12
OAPUPO Ano VIII. Nº17. Xuño 2009. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL Depósito Legal: PO 634-2008 www.culturamaritima.org Foto: Mar Rey

AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

OAPUPOAno VIII. Nº17. Xuño 2009. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL Depósito Legal: PO 634-2008

www.culturamaritima.orgFoto: Mar Rey

Page 2: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

Estando ao último...Pasaron xa 4 anos desde que a Asociación Cultural, Depor-

tiva e Promotora de Actividades Xuvenís Fasquía iniciara asúa particular andaina: facer realidade unha dorna de tope.Esta dorna forma parte do denominado Desafío a Tope, im-pulsado por parte da Federación Galega pola Cultutra Marí-tima e Fluvial xunto coa Deputación Provincial de Pontevedraa fin de recuperar unha das embarcacións tradicionais máisrepresentativas da costa galega e das que quedan contadosexemplares nas nosas ribeiras.A Lavanqueira contruíuse no Asteleiro Manuel Mougán, da

Illa de Arousa, a embarcación está feita de madeira de pi-ñeiro país e carballo, conta con unha eslora de 7,27 metros,manga de 2,46 e 1,28 de puntal, sendo capaz de desprazar1.440 kilogramos, e navegará con vela de relinga. Na festa do botabaixo non faltou nada do que debe haber.

Nin sequera a botella feita cachizas contra o casco de ma-deira. Nin tampouco o son das gaitas, que encheu o am-biente grazas ao esforzo da Asociación Cultural Dorna,tamén da Illa. Tampouco faltou ninguén: houbo representan-tes do Concello da Illa de Arousa e da Deputación de Ponte-vedra.

A Lavanqueira na navega pola ría de Arousa

O Coruxo, con 9,30 metros de eslora, 3,25 m de mangae un desprazamento de 4,5 Tm, foi realizado durante osanos 2006 a 2009, na Escola Obradoiro Mar de Vigo, abar-cando distintos proxectos formativos e de emprego. A súaconstrucción realizouse mediante o sistema tradicional debanceado a tope empregando madeiras do país e cravazóngalvanizado.

O aparello arma cangrexa con foque e trinqueta, e foideseñado e realizado no módulo de actividades náuticas,baseándose en modelos antigos e actuais. O feito de levarbotavara responde ao seu carácter divulgativo, co fin deevitar que a vela caia sobre a cuberta e facilitar as opera-cións da tripulación; consecuencia delo é tamen a distribu-ción interior da adega que, respetando a súa situaciónorixinal, pode reconvertirse nunha mesa con bancos ondeos pasaxeiros poden ir sentados sen entorpecer a manobranin correr riscos.Ainda que non o botaron “oficialmente”, está na auga

dende o pasado mes de marzo. Xa se lle realizaron as pro-bas de estabilidade, con moi bos resultados, así como ainspeción de seguridade, segundo nos comentou HenriqueOtero, o director da escola.

2

O galeón Coruxo xa tocou o mar para as primeira probas

Foto: Daniel Otero

Foto: Mar Rey

Page 3: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

Estando ao último...

3

MUROS, IX ENCONTROA poucos días de conta atrás da celebracióndo IX Encontro de Embarcacións Tradicio-nais de Galicia, entre o 9 e o 12 de xullo, navila coruñesa de Muros, facemos unha pe-

quena aproximación ao que nos vai ofrecer,tanto no mar como en terra, esta nova edi-ción da gran festa do patrimonio marítimo efluvial de Galicia.

A andadura do Encontro segue portoda Galicia, de norte a sur, onde é po-sible, deixando a pegada nos kilome-tros de costa que nos afectan edisfrutando da peculariedade que cadaporto lle dá ao evento, de esta vezMuros, e non soio Muros senón taméntodo o aporte de Lira e da propia ría,outra vez o colectivo social das peque-nas vilas fai presenza e amosa o im-portante que é o entorno social nodesenvolvemento e no poder de un En-contro e da marca que pode deixar enestas vilas. Ahí onde as rías deixan deser altas onde escomezan a ser bai-xas, onde Monte Louro configura unentorno único, onde a mítica dos seusespazos configuran a historia marítimade Galicia, “chegamos o Monte Louro efondeamos a pasar a noite ao abrigo”,pois ben chegaremos a Monte Louro,uns polo Norte outros polo Sur, conflu-índo en ese marco ecolóxico e arqui-tectónico que conforman Lira e Muros,para moitos tamén será lembranza dasxornadas de solidariedade, que espe-remos Nunca Mais acontezan. E comodicía, chegaremos a Monte Louro e po-remos rumbo ao peirao de Muros ondepor novena vez celebraremos a nosaexistencia -ao seu abrigo- a nosa va-riedade e o noso sentimento de colec-tivo, que convida a xentes de outrospaises a disfrutar con nós, na maior ex-presión de Cultura Marítima que sedesenvolve na Península Iberica.Esta vez, como en outras, o espazocondiciona o evento e como dicía o en-torno paisaxistico e arquitectónico dabisbarra Muros-Lira e único, por eso noadicado as xornadas técnicas a temá-tica abondará no seu desenvolve-mento, motivos non faltan.Como de costume de outros lugarespreguntan cando e como, polo que apresencia de xente de outras latitudesé de esperar. Si os compañeiros doPais Vasco eran os candidatos a terunha presenza máis relevante, nonmenos acontecerá con Portugal, quecada vez máis e de un xeito lóxico, quemerece contrapartida, os nosos veci-ños do sur arribaran cos seus barcos

cargados de color e vida. Tamén cata-láns e andaluces teñen manifestado oseu desexo de asistencia e reservandoonde dormir, os cartaxeneiros acompa-ñarannos unha vez máis, o que per-mite comprobar que o traballo feito enanteriores edicións foi ben recibido e asua sona segue a ser asumida polosnosos veciños como traballo común.Será espazo para navegar, para escoi-tar a nosa música, para ver as ofertasdo traballo de outros. Os obradoiros,en este marco cobrarán protagonismoe o traballo dos colectivos amosarán asúa forza. Palilleiras, Sancosmeiros,Afumadoras, … Carpintería de Ribeira,como non a tradición a historia galega

da construcción de embarcaciónsapunta a Muros, apunta a Broñas, aoFreixo, a Tal, apunta ao traballo de xe-racións que terá protagonismo esesdías.Cine, exposicións, recitais, moitas mú-sicas, teremos a oportunidade de can-tar a unha voz colectiva e que … Sechove!! … deixa chover’e, se orballa ¡Deixa orballar’e …, e que faga bon oufaga … polos peiraos, ao abrigo dasestendas muradanas marcadas poloseu arco inconfundible, sempre faráxuntanza, sempre fará festa, a granfesta do patrimonio marítimo e fluvialde Galicia, e que os ventos sexan por-tantes.

Page 4: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

4

MOITA COSTA, POUCO MAR...

En Cambados hai anos que desapare-ceu totalmente da vida mariñeira; perono primeiro terzo do século XX e nunhalonga xeira da posguerra franquista,moitos mariñeiros do barrio de SanTomé (e algúns do de Fefiñáns), a partirde outubro andaban ás ostras e ás viei-ras en dornas de escarva (ou de ca-lime), construídas ó xeito dos barcosviquingos, ou andaban en dornas detope, de construción mediterránea.Esas dornas, aparelladas coa atlánticavela de relinga, na primavera e noverán podían achegarse ás postas deSálvora e doutras zonas do mar daArousa, mesmo saíren da ría. Neste ano en que en Cambados (e noSalnés) se está a celebrar o 50 aniver-sario do falecemento de Cabanillasquero presentar unhas notas sobre apresenza da dorna na obra do poetaque naceu, como el mesmo dixo, “o día3 de Sanxuán do 1876, nunha casiñavella e probe con patín, antre un pazoque fondóu un coengo de Compostelae unha praia que fixo persoalmenteNoso Señor, na viliña de Fefiñáns, oxeaxugada á vila de Cambados”. Como emigrante en Cuba, a saudadeque sentía do seu mundo natal, Caba-nillas reflectiuna en diversos textos deNo desterro (1913), o seu primeiro po-emario. É o caso do soneto “Na Ri-beira” onde fala de gaivotas brancas,que no serán andan como vellas tolasdarredor da pulida regateira que está aescabechar sardiñas; e fala de dornas,que “gañan porto bolinando / por unmar furruxento que bruando / espallasobre os cons albas guedexas”.En varias composicións da década de1920 está presente este barco tradicio-nal, como no poema “Na coroación daNosa Señora do Monte Carmelo, navila de Cambados”, onde invoca a Virxe

para que traia “a porto seguro a dornaque está no escuro, / loitando con lesteduro / sobre das ondas do mar”. E omesmo ocorre no texto “Colón”, que naposguerra reeditaría co título “O fillo deCelt”, onde vemos navegar dornas daría de Marín, que así é como mariñeirosde Cambados nomean a ría que ten nasúa boca a dorneira illa de Ons:

e das postas da Adina,de Raxó, Cantoarena e Samieira,

veñen tras del as dornas pescadorasfendendo o mar coas afiadas proras,

a sardiña bulindo na cadeira.

En 1925 Cabanillas publicou no xornalGalicia o poema “A Calzada de Camba-dos”, no que fai unha “paráfrase” duncadro que o coruñés Francisco Llorénspintara nese emblemático paseo, comar da Arousa como marco. Comeza opoema cunha descrición do fondo docadro, que vén a ser a paisaxe da ríaque calquera día despexado de veránse contempla desde o popular e transi-tado paseo da Calzada, que une as vi-liñas de Fefiñáns e Cambados: nofondo da ría, a serra do Barbanza, coalto da Curota; na boca da ría, o vi-xiante cón de Nor; á esquerda e diantedo Grove, a illa da Toxa, onde a luzacende as cunchas de nácar dos seusareeiros, unha luz que “chove / moídaen pingas de ouro /nos pinales de Tra-gove”, fronte á Calzada.E a seguir, móstranos dornas que ve-lean con seus leviáns ronseis pratea-dos:

Nás ágoas craras e mornas,as velas alba ó sol,

agardan o leste as dornas.Adiantan quedo quediño,perguiceiras, soñadoras,

durmíndose no camiño,deixando a popa, tras delas,leviáns ronseles de prata

como regueiros de estrelas.

Logo veñen uns versos que son tristespresaxios dunha paisaxe que se rela-ciona co desenlace do poema, a morteda muller do pintor: as badaladas domediodía da parroquial de Cambados,que rodan sen rumbo “como pombasasombradas”; o corvo mariño “agoirode loito e bágoas” que cruza veloz-mente desde a Illa da Arousa ó illote deSan Sadurniño…Á parte de referencias como as citadas,a dorna é o tema de dous fermosos po-emas de Cabanillas. Na composición“Mariñeira”, da 2ª ed. de Vento mareiro(1921), trata o naufraxio dunha dorniñapolbeira un día de leste duro e de marbravo. O mar ferve e o vento brúa, maisun refacho acabará coa pobre da pol-beira, que entre salseiros ía coa “velaa catro rizos bolinando” e co patrón cosollos chantados nos “cons ergueitos dalonxana costa”:

Leste duroMar bravo.

Curiscadas da choiva.A noite vai rubindocabaleira na sombra.As fortes ás tendidas,

inquedadas, sin rumbo, silenzosas,levadas pol-o vento

déixanse ir as gaivotas.

Salseada e batida das escumas,de lombo en lombo das inchadas olas,

a vela a catro rizos, bolinando, coa quilla ó descuberto, vai a dorna!

A dorniña pulpeiradurmirá mar afora...

A dorna é a embarcación tradicional máiscaracterística das Rías Baixas, que se des-coñecía nas Rías Altas, onde dorna eratermo xenérico para designar embarca-cións pequenas. A dorna é a icona do mar

da Arousa, particularmente de portoscomo O Grove, Ribeira, Aguiño ou A Illa,onde hoxe aínda segue presente para tra-ballar no mar, á parte do seu uso como em-barcación de lecer.

Unha sección de Francisco Fernández Rei

A dorna, señora do mar da Arousa, na poesía de CabanillasFotos: Daniel Otero

Page 5: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

5

O patrón unha man aferrolladana caña do timón, outra na escota,

leva os ollos chantadosnos cons ergueitos da lonxana costa.

Ferve o mar, brúa o vento...¡Probe da dorna!

Un refacho asubianteabate a verga e tronza o palo, as cordas

estalan, e un istante ábrese a velae cai a plan no mar...

Galgan as olasouveando roucas, como cans famentos

en asalto dos cons...¡Probe da dorna!

No poema sen data “Veiramar” o temaé unha dorna que soportou “firentes in-vernías”, que non temeu arroaces ninrefachos e que se enfrontou ó “duroleste traicioneiro”; e agora, de vella, es-tase a desfacer no areeiro, mentresunha ghaivota, “como unha ibis sagra”,repousa inmóbil nunha caverna apo-drecida da dorna:

Tumbada, quilla ó aire,desfaise no areeiro a vella dorna.

Groria e relembro dos lonxanos díasnos que se déu ó mar como unha noiva,

repulida e locente das carenas,ben presada de estopas,

a branca vela ó vento, cantareironas atesadas cordas...!Noites de lúa crara,fondeada na posta,

deixándose ir e vir de vagariñonas latexantes ondas,como berce de nenoarrola que te arrola,

mentras as liñas soltan, rebulindo,brincando, dando voltas,os buraces de pratanos paneles de proa…!Firentes invernías,

Tardes de vento e choivanas que galgante, a pulos, enrabiada,entre as ágoas bruantes e revoltas, sin medo de arroaces nin refachos,co duro leste traicioneiro en loita,coa guía daquel santo patriano

-¡Dios o teña na groria!-que dende Ons ou Noro,deixando pola popa, rabexante e fervente,

longo ronsel de escumas briladoras,unha Salve nos beizos

e unha man no timón outra na escota,san e salva, metíase no porto

mollada dos salseiros, trunfadora…!Tumbada, quilla ó aire,

desfáise no areeiro a vella dorna...Nunha cuaderna núa, apodrecida, está pousada, inmobre, cavilosa

ollando a lonxanía,como unha ibis sagra, unha gaivota.

Xaquín Lorenzo tratou as dornas doPorto do Son nun traballo que é pio-neiro na investigación sobre a culturado mar dos galegos. Seguindo o ronseldeste etnógrafo ourensán, ocupáronseda funcional dorna Mora, Massó, Mör-ling e Páramo Aller, e recentementeSotelo Blanco. Asemade, a dorna con-verteuse na literatura galega, nomea-damente na poesía, nun símbolo dasingularidade da nosa cultura. A dorna

navega na poesía de Manuel Antonio,Zapata García, Amado Carballo, XulioSigüenza, Álvaro de las Casas, ÁnxelSevillano, Pura Vázquez, Xohana To-rres, Salvador García-Bodaño, X. L.Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana ena de tantos outros autores. O mindoniense Álvaro Cunqueiro, confamilia en Cambados e que ocupou naAcademia Galega a cadeira que dei-xara Cabanillas, en 1957 adicou unhafermosísima cantiga á ría Arousa e ásúa emblemática dorna, cantiga quehai anos popularizou Amancio Prada:

Si miña señor á i-alba da Arousa beilarpoñereille, belida, un ventiño no mar.

A dorna vai e venque meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñore unha longa soedade coma a da mar maior

A dorna vai e venque meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galánpor pastor das mareas co seu remo na man.

A dorna vai e venque meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ríae unha avelaneira no medio do día.

A dorna vai e venque meu amor ten!

Page 6: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

MEDRARON OS BARCOS

Hai uns anos cando nos xuntabamosnon era doado ver barcos de máis de 5ou 6 m, cantas millas non fixo o fer-moso Luisa de Combarro para aArousa ou onde fora, logo veu o NovaSofía que co anterior, a Nova Marina ea Meca formaban o nucleo dos barcosgrandes, aqueles que se notaba ondeestaban, as dornas renovarónse nunhaboa medida e con criterio, os mesmosque as facían seguen a facelas, peroalgo mudou, os ciclos evolucionan,cando un se atreve outros lle siguen.Axudou o proxecto que dende aFGCMF se promoveu “Desafío aTope”, era o paso para ir a máis de 7,5m, as estruturas das asociacións son(aínda que sexamos máis) moi pareci-das, as mesmas carencias estruturais,as mesmas debilidades asociativas

(aquí non afectou ir ou non ir a Brest).Perdeuselle o medo a ter un barcogrande?, asociacións tan potentescomo a ACD Dorna da Illa de Arousa,sempre meditaban, quen os mantén?.Pero no Norte romperon o molde Be-doya e a xente do Club de Mar fixeronnavegar o “Ría de Ferrol”, os Amigosdas EETT de A Coruña botaron o“Punta Pragueira”. Ao mesmo tempobautízase a “Peza de Rabo” a primeiradorna de tope do “Desafío”, pero estonon foi o final, o impresionante é o mo-vemento que agromou principalmentenas Rías Baixas (somos máis).Así de un tirón: Avelino Manuel, Co-maira, Rei dos Mares, Illa de Corte-gada e Eliseo, (agás o Illa deCortegada), afortunadas recuperaciónsda súa raiz, galeóns bateeiros que non

serán madeira de motoserra, curiosa-mente, bateeiros, dragas, son os quefixeron que algún como o Eliseo de1904, non se esvaecera, o Rei dosMares, xemelgo do fotografado Maravi-lla, motora de “necesidades” na Ría deArousa, todos eles xa están a piquesde navegar ou navegando en algúncaso, aínda que sexa somentes amotor. Outra mención merecen a “La-vanqueira”, outra do Desafío, ou a“Sara”, dúas novas construccións.

Chegado este punto quixerafacer un regate polo “que virá”. AvelinoManuel, Illa de Cortegada e Lavan-queira, tiveron a un tempo cita no Aste-leiro de Manuel Mougan na Illa, viaxarata Riasón este inverno do 2008 eraunha satisfacción, o caso era que men-tras uns poden dicir viaxe ao pasado

6

Realizamos da man de Fernando Piñeiros unpercorrido pola actividade de algunhas dasasociacións da Federación Galega pola Cul-tura Marítima, e de algún que outro membrodelas, que se atopan nun intre frenético con

novas construcións, recuperacións ou adap-tacións de vellas embarcacións, tendo todaselas unha finalidade semellante: a posta envalor, a socialización e os novos usos dasembarcacións tradicionais.

Fotos: Fernando Piñeiro

Page 7: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

outros arriscanse e apostan polo futuro.En mesas e proxectos se debate a re-alidade, os problemas e o futuro daCarpinteria de Ribeira, no Grove xurde“Sara”, de ela saben ben os Irmáns Ga-rrido e o seu promotor Avelino Ochoa,socio dos Amigos da Dorna Meca, nonpode pasar por unha embarcación oudorna máis, por varios motivos e un é ofundamental, cando estudiosos e pro-fesionais dan cara aos seus problemas,Ochoa dalle forma, sempre haberáquen critique ou non aprecie o que ou-tros valoramos como unha aposta atre-vida e en todo caso positiva, esta quese desenvolve no asteleiro dos Garrido,seguro que non será a solución aosproblemas de estos profesionais, pero

supón unha iniciativa por espertar unsector que ata o de agora permanecede costas a esta realidade que nas pri-meiras paxinas describimos. Algúnsmiran alén das nosas fronteiras e valo-ran postivamente que nos pantalánsmediterráneos amarren llauts chama-dos “menorquines” polo sector, mezclade plastico e madeira o carpinteiro Mi-quel Huget segue a facer llauts parafins de lecer, como sempre.

“Sara” non vai construida enpino do pais, o seu dono non teríatempo para valdeala no verán nin paraachicar no inverno, tampouco saberá oque se perde o non ter que dar alqui-trán cando o sol esta alto. Pero sí abreunha porta ao mercado, os Irmáns Ga-

rrido ofertarán non somentes “construc-ción de pesqueiros-bateeiros ou simila-res” tamén poderán decir “dornas atope” construídas e equipadas con tec-noloxía actual, aptas para o lecer o conmantemento actualizado os temposque corren e seguro non as fará enserie, pero cicais ainda que non sexacon esta forma esperte a satisfacciónde construir en madeira e con formastradicionais e o mellor os asteleiros quehoxe pelexan pola súa supervivenciateñen unha cota máis de mercado. Nonme gustaría asistir (como xa me tenacontecido en algún que outro taller) aunha charla con carpinteiros de ribeiraonde ningún de eles construía unbarco.

7

Page 8: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

8

A CANOA NA RÍA DE MUROS E NOIAO membro do Grupo de Cultura Mariñeira daAsociación Cultural O Xeito, o esteirán Mon-cho Bouzas, fálanos neste artigo sobre o tra-ballo realizado na recuperación das canoas,

ou bucetas, na súa ría onde veñen de recupe-rarse varios exemplares, tanto por parte doseu colectivo como da Asociación de Xubila-dos Mar de Muros.

A min custoume algún traballo dicir sen respirarque había plantas monocotiledóneaspero non din sabido de que familia era,se é que a tiña,o toxo que douraba os montes de Galicia.

Manuel Rivas, O Pobo da Noite.

Canoa é a denominación popular querecibe na ría de Muros e Noia a mesmaembarcación coñecida no resto de Ga-licia como Buceta. A linguaxe e o tér-mino elixido sempre implica unha cargade significado e unha posición definidade quen o utiliza, de maneira que o em-prego da forma Canoa pode querer in-dicar preferencia polo particularismo endetrimento dos aspectos de carácterxeral que verdadeiramente definen estatipoloxía de embarcación tradicional.

Nada máis lonxe de nosa intención,que se reduce a destacar o amploacervo léxico que non só neste caso,senón noutros moitos ámbitos da cul-tura marítima, supón unha mostra da ri-queza e variedade que a nosa relaciónao longo da historia co mar ten produ-cido.

Para delimitar como tipoloxía especí-fica a Canoa ou Buceta, resulta suma-mente útil botar man daconceptualización que na súa obra pu-blicada expón e defende Staffan Mör-ling ao respecto. Define a Canoa comoun tipo de embarcación tradicional de-rivada do modelo que representa aLancha Xeiteira e modelada pola in-fluencia da presencia nas Rías Galegasda Traiñeira e as súas derivacións. A

canoa polo tanto é o resultado dun pro-ceso cultural producido nun crisol ali-mentado de interaccións de modelosdiversos, mesmo en canto á orixe xeo-gráfica, que de forma normal e naturaldan lugar, ao longo do tempo e nun es-pazo determinado, a unha xenuínamestizaxe que adquire característicasespecíficas.

Sobre esta base que xulgamos acer-tada, estamos en disposición de reali-zar unha definición poñendo o acentoen aspectos obxectivables e observa-bles. A Canoa ou Buceta é unha em-barcación de pesca, pequena esimétrica de proa e popa bicudas, a súaconstrución realízase coa técnica de atope e ten forma alongada con mangarelativamente pequena a respecto da

Fotos: Moncho Bouzas e Lino Prieto

Page 9: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

99

eslora, son barcos lixeiros que non dis-poñen de tillas nin corredores e teñenas bancadas imprescindibles pararemar, que tamén conforman os ele-mentos que reforzan e estabilizan aforma do casco. Levan dúas ou tres ta-lameiras (remadoiras) por costadosendo o seu principal medio de propul-sión o remo, admitindo tamén a nave-gación a vela, principalmente derelinga, latina e mística.

Estamos diante dunha tipoloxía na queo ámbito xeográfico de referencia é oconxunto da costa galega, aínda quese vincula preferentemente á ría deMuros e Noia. Incluso desde o espazosocial con base na nosa Ría que efec-tivamente está a protagonizar a recu-peración e dignificación da Canoa, seconcibe o traballo realizado como uncompromiso a prol da mantenza dunhatipoloxía de referencia local, promo-vendo a socialización dunha denomina-ción que a vincula inequivocamente aunha determinada localidade.

Este posicionamento totalmente ben in-

tencionado inxírese nun plantexamentoque tivo unha ampla presenza e predi-camento na Cultura Marítima comomovemento social, que implicaba queo proceso de recuperación de embar-cacións tradicionais se configurabacomo o sumatorio de iniciativas, querehabilitaban tipoloxías desde unhaconcepción que erixía a iniciativa de re-cuperación concreta nun símbolo iden-titario local. Esta formulación estásuperada, na medida en que avanzou asocialización do coñecemento sobre asembarcacións tradicionais, poñéndoseactualmente de xeito acertado o acentona recuperación da tipoloxía co obxec-tivo de ampliar o abano de embarca-cións tradicionais recuperadas parauso social, priorizando o valor engadidoque aporta ao conxunto por riba dasconnotacións locais, que estando ob-viamente presentes xa non configurano elemento vertebrador do discurso depresentación das iniciativas asociativasante o conxunto da sociedade.

A ría de Muros e Noia incorpórase aotraballo, inspirada polo espírito impul-

sado pola Federación Galega pola Cul-tura Marítima e Fluvial, mediante a re-cuperación de dúas Canoas por partedo Grupo de Cultura Mariñeira da Aso-ciación Cultural O Xeito de Esteiro e daAsociación de Xubilados do Mar deMuros. Están tamén en marcha a cons-trución doutras dúas Canoas por parteda Asociación de Veciños e Veciñas deAbelleira e a Asociación Mar de Muros,coa previsión de estaren listas para oIX Encontro de Embarcacións Tradicio-nais de Galicia.

Amigas e amigos da Cultura Marítima,somos diversos proxectos asociativosde base cidadá os que coincidimos,aportando a Canoa ou Buceta desdediversas localidades da Ría de Murose Noia para toda Galicia, na convicciónde que a nosa achega en sinerxía coconxunto da cidadanía sensible á cul-tura do mar vinculada á Federación ésemente de futuro.

Dornas, botes, traiñeiras, galeóns, ca-rochos, racús, gamelas, pailebotes,bergantíns, canoas,...

Page 10: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

10

FOTO A FOTO CONSTRUÍNDO PATRIMONIOPaulo Jablonski e Alberte Román, foron ostécnicos encargados de levar a bo porto oproxecto A Memoria do Mar, dependente doMuseo do Mar de Galicia, falan sobre a ex-periencia de dixitalizar e documentar os mi-

lleiros de fotografías recollidas durante os10 meses nos que percorren moitas dasConfrarías galegas. As fotografías emprega-das para ilustrar este artigo son parte dofroito deste traballo.

José Rodríguez Vilas é un maqui-nista retirado nacido en Priegue, Ni-grán. A súa vida laboral é tanextensa como o percorrido que vaidesde as embarcacións de vaporaos barcos factoría. Trazar unha liñaentre os seus comezos no mar napesca do día até os últimos embar-ques de Remolcanosa é debuxar ahistoria do mundo do mar de Galizada segunda metade do s. XX. A fi-nais dos anos 50 embarca rumbo aTerra Nova. No ano 1959, nun dosamarres en Saint-Pierre, Josémerca unha Agfa Isola. Maquinistade profesión, converterase en repor-teiro ad hoc da vida a bordo dun ba-callaeiro en Terra Nova.Cincuenta anos máis tarde, o seufillo ponse en contacto co proxectoA Memoria do Mar para que se in-clúan estas fotografías no banco deimaxes do Museo do Mar de Galicia.Un tesouro gardado en sobres depapel durante medio século sae áluz grazas á xenerosidade do seudono e á existencia dun proxectoque atende a este patrimonio tanparticular como descoidado.Se nos paramos, non teremos pro-blema en pensar en iniciativas rela-cionadas coa recuperación,conservación e socialización do pa-trimonio marítimo galego. Tanto or-ganismos públicos como privadoscontribúen na concienciación da im-portancia deste patrimonio para unpaís que non se entende sen a súa

relación co mar. Se notamos o incre-mento no interese e no número de inicia-tivas vinculadas ao patrimonio marítimo,non se nos pode pasar que existe un ele-mento que se ten descoidado, de xeitocase sistemático, nestas mesmas inicia-tivas: o patrimonio fotográfico marítimo.De características particulares pola súanatureza e o seu tratamento, este patri-monio fotográfico ligado ao mar non tensido obxecto central e sistemático dasiniciativas relacionadas coa cultura ma-riña. Ante este escenario, o Museo doMar propón abrir o camiño para a siste-matización deste patrimonio co desen-volvemento do proxecto A Memoria doMar. A iniciativa conta con catro particularida-des que, xuntas, a converten en pioneiraen Galiza. En primeiro lugar, o interese

nas fotografías de carácter familiarsobre as coleccións de autor. Pense-mos que as fotografías son parte donoso patrimonio máis íntimo e univer-sal a un tempo. Cada casa ten garda-das no álbum ou nunha caixa dezapatos fotografías persoais que cons-titúen unha fonte de información ines-gotábel. Multitude de datos quepertencen á memoria colectiva garda-dos na privacidade de cada casa. Velaío grande conflito do patrimonio fotográ-fico: elementos parte do ben común entanto patrimonio, que é necesario con-servar, catalogar e socializar, mais cus-todiados de forma particular econsiderados como ben privado.Acceder a este patrimonio rachandoeste paradoxo supuxo un reto para oproxecto. As persoas que finalmente

Page 11: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

11

participaron contribuíndo coas súas fo-tografías para seren dixitalizadas que-braron a barreira da intimidade eabriron os seus álbums persoais aoconxunto da cidadanía. Fixar o interesena fotografía familiar permitiu accedera un material que dá unha visión ama-dora do mar e posibilita penetrar espa-zos de intimidade estraños nasfotografías de autor. A segunda particularidade do proxectoé o establecemento de criterios para adixitalización de fotografías. Desde uncomezo fixáronse catro diferentes quevertebran todo o fondo: xeográfico, téc-nico, temporal e temático. A Memoriado Mar ten vocación nacional. O traba-llo de campo abrangueu 24 portos detoda a costa galega. Esta opción impli-cou alongar o período de traballo decampo e, nalgúns casos, acurtar as es-tancias nos portos, mais tamén posibi-litou obter unha radiografía fotográficade toda Galiza. No apartado técnico, cada fotografía di-xitalizada foi catalogada desde unpunto de vista formal e rexistrada a súaprocedencia. As fotografías recollidasestán limitadas temporalmente no ano2000. Esta elección está baseada napresenza maioritaria de cámaras dixi-tais a partir dese ano. O límite permitíacentrarse na dixitalización, sobre todo,de material fotográfico en soporte depapel. Por último, o criterio temático remíte-nos ao mundo do mar, mais desdeunha perspectiva ampla. O mar podeser fonte de vida, mais tamén de lecer.O mar vivido e o traballado mestúranseco mar aprendido, visitado ou nave-gado. As fotografías dixitalizadas son

aquelas onde o mar, as súas xentes,construcións, crenzas, ocupacións e lu-gares teñen un oco. Esta concepciónaberta do que é unha fotografía marí-tima permite obter unha imaxe holísticada vida do mar.A terceira particularidade fai referenciaá información tras de cada fotografía.Na medida do posíbel, recolléronse ashistorias aparelladas a cada fotografía.É así que o cualitativo atravesa o pro-xecto: máis do que estético, o fondo édocumental. De contar coa informa-ción, cada fotografía está asociada aun lugar, unha data, aos nomes daspersoas que aparecen e á descricióndas actividades que realizan. Estalabor foi posíbel grazas ao contacto cospropios doantes que serviron de infor-mantes.En cuarto lugar, desde un comezo en-tendeuse o proxecto como un produtodo e para o común da cidadanía. Nonse comprende o exposto con anteriori-dade sen establecer mecanismos desocialización do material recollido.Existe unha tendencia, non maioritaria,mais si presente nalgunhas coleccións,a privatizar os fondos recollidos. Unhaprivatización dificulta a consulta do ma-terial, restrinxe ou incluso impide o seuuso, nun proceso de apropiación parti-cular dun patrimonio común.

A Memoria do Mar estableceu un con-trato de cesión de dereitos de reprodu-ción das imaxes cos doantes baixounha serie de condicións básicas e, entodo momento, a vontade é a de mos-trar o fondo ao público do común. Asvías, neste sentido, son tres. A pri-meira, pór o fondo a disposición pública

a través da páxina web do Museo doMar, onde calquera persoa pode con-sultar todas as imaxes mediante unbuscador por palabras.

A segunda vía compóñena tres exposi-cións itinerantes que recollen unhamostra do fondo. As exposicións reflic-ten tres posíbeis visións do fondo. A pri-meira realiza un percorrido daocupación do espazo de ribeira nasvilas costeiras. A segunda fixa a pers-pectiva desde o punto de vista do fotó-grafo e procura mostrar un mesmo marplasmado de forma diversa. A terceiramóstranos a centralidade do mar navida cotiá das vilas costeiras. As expo-sicións percorrerán as 24 localidadesvisitadas durante a fase de traballo decampo.A terceira vía de socialización do pro-xecto ten que ver con José RodríguezVilas. O seu fondo é un tesouro descu-berto. As series sobre Terra Nova me-recían un tratamento especial. Baixo otítulo O futuro era inmenso..., o Museodo Mar editou un libro coa narración vi-sual das súas fotografías. Como com-plemento da súa curiosidadefotográfica, realizouse unha entrevistaonde José relata con fino verbo o seupercorrido vital e laboral polos maresdos Grandes Bancos.

Agora comeza a súa andaina públicada que terán que xurdir comentarios,críticas e suxestións de melloras paraincorporar no futuro. En todo caso, Ga-liza e o mundo contan cunha nova fe-rramenta de recuperación,conservación e socialización do patri-monio marítimo galego.

Page 12: AnoVIII.Nº17. Xuño2009 ...Estando ao último... 3 MUROS, IX ENCONTRO A poucos días de conta atrás da celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicio - nais de Galicia, entre

FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURAMARÍTIMA E FLUVIAL

Ed. Multiusos, Campo da Mercede s/n.36630 CAMBADOS, Pontevedra

Telf. 986524845E-mail: [email protected]

CONSELLO DE REDACIÓN:Francisco Fdez. Rei, Lino Prieto,

Fernando Piñeiro

COLABORADORES:Moncho Bouzas

FOTOGRAFIAS:Mar Rey, Lino Prieto

Daniel Otero

DESEÑO E MAQUETACIÓN:

Listado actualizado de asociacións membros da F.G.C.M.F.

Subvencionado pola Presidencia daXunta de Galicia.Secretaría Xeral de

Política Lingüística

1 CRAC CORUXO 619 519 431 [email protected] Real Cofradía da Dorna de Ribeira 606 061 363 [email protected] Amigos da Dorna Meca 986 732 805 [email protected] Asc. de Embarcacións Tradicionais «Os Galos» 986 321 799 [email protected] Club do Mar de Ferrol 981 353 499 [email protected] Asc. «As Joritas» 986 542 056 [email protected] Grupo Etnográfico Mascato 986 520 008 [email protected] Asc. Cultural e Deportiva DORNA 649 190 098 [email protected] Asc. De Gameleiros Asodiña 986 222 441 [email protected] Asc. Mariñeiros San Miguel de Bouzas 986 247 062 [email protected] Asc. SODINÁUTICA 986 222 441 [email protected] Asc. De Veciños «Boureante» 669 897 537 [email protected] Clube Mariño «A Reiboa» 669 897 537 [email protected] R.C.N. De Sangenjo 670 544 295 [email protected] Asc. «A Rabandeira» 636 643 137 [email protected] Amigos da Dorna de Portonovo 686 982 062 [email protected] Clube Mariño Salnés 986 526 927 [email protected] Asc. Barcas do Minho 982 465 218 [email protected] Asc. Canle de Lira 981 184 906 [email protected] Asc. Cultural «A Figueiriña-Lanchas do Sil» 988 682 146 [email protected] Asc. Mar da Pedra 986 307 044 [email protected] Club Náutico de Redes 647 368 795 [email protected] Asc. «A Rompetimóns» 659 834 701 rompetimó[email protected] Asc. Barcos do Norte. Viana do Castelo 938 014 101 [email protected] Asc. Amigos das Embarcacións Tradicionais 981 220 020 [email protected] Asc. Mar de Noia 981 821 681 [email protected] Asc. Mar de Muros 981 763 979 [email protected] Asc. Sueste 986 315 250 [email protected] Escola Obradoiro Mar de Vigo II 986 462 090 [email protected] Asc. Cultural «A Gamela». Cabo da Cruz 649 987 012 [email protected] 31 Esteirana de Remo 981 826 040 [email protected] Asc. Cultural «Gameleiros». Breadouro 986 490 592 [email protected] Asc. Marítima e Cultural Vilaxoan 653 350 045 [email protected] 34 Fundación Expomar 982 586 232 [email protected] Asc. Lajareu por Barlovento [email protected] Asc. Cultural, Deportiva Fasquía 986 551 282 [email protected] Asc. Calmoseira 649 376 570 [email protected] 38 Instituto de Estudos Miñoranos 680 644 490 [email protected] 39 Asc. Clube Marítimo Marisma da Ramallosa 626 777 547 [email protected]