A Armada é outra das institucións coas que a Confederación traballa nos últimos anos man con man na promoción do valor patrimonial da nosa cidade, con iniciativas como a Ruta da Construción Naval. Por este motivo, Cristóbal Dobarro entrevistouse tamén co Almirante Xefe do Arsenal Militar, Manuel Garat Caramé, para trasladarlle o interese da nosa entidade por con-tinuar con esta vía de colaboración

e buscar novos eidos de traballo conxunto. Na axenda do presidente de COFER figuran tamén as centrais sindicais coas que prevé reunirse nos vindeiros días. Cos vocei-ros comarcais da CIG xa celebrou este encontro o pasado día 26 de xuño. Dobarro estivo acompaña-do polo vogal do comité executivo, Emilio Vázquez Rey. Navantia e Porto O director de Navantia Ferrol-Fene, Julio Martín, tamén recibiu ao novo titu-lar de COFER. Nunha reu-nión á que Dobarro acudiu acompañado polo vicepre-sidente da entidade, San-tiago Pérez-Torres Fernán-dez, o secretario, Pablo Rivera Somorrostro, e o vogal, Emilio Vázquez Rey. O presidente aproveitou para trasladarlle a Julio Martín o interese da Confe-deración por seguir respal-dando a actividade do sec-tor naval, pola importancia que este ten para a eco-nomía comarcal. A axenda de encontros que no mes de xuño mantivo Cristóbal Dobarro como presidente de COFER, completouse coa visita ao presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José M. Vilariño. A ela o titular da Confedera-ción acudiu acompañado de Santiago Pérez– Torres Fernández e Pablo Rivera Somorrostro. Nas vindeiras semanas, o presidente de COFER ten previsto continuar con esta

Reunión con Natalia Barros, Directora do Plan Ferrol

Momento da entrevista co Almirante Xefe do Arsenal

Imaxe da reunión co voceiro da CIG, Manuel Gran-dral, e o covoceiro do sindicato, Xesús A. López Pin-tos. Acompañando ao presidente de COFER, acudiu o vogal, Emilio Vázquez Rey.

axenda de contactos, mantendo reunións, entre ou-tros, coa directora xeral de Emprego, Ana Díaz, o director do IGAPE, Javier Aguilera, o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel A. Varela Rey.

4

COFER asina co CIFP Ferrolterra un convenio para homologación de soldadura Ademáis colaboraremos na integración laboral dos alumnos e ex-alumnos do centro mediante a promoción da súa bolsa de emprego entre os nosos asociados

Xuño 2015

O presidente de COFER, Cristóbal Dobarro Gómez, e o director do CIFP Ferrolterra, Enrique Pazo López, firmaron no mes de xuño un convenio de colaboración co que se pretende avanzar no desenvol-vemento de actividades desti-nadas a propiciar unha mellor cualificación da man de obra redundando así no adecuado desenvolvemento económico da comarca. En virtude de dito protocolo, o CIFP Ferrolterra pon as súas instalacións a disposición da nosa entidade, así como a ma-quinaria coa que conta o cen-tro, para a realización das pro-bas de homologación de solda-dura que permiten a obtención da cualificación de soldadores UNE EN ISO 9606-1/EN 287 nos procesos de contratación de persoal que realicen os no-sos asociados. Os gastos que se deriven da realización dos cursos correrán por conta das empresas promotoras dos mesmos. COFER, pola súa parte, com-prométese a que en ditos pro-cesos se dea cabida a alumnos da bolsa de emprego do propio instituto. A nosa Confederación colabo-rará estreitamente co CIFP Ferrolterra na promoción das súas iniciativas e propiciará a integración laboral de alumnos e ex alumnos do instituto rexis-trados na mencionada bolsa de emprego do centro.

O Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra dispón dunha bolsa de emprego na que os nosos asociados poderán in-corporar aquelas ofertas de tra-ballo que respondan ao perfil dos ciclos que se imprarten no Institu-to e que son os seguintes: Grao Medio: -Instalacións Eléctricas e automá-ticas. -Instalacións de telecomunica-cións. -Mecanizado -Soldadura e calderaría -Carpintería e moble -Instalación e amoblamento -Carrocería -Electromecánica de vehículos automóbiles.

Grao Superior: -Sistemas electrónicos e automati-zados. -Sistemas de telecomunicación e informáticos. -Automatización e robótica indus-trial -Mantemento electrónico. -Construcións metálicas -Deseño en fabricación mecánica -Educación infantil -Automoción -Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica. O Servizo ofrece tamén a posibili-dade de coñecer os perfís profe-sionais que busca a empresa de cara a unha formación do alumna-do axustada aos requisitos do en-torno laboral real.

O Instituto pon a disposición dos nosos asociados a súa bolsa de emprego

5

Xuño 2015

COGAMI pon en marcha un servizo

integral de apoio á contratación A entidade ofrece asistencia na área de intermediación laboral, contratación de traballa-dores temporais con discapacidade e externalización de servizos auxiliares.

COGAMI, con que COFER ten asinado un convenio de colabo-ración para asesoramento aos nosos asociados, ven de incor-porar novos e interesantes ser-vizos á empresa mediante a constitución de dúas novas ini-ciativas de economía social, complementarias ao Servizo de Intermediación Laboral que ven traballando dende o ano 1996 pola inclusión laboral de perso-as con discapacidade. O SIL é un servizo de balde que traballa por unha parte coas empresas, prestando asesoramento e pro-porcionando CV adecuados ao perfil solicitado e, por outra, coas persoas usuarias do servi-zo, preparándoas para o proce-so de selección. Xunto co SIL e outros como: formación, consul-taría, transporte adaptado, asis-

tencia persoal, servizos de promo-ción da autonomía persoal, etc, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade xestiona tamén dúas entidades de economía so-cial. Activa Social ETT, de recen-te creación, é unha empresa de traballo temporal exclusivamente centrada nas persoas con discapa-cidade. A maior vantaxe para a empresa é a minorización de cus-tos, xunto coa redución de trámi-tes. Ademáis facilita o cumprimen-to da cuota do 2% que esixe a Ley General de Derechos de las Perso-nas con Discapacidad ás empre-sas de máis de 50 traballadores. Asimesmo, permite coñecer ao traballador ou traballadora durante un tempo sen a obrigatoriedade de contratación mínima dun ano que existe para poder beneficiarse das axudas para a contratación de per-

soas con discapacidade. Externalización de servizos Por outra parte, Combina Social, S.L leva traballando dende o ano 2009, especializada na externaliza-ción de servizos auxiliares tales como: limpeza, mantemento, xestión de almacén e actividades loxísticas, servizos de consultoría, conserxería, celaduría, etc. Este sistema fai posible importan-tes aforros de tempo, esforzo, man de obra e custos de operación, de xeito que a empresa contratante poida centrarse nas súas fortale-zas estratéxicas. Ademais, dende a propia firma axúdase á empresa a cumprir coa cuota do 2% esixida por lei, pero nesta ocasión a través das medi-das alternativas propostas polos profesionais que traballan en Combina Social.

+info: COMBINA SOCIAL

ACTIVA SOCIAL ETT

Imax

e ce

did

a p

or

Co

gam

i

Lexislación

6

ORDE do 22 de xuño de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para os investimentos en transformación e comercializa-ción de produtos agrarios e forestais cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2015. DOG Nº 121 de 30 de xuño de 2015

Resolución de 15 de xuño de 2015 pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2014, do Real Decreto 196/2010, de 26 de febrero, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedintes de regulación de emprego 76/2000, de 8 de marzo de 2001, e 25/2001, de 31 de xullo DOG Nº 118 de 25 de xuño de 2015. RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas em-presas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015), e se procede á súa con-vocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. DOG Nº114 de 18 de xuño de 2015 ORDE do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de sub-vencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015. (DOG Nº 107 de 9 de xuño de 2015).

Orden IET/1203/2015, de 16 de junio, por la que se convocan subvenciones para el apoyo a agrupaciones empresariales innovadoras correspondientes a 2015 (BOE Nº 148 de 22 de junio de 2015).

Orden ESS/1187/2015, de 15 de junio, por la que se desarrolla el Real Decreto 625/2014, de 18 de julio, por el que se regulan determinados aspectos de la gestión y control de los procesos por incapacidad temporal en los primeros trescien-tos sesenta y cinco días de su duración (BOE Nº 147 de 20 de junio de 2015).

Real Decreto 421/2015, de 29 de mayo, por el que se regulan los modelos de estatutos-tipo y de escritura pública estanda-rizados de las sociedades de responsabilidad limitada, se aprueba modelo de estatutos-tipo, se regula la Agenda Electró-nica Notarial y la Bolsa de denominaciones sociales con reserva. BOE Nº 141 de 13 de junio de 2015

Orden ECC/1087/2015, de 5 de junio, por la que se regula la obtención del sello de Pequeña y Mediana Empresa Innova-dora y se crea y regula el Registro de la Pequeña y Mediana Empresa Innovadora. BOE Nº139 de 11 de junio de 2015

Real Decreto 379/2015, de 14 de mayo, por el que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvencio-nes públicas destinadas a la financiación de la acción "Tu trabajo EURES-FSE" (BOE Nº 138 de 10 de junio de 2015).

Resolución de 26 de mayo de 2015, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica el Acta de modifi-cación del Convenio colectivo del comercio minorista de droguerías, herboristerías y perfumerías (BOE Nº 138 de 10 de junio de 2015).

Orden de 29 de mayo de 2015 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas destinadas a acciones de fomento de la prevención de riesgos laborales en la Comunidad Autónoma de Galicia en el ejercicio de 2015 (DOG Nº 108 de 10 de junio de 2015).

Orden HAP/1067/2015, de 5 de junio, por la que se aprueban los modelos de declaración del Impuesto sobre Sociedades y del Impuesto sobre la Renta de no Residentes correspondiente a establecimientos permanentes y a entidades en régi-men de atribución de rentas constituidas en el extranjero con presencia en territorio español, para los períodos impositivos iniciados entre el 1 de enero y el 31 de diciembre de 2014, se dictan instrucciones relativas al procedimiento de declara-ción e ingreso y se establecen las condiciones generales y el procedimiento para su presentación electrónica (BOE Nº 136 de 8 de junio de 2015).

Orden ESS/1068/2015, de 3 de junio, por la que se prorrogan los plazos para la presentación de las solicitudes y de remi-sión de los informes-propuesta de los incentivos correspondientes al ejercicio 2014, al amparo del Real Decreto 404/2010, de 31 de marzo, por el que se regula el establecimiento de un sistema de reducción de cotizaciones por contingencias profesionales a las empresas que hayan contribuido especialmente a la disminución y prevención de la siniestralidad labo-ral (BOE Nº 136 de 8 de junio de 2015).

Xuño 2015

IFEMA. Feria de Madrid

Xuño 2015

7

Axenda

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

GALICIA

BISUTEX. Salón Internacional da Bixutería e os Complementos INTERGIFT MADRID JOYA 9 ao 13 de setembro NOMAD METRÓPOLIS. Salón Internacional do Textil, o Calzado e os Complementos 11 ao 13 de setembro MERCEDES BENZ FASHION WEEK 18 ao 22 de setembro III FORO DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO 23 e 24 de setembro TRAFIC. Salón Internacional da Movilidade Segura e Sostible 29 de setembro ao 2 de outubro

loT SOLUTIONS WORLD CONGRESS. I Congreso Mundial sobre soluciones loT para industrias 16 ao 18 de setembro EXPOHOGAR OTOÑO 19 ao 22 de setembro BARCELONA DEGUSTA. BCN & CAKE 24 ao 27 de setembro 1 e 2 de xullo

EXPOURENSE

TERMATALIA.– Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar 24 ao 26 de de setembro

EXPOLUGO RURAL 3 ao 5 de outubro FEIRA DO VEHÍCULO HISTÓRICO E MAQUINARIA ANTIGA 17 ao 18 de outubro FEIRA MULTISECTORIAL DO COMERCIO, ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA 30 outubro ao 1 de novembro

PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS DE LUGO

FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA

Xuventude Galicia NET 2015 18 ao 20 de setembro Stock Car Galicia 2015 9 ao 12 de outubro Feira da Enerxía de Galicia 5 ao 7 de novembro

IFEVI

CONXEMAR 5 ao 7 de outubro

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Xuño 2015

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña