32
Dos sete municipios da comarca ordense, só os de Cerceda e Mesía superan a media galega en canto a Pro- duto Interior Bruto (PIB) per cápita. Este parámetro, que non se pode asimilar coa renda dispoñible por habi- tante, mide o valor dos bens e servizos xerados na acvi- dade económica dun terri- torio. Cerceda, con máis de 59.000 euros de PIB por ha- bitante, triplica a media ga- lega grazas sobre todo ao seu tecido industrial. Só Cerceda e Mesía superan o PIB per cápita medio de Galicia Páx. 14 A actualización do padrón di que somos 374 menos COMARCA Páx. 10 Os grupos negocian cambios no Plan Xeral para aprobalo ORDES Páx. 5 Páx. 14 Aquí choveu o que choveu Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 25 - Xaneiro de 2016 A suba do leite no súper segue sen chegar ao Gandeiro ECONOMíA Páx. 18 Decididos os proxectos para os plans provinciais COMARCA Páx. 2 O imposto sobre o aumento de valor urbano, á metade OROSO Páx. 9 Preséntase en Oroso o novo club Anova Racing Team DEPORTES Páx. 25 Un temporal curto e intenso deixa múltiples danos na comarca Rafael Regos, un experto campión de cetrería en Ordes ENTREVISTA Páx. 32 Teléfono/Fax: 981 680 917 Ctra. Coruña-Santiago, Km. 30 15689 LEIRA - ORDES (A Coruña) E-mail: [email protected] www.hotelbarreiro.com ESPECIAL VODAS Páxs. 15 a 17

Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 25 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

Dos sete municipios da comarca ordense, só os de Cerceda e Mesía superan a media galega en canto a Pro-

duto Interior Bruto (PIB) per cápita. Este parámetro, que non se pode asimilar coa renda dispoñible por habi-

tante, mide o valor dos bens e servizos xerados na acti vi-dade económica dun terri-torio. Cerceda, con máis de

59.000 euros de PIB por ha-bitante, triplica a media ga-lega grazas sobre todo ao seu tecido industrial.

Só cerceda e Mesía superan o PiB per cápita medio de Galicia

Páx. 14

A actualización do padrón di que somos 374 menos

cOMARcA

Páx. 10

Os grupos negocian cambios no Plan Xeral para aprobalo

ORdeS

Páx. 5

Páx. 14

Aquí choveu o que choveu

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 25 - Xaneiro de 2016

A suba do leite no súper segue sen chegar ao Gandeiro

ecONOMíA

Páx. 18

decididos os proxectos para os plans provinciais

cOMARcA

Páx. 2

O imposto sobre o aumento de valor urbano, á metade

OROSO

Páx. 9

Preséntase en Oroso o novo club Anova Racing team

dePORteS

Páx. 25

un temporal curto e intenso deixa múltiples danos na comarca

Rafael Regos, un experto campión de cetrería en Ordes

eNtReViStA

Páx. 32

Teléfono/Fax: 981 680 917Ctra. Coruña-Santiago, Km. 3015689 LEIRA - ORDES (A Coruña)

E-mail: [email protected]

eSPeciAl VOdAS

Páxs. 15 a 17

Page 2: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

2

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

COMARCA Os plenos deciden os plans de obras e servizos e de acción social

Así gastarán os concellos da comarca o maná da deputación

Os plenos dos Concellos da co-marca decidiron nas últimas sema-nas en que utilizarán o diñeiro que lles corresponde en dous dos princi-pais plans anuais da Deputación da Coruña: o Plan de Acción Social (PAS) de 2015 e o Plan de Obras e Servizos (POS) de 2016. Os proxectos relativos ás infraestruturas viarias e a edifi-cios de uso público son, como é habi-tual, as prioridades establecidas po-las distintas corporacións. Estas son as iniciativas que prevén financiar, á espera de que sexan ratificadas no pleno provincial.

CERCEDA.- Aprobados por unanimidade. O POS investirá un to-tal de 254.000 euros nos camiños de Pedregal a Sabugueiro e da estrada do lago a Pao do Lobo, na estrada da Silva a Vilarbello, un camiño en Mor-zós, e na mellora da capa de rodaxe do camiño Pao do Lobo a Lagoa, en-tre outros. O PAS dispón de 346.000 euros, para a senda peonil desde a estrada provincial ata Recegulfe, para a pavimentación do acceso Cen-tro Tecnolóxico, as beirarrúas na pro-vincial 2406 en Queixas, o camiño dos Arrieiros ata a estrada da Lara-cha polo polideportivo, e os accesos ao Telleiro.

FRADES.- Aprobados cos vo-tos do goberno e a abstención do BNG. O POS investirá 157.000 euros en pistas, camiños e accesos de di-versas parroquias. E o PAS conta con 265.000 euros para acondicionar os accesos ás áreas recreativas das Vir-tudes e de Augasantas, ao lavadoiro de Fonte Santaia (Moar), e aos locais sociais de Céltigos, Aiazo e Galegos. Tamén se intervirá nos locais sociais da Ponte Carreira, de Papucín, de Mesos, de Galegos, de Cima de Vila e de Abellá. E instalarán unha cuberta no CPI da Ponte Carreira para en-tre o colexio e o pavillón. E hai final-mente no PAS ampliacións do abaste-cemento en varios lugares do munici-pio e melloras de viais.

MESÍA.- Aprobados por unani-midade. O POS, con 224.000 euros, obrará na ponte sobre o río Samo na parroquia de Mesía e en diver-sos camiños. O PAS está dotado con 306.000 euros para unha senda peo-nil na Igrexa (Boado), unha praza na

Igrexa (Mesía), reparacións dos ves-tiarios do campo de fútbol en Visan-toña, acondicionamento da piscina municipal en Xanceda, arranxos no polideportivo de Xanceda e varios ca-miños.

ORDES.- Os proxectos saíron adiante co voto a favor do goberno e a abstención da oposición. O POS conta con 403.000 euros, que se des-tinarán ao acondicionamento do firme de numerosos tramos de pis-tas e camiños, e a canalizacións de pluviais. A oposición botou en falta proxectos de abastecemento ou me-lloras en instalacións deportivas, que o executivo prevé financiar noutros plans, con remanentes ou con ache-gas da Xunta e da Deputación.

O PAS, que suma 550.000 eu-ros, recolle beirarrúas na rúa da Co-ruña, melloras nos accesos ao insti-tuto Maruxa Mallo e á piscina clima-tizada, na contorna do cemiterio do Balado, no campo de fútbol de Poulo, na igrexa e local social de Pereira, no camiño da área recreativa de Vilagu-dín, estación de Fosado, varios cami-ños como os de Lavandeira e A Es-penica, o acondicionamento do en-torno dos locais sociais de Poulo e Barbeiros e da escola de Mercurín. Tamén se rematarán varias obras de abastecemento de auga e chegará o saneamento a Lavandeira de Abaixo en conexión coa depuradora da zona de Poulo.

OROSO.- Unanimidade na apro-

bación. Os 245.000 euros do POS des-tínanase á Rúa da Tosca (Sigüeiro), a varios viais de diversas parroquias, e á rede de abastecemento de auga desde A Igrexa ata A Garabanxa (Cal-vente). E os case 360.000 euros do PAS servirán para crear unha senda peonil desde A Baiuca ata A Igrexa (Senra) e outra desde a Rúa María Casares (Porto Avieira) ata O Piñeirón (A Gándara). Tamén a rede de abas-tecemento de auga desde Valverde (Vilarromariz) ata A Falmega (A Gán-dara), e a ampliación do alumeado público en varios lugares.

TORDOIA.- A relación de proxectos recibiu os votos a favor do PP. Do POS, 142.000 euros resér-vanse para a mellora de accesos e ca-miños en varios puntos do municipio máis para unha praza en Santaia de Gorgullos. E en canto ao PAS, aproxí-mase aos 335.000 euros para a reha-bilitación do centro social do Casti-ñeiro (Andoio), bancadas no campo de fútbol de Gorgullos, os accesos á piscina e ao polideportivo na Ponte-pedra, e múltiples viais, accesos e ca-miños en diversos emprazamentos do municipio.

TRAZO.- A nula comunicación do goberno do PP impide coñecer a totalidade das obras. En cambio, o PSOE si confirmou que logrou in-cluír as súas propostas para reparar os centros sociais de Restande, Mor-lán e A Brea e mellorar a estrada da Cerqueira á Ponte (Chaián).

O Plan de Conservación de Estradas da Deputación da Co-ruña investirá case 1.345.000 euros en viais de interese para a comarca. O investimento na zona atópase distribuido en tres grupos dos 36 que compoñen o programa, aprobado polo pleno da corporación provincial nos derradeiros días de 2015.

Un dos grupos recolle estra-das de titularidade provincial nos municipios de Boimorto, Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Vilasantar. O seu importe é de case 444.000 euros. Outro está dotado con algo máis de 450.000 euros e agrupo viais dos municipios de Cerceda, A Laracha e Carballo. E un terceiro engloba Ordes, Santiago, Tor-doia, Trazo e Val do Dubra, cun investimento previsto próximo aos 451.000 euros.

Esta é a primeira fase do plan de conservación para 2016, que no conxunto da provincia aproxímase aos 11,3 millóns de euros. O programa contempla a execución de distintos traba-llos de de mellora do firme, re-bacheo e desbroce e limpeza de cunetas nos 2.119 quilóme-tros de estradas cos que conta a rede viaria provincial.

A aprobación desta primeira fase efectuouse de maneira an-ticipada con respecto ao que viña sendo habitual na Depu-tación. O goberno provincial, encabezado polo socialista Va-lentín González Formoso, ase-gura que é a primeira vez que se aproba antes de que comece o ano en que entra en vigor o plan.

Co tempo gañado, cren que poderán “axilizar a contratación e a execución das obras incluí-das e realizalas durante a época de bo tempo, de xeito que a maior parte estean remata-das antes da época estival”, se-gundo asegura a Deputación.

Por outra parte, o pleno pro-vincial tamén aprobou a senda peonil de case un quilómetro de lonxitude en Vista Alegre (Gale-gos, Frades).

O plan provincial de conservación reserva máis de 1,3 millóns para vías da comarca

A posta ao día da rede viaria consume gran parte dos recursos dos plans provinciais

Page 3: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

crónicas - Xaneiro 2016 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

4

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

É o que cabe agardar no inverno. Pero, en contraste co outono seco e caluroso, as intensas chuvias da pri-meira quincena do ano pillaron a co-marca co paso cambiado e puxeron a proba as súas infraestruturas e a ca-pacidade de atender situacións de risco. Cómpre ter en conta que nos primeiros quince días do ano a esta-ción automática que MeteoGalicia ten na comarca, situada en Mesía, acumulou case 300 litros de precipi-tación por metro cadrado e practica-mente a metade concentrouse entre os días 7 e 9 de xaneiro.

A rede viaria foi a máis prexudi-cada. As enchentas obrigaron a cor-tar varias pistas e camiños, nalgúns

casos puntualmente polo nivel ele-vado que acadou a auga e nos máis graves ata que se reconstrúan por-que pasos e pontes acabaron desfei-tos. En Frades sucedeu por partida doble, xa que o temporal levou por diante a ponte do Raselo (Gafoi), que xa estaba nun estado moi precario, e a ponte de Xeza entre Reboredo (Ga-legos) e A Gándara (Abellá).

O peor foi a morte dun home en Oroso. O cadáver foi rescatado no río Tambre, en Sigüeiro, na tarde do 9 de xaneiro. A familia levaba horas sen saber nada del e xa denunciara a des-aparición. Tiña problemas de saúde e barállase que puido caer ao río por accidente cando paseaba.

O ano comezou entre tempestades

COMARCA Un falecido no Tambre en Sigüeiro

Imaxe dunha lectora, coa maquía da Grabanxa (Oroso) no medio da auga

A auga acabou de destrozar a ponte do Raselo, situada en Gafoi (Frades)

Pista en Vilamaior (Ordes), que se viu desbordada pola auga (imaxe dunha lectora)

Unha ponte en Oroso, ao límite da súa cota polo enorme caudal (Protección Civil)

O Tribunal Supremo absolveu ao ordense Carlos Calvo Varela dun de-lito de tenencia de explosivos e cola-boración coa organización terrorista Resistencia Galega, anulando a con-dena que lle impuxera a Audiencia Nacional en abril do ano pasado, de sete anos de cárcere.

O TS considera que xa fora con-denado por eses feitos a finais de 2014, tamén cunha pena de sete anos de prisión, e que non pode ser condenado dúas veces polo mesmo. A clave radica en que, aínda que a tenencia de explosivos se observou dúas veces, en outubro de 2011 e en setembro de 2012, só se trata dun delito.

A explicación que dá o propio Su-

premo é que “dous actos de tenen-cia de explosivos temporalmente di-ferenciados constitúen un só delito entre un e outro a persoa non foi de-tida ou imputada”.

En todo caso, a sentenza dá por feitos probados que Varela facili-tou o transporte dunha bolsa cunha bomba que alguén -descoñécese exactamente quen- colocou nun cai-xeiro automático en Vigo o 10 de ou-tubro de 2011. Un anaco do seu DNI apareceu na porta de acceso ao cai-xeiro para evitar que se pechase. O artefacto foi desactivado pola poli-cía, despois de recibir o aviso duns cidadáns que o viron. A explosión controlada causou danos materiais en inmobles da zona.

ORDES Porque xa fora condenado polo mesmo feito

O Tribunal Supremo anula unha condena ao ordense Carlos Calvo

As cinco persoas acusadas por delitos de roubo con violencia, le-sións, detención ilegal e recepta-ción tras un asalto en Sigüeiro en 2013, aceptaron penas que van dende os seis meses aos seis anos de cárcere. A petición inicial da Fis-calía era maior, ata 22 anos para o principal procesado, pero un acordo coa defensa rebaixou a pena.

A pena de seis anos e tres meses recae no acusado de intento de asa-sinato. A acusación foi retirada polo fiscal e aplicouse a pena mínima só por roubo con violencia, detención ilegal e lesións, coas atenuantes de toxicomanía e alteración psíquica. Outro asaltante foi condenado a ca-tro anos e tres meses por roubo con

violencia e detención ilegal.Unha terceira acusada viu re-

baixada a pena a seis meses. E ou-tros dous foron condenados a dous anos cada un. Estes dous últimos son a indutora do roubo e un amigo seu, cooperador. Ela contactou con el para que, en outubro de 2013, buscase dúas persoas para forzar o cobro dunha suposta débeda de 2.850 euros.

Os dous principais condenados acudiron á vivenda da vítima en Sigüeiro, onde estaba con paren-tes, insultándoos, ameazándoos de morte, forcexeando, golpeándoos cunha barra e unha pistola e poñén-dolle un coitelo no pescozo a un, e finalmente pechándoos por fóra.

OROSO Cinco condenados polo suceso, en 2013

Ata seis anos de prisión por un roubo e secuestro en Sigüeiro

Page 5: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

crónicas - Xaneiro 2016 5

ORDES Non se prevé que sexa incluído na orde do día do pleno ordinario de xaneiro

Os grupos debaten sobre o PXOM tras fallar o primeiro intento de aprobación

O Plan Xeral de Ordenación Muni-cipal (PXOM) de Ordes segue no aire. Tras fracasar o intento de aprobación inicial polo pleno en decembro, os gru-pos políticos adentráronse nunha fase de estudo a fondo, presentación de propostas e a busca de consenso para sacar adiante o plan. Sempre mirando o reloxo, posto que a aprobación tería que ser antes de que entre en vigor a nova lei autonómica do solo, quizais entre febreiro e marzo. Do contrario, terían que comezar de cero.

Lonxe de ser un trámite, o pleno da fallida aprobación inicial serviu para elevar a tensión. Non reuniu a maioría absoluta necesaria, posto que só o PP votou a favor, o BNG e o PSOE en con-tra e UxO abstívose.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, apelou á “responsabilidade” para tratar de sacar adiante o PXOM. Admitindo que é mellorable e remar-cando que a lei non lle daba marxe para presentar un plan novo, insistiu en que as propostas da oposición po-derían avaliarse no periodo de exposi-ción pública. Non aprobar o plan antes da nova lei, segundo o rexedor, supo-ría ter que agardar a outro non antes de 2018 e botar a perder o diñeiro gas-tado no documento en debate.

A discusión máis tensa, incluso con chamada á orde, viviuse entre o alcalde e a portavoz de UxO. Silvia Marín acusou directamente a Martí-nez Sanjurjo de “paralizar” o plan no mandato anterior. Segundo lembrou, desde 2011 ata 2013 o entón líder da oposición poñía múltiples obxeccións e advertía de diversos erros, ata que a

propia Marín admitiu que ela chegou a non estar de acordo co plan “por-que fíxome entender que había moi-tas cousas mal”. Segundo UxO, a nega-tiva de Martínez a plasmar propostas por escrito evidenciaba que o seu inte-rese era bloquear un plan que agora o PP presenta con cambios puntuais que obedecen peticións persoais.

Martínez replicou chamándolle “mentirosa compulsiva” a Marín, re-velou que o anterior concelleiro de Ur-banismo, Roberto González, o convo-cara a “reunións secretas” para el in-aceptables e desbotou calquera culpa na situación actual. Nesta liña, as pro-postas de UxO posteriores ao pleno expoñen unha serie de deficiencias teoricamente aprezadas nestes anos por Martínez e demandan corrixilas.

O BNG, pola súa parte, puxo en dú-bida que a tramitación do plan cum-pra a legalidade, sinalando aspectos como que a técnica municipal de ur-banismo que informa do plan “traballa na mesma empresa que o elaborou”, en palabras de Pablo Vidal, portavoz

nacionalista, que recalcou que non po-ñen en dúbida a profesionalidade da técnica. Vidal advertiu de que a inse-guridade xurídica podería levar nuns anos a que a xustiza tumbe o plan, lembrando o caso de Vigo.

Os nacionalistas, que se queixan de que ata agora non se lles dera a opor-tunidade de participar no proceso, aproveitaron o tempo para estudar a fondo o PXOM e presentar quince pro-postas, unhas xerais e outras moi con-cretas.

Verónica Gómez (PSOE) inclinouse no pleno por contar cunhas semanas para estudar cun mínimo de calma o plan e desdramatizou que haxa que empezar un novo PXOM baixo a nova lei do solo, que ela agarda máis per-misiva que a actual. Os socialistas ta-mén examinan o documento punto por punto e presentan propostas.

Así as cousas, a vindeira reunión cos técnicos é este 28 de xaneiro e por tanto non se prevé que o PXOM figure na orde do día do pleno ordinario co-rrespondente ao mes de xaneiro.

Detido un veciño de Cerceda por suposta distribución de drogas

Un veciño de Cerceda foi de-tido como suposto autor dun de-lito contra a saúde pública. A Garda Civil interviu no operativo varias doses de substancias estu-pefacientes como cocaína, mari-huana e outros elaborados psico-trópicos xa preparados para a súa distribución.

Todo comezou, segundo a Garda Civil, por unha chamada telefónica na que se informaba dunha disputa familiar nun domi-cilio de Cerceda. Cando os axen-tes chegaron, o home que despois sería detido non estaba xa na vi-venda. Mais veciños e algún pa-rente ofreceron os datos necesa-rios para a súa identificación.

Horas máis tarde, foi localizado nas inmediacións do domicilio, ao que se achegou nun coche. Tras ser identificado e despois dunha revisión do vehículo, as forzas de seguridade interviron máis de 4.000 euros en efectivo e doses de cocaína.

A Garda Civil cre que a droga era distribuída na zona e Cerceda e na área de influencia da Coruña. O detido foi posto a disposición xudicial.

ROUBOS EN NOITEVELLAPor outra parte, nun operativo

no que interviron a Garda Civil e a Policía Local de Ordes foi detido outro home como suposto autor de diversos furtos durante as ce-lebracións da Noitevella en Ordes.

Sobre as dúas da madrugada, as forzas de seguridade comeza-ron a recibir avisos dos furtos. E tras un operativo que se prolon-gou durante o resto da madru-gada foi detido o home, duns 30 anos e residente na Coruña. Le-vaba dous teléfonos intelixentes, dous bolsos de marca, carteiras, tarxetas de crédito e de débito, documentación persoal... Todo va-lorado nuns 2.900 euros.

O detido, con antecedentes por feitos similares, entraba en pubs, dáballes conversa a clientas e aproveitando os descoidos con-sumaba os furtos. Os obxectos fo-ron xa devoltos ás súas donas.

CERCEDA

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou unha de-manda do Concello de Cerceda con-tra unha sentenza do xulgado do con-tencioso-administrativo número 1 da Coruña, que condenara á administra-ción local a pagar 200.708,39 euros, máis intereses e costas, polo doble endoso da factura das obras na esta-ción ferroviaria de Meirama, en dúas entidades bancarias diferentes.

Os feitos remóntanse a 2012. En setembro, o Concello pagou en Ba-nesto uns 200.000 euros. O pago dunha cantidade semellante por esa mesma factura e certificación de

obra repetiuse no Banco Pastor, hoxe Banco Popular, entidade á que agora o Concello lle ten que pagar a contía recollida na sentenza.

A portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, pide a dimisión do alcalde e acúsao de causar “un prexuízo eco-nómico ao Concello” por non se-guir “a tramitación establecida como norma á hora de realizar o endoso dunha factura”. O Bloque cre que o contratista “aproveitouse da boa re-lación que tiña co alcalde para endo-sar unha factura/certificación dúas veces”.

En pleno, o portavoz do PP, Fran-

cisco Santos, acusou ao Concello de colaborar “nunha estafa xa confir-mada e constatada”. O alcalde, José García Liñares, replicoulle que “este Concello non colaborou en ningunha estafa” e explicou que “fíxose un uso fraudulento dun papel que saíu desta administración”. O rexedor indicou que o sucedido “non é culpa do go-berno, se é de alguén foi miña pero non colaborei en ningunha estafa”. García Liñares reprochou que o líder da oposición non fose máis “come-dido” e que falase sen propiedade, poñendo en dúbida que Santos pui-dese definir o termo estafa.

O tSXG mantén a condena polo endoso dunha factura en dous bancos distintos

CERCEDA O Concello deberá pagar case 201.000 euros, máis intereses e costas

Droga, diñeiro e material incautados

Frades, pendente de Medio AmbienteMentres en Ordes os grupos

políticos negocian o PXOM, en Frades agardan que a Xunta emita dunha vez a memoria ambiental do seu plan, que é o documento que lles resta para poder apro-balo inicialmente no pleno muni-cipal tras contar co informe de Pa-trimonio.

Nunha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordena-ción do Territorio, Beatriz Mato, o alcalde, Roberto Rey, solicitou a maior rapidez por parte da Xunta. O prazo legal é de dous meses, pero o rexedor quere que estea a comezos de febreiro para evitar a nova lei do solo.

Page 6: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

6

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

FRADES O goberno asegura que se debe ao novo método de elaborar as contas

Os orzamentos municipais caen este ano un 3%, ata os 1,84 millóns de euros

O Concello de Frades estima que este ano 2016 poderá gastar case 1.843.000 euros, segundo figura no proxecto de orzamentos aprobado no derradeiro pleno de 2015, cos vo-tos a favor do PP e a abstención do BNG. Segundo o goberno, as contas son un 3 % menores que o ano pa-sado (1.895.000 euros), pero a redu-ción débese ao novo método utili-zado para elaboralas.

O alcalde, Roberto Rey, afirma que a nova secretaria municipal op-tou por non computar as achegas de diversas subvencións autonómicas pendentes de confirmar, aínda que si se recolle a parte que deberá finan-ciar o Concello. É o caso dos proxec-tos do Fondo de Compensación Am-biental ou das axudas para aforro enerxético. “Unha vez que se mate-rialicen -engadiu o edil de Economía, Manuel Barreiro- as contas sumarán uns 150.000 ou 200.000 euros máis”.

O documento aprobado reserva uns 510.000 euros para investimen-tos reais, contía uns 3.000 euros in-ferior á de 2015. En gastos de persoal

baixan ata os 410.000 euros, cando o anterior exercicio foran 434.000 eu-ros. O goberno atribúe este descenso á baixada de nivel do posto de secre-taria-interventora, tras a xubilación da anterior funcionaria.

Os gastos correntes sitúanse en 811.000 euros e xa contan co man-temento da depuradora da Ponteca-

rreira e do novo punto limpo. O alcalde defendeu os orzamen-

tos como “realistas, inversores, cen-trados nas políticas sociais, que au-mentan os gastos en servizos esen-ciais aos veciños, que mantén as axu-das ás asociacións e fano sen débeda pública, sen déficit, nin aumentos de taxas ou de impostos”, dixo Rey.

Sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos fradenses para 2016

Aprobados 2,65 millóns de euros de orzamento, que incrementa os investimentos un 11 %

TORDOIA

Os orzamentos do Concello de Tordoia para 2016 foron aproba-dos cos votos a favor do goberno (PP) e a abstención do PSOE e da concelleira do BNG. Ascenden a 2.650.000 euros, cun lixeiro in-cremento sobre os do ano pasado (2.615.000 euros).

O goberno destaca que se in-crementa o capítulo de gastos de persoal (de 879.000 a 1.016.000 euros) en gran medida polo inicio da actividade do Punto de Aten-ción á Infancia (PAI) e as contrata-cións que supuxo, así como polo reforzo no ámbito dos servizos sociais. Os gastos correntes caen un 11 %, desde os 922.000 ata os 813.000 euros. E os gastos fi-nanceiros son menos da metade, de 98.000 a 47.000 euros.

En canto aos investimentos, medran un 11 %, ata os 507.000 euros. En 2015 foran 454.000. O goberno municipal, que fala dun orzamento “equilibrado”, conta con incrementar esta contía con subvencións da Xunta de Galicia.

Segunda Oportunidade, a canceira de Ordes, promove a necesidade de adoptar animais entre os máis pe-quenos. Con tal propósito, recibiu a visita dos nenos e nenas que partici-paron no Christmas Camp 2015. Os responsables da canceira e do cam-pamento explicáronlles a importan-cia da adopción de mascotas e os be-neficios e axuda que supón tal xesto solidario.

A intención é que os cativos sexan conscientes das responsabilidades que conleva ter unha mascota e dos coidados continuos que precisa. A vi-sita produciuse xusto en datas nas que un dos agasallos máis frecuen-tes que reciben os nenos e nenas son precisamente animais domésticos.

Na sociedade medra a concien-cia de que a compra pode sustituírse pola adopción e sobre todo de re-flexionar moito a decisión, para evi-tar que a alegría dos primeiros días derive ao pouco nun abandono.

Durante a visita, na que participou a tenente de alcalde, Ana Soneira, os nenos e nenas tiveron a ocasión de

coñecer as instalacións da canceira e o seu funcionamento habitual. Expli-coulles todo a veterinaria encargada do centro, que lles deu a oportuni-dade de xogar con algúns dos cans acollidos.

Nas últimas xornadas tamén se co-ñeceu un significativo apoio para a Asociación de Amigos da Canceira.

Veu da man da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda (Mesía), que doou 1.000 euros, procedentes de parte da recadación das visitas que reciben ao longo do ano, para contri-buír co seu labor contra o abandono de animais, a promoción das adop-cións e a responsabilidade por parte dos propietarios.

Segunda Oportunidade promove a adopción de cans entre os máis cativos

ORDES Nova distribución interior, pintura e adecentamento da contorna

Os socialistas piden maior atención sobre os vertidos incontrolados de lixo nas parroquias

ORDES

Os socialistas de Ordes so-licitáronlle ao goberno munici-pal maior atención para evitar a “proliferación de “vertedoiros in-controlados”. Sitúan dous ca-sos recentes en Poulo, con entu-llos dunha obra, e en Vilamaior, con plásticos agrícolas. O PSOE cre que a política medioambian-tal establecida no seu paso polo goberno “foise deteriorando cos sucesivos gobernos municipais” e reclama tamén que se vixíe a pe-gada de carteis no núcleo urbano, que crían erradicada.

Os nenos e nenas participantes no Christmas Camp, de visita á canceira ordense

Page 7: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

PuBlicidAde

crónicas - Xaneiro 2016 7

Page 8: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

8

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

A Mancomunidade de Ordes quere que a Xunta siga ofrecendo colabora-ción financeira para ampliar o servizo de atención temperá. Así llo expuxo o presidente da entidade supramunici-pal e alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

Rey Martínez explicou que a súa intención é que as catro empregadas adscritas ao servizo poidan traballar cun contrato a xornada completa. Na actualidade, só están nesa situación dúas, e as outras dúas están a me-dia xornada. A ampliación permitiría atender toda a demanda existente na comarca para un servizo “moi de-mandado pola cidadanía”, segundo o presidente da entidade supramunici-pal.

PUNTO PARA A INFANCIA No encontro co conselleiro, no

que tamén participou Perfecto Ro-dríguez como novo director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Rey Martínez tamén presentou, como alcalde de

Frades, a proposta de crear un Punto de Atención á Infancia (PAI). No caso de que a Xunta apoiase esta inicia-tiva, da que non trascendeu nin o emprazamento nin as características, tería que ser compartida con outro municipio da contorna, en parte de-bido á escasa natalidade da zona.

Queda por ver agora en que me-

dida se materializan estas propos-tas, formuladas nunha reunión que a Consellería de Política Social en-marca nunha serie de encontros que o seu titular está mantendo con di-versos rexedores do país para coñe-cer as necesidades que presentan e ver como mellorar a atención nos servizos sociais.

A Mancomunidade pide que a Xunta axude a ampliar a atención temperá

COMARCA Reunión do seu presidente, Roberto Rey, co conselleiro de Política Social

A Xunta aproba a modificación do PXOM para as obras do enlace da autoestrada AP-9

OROSO

A Xunta aprobou unha modi-ficación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Oroso, que lle dá encaixe urba-nístico ás obras de ampliación do enlace da autoestrada AP-9 en Si-güeiro.

A modificación consiste na de-finición de ámbitos clasificados como solo urbanizable non deli-mitado que pasan a solo rústico de protección de infraestruturas (autoestrada), solo rústico de pro-tección ordinaria e solo de núcleo rural. Tamén se modifica un ám-bito que se considera espazo libre de dotación local do polígono em-presarial (solo urbano), que pasa a solo rústico de protección de in-fraestruturas (autoestrada).

O enlace supón perder 10.930 metros cadrados de zonas ver-des no ámbito do Parque Empre-sarial e a redución do seu longo a 30 metros noutros 8.820 m2. Estas reducións compénsanse incorpo-rando ao PXOM 56.599 metros ca-drados para un parque fluvial.

José Manuel Rey, conselleiro (esq), e Roberto Rey, presidente da Mancomunidade

ORDES Gratificación económica de 5.000 euros outorgada por Turismo de Galicia

Premian o concello de Ordes polo seu labor de limpeza no camiño inglés

Segundo posto na categoría de actividades desenvolvidas por Con-cellos. É o recoñecemento obtido por Ordes na primeira edición dos Pre-mios Camiño de Santiago 2015, ou-torgados pola axencia autonómica Turismo de Galicia. Segundo o go-berno municipal, supón unha grati-ficación económica de 5.000 euros e débese aos labores de limpeza efec-tuados pola administración local no itinerario do Camiño Inglés. O pri-meiro clasificado da categoría foi o Concello de Portomarín.

A tenente de alcalde e concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural, Ana Soneira, acudiu a recoller o pre-mio, nun acto que se desenvolveu na Cidade da Cultura e no que partici-paron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a direc-tora de Turismo de Galicia, Nava Cas-tro.

Soneira asegurou que o Concello recibe co premio un impulso para tra-ballar máis polo Camiño e que ten un “enorme interese en promocionar e facer medrar o Camiño Inglés, tanto

como punto de interese turístico e medioambiental como nas posibili-dades empresariais que lles ofrece aos veciños e veciñas da comarca”.

Os principais premios das demais categorías recibíronos a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Ávila, na categoría de asociacións; a Asociación de Desenvolvemento Ru-

ral Mariñas-Betanzos, no apartado de pequenas e medianas empresas; e o Grupo de Investigación Cultural e Sociedades no Mundo Ibérico desde a Idade Media, do Instituto de Esta-dos Galegos Padre Sarmiento, nunha categoría centrada na difusión aca-démica, educativa e de investigación vinculada co Camiño.

O acto de entrega dos premios desenvolveuse na Cidade da Cultura en Santiago

Ata o 31 de marzo poden presentarse propostas para o Certame de Traballos de Inves-tigación do Camiño Inglés, con-vocado polo Concello de Oroso por primeira vez.

Pode participar calquera persoa con investigacións so-bre calquera faceta deste itine-rario peregrino. Os traballos te-ñen que ser orixinais e inéditos e poden presentarse en galego, inglés ou castelán. Deben entre-garse en papel ou enviarse por correo electrónico a [email protected].

Existe unha categoría para investigadores (mínimo 18.000 caracteres), outra para pere-grinos maiores de idade (mí-nimo 5.000 caracteres) e outra para menores de idade (mínimo 2.500 caracteres). Hai tres pre-mios por cada categoría.

Os documentos pasarán a formar parte dos fondos do Centro de Estudos e Investiga-ción do Camiño Inglés, creado en novembro no centro cultural de Sigüeiro.

Convocan en Oroso un certame de investigacións

Page 9: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016 9

A perda auditiva ou hipoacusia débese a danos ou disfuncións nalgunha ou varias partes do oído que poden deberse a múlti-ples causas.

Estos problemas auditivos poden oco-rrer a calquera idade aínda que con maior predominio a partires dos 60 anos polo de-terioro do oído, de forma similar ao que ocorre coa vista.

Esta perda auditiva pode ser de dis-tintos tipos (conductiva, neurosensorial ou mixta) e de diferentes grados. O grado pode variar segundo o nivel de afectación dende unha hipoacusia leva (sobre un 30% de perda auditiva) ata unha profunda (so-bre un 90% de perda auditiva) pasando polos grados intermedios. Pero ademáis do grado de perda auditiva hai que ter en conta o entendemento das conversas, so-bre todo en situacións con ruído de fondo.

Padecer unha perda auditiva é algo

molesto e limitante, sobre todo para man-ter conversas e relación sociais pero in-cluso para poder ver a televisión ou falar por teléfono, pero que por sorte ten solu-ción no 99% dos casos.

No centro auditivo OE+ pode aseso-rarse por parte de profesionais da audio-loxía en canto á súa perda auditiva pero tamén en canto ás súas posibles solución cos medios tecnolóxicos existentes, inclui-dos os medios máis avanzados.

QUE SOLUCIÓNS PODO ATOPAR NO CENTRO AUDITIVO OE+?Tras realizar un estudio completo e gra-

tuito da súa audición poderemos ofrecerlle unha solución personalizada ás súas nece-sidades, contando cunha ampla gama de productos de todas as marcas, formatos e prezos do mercado.

Calquera dos formatos expostos pode dispoñer dos últimos avances tecnolóxicos en audífonos en función da gama, incluindo sistemas de reducción de ruido, reducción de ruido de vento, eliminación de pitidos ou outras características varias que permi-ten axustar o audífono ás necesidades per-soais do usuario como por exemplo a conec-tividade inalámbrica por bluetooth. Esta op-

ción permite conectar os audífonos do oído dereito e esquero entre eles para mellorar a escoita dos sonidos ambientes, sobre todo conversas pero tamén permite conectar di-rectamente aparatos electrónicos como o móvil ou a televisión aos audífonos conver-tíndoo nunha axuda específica.

Pero ademáis dos audífonos, tamén existen axudas técnicas auditivas para si-tuacións concretas como poden ser teléfo-nos ou despertadores específicos, avisado-res de timbre ou incluso escoita bebés en-tre as múltiples opcións existentes.

Non dude en acudir ao seu centro au-ditivo OE+ para realizar un estudio au-diométrico completo e solicitar informa-ción e asesoramento en canto aos diferen-tes modelos de audífonos dispoñibles ac-tualmente no mercado. Os especialistas que o atenderán ofreceranlle a mellor op-ción para o seu caso en concreto cun pre-suposto o máis axustado posible.

OROSO O PP pedía eliminalo e o alcalde replica que se trata dun imposto “xusto”

Reducen á metade o imposto sobre o incremento de valor de terreos urbanos

O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza ur-bana terá unha bonificación do 50 % en Oroso. O cambio aprobouno o go-berno local (PSOE) co apoio do BNG, mentres que o PP e o concelleiro de Anova abstivéronse.

O executivo de Manuel Mirás ase-gura que a bonificación concederase de oficio por parte do Concello nas transmisións de terreos e na trans-misión ou constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizadas a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascen-dentes e adoptantes.

XUSTO OU INXUSTO? O PP considera que este imposto

“debería eliminarse”, como xa defen-dera no seu día durante a campaña electoral, segundo lembraron. O con-celleiro de Anova, Manuel Siverio Mirás, considerouno “inxusto” e, co apoio do PP, pediu que se retirase o asunto da orde do día do pleno.

O alcalde, Manuel Mirás, replicou

que “este é dos impostos máis xustos que hai, posto que é normal que al-guén pague cando allea un ben e ob-tén un valor engadido”. Mirás pediu-lles “seriedade e responsabilidade” ao PP e Anova e fixo constar que as súas propostas “son lindezas que din pero só servirían para poñer en risco a facenda municipal, xa que deixar de

aplicar este imposto obrigaría a subir outros”.

O rexedor aproveitou para lem-brar que a presión fiscal de Oroso si-túase lixeiramente por debaixo da media cos Concellos galegos e está practicamente na metade da media das administracións locais de toda España.

A bonificación recibiu o apoio de PSOE e BNG e a abstención do PP e Anova

Gonzalo Veiras toma posesión como novo concelleiro do BNG

ORDES

Gonzalo Veiras Carneiro to-mou posesión como concelleiro do grupo do BNG en Ordes na se-sión plenaria de mediados de de-cembro. Veiras, cuarto da can-didatura nacionalista do pasado mes de maio, accedeu á corpora-ción por mor do falecemento de Ramiro Recouso Liste.

Veiras Carneiro, na toma de posesión

Audífonos/prótesis auditivas Audífonos retroauriculares: responde ao modelo máis convencional e clásico aínda que actualmente cun tamaño máis reducido e novos acabados.

Audífonos intracanais: circuito do audífono insertado nunha cápsula feita á medida do conducto e pabellón da persoa usuaria de xeito totalmente personalizado.

Audífonos RITE: tamén colocado detrás da orella como os retroau-riculares, teñen un menor tamaño, son máis discretos e ofrecen a posibilidade de adaptación na meirande parte das perdas auditivas.

Varillas auditivas: alónxanse do formato tradicional de audífono ao estar o circuito integrado na patilla da gafa.

Page 10: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

10

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

COMARCA

ORDES O PSOE di que non chega e o PP chámalles “analfabetos presupostarios”

Nova lea entre o PP e o PSOe polo investimento na estrada de Mercurín

O PP e o PSOE de Ordes enfron-táronse nas últimas semanas polo in-vestimento de 1,5 millóns de euros comprometido pola Xunta para repa-rar a estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín. Os socialistas din que as obras non comezarán ata 2018 por-que a Xunta rexeitou a súa proposta de incrementar a partida nos Orza-mentos deste ano e o PP reitera que o diñeiro está consignado e lamenta o “analfabetismo presupostario” dos seus opoñentes.

Os socialistas lanzaron a súa crí-tica tras ver rexeitadas as súas emen-das ás contas autonómicas no Par-lamento de Galicia. Nunha reunión co parlamentario Xosé Sánchez Bu-gallo, este afirmou que “o PP votou en contra de dotar esta obra do or-zamento preciso para que se faga en 2016, agora con sorte o proxecto po-derá facerse este ano, as expropia-cións en 2017 e despois comezarán as obras”, incluídas en 2008 no Plan Miner e despois anuladas.

A resposta do PP foi contundente. Atribúen as críticas a “ciumes de mal

perdedor” e aprezan que o PSOE, “que fixo de palafraneiro de Regos durante os dous pasados mandatos, agora rabea porque o PP busca solu-cións ás carencias dos veciños de Or-des e xestiona os recursos públicos con rigor”.

Todo isto en boca da portavoz mu-nicipal do PP, Susana García, quen se

ofrece á concelleira do PSOE, Veró-nica Gómez, para “axudarlle a locali-zar os investimentos nos Orzamentos da Xunta para 2016 e acreditar deste xeito as partidas comprometidas para o arranxo da estrada de Mercu-rín”, di. Engade que “é unha mágoa que toda a enerxía que o PSOE local dedica agora a mentir non a utilizara en defensa dos veciños as dúas pasa-das lexislaturas”, cando o anterior al-calde, Manuel Regos, con apoio so-cialista, “lonxe de tratar de arranxar a estrada preferiu crear problemas onde non os había e xerou unha dé-beda millonaria”, acusa García.

DEPÓSITOS Os socialistas lembran que o PP

rexeitou tamén as emendas relativas á reparación dos vellos depósitos de auga da traída municipal. Din que o seu estado é “preocupante”, con fen-das exteriores e usados só ao 40% para evitar a presión. Tamén decae-ron as propostas de abastecemento e saneamento no rural e para varias re-formas no IES Maruxa Mallo.

Reunión do PSOE ordense para avaliar os Orzamentos da Xunta para 2016

O PP cre que 2016 comezou sen orzamento por ter un goberno “esgotado”

OROSO

O PP de Oroso critica que o Concello comezase o ano sen aprobar os orzamentos para 2016. O principal grupo da oposición lo-cal atribúe tal situación á “desidia e irresponsabilidade” do alcalde, Manuel Mirás.

Para o portavoz do PP, Alexan-der Doval, o goberno socialista “está esgotado e sen ideas, nin propostas que sacar adiante”, e pesar de ter unha maioría ab-soluta, máis que suficiente para aprobar as contas de por si.

Doval asegura que a falta de or-zamentos explícase en que “ao se-ñor Mirás preocúpanlle pouco ou nada os problemas dos seus veci-ños”. O líder do PP teme que non aprobar nun tempo prudente os orzamentos pode derivar nunha “parálise para moitos dos inves-timentos e proxectos que debe-rían poñerse en marcha durante o ano”, lembrando que os orzamen-tos son “unha das xestións ordi-narias máis importantes para cal-quera administración pública”.

BEIRARRÚAS Por outra parte, o PP tamén

criticou que aínda estean sen construír as beirarrúas no tramo da N-550 próximo ao novo colexio de Sigüeiro. Doval asevera que “é inxustificable o atraso dunha obra que o alcalde prometeu hai máis de dous anos”. Valora que se pro-duce unha “falta de seriedade” por parte do rexedor “especial-mente grave, tendo en conta que son moitos os nenos que perco-rren este traxecto” para acudir ao centro educativo.

Os conservadores instan ao go-berno local a non “xogar coa segu-ridade” das persoas que se des-prazan polas beiravías da estrada nacional para ir ao polígono, a ca-rón dun tráfico moi intenso, con numerosos vehículos pesados.

“Calquera persoa que pase por esta zona -expón Alexan-der Doval- dáse conta de que é un traxecto moi perigoso, sobre todo para percorrelo con nenos”. Por iso, empraza a Mirás a “acele-rar os trámites que sexan necesa-rios”, para o que ofrece “sempre” o apoio do PP.

Para o portavoz deste grupo, esta obra debe considerarse prio-ritaria e ao alcalde “debería caer-lle a cara de vergoña ao pasear po-las rúas e cruzarse con veciños aos que lles leva mentindo máis de dous anos”, remacha Doval.

Somos 374 menos. A comarca de Ordes ratifica a súa perda de po-boación na última actualización do padrón municipal, divulgada hai uns días polo Instituto Nacional de Es-tadística (INE) con datos do 1 de xa-neiro de 2015.

Se nesa data os sete municipios sumaban 37.313 habitantes, dos que 19.094 eran mulleres e 18.219 eran homes, un ano antes chegaban a 37.687. Como curiosidade, a come-zos de 2015 había un home e nove mulleres maiores de 100 anos: el en Ordes e elas en Ordes (4), Cerceda (2), Mesía (1), Tordoia (1) e Trazo (1).

Todos os concellos perden po-boación empadroada, a non ser Oroso, que neses doce meses ga-ñou 13 persoas, ata 7.413. O que máis cede, tanto en termos absolu-tos como en proporción relativa, é Tordoia, con 115 persoas menos. Or-des rexistra unha cantidade moi si-milar (108), que no cómputo rela-tivo ten menor relevancia posto que cuadruplica con creces a poboación de Tordoia. En todo caso, a capital

da comarca alónxase do umbral dos 13.000 habitantes. Cerceda con 80 persoas menos, Mesía con 61, Trazo con 38 e Frades con 25 continúan ta-mén presentando mostras de claro retroceso demográfico.

Xusto cinco anos antes, a comezos de 2010, a comarca ordense contaba con 38.734 almas, o que supón 1.421 máis. Por aquel entón, a zona aínda gañaba poboación nas súas zonas ur-banas. Pero o estoupido da crise fi-

nanceira primeiro, económica des-pois e social finalmente, ocasionou un doble fenómeno migratorio. Por unha parte, a marcha de numerosos cidadáns estranxeiros que viñeran aquí na procura dun futuro. E por ou-tra, a dunha considerable cantidade de mozos e mozas, a miúdo extraor-dinariamente formados, aos que o mercado laboral non lles ofrece aquí case ningunha opción razoable e tive-ron que facer as maletas.

PEOR QUE A MEDIA GALEGA

Todo isto, unido a unha escasa na-talidade que non compensa nin de lonxe a mortandade, explica a clara liña descendente da poboación na comarca. A tendencia é incluso máis acentuada que a do conxunto de Ga-licia. Se a última posta ao día do pa-drón contabiliza 16.348 galegos e ga-legas menos, o 0,6 % da poboación, os 374 habitantes menos dos sete municipios da área de Ordes supo-ñen unha merma de case o 1 % da poboación que había.

A comarca perde 374 habitantes na última posta ao día do padrón municipal

COMARCA Reunión do seu presidente, Roberto Rey, co conselleiro de Política Social

Fonte: INE

CercedaFradesMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo

Comarca

POBOACIÓN

5.1562.4852.79512.8447.4003.7063.301

37.687

CONCELLO 5.0762.4602.73412.7767.4133.5913.263

37.313

2014 2015

Page 11: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

PuBlicidAde

crónicas - Xaneiro 2016 11

Page 12: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

12

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016

COMARCA Ordes, Oroso e Santiago volverán negociar a iniciativa co ADIF

Retoman o eterno proxecto da Vía VerdePolas contas oficiais, son xa oito

anos. Desde que naceu a idea, xa case se perdeu a conta. O caso é que os Concellos de Ordes, Oroso e San-tiago acaban de retomar as conver-sas para o proxecto de Vía Verde so-bre o antigo trazado ferroviario de 24 quilómetros desde Compostela ata Ordes.

En 2008, os tres Concellos asina-ron un protocolo para crear, xestio-nar, explotar e manter esa infraestru-tura turística. Pero despois, tal como recoñecen, non se deron os pasos necesarios para que a iniciativa fose unha realidade.

Nunha reunión para reactivar o proxecto, celebrada en Santiago, os tres gobernos municipais ratificaron que continúan interesados en con-tar cunha Vía Verde. Participaron no encontro o concelleiro de Medio Am-biente e Convivencia de Santiago, Xan Duro, o alcalde de Oroso, Ma-nuel Mirás, e a concelleira de Medio Rural e Medio Ambiente de Ordes, Ana María Soneira.

O proxecto consistiría en habili-tar o antigo trazado ferroviario, que nalgúns tramos comeza xa a desde-buxarse, para que se puidese perco-

rrer a pé ou en bicicleta. A utiliza-ción da marca Vía Verde, baixo a que se agrupan numerosas liñas de tren abandonadas e reconvertidas, confí-relle un considerable potencial am-biental, patrimonial e turístico.

Os tres Concellos non esquecen que a recuperación dos antigos ca-miños de ferro, agora sen ferro, de-pende tamén do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

E nese sentido, acordaron que o al-calde de Oroso teña a iniciativa das conversas con este ente, tendo en conta que foi o seu Concello o que impulsou o proxecto no seu comezo. E o goberno santiagués farase cargo das negociacións coa Xunta e coa De-putación da Coruña, para procurar o seu respaldo á iniciativa. O proxecto, que se vai revisar, foi valorado en 2007 nuns 1,7 millóns de euros.

Desde a esquerda: Ana María Soneira, Xan Duro e Manuel Mirás, na reunión

Uns vinte mozos e mozas, estu-dantes do IES Maruxa Mallo de Or-des entre 2011 e 2015 impartiu unha conferencia no marco do “II Encontro de intercambio de experiencias edu-cativas en linguas cooficiais” na Ci-dade da Cultura en Santiago.

A iniciativa, organizada pola Con-sellería de Educación na Cidade da Cultura en Santiago, tiña como es-pectadores activos máis dun cento de profesores e profesoras de lingua galega e castelá de toda Galicia.

O alumnado do Marxua Mallo ti-tulou a súa intervención “Para empe-zar non hai que saber, pero para sa-ber hai que empezar”. Consistiu en expoñer a metodoloxía empregada e algúns dos proxectos de traballo que se realizaron no instituto dentro da materia de Lingua Castelá e Lite-ratura.

Entre outros aspectos, fixeron fincapé na importancia do traballo en equipo e describiron actividades como a creación de videopoemas, exposicións sobre literatura medie-val, escritura de guións audiovisuais, gravación de curtametraxes, organi-zación de recitais de poesía barroca ou alternativas ao exame do libro de

lectura, así como o proxecto de pu-blicación do libro ‘Historias de equi-paje’ e do xornal ‘Nós’.

Os encargados desta interven-ción, tal como detallaron desde o Concello de Ordes, foron Miguel Baña Couselo, Adriana Calviño Bei-

roa, Natalia Castro Iglesias, Noelia Cernadas Méndez, Mireya Conde Raña, Lucía Couselo Lata, Carmen del Río Ferreiro, Verónica Ferreiro Vi-queira, Diego Fraga Pallas, Noelia Ga-raboa Fernández, Juan Ramón Gon-zález González, Ainhoa Graña Suárez,

Daniel Grela Mosquera, Daniel López García, Silvia Martínez Costa, Eloy Martínez Liste, Sandra Moure Pico, Imane Rafai Handaoui, Marina Re-couso Vilaboy, Marta Rodríguez San-jurjo, Xela Sánchez Rodríguez e Iria Souto Iglesias.

unha clase sobre as clases no ieS Maruxa MalloORDES Un grupo de alumnos e alumnas do centro imparte unha conferencia nunha iniciativa de Educación

O alumnado do instituto ordense expuxo a metodoloxía e algúns dos traballos da materia de lingua castelá e literatura

Rey propón na Xunta que a traída de Añá, Céltigos e Moar se acometa por fases

FRADES

O alcalde de Frades, Roberto Rey, volveu presentar na Xunta o proxecto de abastecemento de auga nas parroquias de Añá, Cél-tigos e Moar. Está valorado en 775.000 euros e xa fora presen-tado en febreiro do ano pasado.

Entón, a anterior conselleira de Medio Ambiente, Ethel Váz-quez, condicionouno a que unha terceira administración, ademais da Xunta e o Concello, axudase a financialo.

Agora, ante a nova conselleira, Beatriz Mato, o rexedor propuxo que o proxecto se poida acometer “por fases e en diferentes anuali-dades”.

Beatriz Mato e Roberto Rey

Page 13: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

ActuAlidAde

crónicas - Xaneiro 2016 13

Instalan unha varandade máis de 50 metrosna parte dianteira dapiscina do Muíño

ORDES

A piscina municipal do Muíño, no Campo da Feira de Ordes, conta xa cunha varanda de pro-tección de máis de 50 metros de lonxitude na súa parte frontal, onde o desnivel nalgúns puntos era duns 90 centí metros.

O Concello asegura que a ins-talou para garanti r a seguridade peonil, posto que “falamos dunha zona moi transitada ao tratarse dunha das áreas de maior acti vi-dade da vila”, segundo o alcalde, José Luis Martí nez Sanjurjo, que explica que a instalación foi po-sible cunha subvención de 5.000 euros da Deputación da Coruña.

A varanda evita accidentes

COMARCA A asociación de pacientes do CHUS pide acabar cos recortes de persoal

denuncia contra a merma da calidade asistencial no hospital de Santiago

A asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santi ago (CHUS) denuncia a situa-ción de “masifi cación inadmisible” que se está producindo en determi-nadas zonas do hospital, o que oca-siona unha merma da calidade asis-tencial a pesar dos esforzos e a profe-sionalidade dos traballadores.

Este colecti vo cita especialmente o caso do hospital de día e da sala onde pacientes oncolóxicos reciben tratamentos. Tal como describen, o espazo non é sufi ciente e o persoal vese desbordado. Algúns pacientes mesmo pasan días sen comer porque chegan pola mañá, teñen que espe-rar a que quede un lugar libre e te-men perder a vez se saen a comer, para fi nalmente saír do hospital ao remate da tarde.

Segundo expoñen, os responsa-bles do complexo hospitalario e da administración sanitaria teñen xa es-critos de queixa, un deles presentado pola nai dun paciente cun tumor ce-rebral, pero non recibiron resposta, polo menos ao peche desta edición.

Os pacientes destacan a profesio-nalidade dos traballadores, pero con-sideran que están tan “desbordados” que, ademais de non poder ofrecer a calidade asistencial que desexan, in-creméntanse as posibilidades de co-meter erros na aplicación de trata-mentos, algo que lles preocupa espe-cialmente na área de oncoloxía.

A asociación pide que cesen os recortes de persoal e que o criterio económico non impere sobre as ne-cesidades dos pacientes. Tamén de-mandan que se aumente o espazo do Hospital de Día e que sexa dotado de instalacións adecuadas para a situa-ción destes enfermos e os tempos de espera aos que teñen que aterse.

O colectivo de pacientes considera “inadmisible” a masifi cación de varias zonas

LUNES 8 DE FEBREROTaller de máscarasDe 11:00 a 12:30 h.5 euros

ESCOLA INFANTIL PEQUELÚA. CASABELLA 3 BAJO. ORDES. TELF: 629 818 345

MIÉRCOLES 10 DE FEBREROPintacaras

De 11:00 a 12:30 h.5 euros

SÁBADO 30 DE ENEROTALLER GRATUITO:“Cómo disfrutar de tu lactancia”(dirigido a embarazadasy mamás lactantes”

MIÉRCOLES 10 DE FEBREROBAILE DE

DISFRACES7 euros

Page 14: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

14

ecONOMíA

crónicas - Xaneiro 2016

COMARCA A presenza de industrias fai que Cerceda triplique a riqueza xerada per cápita do conxunto de Galicia

cerceda e Mesía lideran o produto interior bruto por habitante na comarca, por riba da media galega

Os municipios de Cerceda e Me-sía son os únicos que superan a me-dia galega en canto a nivel de riqueza per cápita, segundos os últimos da-tos do Produto Interior Bruto (PIB) divulgados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), correspondentes a 2012.

Cerceda lidera con claridade esta ratio na comarca, con 59.147 euros por habitante, fronte aos 19.748 eu-ros do conxunto de Galicia. O triple. Mesía está por riba da media galega, pero en termos moi similares. O seu PIB per cápita é de 20.962 euros. Por debaixo do indicador galego figu-ran Ordes (16.149), Frades (15.970), Oroso (15.285), Trazo (13.375) e Tor-doia (11.282).

O IGE calcula o PIB como resul-tado dos procesos de produción das empresas, fogares, administracións públicas e outros axentes económi-cos que operan en cada territorio producindo bens e servizos finais.

En termos absolutos, Cerceda ta-mén destaca, con case 315 millóns de euros de PIB, seguida dos preto

de 211 de Ordes e os case 111 de Oroso. Mesía computa case 60,5 mi-llóns de euros, mentres que Tordoia e Trazo se moven entre os 45 e os 46 e Frades non chega aos 41,5 millóns de euros de riqueza xerada.

UNHA FOTO DA INDUSTRIA Os datos pódense entender en

boa medida como unha foto da in-dustria na comarca. As grandes em-presas asentadas en Cerceda, sobre todo as enerxéticas, elevan o seu PIB. O tamaño de Ordes e de Oroso, con polígonos industriais consolida-dos, ten tamén un traslado. E Mesía, sendo un municipio pequeno, des-taca por contar con moi relevantes industrias de carpintaría, cerámica e transformación láctea.

O propio IGE precisa que o PIB depende de se no territorio se em-prazan unidades produtivas ou non “pero o desenvolvemento da súa ac-tividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares”. É dicir, que a presenza dunha grande empresa en-gorda o PIB dun lugar, e por exten-

sión a ratio por habitante. Sucede ta-mén en Arteixo, onde se asenta In-ditex, entre outras empresas, o que empuxa o dato por habitante a case 71.000 euros.

Pero iso non quere dicir que tal contía sexa o diñeiro que cada cida-dán ten no seu peto. Para iso está outro indicador, o da renta per cá-pita, que seguramente dá datos máis uniformes en toda a comarca.

O organismo estatístico autonó-mico tamén elabora un índice da es-pecialización produtiva de cada co-marca, comparando o peso dos seus sectores no PIB co conxunto galego. A de Ordes, como outras cinco co-marcas, decántase polo sector ener-xético, de novo polo peso da indus-tria de Cerceda. A maior parte das comarcas galegas (22) teñen espe-cialización no agro e no mar.

CercedaFradesMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo

Galicia

PRODUTO INTERIOR BRUTO POR CONCELLO

314.604.000 euros41.474.000 euros60.455.000 euros210.757.000 euros110.920.000 euros45.749.000 euros45.220.000 euros

54.644.000.000 euros

CONCELLO

59.147 euros15.970 euros20.962 euros16.149 euros15.285 euros11.282 euros13.375 euros

19.748 euros

PIB total PIB PER CÁPITA

Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)

Unicamente 125 das 2.745 em-presas ou unidades locais de produ-ción radicadas na comarca ten dez empregados ou máis. En termos re-lativos, son arredor do 4,55 %. Cinco delas pasan dos cen empregados: unha en Cerceda, unha en Mesía, dúas en Ordes, e unha en Oroso, esta incluso por riba das 250 nóminas.

Son resultados do último directo-rio publicado polo Instituto Galego de Estatística a finais de 2015, con datos correspondentes a 2014. A es-

tatística non inclúe nin entidades do sector primario, de moita relevan-cia nos municipios da zona, nin tam-pouco as administracións públicas.

Con estes dous ámbitos de activi-dade á marxe, o máis preponderante é o sector dos servizos. Concentra algo máis do 68 % das empresas, en total 1.871. Na construción recó-llense 548, o que equival ao 20 % do total. E en industria contan 326 com-pañías, de maneira que non chegan ao 12 % do total de empresas.

Por concellos, o que conta con maior número de empresas é o de Ordes, con 1.151 en total: 832 en servizos, 202 en construción e 117 en industria. Séguelle Oroso, con 553 unidades: en servizos 400, en cons-trución 103 e en industria 50. E des-taca tamén Cerceda, con 379 empre-sas: 237 de servizos, 75 da constru-ción e 67 de industria.

Por debaixo das 200 empresas es-tán os demais concellos. En Tordoia, son 187: 111 en servizos, 53 en cons-

trución e 23 en industria. Ningunha delas pasa dos 50 asalariados. Tam-pouco en Frades, con 165: 112 de servizos, 37 de construción e 16 de industria. En Mesía, son 159 empre-sas: 99 de servizos, 32 de constru-ción e 28 de industria. É neste sec-tor onde unha se move entre os 50 e os 99 empregados e outra supera o centenar. Trazo, por último, com-puta 151 unidades de produción: 80 de servizos, 46 de construción e 25 en industria.

COMARCA Sete de cada dez unidades de produción da comarca traballan no sector de servizos

Só o 4,55 % das empresas ten máis de dez asalariados

Hai futuro e sobre todo ganas de construílo. A empresa téxtil ordense Deus reafirma a súa vocación de con-tinuidade e de crecemento despois dunha época de dificultades. Nas úl-timas xornadas de 2015, a compañía logrou poñerse ao día coas súas tra-balladoras, pagando as últimas nó-minas que tiña pendentes.

Un responsable da compañía ex-plicou en declaracións a Crónicas

que desde o primeiro momento fixe-ron un enorme esforzo por solventar a situación, posto que se sinten com-prometidos, moral e legalmente, coas súas empregadas, das que des-tacan a súa profesionalidade, con-fianza e comprensión.

A empresa trata agora de definir novos horizontes, combinando a súa actividade actual co deseño e aplica-ción de novos plans cos que optimi-

zar os seus procesos de produción, seguir avanzando nas liñas de inno-vación e adecuación ao mercado, e lograr así posicionamentos estratéxi-cos aínda máis fortes nun ámbito no que sempre destacou e no que é unha das principais referencias do sector na comarca ordense, á súa vez unha das zonas de Galicia con maior peso da actividade téxtil na súa eco-nomía.

ORDES A téxtil ordense prepara novos plans de futuro para manterse como unha empresa de referencia no sector

deus pon ao día as nóminas e reafirma a continuidade

Factoría de Deus no polígono de Ordes

Page 15: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

eSPeciAl VOdAS

crónicas - Xaneiro 2016 15

imos Aínda que ninguén está libre de repetir e ata de converterse nun experto ou experta polo camiño da experiencia, a maioría queremos que ese día sexa único e inesquecible. Por iso non convén deixar nada á improvisación e contar cos mellores profesionaisTEXTO: Javier Carnota

de

voda obxecto de todas as miradas

Novia y Ceremoniacolección 2016

cita previavisita a nova web www.kyrieordes.com

Rúa Casabella, 4 Ordes, A Coruña

981 68 29 92

A irrupción do branco nos vestidos de voda

produciuse na Inglaterra do século XIX. A princesa Carlota, curmá da raíña Victoria, levaba esa cor durante os seus esponsais en 1816; o traxe consérvase no Museo Victoria & Albert de Londres.

Pero foi en 1840, na voda da propia raíña co seu

primo o príncipe Alberto de Sajonia-Coburgo-Gotha, cando a tradición cobrou verdadeira forza. Tamén influiría na rápida difusión da tendencia a masificación de medios impresos e a nacente fotografía, que contribuíron a que os retratos e a noticia do casorio de Victoria, que ía de branco radiante, fosen coñecidos por millóns de persoas.

Page 16: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

16

eSPeciAl VOdAS

crónicas - Xaneiro 2016

Ocultos, pero cun papel moi importante

Alcanzaron o seu maior momento

de gloria na boda da Cincenta. Pero a pesares que case non se ven toda a cerimonia, os zapatos son a base de toda a estrutura, e deben ser cómodos e elegantes. Aínda que logo se quiten para bailar ...

En Silvia Vieites podréis encontrar una gran variedad de modelos y sus complementos.

Siempre con el asesoramiento persona l i zado que año tras año m a n t e n e m o s gracias a vuestra confianza

SILVIAVIEITES

Calle del Recreo, 7 Ordes981 68 01 44www.facebook.com/Silvia-Vieites

Madriñas, damas, comensais...Mediodía, tarde, noite...

En Silvia Vieites podréis encontrar una gran variedad de modelos y sus complementos.

Siempre con el asesoramiento persona l i zado que año tras año m a n t e n e m o s gracias a vuestra confianza

SILVIAVIEITES

Calle del Recreo, 7 Ordes981 68 01 44www.facebook.com/Silvia-Vieites

Aínda que o protocolo dite as normas en

como vestir ás Madriñas, as tendencias de festa admiten todo un mundo de fantasía. Tanto para as que opten por ir de longo independentemente da hora da cerimonia ou as que prefiran ir de curto para as vodas de mañá.

Novia y Fiesta

981 973 162Rúa Mundito, nº 8 bajo

15680 ORDES (A Coruña)www.zapatosalfombraroja.com

Zapatos Alfombra Roja

Page 17: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

eSPeciAl VOdAS

crónicas - Xaneiro 2016 17

Tocados e recollidos coronan os peiteados

TelasbotonespasamaneríapuntillastocadosApliques

¿ Te casas o tienes un evento es-pecial y no sabes que ponerte?

No te preocupes, aquí estamos nosotras para ayudarte encan-tadas.

Somos especialistas en todo tipo de tejidos para confeccio-nar vestidos de novia, madrina, invitada, niñas de arras....

C/ Rosalía de Castro, 8Tlf. 981 97 33 71

ORDES ( A CORUÑA)Algunhas persoas prefiren a orixinalidade e obsesionalles levar o

control. Existen tendas especializadas para escoller as telas e os tocados máis acaidos ao estilo e á personalidade de cada quen.

control total e deseño orixinal

Son os reis do

peiteado para as ocasións de gala. O que distingue unha elegancia notable dun porte sobresainte.

AndreaAndrea

lencería

Rúa do mercado 10

ORDESO segredo mellor gardado para acender a lapa

das miles de vivencias que compartir desde a primeira noite

A beleza está nO INTERIOR

Marga LagaresTelf: 981 69 76 60

C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES

981 680 886

Un espacio de siempre dedicado a todas las mujeres que visten una talla de la 80 a la 130

en copas de la A a la N.De esta manera ofrecemos el estilo y la moda que necesitas para sentirte segura contigo.

NUESTRA ATENCIÓN PERSONALIZADA,

AMABLE Y ESPECIALIZADA TE

DEJARÁN SER TÚ MISMA

Telf: 981 680 123Alfonso Senra 128 / 15680 ORDES

[email protected]

DESDE SIEMPRE PENSANDO EN LA MUJER DE HOY

Contamos con las mejores firmas:

Page 18: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

18

ecONOMíA

crónicas - Xaneiro 2016

Unha historia de aproveitamento con tintes picarescos. O que os Gan-deiros lograron ante a distribución foi en boa medida en proveito da indus-tria. Tras semanas de bloqueos, pre-sións e negociacións, as principais grandes superficies aceptaron subir uns dous céntimos por litro o prezo do leite ao consumidor. Aplicouse so-bre todo en marcas brancas e o com-promiso era que a contía se trasla-dase ao Gandeiro. Pero boa parte das industrias, a peza intermedia na ca-dea, ou ben só trasladan unha parte ou ben quedan con todo.

Os feitos fixeron estoupar de novo a indignación entre os produ-tores, especialmente coa multinacio-nal francesa Lactalis, que cando me-nos ata abril non pretende repercu-tir ese incremento e embólsase os beneficios. A Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro acúsaa de practicar unha “apropiación indebida” e estes días prepara accións de protesta con-tra a empresa, que vende o seu leite de marca branca en Alcampo, Carre-four e Dia e tamén é responsable de marcas como Puleva ou President.

Desde a Administración, a conse-lleira do Medio Rural, Ánxeles Váz-quez, agarda que a aprobación do de-creto de cesión de prezos permita sa-ber claramente canto gaña ou perde cada parte no mercado do leite. Váz-quez di ter información de canto co-bran os Gandeiros e tamén datos que lle pasa a industria, pero “fáltanos sa-ber como lle paga a distribución á in-dustria”. En todo caso, a conselleira advirte que “non se está sendo se-rio por moitas partes e non se poden lanzar mensaxes que nuns meses se comproba que non son reais”.

Todos estes movementos danse nun contexto de prezos que, cando menos na estatística oficial, non baixan nin soben. O litro de leite ao

Gandeiro mantívose en novembro, o último dato oficial que se coñece, nos 28,7 céntimos por litro. Exactamente como en outubro. Deste xeito, Galicia é a única autonomía onde a cotiza-ción segue a menos de 30 céntimos por litro. A media española está en 31 céntimos. Galicia, a maior produ-tora, fica 2,3 céntimos por debaixo.

A Consellería do Medio Rural opta polo vaso medio cheo e fala de “es-tabilización do prezo do leite nos úl-timos meses, tras as caídas rexistra-das antes da entrada en vigor do cha-mado Acordo Lácteo”. No sector a discrepancia é aberta e aumenta a desesperación, tras ver que sema-nas e semanas de protestas practica-mente non serviron para incremen-tar os ingresos, e con eles as posibili-dades de supervivencia, das granxas.

Non obstante, as negociacións proseguen, pero daquela maneira. A mediados de xaneiro, nunha reunión entre a Consellería e a Plataforma pola Defensa do Sector Leiteiro, a conselleira insistiu en que a Xunta “non pode negociar os prezos coa in-

dustria e a distribución”, pero prome-teu máis inspeccións sobre o leite fo-ráneo. Os Gandeiros cren que os go-bernos galego e central poderían fa-cer moito máis.

NON HAI MÁIS TEMPOO obxectivo é que canto antes os

prezos sexan rendibles. Desde o Sin-dicato Labrego Galego (SLG) lembran que o prezo publicado polo Minis-terior como sostible en Galicia é de 33,8 céntimos por litro, de maneira que “a día de hoxe as ganderías ga-legas seguen sen ser sostibles”. Isa-bel Vilalba, a secretaria xeral do SLG, afirma que “as nosas granxas non po-den agardar e precisan con urxen-cia unha recuperación inmediata” no prezo de decembro, que se coñece estes días.

Vilalba ve inxustificable que en Galicia entre leite líquido de fóra, en cisterna ou envasado, e que noutras partes de España se promovan incre-mentos da produción, á vez que aquí páganse parte das entregas a prezos de leite en po e seguen as ameazas

con deixar de recoller. Óscar Pose, de Unións Agrarias,

anticipa que o compromiso da distri-bución e das industrias non debe li-mitarse ás marcas brancas senón ao resto de produtos situados no mer-cado, para que a suba dos prezos teña máis garantías de chegar a to-dos os Gandeiros. UUAA precisa que as industrias e os produtores necesí-tanse mutuamente e traballando en conxunto, pero advirte de mobiliza-cións se hai industrias que sigan aten-tando contra os intereses dos Gan-deiros de maneira flagrante.

Neste sentido, a OPL pediu que a Administración aplique as súas normas e vixíe o seu cumprimento, mesmo denunciando ante a xustiza.

LEITE Galicia é a única autonomía co prezo do leite por debaixo dos 30 céntimos

A industria non traslada ao Gandeiro toda a suba do leite na distribución

Reunión da Consellería coa Plataforma pola Defensa do Sector, o 12 de xaneiro

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE NOVEMBRO / OUTUBRO

(euros/litro)0,2870,3440,3190,3240,3300,4520,3020,3220,3160,3320,3250,3180,3100,3240,3430,3330,321

0,310

0,2870,3440,3140,3250,3340,4520,3020,3200,3150,3200,3260,3200,3100,3250,3440,3260,322

0,309

ÚLTIMOS NOVEMBROS MEDIA ESPAÑOLA

2012201320142015

0,3180,3530,3620,310

Fonte: FEGA (05-01-2016)

Galicia novembroEspaña novembro

209.019 tn542.008 tn

PRODUCIÓN

A Xunta agarda aplicar en breve un novo decreto para regular as no-vas repoboacións realizadas con eu-calipto. A norma, que xa foi trasla-dada ao Consello Forestal de Galicia, prohibe ademais as acacias e desen-volve o rexistro de masas consolida-das de frondosas autóctonas.

En canto ás novas plantacións de

eucalipto, quedarán determinadas a través dos plans de ordenación de re-cursos forestais. Mentres non estean elaborados, no ámbito de cada dis-trito forestal ditarase unha orde re-guladora específica. En todo caso, o decreto establece que as novas plan-tacións que se realicen co xénero Eu-calyptus superiores ás 5 hectáreas

de superficie precisarán de autoriza-ción da Administración forestal.

Esa autorización non será precisa nos supostos de reforestación ou rexeneración de masas preexisten-tes de eucaliptos ou cando a refores-tación estea incluída na planificación dun instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola admi-

nistración, de acordo coa lei de Mon-tes de Galicia.

A nova norma prohibirá ademais as novas plantacións de acacia e falsa acacia, polo seu carácter invasivo. E tamén crea o rexistro de masas fron-dosas autóctonas consolidadas para impulsar a súa xestión forestal, de forma que os propietarios que inscri-ban as súas masas terán prioridade para acceder ás axudas públicas, se-gundo a Consellería do Medio Rural.

A Xunta di que o novo decreto “é unha demanda do propio sector fo-restal e gandeiro e redactouse co fin de conseguir o máximo consenso po-sible entre os interesados”.

FORESTAL Un decreto prohibirá novas plantacións de acacia e falsa acacia

As novas plantacións de eucaliptos de máis de cinco hectáreas precisarán unha autorización

Page 19: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2016 19

A cultura tamén move masas. A exposición sobre o fotógrafo ambu-lante Victorino Verea Montero supe-rou o milleiro de visitantes desde que abriu a fi nais de novembro ata o seu peche o 8 de xaneiro no centro cultu-ral de Sigüeiro. É o balance que efec-túa o comisario da mostra e respon-sable do proxecto de recuperación e difusión da obra de Verea, Manuel Pazos, quen confi rma que a iniciati va “foi un éxito, tanto o día da inaugu-ración-homenaxe, coa presenza de máis de 150 persoas, como pola asis-tencia do público en xeral”.

Destacaron as visitas organizadas e con guía dos centros educati vos do municipio, tanto os colexios de pri-

maria como o insti tuto. Deste xeito, a fi gura e o labor de Verea chegaron a uns 300 escolares de primaria e se-cundaria. O interese polo proxecto foi tal que na primeira semana xa se esgotaran os 500 exemplares do ca-tálogo editado para a ocasión.

Paralelamente, Pazos realizou un importante labor de difusión do ca-tálogo, posto que fi xo que chegase, persoalmente ou por correo, a histo-riadores da fotografí a, como Manuel Sendón, profesores universitarios ou asociacións.

Pero non só iso, xa que tamén lles chegou a todos os museos de arte contemporánea de Galicia, para que este dispoñible nas súas bibliotecas,

arquivos e centros de investi gación. E tamén ao Museo do Pobo Galego, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofí a de Madrid, o Centro Pompidou de París, o Tate Modern de Londres ou o MOMA de Nova York.

A algúns deses museos ofreceuse tamén o material por se queren aco-ller unha exposición, de carácter in-dividual ou colecti vo, sobre Verea Montero no futuro.

Verea Montero comezou a ti rar fotografí as en 1957, cunha cámara que lle trouxera seu irmán desde Hawai. Naquel entón, as fotos ti ñan unha uti lidade funcional, sobre todo para actos administrati vos, pero ta-mén para recoller acontecementos sociais destacados. A exposición con-sisti u nunha selección das fotogra-fí as, cunha primeira etapa en branco e negro e unha segunda en cor.

OROSO O catálogo, nos museos contemporáneos

Máis de mil persoas visitaron a exposición de Verea Montero, o primeiro fotógrafo de Oroso

Público asistente á inauguración da mostra, con homenaxe a Victorino Verea

SOMOS TU JUGUETERÍA

Alfonso Senra, 1815680 - ORDES

981 680 612

Salud Bucal

• Odontología General y Estética

• Ortodoncia• Prótesis sobre implantes

• Extracciones molares del juicio

• Colocación de implantes• Apicectomías

Clínica Dental

Revisionesgratuitas

981 680 320 - 620 822 531Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

Les desea unas

Felices Fiestas

Presupuestos

sin compromiso

¡¡¡Que el Carnaval 2016te acompañe!!!

Page 20: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

20

O ÁlBuM dO NAdAl

crónicas - Xaneiro 2016

COMARCA A chuvia e o vento que comezaron a aparecer nesa xornada non impediron que as cabalgatas e as festas navideñas tivesen un amplo seguimento en todos os municipios, cos nenos e nenas como principais protagonistas das actividades

Os Reis Magos mollaron as barbas para encher de ilusión cada casa da comarcaA chuvia e o vento foron este ano

unha espada de Damocles para os Reis Magos na súa visita á comarca. As cabalgatas e festas para recibir os tres de Oriente víronse bastante con-dicionadas polo mal tempo, pero de todas as maneiras a afluencia ás acti-vidades programadas foi elevada.

Unha boa mostra está en Ordes, onde a policía local estima que par-ticiparon no evento unhas 4.000 per-soas. Este ano estrearon itinerario para os Magos, partindo do Campo da Feira e atravesando as principais rúas da vila ata o pavillón Castelao I,

no Paraíso. No polideportivo recibi-ron os cativos un a un, cunha festa con música, xogos, obradoiros...

Tamén a cuberto foron as cele-bracións no resto da bisbarra. En Si-güeiro (Oroso), Melchor, Gaspar e Baltasar atravesaron as principais

rúas en tren e trasladáronse ao pa-villón. Mesmo esquema en Cerceda, na Pontecarreira (Frades) ou na Pon-tepedra (Tordoia), mentres que a vi-sita a Mesía este ano tivo como esce-nario por primeira vez o pavillón de Visantoña, reformado hai pouco.

En Frades, os Reis Magos foron recibidos no polideportivo da Pontecarreira, que acolleu unha festa moi animada para a ocasión

A tradicional visita dos Reis Magos a Mesía trasladou este ano por primeira vez a súa festa ao polideportivo municipal de Visantoña, que foi reformado recentemente

Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron cos nenos e nenas de Tordoia no ximnasio do colexio Pecalama, con obradoiros, música e espectáculos de animación infantil

Ambiente de expectación en Cerceda

Tamén os máis pequenos, sen moitas reservas, aproveitaron para pedirlles aos Reis, como estes casos no auditorio de Cerceda

Page 21: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

O ÁlBuM dO NAdAl

crónicas - Xaneiro 2016 21

COMARCA A chuvia e o vento que comezaron a aparecer nesa xornada non impediron que as cabalgatas e as festas navideñas tivesen un amplo seguimento en todos os municipios, cos nenos e nenas como principais protagonistas das actividades

Os Reis Magos mollaron as barbas para encher de ilusión cada casa da comarca

O itinerario da cabalgata ordense, moi engalanada, variou este ano, comezando no Campo da Feira para seguir pola Canteira, Alfonso Senra, Os Lagartos e O Paraíso

Os de Oriente chegaron a Sigüeiro (Oroso) en tren, xerando moita expectación. Todos os nenos e nenas tiveron ocasión de falar con eles no polideportivo municipal

En Ordes, os Reis Magos estiveron acompañados por unha ampla comitiva. No polideportivo Castelao I, foron recibidos polo goberno local en nome de toda a veciñanza

Page 22: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

22

O ÁlBuM dO NAdAl

crónicas - Xaneiro 2016

COMARCA As actividades infantís e familiares contaron con gran seguimento durante as vacacións navideñas

unha sucesión de xornadas que deixa bos momentos

As festas de Nadal na comarca deixaron un bo feixe de momen-tos memorables, sobre todo para os máis pequenos, que parti ciparon en todo ti po de festas, obradoiros, xo-gos, saídas e visitas. Espertou espe-cial expectación a visita dos paxes reais ás garderías e centros educati -vos, en espera da chegada dos Reis Magos varios días despois, e tamén concitaron unha boa afl uencia as xor-nadas de ocio, tanto a carón da casa como en desprazamentos.

O paxe real, cunha estudante fradense

Visita do paxe real á gardería municipal Sorridos, de Ordes O paxe real, cos nenos e nenas da gardería municipal de Oroso

Festa de Nadal para os máis novos no Campomaior de OrdesCelebración navideña para os máis pequenos de Frades

Setenta persoas de Frades, de visita a Xuvenlugo Saída de Mesía ao salón Xuvenlugo, con máis de cen persoas, e saída de patinaxe á Coruña, con visita ao cine

Baile e merenda de nadal para maiores en OrdesCelebración na residencia de maiores de OrdesBelén instalado na igrexa de Santa María de Ordes

As tradicións, por suposto, man-teñen un papel moi acti vo nas fes-tas navideñas. Entre elas, a montaxe dos nacementos. Destacou o gran Be-lén instalado na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, posto que nas súas diversas escenas suma unhas cincocentas fi guras recreando varias situacións, unhas con fi delidade e ou-

tras con orixinalidade, e algunhas de-las incluso con movementos mecáni-cos. En total, ocupaba uns cincuenta metros cadrados e estaba equipado con sistemas eléctricos e hidráulicos. Ao ser probablemente un dos Beléns máis signifi cati vos da zona, foi visi-tado por numerosos veciños e veci-ñas, pero tamén por persoas que esti -

veron de paso na vila ou que mesmo acudiron a propósito.

Se alguén sabe de tradicións, son os maiores, así que tamén foron da-tas especiais para os usuarios da re-sidencia ordense, nas que se foron agolpando senti mentos contrapos-tos. Para eles tamén se desenvolve-ron numerosas acti vidades, desde

festas con merenda e baile nun bar próximo á residencia ata a visita do alumnado do colexio de infanti l e de primaria do Campomaior, que ofrece-ron un concerto de panxoliñas e que foron acompañados por un grupo de acordeonistas. Música, baile e entre-temento nunha xornada de intercam-bio xeracional.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

O ÁlBuM dO NAdAl

crónicas - Xaneiro 2016 23

COMARCA Actuacións da Escola de Música de Ordes, da Banda de Ordes e da Aula de Música de Oroso

calquera ocasión é oportuna para deleitar o oído

A Escola de Música de Ordes (á esquerda, arriba) e a Aula de Música de Oroso (á esquerda, abaixo), ademais da Banda de Ordes (sobre estas liñas) ofreceron exitosos concertos con moti vo das festas do Nadal, con repertorios adaptados a tales datas e un público co oído moi entregado.

A partir del 25 de enero, por la compra de dos disfraces,

EL SEGUNDO TIENE UN 25% DE DESCUENTO!!!

A partir del 25 de enero, por A partir del 25 de enero, por A partir del 25 de enero, por la compra de dos disfraces, la compra de dos disfraces,

EL SEGUNDO TIENE UN EL SEGUNDO TIENE UN 25% DE DESCUENTO!!!25% DE DESCUENTO!!!

Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña).- Telf: 981 688 646

Disfraces de todo tipo. Desde bebé hasta niños de 12 años!!!. Y de tus personajes de moda: Patrulla Canina, Frozen, Spiderman...

SEGUIMOS DE REBAJAS DEL

10 AL 50 Y 60%VEN Y

APROVÉCHATE

Page 24: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

24

XeNte de Aquí

crónicas - Xaneiro 2016

O grupo teatral da ANPA Carboeiro debuta con éxito

O grupo ‘Teatro en familia’, conformado a partir dunha acti-vidade extraescolar da ANPA Car-boeiro do CEIP de Oroso, debutou con éxito cunha representación no centro cultural en Sigüeiro.

A peza escollida para o primeiro encontro co público foi ‘A foto de Nadal’, orixinal de José Manuel Ba-llesteros Pastor e adaptada para o

teatro por Patricia Méndez Alonso, directora deste grupo de teatro de Oroso.

A representación fixo pasar polo escenario ata 27 persoas, es-colares e tamén adultos. Interpre-taron as personaxes máis caracte-rísticas do Nadal dirixíndose xun-tas ao estudo fotográfico do prota-gonista da obra.

‘Teatro en familia’ conformouse a partir dunha actividade extraescolar da ANPA

OROSO

A raxería Al Alba gaña tamén o segundo concurso de tapas

O establecemento Raxería Al Alba gañou o segundo concurso ‘De tapas por Frades’, como xa fi-xera o ano pasado. O primeiro pre-vio obtívoo co seu “solombo con salsa demiglace”. Tamén se repe-tiu o segundo premio, para o Bar Vilariño, que concorreu cun “re-volto de chourizo”.

O certame acadou a participa-

ción de 294 persoas, o que equival cando menos a 1.470 tapas consu-midas durante os tres días que se prolongou.

O Concello sorteou premios entre os clientes. A cea para dúas persoas en Al Alba correspondeu-lle a Juan Carlos Lueiro, de San-tiago, e o circuíto termal a Laura Blanco, da Pontecarreira.

FRADES

Solombo con salsa demiglace co que a Raxería Al Alba gañou o certame

Presentado un conto infantilde Estela Suárez e Héitor Picallo

Estela Suárez Recouso, veciña de Oroso, presentou no centro cultural de Sigüeiro o conto infan-til ‘Non quero xogar ás agachadas coa lúa’, con ilustracións de Héitor Picallo. A obra foi publicada por Edicións Fervenza e conta coa co-laboración do Concello de Oroso.

Suárez e Picallo participaron no acto de presentación, acompaña-

dos polo alcalde, Manuel Mirás; o profesor e escritor Miro Vilar; e o responsable de Edicións Fervenza, Manuel Núñez. Actuou o cantau-tor Manoele de Felisa.

Suárez, licenciada en Filoloxía Galega e estudante de Pedagoxía, acumula varios premios en certa-mes de narrativa e relato curto. O primeiro fora en Oroso en 1999.

OROSO

Presentación do libro da veciña de Oroso, no centro cultural de Sigüeiro

Trinta alumnos obteñen os seus diplomas de informática

Unhas trinta persoas recibi-ron os seus diplomas acreditati-vos dos cursos de informática bá-sica aos que asistiron nas últimas semanas do ano 2015. Organiza-dos polo Concello, serviron para aprender as pautas máis elemen-tais para o manexo do ordenador, a utilización do sistema operativo máis común e o fundamental para

navegar por internet e aproveitar as posibilidades da web.

Os diplomas entregáronos os concelleiros de Educación, Susana García, e de Cultura, José Manuel Mira. O goberno destaca que a boa acollida das clases de informá-tica propicia a súa continuidade para profundizar nos coñecemen-tos e chegar a máis persoas.

Os concelleiros Susana García e José Manuel Mira entregaron os diplomas

ORDES

Page 25: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016 25

Tras varios meses de xestación, este pasado 17 de xaneiro viu a luz o club de ciclismo Anova Racing Team, que presentou formalmente en Oroso a súa equipación e integran-tes. O equipo pretende abrir cami-ños para parti cipar en competi cións de alto nivel, pero tamén para for-mar novos talentos que teñan pers-pecti vas de competi r e facilitar que os afeccionados poidan saír en grupo e pasalo ben coa prácti ca do ciclismo por estrada e da BTT.

A intención é parti cipar en pro-bas de toda España e Portugal, sobre todo cos integrantes máis formados e experimentados. Pero non por iso descartan sumar persoas ás que bus-quen un apoio para a prácti ca do de-porte. Os membros de Anova Racing Team están federados, o que posibi-lita cubrir as necesidades que se pre-sentan en saídas en grupo e en com-peti cións. De aí que empracen aos in-teresados en sumarse ao proxecto a contactar coa enti dade, por exem-plo a través de Facebook e tamén a través da páxina web www.anovara-cingteam.es, que está en elaboración e en breve estará en pleno funciona-mento.

Co patrocinio principal de Anova Maquinaria, empresa que lles deu ao grupo de amigos a posibilidade de consti tuír o club, un dos cometi -dos esenciais da enti dade é “formar uns ciclistas concienciados co medio no que desenvolven o deporte, que é a estrada”. De aí que reivindiquen a prácti ca segura dunha afección que a cotí o, sobre todo nas fi ns de semana, leva a un bo número de persoas á cir-

cular polos viais públicos. A formación é outra das claves

nas que se inspirará a acti vidade do club. Por iso, os integrantes máis ex-perimentados e capacitados ofrece-rán para os demais plans de adestra-mento e probas técnicas de preven-ción ou exercicios de esforzo.

En conclusión, unha iniciati va moi interesante para os afeccionados ao ciclismo, coa que se pode colaborar,

ademais de facéndose socios, con-tactando con eles para adquirir a equipación e outros produtos.

Unha das primeiras oportunida-des para ver en acción o Anova Ra-cing Team vai ser o I Memorial Fer-nando Abad, o vindeiro 27 de fe-breiro en Sigüeiro (Oroso), tamén patrocinado pola fi rma Anova. Cró-nicas ofrece máis información deste evento na páxina 30.

Anova Racing team, un club para competir e divertirseCICLISMO Preséntase en Oroso o novo equipo, coa intención de participar en probas por toda España e Portugal

Acto de presentación formal en Oroso da equipación e de integrantes do novo equipo ciclista Anova Racing Team

Organiza:

Concellode Frades

ENTROIDO FRADES

PREMIOSInfantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 €

Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

(se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto)

Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €

Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 €

PREMIOS ESPECIAIS: ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades: 120 € / 60 €

Domingo 7 de febreiro, 17:00 h.Pavillón Municipal de Ponte CarreiraPARA PARTICIPAR NO CONCURSO HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES DO 5 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H.

O DÍA DO CONCURSO NON SE INSCRIBIRÁ. OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H.

NO CONCELLO ANTES DO 5 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. NO CONCELLO ANTES DO 5 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. NO CONCELLO ANTES DO 5 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H.

OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H.OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H.MascotasInchables

Festa de AnimaciónObradoirosChocolatada...e moitas sorpresas!!!

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: CONCELLO DE FRADES - 981 695 567

TEMPO MÁXIMO ACTUACIÓN: 5 MINUTOS

Luns 8 de febreirode 16:00 a 19:00 h.Dirixido a nenos/as

de ata 14 anos.Agasallo para todos os que asistan disfrazados

GRATUÍTOSprevia inscrición

OBRADOIROSDE MÁSCARAS E MAQUILLAXE

2016

Page 26: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

26

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016

A xogadora Sara Míguez Pais pro-clamouse campioa nos provinciais de xadrez en categoría sub-16 femi-nina. Míguez pertence ao Club Xa-drez Oroso, que desprazou aos cam-pionatos provinciais xogadores en todas as categorías cun traballo moi satisfactorio.

Se o resultado de Míguez foi o máis destacado na competición pro-vincial, nas semanas previas viña acumulando éxitos tamén Martín Pena Varela. Aos seus trece anos, proclamouse campión na catego-ría sub-14 do XV Torneo de Xadrez do Concello de Carral e ademais foi terceiro na categoría adulta, na que se enfrontou a xogadores de máis idade e máis nivel xadrecístico. Pena brillou derrotando os dous compe-tidores que lideraban o ránking ini-cial e só perdeu unha partida das sete disputadas, ante o campión do torneo adulto, debido aos apuros de tempo no remate da partida.

E no Torneo de Nadal do Con-cello de Betanzos, Pena Varela ga-ñou tamén na categoría sub-16, ce-lebrado no edificio do antigo Liceo.

O xogador do Xadrez Oroso rema-tou a tan só medio punto do sub-campión da categoría adulta. O tor-

neo betanceiro recaeu en Javier Ma-zaira Alba, con sete puntos finais. Se-guírono con cinco e medio Santiago

Domínguez, Francisco Pedreira, Ja-vier López, Carlos Calzado e Fran-cisco Leal. Pena tivo cinco puntos.

Sara Míguez proclámase campioa provincial e Martín Pena faise cos torneos de Betanzos e de carral na súa categoría

XADREZ Os dous suman novos éxitos para o Club Xadrez Oroso, ao que pertencen

Sara Míguez recolle o trofeo que de campioa provincial de xadrez en sub-16 Pena, co seu trofeo en Betanzos

O primeiro Dépor Campusen Oroso cubriu vinte prazas

A primeira edición do Dépor Campus no Concello de Oroso reu-niu unha vintena de nenos de entre 6 e 14 anos de idade. Desde o 28 ata o 31 de decembro, tiveron ocasión de perfeccionar a súa técnica de-portiva da man de profesionais do Deportivo da Coruña e nun ámbito onde prevaleceron valores como o

respecto, a solidariedade e o xogo limpo.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, entregou os diplo-mas de participación e agradeceu o labor dos responsables do Depor-tivo. O club salientou a colabora-ción do Concello e dos equipos do Sigüeiro e do Xuventude Oroso.

OROSO

Page 27: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016 27

Deporte e solidarieade adoitan conxugar moi ben. Cando menos así foi no ‘Día da solidariedade de Or-des’, que logrou obter case 270 qui-los de alimentos e tamén máis de 200 produtos de hixiene persoal e do-méstica.

Todo foron achegas dos veciños e veciñas que se achegaron a ver o es-pectáculo deportivo e a colaborar coa iniciativa, e tamén dos propios parti-cipantes na xornada. Os perceptores dos artigos obtidos serán organiza-ción e asociacións benéficas do mu-nicipio, que os destinarán a persoas e familias con recursos moi limitados.

Na xornada, que se desenvolveu no campo de fútbol de Vista Alegre, tivo lugar un partido de fútbol gaé-lico entre as aliñacións do Torques de

Lugoslavia (Lugo) e do Ambílokwoi (Vigo). Ademais, trinta nenos e ne-nas da zona participaron nun encon-tro infantil especial.

A organización da xornada soli-daria agradeceu a colaboración do Concello de Ordes, da Cruz Verme-lla de Ordes, as entidades deporti-

vas S.D. Club Ordes e Vila de Ordes, e por suposto a todas as persoas que acudiron ata o campo de fútbol para apoiar a causa.

O día da Solidariedade obtén 200 artigos de hixienee 270 quilos de alimentos para quen máis o necesita

ORDES A xornada deportiva doa as achegas de veciños e participantes a entidades benéficas do municipio

Un partido infantil precedeu no campo de Vista Alegre o encontro de fútbol gaélico entre equipos de Lugo e de Vigo

Verónica Dono

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

ÓPTICA ADHERIDA A CONVENIO DEL SERGAS

ESCUELA DE MASAJE IRIS

EN CERCEDA. Telf. 651 421 118

Curso de nivel básico para personas que quieran ampliar sus conocimientos

o introducir nuevos tratamientos en sus centros.

CURSO DE MANICURA, PEDICURA Y

SEMIPERMANENTECurso orientado a personas con

conocimientos de manicura en un nivel avanzado.

CURSO DE UÑAS DE DISEÑO Y UÑAS DE PORCELANA SPA

MEDIDA DE TENSIÓN OCULAR

FINANCIACIÓN A TU MEDIDA

ESPECIALISTAS EN PROGRESIVOS

DESCUENTOS EN GAFAS DE MARCA DE SOL Y GRADUADO

77 €

2 gafasmonofocales

desde

197 €

2 gafasprogresivas

desde

cabell´sCentro de Peluquería & Estética

Rúa da Canteira, 21, bajo. 15680 ORDES (A Coruña)Telf: 981 681 546 / cabells.peluqueriaestetica

HOMBRE MUJER30%

DESCUENTO

EN ALISADOSDURANTE FEBRERO

Page 28: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

28

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016

O equipo Abellá, gañadoras do VIII Mesía contra o cancro

Entrega a Cáritas e a Amarai dos alimentos e o diñeiro obtido no torneo infantil

torneos solidarios en beneficio de cáritas, de Amarai e da Aecc

FÚTBOL SALA Deporte benéfico en Mesía

Doble acontecemento deportivo solidario en Mesía. Ademais do ha-bitual torneo solidario de fútbol sala ‘Mesía contra o cancro’, nesta oca-sión sumouse a primeira edición do torneo infantil de fútbol sala ‘Mesía solidaria’. O primeiro a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro e o segundo para apoiar a Cáritas e a asociación de persoas con discapaci-dade Amarai.

A oitava edición de de ‘Mesía con-tra o cancro’ recadou 2.945 euros, algo máis que no previo, cando foran 2.777. A competición foi organizada polo Concello, co patrocinio principal da empresa Carpintería Ramón Gar-cía e a colaboración de numerosos particulares, asociacións, empresas e establecementos comerciais do mu-nicipio e da contorna.

A recadación nútrese destas cola-boracións, das cotas de inscrición dos equipos, das achegas voluntarias da veciñanza e das entradas que paga-

ron todas as persoas que acudiron a ver a competición, con dereito a par-ticipar no sorteo de lotes navideños, tamén procedentes de doazóns.

No aspecto deportivo, cabe sina-lar que competiron trece equipos. Na categoría masculina gañou o Poulo B, que se impuxo ao conxunto do Grupo Ramón García. E na feminina, a victo-ria foi para o Abellá, deixando como subcampioas a Artabras de Fene.

En canto ao torneo infantil, su-mou 50 participantes en seis equi-pos, e máis de 200 espectadores. No apartado solidario, logrou reu-nir case 200 quilos de alimentos para Cáritas e 205 euros a favor da asocia-ción Amarai. Houbo dúas categorías. Na infantil, o Dream Team gañoulle ao Mesía on fire na final. E na catego-ría dos máis pequenos, a victoria foi para o equipo de Visantoña.

O Concello de Mesía agradeceu a solidariedade de deportistas, veci-ñanza e colaboradores.

Integrantes do Poulo B, gañadores do torneo solidario de fútbol sala de Mesía

A presidenta da AECC en Ordes recibe o cheque da recadación de mans do alcalde

Equipo da empresa Ramón García, principal patrocinadora do torneo, subcampión

Page 29: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016 29

A primeira edición do Campio-nato Concello de Ordes de patinaxe artística reuniu no polideportivo Cas-telao I uns 150 patinadores e patina-doras en competición, pertencentes a unha ducia de clubes de toda Ga-licia. Da comarca, acudiron o Galia de Ordes e o CP Oroso. Ademais das probas de niveis, o campionato aco-lleu as probas das categorías galega e española.

Na categoría benxamín, primeiro posto para Sara González, do CP Oroso, seguida de Martina Bretaña (CP Omega). En alevín, impúxose Mi-riam Pose (AD Liceo), con Antía Viz-

caya (CP Sarela) segunda e Lara Re-boredo (CP Galia Ordes) terceira.

En infantil masculino, venceu Víc-tor Martinez (CP Patiart Coristanco) e Alejandro Redondo (AD Liceo) foi o segundo clasificado. En infantil fe-menino, a primeira praza foi para Lu-cía Fernandez (AD Liceo), a segunda para Andrea Castañeda (CP Fervello) e a terceira para Diana Iglesias (CP Galia Ordes).

En cadetes, gañou Lucía Cortés (AD Liceo) e Iciar Vázquez (CP Sarela) foi segunda. E na categoría absoluta, primeiro posto para Irene Guillermes (CP Sarela), segundo para Pilar Añón

(CP Axel Arteixo), e terceiro para An-tía Diaz (CP Raiola).

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, encargouse da

entrega dos trofeos. Ademais, todas e todos os participantes recibiron un diploma acreditativo desta primeira edición do Campionato.

O campionato de Ordes reúne 150 patinadores

PATINAE ARTÍSTICA Doce clubes de toda Galicia

Integrantes do Club Galia de Ordes, na competición no pavillón Castelao I

Nerea Fernández, patinadora de seis anos de idade do Club Galia, de Ordes, proclamouse subcampioa no nivel 1 da categoría benxamín do III

Trofeo Vila de Sarria de patinaxe ar-tística.

O seu foi o resultado máis desta-cado, pero ademais de Nerea, a en-

tidade deportiva ordense participou na proba con Aroa Fernández, Xiana Gende, Candela Gende, e Arantxa Sa-bel, no que supón un paso máis para o seu afianzamento como competi-doras nesta modalidade deportiva.

A competición celebrouse a finais de decembro. O club aproveitou a xornada non só para trasladarse ata a localidade lucense, cunha competi-ción que se disputou en horario ves-pertino, senón tamén para acudir pola mañá á pista de xeo instalada

nun centro comercial da cidade da Coruña.

Foi así unha xornada redonda, de-dicada pola mañá ao encontro e di-versión dos integrantes do club, se-senta en total desprazados ata A Co-ruña, tanto patinadores e patinado-ras como os seus familiares. Uns e outros lanzáronse á pista, os menos experimentados para probar e ir per-dendo inseguridade e os máis hábiles dispostos a exhibir todas as súas des-trezas, tamén sobre o xeo.

PATINAE ARTÍSTICA Participación do Club Galia de Ordes no II Trofeo Vila de Sarria (Lugo)

Fernández, subcampioa

Patinadoras de Galica en Sarria Nerea Fernández, co seu trofeo

Integrantes do Club Galia, na pista de xeo instalada nun centro comercial da Coruña

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 30: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

30

dePORteS

crónicas - Xaneiro 2016

A cercedense Emma Núñez lo-grou a medalla de bronce no tor-neo internacional de kárate de Vila das Aves (Portugal), competi ción que congregou un milleiro de de-porti stas de Portugal, Marrocos e España.

A karateca do Kárate do Carba-llo competi u en kata cadete femi-nino (14-15 anos), categoría con 28 rivais. Na primera ronda que-

dou exenta, na segunda obti vo un resultado de 5 a 0 ante unha kara-teca portuguesa, e na siguiente un 4 a 1 fronte a unha manchega.

No pase a semifi nais, Núñez perdeu cunha portuguesa por 4 a 1. E na repesca entrou impo-ñéndose a outra deporti sta por-tuguesa por 5 a 0, acadando así o bronce nun torneo que cada ano medra en nivel.

KÁRATE

O I Memorial Fernando Abad celébrase o 27 de febreiro

CICLISMO

Emma Núñez, bronce no torneo luso de kárate de Vila das Aves

Emma Núñez (segunda pola dereita) tivo un bo resultado en Vila das Aves

O Club Ciclista Tambre Bike anunciou a celebración do I Me-morial Fernando Abad para o sá-bado 27 de febreiro en Oroso. A proba está federada, polo que forma parte do calendario ofi cial da Federación Galega de Ciclismo. Poderán parti cipar varóns nas ca-tegorías master 30, 40, 50/60, que estean federados para a prácti ca deste deporte.

O percorrido da competi ción, organizada polo club e polo Con-cello de Oroso, suma 64 quiló-metros de lonxitude. Consiste en doce voltas a un circuíto de máis de cinco quilómetros sobre as-falto, practi camente sen saír do ámbito urbano de infl uencia da capital municipal. A saída e meta terá lugar na Rúa da Cultura de Si-güeiro.

A organización anti cipou, para as persoas interesadas en parti ci-par, que as inscricións deberán fa-cerse o propio día da proba arre-dor das 15 horas, a máis tardar, na zona de saída e chegada. A hora

aproximada prevista para o inicio é ás 16 horas.

A inscrición ten un custo de dez euros por cada parti cipante. Ademais dos dorsais, a organiza-ción entregará unha bolsa con re-frixerio sólido e líquido. En canto aos premios, está prevista a en-trega de trofeos para os tres pri-meiros clasifi cados de cada cate-goría.

A carreira leva o nome de Fer-nando Abad, presidente do club falecido o pasado mes de outu-bro aos 31 anos nun accidente en Santi ago por mor dun problema de saúde. A intención de Tambre Bike, enti dade creada hai dous anos polo propio Abad e un grupo de bos afeccionados ao deporte, é manter a proba todos os anos como mostra de recordo e home-naxe ao seu compañeiro. “Coa súa forma de entender o deporte e, sobre todo, coa súa calidade hu-mana, é e será sempre un refe-rente para nós”, manifestan desde o club.

Tordoia e Trazo prevén iniciar a súa liga local a partir do 15 de febreiro

A Liga de Fútbol Sala dos muni-cipios de Tordoia e Trazo comezará o 15 de febreiro, sempre que se cumpra o calendario establecido inicialmente pola organización.

As inscricións para parti cipar nesta competi ción esti veron aber-tas ata este 22 de xaneiro. Ade-mais das normas propias desta especialidade deporti va, impuxé-ronse as obrigas de que todos os xogadores sexan maiores de idade e de que cada equipo conte cun seguro de accidentes deporti vos.

FÚTBOL SALA

Prazas na campaña da Deputación da Coruña

Os Concellos da zona ofertaron as prazas que lles corresponden nas disti ntas quendas da campaña de esquí da Deputación da Co-ruña, que este ano ten como des-ti no a estación invernal de Leita-riegos (León). O programa ofrece seis días de neve por 95 euros.

ESQUÍ

FÚTBOL Suman tres meses sen perder e aspiran a ascender á división de honra

excelente labor dos veteranos do AbelláA división de veteranos do S.E.

Abellá SDC está protagonizando unha moi boa serie de victorias nesta tempada, que lles permite pensar con moito fundamento no ascendo á categoría da división de honra.

Tras un inicio irregular da pre-sente competi ción, o equipo logrou endereitar o rumbo e acumula ao peche desta edición nove victorias consecuti vas. Un total de tres me-ses sen perder un encontro, algo que desde a propia enti dade reco-ñecen como “moi difí cil en calquera deporte”.

Este é o sexto ano de competi -ción do equipo, que na súa traxec-toria logrou o ascenso de tres cate-gorías. O conxunto, bastante con-solidado, nútrese de xogadores que xa quedaron sen espazo no equipo principal pero que xornada tras xor-nada demostran que aínda están lonxe de seren descatalogados e poden ofrecer aínda moito xogo. E para eles ante todo serve para man-ter tan viva como sempre a súa afec-ción polo deporte e o moti vo de en-tretemento e diversión que sempre supón pertencer a un club de fútbol.

Page 31: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

OPiNiÓN

crónicas - Xaneiro 2016 31

Os paxariños da Alameda

Hai despachos... Perdón! Hai niños que cada vez es-tán menos venti lados. Non entra o aire por medo a in-

fl uencias externas. E así o ambiente está cada vez máis cargado, enra-recido e irrespirable. Pero o paxaro que o habita cre que así lle vai me-llor e mesmo se compara cos de-mais gaivotos, todos veteranos como el, para alardear de que a súa plumaxe aguanta mellor. Pero á hora da verdade, treme de medo e quedará sen osíxeno para voar.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

No seu niño manda el. Ese é o principio rector, o mesmo que levou ao traste a moi-tos outros pero que a el vai

rendéndolle. A dinámica é exacta-mente a do Kim Jong-un, versión mol e trapalleira. Así é que todo paxaro que ousou discrepar no seu momento foi oportunamente arroxado do niño, e os gaivoti ños que quedan procuran nin mover as ás e exhiben unha lealdade tan irrefl exiva que os deixa totalmente anulados. Xusto o buscado.

Nada que ver coa nova for-nada de gaivotos, ben pre-dispostos pero con moitos ardores de estómago por

mor de dixesti óns pasadas, e pesa-das. A un non lle quedou máis saída que ti rarse ao río (si, ao río) para atallar o que podía chegar a ser un grave ataque de acidez. Saír sae moi caro, e aínda por riba chama a aten-ción. Pero pode que fose o unico re-medio asumible. Vergoña para un só día e remedio para sempre.

A ave do couto da ribeira se-gue tanteando todas as op-cións. Con total discreción, cousa que non se agardaba

dela. Quizais para gañar en efi ca-cia e non sementar nervios aínda. Tempo haberá. Sopesa se lle con-vén máis un movemento propio ou se quedaría mellor mover as súas infl uencias e facer que as novas ro-sas agromen no momento e no lu-gar axeitado, ben perfumadas e li-bres de espiñas. Os observadores están intrigados con ela. Algún, algo entregado á causa, mesmo se ve es-peranzado. As torpezas preocúpan-lle, por suposto, pero o que máis o desquicia é a absoluta incapacidade de evitalas. É o que pasa cando o un ego mal asesorado está tan por riba da escasa capacidade intelectual.

Non se sabe como proce-derá o gaivoto. Hai quen di que el xa fi xo limpeza a fondo e non hai problema.

Pero tamén se sospeita que en rea-lidade o que fi xo é poñer o mate-rial a bo recado, por se dentro duns meses necesita airealo el mesmo. A idea é ver se don Gerardo lle fai o traballo sucio e fala todo o que sabe, comprometendo moita da co-lleita do hórreo e botando a perder a semente.

Os ornitólogos estudan o eventual sono dunha ave, que para uns é evidente e para outros unha fabulosa

apariencia irreal. En principio, que-dou descartado. Pero xa postos a es-

Tamén pode ser que don Gerardo non fale pero que a cega indague, que xa se

sabe que está a todo. Os resultados serían aínda máis pavorosos. E en-tón nin cadeados nin AZ nin portas nin ventás. Todos a voar.

Poden ser liñas perdidas as que de-dique a lembrar a importancia de contar cun sector industrial potente, innovador e diversifi cado nunha eco-nomía que pretenda presumir de moderna e facer avanzar a socie-dade. Mais agardo que non sexan li-ñas perdidas as dedicadas a refl exio-nar como lle vai e como lle podería ir á nosa comarca en canto á acti vidade industrial.

O certo é que temos avanzado moito neste eido, pero a pregunta consecuente e inmediata, para non caer no conformismo estéril, é se se fi xo todo o posible e se se aproveita-ron ben o potencial da zona e todas as ocasións. A resposta máis realista é que non.

Que non porque somos practi ca-mente un deserto industrial. Cos seus oasis, como ben queda acreditado nas páxinas de economía deste perió-dico, pero deserto en defi niti va posto que só o 12 % das empresas da co-marca de Ordes se adscriben á indus-tria.

Os dous oasis son claramente os

municipios de Cerceda e Oroso. Os seus polígonos e parques empresa-riais, sen ser se cadra nin a sombra do que ansiaban ser, experimentaron un aceptable desenvolvemento ata hai uns anos e son unha fonte de xe-ración de emprego e riqueza impres-cindible para toda a contorna.

Cerceda aproveitou inxentes re-cursos da reconversión mineira para artellar un polo de atracción de no-vas compañías e acti vidades, ás ve-ces (todo hai que dicilo) acollendo o que outros nunca aceptarían. O re-sultado quedou desdebuxado nos úl-ti mos anos pola crise, pero o camiño pode ser viable cos axustes precisos e con políti cas máis innovadoras.

Oroso soubo facer valer a súa si-tuación estratéxica, algo que Cerceda non ti ña e que practi camente ti vo que construír da nada con infraestru-turas novas que lle acurtaron os tem-pos para conectarse co mundo. Pero aínda así tamén o avance de Oroso foi paseniño, irregular, con tras-pés. Tendo en conta as expectati vas creadas, mesmo se podería falar de

fi asco. Sendo realistas, hai que falar dun éxito relati vo, truncado pola crise e polo retraso da mellora da comu-nicación a través da AP-9, que cabe pensar que nos vindeiros meses que-dará resolto.

Deixando a un lado os oasis, o máis grave é o que sucede en Ordes. Ví-ti ma de lustros e lustros cunha es-casa ou nula planifi cación políti ca, as súas extraordinarias capacida-des para crear industria fi caron total-mente desperdiciadas. O solo indus-trial foi mal emprazado e pouco máis serviu que para trasladar ata Merelle empresas que na vila xa esgotaran as súas posibilidades de medrar. Son fa-bas contadas as iniciati vas novas que se puideron asentar e desenvolver no polígono ordense.

No seu momento faltou altura de miras ou triunfou a habitual mes-tura de intereses persoais e parti dis-tas que tanto condicionou (e condi-ciona?) a políti ca local. O caso é que o polígono actual trouxo poucas solu-cións e creou un problema maior, o de impedir na prácti ca o grande espazo

industrial en Pardiñas. Porque como se xusti fi ca un xigante así cando aínda o anano actual está a medias? A clase políti ca ordense ten nesta cuesti ón unha oportunidade histórica para desquitarse na mala reputación acumulada en tanto tempo.

E nos municipios pequenos, pare-cen defi nirse sen moito criterio al-gúns espazos industriais. Semella que atenden máis a necesidades puntuais e circunstanciais parti culares que a unha planifi cación técnica ben fun-damentada. E ese é un erro que pode saír moi caro porque, como no caso de Ordes, o que precisan non son sim-ples parches senón rodas novas.

Outro erro sen perdón, segura-mente o maior de todos, é que a día de hoxe non haxa ningunha adminis-tración, de calquera ámbito, poñendo as condicións necesarias para crear e atraer proxectos industriais directa-mente vinculados con sectores pro-duti vos nos que a comarca destaca: leite, carne, forestal, téxti l... A risco de perder outra liña: xogámonos o pre-sente e o futuro, a supervivencia.

A industria que (case) non temos

E a outro mellor lle sería ir mercando cadeados ou fa-cer garda diante do niño (día e noite) porque volve

haber quen lle interesa remexerlle os caixóns, un a un, á procura dos A-Znets. Si, o tema volve cheirar e o ambientador xa non tapa. O caso é que os remexedores son os máis in-teresados en ocultar o que houbo e por iso non se descarta unha en-trada violenta sobre o niño para fa-cer desaparecer a documentación que quede. Vailles nos xenes, que se lle vai facer.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

tudar o caso, tan meti culosos como son, puxéronse a analizar a súa plu-maxe. Viron que leva varias capas e que ás veces varía de cor, segundo as circunstancias, sen parada inter-media. É dicir, que o paxaro é máis esperto do que parece.

Page 32: Cronicas comarcadeordes n25 xaneiro2016

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 22-01-2016. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

- Como empezaches na cetrería? Era algo habitual xa na casa?

- Non, non o era. O que pasa é que a meu pai de pequeno tamén lle gustaba pero non puido telo. Entón cando empezamos el mercou unha ave e eu fun informándome porque me gusta e así foi como cheguei a isto.

- Para quen non sabemos nada de cetrería... é unha maneira de ca-zar sen armas?

- A ver... a cetrería non é o que ve-mos nas exhibicións ou en circos. É ante todo un método de caza, e como ben dis sen armas.

- Pero require bastante traba-llo previo e algún tempo, non?

- Si, necesitas ler moitos libros, hai que ter algo de tempo libre, tes que ir aprendendo doutra xente que xa se dedica a isto ou é máis experta. Nós facémolo como unha afección.

- Cantas aves tes?- Teño tres aves. A máis pequena

foi a que levei ao festival do instituto, que é un lagarteiro americano, máis coñecido como yankee. Despois teño outro falcón, un falcón lanario que non é propio de aquí. E unha aguia de Harris, que é americana.

- Supoño que por natureza son agresivos. A tarefa de educalos con-siste en suavizar ese comporta-mento?

- Non é iso exactamente. O que se intenta é que o paxaro coñeza a per-soa e que non ataque nin cometa nin-gún tipo de agresión contra ela nin contra outras persoas. Trátase de

educalo de maneira que estea coas persoas manso e tranquilo, pero sen perder as súas características sal-vaxes. Ten que manter o seu instinto de cazador.

- Establécese entón unha rela-ción de fidelidade como pode su-ceder con outro tipo de mascotas, como un can, salvando todas as di-ferencias?

- Home, non é un can (ri). O com-portamento lógrase sobre todo co tro-quelado. É un proceso para facer que pensen que nós somos os irmáns ou os pais, que somos da mesma espe-

cie, e entón sem-pre están máis mansos, sempre teñen máis ganas de todo.

- Educalos obriga a ter moita paciencia, non?

- Si. Agora xa non tanto porque xa se troquela máis, pero antano, na Idade Media, tiñan que pasar noites en vela educando os paxaros.

- É frecuente que se perdan e que non saiban volver?

- Si, calquera cetreiro que sexa bo cetreiro tivo sempre un percance con algún paxaro. Eu de feito un que ti-ven perdeuseme e foi ata Padrón. E hai pouco perdemos o pequeno. É probable atopalos, pero cando están voando utilízase un aparello de te-lemetría, unha especie de GPS para paxaros que vai por ondas de son...

- Así foi como o localizaches en Padrón?

- Non, nós aínda estamos inten-tando conseguir o aparello. O de Pa-drón apareceu grazas a un cetreiro de

alí que nos comunicou que o vira.- Con que os alimentas? Devoran

moito?- O máis recomendable é darlles

paspallás ou polos, xa que son aves que dixiren moi ben. Tamén se lles pode dar faisáns, pombas, coellos ou lebres.

- En que consisten as probas?- Fanse unha serie de escapes

cunha caixa lanzadora. Colocados a unha certa distancia, lanzan as pre-sas. Entón, tes que soltar o paxaro e ten que collelas. Puntúan o vento, se fai a captura no aire, o voo da presa... todo.

- No Festival Bardista do IES re-cibiches o primeiro premio por esta actividade. Ofreciches unha exhibi-cón no auditorio da Casa da Cultura. Inflúe moito que se faga nun recinto pechado?

- Algo sempre inflúe, pero sendo un paxaro moi troquelado era case como levar un can. Ata o ano pasado, exhibía o paxaro na carpa dos Reis Magos de Ordes.

- E disto podes facer unha profe-sión?

- Si, estou intentando estudar o máximo posible para dedicarme a iso.

ENTREVISTA Rafa Regos, alumno do IES Maruxa Mallo e campión provincial de cetrería

“todo bo cetreiro tivo algún percance cun paxaro”Aos seus doce anos, Rafa Regos é un experto cetreiro. Este ordense, alumno do IES Maruxa Mallo, leva catro anos dedicando boa parte do seu tempo libre a esta actividade e xa logrou ser campión provincial na súa es-pecialidade. Nesta entrevista explica algunha das claves da súa afección, tan interesante como pouco estendida.

Regos ten un lagarteiro americano, un falcón lanario e unha aguia de Harris

“Estou intentando estudar o máximo posible paradedicarme á cetrería”