24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 9 - Setembro de 2014 A creación de novas em- presas na comarca de Ordes non está repuntando este ano. Ata agosto, creáronse nos sete municipios 29 em- presas, mentres que nos oito primeiros meses do ano pa- sado foran 33. O comporta- mento na contorna é moi se- mellante ao do conxunto de Galicia. Os concellos máis puxantes no nacemento de iniciavas empresariais son Ordes, Oroso e Mesía. Unha nova empresa precisa de me- dia 16.000 euros. Decae o ritmo de creación de novas empresas na comarca Páx. 14 Comedor en copago e obras sen rematar no novo CEIP OROSO Páx. 2 A Deputación destina 1,8 millóns á zona no POS 2015 COMARCA Páx. 7 Páx. 6 O Camiño Inglés, delimitado e promovido Avanza a reforma das antigas escolas como locais sociais CERCEDA Páx. 10 O novo plan xeral exponse ao público ata novembro TRAZO Páx. 8 Ánxeles Rodríguez e Pepe Domínguez, cuartos de Europa DEPORTES Páx. 23 Adrián Mosquera, investigador contra o cancro ENTREVISTA Páx. 10 Crónicas e Tien 21 entregan o mp3 do seu sorteo 2.0 PREMIO Páx. 24 delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 9 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 9 - Setembro de 2014

A creación de novas em-presas na comarca de Ordes non está repuntando este ano. Ata agosto, creáronse

nos sete municipios 29 em-presas, mentres que nos oito primeiros meses do ano pa-sado foran 33. O comporta-

mento na contorna é moi se-mellante ao do conxunto de Galicia. Os concellos máis puxantes no nacemento de

iniciati vas empresariais son Ordes, Oroso e Mesía. Unha nova empresa precisa de me-dia 16.000 euros.

decae o ritmo de creación de novas empresas na comarca

Páx. 14

Comedor en copago e obras sen rematar no novo CEIP

OROSO

Páx. 2

A Deputación destina 1,8 millóns á zona no POS 2015

cOMARcA

Páx. 7

Páx. 6

O camiño inglés, delimitado e promovido

Avanza a reforma das antigas escolas como locais sociais

ceRcedA

Páx. 10

O novo plan xeral exponse ao público ata novembro

tRAZO

Páx. 8

Ánxeles Rodríguez e Pepe domínguez, cuartos de europa

dePORteS

Páx. 23

Adrián Mosquera, investigador contra o cancro

eNtReViStA

Páx. 10

crónicas e tien 21 entregan o mp3 do seu sorteo 2.0

PReMiO

Páx. 24

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

pROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE OBRACOORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERGÉTICASpERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y pLANES DE SEGURIDADDISEÑO INTERIOR

Page 2: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

OROSO Un catering de xestión municipal, con 49 prazas subvencionadas

O concello sucumbe e a Xunta logra impoñer o copago no comedor do ceiP

A batalla que a Xunta e o Conce-llo de Oroso sostiveron polo servizo de comedor escolar no novo CEIP de Sigüeiro rematou co triunfo das teses da Consellería de Educación. Final-mente, a administración municipal xestiona o servizo, con copago para as familias e unha achega económica por parte da Xunta. En total, hai 49 prazas subvencionadas. O colexio co-mezou o curso cuns 200 escolares.

Tras varios intentos de que o ser-vizo de comedor fose como o do an-tigo CEIP, o alcalde, Manuel Mirás, cargou contra a Consellería: “men-tres a Xunta non cumpre coas súas obrigas, o Concello de Oroso non vai deixar colgadas as súas familias” e atendeu a petición da Anpa O Car-boeiro para que o primeiro curso do centro non comezase sen comedor.

O servizo, tal como indicou a Anpa, consiste nun catering con tres monitores. Nas prazas subvenciona-das, o prezo será de 55 euros ao mes e de 5 euros por día solto. O segundo irmán e as familias numerosas teñen un desconto do 20%. Se a demanda

fose superior ás prazas subvenciona-das dispoñibles, o Concello decidirá quen se benefician delas atendendo a criterios de renda e de conciliación.

Non é a primeira experiencia do Concello cun servizo de comedor es-colar, xa que desde nos últimos anos ofreceuno para quen non podía usar

o do antigo CEIP, por saturación. Sen embargo, o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, destaca que non é unha competencia municipal e anti-cipa que seguirán insistindo en que os dous CEIP da capital municipal te-ñen os servizos de comedor e trans-porte nas mesmas condicións.

O conselleiro de Educación (4º pola esq.) visitou o CEIP días antes do inicio do curso

Cerceda e Tordoia inician un programa de inserción laboral para desempregados

Os Concellos de Cerceda e de Tordoia comezaron durante este mes de setembro o programa in-tegral Interta-T, que traballa cun colectivo de persoas en situación de desemprego dos dous muni-cipios coa finalidade de lograr a súa inserción laboral mediante ac-cións de formación e orientación. O programa conta con financia-ción da Consellería de Traballo e Benestar e do Ministerio de Em-pleo e Seguridade Social.

COMARCA

Arranxan con conglomerado o camiño desde a Fraga da Galiña ata a N-550

ORDES

A poboación da Fraga da Galiña, na contorna de Ordes, viu melloradas as súas comunica-cións co arranxo do camiño que vai desde a súa aldea ata a estrada N-550, a carón da estación de ser-vizo, segundo explica o Concello de Ordes.

As obras de reparación consis-tiron en aplicar unha capa de con-glomerado en quente, o que obri-gou a pechar o camiño ao tráfico durante varias horas. A reparación conseguiu eliminar as irregulari-dades que presentaba o firme e mellorar as condicións de tránsito.

O proxecto, cun custo de 10.000 euros, forma parte do Plan de Obras e Servizos (POS) impul-sado pola Deputación. O Conce-llo de Ordes enmárcao nunha se-rie de reparacións en pistas, cami-ños e viais do ámbito rural acome-tidos nos últimos meses.

Derradeiros traballos de instalación

O curso comezou coas obras municipais sen acabarÁ marxe do servizo de come-

dor, a outra lea entre o Concello de Oroso e a Xunta no novo CEIP foi a das obras do centro. Finalmente, as que dependían do Concello estaban sen rematar nos primeiros días de clase.

As conexións de servizos como a electricidade, a auga, o gas ou o sa-neamento estaban case rematadas. O que o Concello non logrou ter a tempo, pese a que poucos días an-tes se comprometera, foron os ac-cesos e as beirarrúas.

De feito, nas primeiras xorna-das de clase o vial de acceso ao co-lexio desde a N-550 permaneceu cortado, os pais e nais tiveron que deixar os coches nunha zona de es-tacionamento habilitada preto do colexio, e as tarefas dos albaneis conviviron cos primeiros trazos do xiz sobre os encerados.

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, non perdeu a oca-

sión de reprocharlle ao goberno municipal o seu incumprimento. O executivo de Manuel Mirás xa puxera a venda para esta ferida uns días antes, acusando á administra-ción autonómica de poñer “trabas”, ao retrasar varios meses sobre os seus propios prazos o remate do co-lexio e ao manter obstáculos como casetas de obra nos terreos polos que se executaron as canalizacións.

Controvertida é tamén a cues-tión dos accesos ao novo CEIP. O PP de Oroso reclamounos nos últimos meses para evitar situacións de risco, por exemplo ao ter que cru-zar a N-550, coa perigosidade que comporta, polo elevado tráfico e a escasa visibilidade a primeira hora. O goberno de Mirás anunciou ta-mén a execución de varios accesos seguros desde as distintas zonas de Sigüeiro, se ben matizou que os pa-sos de peóns na estrada estatal ten que autorizalos Fomento.

Por se fose pouco, o día antes do retorno á clase a dirección do centro decidiu adiantar media hora a xornada lectiva (de 9:15 a 14:15 horas), o que colleu por sorpresa á case todas as familias, nuns casos para ben e noutros para mal, se-gundo as necesidades de concilia-ción de cadaquén.

OUTRAS OBRASO novo CEIP de Sigüeiro pro-

tagonizou sen dúbida o arranque do curso na comarca, xa que xe-ralmente produciuse con norma-lidade. Durante o verán, todos os Concellos acometeron algúns arranxos e melloras nos centros educativos do seu municipio. Dous exemplos: o propio Oroso gastou uns 50.000 euros en reparacións no antigo CEIP e nun patio de xogos na escola de Vilacide; e Frades efec-tuou diversas tarefas no CPI da Pon-tecarreira por 12.000 euros.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

PuBlicidAde

crónicas - Setembro 2014 3

ORDES Ana Tobío Pérez, Ekaté Zapatería

“un buen calzado no tiene precio”- ¿Qué novedades trae la zapatería

de Ekaté a Ordes?- Creo que traemos un ti po de cal-

zado diferente a lo que ya hay, tanto de vesti r como casual. Hemos procurado diferenciarnos un poco del resto, tra-bajando con calzado multi marca: UGG, HUNTER, NEW BALANCE... Apostamos por un calzado más de moda, diseños originales, diferentes, y sobre todo que sean de piel y de hormas cómodas y confortables. La comodidad en el cal-zado es muy importante para noso-tros, tanto en niños como en adultos.

- ¿A qué ti po de público se orienta preferentemente la ti enda?

- Pues tenemos calzado desde para un niño de un año hasta un adulto en-trado en añitos.

- ¿Predominará una línea casual, una línea elegante, o habrá una varie-dad total?

- Tenemos bastante variedad, so-bre todo en niños, tanto casual como de vesti r. En adultos sí es verdad que tenemos más casual, aunque también algo de vesti r.

- ¿Cuál es vuestra prioridad en la atención al cliente?

- Buscamos dar una atención per-sonalizada, adaptada a cada ti po de

cliente y siempre intentando solventar las necesidades de cada uno. También es verdad que el público infanti l lo te-nemos un poco más mimado.

- ¿Cuáles van a ser las tendencias este otoño-invierno?

- Pues este invierno, de forma si-milar a los más recientes, viene mu-cho botí n, tanto para chico como para chica, pero también es verdad que la bota empieza otra vez a hacerse un hueco. Las zapati llas retro running si-guen estando presentes. Y en cuanto a colorido, pues el negro predomina, pero el burdeos también ti ene su hueco.

- ¿Tenéis tallas especiales?- Nosotros trabajamos para chica

del 35 al 41, para chico del 39 al 45, y para niño desde el 18 en adelante. Siempre hay la posibilidad de conse-guir algún número diferente al que so-lemos trabajar, como puede ser un 46 para chico o un 17 para niño, por ejem-plo.

- ¿Un buen calzado no ti ene pre-cio?

- Un buen calzado no ti ene pre-cio, eso es algo que yo siempre digo. Y pienso que la gente cada vez se da más cuenta de ello. En los niños, por ejem-

plo, hay que pensar que desde el mo-mento que empiezan a caminar solos el calzado se convierte en un elemento importante que infl uye en su desarro-llo fí sico.

La gente también suele come-ter el error de heredar los zapa-tos de sus hermanos mayores, y es poco recomendable, ya que los pies son anatómicamente diferentes y cada niño ti ene una forma disti nta y parti cu-lar de pisar. También sue-len preferir comprar un nùmero más grande de lo que le corres-pondería llevar, cuando en reali-dad el pie debe ir sujeto, tampoco haciendo pre-sión.

Y por su-puesto para los adultos también es muy impor-tante que se compren un calzado bueno.

EKATÉ OutletRúa do Mercado, 2

EKATÉ MelideCantón de San Roque, 2

EKATÉAlfonso Senra, 157

Page 4: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014

O Valedor do Pobo investiga xa o mal servizo na gasolineira da Pontecarreira

O Valedor do Pobo anunciou que estudará as frecuentes caren-cias de subministración de com-bustibles que se producen na esta-ción de servizo de Repsol na Ponte Carreira (Frades). Así llo comuni-cou ao secretario xeral do PSdeG-PSOE no municipio, Aurelio Ga-rea, que presentara unha queixa acompañada de máis de 700 sina-turas de cidadáns.

Tamén respondeu a direc-ción de Repsol, que explicou que xa houbera unha reunión cos res-ponsables da estación de servizo e que agardaban o reanudar de in-mediato a normalidade na submi-nistración.

Aurelio Garea manifestouse sa-tisfeito con que o problema, que complica a vida cotiá de numero-sos veciños, “entre en vías de so-lución”. O líder socialista atribuíu os resultados á mobilización social e botou en falta que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que tamén dirixiu as sinaturas, non respostase coa mesma rapi-dez que o Valedor do Pobo e os responsables da petroleira.

FRADES OROSO O alcalde calificou de “selvático”o estado das marxes tras anos sen limpar

Fomento atende por fin as reclamacións do concello para desbrozar a N-550

O ministerio de Fomento acor-douse por fin da limpeza da estrada N-550 ao seu paso por Oroso e San-tiago. Nas últimas semanas procedeu ao desbroce das marxes, que acu-mulaban maleza de considerable en-vergadura e incluso “plantas de eu-calipto de considerable tamaño nal-gúns treitos”, segundo describe o Concello.

O alcalde, Manuel Mirás, recla-mara a limpeza uns días antes de que se executase, e calificou de “selvá-tico” o seu estado, xa que en varios treitos as beiravías xa case estaban ocultas, co risco que supoñía para a seguridade do tráfico pola falta de vi-sibilidade e tamén de que prendese o lume e se extendesen os incendios.

A pesar de que as tarefas de lim-peza si se acometeron, a reclamación do goberno municipal incluía ade-mais o acondicionamento dos viais de servizo paralelos á N-550. A xuízo de Mirás, presentan “un estado de-plorable porque onde aínda conser-

van o firme presentan múltiples irre-gularidades e están practicamente intransitables”. Estes viais son uti-lizados polos veciños para despra-

zarse entre lugares situados ao pé da N-550 ou para acceder con maquina-ria agrícola ás leiras da zona sen inva-dir a estrada de titularidade estatal.

A N-550, na entrada a Sigüeiro, antes e despois das tarefas de desbroce

MESÍA Accidente dun camión de traslado de animais mortos na estrada AC-524

Ferido leve nunha saída de vía en Albixoi

O condutor dun camión de traslado de animais mortos resul-tou ferido leve, cuns cortes de es-casa entidade, na saída de vía do vehículo na estrada AC-524 (Or-des-Lanzá) en Albixoi (Mesía). Mesmo saíu polo seu pé da ca-bina, case esmagada. Atenderon o sinistro Tráfico, unha ambulancia, o GES de Curtis-Mesía e os Bom-beiros de Ordes.

Foto: Bombeiros de Ordes.

Escrito do Valedor dirixido a Garea

CONCELLODE TRAZO

INSCRÍBETE NAS ACTIVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO DE TRAZO ANTES DO 30 DE SETEMBRO. Taxa por persoa: 60 € curso (agás cociña, que custa 30 €). Dirixido a maiores de 16 anos empadroados/as en Trazo (salvo zumba infantil, que será de 4 anos en adiante). Máis información e inscricións no Concello de Trazo

Page 5: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

MediO AMBieNte

crónicas - Setembro 2014 5

Unha app creada por Sogama axúdalles aos cidadáns a separar ben os residuos

UN XOGO PERMITE POÑER A PROBA OS COÑECEMENTOS SOBRE O CONTEDOR DE DESTINO DE CADA RESIDUO

A Sociedade Galega do Medio acaba de lanzar unha App para te-léfonos móbiles con sistema ope-rativo Android e IOS (iPhone) a través da cal pretende instruír os cidadáns na correcta separación das distintas fraccións de residuos e posterior depósito das mesmas nos contedores de recollida selec-tiva ubicados nas vías públicas.

Con esta iniciativa, e aprovei-tando as novas tecnoloxías, So-gama adéntrase no mundo dos smarthphones, con moi boa aco-llida por parte da poboación, es-pecialmente entre os máis novos, axudándoos a diferenciar os ma-teriais a introducir en cada reci-piente e garantindo con isto o seu posterior reciclado.

Así, a aplicación recolle infor-mación en torno ao contedor ama-relo, destinado a acoller os en-vases de plástico, latas e briks; o azul, que alberga o papel e cartón; o iglú verde, para os envases de vidro; e o contedor verde conven-cional, para os restos non recicla-bles. Tamén fai referencia ao con-tedor específico para pilas, que pode atoparse nas casas consis-toriais, colexios, centros sociais e establecementos comerciais, así como aos puntos limpos, recintos pechados onde os cidadáns tras-ladan aqueles re-fugallos que, da-das as súas espe-ciais caracterís-ticas e grao de perigosidade e toxicidade, de-ben recibir un tratamento diferen-ciado por parte de xestores autori-zados, non dispoñendo de conte-dores a pé de rúa.

Tamén se fai referencia á com-postaxe doméstica nas viven-das unifamiliares que contan con horta e/ou xardín, podendo fabri-car a partir da materia orgánica xerada nas mesmas un abono na-tural de alta calidade con exce-lentes propiedades para o solo,

substituíndo aos fertilizantes ar-tificiais. Trátase dunha forma ecolóxica coa que reducir a pro-dución de lixo e propiciar o reci-clado dos restos orgánicos, dimi-nuíndo as cantidades de desperdi-cios a entregar a Sogama.

En todos os casos, explícase, dunha forma amena, sinxela e di-vertida, o circuíto de recollida e xestión de cada tipo de residuo, dende que se xera ata que se trata de forma correcta para minimizar o seu impacto ambiental.

Ademais, e para que os usua-rios poidan tomar conciencia do resultado do seu labor, infórmase acerca do proceso de reciclado dos refugallos e produtos a fabri-car a partir destes, aludindo igual-mente á valorización enerxética da fracción resto e a súa conver-sión en enerxía eléctrica, labor asumido por Sogama en Galicia.

A App tamén traballa no ám-bito da concienciación cidadá, ar-gumentando as razóns polas que deben clasificarse os desperdicios en orixe e enxalzando a colabora-ción da poboación como condi-ción indispensable para garantir

a recuperación destes.

Así mesmo, ponse de relevo o aforro, tanto de enerxía coma de materias pri-mas, que reporta a reciclaxe. Por exemplo, que a enerxía que se aforra reciclando

unha soa lata de aluminio pode fa-cer funcionar un televisor durante tres horas, que por cada tonelada de papel reciclado evitamos a ta-lla de 24 árbores adultas ou que o reciclado de catro botellas de vi-dro aforra a enerxía equivalente a manter un frigorífico funcionando un día enteiro.

A aplicación conta igualmente cun apartado “Sabías que... “ no que se inclúen datos e curiosida-

des de interese: que unha bolsa de plástico pode tardar 1.000 anos en degradarse, que con 15 botellas plásticas se pode elaborar un fo-rro polar, e con 6 briks, unha caixa de zapatos, que por cada 100 qui-los de residuos orgánicos pódense obter ao redor de 30 quilos de compost, ou que coa enerxía eléc-trica que se produce no complexo industrial de Sogama en Cerceda lógrase abastecer unha cidade de tipo medio (100.000 fogares).

A información compleméntase cun xogo no que os usuarios teñen a oportunidade de levar á prác-tica o aprendido. O xogo consiste en que unha vez identificado o re-siduo que aparece na pantalla do seu dispositivo, debe identificarse o contedor de destino para posi-bilitar a súa recuperación. A máis acertos, máis puntos.

Información pormenorizada

Beneficios da reciclaxe

O xogo

Page 6: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014

Os nacionalistas insisten en integrar o Concello no grupo turístico da Área de Compostela

ORDES

O BNG de Ordes amosouse “preocupado” polos efectos da que considera política de “isola-cionismo municipal” practicada polo goberno local. Volveron exemplificalo coa constitución do grupo de promoción do turismo ‘Área de Compostela’, creado por dezaseis Concellos da zona sen a presenza de Ordes.

O portavoz nacionalista or-dense, Ramiro Recouso, lembra que en 2013 pedíronlle ao go-berno de Manuel Regos que xes-tionase a integración no grupo. Xa entón observaran pouca vontade. E agora, ao ver que o Concello se-gue fóra de Área de Compostela, cren que queda mermada a capa-cidade de promoción dos hoteis e das casas de turismo rural, como as situadas no Camiño Inglés.

Contra esa liña “isolacionista”, o Bloque reclama tamén formar parte dos Consorcios de Trans-porte de Santiago e da Coruña, prevista para hai varios meses e aínda sen efecto.

Parece mentira, pero o Camiño Inglés aínda carecía dunha delimita-ción definitiva. Alguén puxérase coa tarefa en 1997 e no 1998 xa se pu-blicara unha traza delimitada, pero as vicisitudes da administración fixeron que ata agora non se rematase o trá-mite. A comezos de setembro, o Con-sello da Xunta aprobou por fin tal de-limitación oficial.

E que consecuencias ten esta me-dida, ademais de que os peregrinos saiban por onde teñen que camiñar, sempre que haxa sinalización? En esencia, serve para coñecer ata onde chega o ámbito de afección deste iti-nerario xacobeo para aplicar a Lei de Protección dos Camiños de Santiago, sobre todo no que se refire a patri-monio e paisaxe.

Por exemplo, para a concesión de licenzas é precisa unha resolución previa da dirección xeral de Patrimo-nio Cultural, obrigada a ter en conta os valores xacobeos e a preservación dos trazos tradicionais da zona. A ad-ministración cultural tamén terá que ser informada de todo canto plan, programa ou proxecto altere a pai-saxe dentro do que se chama a “ba-cía visual do Camiño” e poderá pro-poñer medidas protectoras e correc-toras.

No proceso de exposición pública do expediente de delimitación, que se efectuou entre finais de 2012 e co-mezos de 2013, presentáronse un to-tal de 35 alegacións, analizadas polos servizos técnicos da Consellería de Cultura. O resultado foron pequenas variacións do trazado, sen alteracións significativas do total. A modificación afecta a un 4,74% da liña de traza e a menos do 1% da superficie do te-rritorio histórico. Entre os municipios afectados polos cambios está Oroso, xunto con Ferrol, Narón e Santiago,

que ven retiradas 901 parcelas do te-rritorio histórico incoado e a incorpo-ración de 269 novas que antes non se incluían no ámbito de protección.

O Camiño Inglés está documen-tado desde o século XII, con pere-grinacións marítimas desde Escandi-navia e as Illas Británicas, que che-gaban aos enclaves costeiros da Co-

ruña e de Ferrol. O itinerario desde a cidade herculina atravesa Culle-redo, Cambre e Carral e o de Ferrol vén por Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betan-zos e Abegondo. Os dous conflúen na zona das Travesas, xusto antes de Bruma (Mesía), e proseguen por Or-des, Oroso e Santiago.

A Xunta aproba a delimitación definitiva do camiño inglés, pendente desde 1997

COMARCA Despois das alegacións, algúns dos cambios afectan a Oroso

Peregrinos da INTO e de Tesouros de Galicia recibidos en Ordes

Visita de promoción internacionalDo 15 ao 19 de setembro, unha

vintena de representantes da In-ternational National Trust Orga-nisation (INTO) e da entidade Te-souros de Galicia percorreu o Ca-miño Inglés desde Ferrol ata San-tiago. Trátase dunha visita apoiada pola Deputación para intensifi-car a proxección internacional do único itinerario xacobeo que pasa pola comarca ordense. A INTO, con presenza en 68 países, conta

cuns sete millóns de socios, máis da metade no Reino Unido.

Ao seu paso pola comarca, per-noctaron no albergue de Bruma (Mesía) e en Sigüeiro. Os Conce-llos de Mesía e de Ordes ofrecé-ronlles senllas recepcións, nas que non faltou a gastronomía local: queixos e iogures de produción ecolóxica en Mesía, entre outros, e queiques e outros produtos en Ordes.

Os socialistas piden no Parlamento controis especiais contra os malos cheiros

ORDES

Os socialistas presentaron unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para instar a aplicar controis especiais que eviten os malos cheiros que se ve-ñen producindo, con especial in-tensidade e frecuencia nas últi-mas semanas, en lugares como Pepín, Bailía ou Vilasenín.

A petición é semellante a outra que se trasladara o PSOE ordense ao pleno municipal. Tal como ex-plica o portavoz socialista de Or-des, Xesús Pedreira, “temos que tratar de buscarlle algunha solu-ción e, como non a conseguimos a través do Concello, decidimos acudir ao Parlamento de Galicia”.

O texto presentado na cámara autonómica describe que, durante varios días do mes de agosto, os veciños de varias aldeas das pa-rroquias de Leira e de Mercurín non puideron sequera abrir as ventás das súas vivendas por mor dos cheiros. Aseguran que é ha-bitual que se produzan, pero non coa gravidade desta ocasión. A maleza dificulta o paso dos peregrinos

O PSOE pide que se limpe a ruta e acusa á Xunta de “deixación”

Os socialistas de Ordes esixíronlle ao Xacobeo a limpeza do Camiño In-glés ao seu paso polo municipio. Tal como aseguran, a maleza acumúlase en determinados puntos do perco-rrido de tal xeito que “dificulta e nal-gún caso xa case impide o paso dos peregrinos”.

O concelleiro Xesús Pedreira, portavoz do PSOE en Ordes, acusa á Xunta dunha “lamentable deixación de responsabilidades” no coidado do patrimonio deste itinerario xa-

cobeo, do que destacan o seu valor económico tanto para Ordes como para o resto da comarca.

Á vista do ben que se acondicio-nou un anaco do Camiño Francés entre O Pino e Santiago de Compos-tela para a visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Santiago, Pedreira ironiza con se habería que convidar o primeiro ministro británico, David Cameron, para que o Xacobeo poña ao día o Camiño Inglés no municipio ordense.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014 7

O Concello paga e cancela o único préstamo bancario que tiña pendente

MESÍA

O pleno de Mesía aprobou por unanimidade a cancelación do único préstamo bancario que o Concello tiña pendente de pago. Trátase dun crédito concedido polo Banco de Crédito Local no ve-rán de 2004 e que aínda vencería dentro de aproximadamente unha década.

Para a cancelación, aprobouse habilitar un suplemento de case 169.000 euros, utilizando unha parte do remanente de tesourería de que dispón a administración lo-cal. Ademais, tamén se habilitaron outros 7.000 euros para cubrir os gastos de cancelación do crédito.

Os 169.000 euros son a canti-dade que restaba por pagar nos vindeiros anos. Os 7.000 son a ci-fra que como moito custará a can-celación, segundo o goberno. O alcalde, Mariano Iglesias, viu “abusivo que a cancelación custe o mesmo que os intereses dos vin-deiros dez anos” e agarda que a entidade financeira sexa “flexible” e acepte unha rebaixa.

COMARCA A Deputación retoma a obriga de que polo menos o 60% se invista

O plan provincial de obras e servizos traerá 1,8 millóns á comarca en 2015

O Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación achegará case 1.780.000 euros aos sete Concellos da comarca ordense en 2015. En con-creto, Cerceda recibirá 250.422,67 euros, Frades 194.972,80 euros, Mesía 223,112,91 euros, Ordes 400.670,28 euros, Oroso 242.387,80 euros, Tordoia 247.329,45 euros, e Trazo 221.083,83 euros.

En toda a provincia, a contía do plan é de 24,2 millóns de euros. Xa foi aprobado polo pleno da Deputación co fin de que as administracións lo-cais poidan incluso iniciar os proxec-tos que escollan o 1 de xaneiro.

Unha das novidades en 2015 será que se recuperan os límites para in-vestimentos (mínimo 60% do plan) e para gasto corrente e amortización de débedas (ata un 40%) que rexían antes da chegada do PP ao goberno da institución provincial. Desde hai dous anos permitiuselles aos Conce-llos usar unha proporción maior do POS para gasto corrente e débeda por mor da crise económica. Agora, segundo argumenta o goberno que

preside Diego Calvo, marcan de novo un mínimo para obras para “fomen-tar os investimentos cando se em-peza a notar a recuperación econó-mica nas arcas municipais”, di.

Na mesma sesión plenaria, por

unanimidade, tamén foi aprobado un convenio que asinarán a Deputación e a Xunta para financiar a mellora de camiños municipais con fondos euro-peos. A entidade provincial achega case 870.000 euros

Pleno da Deputación da Coruña

POS 2015 POR CONCELLOS

CERCEDA

FRADES

MESÍA

ORDES

OROSO

TORDOIA

TRAZO

TOTAL:

250.423 euros

194.973 euros

223.113 euros

400.670 euros

242.388 euros

247.329 euros

221.084 euros

1.779.980 euros

Reparto do POS na comarca ordense

As persoas interesadas en par-ticipar nos cursos de natación pro-gramados na piscina municipal climatiza de Ordes tiveron que agardar este luns longos tempos de espera para inscribirse, dada a pésima organización establecida polo Concello, o que se traduciu en múltiples queixas por parte dos afectados, na súa maioría pais e nais de nenos e nenas.

A inscrición para os cursos do derradeiro trimestre deste ano, efectuada este luns nas instala-cións da piscina municipal das Casillas, acumulou tal demora que moitas das persoas afectadas tiveron que agardar ata dúas ho-ras, nunha cola exterior e baixo as inclemencias meteorolóxicas. Con todo, non é a primeira vez que se

produce esta situación por mor da falta de previsión e a nula capaci-dade de organización do Concello de Ordes, que xestiona directa-mente o recinto e, polo tanto, po-dería ter reforzado a atención ao público con persoal municipal.

QUEIxAS DOS USUARIOS pOLA FALTA DE ATENCIóNO Partido Popular, que recibiu

numerosas queixas dos usuarios, formulará un rogo no vindeiro Pleno municipal para instar ao Concello de Ordes a reconducir a situación de maneira que non vol-van repetirse feitos deste tipo e se mellore a atención aos usuarios, reforzando a atención ao público na data na que se abra o prazo de inscrición para as actividades pro-gramadas.

O PP fará un rogo no Pleno para instar ao Concello a mellorar a atención aos usuarios para evitar demoras deste tipo

A pésima organización obriga aos usuarios da piscina municipal de Ordes a colas de dúas horas para apuntarse nos cursos de natación

Martínez Sanjurjo denuncia a “nula capacidade de organización” do Concello

Page 8: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014

O servizo comarcal de atención temperá opta a un premio

A finais de outubro saberase se o servizo de atención temperá da Mancomunidade de Ordes obtén un premio Coopera, que a Xunta outorga en recoñecemento do afo-rro económico acadado por cor-poracións municipais que ofrecen servizos en conxunto, así como a súa calidade e resultados.

Segundo a Mancomunidade, a unificación dos servizos de aten-ción temperá de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo desde 2008 supuxo un afo-rro de 492.000 euros. Aseguran que para a entidade supramunici-pal custa 126.000 euros e que se o ofrecese cada Concello por sepa-rado sumaría uns 618.000 euros.

O comunicado da Mancomuni-dade non entra a valorar se a uni-ficación supuxo algún quebranto na calidade do servizo, destinado a atender as necesidades de ne-nos e nenas menores de seis anos con trastornos no seu desenvolve-mento ou con risco de padecelos. Si relata que en 2013 atendeu 131

familias, fronte ás 143 de 2012. O equipo do servizo está composto por unha psicóloga, unha logo-peda, unha traballadora social e unha psicopedagoga.

Na mesma reunión plenaria na que a Mancomunidade aprobou a candidatura ao premio Coopera tamén se lle deu o visto bo á conta xeral en 2013. Sen embargo, a en-tidade comarcal evitou ofrecer de-talles sobre os seus resultados.

LINGUA NO DEpORTEPor outra parte, o Servizo de

Normalización Lingüística da Man-comunidade inicia unha campaña de dinamización do uso da lingua galega no ámbito deportivo. Co lema ‘E ti, a que xogas?’, buscará a implicación das entidades deporti-vas da zona para conseguir a gale-guización da súa actividade e que, por exemplo, o galego sexa a lin-gua da súa comunicación co pú-blico nas instalacións, nos aconte-cementos e entre profesionais do deporte.

COMARCA

Ultiman o derradeiro tramo da senda peonil ata Porto Avieira

Estes días rematan as obras da derradeira fase de senda peonil entre Sigüeiro e a urbanización Porto Avieira. As obras, valoradas nuns 50.000 euros, acométense na rúa María Casares, utilizada con frecuencia como acceso á urbani-zación.

O tramo ten uns 300 metros de lonxitude e vai desde as beirarrúas da primeira mazá de Porto Avieira

ata a parte da senda peonil xa exis-tente, rematada hai dous anos.

O concelleiro de Vías e Obras de Oroso, Eduardo Veiras, anun-cia que “a intención é seguir me-llorando a conexión da parroquia da Gándara con Sigüeiro a través de sendas peonís, polo que nun futuro agardamos poder chegar cunha senda peonil ata O Piñei-rón”.

A senda inclúe as canalizacións para a recollida de augas pluviais

OROSO

Os veciños e veciñas de Trazo po-den consultar ata comezos do mes de novembro o documento do Plan Xe-ral de Ordenación Municipal (PXOM), que xa superou a aprobación inicial e se somete agora a exposición pública para que a cidadanía presente as ale-gacións que estime oportunas.

O documento, que relevará ao plan xeral do que xa dispoñía o con-cello, define o futuro urbanístico do municipio para os vindeiros lustros. O alcalde, José Dafonte, explicou que é un compromiso adquirido cos veci-ños, que “como sucede sempre, este goberno que encabezo” cumpre.

O rexedor, en declaracións a Cró-nicas, define como “ambicioso” o plan e destaca que posibilita un po-lígono industrial, “semente dunha fonte de traballo no futuro de Trazo”. Pero sobre todo menciona que cando entre en vigor “dará servizo de forma inmediata ás explotacións gandeiras, que a día de hoxe son o sostén eco-nómico e fonte de traballo e riqueza”. Non esquece tampouco a regulación de plantacións forestais ou a preser-

vación do patrimonio histórico e na-tural, nos que ve unha fonte de ingre-sos crecente a medio prazo.

O mandatario tracense anima aos veciños a participar no proceso de exposición pública. “Quero e espero que haxa moitas alegacións, eso será unha proba da participación dos veci-ños nun documento que unicamente pretende estar ao seu servizo”, ase-gura Dafonte, que anticipa que se tratará de que as alegacións teñan cabida no plan. Eso si, sempre aten-dendo os criterios legais.

O rexedor de Trazo cre que se-ría “complicado aventurar unha data exacta” para a aprobación definitiva do PXOM, xa que “non é un proceso que dependa unicamente do Conce-llo ou da súa vontade”, ao intervir ta-mén outras administracións, funda-mentalmente a Xunta.

LIORTA pOLÍTICAA tramitación do PXOM non é

allea á controversia política. Os socia-listas, única oposición con represen-tación en Trazo, opuxéronse porque

parécelles que se elaborou “con es-curantismo e sen ter en conta os veci-ños”. Para Dafonte, o que realmente sucede é que o PSOE “oponse por sis-tema a todo” e carece de “sentido da responsabilidade”. Bota en falta que presentasen propostas ou iniciativas e por eso conclúe que “o único que pretenden co PXOM non é darlles

servizo aos veciños, senón desgastar o alcalde”. “Pero os veciños xa saben como actúan”, revela Dafonte.

O Concello desmente calquera “escurantismo” explicando que pu-blicitou a exposición pública nos xor-nais de maior tirada da provincia e no Diario Oficial de Galicia. “Eso é o que marca a lei e sen embargo nós imos máis aló”, remitindo un bando infor-mativo a todos os domicilios, organi-zando charlas informativas, poñendo técnicos a disposición da cidadanía para axudar nas alegacións e difun-dindo o proceso nas redes sociais.

Os socialistas tamén botaron man na súa crítica do informe previo á aprobación inicial elaborado pola Xunta. A súa portavoz, Beatriz Do-mínguez, veo “demoledor” e augura incluso que “Dafonte sabe que non llo van aprobar” polas “graves eivas” que, di o PSOE, presenta.

O alcalde precisa que en realidade o que fai a administración autonó-mica é informar de varias “puntuali-zacións” que o documento recollerá para acadar a aprobación definitiva. “É un informe que se ten que atender pero non impide que o proceso siga adiante”, explica Dafonte, que lem-bra que estes informes son habituais na tramitación de calquera PXOM. De feito, o de Trazo é dos máis sinxelos. O alcalde pensa que o PSOE sabe que mente e lamenta que só “busquen o titular” sen aportar nada.

Vista da rúa principal de Viaño Pequeno

trazo expón ao público o Plan Xeral sobre o que asentará o seu futuro

TRAZO O alcalde destaca que posibilita un polígono industrial e serve as granxas

Page 9: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014 9

O Concello de Cerceda concluíu as obras de rehabilitación da escola uni-taria das Encrobas como local social, dentro dunha serie de accións para recuperar este tipo de infraestrutu-ras para uso veciñal.

O propio goberno recoñeceu que era unha das escolas que peor estado presentaba, con fendas interiores e exteriores “que ponían en peligro la estructura del edificio”, afirman. O investimento foi de 17.000 euros en traballos para evitar filtracións de auga, ademais de mellorar os aseos e o cadro eléctrico. Unha das tarefas máis destacadas foi a nova beirarrúa a nivel, cunha nova reixa no chan que recolle a chuvia para derivala fóra da zona, evitando a entrada no local.

Previamente, o Concello xa reha-bilitara a escola da Silva, mediante unha escola obradoiro e un cambio posterior da carpintería exterior. Na escola de Meirama melloraron as au-las existentes, cambiaron os accesos e unha zona axardinada e nestes úl-timos días avanzaron os traballos de renovación da carpintería exterior. E

tamén na escola de Rodís se substi-tuíu a carpintería exterior, se ben o edificio segue pendente dunha obra de reforma.

A concelleira de Cultura, Begoña

Rodríguez Rumbo, destacou na súa visita ao local das Encrobas a impor-tancia de manter en bo estado os edificios municipais “posto que nos pertencen a todos”.

conclúe a rehabilitación da antiga escola das encrobas como local social

CERCEDA O Concello interviu tamén nas escolas da Silva, de Meirama e de Rodís

A concelleira de Cultura, Begoña Rodríguez Rumbo, na escola das Encrobas

Os socialistas celebran a súa festa anual na Penateixa con ambiente de precampaña

OROSO

Os socialistas de Oroso cele-braron a súa festa anual na pa-raxe da Penateixa, cunha asisten-cia que cifran nunhas 450 persoas e que ven a máis multitudinaria de todas cantas levan organizadas.

A celebración, coa asisten-cia da secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, entre outros, tivo un marcado ambiente de precampaña. O secretario xeral local e alcalde, Manuel Mirás, ata-cou o PP no municipio, ao que viu “preocupado polo moito que es-tamos a facer os socialistas”. Men-cionou o novo CEIP, a gardería ou o enlace da AP-9.

Asistiron preto de 450 persoas

Page 10: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

10

ActuAlidAde

crónicas - Setembro 2014

- Recentemente publicouse na re-vista Frontiers in Oncology un traba-llo teu, relativo ao comportamento de tumores cerebrais. Cal é o princi-pal descubrimento da investigación?

- Nese traballo describimos unha serie de vías que usa ese tumor para ter un comportamento agresivo. Normalmente os meninxiomas son benignos, pero unha porcentaxe va-riable deles convértense en cance-ríxenos e iso confírelles un peor prog-nóstico. Este traballo permite divisar certos puntos claves para bloquear a progresión do tumor e, polo tanto, abre a porta a crear terapias indivi-dualizadas no futuro.

- Que aplicación práctica podería ter? Vas poder desenvolvela?

- A súa aplicación práctica será a de poder estudar como responde o tumor ante o bloqueo desas vías ce-lulares, de cara a crear novas tera-pias efectivas contra el. Ademais, o traballo tamén pode ser útil para po-der predicir o comportamento que vai ter un meninxioma cando aínda é benigno. Espero poder desenvolver esas estratexias nos próximos anos aquí, en España.

- Boa parte da indagación sustén-tase na utilización da bioinformática como ferramenta. A clave da medi-cina do futuro está, para entender-nos, en ‘reducir’ todo a ceros e uns para poder comprender a realidade e a partir de aí intervir?

- A informática é o futuro e, en boa parte, o presente da medicina en certos campos. Cando imos ao hospi-tal a que nos saquen unha radiogra-fía ou a que nos fagan un TAC hai un programa informático que se encarga de procesar todos os datos recollidos e reconstruílos nun ordenador con múltiples vantaxes con respecto á ra-diografía tradicional. Ademais, exis-ten programas informáticos feitos para diagnosticar ao doente a través da información que se pode obter na exploración clínica e nas probas ana-líticas ou de imaxe que se lle fagan.

Agora mesmo estou facendo un traballo con secuencias do xenoma humano de diferentes pacientes, e para cada un deles teño unha me-dia de 50 millóns de secuencias to-talmente desordenadas! Sen a capa-cidade dun ordenador sería imposi-ble analizar todo isto. Na medicina

témonos que acostumar a botar man da computación para mellorar a nosa capacidade de detectar sucesos que para o ollo humano pasarían des-apercibidos.

- Ti aprendiches bioinformática pola túa conta. Ademais do teu evi-dente interese, debeuse a que o sis-tema educativo non o facilita? Está demasiado encorsetado ou deixa abano suficiente para formarse se-gundo os intereses de cada persoa?

- Teño que recoñecer que teño un interese “inusual” pola investigación e iso móveme a aprender novas cou-sas por min só constantemente. Po-rén, o sistema educativo non é o su-ficientemente flexible nos progra-mas de aprendizaxe para incentivar ao alumno a formarse naquilo que máis lle gusta. Todo o contrario que noutros países, como no Canadá, onde existe unha grandísima diver-sidade de cursos para que o alumno poida orientarse aos campos que máis lle interesan. Como consecuen-cia, en Galicia pérdese moito ta-lento e, a medio e longo prazo, iso nótase na econo-mía.

- De onde pro-cede o teu interese pola ciencia?

- A ciencia sempre me gustou, dende pequeniño. A verdade é que me sinto apaixoado polo que fago, e iso colabora a que todo sexa moito máis fácil. En todo caso, non me sen-tín tentado a facer investigación cien-tífica ata que descubrín o mundo da bioinformática e, con ela, a potencia-lidade de explotar as bases de datos públicas.

- É doado dedicarse á investiga-ción? Cales son as principais trabas?

- Non é doado, no meu caso non teño nada de financiamento e limí-tame en certos aspectos; pero a ne-cesidade agudiza o enxeño. Porén, rara vez se ve a un científico espa-ñol facer autocrítica das cousas que se fixeron mal no sector en España cando había moita inversión pública. Por exemplo, non se creou un tecido empresarial sólido, aínda que todas as universidades repiten como un mantra que “hai que fortalecer a re-lación entre a Universidade e a em-presa”. Ademais, a investigación no

sector público está moi xerarqui-zada, ou “pasas polo aro” do sistema que teñen montado ou te vas fóra. A xente ás veces tende a idolatrar os científicos, pero somos persoas de carne e óso como calquera. Na miña opinión, na ciencia en moitas Univer-sidades existe explotación dos xóve-nes talentos para o beneficio duns poucos. Esa é a outra cara que non interesa que se vexa, e ese é o motivo de que esteamos nunha situación de

falta de competi-tividade e pobre impacto sobre a economía es-pañola. Despois non nos pode-mos estrañar de

que en épocas de “vacas fracas” haxa recortes, xa que se non aportamos nada non podemos esperar moito.

- Por onde vas orientar a túa ca-rreira profesional? Ves posibilidades de desenvolvela aquí?

- Penso orientar a miña carreira profesional cara o sector do em-prendemento biotecnolóxico. Estou comprometido persoalmente a fa-vorecer o cambio de modelo eco-nómico español a traveś do coñece-mento e quero achegar o meu grao de area. Actualmente promovo un proxecto empresarial biotecnolóxico para a creación de fármacos basea-dos na nanotecnoloxía e na terapia xénica, que son os tratamentos do futuro e onde máis diñeiro se vai mo-ver. E ademais creo que iso é perfec-tamente viable en España, aínda que sempre é necesario algo de colabora-ción das institucións públicas.

- Que apoios agardas recibir?- Actualmente contamos cunha

ampla rede de fondos de inversión e inversores particulares interesa-

dos no proxecto, e cada día suma-mos alguén máis. Ademais, dende o Goberno central contactaron con nós para darnos as felicitacións polo éxito que tivemos. Esperamos que o Estado poida contribuír nalgunha forma a levalo a cabo, xa que é nece-sario asentar a base dun sector que a medio prazo pode atraer moita in-versión e crear moito traballo en Es-paña. Polo de agora recibimos unha felicitación do equipo de presiden-cia do Goberno español e estamos en contacto directo para ver as opor-tunidades de colaboración que exis-ten. Todo o contrario ocorre coa pre-sidencia da Xunta de Galicia, que nin sequera se dignou a responder aos nosos intentos de comunicación. Su-poño que reflicten diferentes for-mas de entender a política, a inves-tigación e a economía. Ao longo dos próximos meses veremos como evo-lucionan estas tendencias, aínda que teño que recoñecer que son bastante optimista.

- Son este tipo de iniciativas como a túa as que deben protago-nizar o novo modelo económico do que tanto se fala, o da sociedade do coñecemento, ou non damos supe-rado o modelo do cemento?

- Temos que cambiar o ladrillo pola neurona. Non só o digo eu, ta-mén o di a OCDE. Creo firmemente que o sistema de I+D en España ne-cesita unha reforma que favoreza de forma activa a creación de empresas e a súa participación nas redes de in-vestigación públicas. Algo semellante estase a facer na UE e está funcio-nando ben. O resultado último des-tas iniciativas é conseguir unha eco-nomía máis parecida a Canadá, Ale-mania ou EEUU que a que temos ac-tualmente.

ENTREVISTA Adrián Mosquera Orgueira, médico e investigador da xenómica do cancro, do Mesón do Vento

“temos que cambiar o ladrillo pola neurona”Licenciado en Medicina en 2013 pola Universidade de Santiago, agora preparando o MIR e inmerso en varios traballos de investigación propios, aos seus 25 anos Adrián Mosquera Orgueira di ter pouco tempo libre pero gozar moito co que fai. Moi autodidacta, investiga a xenómica do cancro con resultados moi prometedores e promove unha empresa biotecnolóxica. O futuro.

Mosquera estudou primaria no Mesón, a ESO no Maruxa Mallo e Bacharelato no IES-1

“O Goberno español felici-tounos polo proxecto e es-tamos en contacto, a Xunta nin se dignou a responder”

Page 11: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

PuBlicidAde

crónicas - Setembro 2014 11

Page 12: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

12

eSPeciAl

crónicas - Setembro 2014

colecciono moscas. e que?

Tardaba en aparecer entre as clásicas entregas de modelismo o fantástico mustang. Cando remates e montalo ao mellor xa

volve cumprir 45 anos. Pero de non o ter no garaxe, polo menos na vitrina. Oferta de www.planetadeagostini.es.

As pedras son outro clásico. Aforras un montón de camiñadas e quedas como un señor, ou señora,

cos peques se les os pés de foto dos fascículos que acompañan á caixiña dos minerais. www.rbacoleccio-nables.com

Hai trinta anos que os Golpes Bajos lanzaban este impactante título dentro do seu álbume “A Santa Compaña”. Coa chegada do outono chega o furor coleccionable e as editoriais téntanos con ofertas variopintas

Seguro que estás pensando en dicirllo ao teu fillo: “Luke, eu son o teu pai”, en canto viches a oferta do coleccionable de Planeta de

Agostini (de onde proceden os extraterrestres dos chistes de taber-na). Pois a verdade é que poderás ter unha bela colección de cascos de toda a saga, pero ollo, son a escala. Máis información en www.planetadeagostini.es

TEXTO: P. Leis

Os días acúrtanse e os tons plúmbeos van gañando espazo na paleta do amañecer diario. Volta á rutina despois do descanso estival. Ante este desolador panorama para moitas persoas, a alternativa é formu-larse unha distracción, un hobbie.

Pero como pasa cos propósitos de fin de ano, a maioría non posuímos o don da constancia nin estamos dotados das habilidades que se re-quiren para a marquetaría, o punto de cruz ou a pintura ao óleo.

COLECCIóNS CONTRA O DESENCANTO pOST VACACIONAL

Como sucede co noso control de peso, a forza de vontade abandó-nanos e buscamos atallos. As editoriais sábeno. As coleccións son como as “axudas milagre” dos fracasados da bricolaxe, o modelismo, e outras miles de nobres afeccións das que os hábiles editores nos ofrecen sucedáneos”.

De que se non iamos esperar unha semana para ensamblar peza a peza a “Raíña dos mares”, especialmente ti, que na vida viches unha goleta.

Os mercaderes no templo? Sen entrar

en xulgar os vínculos relixiosos e comerciais, esta colección de Salvat ofrece unha colección “dos rosarios máis anti-gos e universais, obxec-tos preciosos e cheos de historia para coleccionar e conservar”

Page 13: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

eSPeciAl

crónicas - Setembro 2014 13

colecciono moscas. e que?

Estas colecciónes non son para presas. As editoriais sábeno e premian os seus clientes por queimar etapas ou subscribirse. Pero observa que non cren que vaias usar a tarteira ata a decimosétima semana!

Os Bechos do National Geo-grafic son outra das colec-

cións que poderás facer a partir deste mes. É unha aposta de RBA.

Hai trinta anos que os Golpes Bajos lanzaban este impactante título dentro do seu álbume “A Santa Compaña”. Coa chegada do outono chega o furor coleccionable e as editoriais téntanos con ofertas variopintas

pARA FREAKIES E MARCIANOS, pERO O QUE ESTEA LIBRE DE pECADO...

A continuación ofrecémosvos as propostas máis freak do mercado edi-torial para o outono de 2014. Cascos de Stars Wars, coches clásicos, pedras, bichos... Hai unha morea de cousas para elixir como encher de cachibaches o teu fogar, e conseguir así o compracente sorriso da túa parella.

Pode que non o confesemos pero a todos se nos pasou pola cabeza, máis dunha vez, iniciar unha destas apaixonantes coleccións. E mes-mo repetimos, a pesar de sufrir o desengano cos tamaños, acabados e calidades das pezas que se propoñen nos anuncios e neses enormes cartóns que adornan e envolven os primeiros números.

Por suposto a día de hoxe todo é máis doado na rede. Alí tamén en-contramos amantes da colección cos que compartir a nosa oculta paixón polas miniteteiras do mundo. Recomendamos a lectura do se-guinte post: http://artilogio.com/teteras-de-colecci%C3%B3n-de-la-experiencia-del-t%C3%A9_93bb8.html

Efectivamente,os cascos de moto

GP son do ano pasa-do. Pero continúan este ano e o que che roldarei morena!

Sempre convén botar un vistazo

á web da editorial e mirar se as entregas se adaptan á nosa paciencia e presu-posto.

Page 14: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

14

ecONOMíA

crónicas - Setembro 2014

A creación de novas empresas na comarca de Ordes non está repun-tando este ano. Ata agosto, incluído, constituíronse na bisbarra 29 socie-dades, fronte ás 33 dos oito primei-ros meses de 2013 e as 29 no mesmo período de 2012. Así o recollen os datos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, recompilados polo Insti-tuto Galego de Estatística (IGE).

A inmensa maioría das socieda-des mercantís creadas nos sete muni-cipios son limitadas. Desde 2012 ata agora non se creou ningunha anó-nima, 118 adoptaron a forma de S.L. (44 en 2012, 46 en 2013 e 28 no que vai de 2014), e só dúas responden a outras fórmulas societarias.

Por concellos, os máis puxantes en canto á creación de novas em-presas no que vai de ano son Ordes, con once, e Oroso, con dez, segui-dos de Mesía, con catro. Trazo e Fra-des rexistraron dúas cada un, men-

tres que en en Tordoia e en Cerceda non consta ningunha nova sociedade mercantil.

Mentres que a escasa ou nula ac-tividade non sorprende en Trazo, Tor-doia ou Frades, si que chama a aten-ción o de Cerceda, que en 2012 vira

nacer nove empresas e en 2013 dez. O comportamento da comarca or-

dense no que vai de ano é moi simi-lar ao do conxunto de Galicia, tamén sen indicios dun repunte económico neste ámbito. No que vai de ano, en todo o país constituíronse 2.892 so-ciedades mercantís. No mesmo pe-ríodo de 2013 foran 2.936, e nos oito primeiros meses de 2012 a cifra fora de 2.897.

Segundo o IGE, o capital medio co que se creou unha empresa no que vai de ano en Galicia é de 16.077 euros. Concretando por tipoloxías, as sociedades anónimas precisaron unha media de 60.000 euros para o seu nacemento, as sociedades limita-das situáronse en 15.799 euros e as outras fórmulas societarias rondan os 11.523 euros. Por sectores, co-mercio (30,3%), hostalaría (14,5%), e industria e enerxía (10,4%) encabe-zan as novas compañías.

A creación de empresas na bisbarra mingua levemente con respecto a 2013

COMARCA Ordes, Oroso e Mesía son os municipios máis puxantes no rexistro

Cada nova empresa custou 16.077 euros

Acelérase a caída dos prezos, mentres a UE admitiría axudas pola desaparición das cotas

LEITE

Os prezos do leite en orixe vol-ven caer en barrena. Despois duns meses de relativa tranquilidade en 2013, no que vai de ano non hai practicamente ningunha boa noti-cia para os gandeiros da comarca. En xullo, as cotizacións caeron ata os 33,7 céntimos de euro por litro de media en Galicia.

Deste xeito, Galicia é por pri-meira vez a autonomía onde peor se paga o leite, pese a ser a que máis produce. A media española está en 35 céntimos, a europea en 38 céntimos e países como Ho-landa e Dinamarca acadan medias de 39 e 41 céntimos.

Á vista destas cifras, os sindi-catos agrarios estiman que o 70% das explotacións volven vender leite por debaixo dos custos de produción. Critican que se estea debilitando o sector, cun peche de granxas galopante, xusto cando debería gañar forzar para compe-tir nun escenario sen cotas, den-tro de medio ano. En Unións Agra-rias comparan con Francia, onde ademais de permanecer a produ-ción, as explotacións e os empre-gos, o volume de axudas por gan-deiro duplica o galego.

En relación coa desaparición das cotas, a Comisión Europea asegurou que as posibles axudas que se concedan dependen dos Estados, segundo unha resposta ofrecida ao eurodeputado socia-lista galego José Blanco.

E A TI, QUE CHE pARECE?VANESASi. É un moi bo

momento. En tempos de ne-cesidade aflora a creatividade. O maior obstá-culo son as cotas de autónomos, desproporcionadas, máis se empezas de cero.

CARMENYo sí. Los tiem-

pos no son los me-jores, pero algo lla-mativo y que real-mente haga falta tendría que ir bien. La cuota de autó-nomos es muy alta. Deberían ayudar más a la gente emprendedora.

ANA ISABELSe non teño

outro traballo, si. Hai que buscar al-ternativas. Todo é arriscado, pero se non te propos nada... O maior obstáculo é o diñeiro, todo o que tes que pagar só para abrir.

CREARÍAS A TÚA pROpIA EMpRESA?

Page 15: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

XeNte de Aquí

crónicas - Setembro 2014 15

De Chernóbil ata Ordes para ter unhas vacacións saudables

Este foi o quinto ano conse-cuti vo que a nena rusa Anasta-sia A. pasou as súas vacacións es-ti vais cunha familia de acollida en Ordes. Son só unhas semanas, pero teñen moita máis importan-cia da que aparentan, xa que a ra-paza procede da zona de Chernó-bil, afectada polas consecuencias dos escapes radiacti vos do acci-dente da central nuclear en 1986. Estí mase que cada tempada que pasa lonxe da súa casa a súa es-peranza de vida increméntase en dous anos.

E como ela outros 64 nenos e nenas de entre oito e dezasete anos, que parti ciparon nun pro-grama autonómico que facilita este ti po de desprazamentos e es-tancias con familias de acollida.

No caso de Anastasia A., ti vo tempo a pasalo ben con todo ti po de acti vidades. Foi frecuente vela unha vez máis na biblioteca muni-cipal e nos cursos de natación da piscina, nos que obti vo o corres-pondente diploma.

A rapaza foi recibida tamén

polo goberno municipal na Casa do Concello. O alcalde, Manuel Regos, e o concelleiro de Depor-tes, Roberto Iglesias, entregáronlle os diplomas e as medallas de na-tación e desexáronlle moita sorte, agardando o seu retorno en 2015.

ORDES

O verán ordense concluíu entre diplomas, medallas e bocatas

A xornada de clausura das es-colas de verán e dos cursos de na-tación do Concello de Ordes con-tou coa parti cipación duns 150 menores na piscina do Muíño.

O remate destas acti vidades de conciliación e de promoción do deporte consisti u nunha festa con xincanas, xogos e probas fí si-cas e de habilidade preparada po-los monitores que durante o verán atenderon os cati vos.

Ademais, desenvolveuse a campaña autonómica ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, para a promo-ción de hábitos alimenti cios sau-dables, en concreto do consumo de conservas de produtos do mar. O alcalde, Manuel Regos, e os edís Silvia Marín e Roberto Iglesias, acudiron á xornada de clausura cos máis pequenos e entregáron-lles as medallas e os diplomas de parti cipación.

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia, sen tempo a aburrirse

ORDES

Regos, Anastasia e Iglesias

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Alfonso Senra, 144ORDES 981 688 366

20% 30% 40% 50%

outlet

CrónicasO mellor escaparate para o seu negocio na comarca de Ordes

617 917 130 / [email protected]

Page 16: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

16

XeNte de Aquí

crónicas - Setembro 2014

Saída municipal pola paisaxe e a gastronomía das Rías Baixas

Veciños e veciñas de Frades ti-veron ocasión de coñecer a Ría de Arousa nunha excursión organi-zada polo Concello.

A viaxe levounos primeiro á illa da Toxa, para despois efectuar un paseo en catamarán desde O Grove pola ría. Trátase dunha das atraccións máis recorrentes dos

visitantes a esa zona, recoñecida pola calidade dos seus mariscos e dos seus viños brancos.

E despois do xantar, os excur-sionistas fradenses tiveron tempo aínda para coñecer Combarro e pasear polo seu conxunto histó-rico e artístico de gran valor patri-monial.

Participantes na excursión de Frades, preto do catamarán que navega pola ría

FRADES

A Semana Cultural ofreceu ocio para toda a familia en Sigüeiro

Números de teatro, maxia, mo-nicreques, música, contacontos, excursións, xogos, cursiños e ata un exitoso obradoiro infantil de decoración en repostaría. A pro-gramación da Semana Cultural de Oroso levou ata Sigüeiro unhas vinte propostas diferentes que en-cheron de ocio as xornadas de va-

cacións e ocio de toda a familia. Mais as propostas culturais non

se deteñen e ata este 24 de setem-bro continúa aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros do curso 2014/2015, con clases de debuxo e pintura, cestería, patchwork, tra-ballos manuais, labores, fotogra-fía, repostaría, teatro ou baile.

OROSO

Espectáculo de acrobacias aéreas que lle puxo o punto final á programación

Percorrido pola Mariña de Lugo para máis de trescentos maiores

Algo máis de trescentos veci-ños e veciñas de Tordoia, perten-centes ao colectivo da terceira idade, participaron na excursión organizada especificamente para eles polo Concello.

O destino escollido este ano foi

a Mariña de Lugo. Tiveron ocasión de coñecer Ribadeo, a emblemá-tica praia das Catedrais e tamén a localidade de Mondoñedo, coñe-cida por ser o berce de Álvaro Cun-queiro, pola súa catedral e, desde outra óptica, polas súas tortas.

TORDOIA

A romaxe das Virtudes perde xa a conta dos participantes

Polo menos 5.000 persoas, e quen sabe cantas máis. A ro-maxe das Virtudes, en Vitre (Fra-des), ratificouse neste 2014 como unha das festas más concorridas da comarca. A comisión organi-zadora confirmou que se ocupa-ron as duascentas reservas de es-pazo e estima unha media supe-rior a vinte en cada unha delas.

E a maiores están innumerables grupos que se instalaron pola súa conta, sen reserva, pola contorna.

Comida e bebida desde o me-diodía ata agotar existencias con-verten a romaxe nunha macro-festa na que os actos relixiosos, aínda sendo moi concorridos, co-mezan a ser máis unha escusa que un motivo.

Os actos relixiosos empezan a quedar diluídos no medio da macrofesta

FRADES

Participantes dunha das saídas municipais, na praia das Catedrais

Page 17: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

XeNte de Aquí

crónicas - Setembro 2014 17

ORDES O Concello fai un balance “positivo” e na rúa piden máis imaxinación

catro días de festa a todo ritmoOrdes viviu con intensidade as

súas festas patronais, con catro días continuos de celebracións e diver-sas actividades complementarias nos días previos.

Para o Concello, o balance de par-ticipación e asistencia é “máis que satisfactorio”, con milleiros de per-soas nas misas e procesións, nas atraccións para a infancia e nas ac-tuacións musicais de sesión vermú e de verbena nocturna.

O goberno local destaca espe-cialmente as actuacións das orques-tras Alarma, Palladium, Pontevedra, Armonía Show ou Sintonía de Vigo. Pero sobre todo menciona a verbena conxunta coas formacións Panorama e Bahía Blanca, que lles puxeron o punto final ás festas, cunha asisten-cia que tería superado as 6.000 per-soas, segundo o Concello.

Non obstante, non todas as valo-racións a pé de rúa foron tan optimis-tas. Se ben boa parte da sociedade e dos establecementos viron acepta-bles as celebracións e comprenden as limitacións impostas pola crise económica, que non permiten gran-des dispendios, outros lembran que as patronais de anos atrás atraían

moito máis público. Cren que entón si estaban á altura do que debe ser Ordes como capital comarcal, cues-tión que agora poñen en dúbida. E outros aseguran que facer unhas fes-tas mellores e máis atractivas non supón necesariamente gastar máis cartos, senón esforzarse en artellar unha programación imaxinativa para públicos de diversos ámbitos.

A procesión do 15 de agosto móvese na fronteira entre acto relixioso e social

A actuación da orquestra Panorama púxolle o punto final ás festas patronais

Nas xornadas previas ás festas pa-tronais, a vila ordense acolleu a sexta edición do Día da Muiñeira, que su-perou os 400 espectadores. A cele-bración, na Alameda, contou coa par-ticipación da agrupación folclórica e cultural Sementes da Arte, da Escola

de Música e Baile Tradicional de Me-sía, do grupo de danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, das pande-reiteiras Somós Nós, e do grupo de gaitas Os Viqueiras. Antes da actua-ción na Alameda, todos os grupos ofreceron un pasarrúas.

A homenaxe que o Conce-llo de Ordes lles rende aos emi-grantes nas festas patronais tivo este ano como protago-nista a Andrés Lata, natural de Frades, emigrado a Suíza nos oi-tenta e con residencia na Fraga da Galiña (Ordes). Recibiu unha placa de mans do alcalde, e houbo misa con ofrenda floral.

Andrés lata, protagonista este ano

DÍA DO EMIGRANTE

Page 18: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

18

XeNte de Aquí

crónicas - Setembro 2014

Xincana de xogos e lanzamento de escuma na Festa da Auga

A Festa da Auga do Concello de Mesía, celebrada nunha xor-nada soleada, animou os nume-rosos participantes cunha xincana de xogos acuáticos na piscina pú-blica municipal e no seu campo contiguo.

Ademais, instaláronse elemen-tos inchables desde os que po-ñer a proba o equilibrio e tirarse a auga. O evento rematou coa clásica festa da escuma, á que se sumaron tanto pequenos como maiores.

As instalacións da piscina de Mesía están moi concorridas todos os veráns

MESÍA

Tres intentos para unha Festa da Auga que se fixo agardar

Unha avaría na máquina lan-zadora de escuma no día inicial-mente previsto e a chuvia na se-gunda data programada fixeron bo o dito de que ‘á terceira vai a ven-cida’ no caso da Festa da Auga do Concello de Frades.

Ao terceiro intento, deceas de nenos e nenas puideron pasalo ao

grande co tobogán acuático e cos xogos inchables situados na pis-cina de Papucín, reservando unha pequena piscina portátil para os máis pequenos. E por suposto non faltou o lanzamento de escuma fi-nal, que sempre chama a atención do público infantil e acaba por im-plicar tamén os maiores.

FRADES

A avaría da lanzadeira de escuma obrigou a pospoñer a festa o primeiro día

A Festa do Neno divirte máis de cen participantes

A Festa do Neno de Tordoia mobilizou máis de cen participan-tes na piscina municipal e nos seus espazos anexos. O Concello pre-parou para esta celebración, que ten lugar cada verán, diversos xo-gos inchables e acuáticos, obra-

doiros de maquillaxe e moitos outros divertimentos. As activida-des concluíron cunha festa da es-cuma, que en pouco tempo cubriu de branco a todos os participantes e aos familiares que se achegaron para acompañalos.

TORDOIA

O Día do Neno de Ordes tivo que celebrarse a cuberto

O Día do Neno 2014 de Ordes tivo que celebrarse a cuberto por mor das condicións meteorolóxi-cas. Deste xeito, a diversión tras-ladouse desde o Campo da Feira, a ubicación habitual, ata o pavillón do Campomaior.

Pero o cambio de empraza-mento non desmotivou os cen-

tos de participantes, que durante toda unha tarde se divertiron coas atraccións e xogos organizados. In-chables, zancudos, colchonetas, ou obradoiros sobre vidro, maqui-llaxe ou pintura conformaron as actividades da xornada, que cul-minou cunha festa da escuma no patio do Campomaior.

Centos de nenos e nenas xogaron coas atraccións no pavillón do Campomaior

ORDES

O lanzamento de escuma foi a actividade que máis lles gustou aos nenos

Page 19: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

XeNte de Aquí

crónicas - Setembro 2014 19

Churrascada e xogos de balde na Festa da Xuventude fradense

A Festa da Xuventude de Frades concitou decenas de participantes na área recreativa dos Pasos. Du-rante a xornada, a mocidade local compartiu unha churrascada gra-tuíta e entretívose nunha xincana de xogos, algúns sobre terra firme e outros na auga, aproveitando a presencia do río Tambre. Obstá-

culos de estadas, campos de neu-máticos ou balas de palla escala-bles foron algúns dos retos fóra da auga, mentres que os que se lan-zaron ao río puideron atravesalo en botes inchables, pugnar por ti-rar o rival ao río ou camiñar sobre un madeiro tratando de comple-talo sen caer á auga.

Os xogos no Tambre foron unha das peculiaridades da festa

FRADES

Grandes doses de espectáculo na tradicional malla de Ardemil

Pode parecer que a recreación da malla tradicional de Ardemil (Ordes) é pura monotonía, todos anos o mesmo. Pero nada máis lonxe da realidade. Aínda que as tarefas da malla en si mesmas non teñen nada de innovador, os or-ganizadores, a asociación Castro da Croa, bótanlle cada ano máis

imaxinación e esforzo para conse-guir un espectáculo que atrae cen-tos de persoas. O máis destacado deste ano foi a chegada dos xor-naleiros nun avión moi ben feito... ao que só lle faltaba voar. Non fal-taron as exposicións de antigüida-des, a música, o xantar ou a con-centración de tractores vintage.

ORDES

Curiosos e nostálxicos son o principal público da Festa da Malla de Ardemil

celébrase a décima romaxe ‘Por un mundo rural vivo’

COMARCA Na contorna da estación da Pontraga

A contorna da antiga estación fe-rroviaria da Pontraga, no límite entre Ordes e Tordoia, foi o escenario da décima romaxe ‘Por un mundo rural vivo’, organizada polo Sindicato La-brego Galego da comarca de Ordes.

A celebración comezou cun xan-tar tradicional, que deu paso durante a tarde a competicións con xogos tra-dicionais, música e mesmo o sorteo

dun año para as persoas que partici-paron.

Aberto tanto a persoas afilia-das como non afiliadas ao SLG, este evento ten lugar cada ano, está con-cebido como unha “unha festa de ir-mandade labrega” e serve para que os participantes se divirtan e com-partan as inquedanzas do sector agrogandeiro na comarca. As actuacións musicais da festa na Pontraga animaron a pequenos e maiores

A exposición GóisOrosoArte 2014 abre ata o 3 de outubro no centro cultural de Sigüeiro. A mostra reco-lle 65 pezas de pintura e escultura, 40 de artistas galegos e 25 de artis-tas portugueses e doutras naciona-lidades. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou a calidade da obra presentada, na inauguración xunto ás autoridades da localidade de Góis, irmandada con Oroso. Alumnado da Aula de Música actuou no acto.

GóisOrosoArte 2014, aberto ata o 3 de outubroOROSO Exposición en Sigüeiro coas obras de 65 artistas portugueses e galegos

Chega a tradicional festa do 24 a Poulo

ORDES

A parroquia de Poulo celebra estes mércores 24 e xoves 25 de setembro as festas na honra da Virxe da Mercede, con actos re-lixiosos na capela situada no lugar da Calle e os tradicionais xantares de campo. O primeiro día actúan Fania Blanco Show e Combo Do-minicano e o segundo unha agru-pación musical á saída da misa e Sintonía de Vigo á noite.

Page 20: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

20

dePORteS

crónicas - Setembro 2014

O Sigüeiro A, campión do Xii torneo do concello

FÚTBOL Derrotou na final ao Sigüeiro B

O Sigüeiro A proclamouse cam-pión do XII Torneo de Fútbol do Con-cello de Oroso, disputado no campo municipal en Deixebre.

Os gañadores impuxéronse na fi-nal aos seus compañeiros do Sigüeiro B, cun resultado de 0 a 2. O Sigüeiro A accedera á final tras vencer na pri-meira das semifinais da competición á S.D. Deixebre (0-1), mentres que o

Sigüeiro B lograra o pase á final ga-ñándolle á E.D. Oroso (1-2).

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, e concelleiro de Deportes, Luís Rey, encargáronse de entregarlles os trofeos ao campión e ao subcam-pión. Ademais, os dous representan-tes municipais desexáronlles sorte e éxitos aos futbolistas na tempada de liga recén iniciada.O resultado da final foi de cero goles a dous, en favor do Sigüeiro A

O Oroso TM afronta cunha se-rie de reforzos o calendario de competicións que comeza o 4 de outubro. O club cre que é a tem-pada “máis importante” dos seus oito anos de existencia, tras aca-dar na pasada campaña catro as-censos en ligas nacionais, entre eles á máxima categoría da Super División Masculina.

Os reforzos veñen en boa me-dida da canteira e dos xóvenes va-lores, que permitiron posicionar o Oroso TM no máis alto. Por eso, renovaron a Javier Obelleiro, xo-gador formado na propia entidade e que agora tamén se integrará no equipo técnico como responsable dos xogadores máis novos, e ao nixeriano Lawal Abiodun, cunha ampla experiencia internacional.

Destaca tamén o acordo do Oroso TM co internacional sub23 Javier Benito, procedente do CDTM Rivas, e integrante da selec-ción española.

TORNEOS ESTIVAISAínda que a tempada comeza

dentro duns días, nas últimas se-manas xa se foron disputando di-versos torneos, habituais do calen-

dario de verán. Un dos máis desta-cados foi o do Albariño, en Cam-bados, pertencente ao Circuíto Galego. Na proba infantil mas-culina, Uxío Regueiro impúxose ao cambadés Martín Regueiro por 3-2. Camilo González e Lois Teixeira tamén chegaran ás semifi-nais, copadas así por tres xogado-res do Oroso TM.

No Torneo Cidade da Coruña, que tamén serviu de rodaxe para os xogadores, o Oroso TM acadou tres primeiros postos (Xandre Igle-sias en categoría alevín, Camilo González en infantil e Uxío Re-gueiro en xuvenil) e unha segunda praza (Silvia Álvarez na proba ab-soluta feminina).

E no Torneo Internacional de Oroso, destacan como logros as pratas para Naiara Couselo e Uxío Pampín en benxamíns, o ouro para Xandre Iglesias e Adán Calvo en alevíns, o bronce para Abril Gon-zález en alevín feminino, bronce para Camilo González en infantil, ouro para Uxío Regueiro e prata para Sara Martínez en xuvenil, bronce para Olaya Cea en sub23, ouro para Lawal Abiodun, bronce para Javier Obelleiro.

Reforzos no Oroso TM para afrontar a nova tempada

TENIS DE MESA A partir do 4 de outubro

O equipo, retratado no V Torneo Internacional do Concello de Oroso Campionato para Rivera e VieitesO campionato de pádel do Con-

cello de Frades deste ano viu como se proclamaban campións Carlos Rivera e Pedro Vieites. Impuxé-ronse na final a Javier Méndez e Jandro cun resultado de 4-6, 7-5 e 3-6. A organización entregoulles trofeos tanto aos gañadores como aos subcampións.

Cun total de oito parellas en liza, o torneo disputouse a xeito de liga ao mellor dun só set, pasando á seguinte fase os catro mellores. Esta foi a sexta edición do campio-nato municipal, que se xogou nas instalacións de pádel situadas en Papucín.

pÁDEL

cerceda celebra a súa Gala do deporte o vindeiro sábado 27

ACTO A partir das 19 horas no auditorio municipal

O Concello de Cerceda celebrará a súa Gala do Deporte o vindeiro sá-bado 27 de setembro a partir das 19 horas. O emprazamento escollido para este evento é o auditorio muni-cipal.

O acto servirá para recoñecer o labor dos deportistas de Cerceda

que máis destacaran polos seus éxi-tos durante a tempada 2013-2014 en distintas modalidades.

Segundo o programa anunciado pola administración local, na gala ac-tuará a ‘Banda del Camión’, para de-pois darlle paso á recepción dos de-portistas homenaxeados.

inscricións para a liga de OrdesFÚTBOL SALA Prazo aberto ata o 13 de outubro

O Concello de Ordes mantén aberto desde hai uns días o prazo de inscrición para os equipos que es-tean interesados en participar na súa liga local de fútbol sala na edición da nova tempada 2014-2015.

Todos os equipos que desexen

competir deberán ter en conta que o prazo remata o luns 13 de outubro. O lugar ao que deben dirixirse, e onde ofrecen máis información, é o depar-tamento municipal de Deportes, ubi-cado no primeiro andar da Casa do Concello.

Page 21: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

dePORteS

crónicas - Setembro 2014 21

O equipo da parroquia de Me-sía gañou o Torneo Interparroquial de Fútbol 2014 do Concello de Me-sía na categoría principal, a de fútbol 11. O subcampión foi o equipo da pa-rroquia de Olas. Na competición de fútbol 8, venceron os integrantes do equipo da parroquia de Cumbraos, mentres que os de Visantoña acada-ron a praza de subcampións.

300 ESpECTADORESNa categoría de fútbol 5, novidade

este ano, venceu o equipo de Mesía, co de Visantoña segundo. O Torneo Interparroquial de Fútbol 2014 de

Mesía foi seguido por máis de 300 es-pectadores ao longo de toda a xor-nada e contou co patrocinio de Coca-

Cola. Entregaron os trofeos o alcalde, Mariano Iglesias, e o concelleiro de Deportes, Iván Méndez.

Equipo da parroquia de Mesía, campión en fútbol 11 Integrantes do equipo de Olas, subcampións en fútbol 11

A parroquia de Cumbraos gañou na categoría de fútbol 8 Segundo posto en fútbol 8 para o equipo de Visantoña

Victorias para os equipos das parroquias de cumbraos e de Mesía

FÚTBOL O Torneo Interparroquial Concello de Mesía mobiliza máis de 300 espectadores no campo de Visantoña

O alcalde entrega o trofeo de campión

O Xadrez Oroso, entre os dez primeiros da pasada tempada

xADREZ Con notables éxitos individuais

O Club Xadrez Oroso clasificouse entre os dez primeiros equipos de entre sesenta de toda Galicia na pa-sada tempada, pese a ser novo en competición e medirse contra enti-dades moito máis veteranas.

A nivel individual, xadrecistas de Oroso colleitaron tamén importantes éxitos, como Carmen Míguez Pais, campioa sub-14 no derradeiro Tor-

neo de Lalín e no Circuíto Galicia Cen-tral; Sara Míguez Pais, campioa sub-18 en Lalín e campioa sub-18 do Cir-cuíto Galicia Central; e Martín Pena Varela, campión sub-14 en Lalín e subcampión sub-18 en Galicia Cen-tral.

O 3 de outubro comeza a nova tempada, coas clases do mestre de xadrez Roberto Patiño. Integrantes do Club Xadrez Oroso nun momento do Torneo de Lalin

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 22: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

22

dePORteS

crónicas - Setembro 2014

Mateo Fernández gaña o Torneo de Tenis do Concello de Mesía

Mateo Fernández venceu a Ma-nuel A. Gontán na final do Torneo de Tenis do Concello de Mesía, cun resultado de 6-3 e 6-1. Gontán xa fora subcampión o ano pasado.

O gañador accedeu á final tras vencer na súa semifinal a José A.

Gendra. O subcampión disputara a outra semifinal con Iago Couto.

Os trofeos do torneo, dispu-tado nas pistas do complexo de-portivo de Xanceda, entregounos o concelleiro de Deportes, Iván Méndez.

Os finalistas, cos seus trofeos e co concelleiro de Deportes de Mesía

TENIS

Frades celebra o seu Día da Bicicleta con dúas rutas distintas

O Día da Bicicleta de Frades congregou unhas sesenta persoas, cun percorrido de trece quilóme-tros para os maiores de once anos e outro de tres quilómetros e me-dio para os máis pequenos.

Acompañados por efectivos da

Garda Civil e dun vehículo do Con-cello, os do itinerario de maior lonxitude adentráronse en pistas forestais de Gafoi, Papucín, Vitre e Céltigos, sempre coa saída e a che-gada na Pontecarreira. Ao remate, sorteouse material deportivo.

BICICLETA

Algúns dos participantes na xornada sobre dúas rodas, a punto de saír

O equipo de Papucín procla-mouse campión do XVII Maratón de Fútbol 11 do Concello de Frades, ao impoñerse na final ao Xuventude cun resultado de 3-1. O Papucín aca-dou a final vencendo o Aiazo (3-0) e o Xuventude obtivo o pase derro-tando o Paboi (2-0). Na competición, no campo de fútbol de Abellá, parti-

ciparon oito equipos. Os dous goleadores máis desta-

cados do maratón foron Rivera, do Papucín, e Nicolás, do Xuventude, que marcaron cinco tantos cada un ao longo da competición e que por tanto compartiron o trofeo de máxi-mos anotadores.

Como porteiro máis eficaz, que só

recibiu un gol en todo o torneo, foi distinguido Saúl, do Papucín, equipo que contou todos os seus encontros por victorias.

Todos os equipos participantes recibiron un trofeo conmemorativo e a aliñación gañadora obtén como premio unha cea nun restaurante do municipio.

Por outra parte, na categoría ca-dete do maratón de fútbol 11 a vic-toria foi para o Santirso. Nun partido moi entretido, impúxose por 2-1 ao EDM Frades.

Entregaron os trofeos das dúas categorías do maratón o alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro Miguel Prado.

Os dous conxuntos que disputaron a final da categoría de fútbol 11

O Papucín imponse no maratón de fútbol de FradesFÚTBOL O Xuventude logrou ser subcampión e o Santirso levou a competición na categoría cadete

Na categoría cadete enfrontáronse o EDM Frades co Santirso

Page 23: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

dePORteS

crónicas - Setembro 2014 23

Rodríguez e domínguez, cuartos no europeo veterano

ATLETISMO Ela en héptatlon e el en décatlon

A atleta ordense Ánxeles Rodrí-guez foi cuarta en héptatlon no Cam-pionato Europeo de Veteranos, dis-putado en Izmi (Turquía). A proba in-clúe 100 metros valos, salto de altura, lanzamento de peso, 200 metros li-sos, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina e 800 metros lisos. Para Rodríguez foi especialmente satisfac-toria a parte dos 200 metros lisos, ao

mellorar a súa marca persoal de 38 a 37 segundos.

Ademais, Pepe Domínguez, ades-trador de Rodríguez e recoñecido impulsor de Atlética A Silva, logrou tamén un cuarto posto en décat-lon. Faltáronlle só doce puntos para o bronce e mellorou claramente o quinto posto que acadara no euro-peo disputado en Alemaña en 2012. Aínda que non dá dereito a podio, un cuarto posto europeo é motivo de celebración

A IV Carreira Concello de Me-sía tivo como gañador absoluto a Ja-vier Tourís, do club Coruña Comarca, que completou os doce quilómetros nun tempo de 42’03’’. Segundo foi Borja Sánchez (club Nimo del Oro), que precisou só 4 segundos máis. E a terceira posición correspondeulle a Emilio Martínez (Egovarros), cun tempo de 43’45’’.

Na clasificación feminina, a victo-ria foi para María José Grobas (Me-sía), cun tempo de 56’00’’. A 26 se-gundos entrou María Luisa López

(Egovarros) e a 29 Natalia Míguez (CAS Sada).

Ademais da carreira xeral, con premios para as diversas categorías de idade e xénero, disputáronse pro-bas para os máis pequenos e unha minicarreira de seis quilómetros de lonxitude. Nesta, o podio mas-culino encabezouno Amador Pena (club Noitebra) cun tempo de 19’35’’ e a clasificación feminina liderouna María Jesúa Orgeira (Tordoia) con 26’57’’.

A competición volveu acadar un

récord de participación, con 240 co-rredores. Segundo o Concello, valo-raron especialmente o deseño da proba, cun itinerario moi esixente que combinou tramos de asfalto con outros de terra e cunha orografía con pendentes que os obrigaron a esfor-zarse. Un cento de persoas acudi-ron ata a saída e meta en Visantoña como espectadores e varias deceas

máis apostáronse ao longo do tra-zado para seguir a proba.

O Concello destacou a colabora-ción de veciños, asociacións e em-presas na organización da carreira, tanto co préstamo e doazón de ma-terial como co traballo desintere-sado ou a entrega de premios. Todo ese labor permitiu que a proba resul-tase de balde para os inscritos.

Javier tourís e Mª José Grobas marcan o paso en MesíaCARREIRA Os participantes destacaron as esixencias do trazado, que combinou terra e asfalto

Grobas (esq.) e Tourís (dta.) no máis alto dos seus podios, co primeiro tenente de alcalde de Mesía, Antonio Quindimil, entregando os trofeos da competiciónSaída da Carreira desde a explanada do campo de fútbol municipal en Visantoña

Page 24: Cronicas comarcadeordes n9 setembro2014

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 18-09-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Os paxariños da Alameda

O ornitólogo dedicouse estes días a observar es-pecies que non son da

súa competencia. Descubriu que os porcos son incapaces de mirar ao ceo. Non lles deixa a anato-mía do seu pescozo. Só ven cara adiante, e pouco. E só outean o horizonte tumbados.

A sorte está botada. Nuns días, poda. Xa se verá se a roseira férti l murcha ou renace. Nos

roupeiros hai camisas brancas, por se fi xesen falta. É a moda.

O fl orileiro do Álferez te-nas para cada día, non só as dos domingos.

Pero a elegancia vai por dentro e nos últi mos días perdeu as for-mas. Afl óralle a verdadeira ca-laña. Claro que tamén o puxe-ron no seu siti o. E o gaivoto ve-llo, por certo, anda nas mesmas. Perdeu plumas, está nervioso.

Non era un coche nin un aparta-mento, como manda o clásico, pero espertou moita ilusión. O sorteo dun aparato reproductor mp3 co que Cró-nicas quixo premiar a fi delidade dos seus milleiros de lectores en toda a comarca xa ten gañadora. É María José Villaverde Manteiga, de Ordes, que acudiu a recoller o agasallo ao establecemento de Tien 21 de Ordes, doador do premio.

A gañadora, que ademais xa era parte da numerosa clientela de Tien 21, amosouse moi sati sfeita e agra-decida coa fortuna. Asegura que non adoita fi arse moito dos sorteos, so-bre todo nas redes sociais, pero ten claro que a parti r de agora vainos to-mar máis en serio.

O premio sorteouse entre todas as persoas que teñen a páxina de fa-cebook de Crónicas entre os seus gustos e preferencias nesta rede so-cial. Nesa páxina, este periódico ac-tualiza permanentemente as noti cias da comarca, como complemento da actualidade que se ofrece, de xeito máis completo, repousado e analí-ti co, no periódico mensual en papel.

Villaverde asegura que segue Cró-

nicas a través das redes sociais e por suposto na versión impresa. “Sempre o collo no centro médico, nas tendas ou calquera siti o dos moitos onde se reparte”, comenta. Relata que toda a familia o le con moito interese.

Desde Crónicas agradecemos os

numerosos recoñecementos á unica oferta informati va propia, próxima, honesta, solvente e plural coa que conta a comarca ordense. Segui-remos intentando merecelos coa aposta polo xornalismo e, por que non?, con algún novo sorteo.

SORTEO Unha ordense gaña o reproductor mp3 sorteado por Crónicas e Tien 21

ler crónicas sempre compensa

Entrega do premio do sorteo 2.0 de Crónicas e Tien 21 a María José Villaverde

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

Barredoraxestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOfi cina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es