22
Palabra de Vida Xullo 2012

55 pv xullo 2012

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 55  pv xullo 2012

Palabra de Vida

Palabra de Vida

Xullo 2012Xullo 2012

Page 2: 55  pv xullo 2012

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

Page 3: 55  pv xullo 2012

Con estas palabras Xesús responde aos seus discípulos,

que lle preguntaron por que falaba mediante parábolas.

Page 4: 55  pv xullo 2012

El explícalles que non a todos lles é dado coñecer os misterios do Reino dos Ceos, senón só ás persoas

cunha boa disposición para acoller as súas palabras e vivilas.

Page 5: 55  pv xullo 2012

De feito, entre os que o escoitan hai algúns que, voluntariamente, cerran os seus ollos e os seus oídos,

polo cal“vendo non ven, e oíndo no oen, nin entenden”.

Page 6: 55  pv xullo 2012

Son aqueles que ven e escoitan a Xesús, pero, pensando que xa coñecen todas as verdades, non cren

nas súas palabras e nos feitos que as confirman.E así acaban perdendo tamén o pouco que teñen.

Page 7: 55  pv xullo 2012

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

Page 8: 55  pv xullo 2012

Cal é, pois, o significado

desta frase de Xesús?

El invítanos nela a abrir

o noso corazón á Palabra

que veu anunciarnos, e

da que nos pedirá conta

ao final da vida.

Page 9: 55  pv xullo 2012

Os escritos evanxélicos amósannos que o anuncio desta Palabra se sitúa no centro de todos os

desexos e de toda a actividade de Xesús.

Page 10: 55  pv xullo 2012

Vémolo ir de cidade en cidade, polas rúas,polas prazas, polos campos, ás casas, ou ás sinagogas

para anunciar a mensaxe da salvación, dirixíndose a todos, pero especialmente aos pobres,

aos humildes, e aos marxinados.

Page 11: 55  pv xullo 2012

El compara a súa Palabra coa luz, co sal, co lévedo, cunha rede botada ao mar, ou cunha semente esparexida

na terra; e dará a súa vida para que se estenda o lume que a Palabra contén.

Page 12: 55  pv xullo 2012

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará»

(Mt 13, 12).

Page 13: 55  pv xullo 2012

Xesús espera,

da Palabra que

anunciou,

a

transformación

do mundo.

Page 14: 55  pv xullo 2012

Por conseguinte, non acepta que, fronte a este anuncio, se poida permanecer neutral, morno ou

indiferente. Non admite que un don tan grande, unha vez recibido, poida quedar inoperante.

Page 15: 55  pv xullo 2012

E para subliñar esta esixencia súa, Xesús reafirma nesta frase

unha das súas leis, que está na base de toda a vida espiritual: a quen pon en práctica a súa

Palabra, El introducirao cada vez máis nas

riquezas e nas ledicias incomparables do seu

reino.

Page 16: 55  pv xullo 2012

Pola contra, a quen descoida a súa Palabra, Xesús ha de quitarlla, confiándoa a outros

para que a fagan frutificar.

Page 17: 55  pv xullo 2012

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará »

(Mt 13,12).

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle;pero a quen non ten, aínda o que ten se lle quitará »

(Mt 13,12).

Page 18: 55  pv xullo 2012

Polo tanto, esta Palabra de vida ponnos en garda contraunha grave falta na que podemos caer: a de acoller o

Evanxeo converténdoo, tal vez, nun mero obxecto de estudo, de admiración ou de discusión, pero sen poñelo en

práctica.

Page 19: 55  pv xullo 2012

En cambio, Xesús espera de nós que acollamos a súa Palabra e que a encarnemos no noso interior, transformándoa na forza que impregne todas as nosas actividades para que,

deste modo, a través do testemuño da nosa vida, sexa aquela luz, aquel sal, e aquel lévedo que pouco a pouco

transforme a sociedade.

Page 20: 55  pv xullo 2012

Durante este mes, entón, consideremos unha calquera das moitas Palabras do Evanxeo e poñámola en práctica. Enriqueceremos a nosa ledicia con outra

ledicia.

Page 21: 55  pv xullo 2012

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle; pero a quen non ten, aínda o que ten

se lle quitará» (Mt 13,12).

«Pois a quen ten daráselle ata sobrarlle; pero a quen non ten, aínda o que ten

se lle quitará» (Mt 13,12).

““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,

Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1996

Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 linguas e idiomas,

incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, televisión e internet.

Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española

no número correspondente a xullo 2012

onde tamén se encontrarán experiencias e outros artigos

de interese sobre a espiritualidade da unidade.

Page 22: 55  pv xullo 2012

Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é:

“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:

“Temos comprendido que nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que

lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se

proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.

Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!, e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.

“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así

evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).

Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela. (podedes facelo por correo electrónico:

[email protected] ou [email protected]). GRACIÑAS.