32
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 20 - Agosto de 2015 REMATE FINAL C/ Compostela, 16 - 15680 Ordes (A Coruña) - Tel/Fax: 981 68 16 82 [email protected] - www.facebook.com/pasosordes NUEVO Pecha outro colexio en Ordes por falta de alumnos. A unitaria de Montaos xa non funcionará o vindeiro curso, por decisión da Consellería de Educación. É a cuarta que cesa a acvidade lecva nos úlmos anos no municipio, despois das de Beán, Buscás e Parada. A falta de matrícu- las débese tanto á crise de- mográfica, máis evidente nas parroquias, como a tenden- cia á concentración de alum- nado nos centros escolares da vila. Ordes perde en Montaos a súa cuarta unitaria en poucos anos Páx. 2 Só o alcalde cobra mediante dedicación exclusiva ORDES Páx. 4 Vehículos novos para a Policía Local e para Protección Civil ORDES - OROSO Páx. 12 Páx. 23 Festa por riba de todo Constantino e Carmen, homenaxe o Día do Emigrante NA CONTRA... Páx. 32 O 21 de agosto, tractorada contra a ruína no leite COMARCA Páx. 15 A parcelaria de Parada reduce a un terzo as fincas ORDES Páx. 8 Iago Negueruela, ‘conseller’ balear que viviu en Ordes ENTREVISTA Páxs. 16-17 Álvarez e Babiano, os máis veloces na Carreira de Mesía DEPORTES Páx. 29 Ordes celebra a Santa María do 14 ao 17 de agosto Reparación, copia y codificado de llaves con o sin mando

Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 20 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 20 - Agosto de 2015

REMATE FINAL

C/ Compostela, 16 - 15680 Ordes (A Coruña) - Tel/Fax: 981 68 16 [email protected] - www.facebook.com/pasosordes

NUEVO

C/ Compostela, 16 - 15680 Ordes (A Coruña) - Tel/Fax: 981 68 16 [email protected] - www.facebook.com/pasosordes

Pecha outro colexio en Ordes por falta de alumnos. A unitaria de Montaos xa non funcionará o vindeiro curso,

por decisión da Consellería de Educación. É a cuarta que cesa a acti vidade lecti va nos últi mos anos no municipio,

despois das de Beán, Buscás e Parada. A falta de matrícu-las débese tanto á crise de-mográfi ca, máis evidente nas

parroquias, como a tenden-cia á concentración de alum-nado nos centros escolares da vila.

Ordes perde en Montaos a súa cuarta unitaria en poucos anos

Páx. 2

Só o alcalde cobra mediante dedicación exclusiva

ORdeS

Páx. 4

Vehículos novos para a Policía Local e para Protección Civil

ORdeS - OROSO

Páx. 12

Páx. 23

Festa por riba de todo

constantino e carmen, homenaxe o día do emigrante

NA cONtRA...

Páx. 32

O 21 de agosto, tractorada contra a ruína no leite

cOMARcA

Páx. 15

A parcelaria de Parada reduce a un terzo as fi ncas

ORdeS

Páx. 8

iago Negueruela, ‘conseller’ balear que viviu en Ordes

eNtReViStA

Páxs. 16-17

Álvarez e Babiano, os máis veloces na carreira de Mesía

dePORteS

Páx. 29

Ordes celebra a Santa María do 14 ao 17 de agosto

Reparación, copia y codifi cadode llaves con o sin mando

Page 2: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

2

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES A Xunta alega un número insuficiente de alumnos matriculados no vindeiro curso para mantela aberta

Ordes perde a súa cuarta unitaria en poucos anos co peche da de Montaos

Ordes perde outra escola unita-ria. Esta vez a da parroquia de Santa Cruz de Montaos, que xa non funcio-nará no vindeiro curso 2015-2016. A decisión, tomada pola Consellería de Educación da Xunta, foi dada a coñe-cer a mediados de xullo, co curso xa rematado e con datos de matrícula para o vindeiro curso que xa non va-riarán.

Esa é precisamente a razón que emprega o goberno autonómico para explicar o peche da escola de educación infantil, a falta de alum-nos. O límite está en seis e para a vindeira tempada a escola de Mon-taos ía contar unicamente con catro alumnos, segundo Educación. Agora deberán acudir a outras escolas da zona, en vez de facer uso da que ti-ñan máis próxima.

Na comarca, esta é a única unita-ria que pechará o vindeiro curso. Va-rias máis salváronse do cadeado por escasa marxe, polo menos esta vez.

No conxunto da provincia, son sete os peches en 2015-2016, e en toda Galicia a Consellería leva trece unita-rias á inactividade, sempre por falta de escolares.

Ordes viu desaparecer nos últi-mos anos varios centros educativos nas súas parroquias, en concreto os de Beán, Buscás e Parada. En todos os casos houbera controversia po-lítica, algo que esta vez non suce-deu. Noutras parroquias xa hai máis tempo aínda que non funcionan as vellas unitarias, reconvertidas no mellor dos casos en locais sociais.

A caída das matrículas ten moito que ver coa crise demográfica do ru-ral en toda Galicia, á que non é allea Ordes. Pero tamén con novos hábi-tos sociais e necesidades laborais, que fan que a algunhas familias lles resulte máis útil e cómodo para a súa rutina diaria levar os seus cativos di-rectamente aos colexios da capital municipal ou do Mesón do Vento.

O número de beneficiarios do ser-vizo de comedor do CEIP de Oroso, en Sigüeiro, chegará a 75 no vin-deiro curso 2015-2016, cando ata agora eran 49. Así se estableceu nun acordo asinado entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. A contía do acordo elevouse ata 48.832 euros para todo o curso.

Deste xeito, a administración au-tonómica subvencionará os menús do comedor escolar, mentres que o Concello comprométese a manter a contratación da elaboración e ser-vizo dos menús escolares, así como

ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.

O servizo de comedor fora unha das razóns da controversia entre a Consellería e o Concello no curso pa-sado, cando se puxo en funciona-mento o novo centro de infantil e pri-maria, xunto con diversos aspectos das obras, como os prazos de execu-ción e as responsabilidades de cada unha das administracións.

A relación entre o Concello e a Consellería parece ter mellorado, como evidencia este acordo, tamén polo cambio de conselleiro e a reno-vación do equipo de goberno local, no que agora é Beatriz Rodeiro quen

se encarga das áreas de Benestar So-cial, Ensino e Atención ao Menor.

A Consellería aproveitou a sina-tura do acordo con Oroso para in-dicar que oito de cada dez usuarios dos comedores escolares que xes-tiona utilizan o servizo de balde ou

pagando un euro. A contía máxima de 4,5 euros ao día están pagándoa o 12 % dos usuarios. A Xunta destinou o pasado curso 30 millóns de euros a comedores, tanto propios como os xestionados polos Concellos ou polas ANPAS.

Román Rodríguez (esquerda) e Manuel Mirás, tras a sinatura do convenio

OROSO A Consellería asina co Concello máis de 48.000 euros de financiamento para o vindeiro curso

O ceiP de Oroso sobe ata 75 os beneficiarios do servizo de comedor

Visita da delegada provincial da Xunta ao colexio do Mesón do Vento

Reparacións no Mesón e no IES-1Durante esta primeira quin-

cena de agosto, está previsto que queden rematadas diversas repa-racións no colexio do Mesón do Vento e no IES-1 de Ordes, que a Consellería de Educación efectúa nas vacacións estivais.

O investimento nos dous cen-tos é duns 40.000 euros. Na escola do Mesón refórmanse os aseos, que estaban obsoletos, e cambian os cristais das ventás para mellorar

o illamento térmico. No instituto, a intervención consiste na repara-ción dos aleiros da fachada para evitar que se produzan despren-dementos.

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, visitou o colexio do Mesón do Vento para coñe-cer de primeira man os traballos, acompañada polo alcalde de Or-des, José Luis Martínez, e a conce-lleira de Educación, Susana García.

Page 3: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2015 3

A TABLILLARúa Principal, 36. Rodís15186 CERCEDATelf: 981 69 70 82e-mail: [email protected]

ALMEIRASAvda. Almeiras, 19. O Burgo15670 CULLEREDOTelf: 660 986 847

MUEBLES DE BAÑO

HIDROMASAJE - SAUNA

TARIMA FLOTANTE

MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN

SANITARIOS

GRIFERÍA

AZULEJOS Y PAVIMENTOS

MAMPARAS

Les desea unas felices fi estas!!!

Page 4: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

4

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

O alcalde de Ordes, José Luis Mar-tínez Sanjurjo, é o único integrante do goberno local con dedicación exclu-siva. A contía é de 41.313 euros bru-tos anuais e foi aprobada por unani-midade de todos os grupos, despois de ser negociada. O debate moveuse entre a proposta inicial do goberno, algo superior aos 43.000 euros e equivalente ao que se aprobara en 2007, e os 39.250 euros que percibía o anterior rexedor desde 2011. Final-mente quedou a medio camiño.

Os demais integrantes do execu-tivo non terán un salario pagado polo Concello e compaxinarán os cargos coas súas ocupacións laborais. Mais si perciben contías por asistir aos ór-ganos colexiados da corporación. Os cinco tenentes de alcalde que inte-gran a Xunta de Goberno Local co al-calde, todos agás a concelleira e de-putada provincial Susana García, co-bran 200 euros por cada sesión.

Polas reunións do pleno, os edís perciben 125 euros, neste caso ta-mén os integrantes da oposición. E a asistencia a comisións informativas

ou ao consello da radio retribúese con 100 euros. En xeral, o goberno di que os gastos políticos baixan uns 60.000 euros anuais, ata os 126.000. O BNG matiza que o aforro será en realidade duns 7.000 euros.

Unha das novidades neste sentido é que as comisións quedan integra-das por un só representante por par-tido, con voto ponderado para res-pectar a vontade electoral. Na prác-

tica, cada comisión pasa de nove a cinco integrantes, cun aforro en asis-tencias duns 10.000 euros anuais. Esta cantidade pasará a formar parte dos recursos de Servizos Sociais.

Desde o PSOE volveron propoñer unha rebaixa do 5 % das asignacións por comisión. Calculaban que o afo-rro sería duns 1.000 euros máis ao ano. E tamén reclamaron, sen éxito, non cobrar os plenos extraordinarios.

O alcalde terá a única dedicación exclusiva de Ordes, de 41.313 euros

ORDES A proposta inicial, uns 2.000 euros superior, rebaixouse para sumar apoios

Pleno no que a corporación de Ordes fixou a súa organización para este mandato

Os integrantes do goberno ordense anunciaron tamén que renuncian a ter un teléfono pa-gado polo Concello, así como a percibir dietas por despraza-mentos.

De maneira unánime, acor-douse que cada grupo político perciba 350 euros fixos e 120 adicionais por concelleiro.

Por outra parte, o pleno de organización nomeou o alcalde como representante do Conce-llo na Mancomunidade de Mu-nicipios da Comarca de Ordes e no Consello Territorial da Pro-piedade Inmobiliaria. Susana García, edila de Educación, será a representante nos consellos escolares, no comité local da Cruz Vermella, e na asemblea xeral de ASDECOMOR, a Asocia-ción para o Desenvolvemento da Comarca de Ordes.

Tamén quedaron marcados os plenos ordinarios para o de-rradeiro martes de cada mes, ás 20 horas.

Renuncia aos teléfonos públicos e a dietas e asignacións para os grupos políticos

O goberno cambia unha partida para mercar un tractor

OROSO O PP teme polo centro cívico de Oroso

O pleno de Oroso aprobou unha modificación de crédito nos orza-mentos, co que habilita preto de 71.000 euros para mercar un trac-tor con desbrozadora e trituradora. A operación foi apoiada polo PSOE, no goberno, e polo BNG, mentres que o PP e Anova optaron pola abstención. Estes dous partidos da oposición cuestionaron que o diñeiro que cam-bia de destino era o previsto para a construción do centro cívico na pa-rroquia de Oroso.

O alcalde, Manuel Mirás, insistiu en que o centro cívico se vai cons-truír, “o que pasa é que este ano non ían comezar as obras e eses cartos servirán para adquirir o tractor, que é moi necesario para desbrozar os ca-miños do noso municipio e que non se puido adquirir por leasing”, afir-mou.

Non obstante, o portavoz do PP, Alexander Doval, considera que o centro cívico en Oroso “foi unha pro-mesa electoral do rexedor” que, su-perados os comicios, “dálle as cos-tas a unha parroquia de vital impor-tancia para o municipio”, en palabras

de Doval. O líder do PP engade que “esta manobra ten fins electoralistas de futuro, xa que na súa opinión a in-tención de Mirás é que as novas ins-talacións estean listas de cara aos co-micios de dentro de catro anos”.

Polo demais, a sesión plenaria volveu tratar a situación dos cha-lés do Alto de Vilanova, despois de terse aprobado unha modificación do Plan Xeral na zona. O portavoz do PP preguntou polos plans do go-berno para legalizar as vivendas. Para os conservadores, o alcalde mantén unha “postura contradictoria” neste asunto, ante o que insistiron en que “votarán a favor da legalización des-tas casas cando conten coa garantía legal” dun informe do secretario mu-nicipal.

Mirás apreza que Doval e o seu grupo “está arrepentido da votación que fixo no pleno anterior”. O alcalde acusou ao PP de querer enganar os veciños e expuxo que “cando a mo-dificación estea aprobada, as viven-das que o soliciten poderán ser lega-lizadas”. O alcalde defendeu a correc-ción da licenza inicial.

Os alcaldes de Frades e Ordes alternarán na Mancomunidade

Os alcaldes de Frades, Roberto Rey, e de Ordes, José Luis Martí-nez Sanjurjo, alternarán a presi-dencia da Mancomunidade de Or-des durante este mandato. O fra-dense asume o cargo ata 2017 e o ordense entre 2017 e 2019.

Segundo a Mancomunidade, A decisión foi tomada de maneira unánime polos sete alcaldes da en-

tidade, presidida na última etapa polo anterior alcalde ordense, Ma-nuel Regos.

Rey apelou ao “espírito de cola-boración” entre os sete Concellos e a “crear novas vías de comunica-ción”, co propósito de que os dis-tintos entes locais poidan achegar ideas e recursos para manter os servizos actuais e amplialos.

COMARCA

Primeiro pleno da Mancomunidade para o mandato 2015-2019

Page 5: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2015 5

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Verónica Dono

LA VUELTA AL COLE

• Revisión de la vista• Toma de tensión ocular• Asesoramiento estético• Adaptación de lentes de contacto• Especialistas en progresivos• Centro distribuidor:

De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30.

Sábados de 10:00 a 14:00

Me gusta

GAFAS MONOFOCALES

CON ANTIRREFLEJANTE

DESDE:

67€GAFAS PROGRESIVASCON ANTIRREFLEJANTEDESDE:

197€

En Verónica Dono te lo ponemos más fácil

Además aprovecha nuestros seguros especiales para niños, tanto para roturas como para cambios de graduación. ¡Ven e infórmate!

GAFAS DE NIÑO CON ANTIRREFLEJANTE 117 €2 Desde:

Page 6: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

6

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

TORDOIA O servizo comeza xa en setembro con todas as prazas cubertas

Subscriben o acordo para equipar o Punto de Atención á infancia

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia recibirá uns 20.000 euros para o seu equipamento e posta en funcionamento, de acordo co convenio de colaboración asi-nado polo alcalde, Antonio Pereiro, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Segundo o acordo, o departa-mento autonómico financia 15.000 dos 20.000 euros nos que se orza-mentou o material das instalacións, que atenden nenos e nenas ata os tres anos de idade. O compromiso do Concello é poñer a infraestrutura en funcionamento durante o curso 2015-2016 e tamén manter o PAI aberto durante un mínimo de cinco anos, sufragando os gastos da posta en marcha e funcionamento durante a súa vida útil.

O alcalde confirmou que o servizo comezará a funcionar xa en setem-bro, e que terá todas as súas prazas cubertas. Nun pleno municipal, An-tonio Pereiro indicou tamén que se iniciaron as obras dun parque infan-til nas inmediacións do edificio, con

financiamento da Consellería de Pre-sidencia da Xunta e do propio Conce-llo.

Segundo a ordenanza fiscal do Concello, o PAI terá un custo men-sual de 163,52 euros, aínda que se establecen diversas bonificacións en

función da renda familiar, que per-miten incluso acceder ao servizo de balde no caso de familias con esca-sos recursos, as que contan cunha renda inferior ao 50 % do Indicador Público de Renta para Efectos Múlti-ples (IPREM).

Antonio Pereiro, alcalde de Tordoia, coa conselleira Beatriz Mato

Urbanizan os accesos á nova gardería de Sigüeiro, cun gasto de máis de 106.000 euros

OROSO

Durante as últimas semanas acometéronse as obras de urba-nización dos accesos á nova gar-dería de Sigüeiro, na avenida da Grabanxa. Os traballos inclúen a construción dunha beirarrúa, unha zona de aparcadoiro, e as conexións de auga, gas e electri-cidade.

O investimento da obra é de algo máis de 106.000 euros, que o Concello financia a través do plan provincial POS. O goberno muni-cipal contempla o remate inmi-nente dos traballos, que “en todo caso”, asegura, estarán para o ini-cio do curso 2015-2016 no centro, a comezos de setembro.

Construción da beirarrúa de acceso

Rouban diversos obxectos de valor na igrexa de Beán

A igrexa parroquial de Santa María de Beán (Ordes) foi obxecto dun roubo nunha das últimas noi-tes do mes de xullo. Segundo tes-temuños veciñais, o ladrón ou la-dróns entraron ao templo for-zando a porta principal, aínda que semella que previamente intenta-ran acceder a través dun lateral.

Nunha primeira avaliación dos danos, comprobouse que falta-ban numerosos obxectos de va-lor, commo son os utensilios litúr-xicos de prata e de bronce. Tamén foi roubado o equipo de megafo-nía que se utiliza para facilitar a es-coita das celebracións relixiosas, sobre todo en actos de moita con-correncia.

Ás poucas horas, a porta xa fora reparada para tratar de res-tablecer a normalidade. Os veci-ños lembran que hai aproximada-mente ano e medio se producira un roubo semellante na casa rec-toral da parroquia, situada xusto diante da igrexa e utilizada como local social. Tamén naquela oca-

sión fora forzada a porta. A igrexa de Beán data de 1880,

conta cunha nave rectangular e coa sacristía adosada ao presbite-rio. No seu retablo conta con es-culturas. Está rodeada polo cemi-terio parroquial.

ORDES

Fachada de Santa María de Beán

A aprobación das contas da radio e televisión deriva nun debate sobre a súa profesionalidade

CERCEDA

O pleno de Cerceda aprobou as contas da radio e televisión públicas de 2014. Son uns 240.000 euros, dos que uns 172.000 achegounos o Con-cello e os demais obtéñense por vías como a publicidade. Aínda que o de-bate das contas non foi máis aló de que o PP pediu concretar mellor os gastos reais e que o alcalde replicou que o Rexistro Mercantil non pon obxeccións, o pleno adentrouse na falta de profesionalidade da emisora.

Na oposición, PP e BNG, botaron en falta en regulamento de funciona-mento dos medios públicos e acusa-ron ao goberno de facer un uso par-tidista da radio e da televisión. Ro-cío da Igrexa (BNG) considera “cen-sura previa” que para que lle fagan unha entrevista teña que pedilo por rexistro, dirixíndose ao alcalde como presidente do consello da emisora. Francisco Santos (PP) cre que o go-berno desprestixia os medios locais. O alcalde, José García Liñares, com-prometeu un regulamento, negou vetos e advertiu de que se fose pola oposición, a RTV xa estaría pechada.

Ferido grave ao caer desde o tellado dunha granxa en Bascoi, tras ceder unha uralita

MESÍA

Un home resultou ferido de gra-vidade nun accidente nunha granxa no lugar de Vilanova, na parroquia de Bascoi (Mesía). Segundo trascen-deu, estaba traballando no tellado da nave cando unha das uralitas es-cachou, o que fixo que se precipitase cara ao chan.

Para a súa atención, o servizo de Emerxencias 112 mobilizou o heli-cóptero medicalizado de Compos-tela. Ademais dos servizos médi-cos do 061, tamén foron despraza-dos ao lugar os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do que forma parte Mesía, con base en Curtis, e tamén a Garda Civil, que se encarga das investigacións sobre as causas do suceso.

O ferido foi inmobilizado no pro-pio lugar do sinistro para despois ser trasladado ao hospital. Este tipo de accidentes son frecuentes, dado que os tellados das granxas teñen am-plas superficies de cuberta cun ma-terial que en realidade á máis fráxil do que parece e sen demasiado so-porte pola parte inferior.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2015 7

AcuASec

Page 8: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

8

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

ORDES O proceso de concentración comezou en 1991 e avanzou devagar

Os propietarios reciben os documentos do acordo da parcelaria de Parada

A concentración parcelaria da pa-rroquia de Parada dá un paso signi-ficativo para a súa conclusión, des-pois de máis dun cuarto de século de tramitacións. Os 600 propietarios dos terreos beneficiados recibiron a finais de xullo a documentación do acordo, despois dunha charla infor-mativa no local social na que os téc-nicos da Consellería do Medio Rural atenderon numerosas preguntas.

O acordo xa foi publicado no DOG e os interesados poden acudir a con-sultar a documentación ao Conce-llo durante estas semanas por se ven preciso interpoñer un recurso ante a Consellería. Poden examinar as fin-cas de reemprazo, as fichas de atri-bucións e os planos.

A parcelaria Parada II, que reorga-niza 3.371 fincas iniciais en 1.103 fi-nais, é unha das de maior duración de todo o municipio, xa que come-zara en 1991. Nos últimos anos es-tivo estancada e os propietarios que-daron nun paso no que a miúdo xa non podían acudir aos seus terreos orixinais, afectados por exemplo po-

las novas pistas, nin tampouco aos concentrados.

Esta situación fora levada o pa-sado mes de marzo ao Parlamento de Galicia por parte do PSOE. Os socia-listas advertían entón de que os veci-ños estaban “nun limbo difícil de de-finir, o cal é moi duro”, e instaban á

Xunta a fixar prazos para o remate da concentración, denunciando o parón tras o impulso na etapa do bipartito autonómico. Tal como denunciaban os socialistas, tanta demora impediu o desenvolvemento de explotacións e que os veciños puidesen planificar os seus horizontes vitais.

Os propietarios acudiron de maneira masiva a recoller a documentación

ORDES Os labores acometéronse desde a N-550 ata a zona do Balado

A deputación intervén de novo na rúa do Recreo para reparar o seu firme

A rúa do Recreo, en Ordes, volveu estar en obras. A Deputación, como responsable do vial ao formar parte dunha estrada provincial, acome-teu diversos traballos de mellora nos aproximadamente dous quilómetros entre a intersección da N-550 no cen-

tro da vila e a zona do Balado. Os tra-ballos prolongáronse só durante uns días e serviron para reacondicionar os puntos que presentaban un maior grao de deterioración.

Esta rúa é unha das que máis in-tervencións, de maior ou menor al-

cance, experimentou nos últimos anos. En parte, o seu desgaste dé-bese a outras obras en servizos bá-sicos, pero sobre todo a que soporta un considerable volume de tráfico pesado, na procura da estrada que leva a Carballo.

Os traballos prolongáronse só durante uns días e centráronse nos treitos cun maior grao de deterioración do firme

O BNG interésase no Congreso polo mal estado da N-550 e o PSOE di que o fixo antes

ORDES

O BNG presentou no Congreso unha iniciativa e unha pregunta para o Ministerio de Fomento, nos que demanda un plan integral de reforma do firme deteriorado da N-550, en especial entre San-tiago e Ordes, polo pésimo estado de conservación que presenta hai anos, ademais de contar cunha si-nalización precaria e confusa.

Ramiro Recouso, portavoz do BNG de Ordes, que compare-ceu co seu homólogo santiagués, Rubén Cela, e coa deputada Ro-sana Pérez, fixo especial fincapé en puntos como as inmediacións de Sigüeiro, o propio Sigüeiro, a zona dos Mariñaos, a zona de Montaos, e varios tramos máis de Ordes.

Á espera da resposta de Fo-mento, si reaccionou o PSOE lo-cal, asegurando que xa presen-tara unha iniciativa similar no Con-greso dos Deputados a comezos de 2014. Por parte dos naciona-listas, xa se presentara outra de-manda en maio de 2012.

Reparan as 21 pistas previstas nun plan provincial, cun gasto de máis de 132.000 euros

FRADES

Frades concluíu a reparación de 21 pistas no termo municipal contemplada nun plan da Deputa-ción da Coruña, o DTC 93, no que ao Concello lle corresponderon uns 132.000 euros.

O alcalde, Roberto Rey, ase-gura que “arranxamos as pistas cunha maior necesidade e que son moi empregadas”, aínda que “somos conscientes de que que-dan moitas máis”.

Os tramos seleccionados para este plan, en todas as parroquias, recibiron sobre todo melloras no seu firme superficial e na capaci-dade de drenaxe de auga.

Tramo reparado en San Mauro

Page 9: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2015 9

Page 10: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

10

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

O Concello de Mesía leva adxudi-cado no que vai de ano outo contra-tos por valor de case 620.000 euros. Sete deles corresponden a obras en equipamentos, infraestruturas e ser-vizos básicos, e o outro é a subminis-tración e obra de instalación dunha caldeira de biomasa para o consisto-rio, por importe duns 28.500 euros.

Por envergadura económica, o maior contrato correspóndese cun proxecto de acondicionamento de varios camiños en Olas e noutras parroquias, por un importe duns 136.000 euros, financiados no Pro-grama de Desenvolvemento Rural de Galicia.

Séguelle, cuns 106.000 euros, unha obra de ampliación da rede de auga potable, con acometidas en va-rias parroquias, comezando pola de Cabrui. É a cuarta fase da extensión do servizo básico no municipio.

Con 100.000 euros, contratouse tamén a reparación do polidepor-tivo municipal en Visantoña. A inter-vención debería servir para mellorar as condicións de uso deste equipa-

mento, que ata agora non reunía un-has condicións técnicas suficientes.

Outra contratación destacada, va-lorada en 90.000 euros, é a que serve para acondicionar un grupo de cami-ños en Albixoi e noutros lugares. Me-nor importe presentan xa as inter-vencións nos vestiarios do campo de fútbol en Visantoña (65.000 euros), un paseo a carón dunha estrada en Lanzá (49.000 euros), e a coloca-ción de sinais en varios viais (44.500 euros).

Chama a atención que todas estas contratacións se resolvesen seguindo o procedemento negociado sen pu-blicidade, polo que nos procesos só poden participar as tres empresas, ou catro segundo os casos, que o Concello convida a presentar propos-tas. Nos procedementos repítense os nomes das mesmas empresas.

O procedemento, sendo perfecta-mente legal, impide que outras com-pañías poidan concorrer libremente coas súas ofertas para facerse cos contratos, intentando ofrecer prezos menores, melloras técnicas ou prazos

de execución máis curtos. De feito, Mesía non conseguiu re-

baixas significativas no importe de adxudicación en ningún dos con-tratos do que vai de ano. É máis, na maioría o importe polo que se licitan e o final do contrato coinciden ata o último céntimo.

Só un dos nove procedementos de contratación publicados polo Con-cello este ano non seguiu o procede-mento negociado sen publicidade. Trátase dunha poxa de madeira de importe inferior a 3.000 euros que, por certo, quedou deserta.

Dáse a circunstancia de que o sis-tema é moi criticado desde a opo-sición en Concellos como Trazo por parte do PSOE, o partido que lle dá soporte ao alcalde de Mesía. En xeral, aínda estando admitido, este proce-demento adoita ser o peor visto por-que presenta máis riscos, ou meno-res garantías, do respecto aos princi-pios elementais de libre concorren-cia, transparencia ou imparcialiade. De aí que sexa aconsellable só para circunstancias especiais.

O concello de Mesía adxudicou máis de 600.000 euros en obras no que vai de ano

MESÍA Todas as licitacións seguen un procedemento negociado sen publicidade

Os veciños acoden ao primeiro sábado de “Portas Abertas”, no que atendeu o alcalde

ORDES

O novo goberno municipal de Ordes iniciou a apertura do Con-cello para a atención veciñal un sábado ao mes, nos que chama “Sábados de Portas Abertas”. A in-tención é facilitar que os veciños e veciñas que non poidan acudir nos días da semana teñan ocasión de contactar cos dirixentes locais na fin de semana.

A primeira apertura, a mañá do 18 de xullo, contou coa presenza do alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, ao que diversas persoas acu-diron para expoñerlle e solicitarlle solución aos seus problemas, pre-ocupacións e inquedanzas, de ín-dole variada.

Varios veciños, co alcalde

Comezan as obras do Punto Limpo, que xa debería funcionar

Nos primeiros días de agosto comezaron as obras do Punto Limpo que compartirán os Conce-llos de Frades e de Mesía. A acta de replanteo asinouse en presenza dos alcaldes e da delegada provin-cial da Xunta, entre outros, e ex-púxose que o investimento vai ser duns 263.000 euros.

Con practicamente os mesmos protagonistas sobre o terreo, a

Xunta anunciara a finais do pasado mes de xaneiro o inicio das obras para poñer a funcionar o servizo a principios deste verán.

A intención quedou lonxe dos feitos e o novo prazo que se bara-lla agora é o de finais de ano. Se se cumpre, a partir de entón os veci-ños dos dous municipios poderán desfacerse dos residuos que requi-ren unha xestión especial.

FRADES - MESÍA

Replanteo da obra, cos alcaldes e a delegada provincial da Xunta

Reforzan a estrutura do consistorio con 39.000 euros

O Concello de Oroso gastou uns 39.000 euros nas obras de re-forzo da estrutura da casa consis-torial, despois de observar nela di-versas deficiencias construtivas, en boa medida debidas ao paso do tempo. O alcalde, Manuel Mi-rás, asegurou que quixeron “solu-cionalas canto antes porque po-

dería ser perigosas de non actuar axiña”.

Durante a execución dos tra-ballos, o rexistro e o padrón mu-nicipal trasladáronse ao baixo do inmoble. Tamén por seguridade e por axilizar a obra, impediuse es-tacionar no aparcadoiro contiguo á Casa do Concello.

OROSO

O goberno asegura que había que atallar varias deficiencias da construción

Page 11: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015 11

Tres dos sete Concellos da co-marca elevaron a súa débeda viva municipal no mandato 2011-2014. Son os de Frades, Ordes e Tordoia. Outros tres reducírona, os de Cer-ceda, Mesía e Oroso. E Trazo conti -nuaba a fi nais de 2014 sen débeda, igual que tres anos antes.

Os datos foron publicados hai uns días polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas co gallo da conclusión do pasado mandato e o inicio do novo. No conxunto, as sete administracións locais da comarca ordense debían 10.085.000 euros a fi nais de 2011 e pasaron a 9.139.000 euros a fi nais de 2014.

Os casos máis signifi cati vos de descenso son os de Cerceda e Oroso. A débeda viva no erario cercedense rebaixouse en máis dun millón de euros, ata quedar en 823.000 euros. E Oroso reduciu en máis de 800.000 euros, ata quedar en case 870.000 euros. Pola súa parte, Mesía liqui-dou completamente as súas débe-das, que a fi nais de 2011 estaban en 219.000 euros.

Na tendencia contraria, o caso

máis leve é o de Frades, que pasa de 170.000 a 197.000 euros de débeda viva. En Ordes, que nos últi mos anos conseguira unha redución conside-rable, a fi nais de 2014 repuntou ata os 5,2 millóns, co que o mandato re-mata cuns 200.000 euros máis de dé-beda. E Tordoia presenta o peor pa-norama, case duplicando os núme-ros vermellos, de 1.137.000 euros a fi nais de 2011 a 2.047.000 euros a fi -nais de 2014, segundo os datos do Ministerio de Cristóbal Montoro.

Atendendo a cores políti cas, os Concellos da comarca onde caeu ou

desapareceu a débeda están xesti o-nados por rexedores do PSdeG-PSOE, mentres que en dous dos municipios onde goberna o PP (Frades e Tordoia) medrou e no outro, Trazo, non rexis-tran débeda. A outra cifra negati va, a de Ordes, correspóndelle á forma-ción independente UxO, que gober-nou ata o pasado xuño.

En 2011, os Concellos de toda Ga-licia debían 646 millóns de euros. En 2014 conseguiran baixar a 584 mi-llóns, algúns eliminando gastos su-perfl uos e outros aplicando severos recortes sociais.

DÉBEDA VIVA DOS CONCELLOS DA COMARCA

CercedaFradesMesíaOrdes OrosoTordoiaTrazo

1.868.000170.000219.0005.002.0001.689.0001.137.0000

823.000197.00005.203.000869.0002.047.0000

Concello 31-12-2011 31-12-2014

COMARCA Cerceda, Mesía e Oroso reducírona e Trazo mantívoa a cero

Frades, Ordes e tordoia incrementaron a súa débeda viva no pasado mandato

Datos: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

O alcalde de Cerceda e un edil de Oroso,incluídos na Xunta deGoberno da Deputación

PROVINCIA

O alcalde de Cerceda, José Gar-cía Liñares, e Antonio Leira, con-celleiro en Oroso, foron incluídos na Xunta de Goberno da Deputa-ción da Coruña. García ao cargo da área de Deporte e Mocidade, e Leira como deputado de Econo-mía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior.

A Xunta de Goberno, con seis deputados do PSOE e cinco do BNG, está encabezada polo presi-dente da Deputación, o socialista Valentí n González Formoso, e pola vicepresidenta Goretti Sanmartí n, do Bloque Nacionalista Galego. O organismo reunirase dúas veces ao mes, segundo confi rmou a pro-pia Deputación.

Reunión do executivo provincial

Rúa do Mercado, 17 bajo. 15680 ORDES (A Coruña)Telf.: 981 682 678 - e-mail: [email protected]

¡¡¡En preventia

la vuelta al cole

es divertida!!!prevenciónvestuario laboralepi´sformación

preventia

Papelería, textil, calzado, menaje, artículos de regalo, peluches...

Rúa da Canteira nº 2 ORDES (A Coruña) - Telf: 981 688 646

Prepárate para el cole con todo lo necesario: mochilas, estuches, libretas, carpetas... ¡¡¡Y también mandilones !!! Del 27 de julio al 22 de agosto

te descontamos 5 euros al comprar una mochila si nos traes la vieja.

Tenemos novedades

en mochilas juveniles

¡Y LAS DONAREMOS A CÁRITAS!

Page 12: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

12

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015

COMARCA Ordes e Oroso reciben da Xunta catro vehículos novos para os servizos de seguridade e emerxencias

Novos vehículos para a Policía e para Protección civilOs Concellos de Ordes e de Oroso

recibiron nos últimos días catro no-vos vehículos para as súas Policías Locais e as Agrupacións de Protec-ción Civil. Foron entregados pola Consellería de Presidencia da Xunta no marco de senllas convocatorias de axudas, que beneficiaron as po-licías de 14 Concellos coruñeses e a protección civil de 41 de toda Galicia.

Os dous actos de entrega foron celebrados na Cidade da Cultura e estiveron presididos polo vicepresi-dente da Xunta, Alfonso Rueda. No caso dos vehículos de policía, do mo-delo Citröen C4 Cactus, por Ordes acudiron o alcalde, José Luis Martí-nez Sanjurjo, e o xefe do corpo de se-guridade, Eduardo Rodríguez; e por Oroso o alcalde, Manuel Mirás, e ta-mén o xefe policial, Jesús Martínez.

Para os novos vehículos de Pro-tección Civil, furgóns Renault Trafic con capacidade para nove pasaxei-ros, por Ordes repetiu na recepción o rexedor, acompañado polo respon-sable da agrupación local, Honorino Raña, e en representación de Oroso acudiron a tenente de alcalde, Va-nesa Boo, e a responsable de Protec-ción Civil, Encarnación Jiménez. Entrega dos vehículos ao Concello de Ordes Recepción dos vehículos para o Concello de Oroso

Desenvólvese en Trazo un curso de dependencia en institucións

Trazo acolle un curso de aten-ción sociosanitaria a persoas de-pendentes en institucións sociais, no que participan dezaoito per-soas dos municipios da comarca ordense e tamén de Val do Dubra.

O curso, que serve para obter o certificado de profesionalidade para traballar nas institucións so-ciais, ten 600 horas de duración, das que 370 son de contidos teó-

ricos, 200 prácticas en entidades e as 30 restantes módulos de orien-tación laboral, primeiros auxilios e manipulación de alimentos.

Esta iniciativa de formación está enmarcada no proxecto Rede Xiana 2, financiado pola Deputa-ción da Coruña e o Fondo Social Europeo e orientado á favorecer as posibilidades de inserción labo-ral en determinados sectores.

No curso, de 600 horas de duración, participan dezaoito persoas

TRAZO

Comezan dous novos cursos de formación para desempregados

Ordes iniciou nas últimas da-tas dous cursos de formación para persoas en situación de desem-prego, dentro dos programas AFD da Consellería de Traballo e Benes-tar.

Un dos cursos é o de atención sociosanitaria a persoas depen-dentes en institucións, que conta con quince alumnos que ao longo de 478 horas reciben formación

teórica e prácticas en empresas, suficiente para obter o certificado de profesionalidade en nivel 2.

O outro curso é o de creación e xestión de microempresas, cunha duración de 538 horas e un cupo máximo de nove alumnos. Os par-ticipantes terán a posibilidade de obter o certificado de profesionali-dade en nivel 3 e tamén a de efec-tuar prácticas en empresas.

ORDES

Inicio das clases de atención sociosanitaria a dependentes en institucións

Page 13: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

ActuAlidAde

crónicas - Agosto 2015 13

Ratifican que as licenzas no Xalo deberán agardar o plan parcial

Seguirá sen haber licenzas de obra na urbanización do Monte Xalo ata que estea concluído o plan parcial que regulará o urba-nismo na zona. Así o confirmou o alcalde de Cerceda, José García Li-ñares, ante unha pregunta efec-tuada no pleno polo portavoz do PP local, Francisco Santos. O rexe-dor engadiu unha razón máis, que non é outra que a delimitación pendente de acordar na urbaniza-ción co Concello de Carral.

Tamén en relación cos residen-tes no Xalo, a portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, interesouse po-las medidas que tomaría o Conce-llo ante un eventual desabastece-mento de auga potable, derivado da seca. O alcalde explicou que se trata dunha urbanización privada, con servizo propio de abastece-mento, e indicou que non é parti-dario de falar de “hipóteses”. Non obstante, anticipou que o Conce-llo colaborará e axudará no posi-ble, chegado o caso.

Polo demais, na sesión plena-ria tamén trascendeu que a Depu-tación recoñeceulle a Carral o de-reito a cobrar unha parte do Im-posto de Bens Inmobles, equiva-lente á parte do terreo ocupado pola central térmica de Meirama que corresponde ao termo mu-nicipal veciño. A decisión suporá preto de 40.000 euros anuais me-nos de ingresos para o Concello de Cerceda, en beneficio de Carral.

Para a controversia, a contami-nación no cauce do río do Acebedo o 24 de xullo. PP e BNG advertiron a presenza de troitas mortas, auga turbia e cheiros, e preguntaron polo informe municipal de medio ambiente. O alcalde asegurou que foi un problema “moi leve”, cunha única troita morta, e expuxo como posible causa o arrastre de restos nas canalizacións de pluviais des-pois dun tempo sen chover. A opo-sición cre que os feitos non son puntuais, senón reiterados, e re-quiren unha investigación a fondo.

CERCEDA

Os dous concelleiros do PSOE toman posesión dos seus cargos

Carlos García e Tomás Cas-tro tomaron posesión finalmente como concelleiros do PSOE no pleno de Tordoia.

Aínda que os resultados reais nas urnas permitirían que o grupo socialista tivese tres integrantes, un erro na transcrición da acta de reconto nunha mesa electoral o 24 de maio, que os recursos xudiciais non repararon, fixo que quedasen

eles dous e que entrase na corpo-ración Pilar García Pereiro, como única concelleira do BNG. O pleno complétase con oito edís do PP.

Polo demais, a sesión ordina-ria de xullo en Tordoia abordou a posta ao día das licenzas de taxi no municipio, co propósito de adap-talas á unha lei autonómica que regula este tipo de servizos de transporte.

TORDOIA

Sesión plenaria da corporación de Tordoia, á que xa acudiron os edís do PSOE

CURSOS DE MASAJEPROFESIONAL

PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTOAGOSTO 35% de descuento

EMPEZAMOS EN SEPTIEMBREPRAZAS LIMITADAS

EN CERCEDA651 421 118

CLASES TEÓRICO-

PRÁCTICAS

ÚLTIMOS DÍAS...

¡APÚNTATE!

Page 14: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

14

ecONOMíA

crónicas - Agosto 2015

Quince persoas aprenden a crear e xestionar microempresasORDES O curso ofrece formación teórica e práctica e rematará a finais do vindeiro mes de novembro

Quince alumnos e alumnas parti-cipan no curso de creación e xestión de microempresas que se desenvolve en Ordes desde hai unhas semanas. Ata finais de novembro, recibirán 538 horas de clases, con formación teó-rica e práctica.

Despois das probas avaliativas fi-nais, o alumnado poderá obter o cer-tificado de profesionalidade de ni-vel 3 e acceder a prácticas no ámbito empresarial.

A iniciativa forma parte dos pro-gramas de Acción Formativa para Desempregados (AFD), da Conselle-ría de Traballo e Benestar. Organi-zada a Oficina de Emprego de Ordes.

COOPERATIVISMOPor outra parte, tamén tivo lugar

en Ordes un obradoiro sobre as opor-tunidades de negocio a través do em-prendemento cooperativo no ámbito rural.

Tras varias sesións formativas, acudiu á clausura o xerente da Aso-ciación Galega de Cooperativas Agra-rias (AGACA). Hixinio Mougán expli-coulles aos presentes na súa inter-vención que as ideas deben ser o mo-tor dos proxectos empresariais e das estratexias que se poñan en marcha para sacalos adiante.

O obradoiro contou co apoio de AGACA nos labores de organización, xunto coa Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, con financia-mento da Rede Eusumo, o Fondo So-cial Europeo e a Xunta de Galicia. Sesión do curso de creación e xestión de microempresas en Ordes

Abre o novo Familia en SigüeiroOROSO O establecemento dá emprego a 25 persoas

A compañía galega de distri-bución alimentaria Vegalsa-Eroski abriu o seu novo establecemento Familia en Sigüeiro, no que investiu 1.230.000 euros e que dá emprego a 25 persoas. Situado na rúa Álvaro Cunqueiro, nas inmediacións do co-lexio novo da capital de Oroso e da entrada ao seu polígono industrial, supuxo o peche das antigas instala-cións no centro urbano.

A tenda dispón dunha sala de ven-das de mil metros cadrados, aparca-doiro interior e exterior con capaci-dade para 74 prazas e cinco caixas de saída para axilizar as compras.

Con apertura en horario de nove da mañá a dez da noite, ofrecen unha gran variedade de produtos frescos locais. Conta con forno de pan propio, que elabora produtos a diario para “garantir a frescura”, tal como explicou a empresa. E tamén dispón de mostradores de carniza-ría e peixaría, con atención persona-lizada.

Os clientes poden utilizar as tar-xetas de Eroski, Visa, 4B, Red 6.000 e a tarxeta de fidelización de Familia.

Co novo Familia de Sigüeiro, a rede suma 80 tendas, das que 59 de localizan en Galicia. O novo establecemento supuxo un investimento de 1.230.000 euros

Marga LagaresTelf: 981 69 76 60

C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES

Page 15: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

ecONOMíA

crónicas - Agosto 2015 15

Os gobernos central e autonó-mico rexeitan fixar un prezo mínimo paxra o leite, como fixo o executivo francés, levando as cotizacións ata uns 34 céntimos por litro, cando boa parte das explotacións galegas ron-dan os 28 ou 29 e arredor dun tercio cobra valores inferiores, que en casos se aproximan aos 20 céntimos.

Á Xunta e ao Ministerio parécelles que esas medidas poderían vulne-rar as normas de competencia e ar-gumentan que non queren someter o sector a unha eventual sanción mi-llonaria o día de mañá. De aí que fíen ao entendemento entre produto-res, industrias e distribución a saída á grave crise de prezos que atrave-san as granxas desde a fin das cotas De momento, tras meses de crise, fo-ron capaces de sentar nunha mesa, a comezos de agosto, coa representa-ción da Xunta encabezada polo pre-sidente Alberto Núñez Feijóo, os líde-res sindicais, directivos das principais envasadoras e responsables de im-portantes cadeas de distribución.

Máis alá de axudas e campañas

de promoción comprometidas pola Xunta, do encontro non saíu ningún compromiso concreto. Horas antes, o empresario Jesús Lence caldeara o ambiente dicindo que “os sindica-tos convocan tractoradas porque lles gusta ir de festa” e a conselleira Rosa Quintana negaba no Parlamento falta de dedicación e comparaba o se tra-ballo os que ían “pasear cos tractores a Santa Comba”.

Desde os sindicatos, Roberto Gar-

cía (UU.AA.) reclamou vontade polí-tica como solución, coa opción fran-cesa, presionando as distribuidoras para acabar co uso do leite como re-clamo, ou retirando leite para axuda humanitaria. Isabel Vilalba (SLG) bo-tou en falta medidas urxentes e de calado porque “o presidente da Xunta non pode quedar de brazos cruzados no curto prazo cando el mesmo ad-mite que unhas 3.000 granxas na Ga-liza están en situación límite”.

O goberno fía a saída da crise de prezos ao diálogo e rexeita fixar un mínimo

LEITE Os sindicatos demandan solucións urxentes para evitar o peche de granxas

Reunión da Xunta e o Ministerio con toda a cadea de valor do sector leiteiro

Nos despachos continúa o movemento sobre o sector lei-teiro e na rúa tampouco se de-tén. Tras a masiva manifesta-ción do 17 de xullo en Santiago, agora tocan tractoradas por co-marcas. Foi moi concorrida a de Santa Comba, e na súa estela si-túanse Arzúa, Vilalba ou Ordes. Neste caso, as protestas serán o 21 de agosto. Están por fixar horarios e percorridos.

Na comarca, a maiores da crise xeral do sector saltou outra crise puntual coa com-pañía Logística Alimentaria. O SLG reuniu aos gandeiros afec-tados polos “incumprimentos nos contratos” desta empresa e mesmo valora medidas legais contra ela, como unha denun-cia ante a Interprofesional Lác-tea. Segundo din, a compañía asinou prezos baixos de 26 cén-timos para o 80 % da produción e o outro 20 % a prezo variable do leite en po. Pero en maio e xuño pagou aínda menos: o 80 % a 21 céntimos base, e o res-tante a 18.

Preparan unha tractorada en Ordes para o 21 de agosto

Luns 24 de agosto. EXCURSIÓN AQUA-PARK CERCEDA. A partir de 8 anos e empa-droados/as en Oroso. Inscrición previa (do 10 ao 20 de agosto) no centro cultural.

Martes 25 de agosto. 12:00 h. VISITA AO PLANETA MÓBIL no centro cultural. De 3 a 12 anos. 19:30 h. ESPECTÁCULO CÓMI-CO DE CIRCO E MAXIA Pistacatro “Les ar-tuans” no exterior da piscina.

Mércores 26 de agosto. 12:00 h. VISITA AO PLANETA MÓBIL. 19:30 h. MONICRE-QUES da compañía Fantoches Baj co espectá-culo “Rei, rei?” no exterior da piscina.

Xoves 27 de agosto. De 11:00 a 13:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. 19:15 h. FESTA DA ESPUMA. Maiores de 4 anos. Entrada gratuíta.

Venres 28 de agosto. 11:30 h. OBRADOIRO ELABORACIÓN DUN CÓMIC EN GALE-GO no centro cultural. De 6 a 10 anos. Inscri-ción previa do 13 ao 26 de agosto. De 17:00 a 19:00 h. XOGOS POPULARES, MASCOTA E OBRADOIRO DE CHAPAS E HAPPY MAIS (traballos manuais en 3D) no exterior da piscina. 19:30 h. MONICREQUES de Duende Sico con “As tolas aventuras de Alicia no país das marabillas” no exterior da piscina. 22:00 h. Actuacións musicais: GRUPO ALBORADA na Praza de Isaac Díaz Pardo. 23:00 h. OR-QUESTRA PACÍFICO. 00:00 ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO ACORDEÓN DE SIGÜEIRO- OROSO. No Paseo do Carboeiro.

Domingo 30 de agosto. 17:30 h. TORNEO DE FÚTBOL DO CONCELLO DE OROSO

no campo “Lino Balado”. Co Sigüeiro FC, SD Deixebre, Sigüeiro B e ED Xuventude Oroso.

Luns 31 de agosto. De 11:00 a 13:00 h. ESPA-ZO DE XOGO LIBRE xogo con kapla, espazo de lectura, espazo de cociñas, casa dos moni-creques, creación de arquitecturas e xogos para nenos/as máis pequeniños dende o gateo. Na Praza de Isaac Díaz Pardo. 19:30 h. MAXIA CÓMICA a cargo de Mundo Mandarina con “Laboratorio máxico” no exterior da piscina.

Martes 1 de setembro. De 12:00 a 13:00 h. CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA no centro cultural. A partir de 10 anos e adultos. Inscrición previa do 20 ao 31 de agosto. 19:30h TEATRO FAMILIAR Ghazafelhos “As mil e unha noites” no exterior da piscina.

Mércores 2 de setembro. De 12:00 a 13:00 h. CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA no centro cultural. 19:30 h. ESPECTÁCULO DE AÉREOS Circo Expreso “Un tonto no aire” no exterior da piscina municipal.

Xoves 3 de setembro. De 12:00 a 13:00 h. CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONO-MÍA no centro cultural. De 17:00 a 21:00 h. O GRANDE ESPECTÁCULO DAS ILU-SIÓNS ÓPTICAS NA RÚA “O fabuloso Mundo do Mago Romarís” no exterior da pis-cina municipal. 22:00h OBSERVACIÓN AS-TRONÓMICA no exterior da piscina.

Venres 4 de setembro. De 11:00 a 13:00 h. XINCANA no exterior da piscina. A partir de 6 anos. Inscrición previa. 20:00h ACTUACIÓN AULA DE MÚSICA no exterior da piscina municipal.

Page 16: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

16

eNtReViStA

crónicas - Agosto 2015

- Desde hai un mes, Iago Negue-ruela Vázquez é o novo conseller de Treball, Comerç i Indústria do goberno autonómico das Illas Baleares. Algúns lectores preguntaranse que interese pode ter con tal cargo nun periódico comarcal como este. Pero moitos ou-tros recoñecerano de inmediato como un amigo, como un anti go veciño ou cando menos como unha cara que vían a cotí o. Porque Negueruela ten unha gran vinculación con Ordes. Seus pais trasladáronse por traballo á vila en 1993, cando el ti ña 13 anos, e viviu aquí ata 2003.

- Que vínculos mantén con Ordes? Cando veu a últi ma vez?

- A últi ma vez que esti ven foi o ano pasado. Manteño vínculos xa que os meus amigos de toda a vida son naci-dos e veciños de Ordes, e son a cua-drilla coa que conservo relación cada vez que vou a Galicia, xa que é o meu grupo de amigos de toda a vida. Tamén sigo o grupo ‘Dios ke te crew’, do que un dos meus irmáns é compoñente.

- Algún recordo especial?- Recordos? Moitos, porque se vives

dende os 13 ata os 23-24 anos, prac-ti camente todos os recordos de infan-cia e xuventude son de aí: a primeira vez que saín, a primeira noiva... todo o “primeiro” que me pasou foi nese mu-nicipio co cal, si, manteño moitos re-cordos.

- Quizais non hai moito onde esco-ller, pero un lugar favorito de Ordes? E outro lugar que eliminaría?

- Quizais o Bar Orellas, onde empe-zabamos a saír e tomar cañas cos meus amigos. Siti os negati vos non, non hai en Ordes siti os aos que teña animad-versión.

- En que momento o leva a vida a Baleares, xa que non parece mal plan ir vivir a un lugar que case todo o mundo asocia con vacacións...?

- Saco as oposicións no Corpo Su-perior de Inspectores de Traballo e o meu primeiro desti no é Baleares. E vi-

vín aquí dende entón.- O interese pola políti ca foi xur-

dindo ou xa o ti ña de serie?- Xa o ti ña de serie. Xa no insti tuto

fundamos a primeira asociación de es-tudantes, que era a Asociación Fouce-llas; despois empecei no Sindicato de Estudantes. Sempre esti ven en move-mentos sociais e reivindicati vos; dende os 15-16 anos.

- Supoñemos que un dos principais retos do seu departamento é comba-ter o paro e a precariedade laboral. Que liñas políti cas mestras aplicará para conseguir esa meta?

- Presentamos un Plan de Loita con-tra a Explotación Laboral, xa que os principais problemas do noso país son a contratación temporal e os contratos

a tempo parcial en fraude de lei. Polo tanto, imos facer campañas específi -cas de inspectores de traballo centra-das en combater eses dous problemas, os principais do mercado laboral.

- A mala situación do mercado la-boral é unicamente consecuencia da crise ou uti lizouse esta como escusa para degradar o ámbito laboral? Dito doutra forma, poderase saír da crise con emprego de calidade?

- Pódese saír da crise con emprego de calidade se cambian as políti cas e se os novos gobernos fan políti cas disti n-tas. A crise uti lizouse e fi xéronse refor-mas laborais precisamente porque se opta por unha políti ca de depreciación salarial e precarización. A Reforma La-boral do Goberno central opta por un

modelo baseado en baixar salarios e a precarización laboral.

Para que todos saiamos da crise, hai que cambiar esas políti cas. É necesario que se realice un novo Estatuto dos Tra-balladores e se derrogue a Reforma La-boral e que os gobernos autonómicos que saímos destas últi mas eleccións fa-gamos plans específi cos de loita contra a explotación laboral para que cambien as condicións dos traballadores.

- Un mozo no PSOE... Non está máis de moda Podemos? Por que cre que está a ter éxito esta formación? Copiaríalle algo dende o parti do socia-lista?

- Eu formo parte dun Goberno so-cialista e traballo co Parti do Socialista porque creo que dende o Parti do So-

ENTREVISTA Iago Negueruela, conseller de Treball, Comerç i Indústria en Baleares, dez anos veciño de Ordes

Negueruela, de 35 anos, viviu en Ordes ata 2003 e trasladouse ás Illas Baleares para exercer como inspector de traballo

“Os meus amigos de sempre son de Ordes”

fi tus685 448 776

NOVA DIRECCIÓNRúa do Mercado

(al lado de Telefónica)ORDES

Page 17: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

eNtReViStA

crónicas - Agosto 2015 17

cialista se poden facer grandes cam-bios. Hai que recordar que o Partido Socialista é o que fixo os grandes cam-bios deste país. É dicir, as grandes leis de Seguridade Social introducíronse co Partido Socialista; a Educación, o mo-delo de Sanidade que temos... Polo tanto, o Partido Socialista fixo moito nestes anos de democracia para mello-rar as condicións. E creo que agora, ta-mén para saír da crise, é necesario un Partido Socialista forte, que volva fa-cer políticas de esquerdas, para buscar unha saída xusta da crise.

Podemos é un partido que forma parte do noso acordo de Goberno e, polo tanto, son socios no Goberno de aquí. Ten unha visión da política dis-tinta, achegan ideas novas, caras no-vas... Axudou a que o discurso político xire e se introduza en ámbitos onde ao mellor antes non chegaba. Polo tanto axudou a mobilizar unha parte do elec-torado que tradicionalmente ao mellor non votaba. Creo que todo o que sexa dinamizar, mobilizar e cambiar dis-curso, é bo.

Iso si, creo que é o Partido Socia-lista o único que pode realizar políticas de cambio necesarias. Calquera debate de ideas que introduza outro partido, dende logo achega zume novo.

- Confía en ver a Pedro Sánchez na Moncloa? Aceptaría acompañalo nun cargo ministerial?

- Confío ver a Pedro Sánchez na Moncloa en tres ou catro meses, e que se rodee do me-llor equipo posible. Eu estou moi tran-quilo e contento de poder estar no Go-vern de les Illes Ba-lears, que é onde me comprometín e onde estarei. Non teño máis aspiración que ser conseller de Treball.

- Que medidas urxentes no ámbito do traballo debería aplicar un novo goberno en España?

- Derrogar a Reforma Laboral e ela-borar un novo Estatuto dos Traballado-res.

- Cre que o PSOE conserva credibili-

dade abondo nesta materia?- Creo que o PSOE está a recupe-

rar credibilidade, porque está a facer un discurso novo. Temos unha secre-taria de Emprego que achega solidez nos seus argumentos; temos probable-mente a mellor secretaria de Emprego de calquera dos partidos políticos que hai. É unha experta en materia de De-reito do Traballo. Polo tanto, o seu dis-

curso é crible, só-lido, e achega co-ñecementos e op-cións reais de mellora na vida dos traballadores.

- Segue a ac-tualidade de Or-

des? Que lle parece a situación do PSOE no municipio? Daría algún con-sello para que reflote?

- Seguino nas eleccións, conservo as miñas amizades aí... Eu creo que o Par-tido Socialista en Galicia despois das eleccións ten que abrir un debate, xa o está a facer, e espero que mellore a súa situación.

- Dende a súa perspectiva, que pre-cisaría a economía ordense para recu-perarse? En que sector da economía da zona ordenaría primeiro unha ins-pección de traballo?

- Ordes ten unha vantaxe xeográ-fica: está entre dous núcleos potentes como son A Coruña e Santiago. Polo tanto, ten boas infraestruturas, ten boas comunicacións, e ten que apos-tar por empresas industriais que ache-guen calidade. Dende logo, apostando por innovación temos xa determina-das empresas no ámbito de rodamen-tos ata outro tipo de ámbitos como as marmorerías... E hai boas empresas téxtiles. Creo que hai empresas que po-tenciaron e achegou ao crecemento do téxtil na Bisbarra de Ordes e axudaron e manteñen condicións de traballo su-ficientes e dignas para todos os traba-lladores.

Por outro lado, si que habería que poñer atención a aquelas empresas de téxtil que fan competencia desleal e que están a explotar en moitos casos aos seus traballadores.

Mariano Rajoy: precariedade e ex-plotación laboral.

Esperanza Aguirre: O peor da antiga clase política. A falta de humildade, o descaro, a soberbia... implica todo o que creo que non debe ter un político.

Pedro Sánchez: É o valor do presente do PSOE e o noso próximo presidente.

José Luis Rodríguez Zapatero: A igualdade. Entre homes e mulleres, o matrimonio homosexual... é dicir, o avance en dereitos sociais.

Pablo Iglesias: Ousadía e ambigüi-dade.

Albert Rivera: É unha falsa copia. A

dereita vestida de traxe moderno.Alberto Garzón: Un dos grandes va-

lores de IU. Un discurso coherente e de esquerdas.

Alexis Tsipras: Político valente, pero que se deu un golpe de realidade.

Varoufakis: Bo economista, pero tamén hai que saber xestionar. É máis doado facer un discurso que xestionar.

Angela Merkel: Un intento falido dunha Europa federal. A prepotencia dun país que foi axudado e que grazas á solidariedade reflotou, e non obstante ela non entende a solidariedade co resto de Europa.

Manuel Fraga: Rexionalismo caciquil.Alberto Núñez Feijóo: A única imaxe

que me vén é a foto con Marcial Dou-rado, e polo tanto a indignidade de al-guén que non sabe dimitir.

Emilio Pérez Touriño: Foi un gran presidente, que creo que debería volver poñerse en valor.

Xosé Manuel Beiras: Un gran refe-rente da esquerda galega. Un dos gran-des pensadores, un sabio.

José Luis Martínez Sanjurjo: Non teño unha opinión formada.

Esther Couto: Teño un gran recordo dela como persoa e é unha boa política socialista.

Colexio Castelao: Evócame dúas cou-sas. Por unha parte, un equipo directivo

co que tivemos que ver, aínda nos anos 90, os intentos de impoñer unha relixión como a católica; unha bandeira perma-nente, un concepto totalmente nacio-nal dende o punto de vista español. E o rexeitamento por parte dos meus pais -a miña nai era profesora do centro- a ese estilo de imposición, a esa fe que profe-saban... Polo tanto, un mal recordo de determinados profesores. Simplemente, era o autoritarismo.

IES 1 de Ordes: O Instituto é onde me formei, é onde empecei co activismo, é onde fundamos a Asociación Foucellas, onde coñecín moitos dos meus mello-res amigos, onde gardo un gran recordo de moitos profesores e con algúns aínda manteño contacto.

“O PSOE fixo os grandes cambios deste país e creo que agora é o único que pode realizar as políticas

de cambio necesarias”

Que lle suxire esta ensalada de nomes?

Page 18: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

18

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015

Os cativos do campamento estival expoñen as súas pinturas

Os corenta e seis nenos e nenas participantes no ‘Summer Camp’ de Oroso participaron nunha saída para pintar no parque do Car-boeiro, en Sigüeiro. Nas súas crea-cións, sobre un lenzo, empregaron técnicas como o salpicado ou o so-prado e a aplicación de elementos da propia natureza, sempre asisti-

dos polo persoal responsable da iniciativa.

As pinturas serviron para con-formar unha exposición no cen-tro cultural, chamada ‘Arte no Car-boeiro’, para a que o Concello in-cluso preparou un acto de inaugu-ración e que os veciños puideron contemplar libremente e de balde.

Os pequenos, amosando as súas pinturas no parque do Carboeiro

OROSO

Diversión sen idade para a residencia e os campamentos

Corenta persoas maiores da residencia de Ordes compartiron unha xornada lúdica cos nenos e nenas do campamento de verán da escola ConTalento.

Coreografías, música e narra-ción de contos foron algunhas das actividades nas que participaron en conxunto dous colectivos con

idades moi afastadas pero coa mesma gana de gozar do día a día.

Para facer posible a participa-ción de todos eles, o persoal da re-sidencia contou coa colaboración duns vinte voluntarios, aos que o Concello lles agradeceu o labor, xunto coa ANPA Campomaior e a escola ConTalento.

Maiores e cativos entretivéronse xuntos no parque municipal ordense

ORDES

ORDES Un exemplar da raza azul de Gascuña vendeuse por 4.500 euros

elevada asistencia á Feira de cans de caza

A Feira de Cans de Caza 2015 do Mesón do Vento atraeu unhas 3.500 persoas e uns 2.800 cans, que se-gundo os cálculos do Concello con-vértena na más concorrida das que se levan celebrado, con esta vinte e catro.

Non só se rexistraron boas mar-cas de visitas, senón tamén de move-mento económico. Estímase que as compravendas acadaron os 15.000

euros. Un dos casos máis sonados son os 4.500 euros que se pagaron por un exemplar da raza azul de Gas-cuña, presentado pola cuadrilla To-cando no rastro, de Soandres (A La-racha).

Tamén destacou como a mellor manda os Brunos de Jura propiedade de Hugo Mantiñán. E, entre outras distincións, a de mellor camada foi para os sabuesos porcelana de Da-

vid Reyes. E no I Campionato de Ras-tro de Xabaril Concello de Ordes ven-ceu Brisa, de José Manuel Barreiro, veciño de Senra (Oroso). Segundo foi o actual campión de España, Cho, de Francisco Rodeiro (Touro), e terceiro Cañón, de José Luis Iglesias (Oroso).

Entregaron os trofeos o alcalde, José Luis Martínez; a tenente de al-calde, Ana Soneira; e o secretario xe-ral de AGADER, Severino Álvarez.

A feira, cuns 2.800 cans en exposición, celebrouse nunha xornada soleadaCampión de rastro de xabaril

Obradoiros de banda deseñada para estimular a creatividade e favorecer o galego

COMARCA

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes desenvolve nos distintos municipios da comarca un obra-doiro de banda deseñada ideado para estimular a creatividade e o desenvolvemento de actitudes fa-vorables ao uso do galego entre os nenos e nenas.

Durante a sesión, os cativos traballan sobre unha historia dos Bolechas. Encárganse cada un de elaborar unha escea, que se pu-blican a través da páxina web da Mancomunidade de Ordes (www.mancomunidadeordes.org) para chegar a todo o público.

Participantes no obradoiro en Trazo

Page 19: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015 19

ORDES Ademais dos anfitrións, actuaron agrupacións de Padrón, Marín, Tui e Sobrado dos Monxes

O encontro de leira reúne cinco grupos folclóricos

O vixésimo terceiro Encontro de Grupos de Danzas Rexionais reuniu cinco agrupacións folclóricas en Leira (Ordes), incluíndo os anfi trións da Asociación Cultural Veciños de Leira, que atraeu numeroso público.

Como é habitual, a xornada come-zou cunha comida campestre, que su-mou uns 150 parti cipantes. Despois, sucedéronse as actuacións, iniciadas

e pechadas polos de Leira. Polo es-cenario pasaron a Agrupación Folcló-rica e Cultural O Pedrón (Padrón), a Asociación Artí sti ca Cultural Os Cha-neiros (Marín), o Grupo Folclórico Seixos Alvos (Tui) e o Grupo de Baile da Asociación A Maristela (Sobrado dos Monxes).

Desde a organización destacan como un dos momentos máis repre-

sentati vos a interpretación da Xota de Ordes, tanto polo valor emoti vo da peza como por ser o punto fi nal do Encontro.

José Luis Martí nez Sanjurjo acu-diu por primeira vez como alcalde de Ordes a este evento, acompañado polo concelleiro de Cultura, José Ma-nuel Mira. Os dous encargáronse da entrega das placas conmemorati vas

a todas as enti dades parti cipantes. O rexedor aproveitou para asumir o compromiso de “manter actos como este para darlle conti nuidade e que a xente poidan seguir aprendendo”. O Encontro, organizado polo Grupo de Danzas da Asociación Cultural Ve-ciños de Leira, conta co respaldo e a colaboración do Concello e da Depu-tación da Coruña.

Dúas instantáneas da actuación do Grupo de Danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, encargada da organización do Encontro folclórico anual na súa parroquia

Área de Servicio de AMEIXEIRA - ORDES Tel: 981 680 836 - [email protected]

Abierto los 365 días del año

Especialidades de la Casa y Cocina Regional

Ordes Abellá

2 kms

2 kmsVilamaiorOlas-MesíaVisantoña

AC-524 ORDES-LANZÁ AC-524

1 kms

AmeixeiraVilamaior

ENTRADAAP-9

A 5 minutos de Ordes.Acceso exterior por Vilamaior

Tienda con amplia variedad de regalos

MENÚ: 11 EUROS

Abierto los 365 días

MENÚ: 11 EUROS

Page 20: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

20

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015

OROSO Recoñecemento á banda creada por Constante Rey en 1900, que mantería a actividade ata 1970

Oroso lembra a ‘lira de Senra’ cunha homenaxe ás bandas musicais da zona

A banda Lira de Senra, que nacera en 1900 e perdurou ata 1970, recibiu unha homenaxe na súa parroquia, organizada pola asociación de veci-ños e a Coral Polifónica de Santa Eu-femia. Nos actos de lembranza des-tacou a participación de trece inte-grantes da banda, aos que o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, lles entre-gou uns agasallos, entre eles un libro conmemorativo que repasa a traxec-toria da agrupación.

Logo dunha misa, cunha proce-sión na que actuaron conxuntamente as bandas de Ordes e de Arca (O Pino), celebráronse os actos de ho-menaxe e un xantar de confraterni-dade cunhas 350 persoas. Pola tarde, actuaron a agrupación Buxos Verdes, o dúo Alborada, e de novo as bandas dos municipios veciños.

O alcalde destacou a importancia da cultura e referiuse a Senra como “icono da cultura do noso concello”. Manuel Mirás propuxo “que todos os anos fagamos esta homenaxe non só

á Lira, senón tamén a todas as ban-das de música, e vou apoiar que este acto quede institucionalizado”.

A Lira de Senra fora fundada so-bre 1900 co impulso de Constante Rey e outros compañeiros da zona. Foran aprendendo doutros músi-cos da zona e tamén no servizo mili-tar, que por aquel entón duraba moi-tos meses. Pouco a pouco a banda vai collendo dimensión e sobre 1915 contan xa con varias partituras adap-tadas por José Barreiro Castro. Ata o golpe de estado fascista de 1936 van mantendo un ritmo medio de 35 ac-tuacións ao ano. Nos anos da guerra baixan a unhas quince ou vinte, pero manteñen a actividade.

Sería nos lustros posteriores cando retoman a actividade con máis intensidade. Rey e Barreiro facían de directores ocasionais, e desde 1945, primeiro con Mariano Rodríguez e despois con Ángel Pereiro nesas fun-cións, viven a etapa de maior esplen-dor ata a disolución, hai 45 anos. Nos actos de recoñecemento tocaron as bandas de música de Arca e de Ordes

ORDES A décimo sexta edición desta cita musical concita numeroso público na Alameda

A banda de Ortigueira, convidada na xuntanza ordense

A Banda de Música de Ortigueira e a Banda de Música de Ordes pro-tagonizaron a Xuntanza de Bandas de Ordes, que este ano celebrou a súa décimo sexta edición o primeiro día de agosto.

Os músicos convidados, dirixidos por Carlos Diéguez Beltrán, e os anfi-trións, á batuta de Fernando Gontad, ofreceron un variado recital ante un

numeroso público que acudiu a unha cita xa tradicional, despois de tantos anos, no verán cultural ordense. De feito, foi a primeira das actividades do programa ‘Unha viaxe pola cul-tura’, que durante estes días ofrece diversos espectáculos e atraccións de diverso xénero como preludio ás festas patronais.

A Xuntanza deste ano tivo un ca-

rácter especial ao ser ideada como unha homenaxe á Lira de Senra e á Banda da Grabanxa, dúas agrupa-cións musicais do municipio veciño de Oroso que destacaron durante o século XX pero que hai xa anos que desapareceron. Entre o público figu-raban varios dos seus antigos com-poñentes, que pasaron un bo anaco cheo de emocións tanto pola música

que tiveron ocasión de escoitar como polas lembranzas que seguramente lles espertou a homenaxe.

Como representación municipal do Concello de Ordes, acudiu como espectador á Xuntanza de Bandas o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado polos concelleiros de Industria, José Manuel Rodríguez, e de Servizos Sociais, Susana García.

Persoas de todas as idades acudiron a ver e escoitar as bandas. Entre elas, antigos integrantes das bandas Lira de Senra e da Grabanxa, homenaxeados esa xornada

Page 21: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

PuBlicidAde

crónicas - Agosto 2015 21

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Xa temos aquí as festas patronais de Ordes. Por diante agárdannos catro días de celebración onde as amizades e a diversión serán o máis importante. Uns días que quero compartir con todas e todos vós, facéndome partícipe da vosa alegría, diver-sión, e do orgullo que me produce formar parte deste municipio.

Un pobo tamén se defi ne polas súas celebracións. As festas de Ordes sempre tive-ron un marcado carácter propio. En base a isto este ano preparamos un programa en sintonía coa idiosincrasia do lugar, pero tamén en equilibrio e consonancia coas circunstancias actuais. Como non podía ser doutro xeito a música e a verbena serán un dos eixos principais sobre o que xirarán as xornadas, sen esquecernos tampouco da nosa tradición e dos sons propios desta terra, como son os dos gaitei-ros e as nosas apreciadas bandas. Neste sentido quero convidarvos especialmente á verbena galega coa que botaremos o pano de peche ata o vindeiro ano. Un día de festa que terá acento local, ao contar cunha mostra do bo talento musical que temos neste lugar.

Non me quero esquecer do porqué desta celebración. Santa María de Ordes, a nosa patroa, está presente no noso día a día e especialmente nestas festas. Con ela dámoslle as grazas e recoñecémoslle a nosa devoción. Un recoñecemento e agra-decemento equiparable ao de todas e todos aqueles que no seu momento deixaron atrás Ordes na busca dun futuro mellor. Aos nosos emigrantes novamente lles brin-daremos unha xornada na que eles serán o primeiro e máis importante para este concello.

Vivide e desfrutade destas festas. Tédelo ben merecido. Son a vosa alegría e pre-senza as que as fan posibles. Porque o mellor que ten Ordes sodes vós.

Saúda

José Luís Martínez Sanjurjoalcalde do Concello de Ordes

Moda y complementosRúa da Canteira nº 11 15680 Ordes (A Coruña)

Teléfono: 981 697 517Síguenos

Page 22: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

22

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015

Os campamentos estivais reúnen unha vintena de nenos

Uns vinte nenos e nenas de en-tre catro e doce anos de idade par-ticiparon nos campamentos esti-vais do Concello de Frades.

As actividades desenvolvé-ronse nas instalacións do colexio da Pontecarreira, entre as nove e media da mañá e a unha e media do mediodía. Para algunha das ac-tividades, trasladáronse ao campo

de fútbol de Abellá e á piscina mu-nicipal en Papucín.

Xogos, contos, cancións, bailes, actividades en inglés, obradoiros de artesanía e de reciclaxe, clases de cociña ou actividades depor-tivas son algúns dos contidos do programa, que ten por propósito axudar a compaxinar as vacacións escolares co día a día das familias.

Boa parte das actividades tiveron lugar no colexio da Pontecarreira

FRADES

O Verán Lúdico de Tordoia entretén 35 nenos e nenas

O programa do ‘Verán Lúdico’ de Tordoia contou coa participa-ción de 35 nenos e nenas durante seis semanas. As actividades tive-ron como tres escenarios princi-pais a biblioteca municipal e a pis-cina, xunto coas súas instalacións deportivas próximas.

Destacaron tres actividades puntuais no calendario. A pri-

meira, un obradoiro de lingua e li-teratura que consistiu na elabora-ción dun cómic por parte dos ne-nos e nenas, de entre seis e dez anos de idade. A segunda, un conto exprés, programado pola Rede Galega de Bibliotecas. E a terceira, a celebración do Día do Neno, tamén para os que non par-ticiparon no Verán Lúdico.

Unha das actividades do programa de conciliación do Concello de Tordoia

TORDOIA

MESÍA Con xogos, exercicio físico, obradoiros culturais e saídas lúdicas a puntos de interese da contorna

Os programas de conciliación de Mesía enchen o verán de actividade

Os sucesivos programas de conci-liación da vida laboral e familiar do Concello de Mesía enchen de activi-dade o verán dos máis pequenos.

Nos campamentos XoeCon, Xo-gar e Conciliar, con arredor de me-dio cento de participantes, partici-paron en obradoiros culturais, clases de cociña e modelado, probas físicas e deportivas, actividades predeporti-vas, rutas, xogos nas piscinas munici-pais, xogos en inglés, sesións de baile e saídas ao parque acuático de Cer-ceda. Boa parte das actividades con-taron coa colaboración do volunta-riado de Mesía.

Xa neste mes de agosto, estase desenvolvendo o programa Respira Mesía, tamén con obradoiros cultu-rais e de medio ambiente, baile, ru-tas, deportes e xogos exteriores, e unha saída ao encoro de Beche (Abe-gondo). Moitas das actividades des-envólvense na piscina municipal en Xanceda e no complexo das Brañas da Valga en Visantoña.

Grupo de nenos e nenas participantes no programa Xogar e Conciliar, cos seus monitores e os voluntarios que colaboraron

A saída ao parque acuático de Cerceda sempre é multitudinaria Visita ao río nunha das rutas ambientais do campamento

Page 23: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015 23

Había moita incertidume, pero durou poucos días. As principais ac-tuacións para as festas patronais de Ordes estaban no aire, pero nun tempo récord a organización pechou un cartel musical para as catro xorna-das do 14 ao 17 de agosto. Para uns, bastante solvente. Para outros, o su-ficiente para saír do paso.

Sexa como sexa, este venres 14 a verbena será responsabilidade de Fa-nia Blanco Show e de El Combo Do-minicano. Son dúas marcas coas que se pretende atraer milleiros de per-soas á vila, aproveitando a véspera do festivo, que este ano ademais co-incide en sábado.

A xornada principal, a do sábado 15, tampouco carecerá de música. Pola mañá, actuarán a Banda de Mú-sica Municipal de Padrón e o Grupo de Gaitas e Cabezudos Espadana Gai-teiros. Tras a misa do mediodía, se-sión vermú coas orquestras Alianza e Aché, que repetirán á noite.

O domingo 16 será de novo o Día do Emigrante. Está programada a ac-tuación da Banda de Música de Or-des e do grupo de gaitas Atirixido Gaiteiros. Tras a misa, á unha do me-diodía, actuarán as orquestras Ceniza e Armonía Show. Tamén serán as pro-tagonistas da verbena nocturna.

E aínda quedará festa para o luns 17. O primeiro pasarrúas da xornada correrá a cargo do grupo de gaitei-ros local Os Viqueiras. Para a sesión vermú está contratada a charanga Maloserá. E á noite máis novidades,

coa Verbena Galega. Actuarán a ac-triz Isabel Risco e o grupo musical O Sonoro Maxín. Son dous nomes de suficiente envergadura, pero segura-mente o máis agardado da noite, so-bre todo para o público local, será a intervención de Ritmo Galego.

RITMO GALEGOO grupo ordense, que entrará en

escea arredor das dez da noite, efec-tuará a súa presentación oficial des-pois do pequeno concerto de anti-cipo que ofreceran o pasado Nadal. Nas redes sociais, manifestaron que queren “mostrar a todos e todas o que estivemos preparando case un ano coa maior ilusión posible”.

COLABORACIÓNPolo demais, para a organización

das festas, nas que colabora a Asocia-ción Xuvenil Chirlomirlo, reclamouse a colaboración de empresas e veci-ños mediante achegas de diñeiro. To-das as persoas interesadas en axu-dar na financiación das actuacións teñen á súa disposición unha conta corrente na que efectuar os ingresos que desexen. O seu número é o ES91 - 0238 - 8188 - 2906 - 0015 - 3932.

Tamén hai unha serie de persoas encargadas de recoller cotas volunta-rias, pero é recomendable corroborar a súa identidade, despois de que o propio Concello advertise un intento de estafa con recadadores falsos.

O grupo local Ritmo Galego presentarase oficialmente na noite do luns 17 de agosto

ORDES As principais actuacións musicais concéntranse do 14 ao 17 de agosto

Ordes completa o cartel das festas e pide colaboración para poder pagalas

Como é habitual, nestas xor-nadas previas ás festas progra-máronse unha serie de actua-cións culturais e de entrete-mento, que se prolongan aínda ata este 13 de agosto.

Despois de varios espectá-culos de teatro, clown, maxia, música e diversión infan-til, este martes 11 de agosto aínda queda o teatro de rúa de ‘Go On’, na Alameda a par-tir das oito da tarde. O mérco-res 12, chegará a maxia do ‘Fa-buloso Mundo do Mago Roma-rís’, tamén na Alameda entre as seis da tarde e as dez da noite. E o xoves 13, animación de rúa desde as oito da tarde con Po-pin Palomera.

No caso de que chova, está previsto que estas actividades se trasladen a cuberto, en con-creto ao auditorio da Casa da Cultura.

‘Unha viaxe pola cultura’ aínda vai ofrecer teatro, maxia e animación de rúa

Actuación na Alameda

Salud Bucal

• Odontología General y Estética

• Ortodoncia• Prótesis sobre implantes

• Extracciones molares del juicio

• Colocación de implantes• Apicectomías

Clínica Dental

Revisionesgratuitas

981 680 320 - 620 822 531Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

Presupuestos

sin compromiso

Page 24: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

24

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015

As escolas de verán fomentan o consumo de produtos do mar

As escolas de verán do Conce-llo de Ordes incidiron durante a súa primeira quenda no fomento de hábitos alimenticios correctos nas súas actividades, coa visita da campaña impulsada pola Xunta ‘O sabor da aventura está no mar’, que pretende que os máis novos asuman a relevancia de consu-mir peixe fresco e outros produtos mariños nunha dieta equilibrada.

A mensaxe ofreceuse mediante unha representación teatral, con mariñeiros e cociñeiros que im-plican os cativos na acción. O pro-grama de conciliación contou con outras actividades lúdicas. Na pri-meira quincena participaron uns cincuenta nenos e nenas e nas su-cesivas repetiuse o nivel de parti-pación, atendendo outras propos-tas temáticas.

Entrega dos diplomas da primeira quenda das escolas de verán ordenses

ORDES

Os contos sobre igualdade chegan a toda a comarca

A Mancomunidade de Ordes imparte o seu programa ‘Contiños edición verán’ nas actividades de conciliación dos sete Concellos da comarca. A iniciativa consiste na lectura de contos e relatos para ra-paces e rapazas de entre seis e dez anos de idade, co propósito de di-fundir os valores de igualdade.

Tras os contos, a axente de igualdade propicia unha reflexión

posterior para incidir en aspectos tan relevantes como a igualdade entre homes e mulleres, a elimi-nación da linguaxe sexista, a ad-quisición de hábitos de lectura, así como o fomento de capacidades creativas e emocionais.

A intención do equipo da Man-comunidade é traballar con gru-pos mínimos de quince persoas e que o programa sexa participativo.

Sesión dos ‘Contiños edición verán’ con cativos do municipio de Trazo

COMARCA

Saída municipal con destino á Ribeira Sacra e aos Canóns do Sil

O Concello de Frades mobilizou 56 persoas, un autobús, na súa ex-cursión dominical para visitar a Ri-beira Sacra e os Canóns do Sil.

A saída contou coa clásica viaxe en catamarán polo máis afamado afluente do Miño, e tamén unha visita á adega Ponte da Boga, onde

lles explicaron o proceso de elabo-ración dos viños da zona, que lles ofreceron para catar.

A excursión complementouse con visitas ás localidades de Cas-tro Caldelas e Monforte de Lemos, que puideron coñecer antes de re-tornar a Frades.

Os excursionistas coñeceron os viños da zona na adega Ponte da Boga

FRADES

Celébrase o Día do Neno, con xogos, actuacións e merenda

Frades celebrou o Día do Neno nas instalacións da piscina munici-pal. A celebración contou con xo-gos inchables acuáticos e terres-tres, xogos tradicionais e os habi-tuais percorridos do tren turístico polo termo municipal.

Tamén destacou a actuación

dun espectáculo de humor, mala-bares e equilibrismos, que impli-cou o público. E a campaña auto-nómica de promoción de produtos do mar ‘Ponlle as pilas ao teu bo-cata’ encargouse de ofrecer a me-renda a todos os presentes que así o quixesen.

FRADES

Numeroso público observando o espectáculo de humor e malabares

Page 25: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015 25

Parada da Garda Real en Ordes no seu percorrido do Camiño

Uns douscentos integrantes da Garda Real, representación das Forzas Armadas ao servizo do Rei de España, percorreron o Ca-miño Inglés hai uns días e efectua-ron unha parada no municipio de Ordes, un dos tres polos que dis-corre este itinerario para peregri-nos na comarca, xunto con Mesía e Oroso.

O alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, acudiu a re-cibilos, acompañado das conce-lleiras Ana Soneira e Susana Gar-cía. Desexáronlles que culminasen con éxito o Camiño e intercambia-ron obsequios entre o Concello e a Garda Real, representada polo co-ronel Ramón Álvarez de Toledo y Álvarez Builla.

ORDES

Na súa parada en Ordes, houbo intercambio de obsequios co Concello

Un curso intensivo ensina como elaborar fertilizantes naturais

Doce persoas asistiron ao curso intensivo de elaboración de fertilizantes, funxicidas, insectici-das e enraízantes con ingredien-tes totalmente naturais.

Esta actividade, impartida por especialistas cun prezo de cinco euros por alumno, foi organizada polo Concello de Mesía, con apoio da Deputación da Coruña.

O curso forma parte do pro-grama municipal ‘Eco-Baúl’, que trata de divulga prácticas ecolóxi-cas e de aproveitamento dos re-cursos naturais, de maneira que non só resulten respectuosas co medio, senón tamén económicas, neste caso en comparación cos fertilizantes e praguicidas de co-mercialización industrial.

MESÍA

O alumnado do curso, pouco antes do seu inicio na Casa da Cultura

Flores ABELLÁCoronas

Centros - Ramos - ArreglosPlantas

Teléfonos:Ordes: 981 680 301Abellá: 981 699 731Móvil: 659 843 518

Todo listo para el cole!!!

Page 26: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

26

xeNte de AQuí

crónicas - Agosto 2015

Excursións municipais ao parque acuático de Cerceda

As excursións do Concello de Frades ao parque acuático de Cer-ceda contaron cada unha cunha participación duns 35 veciños e veciñas, a maior parte nenos e ne-nas.

Nas dúas viaxes ao Aquapark, a administración pública local fra-

dense subvencionou o custo do transporte. As saídas formaron parte das actividades estivais do Concello. O parque acuático do municipio veciño é un dos desti-nos máis atractivos para os peque-nos, dado que as súas instalacións permiten refrescarse e divertirse.

Participantes nunha das saídas de Frades ao Aquapark de Cerceda

FRADES

O índice de aprobados chega ao 70% no curso da ESO de Ordes

O curso de preparación para as probas de obtención da ESO vol-veu acadar bos resultados en Or-des. O índice de aprobados che-gou ao 60 % dos alumnos na área social, ao 65 % na área lingüística e social, e ao 70 % na área científico e tecnolóxica.

Por tanto, dos vinte participan-

tes no curso máis da metade supe-raron os exames finais. En Ordes danse uns niveis de aprobados su-periores á media. Como compara-ción, en Santiago a media ronda o 30 % de aprobados.

Os concelleiros Susana García e José Manuel Rodríguez acudiron á festa de fin de curso.

ORDES

Tras recibir as notas, os participantes celebraron a fin de curso cunha festa

Entrega de diplomas para rematar os campamentos

Os campamentos organizados polo Concello de Trazo durante o mes de xullo concluíron coa en-trega dos diplomas para os máis pequenos, de mans do alcalde, José Dafonte.

Durante as xornadas nas que se prolongaron os campamentos, os cativos participaron en diversas actividades nas que se combina o

carácter lúdico coa aprendizaxe, nun grao suficiente para non des-conectar de todo do período lec-tivo escolar, pero tampouco sen esquecer que os nenos e nenas es-tán de vacacións.

Para as familias, este tipo de iniciativas municipais permiten compaxinar a súa rutina diaria co descanso dos escolares.

Final festivo dos campamentos de xullo, no que participou o alcalde Dafonte

TRAZO

Petre Abraham Smeu, segundo nun gran certame de violín

Con trece anos, Petre Abraham Smeu, de Porto Avieira (Gándara, Oroso) obtivo o segundo premio no XVI Concurso Internacional de Violín Cidade do Fundao Portugal 2015. Competía na categoría IV, na que a maioría dos intérpretes te-ñen sobre dezaseis anos.

Na proba eliminatoria, Abra-

ham tocou “Grillo” (Óscar da Silva) e “Capricho op. 18 nº 4” (H. Wie-niavsky). Na final interpretou “Pre-ludio e allegro” (Pugnani-Kreis-ler) e “Sinfonía Española” (E. Lalo). Abraham e a súa familia agrade-ceron ao Concello a actuación uns días antes no festival da Aula de Música de Sigüeiro.

Petre Abraham Smeu reside en Porto Avieira, na Gándara (Oroso)

OROSO

Page 27: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

crónicas - Agosto 2015 27

Page 28: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

28

dePORteS

crónicas - Agosto 2015

O Campus do Celta en Oroso ofreceu fútbol e moito máis

Co remate de xullo, chegou ta-mén a fin do Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo en Oroso. Durante varias semanas, os aproxi-madamente cincuenta participan-tes recibiron formación e conse-llos para mellorar o seu xogo no fútbol e para afondar nos valores da deportividade, pero ademais

puideron participar noutras múl-tiples actividades paralelas. Rutas de sendeirismo, visitas ao parque acuático de Cerceda, outras mo-dalidades deportivas e saídas para coñecer as instalacións do equipo vigués no estadio de Balaídos e no campo de adestramento da Ma-droa foron algunhas propostas.

Remate do campus en Sigüeiro, no que recibiron diplomas acreditativos

OROSO

Conclúe o terceiro Campus de Fútbol-Verán de Ordes

O III Campus de Fútbol-Verán Concello de Ordes chegou á súa fin coa clausura da segunda quenda, que sumou máis de corenta parti-cipantes.

Esta actividade, desenvolvida pola S.D. Club Ordes en colabora-ción coa Concellería de Deportes ordense, pretende que os nenos e

nenas teñan a opción de mellorar as súas habilidades no xogo e op-timizar o rendemento dentro do campo.

Para pechar a quenda, o con-celleiro de Deportes e Mocidade, Luis Caamaño, e a concelleira de Educación, Susana García, acudi-ron á entrega dos diplomas.

A segunda quenda do campus supera os corenta participantes

ORDES

Comeza a competición ligueira 2015-2016, que os distintos equi-pos da comarca afrontan desde a ilu-sión e o realismo, despois dunhas se-manas de teóricas vacacións, que en realidade son un bule-bule de prepa-rativos e cambios para evitar que du-rante a campaña haxa demasiados sobresaltos.

É o caso do Trazo C.F., que este ano reduce as novidades a algún que outro novo xogador e tamén a equi-pación. “Mantemos o corpo técnico e toda a nosa columna”, explica Ós-car Noya García, coordinador e direc-tor deportivo do equipo.

Así as cousas, os principais refor-zos son nos laterais, pero “sen nin-gunha posición en concreto, tal vez buscamos zurdos porque no equipo eran escasos os que tiñamos para de-terminadas posicións”, describe.

Continuidade no equipo e con-tinuidade nos obxectivos: “máis ou menos como o ano pasado, no pri-meiro equipo é a permanencia e unha vez conseguida matematica-mente Deus dirá...”, manifesta Noya, que á vez confesa que “esperamos todos non sufrir tanto como o ano pasado”.

Polo demais, a primeira vista o di-rector deportivo do Trazo identifica como rivais de peso o Laro e o La-mela porque “manteñen o grupo que tiñan”. Por suposto, non descarta os equipos descendidos de primeira.

No equipo xuvenil, a pretensión é

“competir duramente” polos postos máis altos da clasificación. Para iso contan co esforzo dos xogadores e a ilusión e capacidade do novo ades-trador. E para os demais conxuntos, as categorías máis de base, “o prin-cipal obxectivo é a formación”. Este

ano non poderán contar co equipo infantil, pero si todos os demais.

O Trazo C.F. tamén albisca tran-quilidade no eido económico, “co apoio de pais e nais, do Concello, das empresas colaboradoras e dos nosos socios”, que agradecen.

O trazo c.F. quere “non sufrir tanto” esta tempadaFÚTBOL O equipo presenta unha elevada continuidade, con reforzos sobre todo nas posicións laterais

O equipo do Trazo 2015-2016 márcase a meta da permanencia. O ano pasado, cun inicio difícil, finalizaron duodécimos

Page 29: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

dePORteS

crónicas - Agosto 2015 29

O Torneo de Fútbol do Concellode Oroso dispútase o 30 de agosto

O Concello de Oroso programou o seu Torneo de Fútbol 2015 para o do-mingo 30 de agosto, dentro da pro-gramación da súa Semana Cultural, que se desenvolverá do 24 de agosto ao 4 de setembro.

A competición desenvolverase no campo de fútbol municipal Lino Ba-lado, situado en Sigüeiro. A partir das cinco e media da tarde, enfron-taranse os equipos do Sigüeiro FC, da

SD Deixebre, do Sigüeiro B e da ED Xuventude Oroso.

Este torneo sérvelles aos equipos locais para medirse todos os anos, nun clima de veciñanza e deportivi-dade. E tamén é unha boa ocasión para acentuar a preparación física para a competición ligueira, para a que as distintas entidades prepara-ron con intensidade xa nas últimas semanas.

OROSO

A S.D. Tordoia celebra a Festa dos Socios o sábado 29 de agosto

A S.D. Tordoia ultima os preparati-vos da súa Festa dos Socios para o sá-bado 29 de agosto. A celebración ad-mite inscricións ata o 23 de agosto, de balde para os socios da entidade, a 18 euros para acompañantes, e a 10 euros para menores de doce anos. As inscricións deben comuni-carse aos teléfonos 669 144 130 ou 637 030 168.

A celebración terá lugar no Campo

da Rega e contará cos servizos dunha pulpeira. O menú estará composto por empanada, polbo con cachelos, rosca, queixo e café.

A organización prevé contar ta-mén cunha actuación musical para darlle aínda máis animación á festa do club, que na vindeira tempada verá como o seu equipo principal se estrea en primeira e que conta con numerosas categorías de base.

TORDOIA

Ricardo Álvarez e Eva Isabel Babiano triunfan en Mesía

ATLETISMO Carreira Concello de Mesía 2015

Ricardo Álvarez (Egovarros-Vi-veiro) e Eva Isabel Babiano (Cáceres) foron os campións absolutos da Ca-rreira Concello de Mesía 2015, dis-putada sobre unha distancia de máis de 12 quilómetros sobre un deseño de grande atractivo técnico que com-bina asfalto e terra, planicie e pen-dente.

Na MiniCarreira, de seis quilóme-tros, gañaron Amador Pena (Com-postela) e María Pérez (A Coruña).

Por categorías de idade, con distan-cias inferiores, victorias para Iago Pa-zos (Atl. Coruña) e Lucía Suárez (Atl. Noia) en cadetes, para Anxo Quindi-mil (Mesía) e Noelia Castro en ale-víns, para Brais Picón e Gloria Iglesias (Mesía) en benxamíns, e para Álvaro Villares e Alessia Rodríguez en pitu-fos.

A organización agradeceu a parti-cipación e a colaboración de empre-sas, veciños e asociacións.

Os corredores toman a saída da MiniCarreira, duns seis quilómetros de lonxitude

Eva Isabel Babiano, campioa en Mesía

Saída da proba principal da xornada, a Carreira, de máis de doce quilómetros

A proba presenta un deseño técnico apetecible e á vez esixente para os corredoresJesús Montero, o participante de maior idade, nun momento da competición

Ricardo Álvarez Amor, o gañador

Page 30: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

30

dePORteS

crónicas - Agosto 2015

O Torneo Interparroquial de Fút-bol do Concello de Mesía 2015 tivo como gañadores o Albixán na catego-ría F5, o equipo de Cumbraos na F8 e o equipo de Visantoña na compe-tición F11.

O Albixán, un combinado inte-grado por xogadores de diversas pa-rroquias, deixou en segunda posición a parroquia de Visantoña e o terceiro posto da categoría, a F5, con xogado-res de cinco a dez anos de idade, foi para Mesía.

En F8, con participantes de entre once e quince anos, tras o equipo de Cumbraos situáronse o de Mesía e o de Visantoña. En realidade, os tres empataron a puntos e o que decidiu a victoria e a orde da clasificación foi o mellor balance de goles. A cuarta posición foi para os xogadores da pa-rroquia de Xanceda.

Na categoría F11, para os maiores de dezaseis anos, a final rematou con empate e precisou ir aos penaltis. Aí, o equipo de Visantoña logrou impo-ñerse ao de Mesía. A terceira posi-ción clasificatoria correspondeulle ao equipo de Xanceda, mentres que en cuarto lugar quedou o equipo da pa-rroquia de Olas.

O Torneo sumou por tanto once equipos nas distintas competicións, distribuídas por tramos de idade, cun total de 130 xogadores. Dispu-touse durante toda unha xornada no campo de fútbo municipal de cés-pede artificial en Visantoña.

O alcalde de Mesía, Mariano Igle-sias Castro, e o terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, José Pardo Álvarez, encargáronse da entrega dos trofeos. A competición estivo patrocinada por Coca-Cola.

O Albixán, o cumbraos e o Visantoña gañan o torneo interparroquial

MESÍA Competiron 130 futbolistas en 11 equipos

Conxuntos que competiron na modalidade de F8, liderada por Cumbraos

Todos os equipos da categoría de F5, na que se impuxo o Albixán

O combinado da parroquia de Visantoña, gañador en F11, co seu trofeoEquipo da parroquia de Mesía, subcampión na competición de F11

Nova etapa no Ordes, con ‘Perry’ presidente e Álvarez adestrador

FÚTBOL O reto básico é a permanencia en Terceira

A S.D. Club Ordes iniciou unha nova etapa, baixo a presidencia de José Antonio Couselo Franqueira ‘Pe-rry’, por certo bastante evasivo para conceder entrevistas, e con Javi Álva-rez como novo adestrador.

Os principais retos da entidade son tanto deportivos como econó-micos. Nestes últimos, a xestión terá que adaptarse ás dificultades fi-nanceiras. E no plano deportivo, o es-forzo é precisamente o de lograr un

equipo competitivo sen gastar dema-siado diñeiro.

A renovación de Nacho como dianteiro e do veterano Cabrejo, su-mada á incorporación de varios xuve-nís no primeiro equipo, son algunhas das bazas para intentar polo menos acadar a permanencia en terceira. Tamén o apoio social e municipal. O alcalde, José Luis Martínez, e o con-celleiro de Deportes, Luis Caamaño, foron ao primeiro adestramento. Primeiro adestramento de pretempada e presentación do equipo ordense

Page 31: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

OPiNiÓN

crónicas - Agosto 2015 31

Os paxariños da Alameda

Sabemos que hai va-rias aves agardando ler aquí referencias á cere-monia da confusión. Pois

non van atopar ningunha faena de desplume. Os ornitólogos simple-mente prefi ren remiti rse ao derra-deiro chío que formularon en xu-llo, cando adverti ron da falsidade, a maldade e as habilidades de adap-tación do virot. Pode que agora se vexan frustrados e que, aprovei-tando a agosti cidade, alguén con competencia asine a execución. Se-ría unha solución? Pode, pero non de por si. Sería unha lectura trabu-cada se alguén pensa que todo se amaña erradicando o virot, cando o que deben mudar son as liñas mes-tras do seu proceder.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Porque, se de verdade as aves queren demostrar que traen con elas novos tem-pos, un dos primeiros pasos

son as técnicas de imaxe e mercado, pero non os únicos. E polo de agora nada mudou aí. Nada. Os mesmos enfoques, a mesma falta de clari-

Moito máis do que pensan. Tanto é así que hai xente que ve en determinada ave

os mesmos hábitos que outra que morou en tempos no mesmo niño. Especie nocturna, aínda que de la-bor profesional mati nal, que facía voos constantes vesperti nos para que a visen na escea e simular que estaba a todo, pero sen estar. Ata o individuo creu a súa propia men-ti ra, de tanto verse nos papeis. Pois a actual vai na mesma liña, por

Tedes que saber que as gai-votas si que se reuniron, por moito que digan. E fa-laron, por moito que calen.

Non lles fi xo falta usar o reservado, pero pensárono. Foi un contacto de cortesía, si, pero con toda a inten-ción de explorar as posibilidades reais da álxebra. Por suposto, os en-contros non derivarán en nada por-que para isto si que hai consciencia do guion e a ave principal sabe que o seu papel perdería credibilidade. E aínda é tempo de gañar, non de perder o que non hai.

Algúns xa ti ñan a lanza-deira preparada para si-mular un ataque e aprovei-tar para emprender voo.

O caso é que ao poñerse cos rexis-tros xenealóxicos, esa grande arma, comprobaron que se pegarían un ti ro no pé. Así que xa se mandou parar porque a gaivota e a pita de monte batí an na roseira, aquelo de todos iguais! Ao fi nal, nada, para-dos. Pero as ocasións non van faltar porque o edifi cio está podre.

dade, a mesma lixeireza, a defor-mación que raia co desprezo do es-pectador... Di a garza que o público agarda algo máis que un cambio de intérpretes e que o pactado foi un xiro completo na trama. E de mo-mento só ve novas caras cos mes-mos xestos, vicios e postas en es-cea de sempre. A cuesti ón está en se culpamos ao apuntador da fun-ción e nos conformamos con iso, ig-norando as responsabilidades do director e das guionistas, ou se pola contra apostan por tomar as rendas da historia. Xóganse moito.

Os sete grandes paxaros ta-mén quixeron facerlles crer aos expertos observadores que se atopan nun niño

acolchado, sen sobresaltos, repleto

E si, o gaivoto verde busca a corrente de aire máis fa-vorable para voar ás mari-ñas. Quizais alí se atope co

corvo podre, ao que tanto ben lle fi xo só por amizade e autoengano, sen obter proveito real. Cae.

de comodidades e concordias. Pero falla o escaparate. Basta ver as ca-ras. E algúns vanse do pico e xa ad-verti ron de que o niño común está moi ben como idea, pero vai esca-char como feito.

moito que voe en dirección contra-ria, fi sica e mentalmente. Por certo, alguén sabe se conserva o míti co sombreiro e as botas vaqueiras, que tanto impresionaron ao ante-rior alférez? Espectáculo aquel!

Jesús Sánchez Pampín

Rúa Compostela, 3 - ORDES981 680 060 - 646 176 185www.carniceriaignacio.com

Page 32: Cronicas comarcadeordes n20 agosto2015

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 08-08-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

O matrimonio formado por Cons-tantino Lagares e Carmen Rial será o protagonista dos actos de homenaxe do Día do Emigrante en Ordes, o vin-deiro domingo 16 de agosto. Neles, no seu periplo vital, personifícase nesta ocasión o recoñecemento a todas as persoas que algún día tive-ron que marchar lonxe da súa terra de orixe na busca dun futuro mellor.

Constantino, de 82 anos, é na-tural de Barbeiros (Ordes), onde vi-sita estas semanas o irmán e a irmá que lle quedan e as súas familias. Carmen, de 72 anos, é da locali-dade costeira de Zas. Os seus desti-nos cruzáronse en Bos Aires e agora, despois dunha vida de moito traba-llo, aproveitan o tempo da xubila-ción para facer moitas cousas que a dureza dos avatares da vida a miúdo lles impediu.

A homenaxe recíbena “como unha alegría moi grande”, declaran os dous. Ela, aínda que noutras oca-sións xa acudiu a actos semellantes pero sen ser protagonista, confésase algo inqueda: “non sei que imos ter que dicir alí, pero o primeiro será dar as grazas”, comenta.

Bastaríalles con relatar algunha pasaxe das súas historias para de-mostrar que o recoñecemento é de sobra merecido. Constantino reme-mora que marchou “para Brasil en 1953, e de Brasil pasei a Arxentina en 1954”. Explica que foi “como tu-rista, e estiven catro anos sen papeis e sen nada”. Mais despois “empecei a encamiñar todo un pouco” e tra-ballou no sector da hostalería ata os 75 anos.

“Foi todo difícil, pero non me queixo -engade-, foime bastante ben e podo volver por aquí de vez en cando”. Ante a cuestión de se vol-

vería emigrar, expón que non había alternativa: “eramos seis irmáns, a casa non era moi grande e había que saír a gañarse a vida”.

Cando foi a Arxentina, Carmen non ía con idea de ficar alí, senón de ver os seus irmáns emigrados. Ten presente aquela viaxe en barco como se fose hoxe. E non esquece como un irmán lle ofreceu estudar. Alí completou os seus estudos de primaria, que fixera en Galicia, cos de perruquería, actividade que lle gustou desde moi nova e na que tra-ballou nas américas. Os seus prin-cipais esforzos centráronse en sa-car adiante os fillos, con dificultades pero ao final con fortuna.

“AGORA EMIGRAR é MOI DISTINTO”Agora, Constantino e Carmen

observan o fenómeno da emigra-ción nos máis novos, que van traba-llar desde España a países de prac-ticamente todo mundo ante a falta de emprego e a grave precariedade laboral en España, incluso para os máis formados.

Non obstante, Constantino ad-virte que emigrar na actualidade “é moi distinto porque daquela a vida era moi dura, eu paseinas bastante mal porque si había traballo pero non se gañaba para vivir”. Escoitán-doo, compróbase que algunhas cou-sas non cambian demasiado co paso das décadas.

Iso si, pese aos sesenta anos fóra, e mesmo aprezando a terra que lles serviu de acollida, Constantino se-gue sentíndose de aquí: “eu da pa-tria non renuncio nunca, nunca; sexa Barbeiros, sexa España, sexa Galicia, ou como lle chames”, afirma con contundencia.

ORDES Constantino Lagares e Carmen Rial serán os homenaxeados o domingo 16 no Día do Emigrante en Ordes

“Non renuncio á miña patria, nunca; chámalle Barbeiros, chámalle Galicia ou chámalle españa”

Constantino Lagares Gómez e Carmen Rial Castiñeira, ante o monumento á emigra-ción onde serán homenaxeados en Ordes o vindeiro domingo 16 de agosto

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática