54
MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016

MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

MEMORIA ANUAL CULTURMAR2016

Page 2: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

Contidos

1. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-CULTURMAR……………………….…..4

2. Xuntanzas e regatas de embarcacións tradicionais de Galicia 2016. Calendario oficial

de Culturmar……………………………………………………..…………………………………………...……..…....8

2.1 Outras xuntanzas de embarcacións tradicionais coa colaboración de Culturmar

3. Promoción peninsular e europea da cultura marítimo-fluvial de Galicia………..…….…..24

3.1 VIII Encontro de Embarcaçoes Tradicionais de Esposende

3.2 Día da Marinha do Tejo

3.3 Expedición Culturmar ao Pais Vasco

4. Colaboración de Culturmar noutros eventos culturais de Galicia……………….…...……….31

4.1 III Festa Conmemoración da Batalla de Rande

5. Actividades didácticas e xornadas culturais a prol do patrimonio marítimo de

Galicia………………………………………………………………………………………………………………………….32

5.1 Cursos de navegación a vela tradicional

5.2 Cursos de carpintaría de ribeira

5.3 Exposicións e mostras de cultura marítimo-fluvial de Galicia

5.4 Charlas, conferencias e xornadas

6. Preparando o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Combarro

2017………………………………………………………………………………………………………………..…….……39

6.1 Presentación do XIII Encontro no Culturgal

6.2 Homenaxe á Gamela Cabo de Cruz: Lembrando o Encontro

7. Outras accións de difusión e promoción da cultura marítima…………………………….…....43

7.1 Nova plataforma web culturmar.org

7.2 Nova ferramenta para rexistro das embarcacións

7.3 Pavillón expositivo de Culturmar

8. O labor reinvindicativo de Culturmar pola conservación da nosa cultura marítima…..45

8.1 Pola conservación dos estaleiros de Carlagho e Casqueiro

8.2 Pola promoción das mariñas tradicionais nos portos de Galicia

8.3 Propostas a prol da cultura marítima a incluír nos programas políticos

9. Axudas e subvencións 2016…………………………………………………………………………………...….49

10. Asembleas de Culturmar…………………………...………………………………………………………..……..51

Memoria anual CULTURMAR 20162

Page 3: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

Tumbada, quilla ó aire,

desfaise no areeiro a vella dorna...

Nunha cauderna núa, apodrecida,

está pousada, inmobre, cavilosa

ollando a lonxanía, como unha ibis

sagra, unha gaivota.

“Veiramar” - Ramón Cabanillas

Page 4: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

1. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-CULTURMAR

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, en adiante Culturmar,

nace no ano 1993 ao abeiro dunha xuntanza de embarcacións tradicionais

celebrada en Ribeira co obxectivo de defender, divulgar e dinamizar de

forma voluntaria o patrimonio marítimo de Galicia, particularmente as

embarcacións tradicionais que o integran.

Culturmar ten como obxectivos principais a preservación da cultura e do

patrimonio dos mares e dos ríos de Galicia, das súas costas e ribeiras

fluviais, e o fomento do uso social e a dinamización dese patrimonio.

A este fin promove diversas accións como a recuperación de embarcacións

tradicionais de distintas tipoloxías, realización de investigacións no eido

patrimonial costeiro e marítimo, dinamización das embarcacións mediante

a realización de exhibicións conxuntas, difusión do patrimonio marítimo e

fluvial galego ou o fomento do asociacionismo cultural nas vilas e lugares

costeiros.

A nivel organizativo o labor de Culturmar consiste en coordinar e asesorar

as actividades de inventariado, investigación, conservación e restauración

levadas a cabo conxuntamente ou por cada unha das asociación federadas;

facilitar a xestión das asociacións ante a Administración; servir de enlace e

lugar de encontro entre as asociacións federadas; fomentar actividades de

animación cultural e prácticas deportivas; difundir a cultura marítimo-fluvial

entre a mocidade e fomentar a súa participación.

As principais actividades e ámbitos de actuación de Culturmar abranguen: a

recuperación de embarcacións tradicionais (algo máis de 300

embarcacións recuperadas -rehabilitadas ou replicadas- de arredor dunha

vintena de tipoloxías conforman actualmente a flota tradicional galega

Memoria anual CULTURMAR 20164

Page 5: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

acubillada polas asociacións de Culturmar); a elaboración de estudos

teóricos sobre embarcacións; a edición de libros, monografías e revistas,

como Ardentía, revista galega de cultura marítima e fluvial (que se publica

cada dous anos); a realización de exposicións e mostras de patrimonio

cultural e natural (oito exposicións sobre distintos aspectos do patrimonio

marítimo galego están sempre a disposición dos centros escolares,

concellos e outras entidades); exposicións vivas de embarcacións nos

portos e colaboración con museos do mar; a organización de xornadas

técnicas, seminarios e obradoiros relacionados co patrimonio natural e

cultural así como outros arredor de oficios vencellados ao mundo mariñeiro

e de produtos e elaboracións artesanais; obradoiros de carpintaría de

ribeira; proxectos didácticos destinados a achegar este patrimonio á

infancia e á mocidade (actividades dirixidas aos centros educativos ou

integradas nos programas de distintos eventos, tales como charlas,

proxeccións, exposicións, xogos, obradoiros para nenos); cursos e escolas

de navegación tradicional a vela (convocados ocasionalmente polas

asociaciacións federadas ou funcionando de maneira permanente durante o

verán); actividades de integración de persoas con discapacidades físicas e

psíquicas, entre as que salientan O Mar para Todos (xornada adicada á

navegación de persoas con discapacidade nas embarcacións tradicionais

no Encontro ou a existencia dalgunha asociación adicada especificamente

á navegación adaptada); xuntanzas, celebracións e regatas de

embarcacións tradicionais (eventos públicos de exhibición conxunta de

embarcacións tradicionais organizadas polas asociacións federadas e coa

colaboración do conxunto de Culturmar que se celebran todos os anos ao

longo da beiramar galega).

E sobre todo o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (a gran festa

da cultura marítima e fluvial de Galicia, a actividade máis senlleira da

Federación, de carácter itinerante e bienal, da que xa se levan celebrado

Memoria anual CULTURMAR 20165

Page 6: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

doce edicións), que se converteu na concentración de embarcacións de

maior dimensión da Península. É unha grande exhibición de embarcacións

tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como

doutras zonas xeográficas peninsulares e europeas, acompañada por actos

culturais e de lecer, conferencias, exposicións, publicacións, música e danza

tradicional, artesanía e outras actividades complementarias dirixidas ao

público asistente. O Encontro achega o patrimonio ao gran público, implica

a poboación -que aporta de xeito altruísta o esforzo organizativo- e o marco

natural local, propicia o asociacionismo cultural a prol do patrimonio,

fomenta actividades de turismo sostible etc...

A presenza internacional e peninsular acadada por Cultumar é ben

sobranceira. A súa traxectoria vén sendo recoñecida a nivel internacional e

peninsular desde hai anos, sendo actualmente unha voz recoñecida en

cuestións de salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial. A continua

presenza de Culturmar noutras terras (Francia, Escocia, Irlanda, Portugal,

País Vasco, Cataluña, Asturias…) serve para representar a singularidade e

riqueza do patrimonio marítimo de Galicia e tamén para aprender doutras

experiencias. Culturmar é socia, actualmente membro do comité executivo,

da European Maritime Heritage (EMH).

Actualmente, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-

Culturmar está integrada por 44 colectivos, que inclúen asociacións

culturais, deportivas, veciñais e mesmo colexiadas, espalladas por toda a

xeografía galega, con predominio das Rías Baixas. Así mesmo, desde hai

anos participan activamente e con carácter permanente algunhas

asociacións do norte de Portugal. Trátase fundamentalmente de

asociacións sen ánimo de lucro que teñen como único ou principal obxetivo

a defensa e divulgación do patrimonio marítimo, particularmente das

embarcacións tradicionais que o integran, entre a poboación en xeral e

especialmente entre a mocidade, coa pretensión última de concienciar

Memoria anual CULTURMAR 20166

Page 7: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

sobre a necesidade de conservar vivo e en uso este rico patrimonio.

Froito deste labor ao longo de 23 anos, Culturmar recibiu o Premio da

Cultura Galega 2015 na modalidade de Patrimonio Cultural como

recoñecemento á súa traxectoria a prol da salvagarda do patrimonio galego

vinculado á cultura do mar e dos ríos, e do seu labor destacado na

recuperación e difusión das embarcacións tradicionais.

Memoria anual CULTURMAR 20167

Page 8: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

2. Xuntanzas e regatas de embarcacións tradicionais de Galicia2016. Calendario oficial de Culturmar.

EVENTO Data comezo Data remate Localidade Organizador

Regata de Inverno 2016. 1º proba. Ribeira 27 Febreiro 2016 27 Febreiro 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Inverno 2016. 2º proba. Ribeira 12 Marzo 2016 12 Marzo 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Inverno 2016. 3º proba. Ribeira 2 Abril 2016 2 Abril 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Inverno 2016. 4º proba. Ribeira 9 Abril 2016 9 Abril 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Primavera 2016. 1º proba. Ribeira 23 Abril 2016 23 Abril 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Primavera 2016. 2º proba. Ribeira 7 Maio 2016 7 Maio 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Concentración de Embarcacións da Ría Muros-Noia 14 Maio 2016 15 Maio 2016 A.C.C. TERRA DE OUTES

Festa da Botadura dos Barcos. Sada 17 Maio 2016 17 Maio 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

Día das Letras Galegas no Mar 17 Maio 2016 17 Maio 2016 Illa de Arousa A.C.D DORNA

Regata de Primavera 2016. 3º proba. Ribeira 21 Maio 2016 21 Maio 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Regata de Primavera 2016. 4º proba. Ribeira 4 Xuño 2016 4 Xuño 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

VIII Regata do Sepelo 4 Xuño 2016 4 Xuño 2016 Portonovo (Sanxenxo) A.A. DORNA PORTONOVO

I Regata do Salnés 18 Xuño 2016 18 Xuño 2016 Cambados A.C. EMB.TRAD. A TORRE

VIII Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. 1ª Regata 25 Xuño 2016 25 Xuño 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

IV Gran Premio Agalcari de Vela Cangrexa 2 Xullo 2016 3 Xullo 2016 Boiro AGABACE E OUTROS

Xuntanza de Embarcacións Trad. nas XII Xornadas Mariñeiras Muros Mira Mar 8 Xullo 2016 10 Xullo 2016 Muros A.C. MAR DE MUROS

XIX Regata dos Faros. O Grove 16 Xullo 2016 16 Xullo 2016 O Grove A. AMIGOS DORNA MECA

Regata de Faluchos 16 Xullo 2016 16 Xullo 2016 Bouzas (Vigo) A. M.S MIGUEL BOUZAS

IV Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais 16 Xullo 2016 17 Xullo 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

Desafío Embarcacións Tradicionais a Vela Porto de Redes 22 Xullo 2016 22 Xullo 2016 Redes (Ares) CLUB MARITIMO REDES

XIV Regata de Vela Tradicional Porto de Redes 23 Xullo 2016 23 Xullo 2016 Redes (Ares) CLUB MARITIMO REDES

Regata do Carme. Ribeira 23 Xullo 2016 23 Xullo 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Centenario do Veleiro Joaquín Vieta 23 Xullo 2016 23 Xullo 2016 Freixo A. BAL. JOAQUÍN VIETA

XX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu 29 Xullo 2016 31 Xullo 2016 Bueu A. A. EM. TRA. OS GALOS

VIII Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. 2ª Regata 30 Xullo 2016 30 Xullo 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

XXXII Volta a Arousa 30 Xuño 2016 30 Xuño 2016 Ría de Arousa A.C.D. DORNA

Regata Kalmoseira'16 6 Agosto 2016 6 Agosto 2016 Illa de Arousa A. CALMOSEIRA

Regata do Bao 2016. Illa de Arousa 13 Agosto 2016 13 Agosto 2016 Illa de Arousa A.C.D. DORNA

XIII Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña 13 Agosto 2016 14 Agosto 2016 Moaña A.R.C SUESTE

IV “Que inchadiña branca vela” . Homenaxe do mar a Rosalía de Castro 20 Agosto 2016 20 Agosto 2016 Ulla/Sar-Padrón A.C.D. DORNA E OUTROS

IX Regata das Illas Atlánticas. Barcos clásicos e de época 20 Agosto 2016 21 Agosto 2016 AGABACE E OUTROS

XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro 26 Agosto 2016 28 Agosto 2016 Combarro (Poio) CLUBE MARIÑO REIBOA

VIII Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. 3ª Regata 27 Agosto 2016 27 agosto 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

IV Regata Dornas A Vela “Camping Miami". O Grove 3 Setemb. 2016 3 Setembro 2016 O Grove A. AMIGOS DORNA MECA

Travesía a Palmeira. Ribeira 3 Setemb. 2016 3 setembro 2016 Ribeira A.C. LAJAREU BARLOV.

Xuntanza Embarcacións homenaxe ao carpinteiro de ribeira Domingo Ayaso 3 Setemb. 2016 3 Setemb. 2016 Ribeira R.E.I COFRADIA DORNA

III Regata da Valvanera Dornas a Remos. Cambados 10 Setemb. 2016 10 Setemb. 2016 Cambados A.C. EMB.TRAD. A TORRE

VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18 Setemb. 2016 AGABACE

VIII Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela. 4ª Regata 24 Setemb. 2016 24 Setemb. 2016 Sada A.C.M. OS PATEXEIROS

IX Regata Porto Meloxo 01 Outubro 2016 01 Outubro 2016 O Grove A. AMIGOS DORNA MECA

Regata do Marisco. Dornas a vela. 8 Outubro 2016 8 Outubro 2016 O Grove A. AMIGOS DORNA MECA

Desafío. Regata de Dornas a Remos. 9 Outubro 2016 9 Outubro 2016 O Grove A. AMIGOS DORNA MECA

Memoria anual CULTURMAR 20168

Page 9: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18
Page 10: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18
Page 11: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18
Page 12: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18
Page 13: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

VIII REGATA DO SEPELOPortonovo, 4 de xuño de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Despexado Oeste Suroeste Frouxo (7-9 nós) Calma

Hora da saída: 16:43:00 Distancia percorrida: 7,3 millas

Pos Embarcación Patrón Tripulación Asociación Hora chegada Observacións

1 NÉCORA Braulio Marvy ACD Dorna Illa de Arousa 19:01:38 02:28:38

2 BAZARRA Larry Luis ACD Dorna Illa de Arousa +00:00:12

3 JALERNA Ricardo Cartarola ACD Dorna Illa de Arousa +00:00:33

4 XARANDEIRA Santi Cuilo ACDX Fasquía Illa de Ar. +00:03:08

5 FAÍSCA Quin Familia Dorna Meca O Grove +00:03:30

6 MIMELA Lino Salva ACD Dorna Illa de Arousa +00:07:38

7 FORZA R Parada Santi ACD Dorna Illa de Arousa +00:08:37

8 JAVIOTA ACD Dorna Illa de Arousa +00:15:03

9 MARISTELA Claudio Jesús ACD Dorna Illa de Arousa +00:16:38

10 NOELIA Lino Ángel ACD Dorna Illa de Arousa +00:20:32

11 TRIÑANA Yosi Viñas Dorna Meca O Grove +00:20:52

12 ZENAIDA Juan Paio ACD Dorna Illa de Arousa +00:21:42

13 LERCHA Paco Pepe CM A Reiboa Poio +00:22:12

14 NOVA FROÍÑA Xabier Alberto Mariñeiros Bouzas Vigo +00:25:42

15 HABANA Anxo Xoel Amigos Dorna Portonovo +00:28:28

16 LARA DOCE José Paterí Dorna Meca O Grove +00:31:22

17 CONQUIÑA Alberto Alberto Remadoira Vigo +00:33:08

18 MONTAÑESA Jose Olivia ACD Dorna Illa de Arousa +00:48:00

19 MARAXE Manuel Anxo/Patiño Dorna Meca O Grove +00:51:39

20 TESEDEIRA Dani Manolo/Pablo Dorna Meca O Grove +01:01:22

21 CONINHA Telmo Trepa Amigos Dorna Portonovo +00:59:22 Non completa

22 BICOCA Nacho Nardo Amigos Dorna Portonovo +01:09:49 Non completa

Outras consideracións: Xuíz árbitro: Miguel Norat.Sen incidencias.

Page 14: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

I REGATA DO SALNÉSCambados, 18 de xuño de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Pouco nuboso Norte / Nordés 15 a 20 Nós Rizado

Hora da saída: 16:53:10 Distancia percorrida: 6,8 millas

Pos Embarcación Patrón Tripulación Asociación Hora chegada Observacións

1 BAZARRA Larri Luis ACD Dorna Illa de Arousa 17:28:54 00:35:44

2 XARANDEIRA Santi Ángel ACDX Fasquía Illa de Arousa

+00:00:16

3 MIMELA Lino Salva ACD Dorna Illa de Arousa +00:03:48

4 NOELIA Lino Angel ACD Dorna Illa de Arousa +00:04:12

5 FORZA R Parada Santi ACD Dorna Illa de Arousa +00:06

6 ZENAIDA Paio Juan ACD Dorna Illa de Arousa +00:07:46

7 MONTAÑESA Jose --- ACD Dorna Illa de Arousa +00:08:01

8 LARA DOCE José Paterí Dorna Meca O Grove +00:12:14

9 MARISTELA Claudio Jesús ACD Dorna Illa de Arousa +00:13:48

10 TRIÑANA Jose Viñas Dorna Meca O Grove +00:14:12

11 A MIMELA Lino Salva ACD Dorna Illa de Arousa +00:15:57

12 CORMORÁN DE ONS

Viñas Eloy Dorna Meca O Grove +00:16:06

13 FUNGONA Iván Yeni A Torre Cambados +00:18:36

14 RABUDA II Xose Santi Lajareu por Barlovento Ribeira

+00:20:10

15 FANEQUEIRA S. Manuel Milo Dorna Meca O Grove +00:21:19

16 ORTALINDA Anxo Uxío ACD Dorna Illa de Arousa +00:26:41

17 MARAXE Patiño Anxo Dorna Meca O Grove +00:36:25

18 MARIA SOLIÑA Dani Bruno A Torre Cambados +00:36:28 01:12:12

Outras consideracións:

Debido ao vento racheado do Norte, antes e comezar a regata obrigouse a coser un rizo á vela. Nos momentos previos á saída, pasou de ser obrigatorio a optativo, posto que a intensidade do vento baixou.

Page 15: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XII XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRAMUROS MIRA AO MAR

Muros, 8 a 10 de xullo de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Despexado N-NE Forza 3 a 5 Maruxía

Nº Embarcación Tipo Aparello Nº Tripul. Asociación Observacións

1 A Meca Dorna meca Relinga 5 Amigos Dorna Meca

2 Lagoas Bote polbeiro Latina 4 Os Galos

3 Mimela Dorna polbeira Relinga 2 ACD Dorna

4 Ortelinda Dorna polbeira Relinga 2 ACD Dorna

5 Zenaida Dorna polbeira Relinga 2 ACD Dorna

6 Sargharita Buceta --- 3 ACD Dorna

7 Jatiña Dorna xeiteira Relinga 5 ACD Dorna

8 Peixiño Bote de Ribadeo

Latina 2 Mariñeiros Bouzas

9 Rula Gamela de Coruxo

Terzo 3 Mar da Pedra

10 Nai Dorna nai Cangrexa 6 ReI Cofradía da Dorna

11 Virxe do Carme Dorna xeiteira Relinga 4 ReI Cofradía da Dorna

12 Támara Buceta --- 2 Terra de Outes

13 Langaño Sancosmeiro --- 3 Terra de Outes

14 Canle Lancha xeiteira

Relinga 8 Canle de Lira

15 Joaquín Vieta Motoveleiro --- Balandro Joaquín Vieta

16 RHN1 Galeón Cangrexa Ostreira

17 Ostreira Canoa --- Ostreira

18 Mar de Muros Buceta Relinga 5 Mar de Muros

19 Visenta Canoa Relinga 2 Mar de Muros

20 Silvia Cristina Dorna polbeira Relinga 2 Mar de Muros

Outras actividades enmarcadas no evento: Programa completo de animación de rúas e barrios, con ampla participación veciñal e asociativa, obradoiros, mercado tradicional, concertos, teatro e palestras.

Outras consideracións: Contouse co apoio do GES, que cedeu a lancha e persoal de salvamento, así como coa colaboración de Muport, S.L. que cedeu os amarres na mariña. Ademais os xantares contaron coa colaboración das asociacións Anajata, Os Miúdos, Rumial, Castelo Rock e Pista da Axesta, e o bar Pachanga.

Page 16: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XX ENCONTRO DE EMBARCACIÓNSTRADICIONAIS

Bueu, 29 a 31 de xullo de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Despexado Noroeste --- Calma

Nº Embarcación Tipo Aparello Nº Tripul. Asociación Observacións

1 Ave de Paso Galeón Cangrexa 6 Particular (Bueu)

2 Luisa Galeón Cangrexa 5 CM A Reiboa Poio

3 Reiboa Dorna de tope Relinga 4 CM A Reiboa Poio

4 Oleira Racú Cangrexa 4 Mariñeiros de Bouzas

5 Coruxo Galeón Cangrexa 5 Mariñeiros de Bouzas

6 Gloria Victis Bote de Ribadeo

Latina 4 Mariñeiros de Bouzas

7 Jatiña Dorna xeiteira Relinga 6 Amigos da Dorna Portonovo

8 Bicoca Dorna polbeira Relinga 3 Amigos da Dorna Portonovo

9 Coninha Dorna polbeira Relinga 3 Amigos da Dorna Portonovo

10 Faneca Brava Dorna polbeira Relinga 3 A.C. Dorna Illa de Arousa

11 Capitana Dorna Cangrexa 5 Ronsel

12 Laxe de Boibas Dorna de tope Relinga 1 Dorna Meca O Grove

13 Rula Gamela de Coruxo

Terzo 3 Mar de pedra

14 Dorna Relinga 2 Amigos da Dorna Raxó

15 Os Galos Bote xeiteiro Guaira 5 Os Galos

16 Pescadoira Traiña Guaira 6 Os Galos

17 Lagoas Bote polbeiro Guaira 2 Os Galos

18 Roiba Dorna de tope Relinga 2 Os Galos

19 Robaleira Dorna Relinga 2 Os Galos

20 Amar Dorna Relinga 3 Particular (Bueu)

Outras actividades enmarcadas no evento: - Exposición na Sala Amalia Domínguez.- Obradoiros para nenos/as.- Charla no Museo Massó: Feitura e xénero dos traxes de faena tradicionais: O traxe mariñeiro- Visita guiada ao Museo Massó- Largada e recollida dunha rapeta (Praia da Banda do Rio)- Concerto de “Chavalex” na terraza do Aturuxo

Page 17: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XXXII VOLTA Á AROUSAA Illa de Arousa, 30 de xullo de 2016

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA

FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Despexado Norte 8 Nós Mareira

Hora da saída: --- Distancia percorrida: ---

Pos Embarcación Patrón Tripulación Asociación Hora chegada Observacións

1 PEREKA Dorado Chica ACD Dorna Illa de Arousa ---

2 BAZARRA Larri Loli ACD Dorna Illa de Arousa ---

3 ZENAIDA Juan Paio ACD Dorna Illa de Arousa ---

4 NÉCORA Braulio Jarri ACD Dorna Illa de Arousa ---

5 JALERNA Manolo Ricardo ACD Dorna Illa de Arousa ---

6 CARACOLA Yogui Leguas ACD Dorna Illa de Arousa ---

7 BANDALLA Carlos Luis ACD Dorna Illa de Arousa ---

8 MARISTELA Claudio Suso ACD Dorna Illa de Arousa ---

9 FROIÑA Alberto Javier --- ---

10 PANCHA Daniel --- ACD Dorna Illa de Arousa ---

11 NOELIA Lino Ángel ACD Dorna Illa de Arousa ---

12 FUNGONA --- --- A Torre Cambados ---

13 FAISCA --- --- Dorna Meca O Grove ---

14 CAROPA --- --- ---

15 SOIÑA Héctor Salvador ACD Dorna Illa de Arousa ---

16 NOVA ÁNXELA David --- ACD Dorna Illa de Arousa ---

17 ACHERON Alfonso Manuel ACD Dorna Illa de Arousa ---

18 CHATI Malena Juan ACD Dorna Illa de Arousa ---

19 FUXE Manuel Brais ---

20 PAPOULA Carlos Manolo ACD Dorna Illa de Arousa ---

21 ROXIÑA Uxío Edu ACD Dorna Illa de Arousa ---

22 ROSALÍA Susana Xavi ACD Dorna Illa de Arousa ---

23 SELOSA Ramón Christian ACD Dorna Illa de Arousa ---

24 CHÍSCALA Xusto Pili ACD Dorna Illa de Arousa ---

25 MONTAÑESA Jose María ACD Dorna Illa de Arousa ---

26 RABUDA Xose Santi Lajareu por Barlovento Ribeira

---

27 TRIÑANA Jose Viñas Dorna Meca O Grove ---

28 VOLANDEIRA Jose Sergio Dorna Meca O Grove ---

29 XARANDEIRA Santi Fernando ACDX Fasquía Illa de Arousa

---

30 LARA DOCE José --- Dorna Meca O Grove ---

31 ILLA DE RÚA --- --- Lajareu por Barlovento Ribeira

---

Page 18: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XXXII VOLTA Á AROUSAA Illa de Arousa, 30 de xullo de 2016

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA

FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL

32 FORZA R Parada Santi ACD Dorna Illa de Arousa ---

33 RAIDA --- --- Dorna Meca O Grove ---

34 LABERCA Juan Bea ACD Dorna Illa de Arousa ---

35 MIMELA Lino Roberto ACD Dorna Illa de Arousa ---

36 CALLOA --- --- Dorna Meca O Grove ---

37 JAVIOTA David Fernando ACD Dorna Illa de Arousa ---

38 LURA Salva Edu ACD Dorna Illa de Arousa ---

39 CARIÑOSA Víctor Lino ACD Dorna Illa de Arousa ---

40 RAPOSA David Jose ACD Dorna Illa de Arousa ---

Outras consideracións:

Sen incidencias

Page 19: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

REGATA DO BAO '16A Illa de Arousa, 13 de agosto de 2016

CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA

FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Despexado Norte 8 Nós Mareira

Hora da saída: --- Distancia percorrida: ---

Pos Embarcación Patrón Tripulación Asociación Hora chegada Observacións

1 JALERNA Manolo Ricardo ACD Dorna Illa de Arousa ---

2 CARIÑOSA Víctor Lino ACD Dorna Illa de Arousa ---

3 XARANDEIRA Santi Fernando ACDX Fasquía Illa de Arousa

---

4 RONA --- --- Dorna Meca O Grove ---

5 FAISCA --- --- Dorna Meca O Grove ---

6 ZENAIDA Juan Paio ACD Dorna Illa de Arousa ---

7 SELOSA Ramón Christian ACD Dorna Illa de Arousa ---

8 MIMELA Lino Roberto ACD Dorna Illa de Arousa ---

9 FORZA R Parada Santi ACD Dorna Illa de Arousa ---

10 MARISTELA Claudio Suso ACD Dorna Illa de Arousa ---

11 BANDALLA Carlos Luis ACD Dorna Illa de Arousa ---

12 ROXIÑA Uxío Edu ACD Dorna Illa de Arousa ---

13 FROIÑA Alberto Javier --- ---

14 FUNGONA --- --- A Torre Cambados ---

15 TRIÑANA Jose Viñas Dorna Meca O Grove ---

16 ACHERON Alfonso Manuel ACD Dorna Illa de Arousa ---

17 LABERCA Juan Bea ACD Dorna Illa de Arousa ---

18 ROSALÍA Susana Xavi ACD Dorna Illa de Arousa ---

19 BETTY BOOP --- --- ACD Dorna Illa de Arousa ---

20 PEDRA --- --- --- ---

21 MONTAÑESA Jose María ACD Dorna Illa de Arousa ---

22 ORIXES --- --- --- ---

23 RAPOSA --- --- --- ---

24 PEREKA Dorado Chica ACD Dorna Illa de Arousa ---

25 PANCHA Daniel --- ACD Dorna Illa de Arousa ---

Outras consideracións:

Sen incidencias

Page 20: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XXI CONCENTRACIÓN DEEMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Combarro, 26 a 28 de agosto de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

--- --- --- ---

Nº Embarcación Tipo Nº Tripul. Asociación Observacións

1 Luisa Galeón 6 A Reiboa

2 A Reiboa Dorna de tope 6 A Reiboa

3 Boureante Buceta 5 A Reiboa

4 Lercha Dorna 4 A Reiboa

5 Faisca Dorna 4 A Reiboa

6 Baloca Dorna 4 A Reiboa

7 Tanisca Gamela de Coruxo 4 A Reiboa

8 Audaz Dorna 4 A Reiboa

9 Manuela Dorna 4 A Reiboa

10 Ceboleira Dorna 3 Amigos da dorna Raxó

11 Nosa Sra do Socorro Dorna 3 Amigos da dorna Raxó

12 Ave de Paso Galeón 8 Particular (Bueu)

13 Coruxo Galeón 8 Mariñeiros Bouzas

14 Oleira Racú 5 Mariñeiros Bouzas

15 A Barola Bote Ría de Vigo 4 Mariñeiros Bouzas

16 Falucheira Dorna xeiteira 5 Mariñeiros Bouzas

17 Habana Dorna polbeira 3 Amigos da Dorna Portonovo

18 Bicoca Dorna polbeira 3 Amigos da Dorna Portonovo

19 Coninha Dorna polbeira 3 Amigos da Dorna Portonovo

20 Jatiña Dorna xeiteira 6 Amigos da Dorna Portonovo

21 Santa Maria dos Anjos Catraia 7 Forum Esposendense

22 Illa de Cortegada Galeón 10 Rompetimóns

23 Adelino Manuel Galeón 12 Calmoseira

24 Nova Froíña Dorna polbeira 4 Particular (Bouzas)

25 Salgharita Buceta 6 ACD Dorna

26 Selosa Dorna polbeira 3 ACD Dorna

27 Caramecha Dorna polbeira 3 ACD Dorna

28 Javiota Dorna polbeira 3 ACD Dorna

29 Bandalha Dorna polbeira 3 ACD Dorna

Page 21: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

XXI CONCENTRACIÓN DEEMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Combarro, 26 a 28 de agosto de 2016

30 A Meca Dorna meca 7 Dorna Meca

31 Rula Gamela de Coruxo 4 Mar da Pedra

32 Gloria Victus Bote Ribadeo 4 Mariñeiros Bouzas

33 Pescadoisa Traiñeira 5 Os Galos

34 Os Galos Bote xeiteiro 5 Os Galos

35 Mimela Dorna polbeira 3 ACD Dorna

36 Capitana Dorna 3 GC Ronsel

37 Fungona Dorna polbeira 3 AC A Torre

38 Soavela Dorna polbeira 3 Particular

39 Choumiña Dorna polbeira 2 AC A Torre

40 Faneca Brava Dorna polbeira 3 ACD Dorna

41 Queche Queche 18 --- Queche polaco de madeira

Outras actividades enmarcadas no evento: ----

Outras consideracións: As condicións meteorolóxicas foron cambiantes.As embarcacións Xeiteira (lancha do Xeito de Rianxo), Nova Marina e Peza de Rabo, inscritas no evento, finalmente non asistiron, mais si estiveron presentes as súas tripulacións.

Page 22: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

III REGATA DA VALVANERA A REMOSCambados, 11 de setembro de 2016

CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Estado do ceo Dirección do vento Forza do vento Estado do mar

Cuberto Sureste Calma 0-1 nós LLano

Hora da saída: 11:05:14 Distancia percorrida: 0,85 millas

Pos Embarcación Patrón Tripulación Asociación Hora chegada Observacións

1 FUNGONA Iago Iván A Torre Cambados 11:15:09 00:09:57

2 BANDALHA Luis Carlos ACD Dorna Illa de Arousa +00:00:03

3 MARIA SOLIÑA Adrián Dani A Torre Cambados +00:02:15

4 CAIÑO Christian Álvaro A Torre Cambados +00:02:52

5 SIKAMONTES Rosa Joaquín Club Mariño Salnés Cambados

+00:03:01

6 JULICHEIRA Rafa Majete Club Mariño Salnés Cambados

+00:03:06

7 JIPI Bruno Valeria A Torre Cambados +00:06:16

8 MULLER DE BALBOAS

Quico Xabi Club Mariño Salnés Cambados

+00:08:08

9 ESPADEIRO Luis Andrea A Torre Cambados +00:08:20 00:18:17

Outras consideracións:

Sen incidencias

Page 23: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

2.1 OUTRAS XUNTANZAS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS COACOLABORACIÓN DE CULTURMAR

2.1.1. I Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Betanzos

O 17 de setembro do 2016 tivo lugar a “I Xuntanza de Embarcacións

Tradicionais de Betanzos” no Porto Vello desta localidade.

Este evento, organizado por Barcos Clásicos de Galicia coa colaboración,

entre outros, da Asociación Cultural Mariñeira os Patexeiros e da

Asociación Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia, membros de

Culturmar, pretende recordar a tradición, historia e a importancia do porto

de Betanzos no pasado, e recoñecer o labor dos mestres carpinteiros de

ribeira da vila.

2.1.2. I Regata de dornas a vela. Desafio O Berete.

Organizado polo Clube Marítimo Rias Baixas, o pasado 11 de xuño de 2016

tivo lugar en Chapela a I Regata de Dorna a Vela “Desafío Berete”. En

colaboración coa Asociación Mariñeiros Artesanais e Deportivos San

Miguel de Bouzas, integrada en Culturmar, configurouse non só como unha

regata de dornas senón como un evento cultural con mostra de

embarcacións tradicionais a flote.

Memoria anual CULTURMAR 201623

Page 24: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

3. Promoción peninsular e europea da cultura marítimo-fluvial deGalicia

A asistencia da Federación a distintos eventos fóra de Galicia permiten a

dinamización e posta en valor do patrimonio tradicional marítimo galego

fóra do noso país, así como a promoción exterior do vindeiro Encontro de

Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará no 2017, e que se

configura como a conmemoración máis importante e significativa da

cultura tradicional maritima de Galicia congregando máis de 150

embarcacións tradicionais da costa galega e doutros puntos da xeografía

española, así como de Portugal, Francia, Irlanda, Reino Unido….

3.1 VIII ENCONTRO DE EMBARCAÇÕES TRADICIONAIS DE ESPOSENDE -

RIO CÁVADO. 2016 ESPOSENDE “ TERRA DE MAR”

Do 03 ao 05 de xuño do 2016 Culturmar participou no VIII Encontro de

Embarcaçoes Tradicionais de Esponsende (Portugal), organizado polo

colectivo Associaçao Forum Esposendense, cunha mostra de 5

embarcacións tradicionais de distintas tipoloxías características de Galicia.

O evento, configurado como unha gran festa do Mar, congregou no Río

Cávado 16 embarcacións representativas da costa de Galicia e Portugal.

Orzamento: 225€ para axuda de gastos desprazamento das embarcacións. Financiado pola Conselleria

do Mar

Organiza: Associaçao Forum Esposendense

Memoria anual CULTURMAR 201624

Page 25: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

3.2 DÍA DA MARINHA DO TEJO.

Representantes de Culturmar asistiron o pasado 18 de xuño ao Día da

Marinha do Tejo convidados pola organización. Este evento, que se celebra

anualmente en Lisboa (Portugal), consolidouse como unha das grandes

celebracións da cultura marítima do Tejo e das súas embarcacións

tradicionais. Co obxetivo de preservar a identidade sociocultural e o

patrimonio marítimo do río Tejo, decenas de tipoloxias de embarcacións da

zona, tales como catraios, canoas, varinos, botes ou faluas, navegan

durante a xornada desfilando por diante dun lugar tan emblemático e

representativo da cidade como é a o Cais das Columnas e ata a Base Naval

de Lisboa (Alfeite).

Durante o evento fíxose difusión da décimo terceira edición do Encontro de

Embarcacións Tradicionais de Galicia e entegáronselles aos organizadores

cadansúa colección de exemplares da revista Ardentía.

Orzamento: 308€ para sufragar o aluguer de vehículo e gastos de desprazamento. Coinanciado pola

Consellería do Mar

Organiza: APAETT – Associação dos Proprietários e Arrais das Embarcações Típicas do Tejo.

Memoria anual CULTURMAR 201625

Page 26: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

3.3 EXPEDICIÓN CULTURMAR AO PAIS VASCO

Dentro do xa habitual programa de difusión exterior do patrimonio marítimo

e fluvial de Galicia, unha expedición de Culturmar desprazouse no mes de

setembro ao País Vasco para participar en tres eventos:

3.3.1. Festival Atlantikaldia en Errentería (Guipuzkoa). Entre os días 22 e 25

de setembro do 2016 celebrouse nesta vila de Guipuzkoa o festival

Atlantikaldia, un encontro entre culturas e música co mar como elemento de

conexión das diferentes actividades do festival: concertos de música,

exposicións, mercados artesáns, bailes, visitas guiadas etc.

Culturmar participou en Atlantikaldía durante os días 22 e 23 con dúas

achegas:

- Unha mostra de embarcacións tradicionais galegas, composta de seis barcos

de pequeno porte (dorna, gamela, choupán, bote polbeiro, carocho e buceta)

pertencentes a distintas asociacións da Federación, que estiveron

fondeadas na ría (ou río) para a súa exhibición, no mesmo centro da

poboación. Como remate das actividades da primeira xornada,

acompañadas doutras dúas embarcacións locais da asociación Albaola, da

veciña vila de Pasaia, realizouse unha exitosa navegación nocturna

iluminada, con grande asistencia de público.

Memoria anual CULTURMAR 201626

Page 27: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

- Ao pé das embarcacións, nunha praza central, dispúxose, nunha pequena

carpa e ao aire libre, un pavillón

con elementos representativos

do noso patrimonio e do labor

desenvolvido por Culturmar: a

exposición Patrimonio do vento e

do sal; proxeccións audiovisuais

sobre o traballo de recuperación,

dinamización patrimonial e

realización de eventos que están

a facer os colectivos de

Culturmar, entre eles o Encontro

de Embarcacións Tradicionais de

Galicia; tamén algúns elementos

lúdicos destinados á infancia.

3.3.2. Mostra do patrimonio marítimo galego en Trintxerpe. O sábado 24 de

setembro ambas mostras, pavillón e embarcacións, expostas desta volta

nunha mariña en seco, foron trasladadas a unha praza central de Trintxerpe,

barrio de Pasaia a onde emigraron moitos galegos para traballar no mar a

partir dos anos 20 do século pasado e dos que aínda hai moita presenza alí.

O evento, organizado en

colaboración co Fato Daniel

Castelao, asociación cultural

local integrada por galegos e

descendentes, e o Concello

de Pasaia, serviu para render

homenaxe aos homes e

mulleres que durante tanto

Memoria anual CULTURMAR 201627

Page 28: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

tempo mantiveron e manteñen aínda viva a presenza galega en Trintxerpe.

En ambos eventos fíxose difusión pública do XIII Encontro de Embarcacións

Tradicionais de Galicia, Combarro 2017, para o que se elaborou e repartiu ao

público un tríptico ao efecto.

3.3.3 IX Congreso de European Maritime Heritage (EMH) "Trazando rumbos:

estratexias para resolver retos no patrimonio marítimo"

O congreso desta asociación europea, da que Culturmar forma parte con

representación no seu equipo directivo, celebrouse tamén en Errentería

entre os días 22 e 24 de setembro, organizado conxuntamente pola

Asociación Albaola de Pasaia, como hóspede deste congreso de carácter

itinerante, e o propio Comité Executivo de EMH, coa destacada participación

de Culturmar na definición do formato e dos contidos.

Neste senso, o congreso, por primeira vez, organizouse a través de "fora",

coa presenza dun facilitador ou persoa encargada de conducir e sintetizar

as intervencións dos poñentes e do público. Neles debullouse un novo

concepto de planificación espacial (i.e. desenvolvemento e/ou ordenación

do territorio) que tivese en conta como un activo o patrimonio marítimo. O

marco teórico veu definido pola teoría do Sector-Factor-Vector no

desenvolvemento e planificación espacial, co obxectivo da integración do

patrimonio marítimo (sensu amplo -i.e. incluíndo patrimonio intanxíbel e

contexto histórico-) no mesmo.

Memoria anual CULTURMAR 201628

Page 29: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

A tal fin, organizáronse os seguintes “fora”:

Forum 1: "Novas perspectivas para interpretar o patrimonio marítimo".

Explicouse e comentouse a teoría que inspirou o congreso.

Forum 2: "Patrimonio Marítimo e Sociedade". Exemplos do patrimonio

marítimo como Sector-Factor e Vector, coa presenza de catro especialistas

en xestión do patrimonio, dende o museo até o traballo coas comunidades.

Forum 3: "Embarcacións tradicionais operativas: o reto de combinar uso e

preservación do patrimonio marítimo". Problemática derivada do

cumprimento das normativas en embarcacións históricas e tradicionais.

Forum 4: "Protexendo o que non se pode coller". O patrimonio intanxíbel,

coa presenza de especialistas que traballaron para a UNESCO e das

asociacións que propiciaron a inclusión da construción nórdica en

tingladillo na lista da UNESCO do patrimonio intanxíbel

Forum 5: Réplicas.

O congreso contou coa presenza de máis de 60 persoas procedentes de

Europa e América do Norte (Canadá, EEUU).

Esta expedición integrárona quince persoas, entre membros da xunta

directiva e socios e socias dos colectivos que achegaron as embarcacións.

Para o seu desprazamento alugáronse dúas furgonetas. Para o aloxamento

contouse coa acollida da asociación Albaola nas súas instalacións, en

correspondencia coa prestación do mesmo servizo cando acoden a Galicia

para participaren no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Os expedicionarios correron cos labores de carga e descarga, instalación e

atención de embarcacións e exposicións etc.

Para o transporte das embarcacións e do pavillón entre Vigo e Euskadi

cumpriu o alugueiro dun trailer, dous camións para o traslado de Errentería

Memoria anual CULTURMAR 201629

Page 30: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

a Trintxerpe, e servizo de guindastre para carga e descarga das

embarcacións.

A elaboración de textos para exposicións e mostras, do tríptico referido

sobre o XIII Encontro, das traducións a castelán e euskera..., correron a

cargo de Culturmar.

Orzamento: 6616,41 €. Coinanciado pola Conselleria do Mar

Organizador expedición: Culturmar

Organizador Atlántikandia: Concello de Errentería,Kultura Kreaktiboa, Donostia/San Sebastian. Capital

Europea Cultura 2016

Organizador Congreso EMH: European Maritime Heritage e Albaola

Memoria anual CULTURMAR 201630

Page 31: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

4. Colaboración de Culturmar noutros eventos culturais enGalicia

4.1 III FESTA CONMEMORACIÓN DA BATALLA DE RANDE

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADCRande), xunto co Concello

de Redondela, organizou os días 14 e 15 de outubro de 2016 a terceira

edición da festa conmemorativa do evento histórico que supuxo a Batalla

Naval de Rande, no Estreito de Rande da Ría de Vigo, en 1702, consistente

nunha recreación histórica teatralizada dos feitos máis importantes

relacionados coa devandita Batalla que pretende asemade promocionar o

propio Centro de Interpretación Meirande, xunto cun amplo programa de

actividades culturais (teatro, conferencias, artesanía, historia etc.)

Como en anos anteriores, Culturmar participou no evento coa achega de 12

embarcacións tradicionais de diferentes tipoloxías na escenificación e

recreación da Batalla, así como cunha exposición de 10 embarcacións

tradicionais galegas a flote no peirao do Meirande.

O 15 de outubro o membro da

Xunta Directiva, Víctor Fernández

impartiu a conferencia “Por qué

conservar o Patrimonio Marítimo”

no centro de interpretación

Meirande

Orzamento para a participación Culturmar: 2.600 €.

Organizador evento: Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADCRande) e Concello de Redondela

Colabora: Culturmar, Galp Ría de Vigo-A Guarda, Asociación de Empresarios de Redondela

Memoria anual CULTURMAR 201631

Page 32: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

5. Actividades didácticas e xornadas culturais a prol dopatrimonio marítimo de Galicia

5.1 CURSOS DE NAVEGACIÓN A VELA TRADICIONAL

Estes cursos, organizados polas propias asociacións federadas e coa

colaboración do conxunto de Culturmar, nacen co obxectivo de concienciar

á sociedade en xeral, e especialmente á mocidade, sobre a necesidade de

conservar vivo este rico patrimonio, difundindo deste xeito a cultura

mariñeira popular, con especial énfase no coñecemento e gozo das

embarcacións tradicionais galegas a través da navegación.

CURSO Data comezo Data remate Localidade Organizador

Curso de navegación tradicional a vela 13 Abril 2016 22 Abril 2016 Muros A.C. MAR DE MUROS

Curso de navegación a vela en embarcacións tradicionais 30 Abril 2016 08 de Maio 2016 O Freixo A.C.C TERRA E OUTES

I Xornadas de Navegación á vela Tradicional 09 agosto 2016 19 agosto 2016 CambadosA.C. EMB.TRAD. A TORRE E OUTRAS ENTIDADES

Iniciación á navegación en embarcacións tradicionais 25 de Maio 2016 30 Setembro 2016 Bouzas (Vigo) A. M.S MIGUEL BOUZAS

Xornada de navegación en embarcacións tradicionais 08 Outubro 2016 08 Outubro 2016 Moaña A.R.C SUESTE

5.2 CURSOS DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA

A Asociación Cultural Os Patexeiros organizou,

como vén sendo habitual nos últimos anos, a VI

edición do Curso de Carpintería de Ribeira

impartido por carpinteiros profesionais. O curso

constou de seis sesións cun total de 24 horas

de formación. O curso, eminentemente práctico,

adicouse á realización de pequenas reparacións

en embarcacións, amais da impartición dunha

introdución teórica en conceptos básicos do

proceso construtivo dun barco.

CURSO Data comezo Data remate Localidade Organizador

VI CURSO DE CARPINTERÍA DE RIBEIRA. 24 HORAS 29 Outubro 2016Carpintería Lorbe - Oleiros

A.C.M. OS PATEXEIROS

Memoria anual CULTURMAR 201632

Page 33: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

5.3 EXPOSICIÓNS E MOSTRAS DE CULTURA MARÍTIMO-FLUVIAL DE

GALICIA

Compóñense, principalmente, de paneis expositivos sobre a cultura

marítima e fluvial galega, acompañados de proxeccións audiovisuais que

amosan o intenso traballo de todos os colectivos que conforman Culturmar,

tanto na rehabilitación e mantemento das embarcacións, como na

promoción da posta en valor das mesmas a través das xuntanzas de

embarcacións que percorren todos os anos as poboacións da beiramar

galega.

Tamén se realizan mostras de diferentes tipoloxías de embarcacións

tradicionais acompañadas de paneis e guías informativas co obxectivo de

dar a coñecer e promover a posta en valor deste patrimonio, concenciando

á sociedade da importancia da súa recuperación e salvagarda.

MOSTRA Data comezo Data remate Localidade

Exposición Pequena Guía da Embarcacións TradicionaisPatrimonio Marítimo de Galicia

08 Xullo 2016 10 Xullo 2016 Muros

Exposición Patrimonio do Sal e do Vento 08 Agosto 2016 12 Agosto 2016 Moaña

As Embarcacións Tradicionais do Arco Antabro ata Ribadeo 26 Agosto 2016 28 Agosto 2016 Combarro ( Poio)

Exposición O Mar, O Barco e mais Nós 26 Agosto 2016 28 Agosto 2016 Combarro ( Poio)

Mostra en seco de embacións tradicionais (6 tipoloxías) 22 Setembro 2016 23 Setembro 2016 Errentería

Exposición Patrimonio do Sal e do Vento 22 Setembro 2016 23 Setembro 2016 Errentería

Mostra en seco de embacións tradicionais (6 tipoloxías) 24 Setembro 2016 25 Setembro 2016 Trintxerpe (Pasaia)

Exposición Patrimonio do Sal e do Vento 24 Setembro 2016 25 Setembro 2016 Trintxerpe (Pasaia)

Mostra de 10 embarcacións tradicionais 15 Outubro 2016 15 Outubro 2016 Peirao Meirande (Redondela)

Exposición Os Oficios do Mar 5 Decembro 2016 11 Decembro 2016 Casa da Cultura Seixo ( Marín)

Exposición Patrimonio do Sal e do Vento 17 Decembro 2016 17 Decembrro 2016 Sede As. Mariñeiros S.Mig Bouzas

5.3.1 Elaboración dunha nova exposición

A fin de mellorar e anovar os medios encamiñados a un incremento do

coñecemento e da difusión das embarcacións tradicionais de Galicia,

elaborouse unha nova exposición sobre as embarcacións tradicionais de

Galicia, que nunha primeira xeira comezamos por algunhas das tipoloxías

máis emblemáticas: traiñeira, xeiteira, dorna e motora do cerco.

A exposición reproduce as cabrias ou secadoiros de redes que había

Memoria anual CULTURMAR 201633

Page 34: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

espallados polo litoral galego, de onde penduran teas microperforadas coa

información en texto e gráficos.

Estas lonas informan de cada unha das embarcacións a través dunha

historia de vida curta, unha pequena mensaxe do dono ou do carpinteiro de

ribeira...; isto é, decríbese a embarcación a través dos seus usuarios ou

construtores, poñendo en valor, xa que logo, o carácter inmaterial que rodea

cada tipoloxía. Xunto con estas pequenas historias de vida, achégase outro

pequeno texto reflectindo as características técnicas da embarcación. Os

debuxos conforman a base gráfica fundamental, por seren unha útil

ferramenta didáctica que permite salientar os elementos que consideramos

de interese en cada embarcación.

Dado que o seu destino ocasional sobarda as fronteiras galegas,

acompáñase a reprodución dos textos en varias linguas.

Orzamento: 4900€. Financiado pola Consellería do Mar

5.4 CHARLAS, CONFERENCIAS E XORNADAS

ACTIVIDADE Data comezo Data remate Lugar Localidade

XXIII Xornadas Técnicas Expomar 2016 12 Maio 2016 13 Maio 2016 Cofradía Pescadores Burela Burela

XII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar 08 Xullo 2016 10 Xullo 2016 Muros Muros

Conferencia “Futuros dunha antiga conserveira. A Fábrica de Sel “

08 Xullo 2016 08 Xullo 2016 Muros Muros

Conmemoración do Centenario do Joaquín Vieta 23 Xullo 2016 23 Xullo 2016 Peirao do Porto do Freixo Outes

Coloquio en Homenaxe ao capinterio Domingo Ayaso 03 Setembro 2016 03 Setembro 2016 Sede AC Lajareu Ribeira

Xornadas “ Novos usos para os nosos vellos barcos” 01 Outubro 2016 08 Outubro 2016Estaleiros de Carlagho e Casqueiro

Moaña

Conferencia “Por qué conservar o patrimonio marítimo” 15 Outubro 2016 15 Outubro 2016 Centro de Interpretación Meirande Redondela

XII Semana do Mar 05 Decembro 2016 11 Decembro 2016 Casa da Cultura de Seixo Marín

Xornada do Patrimonio Marítimo 17 Decembro 2016 17 Decembro 2016 Sede As. Mariñeiros S.Mig Bouzas Bouzas (Vigo)

Conferencia “Para que conservar o patrimonio maritimo” 17 Decembro 2016 17 Decembrro 2016 Sede As. Mariñeiros S.Mig Bouzas Bouzas (Vigo)

5.4.1. XII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar.

Os días 8, 9 e 10 de xullo do 2016 tivo lugar na localidade de Muros a XII

edición das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”. Estas

xornadas, iniciadas en 2003 baixo o impulso da Asociación Mar de Muros

Memoria anual CULTURMAR 201634

Page 35: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

(membro de Culturmar), o propio Concello e outras asociacións, teñen como

obxectivo poñer en valor e difundir o patrimonio marítimo local e galego en

xeral.

As xornadas constan dun amplísimo programa de actividades diversas

(exposicións, obradoiros, conferencias, espectáculos teatrais ou de danza,

concursos, mostras de artesanía, actividades

infantís, música de rúa e concertos... e

nomeadamente, un mercado mariñeiro).

Conférelle especial singularidade a enorme

implicación da veciñanza a través da achega de

diversas actividades e da ornamentación

mariñeira de escaparates, rúas e prazas;

certamente, no ronsel do Encontro de

Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado

nesta localidade en 2009.

Durante estes días e como parte esencial do programa de actividades tivo

lugar a Concentración de embarcacións tradicionais Muros Mira ao Mar que

incluíu: unha xuntanza de 26 embarcacións pertencentes a distintos

colectivos de Culturmar; navegacións diarias, salientando as travesías ao

porto tradicional de Cabanas-Tal, e a Montelouro; navegacións para

visitantes a bordo do galeón da Ostreira-Abelleira e do patache Joaquín

Vieta de Noia; visitas guiadas ás embarcacións e a participación no acto

inaugural das xornadas a través dunha Izada de velas.

Así mesmo, o día 8 dous socios de Culturmar interviron na mesa redonda

“Futuro dunha antiga conserveira. A fábrica de Sel”, achegando alternativas

para a musealización deste inmoble restaurado.

5.4.2. Conmemoración do centenario da Botadura do Joaquín Vieta

O 23 de xullo do 2016 tivo lugar no Freixo a conmemoración dos cen anos

Memoria anual CULTURMAR 201635

Page 36: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

da botadura da embarcación Joaquín Vieta, acto organizado pola

Asociación Balandro Joaquín Vieta de Noia, socia de Culturmar. O Vieta é

un balandro de dous paus, con 18 metros de eslora, construído no Freixo

entre 1915 e 1916. Orixinariamente traballou para as fábricas de salga, fixo

cabotaxe, de barco bateeiro, batea e finalmente, restaurado, traballa como

barco-museo en actividades de turismo cultural.

O acto, que foi apadriñado pola Conselleira do Mar Dna. Rosa Quintana,

rememorou a botadura dun barco veleiro tal como se facía naqueles tempos

(barco engalanado, madriña, invitados, música tradicional, himnos,

bautismo e festa popular). Acompañaron o acto as restantes embarcacións

das asociacións de Culturmar da contorna: Outes, Muros, Abelleira e Lira.

En días previos a este acto de conmemoración, tiveron lugar actividades

como o “Nomeamento de Novos Mariñeiros do Vieta” e a presentación do

libro Centenario do balandro Joaquín Vieta, e da revista Alameda, do Liceo de

Noia, con páxinas especiais adicadas ao centenario do balandro.

5.4.3. Homenaxe a Domingo Ayaso Oujo.

As asociacións R. e I. Cofradía da Dorna e Lajareu por Barlovento levaron a

cabo o 3 de setembro un acto de homenaxe, xunto cunha xuntanza de

embarcacións, ao carpinteiro de ribeira, mestre dorneiro Domingo Ayaso

Oujo, pola súa traxectoria e selo deixado na construción de dornas. Da man

de Ayaso saíron ducias de dornas, algunhas de gran tamaño como a

Insuabela, a Rabandeira ou a Falucheira e outras tan viaxadas como a

Jatiña.

5.4.4. Xornadas “Novos usos para os nosos vellos barcos”.

A Asociación Recreativa Cultural Sueste organizou os pasados 1 e 8 de

outubro do 2016 uns talleres dirixidos a moz@s de entre 16 e 35 anos para

difundir o coñecemento das embarcacións tradicionais e dos elementos

Memoria anual CULTURMAR 201636

Page 37: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

que as rodean (carpinterías, nós, técnicas de navegación, etc.) e que tiveron

lugar nos estaleiros de Casqueiro e Carlagho en Moaña.

Durante estas xornadas impartíronse nocións

teóricas para recoñecer as embarcacións

tradicionais galegas, unha visita ás carpinterías,

nocións básicas de nós e navegación, e un

obradoiro de modelismo de medios cascos. O

taller do día 8 consistiu na navegación en

embarcacións tradicionais. Esta actividade foi

patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude

da Xunta de Galicia.

5.4.5. Conferencia “Por qué conservar o patrimonio marítimo” impartida por

Victor Fernández (membro directivo Culturmar)

O 15 de outubro de 2016 e dentro dos actos de conmemoración da III

Batalla de Rande, na que Culturmar participou na recreación da batalla con

diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais, o devandito membro da

Xunta Directiva de Culturmar impartiu a conferencia “Por que conservar o

patrimonio marítimo” no Centro de Interpretación Meirande.

5.4.6. XII Semana do Mar

Do 5 ao 11 de decembro do 2016 tivo lugar, na Casa da Cultura de Seixo-

Marín, a XII edición da Semana do Mar, organizada polo Grupo Cultural

Ronsel (membro de Culturmar) e a Asociación de Pescadores de Aguete. “O

mar” protagoniza as actividades deste evento a través de exposicións,

conferencias, proxeccións, visitas guiadas e navegacións a vela en

embarcacións tradicionais.

As xornadas, abertas precisamente coa exposición de Culturmar “Os oficios

Memoria anual CULTURMAR 201637

Page 38: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

do mar”, desenvolveron nos días sucesivos esta temática común a través

das proxeccións documentais Cadernas da Historia: Arte e Oicio da Dorna,

Traiñas e Mercadores e Baleeiros. Unha Historia de Ultramar; e de diversas

conferencias, como “O Museo que medrou dentro dunha fábrica de

conservas”, impartida pola directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga

López.

5.4.7. Xornada do Patrimonio Marítimo en Bouzas.

O 17 de decembro celebrou unha xornada sobre o patrimonio marítimo a

Asociación de Mariñeiros San Miguel Bouzas, integrante de Culturmar. O

programa de actividades incluíu visitas guiadas ao pantalán de barcos

tradicionais, obradoiros de pesca infantil, manobras de izado e arriado de

velas, e navegación en embarcións tradicionais.

Así mesmo, amais da mostra “Os primeiros motores foraborda en Galicia” e

da exposición “Patrimonio do sal e do vento” propiedade de Culturmar,

membros da directiva de Culturmar

impartiron a conferencia “Para que

conservar o patrimonio marítimo”.

A xornada celebrouse na nova sede

da Asociación de Mariñeiros San

Miguel de Bouzas, situada na zona

portuaria de Bouzas (Vigo), cuxa inauguración o pasado 19 de novembro

marcou un verdadeiro fito, pois constitúe un significativo avance no impulso

do labor de salvagarda do noso patrimonio marítimo, que a nivel local vén

complementar o museo flotante, con pantalán exclusivo de seu para barcos

tradicionais, operativo desde o ano 2008.

Memoria anual CULTURMAR 201638

Page 39: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

6. Prepararando o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de

Galicia. Combarro 2017

A asemblea de Culturmar aprobou por unanimidade celebrar a décimo

terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en

Combarro (Poio), que terá lugar do 29 de xuño ao 02 de xullo do 2017, ao

valorar positivamente tres aspectos fundamentais:

– A tradición mariñeira e o importante patrimonio cultural da vila.

– O proxecto presentado polo Clube Mariño A Reiboa, xunto coa súa

traxectoria de vinte anos desenvolvendo un importante labor a prol do

patrimonio marítimo, como a recuperación de embarcacións tradicionais, a

consecución dunha mariña tradicional ou a organización anual da

Concentración de Embarcacións Tradicionais de Poio, que vai xa pola súa

vixésimo primeira edición e é probablemente a que máis embarcacións

adoita congregar no sur de Galicia, arredor de 50.

– O compromiso de colaboración e implicación do Concello de Poio (expresado

a través dun acordo unánime do pleno da súa corporación) e das entidades

que representan e xestionan o conxunto das actividades portuarias de

Combarro.

Ademais, o Clube Mariño A Reiboa, que xa presentara candidatura para a

organización do XII Encontro de 2015, acadou o apoio de todos os grupos

políticos locais e dos concesionarios da lámina de auga do porto de

Combarro.

Memoria anual CULTURMAR 201639

Page 40: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

Unha vez conformada a súa

permanente, integrada por

Culturmar, Clube Mariño A

Reiboa e Concello de Poio, a

Comisión Organizadora do

evento presentouse en acto

público aberto á participación

e integración da veciñanza, entidades e asociacións da localidade o pasado

17 de xuño no salón de plenos do Concello.

A seguir deu comezo unha primeira rolda de xuntanzas coas

administracións patrocinadoras e colaboradoras habituais do Encontro,

para acadar os apoios, achegas, participacións ou autorizacións

necesarios:

-Portos de Galicia: o 27 de setembro de 2016 na sede de Portos de Galicia en

Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Comercio e Fundación Centro Galego da Artesanía e do

Deseño (dependentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria): o

21 de novembro de 2016 na sede da Dirección Xeral de Comercio en

Santiago de Compostela.

-Consellería do Mar: 25 de novembro de 2016 na sede da Dirección Xeral de

Desenvolvemento Pesqueiro en Santiago de Compostela

-Dirección de Promoción de Turismo de Galicia: 11 de agosto na sede de

Turismo de Galicia en Santiago de Compostela

- Deputación Provincial de Pontevedra: 31 de Agosto de 2016 en Presidencia e

13 de outubro en Cultura.

-Secretaria Xeral de Cultura (dependente da Consellería de Cultura, Educación

e Ordenación Universitaria): 15 de setembro de 2016 na sede da Secretaria

Xeral de Cultura en Santiago de Compostela.

-Galp Ría de Pontevedra: 20 de decembro 2016 na Casa do Concello de Poio.

Memoria anual CULTURMAR 201640

Page 41: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

Do mesmo xeito, tamén se establecen contactos diversos na procura de

colaboración de empresas, nomedamente da contorna da sede do Encontro,

de diversas entidades adicadas ao patrimonio ou ao mundo do mar. E

tamén se solicita a participación da Escola Naval Militar de Marín a través

da presencia no evento de embarcacións de remo-vela consideradas

clásicas ou tradicionais, como a emblemática embarcación mixta de

prácticas marítimas rehabilitada recentemente nos talleres do Centro de

Formación A Aixola.

Organiza: Culturmar, Clube Mariño a Reiboa e Concello de Poio

Patrocina: Xunta de Galicia (Consellería do Mar, Consellería de Cultura..) Concello de Poio e Deputación

Provincial de Pontevedra

Colabora: Portos de Galicia, Dirección Xeral de Comercio, Fundación Centro Galego da Artesanía e do

Deseño,Turismo de Galicia, Galp Ría de Pontevedra e empresas locais

Memoria anual CULTURMAR 201641

Page 42: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

6.1 PRESENTACIÓN DO XIII ENCONTRO NO CULTURGAL

No marco da pasada edición do Culturgal (novena edición da Feira das

Industrias Culturais celebrada dos días 2 ao 4 de decembro no Pazo da

Cultura de Pontevedra), dentro das actividades promovidas pola Deputación

de Pontevedra e co apoio do Concello de Poio, o día 3 tivo lugar unha

presentación do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia-

Combarro 2017.

Interviron no acto Joaquín Fabeiro,

presidente do Clube Mariño A

Reiboa, Xosé Luís Martínez,

concelleiro de Poio e Manuel García

Sendón, presidente de Culturmar.

6.2 HOMENAXE Á GAMELA. CABO DE CRUZ: LEMBRANDO O ENCONTRO

O 9 de xullo do 2016 tivo lugar no Centro Social de Cabo da Cruz (Boiro)

unha xornada cultural co obxectivo principal de poñer o ramo e dar

continuidade ao XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que

se celebrou nesta vila entre o 9 e o 12 de xullo do 2015 e que supuxo un

éxito de participación tanto a nivel de embarcacións como de implicación

veciñal.

No acto, organizado pola Asociación Gamela Cabo de Cruz e o Concello de

Boiro, e presentado por Xurxo Souto, proxectouse o vídeo documental do XII

Encontro e de seguido procedeuse á inauguración dunha representación da

Gamela Esperanza-Liberdade no peirao de Cabo de Cruz.

Complementaron este acto principal outras actividades: a mostra

fotográfica “Imaxes do Encontro 2015”, unha representación teatral, a III

Xuntanza de Palilleiras e Bordadoras e diversas actuación musicais.

Memoria anual CULTURMAR 201642

Page 43: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

7.Outras accións de difusión e promoción da cultura marítima.

7.1. NOVA PLATAFORMA WEB CULTURMAR.ORG

Unha das principais vias de divulgación do traballo desenvolvido por

Culturmar é a internet a través da plataforma web culturmar.org (antes

culturamaritima.org). Polo tanto, apostouse este ano por aplicarlle ao web

unha apariencia actualizada, empregando as últimas versións de

ferramentas informáticas que axudan á divulgación do traballo de

Culturmar, mostrando novas relacionadas co patrimonio, o calendario de

actividades, novas publicadas polas asociacións federadas, información

sobre as exposicións dispoñibles, catálogo de embarcacións tradicionais e

publicacións; xunto coa información corporativa sobre a organización e a

relacionada coa Lei de transparencia, acceso á información pública e bo

goberno.

Orzamento: 2500€ para deseño e programación da plataforma web. Financiado pola Consellería do Mar.

7.2 NOVA FERRAMENTA PARA REXISTRO DAS EMBARCACIÓNS

Tamén se xerou en 2016 unha base de datos para levar a cabo o rexistro e

catalogación das embarcacións tradicionais e dos elementos expositivos

propiedade de Culturmar, poñéndoos gratuitamente a disposición dos

colectivos e de entidades diversas, coma concellos e centros de ensinanza

de Galicia.

Orzamento: 742€ para deseño e programación da ferramenta. Coinanciado pola Consellería do Mar

7.3 PAVILLÓN EXPOSITIVO DE CULTURMAR

Así mesmo, no 2016, coa adquisición dunha carpa e outros elementos

promocionais, conformamos un pavillón móbil que permite a realización de

actividades de divulgación da cultura marítima, facilitando unha mellor

Memoria anual CULTURMAR 201643

Page 44: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

visualización e a mostra das exposicións.

Este pavillón mobil poderá ser empregado polas asociacións federadas que

así o desexen nas actividades e eventos organicen.

Orzamento: 3.021€ para adquisión de pavillón mobil e demais elementos promocionais . Financiado pola

Consellería do Mar

Memoria anual CULTURMAR 201644

Page 45: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

8. O labor reinvindicativo de Culturmar pola conservación danosa cultura marítima

8.1 POLA CONSERVACIÓN DOS ESTALEIROS DE CARLAGHO E CASQUEIRO

Seguindo o camiño iniciado no 2014 a prol da conservación das dúas

carpinterías de ribeira situadas nun tramo en construción do paseo

marítimo da Seara en Moaña, e que corrían grave perigo de inoperatividade

por mor das modificacións substanciais que ían sufrir os inmobles no caso

de acometerse o proxecto inicial de ampliación do paseo marítimo, no ano

2016 e a instancia do membro federado Asociación Recreativa e Cultural

Sueste, iniciáronse os trámites de

inclusión das carpinterias de

ribeira de Carlagho e Casqueiro

no Catálogo do patrimonio cultural

de Galicia a efectos de darlle a

maior protección patrimonial que

concede a Xunta de Galicia.

Dende Culturmar leváronse a

cabo diversas manifestacións de apoio a favor da conservación destas

carpinterías de ribeira, como o comunicado enviado aos medios de

comunicación e ao Concello de Moaña en febreiro do 2016:

Por que hai que conservar os estaleiros?

Os estaleiros forman parte do noso patrimonio cultural. Así está recollido no Proxecto

de lei do Patrimonio Cultural de Galicia que está a tramitarse no Parlamento de Galicia

(na actualidade esta lei xa está aprobada), no que aparecen as carpinterías de

ribeira como parte do patrimonio etnolóxico e susceptibles de ser declaradas Ben de

Interese Cultural, a maior igura de protección da nosa lexislación.

O feito de ser parte do noso patrimonio xa sería suiciente motivo para a súa

conservación, pero ademais son uns recursos valiosos desde o punto de vista social e

económico. Socialmente forman parte da historia e a vida da xente de Moaña, son

testemuño dun pasado vinculado ao mar, actualmente son parte importante da

actividade dunha asociación dedicada a promover a conservación do patrimonio

marítimo moañés, e son susceptibles dun proceso de musealización e activación que

Memoria anual CULTURMAR 201645

Page 46: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

amplíe o número de persoas que poidan desfrutar deles. Economicamente poden ser

un pequeno motor para diversiicar a actividade relacionada co mar con usos como

visitas ao museo, cursos de carpintería, mantemento de embarcacións, etc.

Como exemplo similar do proposto para estes estaleiros pode verse en Bueu o taller de

Purro, que corría o risco de desaparecer e foi incluído no Inventario do Patrimonio

Cultural de Galicia pola Consellería correspondente, e vai ser restaurado para servir

como espazo expositivo sobre a actividade dos carpinteiros de ribeira.

O interese que a carpintería de ribeira esperta está demostrado polo curso de

carpintería e mantemento de barcos que se organiza en Sada e que vai pola súa sexta

edición. Fóra de Galicia, o Concello de Orio acaba de mercar un vello estaleiro para

restauralo e darlle nova vida con actividades expositivas e outras de tipo educativo,

buscando a promoción da vila, do seu pasado mariñeiro e da actividade da carpintería

de ribeira.

Por que hai que conservar o acceso ao mar dos estaleiros?

O Dr. Arquitecto Oscar Fuertes na súa recente tese de doutoramento sobre a

arquitectura das carpinterías de ribeira galegas recolle o acceso ao mar como un

elemento común a todas as estudadas por el (entre elas a de Casqueiro). O acceso ao

mar é un dos elementos que deinen as nosas carpinterías de ribeira. Se se elimina o

acceso ao mar estaríase danando de forma irreversible a integridade dos estaleiros de

Calragho e Casqueiro.

Danar a integridade dun ben que forma parte do noso patrimonio é algo que vai contra

os criterios de todos os organismos con responsabilidades en xestión do patrimonio

cultural, desde a UNESCO á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Pero, sobre

todo, vai contra o sentido común eliminar o acceso ao mar cando existen posibilidades

de rematar o paseo sen danar os estaleiros.

Busca de solucións viables

Desde Culturmar entendemos o desexo de moitos veciños de Moaña de ver rematado o

seu paseo marítimo, polo que animamos ás administracións implicadas a buscar unha

solución razoable a este problema. Así e todo, tamén entendemos que calquera

solución que se propoña ten que salvagardar a integridade dos estaleiros,

especialmente o seu acceso ao mar. Dispoñer de dous estaleiros en pleno casco

urbano, nun razoable estado de conservación, con acceso ao mar e con actividade de

construción e reparación de pequenos barcos é un privilexio que o Concello e os

veciños de Moaña deben valorar e saber sacar del un rendemento social e económico.

Memoria anual CULTURMAR 201646

Page 47: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

8.2 POLA PROMOCIÓN DE MARIÑAS TRADICIONAIS NOS PORTOS DEGALICIA

Durante o ano 2016, Culturmar xunto coas asociacións federadas

implicadas, seguiron reclamando á administración portuaria a creación e

impulso das chamadas Mariñas Tradicionais, concibidas como espazos

dentro dos portos de Galicia destinados unicamente ás embarcacións

tradicionais e que permitan a súa exhibición, conservación e uso.

A importancia e valor patrimonial e cultural da flota tradicional galega,

conformada na actualidade por unhas 300 embarcacións tradicionais de

diversas tipoloxías, radica principalmente nos seguintes aspectos:

- Supón un conxunto valioso de bens do noso patrimonio cultural, como

aparece recollido na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

- O tamaño desta flota é un dos mais importantes de España, tanto pola

cantidade como pola variedade tipolóxica de embarcacións.

- Ten un forte carácter social, orixinado no traballo que levan a cabo

cantidade de asociacións e colectivos sen ánimo de lucro coa finalidade de

preservar este ben.

Por todo isto nace a necesidade de impulsar de maneira urxente estes

espazos portuarios denominados “Mariñas

Tradicionais”, coas seguintes características,

funcións e usos:

-Museo flotante de exhibición das

embarcacións tradicionais que ocuparía un

espazo propio no porto, con fácil acceso para

o público, ben delimitado e equipado.

-Con sinalizacións ou paneis que permitan dar

a coñecer as características de cada

embarcación entre a sociedade.

-Esta mariña servirá ademais para facilitar o

Memoria anual CULTURMAR 201647

Page 48: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

desenvolmento de actividades destinadas á dinamización e uso das

embarcacións: escolas de navegación tradicional, visitas guiadas, inclusión

en programas de turismo mariñeiro e roteiros culturais...

Na actualidade hai proxectos e demandas de Mariñas Tradicionais nos

seguintes portos: Portonovo, O Grove, Cambados, Illa de Arousa, Ribeira,

Muros e Sada.

8.3 PROPOSTAS A PROL DA CULTURA MARÍTIMA A INCLUIR NOSPROGRAMAS POLÍTICOS

No verán de 2016, antes das eleccións ao Parlamento de Galicia, Culturmar

elaborou e enviou aos partidos políticos que concorrían ás eleccións o

documento A situación do patrimonio marítimo galego. Propostas de futuro

para o patrimonio a flote, co obxectivo de trasmitirlles a situación na que está

o patrimonio marítimo, especialmente o patrimonio flotante, e coa

finalidade de acolleren as principais liñas nos seus respectivos programas.

O informe recollía tres propostas básicas:

- A elaboración dunha norma ou mecanismo que permita recoñecer o

carácter cultural das embarcacións de interese patrimonial (tradicionais,

históricas, singulares, etc.).

- A elaboración dun inventario no que aparezan recollidas as embarcacións

tradicionais e que permita a difusión deste patrimonio, ao mesmo tempo

que facite o recoñecemento de bonificacións/exencións de taxas ás

embarcacións incluidas nel.

- A creación das Mariñas Tradicionais nos portos nos que haxa demanda,

entendidas como un espazo reservado no que atracar estes barcos para

que estean protexidos e poidan ser visitados por calquera persoa.

Memoria anual CULTURMAR 201648

Page 49: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

9. Axudas e subvencións 2016

OBXETO/FINALIDADE Data concesión Ente Público Importe

Financiamento de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais durante o ano 2016

22/04/2016Xunta de Galicia. Consellería do Mar

26.576€

Proxecto de Voluntariado para o 2016 11/08/2016Xunta De Galicia. Consellería de Política Social

4.772,53€

Durante 2016 outorgáronselle a Federación Galega pola Cultura Marítima e

Fluvial (Culturmar) as seguintes axudas públicas:

1. Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e a

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial pola que se lle concede

unha subvención para a realización, durante o ano 2016, de actividades de

dinamización das embarcacións tradicionais e do patrimonio marítimo de

Galicia. A Consellería do Mar fixo unha achega de 26.576€ co obxeto de

contribuir ao finanzamento das actividades da entidade no ámbito que lle é

propio.

2. O 11 de agosto de 2016, a Consellería de Política Social (Dirección Xeral

de Xuventude, Participación e Voluntariado) concedeulle a Culturmar unha

subvención de 4.772,53 ao abeiro da Orde do 11 de marzo de 2016 de

Subvencións para entidades de acción voluntaria enmarcadas no programa

Servizo de Voluntariado Xuvenil, destinados a sufragar os gastos orixinados

pola participación do moz@s voluntari@s participantes no proxecto de

acción voluntaria que Culturmar levou a cabo durante o 2016.

Memoria anual CULTURMAR 201649

Page 50: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

9.1 OUTRAS AXUDAS SOLICITADAS

O 8 de xullo de 2016, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

presentou, xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación

para a pesca e o marisqueo (Fundamar), un proxecto de cooperación ante o

Galp Ría de Arousa “Programa de difusión do patrimonio histórico e cultural

marítimo pesqueiro na provincia de Pontevedra” ao abeiro da Orde do 24 de

maio de axudas para proxectos integrados nos plans de Desenvolvemento Local

participativo aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de Acción Local do

Sector Pesqueiro..

Para levar a cabo o proxecto requeríase da aprobación do mesmo dentro

dos tres Grupos de Acción Local de Sector Pesqueiro ante os que se

presentara: GALP6 -Ría de Pontevedra, GALP5 Ría de Arousa e GALP7 Ría

de Vigo-A Guarda.

O obxetivo principal do proxecto era realizar unha serie de actuacións con

carácter participativo, informativo e pedagóxico, para transmitir a cultura

mariñeira e o patrimonio histórico e cultural marítimo-pesqueiro,

principalmente entre a poboación xuvenil na provincia de Pontevedra, así

como ao público en xeral e aos profesionais do mar (“O mar a escena,

Culturamar, Andainas mariñeiras, Andainas alén do mar, Saberes alén do

mar, Un mar de coñecementos, A carón do mar”)

Este proxecto non puido levarse a cabo por denegación da axuda solicitada.

Memoria anual CULTURMAR 201650

Page 51: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

10. Asembleas de Culturmar

Conforme os Estatutos e segundo recollen os artigos 24 e seguintes do seu

capítulo III, durante 2016 Culturmar levou a cabo as seguintes Asembleas

Xerais de Socios nas que se trataron os temas fundamentais relativos a

actividade da Federación durante o ano: calendario de actividades,

aprobación de orzamentos, estado e peche de contas, adhesión a Culturmar

de novas entidades, elección da sede do XIII Encontro...

TIPO Data Hora Lugar celebración

Asemblea Xeral Ordinaria 5 Marzo de 2016 17:00 h Sede Social Culturmar: Baltar, 26 - Cambados

Asemblea Xeral Extraordinaria 5 Marzo de 2016 21:30 h Sede Social Culturmar: Baltar, 26 - Cambados

Asemblea Xeral Ordinaria 26 Novembro 2016 17:00 h Sede Social Culturmar: Baltar, 26 - Cambados

Memoria anual CULTURMAR 201651

Page 52: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18
Page 53: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

LISTA DE SOCIOS DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E

FLUVIAL

CENTRO RECREATIVO ARTÍSTICO E CULTURAL - CRAC CORUXO (VIGO)

ASOCIACIÓN CULTURAL REAL E ILUSTRE COFRADIA DA DORNA (RIBEIRA)

ASOCIACIÓN AMIGOS DA DORNA MECA (O GROVE)

AMIGOS DAS EMBARCACIONS TRADICIONAIS OS GALOS (BUEU)

GRUPO ETNOGRÁFICO MASCATO (CAMBADOS)

CLUB DO MAR FERROL (FERROL)

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA DORNA (ILLA DE AROUSA)

ASOCIACIÓN GAMELEIROS ASODIÑA (VIGO)

CLUBE MARIÑO A REIBOA (POIO)

AMIGOS DA DORNA DE PORTONOVO (PORTONOVO-SANXENXO)

ASOCIACIÓN BARCOS DO NORTE (VIANA DO CASTELO-PORTUGAL)

MARIÑEIROS ARTESANALES E DEPORTIVOS SAN MIGUEL DE BOUZAS (BOUZAS-VIGO)

ASOCIACIÓN DEPORTIVA E CULTURAL RABANDEIRA (VILANOVA DE AROUSA)

ASOCIACIÓN CULTURAL LAJAREU POR BARLOVENTO (RIBEIRA)

ASOCIACIÓN SODINÁUTICA (VIGO)

REAL CLUB NAÚTICO DE SANXENXO (SANXENXO)

ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE DE LIRA (CARNOTA)

ASOCIACIÓN RECREATIVA MAR DA PEDRA DE AMIGOS DAS GAMELAS (CANGAS)

ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL SUESTE (MOAÑA)

ASOCIACIÓN CULTURAL E DE TRADICIÓNS MARIÑEIRAS GAMELA (BOIRO)

Page 54: MEMORIA ANUAL CULTURMAR 2016 › wp-content › uploads › 2018 › 01 › 2016... · 2018-01-30 · VII Encontro Embarcacións Tradicionais Memorial Tito Silva 17 Setemb. 2016 18

ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA P. DE SERVICIOS XUVENIS ROMPETIMÓNS (CARRIL-VILAGARCIA DE AROUSA)

ASOCIACIÓN CULTURAL MAR DE MUROS (MUROS)

ASOCIACIÓN MAR DE NOIA (NOIA)

CLUB MARÍTIMO DE REDES (ARES)

ASOCIACIÓN CULTURAL GAMELEIROS (BREADOURO-VIGO)

ASOCIACIÓN MARÍTIMA E CULTURAL VILAXOÁN (VILAGARCÍA DE AROUSA)

ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA E P. DE ACTIVIDADES XUVENIS FASQUIA (ILLA DE AROUSA)

FUNDACIÓN EXPOMAR (BURELA)

ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA (A CORUÑA)

INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS (GONDOMAR)

ASOCIACIÓN CALMOSEIRA (VILANOVA DE AROUSA)

ASOCIACIÓN EX- MARINHEIROS DA ARMANDA DE VILA DO CONDE (VILA DO CONDE-PORTUGAL)

ASSOCIAçAO FORUM ESPOSENDENSE (ESPOSENDE – PORTUGAL)

COLEGIO Y ASOCIACIÓN DE INGENIEROS NAVALES Y OCEANICOS- DELEGACIÓN GALICIA (FERROL)

AMIGOS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA (VIGO)

ASOCIACIÓN BALANDRO JOAQUÍN VIETA (NOIA)

GRUPO DE TRABALLO POLO PATRIMONIO MARITIMO A OSTREIRA (ABELLEIRA-MUROS)

ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS (SADA)

GRUPO CULTURAL RONSEL (MARIN)

ASOCIACIÓN GALEGA DE BARCOS CLÁSICOS E DE ÉPOCA – AGABACE (GALICIA)

ASOCIACIÓN TERRA DE OUTES (A SERRA DE OUTES)

ASOCIACIÓN CULTURAL BARCOS DO NORDÉS (REDONDELA)

ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A TORRE (CAMBADOS)

FUNDACIÓN XOSÉ SOTO DE FIÓN ( O SAVIÑAO- LUGO)