24
Entrevistas cos alcaldes TEMA DO MES Páx.2 XINZO Páx.8 VERÍN Páx.4 Número: 15 - Ano: X - Xullo 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CELANOVA Páx. 16 ALLARIZ Páx.12 De esquerda a dereita, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane (entrevista en páx.3); o de Xinzo de Limia, Antonio Pérez (páx.9); o de Allariz, Francisco García (páx.14); e o de Celanova, José Luis Ferro (páx.17). Canto custan as novas corporacións municipais? A X Feira do Viño de Verín terá lugar do 7 ao 9 de agosto Iníciase a campaña de escavacións no castro de Armea O Concello de Xinzo comeza unha limpeza xeral da vila II Festival “Hercules Brass” do 4 ao 8 de agosto [páx. 18] Exitosas carreiras en Xinzo de Limia e Celanova

Xullo de 2015 - Barrios

Embed Size (px)

DESCRIPTION

En Barrios do mes de xullo, entrevistas cos alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova

Citation preview

Page 1: Xullo de 2015 - Barrios

Entrevistas cos alcaldes

TEMA DO MES Páx.2 XINZO Páx.8VERÍN Páx.4

Número: 15 - Ano: X - Xullo 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CELANOVA Páx. 16ALLARIZ Páx.12

De esquerda a dereita, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane (entrevista en páx.3); o de Xinzo de Limia, Antonio Pérez (páx.9); o de Allariz, Francisco García (páx.14); e o de Celanova, José Luis Ferro (páx.17).

Canto custan as novas corporacións municipais?

A X Feira do Viño de Verín terá lugar do 7 ao 9 de agosto

Iníciase a campaña de escavacións no castro de Armea

O Concello de Xinzo comeza unha limpeza xeral da vila

II Festival “Hercules Brass” do 4 ao 8 de agosto

[páx. 18]

Exitosas carreiras en

Xinzo de Limia e Celanova

Page 2: Xullo de 2015 - Barrios

� BARRIOSXullo de �015

4 CUSTO DAS CORPORACIÓNS VERÍN XINZO ALLARIZ CELANOVA

Dedicacións exclusivas* 2 (65.940 €) - 2 (63.940,10 €) 1 (45.000 €)

Dedicacións parciais* - 1 (10.152 €) 2 (30.185,68 €) 2 (40.939,92 €)

Asistencia a plenos** 90 € 150 € 50 € 108 €

Retribución por edil - - 100 €/mes -

Persoal de confianza* 2 (43.077,72 €) - - -

Nº de concelleiros 17 17 13 13

Habitantes (INE) 14.65� 10.�00 6.060 5.615

* Cantidades brutas anuais, agás no caso de Xinzo. ** Cantidade por concelleiro por cada asistencia

TEMA DO MES

S.N.

Nos últimos anos, prin-cipalmente froito da com-plicada situación económi-ca que atravesa España, as retribucións económicas dos nosos políticos non só comezaron a espertarnos interese, senón tamén pre-ocupación. Cobran moito ou pouco? Entraron en política para facerse ricos? Responden con traballo ao seu soldo? Amosámos-lles canto costan as novas corporacións municipais de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova. Xulguen voste-des.

VerínCun recente cambio de

goberno, tamén mudaron as asignacións dos distintos membros da corporación verinesa. Neste novo man-dato, hai dúas dedicacións exclusivas, as do primeiro e segundo tenente de alcalde, Diego Lou-renzo do BNG e Rosario Rodríguez do PSOE, que recibirán, cada un, 32.970 euros brutos ao ano en 14 pagas (2.355 euros brutos/mes).

Ante as críticas da opo-sición, sinalando que estes salarios eran maiores que os do goberno popular, o novo alcalde de Verín, Gerardo Seoane (que non ten ningún tipo de dedica-ción), explicou que “apa-rentemente si, pero na

realidade non porque aquí había quen non cobraba e pasaba unhas dietas…! Hai que sumar o gasto to-tal, non só o gasto dos sol-dos”, aclarou o socialista.

Pola súa banda, o vo-ceiro do goberno e primei-ro tenente de alcalde, Die-go Lourenzo, defendíase

Canto cobran os políticos locais?4 Analizamos o custo das corporacións municipais de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.

no pleno dicindo que “o salario neto que cobrare-mos os dous tenentes de alcalde será, aproximada-mente, de 1.700 euros ao mes. Non me dá vergoña nin medo xustificalo”.

Asemade, o novo go-berno conta con persoal eventual: unha adminis-trativa-secretaria de Al-caldía e un responsable de prensa e comunicación. Ambos recibirán ao ano 21.538,86 euros (1.539,27 euros en pagas mensuais

e 1.533,81 euros nas dúas pagas extraordinarias).

No que respecta ás asig-nacións aos concelleiros que non teñen dedicación, por asistencia a plenos e comisións, aínda están pendentes de aprobarse oficialmente, pero pre-téndese manter a mesma remuneración do mandato anterior, ao redor de 90 euros cada un por sesión.

Xinzo En Xinzo de Limia só

se estableceu unha dedica-ción parcial, de 846 euros líquidos ao mes (incluída a parte correspondente das pagas extras), que recibe o popular Luis Miguel Gil, responsable de catro con-cellerías.

Pola súa banda, o al-calde, Antonio Pérez, non conta con dedicación al-gunha, recibe o mesmo que calquera concelleiro: 150 euros por asistencia a plenos (o ordinario celé-brase cada dous meses) e comisións .

O rexedor do PP, que presume de levar 24 anos como autónomo e de tra-ballar por Xinzo sen nin-gún tipo de interese eco-nómico, defendeu o seu criterio asegurando que a súa corporación “é a dun municipio de máis de 10.000 habitantes máis ba-rata da provincia”.

AllarizEn Allariz establecé-

ronse dúas dedicacións exclusivas: a do alcal-de, o nacionalista Fran-cisco García, que cobra 39.326,28 euros brutos ao ano en 14 pagas (2.809,02 euros brutos/mes); e a da responsable de Promoción Económica, que recibe 24.613,82 euros brutos ao ano (1.758,13 euros brutos/mes). Así mesmo, hai dúas dedicacións par-ciais, dos edís de Depor-te e de Medio Ambiente, que cobrarán, 15.092,84 euros brutos anuais cada un (1.078,06 euros brutos/mes).

Ademais, cada conce-lleiro recibe unha asigna-ción de 100 euros men-suais para a financiación da súa actividade dentro da corporación. “Sempre mantivemos como razoa-ble e como un servizo aos cidadáns que os grupos

políticos poidan ter unha financiación municipal”, explica o rexedor.

A maiores, os edís sen dedicación cobran 50 euros por asistencia a ple-nos (o ordinario celébrase todos os meses do ano, salvo en agosto e decem-bro) e comisións.

CelanovaNo Concello de Celano-

va o seu alcalde, o popular José Luis Ferro, conta con dedicación exclusiva, pola que recibe 45.000 euros brutos ao ano (3.214,29 euros brutos/mes). Tamén se estableceron dúas dedi-cacións parciais, cobrando cada un destes dous con-celleiros 20.469,96 euros brutos anuais (1.462,14 euros brutos/mes).

Estas cifras espertaron críticas, pero Ferro saíu ao paso: “penso que se ten que valorar máis o labor e o traballo dun político e non o soldo”, explicou o rexedor.

Pola súa banda, os membros da corporación sen dedicación reciben por asistencia a plenos e Xuntas de Goberno local 108 euros por concellei-ro. Así como 80 euros por participar nas comisións informativas. Por último, en Celanova tamén se es-tableceu que durante as substitucións ou ausencias do alcalde, o edil que se encargue momentanea-mente do seu traballo re-ciba 70 euros por cada día que acuda a despachar á Casa do Concello, como compensación das actua-cións que realice dentro do municipio.

“A de Xinzo é a corporación dun municipio de máis de 10.000 habitantes máis barata da provincia”, asegura o alcalde, o popular Antonio Pérez

En Allariz, cada edil recibe 100 euros ao mes para realizar a súa actividade

Os partidos políticos atópanse entre as principais preocupacións dos españoles, tralo paro, a corrupción e a economía.

Page 3: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

3VERÍN E COMARCA

Paula Lodeiro

O socialista Gerardo Seoane, arquitecto de profesión, asumiu a alcaldía de Verín grazas a un pacto de goberno co BNG. Neste primeiro mes de mandato o novo rexedor aproveitou para poñerse ao día nos asuntos municipais, e está a atopar algunha “sorpresa” coa que non contaba.

A que cre que se debeu o vol-co electoral vivido en Verín?

Gerardo Seoane: “O volco electoral estaba cantado hai moi-to tempo, a xente tiña necesidade de cambio e pasou de forma na-tural, non é unha cousa inespera-da nin unha sorpresa para moita xente”.

Como se atopou o Concello de Verín ao chegar a este des-pacho?

G.S. “O Concello de Verín é un concello grande, ten moitas acti-vidades, a maioría delas subcon-tratadas, ou concesionadas, non é unha cousa que se poida ver nun mes. Temos avanzado bastante e practicamente xa temos claro como estaban as cousas”.

E como estaban?G.S.: “Xa cho direi máis

adiante. Evidentemente, non coa idea que nós temos do que debe ser un concello”.

Que maneiras de facer polí-tica diferentes empezou a apli-car o novo goberno de PSOE e BNG en Verín?

G.S.: “De momento a acce-sibilidade, estamos recibindo a todo o mundo.

Tamén estamos estudando tema por tema e vendo problemas ou a situación actual para intentar enfocala ao que nós queremos, o que nós cremos que debe ser. Son moitísimas as cousas, e hai xente máis impaciente e menos impaciente.

Hai contratos que caducaron no momento en que acabamos de entrar e que tivemos que prorro-gar aínda que ao mellor non era a nosa intención, e hai determina-das actividades que hai que man-ter aínda que pensamos que se deben facer doutra maneira. Nun

principio vanse seguir facendo as cousas máis ou menos, non como estaban, dándolles outra volta, pero nos próximos meses si que vai haber un volco xeral”.

Os cambios non poden ser dun día para outro?

G.S.: “Exacto, esta aparente continuidade non é unha conti-nuidade, é unha especie de tempo morto ata que poidamos implan-tar o que de verdade queremos.

Nós non queremos ningún tipo de concesión administrativa. Pensamos que o Concello pode asumir perfectamente todas as funcións que lle encomenda a Constitución. Creo na empresa pública.

De feito, todas as concesións administrativas que se fixeron, unhas son ruinosas para o Con-cello e outras son ruinosas para o concesionaria. Incluso onte (polo xoves 9) apareceu no rexistro a renuncia á concesión do aparca-mento da praza do Concello pola empresa concesionaria.

Si nos atopamos con algun-ha sorpresa; que, por exemplo, o goberno anterior solicitara a catastro un aumento do 10% dos valores catastrais, inmediata-mente desistimos desa petición”.

Porque iso podería supor a suba do IBI?

G.S.: “Claro, ao subir o valor iría unha suba no IBI. Esa peti-ción fíxoa o ex rexedor antes de marchar e nós anulámola.

Hai outra serie de cuestións que estamos revisando. Unhas están máis claras e outras menos. Por exemplo, o tema de Vendex e dos aparcamentos. Vendex empezou no ano 2005 e acabou no 2007 o primeiro contrato, no 2007 o señor Jiménez firmoulle un contrato ata 2011, no 2011 fir-moulle outro contrato ata 2013, ese contrato venceu e leva sen prórroga, en precario, dous anos. Evidentemente, xa nos puxemos en contacto con eles para rescin-dir calquera tipo de contrato que teñamos con eses señores, as má-quinas son do Concello desde o ano 2007 e este servizo pasara a ser atendido polo Concello.

Hai outros máis que están en estudo, sobre todo no tema de deportes e no tema de limpeza. Neste, aínda que o renovamos, xa estamos en negociacións para facelo doutra forma.

Tamén lle demos para atrás a algunha adxudicación de obra, fixemos algunha auditoría de obra realizada recentemente que

non coincide co que se di no proxecto”.

Non se referirá ao Centro das Artes?

G.S.: “Non. Estamos falando de obras pequenas, doutras que non se poden facer porque care-cían de todos permisos e desde o meu punto de vista non eran axeitadas.

Ou o tema dos radares de tráfico que deixou adxudicado o anterior alcalde. Eu entendo que iso é un prexuízo moi gran-de para o pobo, xa tiven varias conversas coa empresa concesio-naria e imos ver se chegamos a un acordo e non se implantan os radares, que suporían unha canti-dade de multas á xente impresio-nante para recadar o que teñen previsto. Pensamos que a segu-ridade vial non vai por aí e que iso era unha tomadura de pelo para quitarlle o diñeiro á xente. Sei que vai ser difícil e ao mellor hai que ir ao xulgado ou ao me-llor haberá que indemnizar o que sexa, pero na miña intención os radares non se poñen”.

Na entrevista que lle facía-mos antes das eleccións citaba como unha das prioridades o

casco antigo, que propoñen agora que gobernan?

G.S.: “Os veciños do casco antigo xa se reuniron a semana pasada e teñen unha lista de peti-cións, máis ou menos concordan bastante co que nós tiñamos no programa. En dous ou tres días teremos unha reunión formal e a idea é que no próximo pleno xa nos metamos con algunha parte do que lles prometemos”.

Vaise modificar a peonaliza-ción desta zona?

G.S.: Imos cumplir exacta-mente o que dixemos, é dicir, darlle a palabra a eles”.

Vostede entrou en política de novo a raíz da rehabilita-ción do Castelo de Monterrei, posicionándose en contra; que postura vai manter sobre este proxecto o Goberno local de Verín?

G.S.: “O novo goberno de Ve-rín foi unha parte activa na Pla-taforma e segue mantendo a súa mesma postura. Encontrámonos con que iso se vai abrir, pero as accións xudiciais tamén seguen. Entendo que aínda que se abra (o parador) non tardará moito en pechar”.

Nos últimos tempos a socie-dade reclama máis participa-ción e transparencia, como se aplicará en Verín?

G.S.: “Estamos facendo unha nova páxina web na que apare-cerá o portal de transparencia e aí non hai que facer moito máis que cumplir a lei.

Por outra parte, durante todos estes días moitísima xente veu propoñendo cousas para facer, non só obras, actividades… e en principio estamos apoiando todas, sempre e cando non nos custe moito diñeiro porque o diñeiro é limitado. Pero si estou gratamente sorprendido da canti-dade de actividades que propón a xente, e son do máis diverso”.

Cal é o custo da corporación verinesa?

G.S.: “Hai dúas dedicacións exclusivas, unha por parte do PSOE e outra do BNG, primeiro e segundo tenente alcalde, que están aquí oito horas ao día ou máis.

O que se dixo de que o gober-no é máis caro que outras veces, aparentemente si, pero na reali-dade non porque aquí había quen non cobraba e pasaba unhas die-tas…! Hai que sumar o gasto total, non só o gasto dos soldos. Aparentemente aquí todo estaba moi legal, cunha escrupulosida-de, pero iso é mentira, por detrás había de todo”.

ENTREVISTA A GERARDO SEOANE - ALCALDE DE VERÍN

“Xa nos puxemos en contacto con Vendex para rescindir o contrato”

4 O novo alcalde de Verín aposta pola remunicipalización de servizos, pois considera a maioría das concesións “ruinosas”.

“Esta aparente continuidade non é unha continuidade, é unha especie de tempo morto ata que poidamos implantar o que de verdade queremos”

“Ao mellor haberá que ir ao xulgado ou indemnizar, pero na miña intención os radares non se poñen”

Gerardo Seoane, no seu despacho no Concello de Verín./P.L.

Page 4: Xullo de 2015 - Barrios

4 BARRIOSXullo de �015 VERÍN E COMARCA

Redacción

A presidenta da De-nominación de Orixe Monterrei, Asunción Rodríguez, acompañada de técnicos da entidade mantivo un encontro co alcalde de Verín, Gerardo Seoane, para sentar as ba-ses da colaboración entre ambas as entidades con respecto á celebración da Feira do Viño, cuxa dé-cima edición celebrarase na fin de semana do 7 ao 9 de agosto. Na reunión

4 Nova presidentaAsunción Rodríguez

Zarrasquiños é a nova presidenta do Consello Regulador da Denomi-nación de Orixe Monte-rrei, elixida por maioría de votos do pleno en substitución de Antonio Méndez.

Ligada ao mundo da produción vinícola in-dustrial desde hai máis de 10 anos, Rodríguez situou entre os seus obxectivos máis inme-diatos concluír os trá-mites para a obtención da acreditación ENAC e intensificar as accións de defensa e promoción do sector do viño de Monterrei, coa mirada posta na próxima Feira do Viño.

participaron, ademais, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo,e as concelleiras de Turismo, Puri Caldelas, e de Cultura, Emilia Somo-za.

No decurso da xuntanza, a máxima responsable do D.O. sinalou que o orga-nismo que preside espera contar coa participación dun maior número de ade-gas nesta edición da feira, en relación a convocatorias anteriores. Paralelamente, expresou o seu desexo de que este ano se supere a ci-fra de 15.000 degustacións de produto alcanzada o ano pasado.

Pola súa banda, o alcalde de Verín mostrou a abso-

Verín acollerá a X Feira do Viño do 7 ao 9 de agosto

luta colaboración do Con-cello na organización do evento, que contará cunha axenda de actos paralela de carácter lúdico-festivo e de promoción gastronómica.

4 A colleita 2014, “moi boa”

A presidenta da D.O. Monterrei e técnicos da entidade, xunto ao alcalde de Verín, o tenente de alcalde e as concelleiras de Turismo e Cultura.

A Cata de Cualifica-ción da Colleita 2014 da D.O. Monterrei definiu esta añada como “moi boa”.

En total, 19 viños, 13 de viño branco e 6 de viño tinto, sometéronse nunha cata “a cegas”, ao xuízo do comité encarga-do de valorar a presente

colleita, no que supón unha mostra representati-va e proporcional dos vi-ños desta denominación

A nota final resultou da media das puntuacións concedidas por cada ca-tador a cada unha das mostras, incluíndo tanto os viños brancos coma os tintos.

EN BREVE

4 Inscricións no Campamento do Invernadoiro

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín abriu o prazo de inscrición para participar no Campamento do Inver-nadeiro, para menores de entre 8 e 15 anos.

O campamento inclúe pensión completa, mate-riais para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en anima-ción sociocultural; acti-vidades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de conviven-cia, rutas de sendeirismo, seguro e atención sanita-ria, se fose necesaria.

O campamento oferta 50 prazas, a un prezo de 110 euros para menores empadroados en Verín, e 130 euros para os non empadroados.

4Obradoiro sobre cooperativismo nos servizos sociais

A Consellería de Traba-llo e Benestar, a través da Rede Eusumo na que está incluida o departamen-to de Desenvolvemento Local do Concello de Ve-rín, programa na vila do Támega o obradoiro “A

fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade quere amosar as vantaxes da fórmula cooperativa como o me-llor modelo empresarial, presentando exemplos de referenza neste sec-tor.

Está dirixida a axen-tes de servizos sociais e a persoas interesadas en impulsar proxectos so-ciais, e terá lugar o 16 de xullo, no Centro de De-senvolvemento Coopera-tivo de Verín, de 10 a 13 horas.

4Verín pon en marcha “Move a túa atención”

O Concello de Verín vén de por en marcha o obradoiro “Move a túa atención”, para maiores de 45 anos que queren previr o deterioro das funcións cognitivas. Co-mezará unha vez se ins-criba un grupo dun míni-mo de 8 a 10 persoas.

Os asistentes ao obra-doiro realizarán tarefas prácticas empregando di-námicas grupais, exerci-cios motrices asociados a procesos cognitivos, e técnicas de debate.

A inscrición pode rea-lizarse no 988 41 47 76.

Agárdase superar as 15.000 degustacións

Page 5: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

5VERÍN E COMARCA

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, iniciará nas vindeiras semanas os traballos de adecuación e limpeza de dez puntos de vertido incontrolado no Concello de Cualedro. A conselleira Ethel Vázquez reuniuse esta semana co alcalde de Cualedro, Lu-ciano Rivero, para analizar a execución destas obras.

Estes traballos terán lu-gar en varios núcleos deste

municipio ourensán como A Xironda, Pedrosa, Mon-tes, Lamas ou Atas.

O proxecto implica a recollida, clasificación e retirada de residuos a un xestor autorizado segundo tipo de residuo; o perfila-do e acondicionamento dos residuos inertes, e a revexetación mediante o estendido de terra vexetal e sementeira.

Ademais, inclúese unha reportaxe fotográfica an-terior e posterior á execu-ción.

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o al-calde de Cualedro, Luciano Rivero, nunha xuntanza en Ourense.

Medio Ambiente eliminará dez vertedoiros incontrolados en Cualedro4 Existentes na Xironda, Pedrosa, Montes, Lamas e Atas.

O IES García Barbón de Verín informa sobre as datas de matrícula para as distintas opcións formati-vas que ofrece, así como dos exames de setembro para os que teñen que re-cuperara algunha materia de cara ao novo curso.

FPNos estudos de Forma-

ción Profesional, unha vez realizado o proceso de admisión, vaise pro-ceder coa primeira adxu-dicación o 17 de xullo. A matrículación pode facerse do 17 ao 23 de xullo (ata as 13 horas). A segunda adxudicación terá lugar o 28 de xullo e o prazo de matrícula é do 28 ao 30 de xullo (tamén ata as 13 horas).

Haberá un período ex-traordinario de admisión e matrícula para os estu-dos de FP-ciclos de grao medio e superior- do día 1 ao 11 de setembro. A adxudicación terá lugar o 23 de setembro e a ma-tricula farase do 23 ata as 13 horas do 25.

Nos ciclos con prazas libres, habilítase un pro-cedemento de matrícula sen necesidade de ter realizado o procedemen-

to de admisión.

ExamesOs días 1 e 2 de se-

tembro, o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional Básica e Educación Secundaria de Adultos - con materias non superadas – ten que presentarse aos exames da convocatoria extraor-dinario de setembro de �015.

Haberá un período ex-traordinario de matrícula para os estudos de Ba-charelato do 1 ao 10 de setembro de 2015.

Pola súa banda, as pro-bas de selectividade de setembro serán os días 16, 17 e 18.

ESAA solicitude de ad-

misión na Educación Secundaria de Adultos (ESA) farase no mes de xullo (módulo I e III) e a matrícula do 1 ao 10 de setembro.

FPB A solicitude de ad-

misión e matrícula na Formación Profesional Básica (FPB) realizarase na primeira quincena de setembro.

Datas de matrícula e exames de setembro no IES García Barbón

Redacción

Vén de constituírse a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na co-marca de Monterrei, coa participación de profe-sionais do sector sanita-rio, sindicalistas da CIG e CCOO, e políticos de PSOE e BNG, ademais de veciños a título particular.

Na primeira xuntanza, o pasado 10 de xullo, a Plata-forma anunciou unha ma-nifestación para reivindi-car a apertura do servizo de urxencias pechado polo PP no centro de saúde de Verín e a dotación das estruturas e persoal necesario “en to-dos os puntos de atención médica da bisbarra”.

Eivas da sanidadeNa xornada constitutiva

da Plataforma, os asisten-tes chegaron a unha con-clusión “unánime” sobre a situación que atravesa a sanidade pública en Mon-terrei. Así, e segundo in-dican nun comunicado, cren que a Consellería de Sanidade ten feito “unha

clara aposta pola sanida-de privada en detrimento da pública”.

Ademais, non se están a cubrir as vacantes de persoal médico, de enfer-maría e do resto de per-soal, nin as ausencias dos facultativos, “mantendo en espera de atención aos seus enfermos até a súa reincorporación”. De-nuncian tamén que se es-tán a realizar contratos a media xornada e por días alternos para cubrir servi-zos, e desvíanse servizos de atención hospitalaria a atención primaria.

No que respecta ao ser-vizo de urxencias, tácha-no de “auténtico despro-pósito”, pois obriga aos pacientes a desprazarse, falta espazo para “unha atención digna”, as tem-peraturas nas dependen-cias son “insufríbeis” e o tempo de espera “mul-tiplícase”, entre outras queixas.

O 21 de xullo, ás 20:30 horas, voltarán reunirse nas dependencias da CIG de Verín.

Unha plataforma defenderá a sanidade pública da comarca4 Voltará reunirse o día 21.

Page 6: Xullo de 2015 - Barrios

6 BARRIOSXullo de �015 VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Redacción

Xinzo de Limia prepá-rase para as súas Festas de Santa Mariña, que te-rán lugar do 17 ao 19 de xullo e que este ano, por primeira vez, non están organizadas directamen-te polo Concello, senón por unha comisión de festas.

Esta comisión logrou recadar 6.000 euros para os festexos, achegados por veciños e comercian-tes, e o Concello puxo 10.000 máis.

O programa, que tivo que ser elaborado en pouco máis de dúas se-manas, aposta pola músi-ca tradicional.

A festa comeza o venres 17 ás 21 horas coa folia-da tradicional polo casco vello. De seguido, haberá baile co Colectivo Danzón e o concerto de Guezos na praza Carlos Casares e fes-ta popular na praza Otero Pedrayo.

O sábado pola mañá ha-berá pasarrúas, procesión da Banda de Gaitas e da Agrupación Musical da Limia e misa solenme. E pola tarde, a partir das 19 horas, espectáculo infantil na praza de Oriente, e ás 19:30, Festival de Bandas de Música. A partir das 21 horas, será o turno das ac-tuacións da Orquestra Es-sencia, do I San Mariña´s Fest e da sesión DJ.

O domingo pola mañá haberá pasarrúas e unha clase de fitness na praza Oriente (ás 13 horas). E a partir das 20 horas, actua-ción de Natalia Rodríguez (finalista do programa “Tú sí que vales”) e ás 21:30, da Orquestra La Fórmula.

Actividades deportivas como o XL Raid de Caba-los; torneos de fútbol sala, tenis e chave; e inchables para os máis pequenos no exterior das piscinas com-pletan a programación.

O presidente da comi-sión de festas, Ricardo Sieiro, que agarda xunto ao seu equipo continuar organizando estes festexos os vindeiros anos, animou a veciños e visitantes a achegarse a Xinzo a vin-deira fin de semana, “que veña todo o mundo ás fes-tas e non se vaian á praia, que é unha fin de semana para gozar do pobo”, sa-lientou.

Festas de Santa Mariña de Xinzo4 Celébranse do 17 ao 19 de xullo coa música tradicio-nal como protagonista.

O presidente da Xunta cos propietarios da adega “Crego e Monaguillo”.

Feijoo, na ampliación de ‘Crego e Monaguillo’O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou na inauguración

da ampliación da adega ‘Crego e Monaguillo’ da D.O. Monterrei, un acto no que ase-gurou que a Xunta permanece ao carón da industria vitivinícola para prestarlle apoio en tres ámbitos prioritarios: a mellora dos procesos de produción, a promoción e a comer-cialización. E, por iso, apuntou que desde 2002 leva achegado ao Consello Regulador da D.O. Monterrei preto de 1,2 millóns de euros en axudas e, concretamente, á adega ‘Crego e Monaguillo’, máis de 753.000 euros desde 2003.

Feijóo puxo esta adega como exemplo da expansión comercial que está a rexistrar a industria do viño en Galicia e, ao respecto, sinalou que logo de 12 colleitas, conseguiu ampliar a súa superficie ata os 3.700 m²; incrementar a súa capacidade produtiva das 8.000 botellas que acadaron en 2003 ás máis de 500.000 que comercializaron en 2014; e exportar máis do 15 por cento da súa produción a 14 países.

O orzamento ronda os 16.000 euros

Page 7: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

7XINZO E COMARCA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Falamos co doutor Mariano Arranz Rodríguez, odontólogo e xerente de Xinzo Clínica Dental na capital da Limia, ARGO Clínica Dental en Allariz e Arranz Clínica en Chaves.

Que servizos ofrecen Clínicas Arranz?

Mariano Arranz: “Ofrecemos un servizo integral, atendemos todos os problemas da boca, inclusive con TAC e imaxes en 3D. O que nos diferencia doutras clínicas é que os nosos implantes son punteiros no mercado, os máis modernos, é cirurxía guiada. Trátase dun sistema dixital no que facemos un TAC e

colocamos o implante de maneira virtual no óso. Todo iso mándamolo a Suecia e envíannos unha guía que se coloca, case sen cirurxía, en pouco tempo e sen dor algunha. Aforrando revisións, problemas postquirúrxicos, etc. Moi poucas clínicas teñen este servizo porque supón unha importante inversión. Pero nós facémolo máis barato e máis rápido porque somos fabricantes”.

Que aconsellaría a unha persoa que está pensando en realizar un implante dental?

M.A.: “Que se informe para escoller o dentista axeitado e sobre a marca do implante, esixindo que este último sexa europeo e

de calidade. Nunca está de máis preguntar a coñecidos sobre as súas propias experiencias, para coñecer os éxitos ou fracasos dese profesional. Tamén é obrigatorio que lle dean a guía e a posición na que está colocado o implante,

Servizo integral bucodental en Clínicas Arranz

por se esa información a precisa nun futuro outro profesional”.

Que ten que ofrecer unha clínica dental como garantías para este tipo de tratamentos (implantes, próteses, etc.)?

M.A.: “Persoal preparado e material de última xeración. Así como uns bos resultados confirmados polos demais pacientes”.

Cantos anos de experiencia posúe?

M.A.: “20 anos. Neste tempo abrimos tres clínicas e continuamos coa idea de seguir medrando porque confiamos no noso xeito de traballar e de tratar ao paciente”.

Infórmate no 988 46 21 33 ou en

www.dent2000.es

O doutor Mariano Arranz, en ARGO Clínica Dental de Allariz./M.REJO

O PSOE, co IES Cidade de Antioquía

Redacción

A socialista Noela Blanco trasladou ao Parlamento o desmantelamento do IES Cidade de Antioquía de Xinzo, ante a eliminación do Ciclo Medio de Xestión Administrativa o 16 de xuño, un día antes de comezar a preinscrición.

Blanco, xunto á portavoz do partido no Concello, Elvira Lama, acusan á Xunta de deixar “en desamparo aos estudantes” desta titulación, amosando “falla de interese pola formación e a inserción das mulleres”, que son a maioría das que a cursan.

Así mesmo, lamentan que a Consellería non aporte solución e obrigue aos estudantes a formarse lonxe do medio rural, o máis necesitado de servizos sociais.

Page 8: Xullo de 2015 - Barrios

8 BARRIOSXullo de �015

XINZO E COMARCA

Redacción O Concello de Xinzo

comezou unha limpeza xeral de rúas, beirarrúas e prazas, con auga, xabón e desengraxante ecolóxicos.

O rexedor, Antonio Pé-rez xustificou a demora na limpeza da localidade na avaría dun vehículo pick up que se empregaba neste servizo e explicou que grazas a un acordo coa Deputación se puido contar cun camión baldea-dor da entidade provincial para esta tarefa.

A edil de Comunicación, Montse Lama, explicou que a organización e su-pervisión da limpieza co-rre a cargo do novo conce-lleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas, “que dende o minuto un se puxo a tra-ballar no tema e organizar ao persoal, máquinas e compra de produtos eco-lóxicos que non danen a nosa paisaxe e os nosos bens urbanísticos”.

Recalca Lama que se está a facer un labor “real” de limpeza “e non o paripé que o outro día protago-

nizaron os membros do PSOE no medio da praza Maior”. “Está moi ben sair na foto cun chaleco, unha vasoira e un caldei-riño de auga e facer que se traballa, pero queridos compañeiros, o traballo real, honesto, diario e laborioso é o que se fai día a día desde dentro, e non de cara ao populis-mo”. Responde así a edil popular á convocatoria realizada o 2 de xullo po-los socialistas en protesta polo estado de suciedade da vila.

Redacción

O Consello de Mi-nistros vén de autorizar a subscrición do con-venio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Inorde, COREN e Ecola-gunas no proxecto “Life

Regenera Limia”.Neste programa, os so-

cios van poñer en marcha un conxunto de técnicas demostrativas para redu-cir a presenza de nutrin-tes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nas masas de auga da comar-ca da Limia, o que contri-buirá ao cumprimento dos obxectivos ambientais que establece a Directiva Mar-

O Consello de Ministros ratifica o “Regenera Limia”4 Aplicará medidas innova-doras para rexenerar as ma-sas de auga da Limia.

O alcalde de Rairiz da Veiga, inhabilitado 8 anos e medio por prevaricar4Rodríguez pediu a baixa do PP, pero o PSOE reclama a súa dimisión como rexedor.

co da Auga.O custo total do “Life

Regenera Limia” é de 1,7 millóns de euros, dos cales o 50% achégaos a Unión Europea e o outro 50% a CHMS.

Accións informativasDesde a posta en mar-

cha do “Regenera Limia”, a CHMS ten realizado 116 visitas a granxas avícolas e 80 a granxas porcinas ubi-cadas nos 11 concellos da comarca da Limia. Ade-mais, desde o Inorde pres-touse asesoramento sobre boas prácticas a 85 profe-sionais da comarca, cifra que se incrementará du-rante a época de abonado en outubro e novembro.

Redacción

O PSdeG-PSOE de Xinzo reclámalle ao al-calde da localidade, An-tonio Pérez,que se reúna co presidente CHMS, co subdelegado do Goberno e cos mandos da Garda Civil para evitar posibles sancións e expedientes coercitivos aos agricul-tores.

A voceira socialista en Xinzo, Elvira Lama, informa de que se esta a crear certa alarma entre os agricultores da co-munidade de regantes de Lamas Ganade, ante as inspeccións dos axentes da autoridade por re-gar do río Limia, “unha practica que lles permite ‘regar en precario’ con moito traballo e con moi-to esforzo, mentres non se acometan as moder-nizacións pendentes, que foron atendidas e dotadas de cartos nos orzamentos do Estado para o 2009, coa intención de que se farían en catro anos e por importe de 27 millóns de

euros”, subliña a socialis-ta.

Mentres esta moderniza-ción non se facía efectiva, e para non ser sancionados polas autoridades, unha intervención dos socia-listas permitiu no seu día que a CHMS facilitara un “permiso que lles permitía regar do rio Limia entre o 15 de xuño e o 15 de agos-to, uns 30 días, a escoller entre esas datas”.

Investimento pendenteRecorda Lama que me-

diante un convenio entre a Xunta de Galicia e o Mi-nisterio de Agricultura asi-

nado en xaneiro de 2011 acordaba “unha inversión importantísima para as catro comunidades La-mas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo” pero que “o Goberno do PP de Feijoo e de Rajoy, foron retirando ata deixar sen partida a mencionada modernización, deixando esquecidos os agricultores da Limia, o seu sustento e a da súas familias, e que pasados 7 anos seguen nas mesmas condicións, tendo que optar por regar en pre-cario do río ou abandonar as produción de pataca”.

O custo total do proxecto é de 1,7 millóns de euros

O Concello de Xinzo comeza a limpar a vila 4 O grupo de goberno está a realizar unha limpeza xeral, ante as queixas recibidas.

Os socialistas piden a Pérez que defenda os regantes de Lamas Ganade4Para evitar sancións por regar do río.

Redacción

O Xulgado do Penal nº2 de Ourense vén de conde-nar ao alcalde de Rairiz de Veiga, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, a oito anos e medio de inha-bilitación por un delito de prevaricación administra-tiva, polas contratación de obras e servizos e pago de facturas, malia os reparos e advertencias de ilegalidade por parte da secretaria-in-terventora do Concello. O rexedor pode aínda reco-

rrer esta sentenza, que non é firme.

Unha vez coñecido o fa-llo, Rodríguez solicitou a baixa temporal do PP, ao igual que o resto de edís desta formación en Rairiz.

Desde a oposición, o voceiro do PSOE Pablo Lorenzo considera que Rodríguez debe dimitir; e solicitou que se declare a nulidade de todas os actos administrativos que firma-ra dende a notificación da sentenza, o 26 de xuño.

Así mesmo, pediulle ao

Xaquín Rodríguez.

rexedor copia dos infor-mes que calquer órgano do concello lle fixera den-de que foi inhabilitado, pero non obtivo resposta.

Operarios limpando a rúa Curros Enríquez axudados do camión baldeador da Depu-tación./P.L.

Rega nun campo da Limia.

Page 9: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

�XINZO E COMARCA

“Nós temos claro por onde vai (a circunvalación), témolo definido e cuantificado”

“Baixamos un 20% a débeda, nos tempos que corren non é nada fácil”

P. Lodeiro

O alcalde de Xinzo recíbenos no seu despacho de Alcaldía, logo de atender a un veciño tras outro durante case unha hora. Unha realidade que é a habitual de todos os días, segundo nos comenta, teñan ou non cita.

Na entrevista previa ás elec-cións comentábanos que a lim-peza era unha das dificultades coas que se atopaba o Concello de Xinzo, como levan esa pro-blemática?

Antonio Pérez: “Xa tomamos cartas no asunto, baldeouse con auga parte das rúas e das prazas. O problema que tiñamos é que levaba averiada mes e medio unha pick up que tiñamos con auga para a limpeza; tivemos que pedir fóra e tardou máis do pre-visto, xa a temos funcionando. Á parte, trouxemos un camión bal-deador cun pequeno acordo ca Deputación para ir solventando o tema.

Pero quero recordar tamén que moitas veces cando pasan os ba-rrendeiros as 8 ou 9 da mañá a rúa queda limpa e ás 11 xa está chea de papeis e de cabichas. Á parte de facer incidencia no tema de limpeza imos ter que facer in-cidencia no tema do civismo, ás veces vexo papeleiras que están baleiras e a varios metros o chan cheo de papeis…

É un dos temas que dixemos que imos priorizar, pero iso non significa que non se estivera fa-cendo. Eu non recordo que esta vila estea máis sucia que hai dous, cinco ou dez anos”.

Naquela entrevista tamén se refería á circunvalación como unha das prioridades deste mandato, como van as xes-tións?

A.P: “Xa houbo entrevista coa conselleira de Medio Ambiente en Santiago e coa ministra de Fo-mento Ana Pastor, aproveitando que estivo hai un par de semanas en Ourense. Eu tiven un aparte con ela para levarlle en man un pequeno dossier sobre ese asun-to, e con Ethel Vázquez estiven fai dez días falando, entre outras cousas, da circunvalación.

É algo complexo, con moito coste económico; todos falaban nas eleccións da circunvalación pero ninguén dicía por onde, nós temos claro por onde vai ser, té-molo definido e cuantificado”.

Por onde se construiría?A.P: “O que plantexamos é

partir desde a estrada de Baltar que a fixemos nova fai cinco anos, que é unha gran vía de comunicación con Portugal, de aí iría á pista da Armada, á pis-ta Real, pasaría pola rotonda do pavillón, pola ponte nova que fixemos no río agora con dobre circulación, de aí ata a estrada de Celanova e de aí ao acceso á autovía. Sería a circunvalación natural, non hai que expropiar nin facer macroproxectos que ao final quedan abandonados.

As grandes infraestruturas para poder permitir a circunvalación están feitas, agora o que hai que facer é ampliar eses viais que xa existen, facer beirarrúas nalgún caso, noutros botar aglomerado, meter saneamento e servizos…

Pretendemos facelo en varias anualidades coa colaboración de todas as outras administracións porque é un montante económi-co importante. É un dos nosos obxectivos prioritarios para esta

lexislatura”.

Os socialistas pedían estes días que defendese aos regan-tes de Lamas Ganade.

A.P.: “Coma sempre xa che-garon tarde. A conselleira de Medio Rural estivo aquí fai 15 días con catro representantes de ADEGAL e conmigo e co tenen-te de alcalde e viu falar do tema do regadío.

Recordo que a primeira fase fíxoa o PP, os que piden agora o regadío durante oito anos que gobernaron en Madrid, cal foi a achega económica ao regadío? Cero euros.

A seguinte fase son 850 hectá-reas, cun custo de 6,5 millóns de euros. Eu o outro día lle puxen enriba da mesa á conselleira que era algo ao cal non iamos renun-ciar nesta lexislatura, tiña que ser si ou si. Esta nova fase do rega-dío para a comarca da Limia é clave, é fundamental”.

Cal foi a resposta da conse-lleira?

A.P.: “Ela ten perfectamen-te definido todo e eu quedei en chamala ao final de mes para ver a fórmula a aplicar; podería ser Consellería, Ministerio de Medio Ambiente a través da Confedera-

ción Hidrográfica, xunto cunha achega ao mellor da Deputación, habería que velo, a través de con-venios coas diferentes adminis-tracións. Ela quedou en estudalo, eu a final deste mes chamareina ou irei a Santiago para ver xa se ten definido ou falou co Ministe-rio, incluso se houbera liñas de fondos europeos, que non o sei”.

O Concello de Xinzo é o se-gundo máis endebedado da provincia, como afecta ao día a día da Administración local?

A.P.: “Collín o Concello como o collín, coa herdanza que o co-llín, e nós baixamos un 20% a dé-beda, 1,5 millóns de euros, non sei se a xente non lle dá importancia, nos tempos que corren que non é nada fácil. E iso é froito da nosa xestión; recurtamos gastos xerais: alumeado, electricidade, telefo-nía, fixemos auditorías enerxé-ticas, na piscina cambiamos dun sistema de gasoil a biomasa…

E ninguén fala de Allariz, ten 5,5 millóns de euros de débeda, a metade de poboación que Xinzo, a metade de ingresos da participa-ción do Estado, e parece que non pasa absolutamente nada, parece que é un concello dez, un conce-llo que fai todo ben. Hai cousas que me pasman, eu levo aquí cin-

co anos como alcalde non 30, o Concello de Allariz que eu saiba leva gobernado polo BNG moitas décadas”.

De todas maneiras vostede herdou o posto dun Goberno popular.

A.P.: “Si, pero independente-mente de quen o herdara, eu co-llín o Concello na situación que o collín, dame igual que sexa dun Goberno popular, do PSOE ou do Bloque, de Podemos ou de quen sexa. Eu cando asumín isto es-taba na situación que estaba e o que fixen foi baixar a débeda en máis dun millón e medio de euros e ímola seguir baixando”.

Con algunha medida extra?A.P.: “Nós estamos tomando

todas as medidas que se poden tomar e algunha máis; estamos a ampliar a inspección tributaria a edificios que estaban sen pagar IBI e demais durante un montón de tempo.

Nesa mesma liña tamén nos valeu moito, hai que recoñecelo, que pasamos do ano 2011 de 20 empresas no polígono industrial a 36 empresas en 2015, iso loxica-mente corresponde a novas con-tribucións, novos IAEs, etc. , que ten axudado”.

Como se tomou a sentenza que anulaba dúas oposicións realizadas polo seu goberno no anterior mandato?

A.P.: “Non sei por que me pre-guntan a min iso. Convócanse dúas oposicións, unha libre á que se podía presentar calquera e se presentaron 17 aspirantes e outra de promoción interna na que par-ticiparon só tres persoas. Eu para evitar suspicacias xa non quixen poñer a ninguén do Concello nos tribunais e pedín persoal a Xun-ta e Deputación para unhas opo-sición, nin sequera formei parte dese tribunal. Queremos seguir mareando a perdiz? Pois sigamos mareando a perdiz”.

Cada vez a xente demanda máis transparencia e a partici-pación cidadá nas administra-cións, como a aplica o Concello de Xinzo?

A.P.: “Transparencia aquí to-tal, cando falan os grupos da oposición de que non hai trans-parencia… non hai ningún es-crito nin petición dos grupos da oposición sen contestar.

A páxina web do Concello imos mellorala. As ordenanzas e resolución do Concello están to-das publicadas na web, calquera grupo pide calquera asunto e ao día seguinte vén aquí a consulta-lo ou se lle dá por escrito. E eu recibo a todo o mundo”.

ENTREVISTA A ANTONIO PÉREZ - ALCALDE DE XINZO

“O regadío é algo ao cal non imos renunciar nesta lexislatura”

4 A construción da circunvalación será outra das prioridades para este mandato para o alcalde popular de Xinzo de Limia.

Antonio Pérez, no seu despacho no Concello de Xinzo./P.L.

Page 10: Xullo de 2015 - Barrios

10 BARRIOSXullo de �015 XINZO E COMARCA

Punto de recollida de alimentos no pavillón de Xinzo.

Unha gala solidaria recada máis de mil quilos de alimentos

A gala solidaria Rock Star15 de Xinzo recadou máis de 1.100 quilos de alimentos e produtos de hixiene que serán repartidos polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”. Tamén se encheu unha furgoneta de roupa de segunda man que se destinou a unha entidade benéfica pontevedresa.

O evento foi organizado pola empresa Fusión SC no pavillón de Deportes o 13 de xuño, e nel imperou a diversión, o altruismo e o compromiso.

O antropólogo CESIC Manuel Mandianes someténdose a un control.

Percorrido pola saúde no rural da LimiaRedacción

A Asociación Escola Rural de Saúde da Li-mia continúa coa quinta edición do “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia” divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e edu-cando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida.

Esta acción ten como finalidade o achegamento dos profesionais sociosa-nitarios e a promoción da saúde, descentralizando desta forma as activida-des que a asociación vén realizando.

Nesta ocasión reali-

zouse o taller de “Alimen-tación saudable” na Casa de Cultura de Trasmiras, no cal se tratou a impor-tancia da alimentación e a prevención de enfermida-des crónicas.

A asociación tamén está facilitando material “para

facer máis entendible todo o relacionado co que debe de terse en conta cando hai necesidade de realizar unha dieta para mellorar as medicións dos valores re-lacionados con enfermida-des crónicas”, explica Lola Rico, a coordinadora.

Os talleres están a ser impartidos polo farmacéu-tico especialista en nutri-ción Pablo García Vivan-co e persoal sanitario que informa sobre os autocoi-dados en caso de hiperten-sión, hiperglucemias, ou hipercolesterolemia.

Page 11: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

11XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Redacción

O Concello de Vilar de Santos finalizou varias ac-tuacións de renovación e mellora viaria e conserva-ción e protección do medio rural e natural nas que in-vestiu 109.724 euros.

En concreto, dedicou 83.454 euros a un proxec-to de mellora de camiños rurais, incluído dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, fi-nanciado polo FEADER. O investimento concre-touse na mellora de 17 km da rede municipal de camiños agrícolas da con-centración parcelaria e outros camiños de acceso. Realizáronse obras de ni-velación e acondiciona-mento con zahorra de 24 pistas, e posterior limpeza de gabias, nos núcleos de Laioso, Bréixome de Arri-ba, Bréixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro, Castelaus, As Casas da Veiga e Vilar de Santos.

Na zona de Rede Natura do municipio investironse 6.269 euros nun quilóme-tro máis de camiños, nunha actuación dirixida á mello-ra da paisaxe agraria coa limpeza e restauración das pistas de acceso ás fincas desta zona do río Limia.

Explica o rexedor de Vi-lar de Santos, Xan Jardón, que estas actuacións son “fundamentais tanto desde o punto de vista de mellora e renovación das infraes-truturas como desde a ac-tividade agraria e súmanse

ao arranxo e mellora de 19 km de camiños feitos o ano pasado”.

Programa bianualCon este programa

bianual de mellora, que-dou reparada e renovada “practicamente a totali-dade da rede municipal de camiños agrícolas fundamentais para faci-litar o tránsito e o acce-so ás fincas, granxas e outras instalacións pero tamén para tratar de pre-vir os efectos negativos do encharcamento de auga nos camiños e nas terras de cultivo e manter a actividade e dinamismo no sector agrogandeiro, estratéxico para o conce-llo”, salienta o alcalde de Compromiso.

Vilar de Santos tamén levou a cabo un proxecto de renovación da pavi-mentación asfáltica na rede viaria en varios po-bos, por un importe de 20.000 euros.

Próximas actuaciónsJardón anuncia a rea-

lización “doutros traba-llos de recuperación de camiños tradicionais, o desbroce e limpeza en todos os pobos e espazos públicos e a limpeza dos regatos e desaugadoiros ao longo do verán”.

Bolsa de emprego no IES Cidade de AntioquíaRedacción

O IES Cidade de Antio-quía puxo en marcha unha bolsa de emprego coa finalidade de ofertar ao mercado laboral o alum-nado titulado nas familias profesionais de Adminis-tración e Agraria.

Entre as titulacións que ofrece o IES da Limia atópanse a de técnico su-perior de Administración e Finanzas, técnico auxi-liar administrativo, téc-nico superior en Xestión Forestal do Medio Natu-ral, e técnico en Aprovei-tamentos e Conservación do Medio Natural.

As empresas interesa-das teñen que cumpri-mentar un impreso que poden descargar na web do instituto. Seguida-mente, desde o centro enviaranlle os tres perfís máis acaídos á petición feita, e a empresa selec-cionará o máis axeitado.

Vilar de Santos renovou varios camiños rurais4 Investiu 109.000 euros.

Momento no que se descubriu a escultura, en Queiroás (Allariz)/P.LODEIRO.

Unha escultura homenaxea aos segadores en Queiroás da Igrexa

A localidade alaricana de Queiroás da Igrexa conta desde o pasado mes cunha escul-tura de homenaxe á sega e aos segadores. A escultura é obra do canteiro local Pablo Fernández Parada e representa a un segador, xunto a unha praca na que se pode ler o canto de seitura “Corta, miña fouce, corta, por esta palliña rala, que si non fora pre-guiza moito mellor te cortaba”. Un grupo de veciños da aldea, de máis de 80 anos, que no seu día foron segadores en Castela, foron os encargados de destapar a figura, ubicada no lugar da “Petouquiña”. A lectura de poemas e o recordo aos 20 anos de festas etnográficas en Allariz completaron este acto de homenaxe, que foi amenizado musicalmente por unha pandereteira.

Durante o acto, ao que asistiu boa parte da veciñanza de Queiroás, o alcalde de Allariz reivindicou o labor no campo e que os segadores “non sexan unha profesión en extinción” e prometeu o traslado dos dous postos de luz que agora afean o conxunto escultórico.

P.L.

Xinzo de Limia orga-niza entre os días 3 e 9 de agosto unha activida-de que o sitúa á vangar-

da artística entre as vilas que promoven iniciativas creativas relacionadas ca arte. Trátase do I Certame de pintura mural “Matrio-ska”, que converterá a ca-

Xinzo, na vangarda artística co I Certame de pintura mural “Matrioska”4 Artistas locais e foráneos pintarán seis murais do 3 ao 9 de agosto.

pital da Limia nun “gran lenzo” onde artistas de ámbito nacional e interna-cional pintarán nas paredes medianeiras de varios edi-ficios obras de arte creadas

por eles “para reivindicar Xinzo como un lugar de creatividade e achegar ao público o noso traballo artístico”, explicou Iván Prado, representante do movemento “Espacio Ma-trioska”, na presentación do evento.

Polo de agora, o colec-tivo “Matrioska” está a seleccionar as medianeiras que se van pintar, “que se-rán case todas na rúa prin-cipal de Xinzo para que sexan moi visibles” men-tres o prazo para que os ar-tistas poidan presentar as súas propostas remata o 25 de xullo. Ofértanse catro muros de arredor de 300 metros cadrados cada un, estando un deles reservado para un artista da comar-ca da Limia ou residente nela. A temática das obras será libre e os creadores disporán de todo material necesario para a realiza-ción das pinturas así como do andamiaxe acaído para realizar seu traballo.

Este certame está co-or-ganizado pola Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo e “Espacio Matrios-ka”, colectivo cultural ra-dicado nos Blancos.O presidente da Deputación, alcalde e concelleiro de Xinzo e representantes do colec-

tivo “Matrioska” na presentación do certame de pintura mural./A.PAZ.

Camiño pavimentado en Vilar de Santos.

O Concello renovou este ano 24 pistas en 13 núcleos de Vilar de Santos, en total, 17 km de camiños

Page 12: Xullo de 2015 - Barrios

1� BARRIOSXullo de �015

ALLARIZ E COMARCA

Queres acceder a inter-net pero non podes? Vives nunha zona rural sen acce-so a internet? Non chega ADSL até a túa casa?

Niotek Solucións In-formáticas, distribuidor oficial de Eurona, ten a chave para darche acceso a internet a alta velocidade en calquera lugar, a través da tecnoloxía satélite.

Esta empresa ouren-sá, con establecementos en Celanova e na Valen-zá, está a iniciar un novo proxecto de tecnoloxía 4G, que permitirá en moi pouco

Niotek Solucións Informáticas achega internet ao rural

tempo conexións de alta velocidade e sen límite de descarga por só 20 euros ao mes.

Outros servizosPero iso non é todo,

Niotek Solucións Infor-máticas ofréceche unha gran cantidade de produ-tos e servizos. Nas súas tendas atoparás ordena-dores, periféricos, consu-mibles, TPVs, consolas, MP3, así como gran can-tidade de accesorios.

Ademais, están especia-lizados en desenrolo web (creación de páxinas, do-minios, etc.) e ofrécenche servizo técnico propio.

[+ info 988 45 11 40, r/Celso Emilio Ferreiro

16A, Celanova]

Tenda de Niotek Solucións Informáticas

Acceso a internet a alta velocidade a través da tecnoloxía satélite

4NOTICIAS DE EMPRESA

Redacción

O Concello de Allariz inicia a campaña de es-cavacións en Armea, as cales, segundo o alcalde, Francisco García, poñen valor aos recursos cos que conta “non somentes a vila, senón tamén po-bos como Santa Mariña de Augas Santas”.

Este ano, as escava-cións dan un salto cua-litativo, xa que ao longo do mes de xullo alumnos da Universidade de Vigo que participan na cam-paña en prácticas, están nas escavacións polas mañás e pola tarde fan

traballos de laboratorio, como o lavado de cerámi-ca. Ademais, haberá máis técnicos, máis estudantes e máis operarios munici-pais; arredor de 20 persoas participarán no traballo de

campo. Asemade, realizaranse

actividades didácticas e vi-sitas guiadas, e na terceira semana de xullo, un obra-doiro arqueolóxico para os nenos de Allariz.

Comeza a campaña de escavacións en Armea4 Prevese que en outubro se poidan visitar.

VisitasAdolfo Fernández e

Fermín Pérez, técnicos di-rectores das escavacións, avanzaron que en setem-bro realizaranse traballos de conservación e restau-ración, e que previsible-mente en outubro estarán listas para ser visitadas.

Redacción

A edición 2015 das Xornadas de carne de Boi de Allariz celebrara-se do 12 ao 18 outubro.O alcalde, Francisco

García, e o gandeiro Lois González, da explotación O Rego, presentaron os bois que se consumirán este ano, que rondan os 500 quilos. Catro dos nove animais son nacidos, cria-

dos e cebados en Allariz, e de razas autóctonas (li-miaos, vianeses e frieire-ses); e poderán degustarse tamén noutros momentos ademais das Xornadas. De feito, xa se está a comerca-

Allariz prepara as súas Xornadas de carne de Boi 20154 Celebraranse do 12 ao 18 de outubro.

lizar a primeira partida de carne de “Boi de Allariz” no Mercado da Reserva da Biosfera que se celebra os sábados pola mañá na an-tiga Praza de Abastos da localidade.

Neste mes haberá un obradoiro arqueolóxico para nenos

O alcalde de Allariz e os directores das excavacións, na presentación da campaña.

Francisco García cos bois da edición 2014./ARQUIVO

Page 13: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

13PUBLICIDADE

Page 14: Xullo de 2015 - Barrios

14 BARRIOSXullo de �015

ALLARIZ E COMARCA

P. Lodeiro

Francisco García recíbenos no seu despacho na casa consistorial de Allariz, onde leva sendo alcalde desde o ano 2000.

Este é o seu cuarto mandato, de novo con maioría absoluta, en Allariz non hai escándalos de co-rrupción, nin imputados, cal é a receita do seu éxito?

Francisco García: “Un goberno ao servizo do pobo ten sido unha das nosas máximas desde 1989. As prácticas que están salpicando ao mundo da política están relacio-nadas con gobernar pensando nos intereses persoais, o noso esforzo ten sido sempre defender os inte-reses xerais. Ten sido unha xestión de moita transparencia, de moita participación social. Allariz é un concello con paredes de vidro”.

Como valora este resultado?F.G.: “Os resultados electorais

foron extraordinarios para o BNG. Despois de 26 anos de goberno municpal, ter o 66% dos votos, para nós é un orgullo e tamén un reto e unha responsabilidade, para responder a este apoio dos veci-ños.

A perda de nove puntos e un concelleiro no PP propiciou que o PSOE entrara de novo na corpora-ción. Está sendo unha correlación de forzas habitual. A presenza do PP e do PSOE para nós vai ser a oportunidade de contrastar propos-tas e estar atentos ás suxerencias que poidan presentar e que redun-den no interese xeral”.

Cada vez a xente demanda máis transparencia e a participa-ción cidadá nas administracións, como a aplica Allariz?

F.G.: “Efectivamente a Lei de Transparencia leva á obrigatorie-dade de publicación dalgunha das medidas, pero a veces é unha po-lítica máis aparente que real. Para nós é unha actitude na xestión mu-nicipal, que implica que os plenos sexan as 8 da tarde para que poidan acudir os veciños, que poida haber un turno de intervención dos veci-ños desde o ano 89, que haxa unha política informativa dos asuntos municipais que permita que a po-boación estea ao tanto, mesmo nalgúns casos temos recorrido a

fórmulas de consulta cos veciños en asembleas. En mesas de con-tratación, tribunais… hai unha participación de todos os grupos políticos”.

Na entrevista que lle facíamos antes das eleccións destacaba como prioridade a recuperación do medio rural, que accións con-cretas realizará o seu goberno?

F.G.: “Allariz é un concello con 92 núcleos, con 88 km�, cun-ha dispersión importante. Dase a circunstancia de que medramos poboación pero como contrapunto negativo preocúpanos o envellece-mento e a falta de perspectivas de futuro nas parroquias.

É algo que excede con moito o ámbito do Goberno municipal, no que inciden moitas outras po-líticas. Non nos referimos a que non haxa infraestruturas, servizos básicos, mesmo a posibilidade de manter unha calidade de vida, que si o hai, o que non hai é actividade económica. Estamos intentando desde fai tempo poñer o acento niso, de igual xeito que xa o fixe-mos en Allariz.

O sector primario ten sido outra das nosas preocupacións: o mer-cado da Reserva da Biosfera para impulsar a comercialización desta produción, apoiando os empren-dedores que están valorizando os nosos produtos: cervexa, mel, cas-tañas, carne, leite, caprino…”

Realiza o Concello un apoio económico?

F.G.: “É un apoio moi diverso; buscamos que todas estas explota-cións teñan o respaldo municipal do xeito máis global posible, nal-gún caso sendo nós os impulsores. Estamos traballando en poñer en valor o propio oficio de labrego, de gandeiro, e ao mesmo tempo buscar actividades económicas que sexa posible desenvolver no medio rural, unha oferta que non só ten que ver co sector primario senón co sector servizos, temos parroquias moi interesantes como Santa Mariña de Augas Santas ou San Salvador e o grao de conser-vación dos nosos núcleos é moi bo.

E aproveitando algo que Allariz ten, que é unha marca, unha afluen-cia turística e unha rede comercial que debería permitir incrementar a actividade económica nese medio rural. Estamos pensando en abrir coa marca Allariz noutras locali-dades, en Vigo, en Portugal, País Vasco…”

Como unha tenda propia?F.G.: “Como unha tenda propia

na que se vendería toda a produ-ción que Allariz está tendo, pero o primeiro esforzo hai que facelo no propio concello. Non é de reci-bo que en moitos restaurantes non teñan a posibilidade de degustar amendoados, leite, castaña, empa-

nadas, embutidos, a nosa produ-ción local”.

Ese camiño estano percorren-do sós ou hai apoio doutras ad-ministracións?

F.G.: “O Concello leva unha marcha moi superior ao apoio que outras administracións están fa-cendo neste ámbito, pero si é certo que a través de programas como o Leader, os fondos de Agader, temos conseguido apoio a postas en marcha de proxectos no noso territorio, a Reserva da Biosfera tamén ten sido un aval a esta polí-tica. Pero segue habendo medidas na dirección contraria: a regula-ción que se ven de facer da venda de produción de horta e de rianxo, por exemplo”.

Inflúe a cor política á hora de ter apoio doutras administra-cións?

F.G.: “Que hai clientelismo e que nalgunhas institucións hai unha actuación discriminatoria cos concellos que non son do PP é certo. De todas formas nós temos mantido unha posición de coope-ración institucional, temos acudido a ordes de subvencións, estamos mellorando os centros municipais con algún apoio exterior.

Referíame máis a que esta po-lítica de impulso ao mundo rural a facemos moi en solitario, ou a unha velocidade moito máis forte que outras administración”.

E teñen agora algunha peti-ción de novas infraestruturas para o municipio?

F.G.: “Allariz ten conseguido

poñer en marcha un nivel de equi-pamentos que a propia oposición recoñece, e que fai que neste mo-mento non exista ningunha ne-cesidade imperiosa de ningunha infraestrutura deste calado. Hai concellos de máis de 20.000 habi-tantes que non gozan das instala-cións que podemos ofrecer.

Non obstante, hai proxectos estratéxicos para nós: nos gusta-ría incrementar a velocidade de recuperación do castro de Armea, imos propiciar a través da Univer-sidade de Vigo unha interlocución coa Consellería de Cultura para recabar unha vez máis o seu apoio a ese proxecto. Temos realizado obras para o Centro de interpreta-ción da idade media no Castelo e falta basicamente o proxecto mu-seográfico, tamén intentamos con-tar con ese apoio.

E o impulso ao novo programa que pretende que o 80% do lixo poida ser aproveitado e reducir a fracción que enviamos a Sogama tamén vai necesitar apoio doutras administracións”.

Allariz é un dos concellos que aumentou a súa débeda no pe-ríodo 2011-2014.

F.G.: “Allariz, co plan de pago a provedores, viuse obrigado a sus-cribir dous préstamos que situaron a débeda total ao redor dos cinco millóns de euros. O esforzo eco-nómico que temos feito estes anos para impulsar toda esta actividade que Allariz ten levou a un endebe-damento ocasionado, en boa me-dida, polo feito de que a comer-cialización do parque empresarial de Chorente non levou o ritmo que era o habitual. Unha situación que nos levou a manter unha política de axuste, mesmo para non despe-dir persoal.

De todas formas á hora de ana-lizar a solvencia dun concello non só deberíamos ver a variable da débeda contraída coa banca, que é unha débeda a 10, 12 anos; hai que ver tamén cal é o seu patrimo-nio, Allariz ten un patrimonio ex-traordinario. E tamén os ingresos. Os ingresos ordinarios son susupe-riores aos gastos ordinarios, temos seis millóns de euros anuais de or-zamento e vimos tendo un millón de euros de superávit”.

Dixo que este será o seu último mandato, que prevé para o seu futuro?

F.G.: “A miña intención é vol-ver á miña actividade profesional, seguir obviamente vinculado ao traballo político do BNG, onde ti-ven cargos e sigo tendo. Pola miña parte a expectativa non está en dedicarme a outras tarefas no ám-bito parlamentar e institucional, son partidario en volver ao ámbito profesional”.

ENTREVISTA A FRANCISCO GARCÍA - ALCALDE DE ALLARIZ

"Esta política que facemos de impulso ao mundo rural a facemos moi en solitario”

4 O político nacionalista afronta o que será o seu último mandato coa di-namización do rural alaricano como grande reto.

“Neste momento non existe ningunha necesidade imperiosa de ningunha infraestrutura de calado”

Francisco García, no seu despacho no Concello de Allariz./P.L.

Page 15: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

15especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

57 concellos da provincia xeraron emprego neto no último ano

O presidente da Deputa-ción de Ourense, Manuel Bal-tar, presentou o 6º informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a institución provincial desenvolve para a análise eco-nómica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia ourensá nas súas comarcas. O Observatorio nace da implicación das ins-titucións (Deputación e Inor-de), a universidade e o ámbito empresarial, e na súa elabora-ción intervén un equipo mul-tidisciplinar de profesionais e universitarios especializados, coordinados polo profesor An-drés Mazaira.

Este sexto informe do Obser-vatorio constata que nove co-marcas e 57 concellos xeraron emprego neto no último ano, e que a provincia de Ourense impulsa e asenta emprego a un ritmo anual do 1,2 %, tendo un 10 % menos de paro xuvenil que ao inicio da crise.

Manuel Baltar destacou que o Observatorio “é unha ferramenta relacionada coa planificación, o compromi-so e a responsabilidade, tres

actitudes obrigadas na xestión pública”, e subliñou que no ám-bito demográfico “temos que ser áxiles e constantes, pois estamos nun punto de inflexión no que a demografía ten que marcar a di-rección das políticas locais, pro-vinciais e estatais”.

Tamén destacou Manuel Baltar neste intre, no que as 92 corpora-cións municipais e a Deputación

de Ourense están a perfilar a folla de ruta de catro anos deci-sivos para construír a provincia dos novos retos, “o Observatorio pretende ser unha guía para o de-seño e un referente para a toma de decisións. “Impulsaremos unha estratexia de desenvolve-mento urbano sostible, é dicir, o maior garante de futuro para a provincia, onde quedarán reco-

llidas as liñas de acción de catro proxectos xurdidos do Ouren-se máis creativo e innovador: o Plan Ourense Provincia Ter-mal; o Plan de Competitividade das Pemes; o dobre proxecto de Provincia Intelixente e Adminis-tración Electrónica, e a Axencia Provincial da Enerxía e do Me-dio Ambiente, coa que volvere-mos ser pioneiros en España”.

Apoio ao Museo Galego da Emigración

O Centro Galego de Barcelo-na amosou “o seu apoio total” á creación do Museo Galego da Emigración que promove o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Así llo confirmou Manoel Carrete, presidente da entidade galega en Barcelona, quen se entrevis-tou con Manuel Baltar no Pazo Provincial xunto con Pepita Ál-varez, integrante da directiva do centro galego, para analizar temas de actualidade referidos á emigración galega.

Baltar destacou no encon-tro a importancia “que tive-ron, teñen e sempre terán os nosos emigrantes”, afirmando que Galicia, e sinaladamente Ourense, “é unha terra creativa e emigrante, dous aspectos que unidos deron de si importantes logros acadados en moitos ám-bitos culturais, sociais, científi-cos e empresariais”. Baltar su-bliñou que a importancia que o goberno provincial lle da á emi-gración reflíctese en iniciativas como a web “Ourense emigran-te”, na que estamos a traballar, e mesmo no que será o referente da emigración galega: o Museo Galego da Emigración, que terá a súa sede en Ourense”.

Entrega dos informes da Ribeira Sacra

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na sede do Valedor do Pobo en Santiago no acto de entrega dos informes técnicos para o expediente de declara-ción da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. Tamén estiveron presentes o valedor, José Julio Fernández; o deputa-do lugués e presidente do Con-sorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, e a responsable de Área do Valedor do Pobo, Beatriz González.

Manuel Baltar dixo que todo Ourense “será Patrimonio Mun-dial cando recibamos este re-coñecemento, porque con esta distinción réndese homenaxe á historia, ás tradicións, á viti-cultura, ao patrimonio artístico e natural e por suposto aos que habitaron estas terras en perfec-ta sintonía coa riqueza paisaxís-tica e monumental”, engadindo que con esta nominación “pro-téxese un legado cultural que será motivo de orgullo para as vindeiras xeracións”.

Deputación e consellos reguladores marcan un obxectivo: colaboración permanente

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos presidentes dos consellos reguladores das de-nominacións de orixe vitiviní-colas da provincia: Miguel Án-gel Viso, do Ribeiro; Antonio Ángel Méndez, de Monterrei; Vicente Solarat, de Valdeorras, e José Manuel Rodríguez, de Ribeira Sacra, dentro da rolda de contactos que mantén o pre-sidente do goberno provincial cos titulares das denominacións de orixe vitivinícolas para ana-lizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste importante sector econó-mico.

Na xuntanza, Manuel Bal-tar solicitoulles aos presiden-tes dos CRDO que plantexen proxectos para seren incluídos nos orzamentos de 2016, que se aprobarán en setembro. Ase-made, o portal web “Enouren-se”, de comercialización para

as adegas das catro D.O. ouren-sáns, e a avaliación da Feira Vi-nis Terrae formaron parte tamén dos temas tratados na xuntanza, na cal o presidente da Deputa-ción afirmou que o ente provin-cial “seguirá apoiando ás feiras e eventos relacionados coas catro

denominacións de orixe da nosa provincia, iniciativa enmarcada na colaboración en materia de promoción, innovación e comer-cialización para este sector bási-co da economía da provincia de Ourense”, dixo Baltar.

A Deputación e os consellos

reguladores seguirán a manter estes encontros –o vindeiro en Valdeorras-, coa finalidade de planificar estratexias de promo-ción, modernización tecnolóxica e outras actividades vencelladas á promoción e comercialización, coa colaboración do Inorde.

Manuel Baltar presentando o Observatorio Económico no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

Manuel Baltar reuníuse no CDDO Ribeiro cos presidentes dos entes vitivinícolas da provincia.

Page 16: Xullo de 2015 - Barrios

16 BARRIOSXullo de �015

CELANOVA E COMARCA

Redacción

O II Festival “Hércules Brass” converterá a Cela-nova, do 4 ao 8 de agosto, no punto de encontro da música de vento de todos os estilos, con concertos, clases maxistrais, confe-rencias e diversas activi-dades formativas.

Durante a presentación de festival, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, destacou que “é unha apos-ta fascinante e esperamos que en vindeiras edicións

Celanova acolle o II Festival “Hércules Brass” 4 Reunirá do 4 ao 8 de agosto a expertos e alumnos da música vento-metal de España, Portugal, Bélxica e Francia.

poidamos seguir nesta liña de innovación musical”. Pola súa banda, o secre-tario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, subliñou a importancia de Celanova como “referente en Galicia pola diversida-de do traballo cultural e creativo que realiza”.

ProgramaO programa inclúe ac-

tividades de lecer relacio-nadas coa música e, como novidade, un taller de res-piración, “O método das tres chaves”, e as clases de música de cámara, onde o alumnado realizará un concerto.

Haberá un total de 11 actuacións, repartidas en-tre o claustro barroco do mosteiro e as prazas e rúas de Celanova, coa presenza

de profesores e alumnos de España, Portugal, Bélxica e Francia.

Como complemento, es-

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, durante a presenta-ción do II Festival Hércules Brass./RAMSÉS

As clases maxistrais terán ata 12 alumnos activos e sen límite de oíntes

EN BREVE

4Informática para nenos en Celanova

A aula CeMIT de Cela-nova oferta este verán ta-lleres de informática para nenos. O primeiro, para cativos de entre 4 e 8 anos, impártese do 13 ao 24 de xullo, e nel aprenderán a usar as novas tecnoloxías de modo divertido.

Pola súa banda, do 3 ao 21 de agosto, haberá talleres para menores de 8 a 14 anos, que tratarán o uso das redes sociais, buscas en internet, reto-que fotográfico e mon-taxe de vídeo, ofimática e mecanografía.

As inscricións poden realizarse na aula CeMIT, en [email protected] ou no 697 185 080.

4Celanova ChefA Fundación Curros

Enríquez organiza un campamento de cociña para nenos maiores de 8 anos. Terá lugar nas súas instalacións os días 14, 17, 21 e 24 de xullo; e os cativos coñecerán o mercado e aprenderán a elaborar masas e pan, co-midas salgadas e doces.

Redacción

PSOE e BNG non se puxeron de acordo para gobernar conxuntamente o Concello de Ramirás, que leva dende os anos 70 en mans do Partido Popular; e así continúa sendo. Tra-la renuncia de Pilar Otilia López, agora é rexedor, cun goberno en minoría, Juan Carlos Rodríguez.

Os nacionalistas non lle prestaron o seu apoio ao PSOE tralas eleccións do 24M porque pedían que, para iso, dimitise a súa cabeza de lista, Isabel Gil, que formou parte do BNG anos atrás, e á que acu-

saron de non querer “un cambio real en Ramirás” senón “un cambio de cro-mos”, en palabras do seu único concelleiro, Marcos Meléndez.

As discrepancias che-garon, presuntamente, a “acoso, insultos e amea-zas”, que denunciou Me-léndez; quen explicou que días previos ao 13 de xuño (data da elección do alcalde) recibiu chamadas ameazantes, insultos nas redes sociais e nos días posteriores en Ramirás, Gomesende e Celanova repartíronse pasquíns nos que se lle chamaba “caci-que e vendido”.

O PP segue gobernando en Ramirás4 Discrepancias entre PSOE e BNG impediron un cambio de goberno despois de 40 anos.

tán previstas clases maxis-trais de trompeta, trompa, trombón e tuba, coas que se ofrecen aos partici-pantes pautas de carácter teórico e práctico que lles permitirán perfeccionar a súa técnica e ampliar o seu repertorio. Todas elas serán impartidas por pro-fesionais de gran recoñe-cemento e cunha longa traxectoria musical nacio-nal e internacional.

As clases maxistrais están abertas a todo tipo

de público. Haberá un número máximo de 12 persoas activas por espe-cialidade e sen límite de persoas oíntes. A selec-ción do alumnado será por rigoroso orde de ins-crición, a cal permanece aberta ata o 17 de xullo.

Resposta do PSOEEn relación ao presunto

acoso, Isabel Gil emitira un comunicado no que rexeitaba “todas as ac-cións que atenten contra a vida persoal ou profe-sional dos concelleiros do BNG, do PSdeG-PSOE ou de calquera outro gru-po político”. E preguntá-base quen repartira as oc-tavillas: “sería o PP para botar máis leña ao lume?, sería BNG para culpabili-zarnos a nós? Ou, o máis lóxico, un votante ca-breado, que sentiu que lle mancillaban o seu voto”.

A secretaria de Orga-nización dos socialistas ourensáns, María Quin-tas, respaldou a Gil e asegurou que “ninguén do PSdeG fixo ningún tipo de acción contra este señor, que permite que goberne o franquismo en Ramirás”.

Como novidade, este ano haberá un taller de respiración: “O método das tres chaves”

Redacción

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luis Ferro Iglesias, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a Xunta se compromete a destinar 15.000 euros á entidade para axudar a sufragar as actividades que esta realiza ao longo do ano.

Con este acordo a Consellería mostra o seu apoio á divulgación e promoción da cultura e o patrimonio galego, entre o que se atopa a figura e obra do escritor celanovés.

ActividadesEsta colaboración

engloba actividades como o programa escolar ‘Ven coñecer a

15.000 euros de axuda á Fundación Curros Enríquez4 A Xunta apoia así as súas actividades culturais.

Celanova de Curros e Celso Emilio’; roteiros culturais por Celanova e os seus arredores ou a VII Xornada de convivencia en Celanova ‘Curros Enríquez’.

Tamén se organizan viaxes pola comunidade para coñecer escritores galegos e portugueses contemporáneos dos poetas celanoveses; o Premio Celanova, Casa dos Poetas; obradoiros para nenos e exposicións temporais.

José Luis Ferro e Román Rodríguez, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo./RAMSÉS

Para apoiar ao PSOE, o BNG pedía a dimisión de Isabel Gil

Page 17: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

17CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Para José Luis Ferro a vida pouco cambiou despois do 24 de maio. Segue a ser alcalde de Celanova e segue apostando pola proximidade e o diálogo. Pero agora goberna, segundo confesa, con máis tranquilidade, a que lle deu lograr a maioría absoluta por si mesmo. Falamos con el para coñecer como se atopa, como afronta este mandato cun equipo notablemente renovado e para tratar un dos temas máis polémicos do seu goberno: o seu soldo.

Como te encontras?José Luis Ferro: “Encóntrome

moi satisfeito porque non agardaba un resultado tan avultado positivamente. Pero tamén con moita presión por corresponder aos votantes, e aos non votantes. Moi animado e pensando en traballar moito, no futuro e en todo o que queda por facer nestes catro anos.

No día a día eu non notei diferenza, sigo traballando a tope, si é certo que tes a mente máis centrada na xestión do Concello e máis tranquilidade”.

Foi un resultado persoal?J.L.F.: “O que me trasmitiu

a xente despois das eleccións é que tiña que traballar porque confiaran en min, como se eu fora o responsable máis directo da vitoria. Ao ir de cabeza de lista se gañas é lóxico que en gran parte se deba a ti, pero sei que son un recén chegado e contaba cun equipo con experiencia. Ademais, a renovación foi moi ampla e iso xerou expectativas de cambio e de ilusión nos veciños”.

Como ves aos veciños nestas semanas?

J.L.F.: “Todo o mundo me felicitou, incluso algún que non me votou. En canto ao novo equipo están esperando o que fagan, pero sempre no plano positivo, porque é xente nova que trae ilusión, non ven viciada e que pode achegar

ideas”.

Considerabas necesaria a suba do teu soldo dos 32.900 euros brutos ao ano (que establecera a oposición cando o PP gobernaba en minoría) aos 45.000 que permite a lei (para alcaldes de municipios con entre 5.000 e 10.000 habitantes)?

J.L.F.: “A sentenza non é firme, está recurrida. E independentemente do que saia quero deixar claro que non estou acá por motivos económicos. Xa o demostrei cando cheguei, gustaríame ver a algunha persoa da oposición na miña situación naquel momento. Decidín daquela baixar un 27% a masa salarial respecto á do anterior alcalde. Esa decisión tomeina pola situación económica, sen coñecer a dedicación que ten un alcalde dun concello como o de Celanova. Pero teño como criterio os salarios dos técnicos, porque teño responsabilidade igual ca eles, a miña sinatura vai ao lado dos seus informes. Non obstante, eles son funcionarios e ás 3 rematan a xornada, e ao alcalde non lle pasa iso.

Penso que se ten que valorar máis o labor e o traballo dun político. Entendo que é un tema moi demagóxico porque hai situacións sangrantes, moita xente necesitada, moito paro; pero un político se é un bo xestor, se soluciona os problemas dos veciños, se está a disposición todos os días, traballando polo seu pobo, creo que a dedicación vale algo.

Paréceme ben que a lei limite os salarios, de feito, creo que debería fixar a cifra exacta para unha dedicación exclusiva ou parcial, non crear un arco tan amplo, para que quen entre en política saiba a que aterse.

De todos os xeitos, non teño intención de recuperar eses cartos, pero iso si, ninguén está por enriba da lei, polo que se eu gañase eles terían que ter algunha responsabilidade.

Ademais, a lei tamén permite un asesor e eu non o teño.

Entendo que ten menor custo un edil da oposición, que gaña 100 euros e pico por pleno, que os 45.000 do alcalde, pero pode que o concelleiro non achegue nada. E isto non o digo por ninguén en particular, que conste.

Pero quero deixar claro que o

meu soldo e as dúas dedicacións supoñen só o 2,5% do orzamento do concello. Non me parece nin excesivo nin fóra de lugar”.

Hai dúas dedicacións parciais (as de Máximo Losada e Pilar Regueiro) que perciben 1.457 euros brutos/mes. Non semella un pouco alto para o nivel de vida de Celanova?

J.L.F.: “Se o que cobra o alcalde parece moito pois tamén o parece o deles. Pero están ao pé do canón todo o día, co teléfono dispoñible sempre para os veciños. Ademais, teñen moito persoal, xestionan áreas amplias. O criterio que utilicei para subir o meu salario apliqueillo a eles, porque non quería ter ningún agravio comparativo”.

Celanova ten tres problemas principais: demográfico, falla de prazas hoteleiras e ausencia de actividade no sector primario. Son prioridades?

J.L.F.: “Si. No referente ao sector primario estamos ofertando un obradoiro de emprego que tivo a selección o 6 de xullo. Tratará sobre a apicultura, a micoloxía e a panadería e repostería, para tratar

de promocionar os nosos produtos autóctonos, que tamén poden ser obxecto de atracción turística.

Para conseguir asentamento de poboación, estamos preparando unha revisión de ordenanzas para premiar o empadroamento, porque hai moita xente que está en Celanova todo o día pero está empadroada en concellos limítrofes, polo que lles prestamos servizos ao mesmo prezo que aos nosos veciños. Por iso, estamos mirando de que as taxas sexan máis económicas ou facilitarlle aos veciños algún beneficio fiscal na medida do posible.

En canto ás prazas hoteleiras, estamos intentando que algunha cadea hoteleira se interese por Celanova ou que algún empresario colla de novo o Betanzos.

E tamén queremos potenciar o comercio, porque Celanova ten un gran mercado semanal e hai que recuperar a tradición que tivo sempre como referente da comarca”.

Nunha entrevista en 2013 falamos de varios proxectos e infraestruturas que estaban paralizados. Queremos saber como se atopan agora.

- Recuperación do xacemento orixinal de Castromao: “Imos ter unha pequena inversión de 15.000 euros para a limpeza e consolidación dalgún muro que poida estar derruído. Ademais, a nosa intención é por enriba da mesa os nosos resultados electorais para poder pedir máis investimentos nesa liña. De todos os xeitos, nunca estivo olvidado nin abandonado por nós, independenteme de que a oposición nos criticou”.

- A estación de autobuses: “Buscámoslle noivas, pero non lle atopamos ningunha. Falamos con varias persoas e non se animaron. Temos medo de sacala a concurso e que quede deserto, pero sacarémola igual. Cremos que como mellor pode funcionar é da man de algúen do pobo, que coñeza o entorno e sexa el coñecido”.

- A ampliación do parque empresarial: “A ampliación xa pasou a aprobación inicial, o periodo de alegacións e penso que non houbo ningunha. Neste mes seguramente teremos a aprobación definitiva e xa se pon a disposición o terreo para buscar en serio empresas”.

E o Plan Xeral?J.L.F.: “Temos que darlle un

impulso, non sei que prazos nos levará, pero neste mandato hai que avanzalo porque a estruturación urbanística sempre é moi importante”.

Como afrontas estes catro anos en canto á relación coa oposición?

J.L.F.: “Son unha persoa próxima e dialogante e así seguirei. Pasei situacións complicadas nestes dous anos e medio pero sempre mantivemos o diálogo entre os grupos. En canto á xente nova que entrou na oposición estou vendo boa predisposición, críticos, como non pode ser doutra maneira, pero con formas e tranquilidade, e achegando ideas”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños.

J.L.F.: “Quero mostrarlles o meu agradecemento e esperamos estar á altura do que nos van esixir. Ademais, eles saben que teñen acceso directo co alcalde sempre, sexa no despacho ou na rúa”.

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS FERRO - ALCALDE DE CELANOVA

“Encóntrome moi satisfeito, pero con presión por corresponder aos votantes”

4 O alcalde popular de Celanova, José Luis Ferro, achéganos aos proxectos que afronta o seu goberno nos próximos catro anos.

“O meu soldo e as dúas dedicacións supoñen só o 2,5% do orzamento do concello. Non me parece nin excesivo nin fóra de lugar”, di Ferro

“Os veciños saben que teñen acceso directo co alcalde sexa no despacho ou na rúa”, lembra o rexedor

Con Ferro como cabeza de lista, o PP de Celanova mellorou os resul-tados acadados en 2011./S.N.

Page 18: Xullo de 2015 - Barrios

18 BARRIOSXullo de �015

DEPORTES

A de Xinzo foi a 11ª edición e a de Celanova, a 12ª

Rubén Diz, vencedor en Xinzo. /S. NIETO.

Exitosas populares en Xinzo e Celanova4 Diz (na Limia) e Essaa-daoui (na vila de San Rosen-do) foron os vencedores.

Redacción

Xinzo e Celanova vol-veron a ter a súa popular nocturna. En Xinzo os vencedores foron Rubén Diz e Aida Martínez e en Celanova, Akka Essaa-daoui e Águeda Blanco.

XinzoEn Xinzo de Limia,

desde os primeiros me-tros, o local Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) marcou o rit-mo da carreira logrando entrar en solitario na liña de meta cun tempo de 19 minutos e 45 segundos tras percorrer 6.250 me-tros. Segundo foi Jorge Silva (Atletas Veteranos Ourense) a 25 segundos (20:10). En terceira po-sición remataría José M. Ramos (Ourenrunning), cun tempo de 20:14 mi-nutos.

En mulleres a primei-ra en rematar a proba foi Aida Martínez (Atletismo Tui - Thermalia), quen pa-rou o crono en 25 minu-tos. Segunda rematou Fá-tima López (DPFT), con 27 minutos e 59 segundos de tempo; e terceira, Car-men Cid (28:07).

CelanovaCon máis de 400 atle-

tas que remataron a pro-ba, foi o atleta de Sal-ceda de Caselas o que se alzou coa vitoria cu-brindo os 7.800 metros de percorrido nun tempo de 24:21 minutos. Tras Akka Essaadaoui, o se-gundo en chegar a meta foi o ourensán Alejandro Fernández Completou o podio José M. Corral.

En categoría feminina foi Águeda Blanco quen acadou a vitoria, cun tempo de 30:36 minutos. En segunda posición re-matou a ourensá Sonia Teijeiro, e en terceira, a atleta do Ourenrunning, Ana María Ocampo.

Unha caída deixa sen podio a Iván Feijoo4 No Campionato de España cadete.

Redacción

Unha aparatosa caí-da cando marchaba no terceto de cabeza de ca-rreira deixou sen opcións de podio a Iván Feijoo no Campionato de Espa-ña de BTT celebrado en Lorca (Murcia).

Participaba, represen-tando a Galicia, xunto ao seu compañeiro do Club Ciclista Maceda Abel Franco, na categoría ca-dete. Feijoo marchaba entre os tres primeiros cando unha forte caída deixouno sen a posibli-dade de loitar polo títu-lo. O golpe fíxolle caer a posicións máis discretas. Abel Franco tampouco tivo o seu día e non puido pelexar polas primeiras

posicións.

Gra PremioEn Oleiros (A Coruña)

disputouse o quinto Gran Premio BTT XC de Olei-ros. A esta proba puntuable do Open de Galicia acudiu unha representación do

CC Maceda.En elite, Saúl López

vencía con autoridade, mentres que Brais Sen-dín facíao en categoría júnior. Estes resultados fan que os dous cheguen nun bo estado de forma ao Campionato de Espa-ña que se celebra a vin-deira fin de semana en Valladolid.

SanxenxoNo II MiniBTT de

Sanxenxo, Carlos Canal e Antía Martínez acada-ban a vitoria, en infantís, e Breogán Diz en ale-víns. Ademais lográronse os podios de Noela Saa, Aida González, Marco Nube, Hugo Vázquez, Martín González e Sare-la Conde.

Saúl López en Oleiros. /D. LEMA.

As tres da esquerda, do Maceda, Aida, Noela e Antía no podio de Sanxenxo. /D. LEMA.

4 Campus Sporty de fútbol

Do 1 ao 13 de xullo celebrouse en Allariz a décima edición do Cam-pus Sporty de fútbol. Máis de 100 rapaces participaron este ano neste campamento que xira arredor do fútbol.

Este ano a novida-de foi unha carreira de obstáculos. Sobre un circuíto de 1.250 metros e máis de 10 obstáculos gozaron todos os partici-pantes dunha actividade totalmente novidosa.

4 Ciclismo en Monterrei

A Volta Ciclista ao Val do Támega tivo a súa sexta edición a pasada fin de semana.

A carreira, que con-tou cun gran número de participantes, viu como Rubén Atrio facíase co triunfo final despois de desfacerse dos que ían con el escapados.

Acompañaron no po-dio a Atrio, José Ferreira (Portugal) e Alberto Ro-dríguez, segundo e ter-ceiro, respectivamente.

4 Raid en Antela

O hipódromo de An-tela acolleu o XL Raid nacional. Na proba máis espectacular (a de 120 km de distancia) a ven-cedora foi a amazona Laia Soria.

EN BREVE

Page 19: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

1�PUBLICIDADE

Page 20: Xullo de 2015 - Barrios

�0 BARRIOSXullo de �015 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

XII Curso de Medios Audiovisuais de CelanovaDo 7 ao 10 de xullo, Celanova acolleu a 12ª edición do seu Curso de Medios

Audiovisuais, no que participaron 50 alumnos. O Auditorio Municipal Ilduara foi escenario da entrega de diplomas e a proxección do filme resultante do taller ‘Celanova, plató de ficción’, que se tratou dunha recreación da obra “Vento Ferido” de Carlos Casares, e coa que os participantes comprobaron de xeito práctico como elaborar unha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado.

Esta edición fixo fincapé nas diferentes vías de expansión das producións galegas, e reuniu en Celanova a unha vintena de nomes destacados da produción, guión, dirección, interpretación e posprodución audiovisual, entre os que se atoparon Guillermo Represa, Sergio Moure de Oteyza e Suso Bello.

O alcalde de Celanova, o conselleiro de Educación, o secretario xeral de Cultura e o director da Agadic participaron na entrega de diplomas./RAMSÉS

II Festival Internacional de Cine Rural Carlos VeloOs días 26, 27 e 28 de xuño tivo lugar o II Festival Internacional de Cine Rural Carlos

Velo en Celanova e Cartelle, centrado en traballos de temática rural. Dez foron as curtas de documental e ficción finalistas, tras presentarse máis de 100 procedentes de todo o mundo. Pero só tres as vencedoras: “Whaley Valley” de Gudmundur Arnar Gudmuns-son, en ficción; “Minerita” de Raúl de la Fuente, en documental, e “Som pastor” de Borja Zausen, que se fixo co premio do público.

Como novidade, este ano o festival centróuse máis na figura de Velo, afondando na súa etapa en México. A proxección dunha curta-documental de Aki Kaurismäki e unha retros-pectiva do traballo de Manuel Outomuro foron das actividades paralelas máis destacadas.

Aser Álvarez e Inés Vázquez, directores do festival, cos tres directores premiados, así como con outros participantes e membros da organización./CEDIDA.

Gran festival da cervexa artesá en XinzoO 3, 4 e 5 de xullo, Xinzo de Limia acolleu o II Festival da Cervexa Artesá Galega,

que contou en paralelo, ademais, cunha feira de artesanía.Organizada pola Asociación para a divulgación da cervexa artesá de Galicia, a feira

estivo ubicada na praza Carlos Casares e a ela acudiron seis cervexeiros: Monte Rei (Verín), Auriun (Ourense), Orballu (Monforte), Chopp´s (Laza), Cerveza de Calabaza (Ourense) e Cervexa Vacaloura (Nigrán). Os asistentes puideron degustar, ademais, produtos gastronómicos autóctonos, como hamburguesas galeguesas, pan de Carral e xamón Ucha; e adquirir produtos feitos a man, como xoguetes de madeira, bisutería, manoplas de depilación ou traxes medievais.

Obradoiros, maxia e un sorteo de lotes de cervexa completaron o programa.

Grupo de visitantes da feira brindando coa cervexa Vacaloura, de Nigrán, xunto ao en-cargado do stand./RAMSÉS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Internet revolucionou todo un sistema de co-municación /coñecemen-to e xorden as primeiras formas de pór en prácti-ca a interactividade sen esquecer os vehículos tradicionais como a ra-dio e a televisión. Así, xorden opinións diversi-ficadas nun sistema de-mocrático e libre, onde xorden varias opinións e até conceptos que poden

Nutrición e alimentación en Internet

“Será verdade que todo o que contén antioxidantes ten capacidade de destruír células canceríxenas?”

levarnos ao descontrol de como debemos alimentar-nos, pois hai moitas cou-sas que non están debida-mente fundamentadas e con probas dadas, sobre todo en humanos.

Como distinguir a ver-dade da publicidade? Será importante atender á rea-lidade científica que está detrás das alegacións de superalimentos revisa-das polos media? Será verdade que todo o que contén antioxidantes ten capacidade de destruír células canceríxenas? Non obstante, existen es-tudos de científicos que se teñen inclinado, por exemplo, sobre os efectos de compostos antioxidan-

tes presentes no mirtilo (arándanos). Estes estu-dos conclúen que teñen a capacidade de inhibir o crecemento de células humanas cancerosas do cólon.

Non hai dúbida de que a “bomba” do comprimido receitado polo médico vai controlando ao hiperten-so. Mais tamén hai relatos de persoas para as que, a través dunha alimenta-ción específica, deixou de ser necesaria esta medica-ción. É unha mágoa que a industria farmacéutica só estea preocupada pola fabricación do comprimi-do, e relegue do estudo a orixe da doenza!

João Damião

Page 21: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

�1PUBLICIDADE

Page 22: Xullo de 2015 - Barrios

�� BARRIOSXullo de �015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Exposicións- Ata o 24 de xullo

- Óleos de Eduardo Ro-dríguez Pombo - Sala de Exposicións de Verín

- Ata o 9 de agosto- Exposición de Raúl Di-niz - Sala A Fábrica de Allariz

- Ata o 30 de agosto - Exposición de Salomé Fernández - Sala A Fá-brica de Allariz

- Ata setembro - “Car-los Casares e a fotogra-fía”- Casa dos Poetas de Celanova

Teatro- 14 de agosto - Mofa

e Befa - 23 h - FIXA de Allariz

Música- Do 4 ao 8 de agosto

- II Festival “Hércules Brass” - Celanova

- 8 de agosto- Concer-to de Wely King - 23 h - FIXA de Allariz

Espectáculos- Do 3 ao 9 de agosto - I

Certame de Pintura Mural “Matrisoka” - Xinzo

- 13 e 14 de agosto - VIII Festival de Artes Escénicas Abelardo Ga-briel- Riós

Feiras e festas- Do 17 ao 19 de xullo

- Festas de Santa Mariña- Xinzo de Limia

- 18 de xullo, 8 e 9 de agosto - Festas etnográfi-cas: Ciclo do Pan - Alla-riz

- 27 de xullo - Mercado solidario - De 11 a 21:30 h - Praza Carlos Casares de Xinzo

- 31 de xullo e 1 de agosto - Batucada -Verín

- Do 7 ao 9 de agosto - X Feira do Viño - Verín

- 15 e 16 de agosto - Mostra de Artesanía - Allarizwww.periodicobarrios.com

Sei a boa fe, que esta-rás co teu pícaro sorriso dirixindo o cotarro no ceo, con regates e fintas coma as que facías, can-do de rapaz, agasallabas a parroquia limiá, con pinceladas de arte fut-bolistica, na esquecida Moreira, ou no Arjiz, cando tocaba lidiar aque-les partidos do corazón, cheos de sentimento, e rebosantes de sa e vital rivalidade, aquela que nos xuntou para sempre.

O barrio de abaixo está triste, das súas pe-dras desconsoladas bro-tarán as bágoas limpas na angustiosa noite de entroido. Nos canelló-ns do vello recuncho a túa silenciosa ausencia, estremeceu a rutina da vida. Mestre! “Colle o lapis e escribe algo do meu pobo, deixa por un intre Verín, que Xinzo ta-mén existe!”. Esas foron as derradeiras verbas, que entre risas canallas espetoume antes de par-tir. Aquela noite falamos moito, debullamos o noso tema de sempre, fútbol e o entroido, recordando os tempos aqueles do Antela e o Verin, cando ainda, coa idade xuvenil, xa nos partiamos a alma, semellando os maiores, por aquelo da honra.

Non sei plasmar aquí, xuntando letras, o que Toñito quería o seu pobo,

as súas xentes, e sobre todo, as cousiñas máis pre-ciadas para el, o Antela CF e o entroido. Era moi raro ver a Toñito sen o escudo do Antela no peito, sempre con orgullo e admiración por aqueles xogadores de antes que recitaba de ca-rreira cos olliños mollados da emoción.

O entroido corría polas súas veas. Todos en Xinzo teñen o santo entroido me-tido no sangue, mais To-ñito era algo fóra de serie, un animador de principio o fin. Dende a maña cedo, coas charangas, percorren-do os puntos estratéxicos, mantendo sempre as tradi-cións dos antergos, dos que máis saben deste ‘tinglado’ coma el sempre me dicía. Coido que o Domingo de Oleiro non vai ser igual sen a dirección do “mestreo”, co carriño das olas no sitio axeitado, coma Deus man-da! E como non, depuran-do sempre, cun guiño cari-ñoso, as danzas misteriosas e ancestrais, da fermosa pantalla, que non deixa de bufar e brincar en tempos

de entroido; botarano de menos!.

Tiñámos os dous, algo que nos unía, sempre con ese puntiño raro de ver cada un á nosa maneira as tradicións da nosa terra, e o balón. Algún día, no bar do señor Manolo “Meco”, alongamos aquelas tardes de tertulia, ao carón do mostrador mollado con viño de Monterrei, aquel cheiriño sagrado do viño derramado, as cantigas do “Meco” e as lembranzas facían pasar as horas sen darnos conta.

Aquí tes as letras que me pediches, Xinzo, Verín, entroido, balón... iso é a nosa canción, a nosa vida e será a nosa lembranza, porque os teus amigos teran sempre no maxín a túa lembranza, dun home bo, entregado en corpo e alma ao seu pobo, ao seu equipo, e como non, aos reis do mundo, coma el dicía, os nenos da Morei-ra, que sen dúbida non te esqueceran xamais. Ata sempre mestre! Miguel A. Prieto “Chita”

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Toñito Castro “Mestre”

4AXENDA

“Era moi raro ver a Toñito sen o escudo do Antela no peito, sempre con orgullo”

Toñito Castro.

Non existe na nosa co-marca unha soa poboación que non teña algo reseña-ble. Un castro, un asen-tamento romano, un peto das animas, un cruceiro ou incluso un Castelo nos po-demos encontrar paseando polas nosas aldeas. Son eses regalos que nos che-gan do pasado, un presen-te dos nosos devanceiros que deberíamos de recibir en usufruto pero que moi-tas veces utilizamos como se foramos donos de pleno dereito, sen pensar que de-trás de nós veñen outros, como se os nosos descen-dentes non tiveran o derei-to de gozar de eles.

Hoxe en día, o patrimo-nio da comarca esmorece. Comezou hai xa unhas cantas décadas cando, como se sufriramos unha arroutada de novo rico, empezamos a tirar aque-las casas de pedra de tan bela factura e que tanto abondaban na nosa zona, para construír neses te-rreos casas de cemento e bloques. Pero segundo nos foi invadindo ese mal chamado progreso a cousa foi empeorando moi rapi-damente. Coa chegada das autovías arrasáronse cas-tros, petroglifos e incluso un asentamento calcolí-tico. Máis de 3.500 anos

enterrados no asfalto! Só no último ano, dous cru-ceiros foron estragados e o patio de armas do Cas-telo quedou cuberto dun gris cemento que agora intentan disimular pón-dolle herba por riba.

Pero o noso patrimonio ten un problema maior que o progreso mal en-tendido, o maior proble-ma ao que se enfronta o patrimonio da nosa zona é o esquecemento. Can-tos rapaces de Verín sa-ben onde esta o Muíño do Pracer? Cantas persoas camiñan xunto os restos da muralla que rodeaba Verín sen o saber? Canta xente sabe que ademais do Castelo de Monterrei existían, polo menos, outros dous castelos na nosa comarca?

O noso patrimonio ne-cesita que o coidemos, pero por enriba de todo necesita recuperar a dig-nidade que os anos e as silvas lles roubaron. Ne-cesita ser coñecido pola xente da zona e que estes o queiran e respecten, porque o noso patrimo-nio é por definición a nosa riqueza.

Andrés Diz historiamonterrei.

blogspot.com.es

4HISTORIAS DE MONTERREI

O noso patrimonio

EN BREVE

4 Volta a bibliorúa de Verín

O 23 de xullo e o 4, 11 e 24 de agosto, coincidindo cos días de feira, a Biblio-teca Pública Municipal de Verín volverá saír a rúa co obxecto de achegar os li-bros aos lectores, e incenti-var a lectura principalmen-te entre os máis novos.

Nestas xornadas, de 11:30 a 13 horas, volun-tarios e persoal da insta-lación situaranse fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos me-ses; así como os clásicos de sempre.

Con esta iniciativa bús-case tamén amosar todos os servizos e actividades da Biblioteca.

4 Festival de Riós 2015

Riós acolle, os días 13 e 14 de agosto, o Fes-tival de Artes Escénicas Abelardo Gabriel, que este ano chega á súa oi-tava edición.

O programa completo do certame aínda non foi desvelado, pero si houbo varios adiantos. Así, proxectarase o do-cumental “Mil sorrisos e un perdón”, do cela-novés Bruno Nieto, con presenza do seu prota-gonista Daniel Fernán-dez Carril.

Asemade, xa está con-firmada a actuación do grupo limián Habitación Vudú e do cómico David Perdomo.

Page 23: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015

23CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz.Nº15 - Ano: X - Xullo 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 002 Concello de Oimbra 988 426 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 425 032Concello de Castrelo de Val 988 419 002Concello de Laza 988 422 002Concello de Cualedro 988 424 004Comisaría de Policía Verín 988 414 123Policía Local Verín 988 411 612Bombeiro Verín 988 590 206Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 412 121Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 342Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 812Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 212IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 425CEIP Princesa de España 988 410 128Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 102Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 002 Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 552Policía Local Xinzo 988 462 425Garda Civil 988 462 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 462 200Punto Atención Continuada 988 462 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 209Taxis - Parada Xinzo 988 460 309

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 462 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 222IES Lagoa de Antela 988 462 454IES Cidade de Antioquía 988 461 271CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 293 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadanedo 988 291 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 204 CEIP Padre Feixoo 988 440 825IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 219Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 260 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 523Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 290CEIP Curros Enríquez 988 431 725Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 482Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 902 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 902 309 000Protección Civil 112Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 222 222

4TELÉFONOS DE INTERESE4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAVendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.900 euros. Tel.: 606 422 543.Vendo finca de 2.000 m2 edifi-cable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 512 559.Vendo apartamento en praia América, 2 habitacións, a 5 mi-nutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.636 422 497.Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axardi-nados, zona aparcamento e bar-bacoa. Tel. 607 271 916.Vendo en piso en praza España, Vigo, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e ga-raxe. Tel. 639 816 209.Ocasión vendo finca con galpón, zona Vilar de Astrés (Ourense), 450m�, parada de bus enfronte. 6690€. Tel. 606 42 25 43Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo (Coles), con 2 habi-tacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55Alúgase perruquería en Progre-so (Ourense), tel. 637 00 59 10+Alúganse tres oficinas exterio-res acondicionadas en Progreso, Ourense, tel. 637 00 59 10.Alugo habitación próxima aos novos xulgados de Ourense, con cama de matrimonio, amoblada, televisión na habitación, wifi, e dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes gastos incluidos. Tel. 600 92 25 47 (WhatsApp).Necesítase mozo ou señor para compartir piso no Couto (Ouren-se), tel. 637 005 910.

EMPREGOOfrécese modista para parti-culares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302.Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou rea-lizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora en hospital ou en casa. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrati-vo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995.Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897.Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou cal-queira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460.Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333.Piano e voz para eventos. Reper-torio variado. Clases particulares de piano, solfeo e canto. Tel. 663 733179 (WhatsApp), [email protected], FacebookFanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448.Ofrécese señora para o coida-do de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330.Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e res-to de materias curriculares. To-dos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: [email protected] e tel. 610 382 589.

VENDASVendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 631 011.Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22.Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448.Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 521 448.Vendo 600, azul turquesa, matrí-cula 9644-Ou, 1.995 euros nego-ciables. Tel. 639 81 62 09.Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr 2000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Cha-mar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas.Vendo calefacción de gas cida-de seminova e sofá. Tel.637 005 �10.Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214 079.Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079.Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas alu-minio... Tel. 684 214 079.

Vendo Seat León 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas alu-minio, climatizador, radio USB... Tel. 684 214 079.Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684 214 079.Vendo mobiliario de oficina. Tel. 626 035 162.

CONTACTOSOfrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de cha-mar homes. Tel. 697 79 59 28.

Page 24: Xullo de 2015 - Barrios

BARRIOSXullo de �015