24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 22 - Outubro de 2015 A entrada en vigor da nova lei autonómica do solo, prevista para principios de 2016, obriga os grupos da corporación municipal de Or- des a chegar a un acordo para aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Muni- cipal (PXOM). Se non se fai antes, terían que comezar o proceso de novo desde cero, tal como adveru o alcalde, que insta ao resto dos con- celleiros a buscar un acordo que non atranque o futuro do municipio. Última oportunidade para que Ordes non inicie o PXOM de cero Páx. 2 Dous plans provinciais traen 4,2 millóns para a comarca COMARCA Páx. 5 Controversia polo informe da conta xeral de 2014 OROSO Páx. 8 Páx. 12 Industria punteira Os gandeiros, de novo coa vista posta na rúa ECONOMÍA Páx. 12 Contemplan para 2017 a rotonda de enlace á rolda leste ORDES Páx. 4 O goberno rebaixa o lixo, o tipo do IBI e o imposto de obras TORDOIA Páx. 7 Os traballadores de Sumtec, contra o ERE de extinción CERCEDA Páx. 13 Iván Raña, duodécimo no Ironman de Hawai DEPORTES Páx. 21 Visita do presidente da Deputación a empesas da comarca Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) [email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94 Amortiguadores Mecánica en xeral e neumáticos Revisións I.T.V. Cambios de aceite Embragues Distribucións Frenos Presupostos sen compromiso Diagnoses multimarca Aliñado de dirección Aire acondicionado Taller multimarca Mecánica e Neumática Flores ABELLÁ Coronas - Plantas Centros - Ramos - Arreglos Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518

Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 22 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 22 - Outubro de 2015

A entrada en vigor da nova lei autonómica do solo, prevista para principios de 2016, obriga os grupos da

corporación municipal de Or-des a chegar a un acordo para aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Muni-

cipal (PXOM). Se non se fai antes, terían que comezar o proceso de novo desde cero, tal como advertiu o alcalde,

que insta ao resto dos con-celleiros a buscar un acordo que non atranque o futuro do municipio.

Última oportunidade para que Ordes non inicie o PXOM de cero

Páx. 2

Dous plans provinciais traen 4,2 millóns para a comarca

COMARCA

Páx. 5

Controversia polo informe da conta xeral de 2014

OROSO

Páx. 8

Páx. 12

Industria punteira

Os gandeiros, de novo coa vista posta na rúa

ECONOMÍA

Páx. 12

Contemplan para 2017 a rotonda de enlace á rolda leste

ORDES

Páx. 4

O goberno rebaixa o lixo, o tipo do IBI e o imposto de obras

TORDOIA

Páx. 7

Os traballadores de Sumtec, contra o ERE de extinción

CERCEDA

Páx. 13

Iván Raña, duodécimo no Ironman de Hawai

DEPORTES

Páx. 21

Visita do presidente da Deputación a empesas da comarca

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

Flores ABELLÁCoronas - Plantas

Centros - Ramos - ArreglosTeléfonos:

Ordes: 981 680 301Abellá: 981 699 731Móvil: 659 843 518

Page 2: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

2

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015

ORDES O alcalde pide un acordo para poder aprobalo inicialmente e evitar o atranco

A nova lei do solo podería obrigar a iniciar de novo a elaboración do PXOM

Avecíñanse semanas clave para o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes. A aprobación da nova lei autonómica do solo, prevista para principios de 2016, obriga aos grupos políticos a buscar un acordo para a aprobación inicial do docu-mento. A alternativa, se non se dá ese paso, é que a lei entre en vigor e ter que empezar as tarefas de elabo-ración do plan desde cero.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, explicou a situación no último pleno. “A lei vai introducir cambios sustanciais e moi importantes”, ad-vertiu, polo que deixou caer a con-veniencia de acadar un acordo para a aprobación inicial e evitar o atranco de retrasar o planeamento urbanís-tico aínda máis tempo.

POLÍGONO EN PARDIÑAS A cuestión foi abordada en xun-

tanzas entre o rexedor e o presidente da Xunta en Santiago. A máis recente das que se coñeceron foi a mediados de setembro, pero ningunha figurou na axenda pública de Alberto Núñez

Feijóo. Outro asunto de gran relevan-cia que trataron, que tamén se move entre o urbanismo e a economía, é a solicitude de incluír o polígono indus-trial proxectado en Pardiñas (Poulo) na relación de áreas industriais de Galicia. Martínez Sanjurjo non con-cretou o alcance da conversa, pero si expuxo no pleno que a asistencia urbanística do Concello está prepa-rando a documentación.

Polo demais, outra petición para o goberno autonómico é a inclusión de obras de abastecemento e sanea-mento no municipio, que terán unha asignación nos orzamentos da Xunta para 2016. O alcalde non precisou se o presidente autonómico ofreceu unha contía concreta, pero adiantou que o Concello prepara un proxecto “coa cantidade que se nos dixo e que se valorará”.

E con motivo da entrada en fun-cionamento do transporte metropo-litano en Ordes, o Concello solicitou a dotación de marquesinas nas para-das deste servizo.

Nunha reunión anterior, da que o

alcalde tamén informou á corpora-ción en pleno, o Concello emprazou á Xunta a axudarlle para adquirir un novo tractor con desbrozadora refor-zada de uso forestal e ampliar o par-que móbil da policía cunha moto.

Martínez e Feijóo trataron tamén a posibilidade de que a estrada de Mercurín pase de ser municipal a au-tonómica, o que incluiría como con-trapartida que o Concello asumise a titularidade de viais autonómicos que forman parte do núcleo urbano. Non obstante, tamén se lle trasladou á Xunta a petición dunha partida para a reparación do vial en 2016.

Finalmente, cabe destacar que o goberno local interesouse polo cam-bio de uso da planta superior da Praza de Abastos, que terá que agar-dar ata 2019 para cumprir as condi-cións da subvención recibida. E so-licitou unha gardería na vila, que se atopa con dificultades para empra-zala por falta de previsión nas nor-mas subsidiarias, un albergue de pe-regrinos en Poulo ou Pereira, e o re-mate das concentracions parcelarias.

O Concello e a empresa da traída establecen un protocolo para evitar a auga avolta nas billas

ORDES

A aparición reiterada de auga avolta nas billas dos veciños, so-bre todo en días posteriores a chu-via, fixo que o goberno municipal de Ordes e a empresa concesiona-ria do servizo de abastecemento de auga potable, Espina&Delfín, mantiveran unha serie de contac-tos na procura de solucións.

O Concello encargoulle un es-tudo á empresa para determinar con exactitude as causas que oca-sionan a turbidez no servizo e as posibilidades de solucionar o pro-blema.

Á marxe de que poidan ser ne-cesarios algúns investimentos, o alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, anunciou que se establecerá un protocolo de actuación “para que entre todos poidamos evitar esta situación que sucede de ma-neira anómala”. O rexedor preci-sou que o protocolo non é unha garantía de que o servizo non volva fallar, pero si pode axudar a atallar o problema e a solucionalo con maior rapidez.

Veciños e empresarios do Mesón do Vento intentan reanimar a feira dos sábados

ORDES

O presidente da asociación de veciños Campo da Feira de Arde-mil, Fernando Noya, e o represen-tante dos empresarios da zona, José Manuel Candal, reuníronse coa delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, para demandar o apoio a medidas de impulso ao mercado que se celebra na locali-dade os sábados vésperas do pri-meiro e do terceiro domingo de cada mes.

No encontro, do que non tras-cenderon medidas concretas e no que tamén estivo o parlamenta-rio Miguel Calvo, a delegada pro-vincial expuxo como posibles op-cións algunhas medidas que pro-move a Consellería de Economía, Industria e Emprego. Neste sen-tido, Do Campo lembrou que o departamento autonómico ofrece achegas económicas aos concellos para “modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade”, mediante a súa re-novación, o impulso do comercio electrónico e a dinamización.

OROSO Os dous alcaldes desempoan o proxecto de Vía Verde na vella liña de tren

Oroso e Santiago declaran a súa “frustración” co transporte comarcal

“Frustración”. É a expresión na que concordan os alcaldes de Oroso e de Santiago á hora de falar do fun-cionamento do sistema de trans-porte metropolitano. Tanto Manuel Mirás como Martiño Noriega consi-deran que este servizo de transporte público funciona “mal” e cren que

debe ser mellorado canto antes. Non é a primeira vez que Mirás

expresa queixas sobre o bus comar-cal, polas carencias de frecuencias e enlaces. Noriega sitúa este asunto entre “as maiores preocupacións da veciñanza da Gran Capital” e advirte de que “Compostela non se pode se-

guir poñendo de perfil ante este pro-blema, porque mentres que non se resolva non hai plan de mobilidade que valla”.

Como solución, propoñen unha maoir coordinación coa Xunta ou “ estudar fórmulas de xetión entre os Concellos, dentro do marco da legali-dade”, aseguran.

A VÍA VERDE, PENDENTE Outro dos asuntos tratados na re-

unión foi o proxecto de Vía Verde, que leva anos estancado ante a falta de resposta do Ministerio de Fomento. Esta iniciativa, para a que os Conce-llos asinaron xa en 2008 un convenio, serviría para acondicionar o trazado da antiga liña ferroviaria desde San-tiago ata practicamente Cerceda, co propósito de que sirvan de ruta para a práctica de deportes como o sen-deirismo ou o ciclismo.

Polo demais, os dous rexedores abordaron o “desexo” de traballar en conxunto á hora de coidar as beiras do Tambre e a área recreativa do Re-fuxio, con partes compartidas.

Martiño Noriega (esq.) e Manuel Mirás reuníronse na sede do Concello de Santiago

Page 3: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

PuBlICIDADE

Crónicas - Outubro 2015 3

Page 4: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

4

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES En 2016, Fomento reserva diñeiro unicamente para elaborar o proxecto

A rotonda no enlace coa ronda leste non se construirá polo menos ata 2017

A rotonda con paso inferior que enlazará a ronda leste coa N-550 no seu quilómetro 37, á altura da saída de Ordes cara a Santiago, non se construirá polo menos ata 2017. O Goberno central, que quizais para en-tón teña outra cor política, accedeu a contemplar financiación para ela nos orzamentos xerais do Estado, se ben en 2016 reserva unicamente 18.000 euros para elaborar o proxecto e para 2017 deixa como “previsión” 600.000 euros para a execución da obra.

A inclusión destas reservas de di-ñeiro é froito dunha emenda pre-sentada polo PP, que asegura que foi unha proposta que lle trasladou o al-calde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao presidente do Goberno, na visita de Mariano Rajoy a Ordes nas vacacións de agosto.

Se ben as comunicacións roda-das non teñen demasiado problema coa configuración actual da intersec-ción, a principal vantaxe da obra será precisamente o paso inferior. Ao dar-lle continuidade ao tramo de senda peonil e de carril bici xa existentes no

primeiro tramo da ronda leste, garan-tirá un paso seguro para as persoas que se desprazan desde a zona do Paraíso á piscina climatizada e ao IES Maruxa Mallo, e viceversa.

O goberno municipal, que des-tacou a “receptividade de Rajoy”, ten en mente unha segunda parte da ronda, a que chama a ronda su-

roeste, enlazando o xa feito coa es-trada AC-413 (Ordes-Carballo). O novo vial tería un acceso ao tanatorio municipal e ao punto limpo, de ma-neira que contribuiría a evitar o paso de tráfico por rúas como a do Medio-día ou a do Recreo, ata as que acoden os vehículos que queren tomar a es-trada de Carballo.

ACCESOS A QUEIS Por outra parte, o Ministerio de

Fomento licitou as obras de mellora da intersección da estrada N-550 en Queis (Montaos), concretamente no quilómetro 41,2 do vial. O gasto máximo nas obras, que se iniciarán nos vindeiros meses e durarán un-has catro semanas, será de 207.000 euros. O alcalde de Ordes asegura que a reforma permitirá evitarlles aos veciños un desprazamento con-siderable para tomar o desvío, agora impedido por mor dunha liña con-tinua. O rexedor destacou “a sensi-bilidade” de Fomento con esta de-manda que os veciños formulaban desde hai tempo.

Intersección onde se ubicará a rotonda

O BNG de Ordes propón a mellora dos accesos á zona do IES Maruxa Mallo, a piscina cli-matizada e o antigo centro co-marcal coa habilitación dun terceiro carril na N-550 nese tramo, de maneira que o cen-tral sirva para incorporarse e saír da estrada.

A proposta obtivo o apoio do pleno municipal. O seu au-tor, o concelleiro nacionalista Pablo Vidal, explica que o ac-ceso actual “é bastante peri-goso e mesmo se teñen produ-cido varios accidentes”. O Blo-que lembra que a N-550 é o único acceso real ao instituto, posto que na práctica os auto-buses non pasan pola Rúa da Coruña, demasiado estreita.

O terceiro carril podería ha-bilitarse, segundo expresa o BNG, aproveitando o espazo das vías de servizo existentes nas dúas marxes da N-550. A proposta será trasladada ao Mi-nisterio de Fomento.

O BNG de Ordes propón mellorar o acceso ao IES Maruxa Mallo con tres carrís

ORDES Reparados os 500 metros iniciais, o resto do vial mantén o menú de baches dos últimos anos

Novo aperitivo na estrada Ordes-Cerceda por Mercurín

O menú é o mesmo, só mellorou o aperitivo. A precaria estrada de Mer-curín, entre o polígono industrial de

Ordes e Cerceda, viu mellorados nas últimas semanas os seus 500 metros de entrante. Un cambio de cara que,

sen embargo, non impide que o resto do vial, de titularidade municipal, manteña o pésimo estado de conser-vación que o caracteriza nos últimos anos, co firme repleto de irregulari-dades e buratos.

Os labores deste tramo supuxe-ron un gasto de 80.000 euros, para os que o Concello contou cunha subven-ción autonómica do 80 %. Os traba-llos consistiron en anchear a estrada, fresar a superficie, aplicar conglome-rado e repoñer o firme, ademais do repintado.

O goberno municipal cre que se trataba dunha “intervención moi de-mandada, tanto polos veciños e veci-ñas da zona como polos traballado-res e transportistas”, debido ao mal estado que presenta o vial e os riscos para a seguridade que conleva.

Non obstante, para os usuarios, moitos deles traballadores e traballa-

doras que acoden a cotío ás empre-sas de Cerceda, a mellora resulta cla-ramente insuficiente, tendo en conta que queda case unha decena de qui-lómetros máis de sufrimento para os seus vehículos. Varios deles expresa-ron a súa indignación comentando a noticia no espazo de Crónicas en fa-cebook.

O proxecto de ampliación e repa-ración integral da estrada fora reco-llido hai varios anos no Plan Miner, pero o posterior bloqueo destes fon-dos por parte do goberno central su-miuna nunha desatención total, uni-camente con accións puntuais de arranxo por parte do Concello que, incapaz de afrontar todas as necesi-dades, optou por impedir o tráfico pesado. No pasado mandato, sope-souse cederlle a titularidade á Xunta e xestionouse a colaboración da De-putación nun proxecto de mellora.

O tramo, que comeza en Merelle, precisou 80.000 euros para a súa reparación

Page 5: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015 5

COMARCA O habitual de Obras e Servizos e o novo Plan de Acción Social

Dous plans da Deputación traerán máis de 4,2 millóns de euros á comarca

Dous plans de investimentos da Deputación da Coruña traerán máis de 4,2 millóns de euros aos sete Con-cellos da comarca. Trátase do tradi-cional Plan de Obras e Servizos (POS) para 2016, que repercutirá con case 1,8 millóns, e do novo Plan de Acción Social 2015, que supera os 2,4 mi-llóns de euros. Os Concellos deben decidir nas vindeiras semanas para que proxectos os utilizan.

As dúas iniciativas xa foron apro-badas polo pleno provincial, cunha dotación total de 24,2 millóns para o POS e de 33 millóns para o PAS, a re-partir entre os 93 Concellos da provin-cia. O criterio de reparto é o mesmo nos dous casos, e a contía de diñeiro que lle corresponde a cada municipio determínase segundo a superficie, o número de habitantes, o número de parroquias e o esforzo fiscal.

E se ben estas son as pondera-cións que desde os anos oitenta se aplican nos plans ordinarios da De-putación, o grupo do PP optou por absterse no caso do POS, ao botar en falta un 20 % de plus que tiñan

os municipios fusionados, o caso de Oza-Cesuras. O presidente da Depu-tación, o socialista Valentín González Formoso, replicou que o seu gober-nno vai aplicar un plan de optimiza-ción de recursos que fomentará ini-

ciativas de colaboración institucional nas que Oza-Cesuras “vai estar có-modo”, dixo.

No POS, cada Concello poderá de-cidir se destina ata o 50 % a gasto co-rrente, mentres que un mínimo do

50 % terá que destinarse obrigatoria-mente a obras ou subministracións necesarias para a prestación efectiva de servizos.

No caso do Plan de Acción Social (PAS), aprobado por unanimidade, a orientación é utilizar os seus fondos para investimentos financeiramente sostibles e que na súa maior parte teñan “un carácter social relevante”, asegura o executivo provincial.

Na comarca, o Concello que máis diñeiro percibirá nestes plans é o de Ordes, cuns 953.000 euros nos dous plans, en boa medida por ser o máis poboado. Pola contra, ao que menos recursos lle corresponden é a Frades, con 460.000 euros.

CERCEDA

FRADES

MESÍA

ORDES

OROSO

TORDOIA

TRAZO

TOTAL:

346.356 euros

265.421 euros

305.559 euros

549.879 euros

330.108 euros

335.424 euros

301.048 euros

2.433.795 euros

Asignación do diñeiro dos dous plans provinciais na comarca ordense

253.994 euros

194.642 euros

224.076 euros

403.244 euros

242.080 euros

245.978 euros

220.768 euros

1.784.782 euros

600.350 euros

460.063 euros

529.635 euros

953.123 euros

572.188 euros

581.402 euros

521.816 euros

4.218.577 euros

CONCELLO PAS POS TOTAL

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña

As oportunidades da valorización enerxéticaUn estudo demostra as vantaxes que ten para o país o uso deste sistema nos residuos non reciclables

“A promoción da valorización enerxética da fracción non reciclable dos residuos urbanos traería consigo importantes oportunidades para o medio ambiente, a economía e a sociedade no noso país”. Así se recolle nun estudo reali-zado por G-Advisory, do Grupo Garrigues, en-cargado pola Asociación de Empresas de Valo-rización Enerxética de Residuos Urbanos (AE-VERSU), que aglutina dez plantas (nove en España e unha en Andorra) que centran a súa actividade na recuperación, en forma de electri-cidade e calor, do poder calorífico dos refuga-llos que, de non seguir este camiño, acabarían desperdiciados en vertedoiro, co conseguinte impacto ambiental.

O estudo foi presentado publicamente en Madrid o pasado 6 de outubro. No acto, o pre-sidente de Aeversu, Rafael Guinea Mairlot, fixo unha introdución ao documento, e Ernesto Lluch Moreno, Director de G-Advisory deu a coñecer os resultados.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNSConforme á xerarquía de xestión contem-

plada pola Directiva Marco de Residuos, a va-lorización enerxética debe prevalecer sobre o depósito en vertedoiro. Así o entenderon nume-rosos países europeos (Alemaña, Suecia, Ho-landa, Dinamarca, Bélxica e Austria), que de-cidiron no seu momento incrementar a recupe-ración enerxética, con valores entre o 35 e o 54

% dos residuos urbanos xestionados, o que lles permitiu eliminar practicamente a opción de vertido, resultando este inferior ao 4 %. En Es-paña, pola contra, a valorización enerxética li-mítase ao 10 %, disparándose as taxas de ver-tido ata o 60 %.

A valorización enerxética constitúe, ade-mais, un notable apoio para o cumprimento dos obxectivos proclamados pola Unión Europea en relación aos residuos urbanos, e que funda-mentalmente pasan por acadar, como mínimo, o reciclado do 50 % en peso antes de 2020, e diminuír o uso do vertedoiro, limitando a un máximo do 35 % a cantidade de materia biode-gradable a depositar no mesmo.

As vantaxes sobre o vertido son evidentes, podendo destacar, entre outras, que non precisa de grandes extensións de terreo, pesando sobre a mesma un rigoroso e exhaustivo control am-biental derivado da lexislación aplicable, moito máis estrita que a que rexe para os vertedoiros e outras infraestruturas industriais, sendo tamén menores as emisións de efecto invernadoiro.

O sistema contribuiría igualmente a redu-cir a dependencia enerxética exterior de España e o seu alto custo económico. E é que, segundo cifras do 2013, España estaría asumindo na ba-lanza comercial un déficit anual de case 41.000 millóns de euros pola compra de enerxía que non somos capaces de xerar de forma autosu-ficiente. Estímase en 26,3 euros de aforro por

cada MWh de enerxía eléctrica procedente des-tas instalacións, o que significaría un considera-ble empuxe cara a prezos de electricidade máis competitivos

Desde a perspectiva social e económica, cabe dicir que a valorización enerxética xera anualmente ingresos por importe de 273 mi-llóns de euros e un valor engadido bruto de 90 millóns, posibilitando máis dun milleiro de pos-tos de traballo. Estas cifras poderían duplicarse no 2020 se España apostase realmente pola re-cuperación enerxética da parte non reciclable, coa particularidade de que as instalacións de

valorización xeran tres veces máis investimento que os vertedoiros, o que derivaría nunha maior capacidade de xeración de actividade econó-mica.

Trala análise pormenorizada de todos os as-pectos de interese, o estudo recoñece a alta con-troversia ambiental que historicamente chegou a producir a actividade das plantas de recupera-ción enerxética, apuntando á necesidade de que o sector se esforce e implique, desde a máis ab-soluta transparencia, en tarefas informativas e formativas nas que se explique, con absoluta claridade, as súas múltiples vantaxes.

O estudo íntegro está dispoñible na páxina web

de SOGAMA: www.sogama.es

Page 6: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

6

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015

COMARCA Entre A Gándara e Fálmega en Oroso e en Vista Alegre (Galegos, Frades)

Frades e Oroso contarán con novas sendas peonís en estradas provinciais

A Deputación da Coruña deulles luz verde a dous investimentos en sendas peonís en estradas provin-ciais ao seu paso por Frades e por Oroso. En conxunto, suporán o inves-timento duns 380.000 euros.

O proxecto de maior contía é o que se acometerá en Oroso. Son uns 229.000 euros para unha senda peonil na estrada DP 3801, a que vai de Sigüeiro a Vilarromariz. En con-creto, intervirase entre os quilóme-tros 2,19 e 3,28. Comunicarase así o remate da senda actual na intersec-ción de acceso á urbanización Porto Avieira coas proximidades do lugar de Fálmega.

A senda discorrerá pola marxe de-reita da estrada, en dirección Vila-rromariz. Disporá dunha anchura de dous metros e nalgúns treitos estará dotada cunha baranda de madeira para garantir a seguridade.

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, amosouse satisfeito pola apro-bación do proxecto: “levamos moito tempo loitando por el, pero o ante-rior goberno do PP na Deputación

non o admitiu en catro anos”, ase-gura. Mirás agradece a consideración do novo goberno provincial para dar-lle resposta á demanda veciñal.

O rexedor de Oroso asegura que continúa tendo presente a necesi-dade de máis sendas peonís noutros puntos do municipio. Manuel Mirás mantén o seu compromiso de exe-

cutar este tipo de infraestruturas nas parroquias de Oroso, Senra e Deixe-bre, nestes casos con cargo aos or-zamentos municipais dos vindeiros anos.

EN GALEGOS En canto ao andén peonil de Vista

Alegre, en Galegos (Frades), a Depu-tación explicou que está valorado en case 150.000 euros. Cunha lonxitude próxima a un quilómetro, terá unha anchura de 1,80 metros e irá sepa-rado da estrada cun borde de formi-gón. Ubicarase na marxe esquerda da estrada DP 3802, en dirección á Ponte Carreira.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradeceu que o novo goberno da Deputación “respectase o proxecto” que, segundo el, xa fora aprobado en comisión no pasado mandato, cando Diego Calvo presidía a entidade pro-vincial. Rey destaca que o andén será moi beneficioso para a poboación e afirma que seguirá reclamando outras dúas sendas que lle vén pe-dindo á Deputación desde hai anos.

Zona onde comezará a senda de Oroso

Aberto o prazo para solicitar axudas ao transporte de estudantes ata este 31 de outubro

MESÍA

O Concello de Mesía recolle ata o 31 de outubro as solicitudes de axudas para o transporte escolar do curso 2015-2015. Cun orzamento to-tal de 5.400 euros, poden chegar ata 250 euros por beneficiario.

Poden solicitar estudantes resi-dentes no municipio, que cursen es-tudos de bacharelato ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Os be-neficiarios non poden ter máis de 25 anos e deben estar censados en Me-sía cun mínimo dun ano de antigüi-dade.

As solicitudes deben acompa-ñarse cunha serie de documentación identificativa e acreditativa da situa-ción socioeconómica da unidade fa-miliar. As solicitudes serán puntua-das en función do número de inte-grantes da unidade, os seus ingresos económicos, posibles situacións de discapacidade e a distancia desde o domicilio ata o centro de estudos. A convocatoria establece que o Conce-llo pagará as axudas antes de que re-mate o ano.

Eliminan o tope de 100.000 euros da taxa de licenzas de obras

CERCEDA

O pleno de Cerceda decidiu por unanimidade un cambio na ordenanza fiscal de expedición de licenzas que favorecerá o Conce-llo en obras dun elevado investi-mento. A taxa é dun 2% sobre o orzamento de execución, pero ata agora o máximo que podía cobrar o Concello eran 100.000 euros. O cambio elimina este tope.

En palabras do alcalde, José García Liñares (PSOE), había “un límite autoimposto que nos podía prexudicar e por eso eliminámolo, porque estamos aquí para defen-der o Concello”.

Na mente do pleno está a am-pliación de Sogama como un dos primeiros proxectos ao que lle afectará a modificación. Fran-cisco Santos (PP) estimou que en vez dos 100.000 euros chegarán a cobrar uns 400.000. Dubidou de se faría falta un informe xurídico para o cambio, e o rexedor confir-moulle que non. Rocío da Igrexa (BNG) concordou en non perdoar-lle tributos ás grandes empresas e suxeriu bonificacións para viven-das particulares ou granxas.

O PP acusa ao goberno local de “ningunear” a oposición

O pleno ordinario do mes de setembro en Oroso derivou nun cruce de críticas entre o PP, prin-cipal grupo da oposición, e o go-berno municipal, do PSOE.

A dereita asegura que o alcalde “ningunea” a oposición por “non debatir as mocións e non con-testar as preguntas en pleno”. O portavoz do PP, Alexander Doval, acusa a Manuel Mirás de “falta de talante e educación”.

O goberno, en cambio, explica que contestou a todas as pregun-tas que lle formularon e non impe-diu ningunha intervención. As mo-cións do PP, sobre o apoio a unha familia á que se lle incendiou a vi-venda, sobre a unidade de España, sobre a acollida de refuxiados e sobre o consumo de leite, non su-peraron o trámite de urxencia para seren debatidas, pero si foron falo-radas polos distintos grupos.

OROSO

O executivo asegura que contestou todas as preguntas e non impediu intervir

Ordes conmemora o Día das Bibliotecas coa presentación dun libro e cunha exposición

ORDES

Ordes celebra o Día das Biblio-tecas, este sábado 24 de outubro, cun programa de actividades no que destaca a presentación dun libro e unha exposición.

O libro que se presentará é “El in-menso mar de los olvidados”, da au-toría do ordense José Jacobo Ríos. O acto será este xoves 22 (20 horas) na propia biblioteca municipal e está previsto que o autor asine exempla-res e manteña encontros coas per-soas interesadas na súa creación e na súa actividade dentro do colec-tivo literario e artístico coruñés ‘In Nave Cívitas’.

O venres 23, abrirá as portas a mostra de obras cedidas polo Minis-terio de Cultura con motivo da con-cesión do último premio María Mo-liner á biblioteca de Ordes. Trátase dunha ampla colección que supera o centenar de referencias de libros destinados a todo tipo de públicos. Nesa mesma xornada, ás 18 horas, ofrécese o contacontos ‘O soño do rato’, para nenos e nenas maiores de tres anos.

Page 7: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015 7

Gastan outros 40.000 euros na praza da feira da Ponte Carreira

A praza do mercado da Ponte Carreira vive a segunda fase da súa remodelación, na que ata fi nais deste mes se invisten uns 40.000 euros. Tres cuartas partes prove-ñen de fondos europeos cedidos nunha subvención autonómica.

Os traballos consisten prin-cipalmente na construción dun novo tramo de beirarrúas e unha

canle de recollida de augas plu-viais, ademais do axardinamento da zona, que os días 12 e 26 acolle a feira da capital municipal.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada provin-cial da Xunta, Belén do Campo, vi-sitaron a execución da obra, acom-pañadas polo alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro Manuel Ferreiro.

Constrúen un tramo de beirarrúa e unha canalización de augas

FRADES

O Concello adquire un novo tractor con pa e desbrozadora

OROSO

O novo tractor permite que Oroso siga contando con dous equipos de desbroce

O Concello de Oroso estreou xa un novo tractor, equipado con pa cargadora, desbrozadora de pluma e trituradora lateral, para as tare-fas de mantemento e limpeza das estradas municipais.

O equipamento ti vo un custo de case 71.000 euros, segundo ex-plica o goberno municipal. Reem-praza o anterior tractor, con ca-

torce anos de servizo e varias ava-rías recentes, e sen apeiros tan po-livalentes como os do novo.

No acto de entrega da maqui-naria parti ciparon o alcalde, Ma-nuel Mirás, e o xerente de AgroBa-rreiro SL, acompañados polos con-celleiros Eduardo Veiras e Antonio Leira e polos operarios que traba-llarán co tractor.

TORDOIA Reduce os tipos da contribución urbana e do imposto de obras e rebaixa un 10% a taxa do lixo

O goberno aproba unha rebaixa en tres tributosO goberno de Tordoia, liderado

por Antonio Pereiro, aprobou unha xenerosa rebaixa de tres tributos, que obti veron o respaldo do seu grupo, o PP, e a concelleira do BNG, mentres que o PSOE preferiu absterse.

A primeira decisión consiste en reducir o ti po de gravame do Im-posto de Bens Inmobles (IBI) de natu-reza urbana do 0,48 ao 0,4% do seu valor catastral, o mínimo legal. A re-baixa da contribución urbana é, pois, do 16%. A rústi ca segue no 0,9 e os

bens especiais no 1,3. A maiores es-tablécese unha bonifi cación do 50% para inmobles dedicados a acti vida-des agrarias e gandeiras, que terá que ser solicitada polo contribuínte.

A baixada no ti po da contribu-ción urbana servirá dalgún xeito para compensar a posta ao día dos valo-res catastrais, que se fi xera por úl-ti ma vez en 1994 e que depende ex-clusivamenteo do Ministerio de Ha-cienda. “O Concello o único que pode facer é baixar os ti pos a aplicar”, tal

como precisou o alcalde en pleno. Outro imposto que se reduce é

o de construcións e obras. O ti po de gravame pasa do 2,5 ao 2% do custo real e efecti vo da execución mate-rial da construción, instalación ou obra. A tarifa mínima é de 60 euros e a obriga de pagar o imposto nace no momento de iniciar a construción, aínda cando non se ti vese a corres-pondente licenza, tal como recolle a ordenanza fi scal.

E fi nalmente, a rebaixa que máis

benefi ciarios vai ter é a da taxa do lixo, un 10% en todas as cotas. Deste xeito, as cotas anuais por vivenda se-rán de 66,15 euros. No caso das vi-vendas con negocio, queda en 83,19 euros. Os aloxamentos pagarán 409,55 euros, mentres que nego-cios comerciais pagarán 321,81 euros se superan os 200 metros cadrados e 133,10 se non. Esta mesma contí a aplícase a locais de restauración. Ou-tros negocios como bancos e grandes almacéns pagan 409,55 euros.

Promoción especial para as parellas que contraten antes do 31 de decembro de 2015

Se queres un recordo especial e diferente da tua voda:

Pídenos presuposto

sen compromiso

Séguenos

Page 8: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

8

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015

A Mancomunidade de Ordes ingresou 8.500 euros máis dos que gastou en 2014

COMARCA

8.500 euros máis de ingresos que de gastos. Así rematou o exer-cicio 2014 a Mancomunidade de municipos da comarca de Ordes, segundo a conta xeral aprobada no pleno da entidade a comezos deste mes de outubro. O rema-nente de tesourería en decembro pasado era de 400.000 euros, se-gundo indicaron.

Á sesión plenaria asistiron os alcaldes dos sete Concellos que compoñen o organismo: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tor-doia e Trazo. Aseguran que o exer-cicio financeiro do ano pasado re-matou “sen ter rexistrada ningún tipo de débeda”.

Sesión plenaria da Mancomunidade

A conta xeral de 2014 en Oroso, o documento que resume o estado fi-nanceiro do Concello durante o exer-cicio, motivou unha diatriba entre o goberno de Manuel Mirás (PSOE) e o PP, principal formación da oposición, liderado por Alexander Doval.

O goberno divulgou que a conta recolle que rematou o ano pasado cun superávit de 471.000 euros, un remanente de 48.000 euros, seis puntos de redución da débeda viva ata o 20,6% e “unha das presións fis-cais máis baixas de toda España”, de 304,5 euros fronte á media galega de 386 e a española de 516 euros. Para Mirás, supoñía unha mostra de “rigor na xestión económica” que permite “manter e mesmo incrementar servi-zos sen aumentar impostos e taxas”.

En cambio, Alexander Doval cre que o executivo pinta un panorama “idílico” que non se corresponde coa realidade. Segundo o líder do PP, o alcalde “mente descaradamente” cando afirma que Oroso ten unha presión fiscal baixa, posto que os ve-ciños “poden comprobar o que se

está pagando nos Concellos da co-marca”, di.

Botando man do informe da Inter-vención municipal, Doval sinala que a autonomía fiscal, a proporción de tri-butos propios no total de ingresos, está por debaixo da media de con-cellos de poboación semellante. Si-túase no 49,73%, fronte á media es-pañola do 54,36% en municipios pa-recidos en toda España.

O PP tamén apreza un “excesivo uso do contrato verbal” por parte do goberno de Mirás. Din que se adxu-dicaron 705.000 euros por esta vía, que para a dereita “suprime a liber-dade de concorrencia e polo tanto a eficiencia no gasto”.

Outra crítica do principal grupo da oposición é a relativa á política de persoal. Cita en concreto o caso “anómalo” do arquitecto técnico mu-nicipal, que está cobrando do Conce-llo “mediante factura, pese ás reite-radas advertencias de Intervención”. O procedemento de contratación de cinco peóns é tamén mellorable para o PP, que demanda que o executivo

licite os servizos de fontanería, com-bustible, xardinería e carpa munici-pal.

A réplica do alcalde non tardou, acusando ao PP de falta de seriedade e recomendándolle “que aprenda a ler os informes de Intervención, salvo que a súa intención sexa seguir mentíndolle á cidadanía”. Manuel Mirás asegura que Doval “confunde contrato menor con contrato ver-bal” e defende a total legalidade dos 705.000 euros adxudicados en con-tratos menores. Pon o exemplo da reparación dun tractor, que se saíse a licitación remataría a tempada de desbroces parado e co contrato me-nor pode volver ao traballo en breve.

O alcalde declara tamén que a au-tonomía fiscal do Concello medrou nos últimos anos, e acusa ao PP de querer subir as taxas e os prezos das actividades para equilibrala coa es-pañola. Tamén insiste nos datos “por moito que lle molesten ao señor Do-val” para reiterar que os niveis de presión fiscal son baixos e o balance das contas positivo.

A conta xeral do ano pasado ocasiona unha nova lea entre o goberno e o PP

OROSO Doval critica “anomalías” e Mirás pídelle que “aprenda a ler os informes”

ORDES O departamento de Tesourería constata prácticas pouco exemplares

O derradeiro exercicio de Regos rematou en positivo pero con tachas dos técnicos

O Concello de Ordes rematou as súas contas de 2014 cun resultado orzamentario positivo de 187.642 euros e cun remanente para gas-tos xerais de case 1.214.000 euros. A administración local contaba á fin do exercicio, o derradeiro completo do goberno de Manuel Regos (UxO), cunha capacidade de financiamento de 1.126.000 euros. Segundo os téc-nicos municipais, cumpríronse as condicións de gasto, límite da débeda e período medio de pagamento.

A conta foi aprobada en pleno co apoio de UxO e do PSOE, que no pa-sado mandato estivo formalmente na oposición pero na práctica consi-derado un aliado do executivo de Re-gos. O BNG opúxose e o PP, respon-sable actual do goberno do Concello, optou pola abstención.

Malia que os indicadores fi-nanceiros presentan unha tenden-cia positiva, o informe técnico do de-partamento municipal de Tesoure-ría, divulgado en parte polo actual goberno, tamén constata diversas prácticas pouco exemplares.

Entre as tachas técnicas, obsér-vase que habitualmente non había propostas de gasto previas, que se produce unha situación de prórroga tácita de contratos establecidos du-rante anos, ou que se utilizou de ma-neira “abusiva” a figura do contrato menor, co cal o goberno ten máis ca-pacidade de elixir a quen contrata, sen necesidade de levar o procede-mento ao pleno.

Tamén, segundo o informe, abun-daban facturas con conceptos xenéri-cos que non detallanos traballos rea-lizados, carecíase a miúdo de memo-rias, proxectos e certificacións técni-cas, ou outorgábanse subvencións “sen cumprir coas previsións legais e a entidades que non xustifican as percibidas”. Un caso de descoñece-mento de ingresos e gastos foron as festas patronais de 2014.

A conta xeral de 2014 tivo o si de UxO e PSOE, o non do BNG e a abstención do PP

A posibilidade de efectuar unha auditoría externa sobre as finanzas do Concello está sobre a mesa. O BNG propuxo esta tarefa no último pleno, reto-mando un acordo plenario, se ben a petición non chegou a vo-tarse porque se vai valorar se se inclúe no estudo unha audito-ría técnica “para ver se as obras executadas se axustan aos car-tos investidos”.

O acordo para realizar a au-ditoría económica data xa de xullo de 2011, pero nunca se cumpriu. Segundo Pablo Vidal, concelleiro do BNG, foi debido “a unha práctica nada democrá-tica do anterior goberno muni-cipal”, con diversos acordos.

Os nacionalistas lembran que nos dous últimos manda-tos o Concello atravesou un “grave desequilibrio econó-mico”, aproximándose a nove millóns de débeda e con difi-cultades ata para poder aceptar subvencións externas.

Avalían efectuar unha auditoría externa sobre as finanzas e as obras do Concello

Page 9: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015 9

O pleno de Ordes aprobou por unanimidade a proposta presentada polo PSOE de demandarlle á empresa Unión Fenosa que revise a liña de me-dia tensión que leva o servizo eléc-

trico á zona da Grela, na parroquia de Parada. Aseguran os socialistas que “con frecuencia prodúcense avarías, sobre todo cando as condicións me-teorolóxicas non son boas”. Por iso,

consideran que urxe a solución a tal deficiencia no servizo.

A veciñanza da zona xa presen-tou unha queixa en maio ante a em-presa, sen resposta. Despois acudiron

á Xunta, que abriu un expediente. O acordo plenario contempla pedirlle á Consellería que o tramite con rapi-dez, sen deixar pasar os tres meses de prazo que implicarían desestimar as peticións veciñais. Á empresa tamén se lle pide que informe ao Concello de Ordes dos motivos técnicos que cau-san as interrupcións no servizo.

ORDES O servizo interrómpese na zona da Grela cando a mateoroloxía e adversa

Instarán a Fenosa a revisar a liña eléctrica que falla a miúdo en Parada

COMARCA Con vinte participantes, desenvólvese ata marzo nos municipios de Frades, Ordes e Trazo

un obradoiro de emprego prepara locais públicosXa se está desenvolvendo o obra-

doiro de emprego impulsado polos Concellos de Frades, Ordes e Oroso, que servirá para formar vinte per-soas en total durante seis meses, ata marzo do vindeiro ano.

As especialidades que se impar-ten, coa antiga estación da Pontraga como sede formativa, son as de fá-brica de albanelería, de pintura de-corativa en construción, e de activi-dades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Os alumnos e traballadores teñen previsto traballar na rehabilitación da casa rectoral de Santa María de Chaián (Trazo), no acondicionamento do local social da Rúa Galicia (Ordes), e nos locais sociais das parroquias de Ledoira e Papucín (Frades).

O obradoiro conta cun investi-mento de 180.000 euros. Os alumnos e traballadores, que ata agora esta-ban en situación de desemprego, re-ciben formación teórica e práctica, e ao remate accederán a un certificado de profesionalidade homologado.

Nas primeiras semanas do obra-doiro, ao que denominaron ‘Terras de Trastámara’, recibiron a visita da entón conselleira de Traballo e Be-

nestar, Beatriz Mato, acompañada pola delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, e da directora xeral de Emprego, Ana María Díaz. A repre-sentación do Concello de Ordes na vi-

sita estivo encabezada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, mentres que por Frades acudiu o seu homó-logo, Roberto Rey, e por Trazo o con-celleiro José Manuel Castiñeiras.

Martínez Sanjurjo animou aos participantes a “aproveitar esta opor-tunidade para mellorar o currículo e acadar así maiores oportunidades no eido laboral”.

Participantes no obradoiro, equipo directivo e docente e cargos políticos, na visita de Beatriz Mato ao obradoiro de emprego

Page 10: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

10

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015

Rematada a obra na Rúa do Parque, que custou 50.000 euros

Remataron as obras de remo-delación da Rúa do Parque, en Ordes, nas que se investiron uns 50.000 euros, dos que un 80% pro-viñan de fondos europeos aproba-dos pola Xunta para o proxecto municipal.

A iniciativa consistiu en cons-truír unha nova beirarrúa con rampa, coa que se eliminaron as

escaleiras existentes nos accesos a varios soportais e facilitar así o paso de persoas con dificultades de mobilidade. Tamén se mellorou o pavimento da beirarrúa que ro-dea o parque Félix Rodríguez de la Fuente, polo lado do Recreo, e re-pintouse a estrada.

Durante a execución das obras houbo que limitar o tráfico.

As beirarrúas cambiaron o pavimento e fixéronse máis accesibles

ORDES

OROSO O Concello remata as beirarrúas de acceso á gardería da Ulloa e o PP bota en falta as da N-550

Beirarrúas que xa hai, beirarrúas que aínda faltan

Os políticos de Oroso falaron moito de beirarrúas nas últimas se-manas, tanto das que xa están cons-truídas como das que aínda non es-tán nin comezadas.

O PP pediulle ao goberno local que “cumpra co compromiso adqui-rido hai máis dun ano e constrúa as beirarrúas na N-550”. Refírese ao tramo situado á esquerda (entrando en Sigüeiro cara á Santiago), entre a rotonda e a Alameda de Góis. Se-

gundo o PP, o alcalde compromete-rase a ter rematadas estas beirarrúas xa en setembro do ano pasado e “un ano máis tarde, o único que temos é a pais e a nenos camiñando pola beira-vía e poñendo en perigo a súa seguri-dade todos os días”, tal como asegura o portavoz do principal grupo da opo-sición, Alexander Doval, que agrega que “poderá botarlle a culpa a quen queira, pero el foi o que se compro-meteu a realizar esta obra”.

O executivo respondeu acusando de “alarmista” ao PP. Manuel Mirás, alcalde, precisou que o seu compro-miso se limitaba ás beirarrúas entre o colexio e a rotonda. “Coas beirarrúas da N-550 -di- sempre dixemos que dependería de cando tiveramos a au-torización de Fomento”.

Ese permiso chegou hai unhas se-manas ao Concello, despois de que o proxecto fose sometido a varias adaptacións, por indicación do Mi-

nisterio. O Concello agarda licitar as obras “canto antes”. Unha varanda separará a N-550 das beirarrúas. Non haberá paso de peóns con semáforo, como nun principio pretendía o Con-cello pero Fomento rexeitou, obri-gando tamén a resituar outro paso.

Por outra parte, o Concello si deu por concluídas as beirarrúas e o novo alumeado da rúa da Ulloa, nos acce-sos á gardería municipal. O proxecto tivo un custo de 60.000 euros.

O PP pide beirarrúas na esquerda da N-550, e o Concello di que agora ten permisoÚltimas tarefas para as beirarrúas entre a rotonda da N-550 e a gardería municipal

O Concello gastou o 86 % do diñeiro que prevía en 2014

O Concello de Frades gastou o 86% do diñeiro que prevía en 2014, e ingresou o 83% do que contemplara no orzamento. Así o recolle a conta xeral de 2014, apro-bada nun recente pleno extraordi-nario co voto a favor do PP e a abs-tención do BNG. Para o concelleiro Manuel Ferreiro, encargado da te-sourería, os datos “demostran que se está facendo unha política de estabilidade sen descoidar o inves-timento”. O remanente a final de

ano era de case 74.000 euros e a li-quidez en bancos de case 242.000.

Co si do PP e o non do BNG, a mesma sesión aprobou unha or-denanza sobre os prezos públicos do Concello, da que ata agora se carecía. A competencia para esta-blecelos e varialos será da xunta de goberno. O alcalde, Roberto Rey, precisou que non afectará aos prezos das actividades, nin ás gratuítas: “simplemente regula-mos o procedemento”, asegura.

O pleno aprobou tamén unha ordenanza para regular os prezos públicos

FRADES

Page 11: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

ACTuAlIDADE

Crónicas - Outubro 2015 11

Seat entrega un coche para a aprendizaxe de mecánica en FP

A empresa Seat entregoulle un dos seus vehículos, modelo Exeo, ao IES-1 de Ordes, para ser utili-zado na formación do alumnado de FP de Automoción.

A entrega enmárcase na cola-boración que mantén a empresa automobilística, en Ordes encar-nada por Talleres Soneira, coa Consellería de Educación.

Asistiron ao acto de entrega o

secretario xeral de Educación, Ma-nuel Corredoira; o director do IES, Juan Fernández Porto; o xefe do departamento de Automoción do centro, José Manuel Carabel; o de-legado de postventa de Seat, Juan Carlos González; Carlos e Roberto Soneira en representación de Ta-lleres Soneira; e integrantes do go-berno de Ordes, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez.

ORDES

O Exeo servirá de apoio ás prácticas de aprendizaxe do ciclo de Automoción

Examinan as pistas reparadas nun plan cuns 110.000 euros

A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, xunto ao al-calde de Tordoia, Antonio Pereiro, e outros integrantes do goberno local, visitaron varios camiños da zona arranxados nun plan finan-ciado con fondos europeos, esta-tais, autonómicos e provinciais. Ao municipio de Tordoia correspon-déronlle case 110.000 euros nesta iniciativa.

Os tramos mellorados, que su-peran os seis quilómetros de longo en conxunto, son os camiños de Mordón a Nogueira (Bardaos); de Capador e a igrexa de Tordoia (Ca-baleiros); de Paradela e Abongo (Leobalde); na Balsa, en Pontepe-dra; e da Tarroeira (Castenda). Me-lloras de firme, limpeza e perfilado de cunetas ou sinalizacións foron algunhas das tarefas acometidas.

A delegada da Xunta con integrantes do goberno municipal de Tordoia

TORDOIA

A Xunta de Galicia continúa sen darlle unha resposta positiva ás rei-vindicacións da comunidade escolar do CEIP do Mesón do Vento, no que se fusionaron os cursos de quinto e sexto de primaria por non cubrir a xu-bilación dun docente.

O goberno local de Ordes asume que a decisión “axústase á norma aplicada desde a xefatura”, pero re-marca que “non a comparte e trata,

na medida das súas posibilidades, e co apoio dos restantes actores políti-cos e sociais, de articular unha solu-ción”.

O executivo ordense sitúa como causa de fondo “o declive demográ-fico xeral, ao que o noso medio rural non é alleo” e que fixo que o centro perdese alumnado. Por iso, tamén demanda ampliar a área de escolari-zación do colexio do Mesón para in-

crementar a matrícula e “ao mesmo tempo rebaixar a presión sobre do CEIP Castelao”, na vila.

En canto ao colexio Campomaior, desde o Concello aseguran que si foi atendida a demanda dun mestre es-pecialista. Algo que non sucedeu no IES Maruxa Mallo, onde recente-mente se restaron tres mestres e de momento a Consellería non aceptou recuperar cando menos un deles.

E no relativo ás instalacións, o go-berno de José Luis Martínez Sanjurjo lembra que as do colexio do Mesón do Vento foron melloradas nos úl-timos meses. No IES Maruxa Mallo, anticipa que a unidade técnica do de-partamento autonómico de Educa-ción xa coñece “a necesidade de aco-meter obras de mellora das condi-cións actuais das aulas”, con proble-mas de climatización.

O CEIP do Mesón e o IES Maruxa Mallo, sen respostaORDES O goberno municipal asegura que trata de “articular unha solución” con apoio político e social

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 12: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

12

ECONOMÍA

Crónicas - Outubro 2015

INDUSTRIA González Formoso inicia en Oroso unha xira de visitas a diversas empresas da provincia coruñesa

O presidente da Deputación visita Vegalsa e GamesaO presidente da Deputación da

Coruña, o socialista Valentín Gonzá-lez Formoso, iniciou en Oroso unha xira de visitas a empresas da provin-cia. En concreto, achegouse ata as instalacións das empresas Vegalsa e Gamesa, no polígono industrial de Si-güeiro. Estivo acompañado polo al-calde, Manuel Mirás, o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira, e varios integrantes do goberno local.

En Vegalsa, foron recibidos polo director de Loxística, Fernando Ca-sal, e a directora de Relacións Insti-tucionais da empresa, Gabriela Fer-nández. Tiveron ocasión de coñecer a plataforma loxística da compañía, que ocupa uns 32.000 metros cadra-dos e move a diario máis de 4.000 palés de mercadorías para abaste-cer uns 270 establecementos propios e franquiciados en Galicia, Asturias e Castela e León, das marcas Eroski Center, Eroscia City, Familia e Aliprox.

Vegalsa creo en Oroso 270 postos de emprego especializados, tal como puxo de manifesto o seu responsa-ble de Loxística da que é a maior pla-taforma de mercadorías xerais que existe na actualidade en Galicia. Esa xeración de emprego e de riqueza no

municipio e no conxunto da comarca foi recoñecida polas autoridades pro-vinciais e locais. “É un motivo de or-gullo para a provincia dispoñer de plantas como esta”, manifestou Gon-zález Formoso, quen lembrou que Vegalsa-Eroski en Galicia emprega unhas 5.100 persoas e factura preto de mil millóns de euros.

En Gamesa, os políticos obser-varon as tarefas de reacondiciona-mento de grandes compoñentes de turbinas eólicas. O xerente da planta, Rubén Carranza, expuxo durante a vi-sita que a empresa dálle emprego en Sigüeiro a máis de 60 persoas e está considerada o maior centro de repa-ración de trens de potencia ou ‘mul-tiplicadoras’ de aeroxeradores. Nos últimos catro anos, superan as 1.500 reparacións.

Carranza detallou que a compa-ñía foise especializando progresiva-mente neste tipo de operacións, que presentan unha elevada complexi-dade técnica, posto que se trata de máquinas que pesan ata 40 tonela-das e as súas engranaxes repáranse con precisións de reloxería de entre tres e catro micras, inferiores ao es-pesor dun pelo humano.

González Formoso gabou en Ga-mesa a “capacidade de reinventarse e especializarse para orientar o seu nicho de negocio na reparación des-tas pezas”. A sinatura de Gamesa fi-gura no 70 % dos aeroxeradores de Galicia. Nos 21 anos de experiencia, a empresa leva instalados 33.000 MW de potencia e figura entre os líderes tecnolóxicos globais da industria eó-

lica, con presenza en 54 países. O alcalde amosouse “satisfeito

e impresionado polo gran nivel que teñen as empresas implantadas en Oroso”, e valorou a que co seu em-prego fan medrar o municipio, pero tamén a colaboración na vida socio-cultural da zona, patrocinando e co-laborando en actividades culturais e eventos deportivos.

Visita á nave de Vegalsa Visita ás instalacións de Gamesa

LEITE Desde novembro, presionarán a industrias e distribuidoras que non cumpran

Os gandeiros xa contemplan volver á rúa ante os tibios avances no acordo

Varias semanas despois de asinar o Ministerio de Agricultura o acordo sobre o sector leiteiro, ao que se su-maron as empresas envasadoras e distribuidoras e que rexeitaron to-dos os representantes dos produ-tores menos o grupo Xóvenes Agri-cultores, as mobilizacións dos Gan-deiros volven estar sobre a mesa. O motivo é que o cumprimento dos acordos practicamente non avanza, e os pasos que se van dando, sobre un acordo que xa de por si conside-ran insuficiente, son moi tibios.

O coordinador da Organización de Produtores de Leite (OPL), Anxo Escariz, afirmou que “seremos nós mesmos os que fagamos cumprir o acordo”. De non ver avances máis claros nos vindeiros días, contem-plan novas medidas de presión sobre os primeiros compradores, a indus-tria e a distribución a partir do 5 de novembro. De momento, non con-cretaron nin a tipoloxía nin o alcance das accións.

Os produtores manteñen que os prezos teñen que situarse por riba

dos 32 céntimos de euro por litro, considerado o limiar para que a ac-tividade gandeira sexa rendible. Polo de agora nos escasos novos contra-tos que se formalizaron non se está chegando ata ese importe. Á espera de que entre as industrias haxa máis acción, no ámbito da distribución si se deron algúns pasos máis, co incre-mento dos prezos de venda. En todo caso, falta que se publique o decreto que permita saber o prezo de cesión da industria á distribución, o que á súa vez facilitará saber con máis tino que proporción desa suba podería trasladarse ata os Gandeiros.

Así as cousas, desde a OPL expli-can que reunirán información de to-dos os incumprimentos que obser-ven e vixiarán se o Goberno central serve ou non de garante para facer valer o acordo. E entre os sindicatos agrarios impera o escepticismo por-que non perciben mellora algunha.

No que respecta ás axudas, Unións Agrarias divulgou que no Mi-nisterio barallan pagarlles a todas as explotacións en decembro, mes

electoral, un céntimo de euro por li-tro de leite entregado entre os me-ses de abril e xullo. O tope sería de 50.000 euros por explotación. Sería unha axuda sen solicitude. A axuda por vaca, que se pode pedir en dez días hábiles desde o 19 de outubro, será de 110 euros por vaca para quen cobrou o leite a menos de 28,5 cén-timos e de 300 por res para que non chegou aos 25,9 céntimos por litro. Ángeles Vázquez era ata agora

alcaldesa de Melide

Nova conselleira, só de Medio Rural Rosa Quintana foi a primeira vítima política das mobilizacións dos

Gandeiros. Na crise de goberno que serviu para destituír a anterior con-selleira de Sanidade, Rocío Mosquera, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou para retirarlle as competencias de Medio Ru-ral a Quintana e deixala unicamente á fronte da área de Mar. Para lide-rar a nova Consellería, incorporou ao goberno autonómico a Ángeles Vázquez, ata entón alcaldesa de Melide. No sector valoraron que o sec-tor agrogandeiro e forestal volva ter un departamento propio e tamén a vinculación de Vázquez co mundo rural. Pero tamén se alzaron críticas pola súa actitude durante as tractoradas, negándose a apoialas como si fixeron outros alcaldes, tamén do PP, a mesmo acudindo a unha sesión vermú cando os Gandeiros do seu municipio protestaban contra a ruína.

Page 13: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

ECONOMÍA

Crónicas - Outubro 2015 13

Segue aberto o conflicto laboral na estación de servizo de Cepsa en Leira

ORDES

O conflicto laboral na em-presa Ponpresa, que explota as estacións de servizo de Cepsa en Leira (Ordes), continúa aberto. Os traballadores e traballadoras, que desde finais de abril inicia-ron unha folga indefinida, asegu-ran que non se dá chegado a un acordo entre eles e o administra-dor único da compañía, Fernando Martínez, para o cobro dos sala-rios adebedados e para concretar “un plan viable para manter a es-tación de servizo aberta”, din.

As negociacións, segundo a mesma fonte, estábanse produ-cindo con quen “din chamarse in-versores” alleos á empresa, pero dos que descoñecen a relación contractual con Ponpresa. En todo caso, o diálogo está “estancado” porque os empregados non ven unha “solución definitiva”. As ga-solineiras funcionan esporadica-mente con traballadores que non pertencían ao plantel de Ponpresa e con escasez de combustible en determinado momentos.

CERCEDA Ven innecesario o ERE de extinción e defenden os seus empregos

Empregados de Sumtec esixen cobrar

Decenas de empregados e empre-gadas da empresa Sumtec, dedicada á fabricación de cubertas tipo sand-wich, portas e ventas, e con instala-cións no polígono industrial do Ace-vedo (Cerceda), mobilízanse contra a grave situación laboral que atrave-san.

A compañía, en concurso de acre-dores voluntario desde hai uns me-ses, non lles paga desde outubro de 2014. E o administrador concursal

designado polo xulgado do mercantil da Coruña optou por aplicar un ERE de extinción que implica o despedi-mento de todos os traballadores.

Ademais das protestas regulares que protagonizan fronte á nave da empresa, tamén promoveron unha marcha a pé para concentrarse ante o Concello e pedir o apoio da corpo-ración local e da veciñanza. Queren poñer de manifesto que “traballamos e non cobramos” e acusan de “pre-

potencia e absoluto desinterese” ao empresario e ao administrador con-cursal. Ven “innecesario” o ERE e te-men que a falta de información so-bre a carga de traballo futura e so-bre o estado de contas de Sumtec sexa “unha manobra premeditada do empresario para desviar fondos a outras empresas da súa propiedade co obxecto de pechar as súas instala-cións de Cerceda”, tal como aseguran nun escrito.

Concentración dos traballadores e traballadoras ante o Concello de Cerceda para demandar o cobro das nóminas atrasadas

A metade do territorio galego é superficie forestal arborada

Preto da metade dos tres millóns de hectáreas de Galicia son superfi-cie forestal arborada, que produce uns sete millóns de metros cúbicos de madeira ao ano. Deste xeito, en Galicia córtase practicamente o 50 % da madeira de toda España. Pertence a uns 50.000 propietarios e estímase que supón uns ingresos de 250 mi-llóns de euros.

Os datos deunos a coñecer a Con-

sellería do Medio Rural na presen-tación dunha Sociedade de Mon-tes Sostibles no concello coruñés de Outres. A conselleira, Ángeles Váz-quez, afirma que “somos unha Co-munidade forestal e queremos se-guir séndoo”. O departamento auto-nómico resalta tamén a convenien-cia de que se avance na creación de sociedades de fomento forestal para mellorar a xestión dos montes.

FORESTAL

Nueva gerencia

Lugar de Orro, 100CULLEREDO

680 509 760

CURSOS DE MASAJEPROFESIONAL

CLASES TEÓRICO-PRÁCTICASPLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO

¡¡¡¡APÚNTATE!!!!PRAZAS LIMITADAS

EN CERCEDA651 421 118

CrónicasO mellor escaparate para o teu negocio. Anúnciate connosco:617 917 130 / [email protected]

Page 14: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

14

XENTE DE AquÍ

Crónicas - Outubro 2015

Ardemil acolleu unha nova entrega da Xuntanza Cabalar

Ardemil (Ordes) acolleu unha nova entrega da súa Xuntanza Ca-balar, que se prolongou durante unha fin de semana. A celebra-ción comezou cunha cea na que destacou o touciño entrefrebrado, acompañado de pan e viño.

Na xornada seguinte, fóronse sucedendo as probas e competi-

cións, que espertaron un grande interese entre os numerosos es-pectadores. Para o xantar, non fal-tou o churrasco e a tortilla.

Como en toda festa, tiña que haber música, que se lle encomen-dou ao grupo Reinamar. A organi-zación contou coa colaboración do Concello de Ordes.

ORDES

As probas, exhibicións e competicións sucedéronse durante toda a xornada

Un cabalo de Cabaleiros de Ardemil, campión galego

Un cabalo propiedade dun xi-nete que integra a Asociación Cul-tural Cabaleiros de Ardemil pro-clamouse campión da Copa Fede-ración Hípica Galega, nas probas disputadas a finais de setembro en Ferrol.

Previamente, a finais de agosto, o mesmo animal, chamado preci-samente Ardemil, acadara a me-dalla de prata no Campionato Ga-lego de Trote.

O exemplar reúne unhas ex-

traordinarias cualidades para a práctica da hípica, acrecentadas polos coidados e o saber facer do seu dono, unha das persoas máis destacadas da comarca no eido da afección polos cabalos.

Entrega dun dos premios colleitados nas probas nas que participou

ORDES

O cabalo Ardemil reúne unhas ex-traordinarias cualidades para a hípica

A xornada festiva do Pilar cele-brouse en Ordes con actos litúrxi-cos nos que os corpos da Garda Ci-vil e de Correos tiveron un especial protagonismo, por ser o día da súa patroa. Por iso, e polo labor que desempeñan ao longo do ano, re-cibiron palabras de admiración e de agradecemento.

Representantes dos dous orga-nismos, acompañados por cargos políticos de Ordes, Cerceda e Me-sía, entre outras persoas, asistiron á cerimonia relixiosa, con ofrenda floral nun altar preparado especi-ficamente para a ocasión. De se-guido, acudiron a un ágape para brindar.

ORDESOrganizan para o 14 de novembro unha xornada micolóxica

O Concello de Frades organiza para o sábado 14 de novembro unha xornada micolóxica. As persoas inte-resadas poden anotarse ata o 4 de novembro no Concello.

O prezo é de 15 euros para maio-res de doce anos e de 7 euros para menores desa idade. As persoas non empadroadas pagarán 22 euros e 14 euros. As prazas son limitadas e asíg-nanse con prioridade para os empa-droados. A xornada só terá lugar cun

mínimo de quince inscricións.A xornada comezará cunha charla

de introdución á micoloxía ás nove da mañá, da man do biólogo Martín Souto. Despois, os participantes sai-rán ao monte a recoller exemplares e ás dúas e media da tarde acudirán a un xantar con degustación. E ás cinco da tarde, no multiusos desenvolve-rase unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos recollidos pola mañá.

FRADES

A Garda Civil e os carteiros, protagonistas no día do Pilar

A festividade desenvolveu os seus actos litúrxicos na igrexa de Ordes

Obradoiro formativo sobre riscos laborais en granxas de vacas

O vindeiro martes 27 de outubro terá lugar un obradoiro práctico de formación en materia de prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún. A clase terá lugar entre as 15 e as 19 horas no local da Coo-perativa Agraria Comarcal, situado na rúa Emilio Pardo Bazán.

Para esta actividade ofertáronse

vinte e cinco prazas e o prazo de ins-crición remata este 20 de outubro, a través do correo electrónico [email protected] ou no fax 981 897 555.

A información completa sobre a actividade está dispoñible na páxina web www.issga.xunta.es ou no telé-fono 981 551 704.

ORDES

Page 15: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

PuBlICIDADE

Crónicas - Outubro 2015 15

O Centro Auditivo OE+ abre en OrdesO seu obxectivo: ser o referente na consulta, detección e tratamento de problemas auditivos na comarca

O Centro Auditivo OE+ vén de inaugu-rar a pasada semana unha nova sede en Ordes, ubicada a menos de 100 metros do Centro de Saúde ordense. Un establecemento sanita-rio que é o único e o primeiro na comarca que conta con tódolos permisos obrigatorios esixi-dos pola Conselleria de Sanidade e que tamén é o primeiro que se dedicará ao 100% a dar solu-ción de maneira especializada aos problemas re-lacionados coa audición.

A clínica de Ordes é a segunda sucursal do Centro Auditivo OE+, que abriu a súa primeira sede en Lalín (Pontevedra) no 2013. Á fronte da xerencia da empresa están Lucas Fernández e Marlene Rodriguez, dous audiólogos que su-man 20 anos de experiencia no sector, e contan co traballo de María Elena Rodríguez, directora técnica, e do resto do personal asociado ao novo establecemento de Ordes. O seu obxectivo é moi claro: ser o referente na consulta, detección e tra-tamento de problemas auditivos na comarca.

Ademáis da avaliación da audición me-diante probas específi cas, os profesionais de OE+ en Ordes teñen previsto ampliar os servi-zos relacionados co tratamento de acúfenos me-diante diferentes técnicas (de son, relaxación, dixitopunción,…) así como ofrecer adaptación infantil para os nenos con perdas de audición nun futuro a curto prazo.

O centro, que pretende ser pioneiro en ofre-cer aquelas axudas máis avanzadas en relación coa problemática auditiva, disporá tamén de ta-ller propio onde elaborar e correxir moldes, ta-póns de baño e protectores de ruido, así como facer reparacións daqueles audífonos que asi o precisen.

“Pretendemos seguir dando un servizo ao cliente o máis rápido e efi caz posible”, comenta Lucas Fernández, “asumindo os mellores están-dares de calidade e ofrecendo as máximas garan-tías de cara ao noso cliente. Buscamos dar solu-ción aos problemas, non que o cliente leve ou-

tro problemas para casa”, explica en referencia á mala prensa que ás veces teñen os aparellos de audición e que son queixa dos usuarios por pro-ducir pitidos, amplifi car ruidos molestos…

“Teremos unha ampla gama de audífonos para escoller o que mellor se adapte ao usuario.

Hai, polo tanto, diferentes prezos e opcións se-gundo se queira investir na mellora da saude au-ditiva”, apunta o xerente do Centro Auditivo OE+. Audífonos con sello de fabricación Suiza, Alemaña ou Canadá son algúns dos dispositivos cos que traballan.

A MENOS DE 100 METROS DO CENTRO DE SAÚDE DE [email protected]

A MENOS DE 100 METROS

Audífonos dixitais

399 €*dende

* o prezo máis baixo en toda Galicia Nú

mero

de R

exis

tro S

an

ita

rio:

E-36-0

00839

GRATIS

O 90% das personas que sinten pro-blemas de audición fan este comentario. Realmente é asi: un pode escoitar ben en determinadas situación e noutras oe, pero non chega a entender ben as palabras. Es-tas ocasións soen coincidir cando hai algo de ruido, barullo de fondo, principalmente cando son voces de personas as que xene-ran este ruido. Este é un dos principais sig-nos da existencia de pérdida auditiva.

Soe ser algo desconcertante para a per-sona ao non entender porque sucede isto e, nalguns casos, usase como razón para de-cidir non mirar a sua audición xa que “non estou xordo, oir oio…” O retraso na ava-liación da audición e na detección de pro-blemas, asi como a decisión de non adapt-ción de audífonos cando esta indicado so retrasan a solución a dito problema que, co tempo, será maior e de máis difícil solución.

“Eu non estou xordo! Oio, pero ás veces non entendo ben o que me din...”

Hai moita xente que xa dispón de audífonos pero non obtén realmente o benefi cio esperado. A este respecto hai que sina-lar que é moi di-fícil facer unha boa adaptación se no seu momento non se fi xeron as probas adecuadas para detectar e avaliar esa pérdida auditiva, se o audífono escollido non foi o axeitado, ou ben non se fi xo un correcto segui-mento da adptación.

As bases deben ser sólidas, senón o edifi cio vense abaixo, por moi bos mo-bles que logo merquemos.

Quérese dicir con isto que dende o profesional que o atende (deberá estar titulado en audioloxía; non serve un óptico ou un farmacéutico…) ao lu-gar onde se realizan as probas (debe ser unha cabina insonorizada, non unha simple habitación) e pasando polo equipo de electromedicina que se usa (debe estar homologado e calibrado), todo é importante para conseguir o me-llor rendimento e as máximas garantías de que o traballo está ben feito.

A satisfacción dos clientes é, ao fi -nal, a nosa mellor proba de que se fan as cousas ben. Asi é como hoxe en dia podemos inaugurar este segundo Cen-tro Auditivo OE+ en Galicia.

“Xa teño audífono, pero non estou moi contento co seu rendemento”

audífonos pero non obtén realmente o benefi cio esperado. A este respecto hai que sina-lar que é moi di-

adaptación se no seu momento non se fi xeron as probas adecuadas para detectar e

Page 16: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

16

XENTE DE AquÍ

Crónicas - Outubro 2015

A residencia celebra o Día do Maior cos compañeiros de Sada

O Concello de Cerceda conme-morou o Día do Maior, en colabo-ración coa residencia e centro de día do Acevedo. Nas actividades programadas, os maiores recibi-ron a visita dos seus compañeiros e compañeiras do centro de día de Sada.

Durante a xornada, visitaron o Xardín Botánico e a súa lagoa ar-

tificial. Despois de xantar, tiveron unha tarde lúdica na que observa-ron vídeos dos dous centros, de-ron paseos pola zona e participa-ron en diversos xogos.

A concelleira de Servizos So-ciais de Cerceda, María Viqueira Iglesias, destacou a relevancia da xornada, aínda que precisou que o Día do Maior debe ser a diario.

Os maiores achegáronse ata o Xardín Botánico, próximo á residencia

CERCEDA

O 24 de Poulo, a derradeiragran festa do verán na comarca

Poulo (Ordes) celebrou as Mer-cedes, o 24 de setembro, na que é a derradeira gran cita festiva da comarca na tempada do verán. A meteoroloxía soleada axudou a manter a asistencia aos actos re-lixiosos, nos que destaca a proce-sión pola localidade que quizais máis historia atesoura de todo o municipio.

Aínda que os tradicionais xan-tares de campo decaeron e xa non son nin a sombra do que foron noutros tempos, numerosas fami-lias que se poden permitir librar un día entre semana manteñen o costume.

Entre as actuacións, ademais das orquestas, destacou a da Aso-ciación Camiño Real de Poulo.

ORDES

A procesión das Mercedes estivo acompañada polo bo tempo

Festas de San Miguel en Frades, con gastronomía e verbena

A festa de San Miguel, festivo local en Frades, superou as 700 persoas na contorna da capela de San Nicolau, segundo as estima-cións do Concello.

Numerosos veciños acudiron a xantar á zona, ben en postos acon-dicionados por eles mesmos ou ben nos que as habituais empre-sas de hostalería festeira despra-

zaron ata o lugar, co churrasco, a empanada e o polbo como centro do menú.

A charanga ‘O Recobío’ e as or-questras Bomba e Pontevedra en-cargáronse da música da xornada, na que o PP reuniu na súa carpa varios dos seus cargos locais e da comarca, entre un total de 250 persoas.

Procesión de San Miguel arredor da capela do San Nicolau

FRADES

O goberno toma o pulso das asociacións reuníndose con elas

O goberno local de Ordes em-prendeu unha serie de reunións coas asociacións do municipio para establecer comunicación con elas, coñecer as súas necesidades e atender suxestións. Incluso para actualizar os seus datos de con-tacto.

Esta serie de encontros, dos que se encarga o concelleiro José

Manuel Rodríguez, comezou polas entidades veciñais de todas as pa-rroquias, coa participación tamén do alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, e os edís de Cultura e De-porte, José Manuel Mira e Luis Ca-amaño.

As reunións proseguiron coas organizacións deportivas, culturais e doutra índole.

ORDES

Primeira das reunións coas asociacións, nos baixos da Alameda de Ordes

Page 17: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

XENTE DE AquÍ

Crónicas - Outubro 2015 17

O Camiño Inglés promociónase no foro Fairway en Santiago

Os Concellos polos que disco-rre o Camiño Inglés -na comarca Mesía, Ordes e Oroso- promocio-naron este iti nerario de peregri-naxe en Fairway, un evento sobre o Camiño que ti vo lugar na Cidade da Cultura en Santi ago con máis de 50 ponentes e unhas 1.200 ci-tas comerciais.

O Camiño Inglés contou cun posto de exposición propio, no

que os disti ntos Concellos ofrece-ron información e publicidade so-bre os disti ntos servizos de inte-rese para os peregrinos.

O presidente da Deputación, Valentí n González Formoso, visi-tou Fairway acompañado de au-toridades locais e destacou que o foro serviu como “un grande esca-parate do Camiño Inglés e dos no-sos concellos”.

COMARCA

Representantes municipais e provinciais, no posto do Camiño Inglés

O Concello mantén o curso de habilidades sociais no Mesón

Comezou unha nova edición do curso de habilidades sociais para persoas con diversidade funcional, que acada así o seu séti mo ano im-partí ndose no Mesón do Vento.

Parti cipan nesta acti vidade un-has vinte persoas, que nas sesións aprenden a desenvolverse por si mesmas no ámbito domésti co en función das súas capacidades.

Unha educadora e unha coida-dora social imparten esta acti vi-dade, que no seu día foi recoñe-cida cun premio Alares. A conce-lleira de Benestar Social, Susana García, visitou as clases e destacou a súa uti lidade para favorecer a in-clusión social dos parti cipantes e a conciliación para a vida laboral das súas familias.

A concelleira de Benestar Social, Susana García, acudiu á apertura do curso

ORDES

CONCELLODE TORDOIA

ACTIVIDADES XIMNASIO 2015-2016

ENVELLECEMENTO ACTIVO “EN FORMA” 2015-2016

INFORMÁTICA

Datas: dende o 1 de outubro de 2015 a 30 de xuño de 2016.Información e solicitudes: Servizos Sociais Comunitarios. Telf: 981 683 007. Nos lugares onde se desenvolve a actividade

Luns Martes Mércores Xoves Venres9:0010:30 Anxeriz Gorgullos Bardaos Gorgullos Castenda

10:4512:15 Andoio Leobalde

Numide Cabaleiros LeobaldeNumide Cabaleiros

12:3014:00 Bardaos Cantigas

Pandereitadas Castenda Andoio Anxeriz

• CURSO DE INFORMÁTICA. Internet e novas tecnoloxías.

• CURSO DE TELÉFONOS MÓBILES. Aprende a usar un móbil, Internet e calquer aplicación.

• TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO. Consiste en dar uns coñecementos e axuda para a búsqueda dun traballo.

Anotacións: cubrir a inscrición nas instalacións do ximnasio do Concello de Tordoia xunto co xustifi cante de pago.No caso dos menores de 18 anos deberá asinala o pai/nai/titor-a ou representante legal co seu DNI

Información e prezos: Preguntar ao persoal técnico/a nas instalacións do ximnasio

STEPSPILATES BOKWA

Preguntar ao persoal técnico/a nas instalacións do ximnasioMULTIDEPORTE INFANTIL

XIMNASIA DE

MANTEMENTO

PILATESADAPTADO MULTIDEPORTE INFANTIL

EXPRESIÓNCORPORALINFANTIL

981 690 001

Lugar: Casa da Cultura.Información e solicitudes: Casa da Cultura. Telf: 981 683 006 (en horario de 16:00 a 21:00 horas)

Page 18: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

18

XENTE DE AquÍ

Crónicas - Outubro 2015

O Centro de Información á Mu-ller (CIM) de Ordes desenvolveu unha feira de artesanía na vila co propósito de promover e asentar valores e hábitos igualitarios entre a poboación.

Durante toda unha fin de se-mana, esta iniciativa ofreceu obra-doiros e xogos especialmente pen-

sados para os máis pequenos, que acudiron acompañados por adul-tos.

Entre os postos da feira, des-envolvéronse propostas de teatro, xincanas, deconstrución de contos e relatos, xogos cooperativos pola paz e actividades de fomento da convivencia.

ORDES

Manuel Solla inicia unha nova tempada de contos e lendas

O contacontos Manuel Solla ofreceu a súa función ‘Conto con-tigo’ na primeira das actuacións das Tardes de Contos e Lendas do Concello de Ordes para a nova tempada 2015-2016.

As actividades deste programa de animación á lectura ofrécense o derradeiro venres de cada mes

nas instalacións da biblioteca mu-nicipal. Son narracións e historias para nenos e nenas de máis de oito anos.

O programa Tardes de Contos e Lendas, que reúne decenas de cativos en cada unha das súas ac-tuacións, forma parte do ciclo ‘Ler conta moito’ da Xunta.

Lanzamento de escuma na Festa da Auga do Concello de Mesía

ORDES

Feira de artesanía na Alameda para promover a igualdade

A Alameda foi especialmente caracterizada para a feira de artesanía do CIM

O CIM de Ordes leva ás aulas a loita contra a violencia de xénero

O Centro de Información á Mu-ller (CIM) da Mancomunidade de Ordes ten en marcha ata decem-bro o novo programa “Comparte: fai que a vexan”, contra a violencia de xénero.

Esta nova iniciativa traballa es-pecialmente coa poboación ado-lescente e coas familias. Quere sensibilizar sobre a importancia que ten o uso responsable das tec-noloxías da información e da co-municación e desenvólvese en centros de ensino e en aulas de informática dos sete Concellos da comarca.

Están previstas máis de sesenta sesións presenciais con alumnado de secundaria e de bacharelato. Tratarán de avaliar o uso que os ra-paces e rapazas fan das novas tec-noloxías e tamén participarán en obradoiros de sensibilización para a detección da violenxia de xénero coas familias.

“Comparte: fai que a vexan” conta con financiamento da Depu-tación e prevé elaborar un informe final de estudo e diagnóstico sobre o uso das tecnoloxías da informa-ción e da comunicación, o sexismo e a violencia de xénero na zona.

COMARCA

Celebrouse a segunda edición das Xornadas Feministas

A Casa da Cultura de Ordes acolleu a segunda edición das Xor-nadas Feministas, organizadas polo BNG de Ordes e Galiza Nova. Estas dúas formacións asegura que o obxectivo segue sendo “nor-malizar a loita feminista en ordes, cuestión que consideran necesa-ria todos os días e en todos os am-bientes”, din.

Un dos temas tratados foi o papel da muller no sindicalismo obreiro e como se compaxina con tarefas non asalariadas. Interviron Chus Regueiro, do BNG ordense e da CIG, e moi recoñecida pola súa actividade sindical no sector téxtil ordense, e Loli Martínez, da CIG.

Tamén abordaron o relevante papel das mulleres nos conflitos territoriais. Interviu Maruja da Lo-usa para relatar unha lembranza das loitas nas Encrobas. E tamén a europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, contou a súa recente viaxe coa “flotilla da liberdade” cara Palestina.

Por último, Laura Bugalho ana-

lizou desde a súa propia experien-cia a loita transfeminista e expuxo a situación do colectivo trans.

As xornadas, presentadas por Aldaolado, remataron con concer-tos de Inés Mirás e MJ Pérez, Paula Chaves e o grupo Croma, no local Jatopús.

As xornadas contaron con numeroso público na Casa da Cultura de Ordes

ORDES

Cartel identificador do novo programa do Centro de Información á Muller

Page 19: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

XENTE DE AquÍ

Crónicas - Outubro 2015 19

Un total de 52 veciños e veci-ñas do municipio de Tordoia parti -ciparon nunha excursión ao longo de tres días por Madrid, na que coñeceron algúns dos lugares de maior interese turísti co.

Entre os siti os nos que esti ve-

ron ao longo das tres xornadas, destacan Puerta del Sol, Plaza Ma-yor ou a catedral da virxe da Almu-dena. Ademais, visitaron o Museo de Cera, o Palacio Real ou a Basí-lica do Valle de los Caídos, onde está enterrado o dictador Franco.

TORDOIA

As emocións do teatro chegan ao punto de atención á infancia

Os nenos e nenas que aco-den ao Punto de Atención á Infan-cia (PAI) de Tordoia viviron unha xornada de novas sensacións da man da compañía Teatro Baba-luva e o seu obradoiro ‘A alfom-bra máxima’, pensado especifi ca-

mente para os cati vos de menor idade. A intención era entretelos, pero sobre todo facer que experi-mentasen con materiais de diver-sas cualidades para aprender a to-car, manipular e investi gar coas mans e co corpo.

Un momento do obradoiro ‘A alfombra máxica’ no PAI de Tordoia

TORDOIA

Medio cento de veciños participan na viaxe a Madrid

Excursionistas de Tordoia, retratados preto das chamadas Torres Kio

OUTUBROANIMACIÓN Á LECTURA: “Contos en clave de sol”. Contadas: Sábados 24 e 31, de 11 a 12:30 hClub de lectura: Venres 23, de 18 a 19:30 hRebotica dos contos: Venres 30, de 18 a 19:30 h

DÍA DA BIBLIOTECA: Venres 23, ás 18:00 h, Fanfa-rra Títeres con “O soñador de historias”. Centro cultural.

CONFERENCIA SOBRE OS DRONES: Sábado 24, ás 12:00 h no centro cultural.

ACTUACIÓN MUSICAL DE MANUEL COUTO: Venres 30, ás 20:30 h, no centro cultural. BAILE DE MAIORES: Sábado 31, a partir das 19:30 h. no centro cultural.

EXCURSIÓN A BOLERA SOLBOWLING (Olei-ros): Sábado 31. Partidas de birlos e xantar. Maiores de 12 anos. Inscricións no centro cultural.

NOVEMBROANIMACIÓN Á LECTURA: “Eu querer quéroche ben”Contadas: Sábados 7, 14, 21 e 28, de 11 a 12:30 hClub de lectura: Venres 20, de 18 a 19:30 hRebotica dos contos: Venres 27, de 18 a 19:30 h

EXPOSICIÓN OUTONO FOTOGRÁFICO, NA-TALIA REGUEIRO: Venres 6, inauguración ás 20:30 h no centro cultural. Ata 20 de novembro.

TEATRO DA SEMENTE: “Chíos”. Sábado 7, ás 12:00 h. Para bebés e ata 4 anos. Inscricións centro cultural.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ELOS DE CINZA”: de Xosé M. Lobato. Venres 13, ás 20:30h, centro cultural.

MONICREQUES BABALUVA: con “Lume” o do-mingo 15, ás 18:00 h no centro cultural.

TEATRO “DESENCAIXADOS”: de O Aturuxo de Melpómene. Venres 20, ás 21:00 h no centro cultural.

ACTUACIÓN MUSICAL “BÁGOAS DA TE-RRA”: Sábado 21, ás 20:00 h no centro cultural.

ACTO CONMEMORATIVO CONTRA A VIO-LENCIA DE XÉNERO: Mércores 25.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VICTORINO VE-REA MONTERO: Inauguración o venres 27, ás 20:00 h no centro cultural. Ata o 8 de xaneiro.

BAILE DE MAIORES: Sábado 28, a partir das 19:30h no centro cultural. Dirixido á terceira idade.

O RETRETE DE DORIAN GRAY: domingo 29, ás 18:00 h, “Retrete Cabarete”no centro cultural.

DECEMBROANIMACIÓN Á LECTURA: “Lúa Lueira”Contadas: Sábados 12 e 19, de 11 a 12:30 hClub de lectura: Venres 11, de 18 a 19:30hRebotica dos contos: Venres 18, de 18 a 19:30h

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CON MENSAXE: Entregar antes do 15 de decembro no cen-tro cultural. Dirixido a maiores de 4 anos.

FESTIVAL DA GARDERÍA MUNICIPAL A ULLOA: Venres 11, ás 18:00 h no centro cultural.

FESTIVAL DO CRA E VISITA DOS PAXES REAIS: Venres 18, pola mañá, no centro cultural.

MAXIA “MARTÍN CAMIÑA”: Mércores 23, ás 18:00 h, no centro cultural.

BAILE DE MAIORES: Sábado 26, a partir das 19:30h no centro cultural.

CONCERTO DE PANXOLIÑAS: Mércores 30, ás 20:30 h no centro cultural.

DIVER NADAL: programa de conciliación (ver publi-cidade específi ca).

Page 20: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

20

DEPORTES

Crónicas - Outubro 2015

O club de hóckey A. C. Ordes pre-sentou oficialmente o seus equipos para a nova tempada de competi-ción 2015-2016. O evento tivo lugar no pavillón polideportio Castelao I, en Ordes, ao que acudiron numero-sos afeccionados para amosar o seu apoio ás distintas aliñacións da enti-dade, ademais do equipo encargado

da preparación técnica, e dos inte-grantes da dirección do club.

A entidade conta esta tempada con categorías micro, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, jú-nior e sénior. A intención é a de facer valer o seu elevado nivel de xogo, ad-quirido co paso dos anos ata ser un dos clubes desta modalidade depor-

tiva máis destacados de España. O acto de presentación contou

cunha destacada representación mu-nicipal, encabezada polo alcalde or-dense, José Luis Martínez Sanjurjo, que estivo acompañado pola conce-lleira de Educación, Susana García, e polo concelleiro de Deportes, Luis Caamaño.

O club de hóckey A. C. Ordes presenta os seus equipos para a nova tempada

HÓCKEY Numerosos seguidores acudiron ao pavillón Castelao I a apoiar a entidade

A primeira Liga de Atletismo da comarca ordense dispútase o 7, o 14 e o 21 de novembro

ATLETISMO

A primeira edición da Liga de Atletismo da comarca de Ordes vaise disputar os tres primeiros sá-bados do mes de novembro, días 7, 14 e 21. O horario das compe-ticións será de 17 a 19 horas, nas pistas das instalacións deportivas de Vista Alegre, en Ordes.

Este evento, que se distribúe por Concellos, está organizado pola Mancomunidade de muni-cipios da comarca de Ordes, que conta coa colaboración do Club Atlética A Silva e do Club de At-letismo Ordes e co patrocinio da área de Deportes da Deputación da Coruña.

A entidade supramunicipal adianta que a información deta-llada sobre esta liga e as distintas probas de atletismo que se pro-gramen nas sucesivas xornadas de competición será divulgada cando menos a través da páxina web do Club Atlética A Vilva, á que se pode acceder no enderezo de in-ternet http://atleticasilva.blogs-pot.com.es/

Foto dos xogadores das distintas categorías coas que conta o club, os técnicos, a directiva e a representación municipal

PÁDEL O Narón 1 gañou a competición masculina e o A1 Padel, a feminina

Campionato galego de pádel en OrdesAs instalacións de Padel Ordes

acolleron o Campionato Galego por equipos de primeira categoría, con-siderado a máxima competicion por equipos de Galicia. Na final mascu-lina, o C.P. Naron 1 gañoulle ao Club de Tenis Coruña. E na final feminina, venceron as xogadoras de A1 Padel, que na final impuxéronse a Cies 1.

O evento, que se celebrou en da-tas de fin de semana, fixo pasar máis de duascentas persoas polas insta-lacións, deportistas e tamén espec-tadores interesados por unha mo-dalidade deportiva que incrementa adeptos con rapidez.

Bo rendemento dos distintos equipos do Oroso TM nas primeiras semanas de xogo

TENIS DE MESA

As primeiras semanas de com-petición na nova tempada están reportando un bo rendemento para os distintos equipos do Oroso TM. O equipo feminino en división de honra, Autos Grabanxa Abanca, por exemplo, estreouse na liga vencendo ao San Xoán TM, de Ferrol, por 0-6. E contra o Ci-dade de Narón impuxéronse por 2-4. O equipo fórmano Silvia Ál-varez, Paula Fukuhara, Olalla Cea, Saleta López e Cristina Fernández.

O equipo masculino, o Oroso TM Deporte Galego, recibiu ao Es-tablecementos Otero de Camba-dos. Marcos Sanmartín gañoulle a Guillermo Sánchez, Valeri Ma-lov a Julio Reyes, Kazeem Ahmed a Fernando Padín, de novo Malov a Guillermo Sánchez, e Kazeem a Julio Reyes. Unicamente Sanmar-tín cedeu ante Padín, co que o re-sultado final foi de 5-1.

Entre os máis pequenos, victo-rias do Oroso TM Hotel Santa Cruz en Lalín e empate do Oroso TM Perruquería Tije.

Page 21: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

DEPORTES

Crónicas - Outubro 2015 21

3,8 quilómetros a nado, 180 qui-lómetros en bicicleta e 42,2 quiló-metros a pé. Seguidos e sen parar, e coas condicións de temperatura e humidade de Hawai. Así se desenvol-veu o Ironman de Kona, no que o at-leta ordense Iván Raña Fuentes re-matou nunha excelente duodécima posición, cun tempo total de 8 ho-ras, 34 minutos e 27 segundos. Na proba, a máis destacada da súa ti po-loxía, venceu o alemán Jan Frodeno (8h 14’ 40’’).

Raña rematou ben posicionado a parte de natación, pero a parti r de aí comezaron as difi cultades na bi-cicleta. Raña asegurou nas redes so-ciais que percibiu “sensacións fami-liares doutras carreiras” como “falta de tono muscular nas pernas”. Expli-cou os seus adestramentos previos (40 km tres días, un de descanso e 40 km o día anterior) para concluír que “pasei de notarme mellor que nunca a ir como se fose pretempada”

Raña recoñece que lle volveu pa-sar “algo que cría que ti ña contro-lado” e toma nota para “non volver

cometer o mesmo erro”. Con todo, é evidente que Raña

nunca se dá por vencido e na parte fi nal de carreira a pé intensifi cou a súa recuperación de ritmo ata si-tuarse practi camente na pugna po-los dez primeiros postos da proba. “Non viña na miña mellor forma -re-lata o ordense- pero non me preocu-paba moito porque o Ironman non é unha carreira so de atletas, senón de dureza”.

SUMAR PUNTOS Redundando nesta idea, Raña ex-

pón que “a base xeral é importante, non só a específi ca de cada deporte, creo que lle teño a medida bastante pillada”. Engade a importancia de “saber xogar coas túas sensacións os días previos” para “saber chegar ao 100 %”.

Pese a todos os mati ces, Raña fai unha valoración bastante posi-ti va do Ironman de Hawai, no que en 2013 fora sexto, e salienta que son “uns bos puntos para o ano que vén”, posto que “se se entra con 4.000

puntos, máis ou menos, en Kona, xa teño a metade no peto”.

Estes días Raña decide, en fun-ción de como perciba o seu estado fí sico, se prepara outra carreira para pechar a tempada. “Posiblemente”

será que si, máis que nada para “in-tentar deixar encamiñada” a clasifi -cación de 2016 e ir “máis tranquilo, sen a paliza de conseguir puntos a úl-ti ma hora”, tal como comentou nas redes sociais tras a carreira.

Raña, brillante duodécimo posto en Hawai: “creo que lle teño a medida bastante pillada ao Ironman”

ATLETISMO Numerosos seguidores acudiron ao pavillón Castelao I a apoiar a entidade

Iván Raña tivo as maiores difi cultades en Kola no tramo de bicicleta (foto: FB)

COCIÑA. 30 €/curso. Lugar e horario por determinar.

CARRETILLEIRO. 100 €. 20 horas. Multiú-sos e cooperativa de Frades.

MANIPULADOR DE ALIMENTOS. 20 €/curso. Multiusos de Frades.

INFORMÁTICA. 20 €/curso. 50 horas. Aula de Informática Municipal. Formación personalizada.

CURSO DE PREPARACIÓN ÁS PROBAS DO GRADUADO EN ESO. Maiores de 18 anos. 30 € (3 áreas), 25 € (dúas) e 15 € (unha). Matrícula a partir de xaneiro de 2016.

HORTA ECOLÓXICA. 40 €. 30 horas. Novembro-decembro 2015. Multiúsos de Frades/leira municipal.

MANEXO DE TABLETAS PARA PER-SOAS MAIORES. Prezo a determinar. 20 horas.

CURSO DE FOTOGRAFÍA. 40 €. 12 horas. Materiais incluídos. Sábados, horario a convir.

CURSO DE PODA E ENXERTOS. 40 €. 30 horas. Xaneiro-marzo 2015. Sábados. Multiúsos de Frades/leira municipal.

CURSO DE XADREZ. 20 €/mes. 30 horas durante 6 meses. Multiúsos.

Información e inscricións no Concello de Frades**

981 69 55 67www.concellodefrades.es

facebook.com/mocidadefrades

ACTIVIDADESDE OUTONO E INVERNO

CURSOS E OBRADOIROS

PARA ADULTOS

CONCELLO DE FRADES

PILATES. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón municipal ou parroquia onde se forme grupo.

ZUMBA. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón mu-nicipal ou parroquia onde se forme grupo.

XIMNASIA DE MANTEMENTO. 25 €/curso. Pavillóns municipais ou locais sociais.

MANUALIDADES NAS PARROQUIAS. 35 €/curso (material non incluido). Locais sociais.

CURSO DE PATCHWORK. 15 €/mes. 3 meses. Multiúsos ou locais sociais.

CLASES DE INGLÉS. 25 €/mes. Grupos reducidos. Multiusos.

I XORNADAS MICOLÓXICAS. 15 € (7 € menores de 7 anos). Sábado 14 novembro.

OUTROS CURSOS: Benestar animal, CAP (Certifi cado de Aptituto Profesional) Trans-porte, Primeiros Auxilios, Mozo de almacén, Plataforma elevadora+traballos en altura, Conservación de alimentos, Arte fl oral, Xar-dinería, Curso básico de fruticultura....

ACTIVIDADESE XORNADAS

XOGANDO CO INGLÉS. Entre 15 e 20 €/mes (dependendo do grupo). De 15:30 a 16:30 h.

ZUMBAKIDS-BAILE. 30 €/curso. Xoves de 15:30 a 16:30 h.

MÚSICA. Música I (de 4 a 6 anos, 12 €/mes). Música II (+6 anos, 15 €/mes).

ESCOLAS DE INICIACIÓN E PERFEC-CIONAMENTO Á PATINAXE 40 €/curso.

ACTIVIDADES NO CPIPONTE CARREIRA

ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL SALA. Martes e mércores, 15:15 a 16:30 h.

PREDEPORTE-MULTIDEPORTE. ESCOLAS DE TENIS DE MESA - ATLETISMO. Xoves. Polideportivo muni-cipal.

ESCOLAS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO E MINIBÁSKET. OUTRAS ACTIVIDADES: Ciclismo (xaneiro), Liga Local de Fútbol Sala Sénior (marzo-maio), III Carreira Pedestre Concello de Frades (maio), Competicións deportivas en idade escolar, Liga Intermunicipal de fútbol base, Liga Interconcellos en idade escolar (abril-xuño), xornadas de campo a través e atletismo...

DEPORTE GRATUÍTO PARA NENOS/AS

PODOLOXÍA A DOMICILIO, PERRUQUE-RÍA E FISIOTERAPIA. Gratuíto. Persoas dependentes ou usuarios dos Servizos Sociais.

SERVIZOS SOCIAIS

* As actividades comezarán en novembro, sempre que se xunte un grupo mínimo. ** Non empadroados, consultar prezos.

Page 22: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

22

DEPORTES

Crónicas - Outubro 2015

A deportista ordense Ainhoa Ra-mos Manteiga proclamouse campioa de España de taekwondo en catego-ría júnior. A competición, disputada en Alacante, congregou 274 depor-tistas nados entre 1998 e 2000.

Ramos Manteiga forma parte do equipo da seleción galega e chegara ao campionato español en moi boas condicións físicas e psicolóxicas. Así o demostraron os seus resultados,

posto que superou as rivais de Cas-tela-A Mancha (12-2), Euskadi (10-0) e Cataluña (3-2).

O novo título, ademais de en-grosar o seu palmarés, supón unha oportunidade para poder acudir ao campionato de Europa en Letonia, como parte integrante da seleción española. A deportista foi recibida con entusiasmo na Alameda de Or-des á súa volta á vila por varias de-

ceas de persoas, entre familiares, amigos e afeccionados.

O club ao que está ligada Ramos Manteiga, o Luar Taekwondo, pro-tagonizou unha recepción oficial no Concello de Ordes, á que acudiron uns oitenta dos seus integrantes. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, situounos como “orgullo e exemplo a seguir que supoñen para os veciños e veciñas”.

Outros éxitos recentes da enti-dade foron o subcampionato euro-peo en categoría máster para Cris-tóbal Boudjenane e un bronce para Rodrigo Varela Mirás na categoría cadente -57 da liga profesional de taekwondo. Varela competía coa se-lección galega. Do Open Internacio-nal de Moaña, ouro para Álvaro Re-gueiro en júnior, e pratas para Ro-drigo Varela e Sara Gacio en cadete.

Ainhoa Ramos, campioa de España júniorTAEKWONDO O Concello de Ordes ofreceulle unha recepción oficial de recoñecemento ao Club Luar Taekwondo

Ramos Manteiga, no máis alto do podio do campionato de España júniorIntegrantes do club de taekwondo na recepción oficial no Concello de Ordes

David Santos, terceiro clasificado nunha pedestre en Culleredo

ORDES

David Santos Domínguez, atleta ordense que compite co Real Club Celta de Atletismo, acadou o terceiro posto na III Carreira Pedestre Popu-lar Ruta Dos, disputada en Acea da Ama (Culleredo).

Santos rexistrou un tempo de 22’22’’ para completar unha distan-cia de 6.600 m. Por diante del si-tuáronse Carlos Villamor (22) e Ab-delkader Bouguerroudj (22:13).

A proba absoluta contou coa par-ticipación de máis de 300 corredores e un cento nas categorías inferiores.

David Santos, corredor de Ordes

Seis ordenses prepáranse coa seleccionadora española

Seis patinadoras de Ordes acu-diron a un campus de tecnificación impartido pola seleccionadora na-cional de patinaxe artística, An-gélica Morales, co propósito de mellorar as súas destrezas para a práctica deste deporte.

As ordenses que participaron foron Karolina del Río, Lara Rebo-redo, Diana Iglesias, María Gonzá-

lez, Paula Cornes e Alba Diéguez. As sesións desenvolvéronse en Ar-teixo, coa participación dun total de 50 patinadores de toda Galicia.

O campus, denominado ‘Solo Danza’, é unha actividade de aprendizaxe que resultou de moito interese para as deportistas de Or-des, onde existe unha elevada afección por este deporte.

As seis patinadoras de Ordes, coa seleccionadora española, Angélica Morales

PATINAXE ARTÍSTICAA S.D. Montaos ofrece premios de cervexa e combustible na súa tradicional rifa de Nadal

FÚTBOL

A S.D. Montaos vende desde hai xa unhas semanas as súas rifas para o sorteo de Nadal. Os premios deci-diranos as catro últimas cifras do nú-mero do Gordo e do Segundo Premio que saia do bombo durante o Sorteo da Lotería Nacional do 22 de decem-bro.

O primeiro premio consistirá no peso da persoa gañadora en litros de cervexa da marca Estrella Galicia, mentres que o segundo será o peso do titular da rifa en litros de combus-tible, a escoller entre gasolina ou ga-sóleo A.

As rifas véndense por un importe de dous euros e teñen unha caduci-dade de quince días desde a celebra-ción do sorteo. A entidade deportiva estableceu ademais un premio bené-fico que xa ten gañador; trátase da entrega de 150 litros de leite galego a Cáritas de Ordes.

A propia rifa explica que se trata dun premio con doble propósito al-truísta: “en solidariedade cos máis desfavorecidos e como xesto de apoio aos nosos gandeiros”.

Page 23: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

OPINIÓN

Crónicas - Outubro 2015 23

Os paxariños da Alameda

Sentou moi mal no niño dos gaivotos que unha sim-ple pita de monte desta-pase todo o proceso transi-

ti vo cun simple movemento de plu-mas. A manobra realmente era moi revirada, nin sequera coincide co procedemento habitual da especie. Ben é sabido que non contan con ás sufi cientes e que por eso non se puido facer o cambiazo sen com-plexos. Pero tamén ti ñan que ter en conta que para cruzar dun lado ao outro do río dos intereses non fa-cía falta pisar a ponte. E menos cha-mando tanto a atención.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Os xogos fl orais, as exhibi-cións, certo é, nunca foron do gusto da ave suprema. E tampouco nunca se lle de-

ron ben, sempre preferiu o niño á sombra. Así que o cabreo é aínda maior porque todo se desencadeou precisamente despois dun deses alardes. Ía suceder igual, pero a convicción é que tendo o pico pe-chado o golpe sería máis suave. Pero, pero, pero... a pesar dos pe-sares... aínda non reúne o valor su-fi ciente para pedirlle un cambio de tono á ave sub-suprema.

É certo que a cousa fai pen-sar noutros tempos, con outras aves que xa se ve

como acabaron. Xa falou o ornitó-logo-historiador aquí dos guionistas e dos intérpretes: a capacidade de promover as comedias e asumir os dramas, en defi niti va. E canto máis ve as actuacións, máis vai descu-brindo que é o guionista o que non se dá adaptado aos novos intérpre-tes. É unha cuesti ón de esti lo e de falta de perspecti va estratéxica.

O avestruz esti vo atento estes días aos movemen-tos da grande ave distribui-dora. Xa ten confi rmado

que cambiará de niño. Non pensa renovar a renda do actual e xa ten ben rexistradiña a parcela onde si-tuar o novo. Non estará nunha póla céntrica, pero si principal. E vai apa-labrada, e algo máis, para varias dé-cadas, que xa se sabe que o niño vai ser moi caro e haberá que amorti -zalo a ritmo de lector de códigos: pi-pi-pi... Por certo, xa tardan os paxa-ros mandantes en vender a opera-ción. Ou non se enteraron aínda?

Dos métodos do alférez se-guro que volveremos falar, coa mesma frecuencia que falamos dos da cacatúa fa-

menta. En días pasados foi vista so-brevoando o que ela, movida pola carraxe e manti da por enerxía allea, sospeita que é carroña. Volve ás an-dadas cando aínda debería ter ben fresco o percance anterior. Un fra-caso sen paliati vos. Os ornitólogos xa non saben se admirar a constan-cia, inasequible ao desalento, ou se arrincarse os ollos ante tanta acu-mulación de imprudencia.

No caderno de campo xa non esperan ás últi mas páxinas para anotar os mo-vementos do alférez. Estu-

dan e estudan os voos de altura que leva, e xa viron que a súa anatomía non dá para tanto movemento. A conclusión é obvia: pronto acabará coas plumas no chan.

Tamén habería que falar do gaivoti ño emerxente, que pasa o tempo entre fa-cer fotocopias veciñas para

tratar de facelas pasar por orixi-nais e botar disolvente sobre a súa tatuaxe. Veremos a súa sorpresa cando vexa que é unha marca de nacemento, indeleble.

A pregunta do biólogo es-pecialista en comporta-mentos xerárquicos é se ninguén se dá conta ou se

todos disimulan. Se se trata de apa-rentar, cada vez vailles ser máis di-fí cil obviar o burato intelectual do paxaro, que coa entrada do outono ti vo o atrevemento de pousar as gadoupas en poleiro alleo e asumir métodos propios dos opoñentes. Estupefactos quedaron .

Non debería suceder cos servizos educati vos en Ordes como con aquel burro que, cando o dono estaba a pi-ques de conseguir que vivise sen co-mer, morreu. Non é asumible que a precariedade coa que empezou o curso en varios centros hai unhas se-manas se volva ruti na. É impensable que alguén xogue co tempo e coa paciencia coa esperanza de que se asimilen como norma carencias co-rrixibles cando se trata da formación dos máis novos, do futuro da socie-dade.

A unifi cación de dous cursos no colexio do Mesón do Vento, por non querer cubrir a xubilación dunha praza de mestre, é unha mostra do despropósito. É unha medida inxusta e inadmisible, por canto está perturbando a equidade dos nenos e nenas afectados, o seu dereito a re-cibir unha educación ópti ma. Pode-ría comprenderse hai corenta anos, cando ía comezar a edifi carse o en-

sino do sistema democráti co, pero non nos nosos días, por moito que as limitacións orzamentarias condicio-nen cada paso das administracións.

Poderían poñerse moitos exem-plos, e non todos demagóxicos, de diñeiro público peor gastado que o dunha praza de mestre. O que pi-den os pais e nais non é un impo-sible, senón simplemente o que re-comenda o ‘senti diño’, ese ao que tanto se apela desde determinados despachos.

Urxe pois que a Xunta de Gali-cia non deixe pasar un día máis sen ofrecer unha resposta, que non pode ser outra que a incorporación inme-diata dun novo docente, do mesmo xeito que ten que atender as deman-das do IES Maruxa Mallo.

Son dúas ocasións perfectas para facer crible, máis alá de escenarios electorais, o discurso de que chega un novo tempo no que as políti cas sociais e os servizos públicos van re-

cuperar o terreo perdido nos últi mos anos. Será ese un bo baremo para xulgar.

O que si hai que xulgar xa, e de momento para ben, é a unidade aca-dada polos políti cos locais con res-pecto a este asunto. Pode ser máis ou menos aparente, mesmo pode crebar, e pode estar repleta de tac-ti cismos. Pero en todo caso é unha estratexia positi va e necesaria que se debe aproveitar ao máximo como forma de presión.

Porque sería decepcionante e in-desexable que os feitos levasen a pensar que o goberno municipal unicamente buscou a unión e o en-tendemento para evitar ataques dos opoñentes e o descrédito ante a ve-ciñanza. Sería un absurdo que todo ese esforzo se teña feito só por que-dar ben. Simplemente quedaría mal e incluso peor. O tempo tamén dirá canta sinceridade hai nas reivindica-cións e nas xesti óns.

Da oposición pode dicirse o mesmo. Tamén sería decepcionante e indesexable que rompese esa apa-rente unidade de acción para caer na tentación de arremeter contra o goberno local nas primeiras de cam-bio. Algún ‘descoido’ por ese camiño xa houbo, e o certo é que non se xus-ti fi ca o aproveitamento da circuns-tancia nin por catro votos nin por cumprir co insti nto mordedor. Por tanto, o que está a proba é a altura de miras.

O camiño ten que seguir sendo o de facer fronte común e insisti r coas esixencias unha e outra vez ante cada negati va. Con lealdade insti -tucional, con diálogo, pero con con-tundencia. É evidente que a razón está de parte da comunidade esco-lar, por moitas excusas que vaian aparecendo, e esa é a mellor ferra-menta para que os políti cos de a pé canalicen as demandas. Fracasar se-ría un luxo, un luxo perverso.

O crédito político, nas aulas do Mesón

E é tamén unha cuesti ón de falta de valor por parte das aves. Porque mos-tras de neglixencia e des-

coñecemento teñen sufi cientes como para desplumar o elemento sen contemplacións. Penoso se-ría que se deixasen engatusar por aqueles paseos polas cornixas exhi-bindo plumaxe para afrontar o cam-bio climáti co e que con tanta sim-patí a burlona contaba a anduriña. Gústanlles tanto as pelotas ás gai-votas? De verdade que nin iso van cambiar? Coa canti dade de propos-tas alternati vas que ti veron, incluso para intercambiar favores e com-pensar entregas á causa!

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Page 24: Cronicas comarcadeordes n22 outubro2015

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 16-10-2015. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ORDES O festival DesOrdes Creativas pinta espazos públicos degradados con fantasía e acenos á actualidade

Máis cor e menos grises nas paredes de OrdesUnha semana ao ano empeza a

parecer insuficiente, pero aínda así o festival de arte na rúa DesOrdes Creativas dá moito de si. Paseniño está contribuíndo a cambiar unha vila na que, non está de máis recoñecelo, temos zonas nas que non se pensou antes de obrar. E outras que foron bastante mellor deseñadas, pero fál-talles esa chispiña de vida, un atrac-tivo para fixarse nelas.

Os artistas e muralistas desta edi-ción foron Spok e Sabek, de Madrid; Ino, de Grecia; Malakkai, de Anda-lucía; e Doa, de Galicia. Traballaron en cinco puntos distintos: Spok, nas inmediacións do campo de fútbol de Vista Alegre; Ino, no IES Maruxa Mallo; Doa, na zona de Penelas; e Malakkai e Sabek, en paredes do co-lexio Castelao.

A meteoroloxía non foi todo o propicia como sería desexable, de maneira que tiveron que aproveitar ao máximo o tempo. Á vista quedou que o fixeron. Estilos e temáticas di-ferentes, pero sempre co obxectivo común de suscitar emocións e re-flexións entre os veciños e veciñas e darlles unha nova vida a lugares que estaban en desuso e degradados ou

simplemente pasaban inadvertidos ata que lles puxeron cor e fantasía.

O festival, que desde 2010 se ca-racteriza por ter unha vocación inter-

nacional, está organizado pola aso-ciación Cultivarte e polo colectivo Mutante Creativo. Conta coa cola-boración do Concello e do local Jato-

pús, que acolleu a festa de clausura. Os resultados poderanse ver con de-talle en http://certamedesordescrea-tivas.blogspot.com.es/

Unha das paredes do IES Maruxa Mallo recibiu un espectacular deseño Os cinco artistas botaron man de motivos moi suxestivos para as súas creacións

Os artistas convidados ao festival efectuaron un intenso traballo en muros e paredes de cinco puntos diferentes de Ordes