19
Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 18 Novembro de 2013 - Revista 946 EN PORTADA NOVAS FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS NOVAS DE EMPREGO NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX / 2 / 9 / 11 / 13 / 15 / 18

Boletinxuventude 18 11_13-1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal

da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946

EN PORTADANOVAS FORMACIONBOLSAS E AXUDAS

PREMIOS E CONCURSOSNOVAS DE EMPREGO

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX

/ 2 / 9/ 11/ 13/ 15/ 18

Page 2: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 2

Máis información no DOG do 12 de novembro de 2013 e en: http://traballoebenestar.xunta.es, no enlace de certificados de profesiona-lidade.

Certificados de profesionalidade en Información Xuvenil

Martes, 12 Novembro 2013 07:54

A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca (http://www.xunta.es/dog/Publica-dos/2013/20131112/AnuncioCA05-061113-0003_gl.pdf) o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na especialidade deInforma-ción Xuvenil.• Requisitos:1) Posuír a nacionalidade española ou ser residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.2) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.

3) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:3.1) No caso de experiencia laboral: xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.3.2) No caso de formación non formal: xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.

4) Non estar matriculados e/ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular).As solicitudes para participar no proceso podense descargar e tamen tramitar dende: https://sede.xunta.es, co procedemento TR305A.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de decembro de 2013.Máis información no DOG do 12 de novembro de 2013 e en: http://traballoebenestar.xunta.es.

Gañadores dos 20 lotes de 5 entradas para o Festival Closing Tour 2013 co Carné Xove

Martes, 12 Novembro 2013 10:25

Os gañadores do sorteo de 20 lotes de 5 entradas para o Festival Closing Tour 2013, que terá lugar no Recinto Feiral da Semana Verde de Silleda o 7 de decembro, son:

NOVAS E ACTIVIDADESEN PORTADA

Certificados de profesionalidade

Martes, 12 Novembro 2013 07:47

A Dirección Xeral de Formación e Colocación convoca (http://www.xunta.es/dog/Publica-dos/2013/20131112/AnuncioCA05-061113-0003_gl.pdf) un procedemento para a avaliación e acre-ditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, nas seguintes especialidades:– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas.– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas.– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas.– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.– Información xuvenil (SSC567_3): 100 prazas.

•Requisitos:1) Posuír a nacionalidade española ou ser residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.2) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.3) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

3.1) No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.3.2) No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificaranse polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas estable-cidas neles.

4) Non estar matriculados e/ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular).

O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domi-cilio; atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; servizos para o control de pragas e información xuvenil estará aberto ata o 12 de decembro de 2013.

O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Socorrismo en instalacións acuáticas abranguerá desde o 1 ao 31 de marzo de 2014, inclusive.

As solicitudes para participar no proceso podense descargar e tamen tramitar dende: https://sede.xunta.es co procedemento TR305A

Page 3: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 3

1. NATALIA ALDEGUNDE LOUZAO2. ALEJANDRO PANDO ORDIZ3. ANA PÉREZ CASTRO4. JOSE NÚÑEZ FELIZ5. RAÚL RODRÍGUEZ COLLAZO6. LUCÍA RODRÍGUEZ VILLAR7. CARLA SIENES PALMÁS8. CRISTINA PERNAS PEREIRO9. AIDA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ10. LARA IGLESIAS IGLESIAS

11. CARLA LANDÍN GIL12. LAURA FREIRE VÁZQUEZ13. LAURA FERNÁNDEZ-BRAVO VILARIÑO14. JOSÉ MANUEL VILLAR CARBALLO15. IAGO LAGE NÓVOA16. CINTIA SANTOME LOVERA17. BEATRIZ ESPIÑO FUENTES18. ANDREA CACABELOS DIOS19. UXIA LORENZO FIGUEROA20. ISAAC VÁZQUEZ PINTOS

Noraboa!!Os gañadores recollerán as súas entradas o día do concerto a partir das 19.00 h presentado o DNI, na Taquilla de Preventa de Internet no Recinto Feiral da Semana Verde de Silleda.Recinto Feiral da Semana Verde de SilledaTfno.: 986 577 000Fax: 986 580 865

[email protected]áis información en: http://www.closingtour.com/index.php/es/

"Xoves interculturais", iniciativa da ONG Mestura, apoiou a integración de mo-zas e mozos en risco de exclusión social.

Martes, 12 Novembro 2013 11:36

O programa Xoves Interculturais foi un dos proxectos financiados dentro do programa Iniciativa Xove. Está dirixido a mozos e mozas, principalmente inmigrantes, minorías étnicas e/ou en situación de exclusión social con idades entre os 16 e 30 anos, que participaron dun xeito activo en espazos de encontro, información e dinamización de accións xuvenís lúdico educativas que axudaron a mellorar a súa integración e socialización co resto da xuventude do seu entorno.

Iniciativa Xove é un programa pioneiro de impulso da participación xuvenil mediante o apoio económico das súas iniciativas, que per-mite demostrar a capacidade dos mozos e mozas de organizar as súas propias actividades e estimula o seu protagonismo, creatividade e liderado.

Dende a súa posta en marcha en 2010, converteuse no primeiro programa de España que permitiu recibir axudas a grupos informais, ademais das tradicionais asociacións. Este programa financia o 100% de proxectos de ata 4.000 euros, adiantando o 80% da axuda no

momento da concesión para que a falta de liquidez non sexa impedimento para a súa posta en marcha.As actividades deste programa enmárcanse dentro da educación non formal e perseguen a convivencia interculturais, a corresponsabi-lidade e equidade de xénero e o fomento das actitudes solidarias e de voluntariado.

Estas actitudes fomentáronse a través dun punto de información xuvenil (PIX) “Punto de Partida” onde se facilitou información e ac-ceso a recursos do entorno e/ou ao resto de actividades do programa:Ademáis levaron a cabo dous obradoiros de cociña:Na túa casa ou na miña? Hoxe cociño eu!” onde adquiriron as nocións básicas para defenderse de xeito autónomo na cociña.Cociña con aforro, onde se deron as noción para poder levar a cabo unha alimentación saudable coa menor inversión económica posi-ble.Tamén realizaron un conxunto de saídas de grupo, de carácter lúdico pedagóxicas a diferentes espazos de interese para os mozos e mozas así como xuntanzas coas diferentes entidades de acción xuvenil da área do Consorcio das Mariñas, co obxectivo de fomentar a implicación da mocidade na participación asociativa e no voluntariado xuvenil.

Ampliación lugar e data das Xornadas "Inicia e crea", dentro do proxecto Em-prende Mercores, 13 Novembro 2013 00:00

Ampliación lugar e data das Xornadas “Inicia e crea”, dentro do proxecto Emprende.A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará durante o mes de novembro unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a tódalas áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles xóvenes que desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional e lles falten as ferramentas necesaria para elo.Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Son socios neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português da Juventude e Deportes, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.• Prazas por xornada: máximo 20 e mínimo 10 persoas.• Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornadaOs/as participantes serán seleccionados/as por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado/a para participar.

Page 4: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 4

• Datas e lugar de realización:

Lugar de realización Localidade Datas de realizaciónResidencia xuvenil Altamar (Vigo) R/ Cesáreo González, s/n – Vigo (Pontevedra) 6 e 7 de novembroEspazo Xove de Ourense R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 - Ourense 12 e 13 de novembroEspazo Xove de Vilagarcía de Arousa R/ Xoan Carlos I, nº 37 – Vilagarcía de Arousa 14 e 19 de novembro

Oficina da Eurocidade Chaves - Verín Antigo Posto Transfronteirizo, Feces de Abaixo (Verín) 20 e 21 de novembro

Espazo Xove de Lalín R/ Pena Toares, 2 – Lalín 26 e 27 de novembroProxecto ILES-Concello de Pontevedra R/ Avda das Camelias, 3 Pontemuiños (Pontevedra) 28 e 29 de novembro

• Xornadas:1. FINANCIA O TEU NEGOCIO• Obxectivo: dar a coñecer as distintas posibilidades de financiación alternativas para a creación de novas empresas.Resultados que se pretenden: que tras a súa asistencia á xornada o/a asistente:-detecte os puntos esenciais a ter en conta a hora de presentar os datos financeiros para conseguir financiación.-coñeza a forma de controlar o seu estado financieiro.-aprenda a realizar un orzamento de forma sinxela.-determine cales son as formas de financiación que máis se adecúan as súas necesidades.• Programa:

– Como financiar unha inversión– Métodos alternativos de financiación– As alianzas estratéxicas– Relacións coas entidades financeiras– Consellos financeiros para os autónomos– Xestión de axudas e subvencións.

• Duración: 3 horas, en horario de 17 a 20 horas e Pontevedra de 10 a 13 horas• Destinatarios: mozos e mozas emprendedores con idades entre os 18 e 30 anos.

2. CLAVES PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DA TÚA EMPRESA• Obxectivo: orientar ao asistente tanto no proceso de selección dos mercados obxectivos para realizar o proceso de internacionaliza-ción como na organización dos recursos para o seguemento das súas actividades internacionaisResultados que se pretenden: que tras a súa asistencia á xornada o/a asistente aprenda a:- seleccionar os mercados de traballo- organizar os recursos para o seguimento das actividades internacionais.- e - comercializar- seleccionar aos intermediarios locais.- comercializar os seus produtos nun entorno distinto.

• Programa:– Como avaliar o potencial que ten a empresa propia para internacionalizar– Creación e implantación da estratexia para internacionalizar.– Deseño dos canais de distribución– Establecemento dos obxectivos comerciais– A campaña de comunicación.– Claves para e –comercializar

• Duración: 3 horas• Destinatarios: xóvenes emprendedores con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, que xa teñan constituído unha empresa ou que proxecten facelo nun futuro inmediato e que contemplen a internacionalización dos seus proxectos empresariais como unha vía de expansió[email protected]éfonos 981 544 645 e 981 545 937– Formulario de inscrición: http://xuventude.xunta.es/2013022611837/carmela-pereiras.html

Xornada: A formación en Xuventude nas administracións públicas

Mercores, 13 Novembro 2013 08:48

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Escola Ga-lega de Administración Pública de acordo co convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013, convocan a xornada: A formación en Xuventude nas administracións públicas.• Destinatarios: Técnicos de xuventude, informadores xuvenís, estudantes e interesados na temá-tica.• Data: 22 de novembro de 2013• Hora: 18.00 h a 20.00 h• Lugar: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela.• Relatorio:18:00 h. A formación en Xuventude nas Universidades e nos órganos competentes en materia de xuventude das Comunidades Autónomas. Jesús Antelo García. Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil de Galicia.• Lugar e prazo de inscripción: O prazo de inscrición estará aberto ata as 14.00 h. do dia 20 de novembro de 2013.

A solicitude enviarase ao correo: [email protected], indicando no asunto Formación en xuventude nas administracións públicas e no contido o nome, apelido, DNI e teléfono de contacto.O certificado de asistencia entregarase ao remate da xornada.

Máis información no Centro Coordinador, teléfono 881 997 606

Page 5: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 5

Promocións Carné Xove: Esquí toda a tempada 2013/2014 en San Isidro

Xoves, 14 Novembro 2013 09:02

• 32 km. de pistas• 25 pistas (2 negras, 11 vermellas, 8 azuis e 4 verdes)• 15 remontesO prezo inclúe:– Estancia durante as noites elixidas nos Apartamentos Sierra (para 4 ou 5 persoas), situados a 500 m. da pista en San Isidro.– Réxime de Só Aloxamento en apartamentos.

– Distribución en apartamentos para 4 persoas.– Garaxe e rocho en apartamento en San Isidro.– Louza completa no apartamento.– Sábanas no apartamento.O prezo non inclúe:

– Toallas nos apartamentos.– Fianza dos apartamentos (150,00 €), reembolsable á saída previa revisión dos mesmos.– Limpeza dos apartamentos.– Todo aquilo que non estea especificado no apartado anterior.

• Observacións:– Estancia mínima de 2 noites.– Posibilidade de comprar o forfait ou aluguer de material en Viajes Sierra.– Prezos suxeitos a dispoñibilidade de prazas no momento de realizar a reserva.– Prezos realizados sobre a base de apartamento con máxima ocupación (4 persoas).– Para reservar é necesario enviar un email a [email protected] indicando datas, destino, nome e apelidos, email, teléfo-no de contacto e os servizos incluídos; e, de ser o caso, unha copia do carné xove.– É necesario, unha vez estea confirmada a reserva, un depósito do 40% do importe total para formalizar a reserva. O resto do im-porte ten que pagarse 5 días antes da saída.– Conta: Banco de Sabadell 0081-0499-60-0001454951. – Prezos realizados de acordo coa lexislación vixente, e en especial, co Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios (artigo 150).– Non hai gastos de cancelación para o caso de peche da estación por falta de neve. En caso de cancelación con neve hai uns gastos do 40 % da reserva ata 5 días antes da saída; desde 5 a 0 días antes da saída, os gastos son do 75 %.

• AloxamentoOs Apartamentos Sierra son apartamentos inaugurados no ano 2008. Están situados no Edificio Las Peñas, dentro da urbanización da Estación Invernal de San Isidro, a tan só 500 metros das pistas do Sector Salencias. En menos de 5 minutos estará esquiando, evitando desprazamentos, madrugas e o uso de cadeas no seu vehículo os días de neve.

Os apartamentos son para 4 persoas. Están formados por un dormitorio con 2 camas individuais, un salón-comedor con sofá-cama do-bre e unha cadeira de brazos-cama, unha cociña totalmente equipada e un baño con ducha. Deste modo a ocupación dos apartamentos é de 4 persoas coa posibilidade dun 5º ocupante.Están perfectamente acondicionados e equipados con calefacción, cociña con vitrocerámica, forno, microondas, neveira, louza,...Todos os apartamentos dispoñen de garaxe para un vehículo e rocho gardaesquís no propio edificio, con acceso directo mediante as-censor.

• Prezos por persoa 2 noites ( apartamento mínimo 4 persoas )

Ponte Inmaculada, Nadal, Carnavais,Semana Santa

Temporada Alta (fins de semana )

Temporada Baixa (entre semana)

Apto. con carné xove 70,00€ 60,00€ 41,00€Apto sen carné xove 75,00€ 65,00€ 44,00€

– Tempada alta: Venres e Sábados da campaña de esquí.– Tempada baixa: Días entre semana (Domingo a Xoves).– Ponte da Inmaculada (5-9 decembro) Nadal (24 Decembro-6 Xaneiro).– Carnavais (8-12 Febreiro), Semana Santa (22-31 Marzo).• Suplementos / Descontos» Aluguer de material alpino 2 días .................. 24,00€» Forfait de esquí 2 días fin de semana ............ 42,00€» Forfait de esquí 2 días entre semana ............. 34,00€

• INFORMACIÓN E RESERVAS:As nosas oficina encóntranse en:VIAJES SIERRACalle Montero Rios 46 - 15706 Santiago de Compostela, A CoruñaLICENCIA AG. VIAJES: XG-292Nº IATA: 78277721Os nosos teléfonos son: 881 979 138 (Horario de oficina) | 670 035 719 (24 Horas)– E-mail: [email protected] | [email protected]

Máis info: pdf (http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/novembro2013/Esqui_toda_a_tempada_San_Isidro.pdf) web (http://www.viajessierra.es/product.php?id_product=159)

Page 6: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 6

Promocións Carné Xove: Viaxe universitaria Grandvalira-Pas de La Casa

Xoves, 14 Novembro 2013 09:40

25 XANEIRO AO 01 FEBREIROO prezo inclúe:– Viaxe en autobús, saída día 25 xaneiro ás 22 horas aproximadamente, e regreso día 31 despois de esquiar.– Estancia 5 noites en Pas de la Casa a pie de pista en apartamentos/estudios para 4 persoas; o en hotel de 2-3*.– Réxime de só aloxamento.

– Forfait de 5 días Grandvalira.– Seguro de viaxe, de esquí e accidentes.– Seguro de viaxe, de esquí e accidentes.– Asistencia de guía de Viajes Sierra e/ou estación durante toda a estancia.Opción todo incluído Suplemento Clases e xantares en pistas– Xantar nas pistas pícnic.– Clases de esquí 2 horas diarias.O prezo non inclúe:– Bebidas nas comidas.– Todo aquilo que non estea especificado no apartado anterior.• Observacións:

– Prezos realizados para grupo mínimo de 25 persoas. ( para poder levar a opción todo incluído necesítase un mínimo de 25 persoas). – Entra no facebook de Viajes Sierra e verás condicións para entrar nun sorteo de 1 ff de 5 días en Grandvalira ( válido para descontar o seu importe nesta viaxe ), e de estancias en San Isidro e Manzaneda. – É necesario, unha vez estea confirmada a reserva, un depósito de 150 euros por persoa para formalizala. O resto do pagamento ten que realizarse 20 días antes da saída do grupo.– Para reservar é necesario enviar un email a: [email protected], indicando nome e apelidos, email, teléfono de contacto e os servizos incluídos; e, de ser o caso, unha copia do carné xove.– É necesario, unha vez estea confirmada a reserva, un depósito de 150 euros por persoa para formalizala. O resto do pagamento ten que realizarse 20 días antes da saída do grupo.– Conta: Banco de Sabadell 0081-0499-60-0001454951.– Prezos realizados de acordo coa lexislación vixente, e en especial, co Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios (artigo 150).– Gastos de cancelación: Desde o momento da reserva ata 20 días antes, 50 euros; 50 % do importe total entre os 20 días e os 3 días antes da saída; 100 % do importe total entre os 3 días e o día antes da saída.

O AloxamentoApartamentos Lake / Sapporo / Vaquers, estudios sinxelos e funcionais de 4 e 6 persoas nunha única estancia situados a pé de pista. Residencias sinxelas que destacan pola súa situación.

Hotel 2-3*: Hoteis de 2-3* tipo central, refugi, parma, cristina, guineu, crets, situados en Pas a pé de pista, sinxelos e funcionais.• Prezo por persoa:– GrandValira Apartamentos Pas de la Casa Pé de Pista aloxamento + ff Grandvalira ............... 345 euros (adultos)– GrandValira Hotel Pas de la Casa Pé de Pista 2-3* media pensión + ff Grandvalira ............... 415 euros (adultos)• Suplementos / Descontos:» Aluguer de material esquí 5 días ............... 30,00€» Aluguer de material snow 5 días ............... 45,00€» Suplemento xantar en pistas + clases de esquí 2 horas diarias ............... 50,00€

• INFORMACIÓN E RESERVAS:As nosas oficinas encóntranse en:VIAJES SIERRARúa Montero Rios 46, 15706 Santiago de Compostela, A CoruñaLICENCIA AG. VIAJES: XG-292Nº IATA: 78277721Os nosos teléfonos son: 881 979 138 (Horario de oficina) | 670 035 719 (24 Horas)E-mail: [email protected]áis info: pdf (http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/novembro2013/Viaxe_universitaria_Grandvalira-Pas_de_la_Casa.pdf)

web (http://www.viajessierra.com/product.php?id_product=147)

Promocións Carné Xove: Semanas blancas Grandvalira-Vallnord

Xoves, 14 Novembro 2013 09:53

» 11 AO 18 XANEIRO » 15 AO 22 MARZO» 18 AO 25 XANEIRO » 22 AO 29 MARZO» 25 XANEIRO AO 01 FEBREIRO » 29 MARZO AO 5 ABRIL» 1 FEBREIRO AO 8 FEBREIRO » 5 AO 12 ABRIL

O prezo inclúe:– Viaxes en autobús, saídas sábados ás 22.00 horas aproximadamente, e regresos venres despois de esquiar.– Estancia 5 noites en Andorra en hoteis 3* Cosmos, Eurohotel, Cassany ou similar (a semana do 25 xaneiro estancia en Pas de la Casa).– Réxime de Media Pensión (almorzo e cea).– Forfait de 5 días Grandvalira ( semana do 11 xaneiro, 18 xaneiro, 25 xaneiro, 15, 22 e 29 marzo, e 5 abril ); ou Vallnord ( semana do 1 febreiro, 22 marzo ).– Seguro de viaxe, de esquí e accidentes.– Asistencia de guía de Viajes Sierra e/ou estación durante toda a estancia.

Page 7: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 7

Opción todo incluído Suplemento Clases e xantares en pistas– Xantar nas pistas pícnic.– Clases de esquí 2 horas diarias.O prezo non inclúe:– Bebidas nas comidas.– Todo aquilo que non estea especificado no apartado anterior.• Observacións:

– Saídas garantidas (a viaxe pódese realizar con colexios).– É necesario, unha vez estea confirmada a reserva, un depósito de 150 euros por persoa para formalizala. O resto do pagamento ten que realizarse 20 días antes da saída do grupo.– Para reservar é necesario enviar un email a: [email protected], indicando nome e apelidos, email, teléfono de contacto e os servizos incluídos; e, de ser o caso, unha copia do carné xove.– É necesario, unha vez estea confirmada a reserva, un depósito de 150 euros por persoa para formalizala. O resto do pagamento ten que realizarse 20 días antes da saída do grupo.– Conta: Banco de Sabadell 0081-0499-60-0001454951.– Prezos realizados de acordo coa lexislación vixente, e en especial, co Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios (artigo 150).– Gastos de cancelación: Desde o momento da reserva ata 20 días antes, 50 euros; 50 % do importe total entre os 20 días e os 3 días antes da saída; 100 % do importe total entre os 3 días e o día antes da saída.

• Prezo por persoa Con Carné Xove Sen Carné Xove

GrandValira ou Vallnord media pensión + forfait 375,00€ 390,00€GrandValira ou Vallnord media pensión + forfait + clases + xantares 455,00€ 470,00€

Suplementos / Descontos» Aluguer de material esquí 5 días .............................. 30,00€» Aluguer de material esquís snow 5 días .................... 45,00€

INFORMACIÓN e RESERVAS:As nosas oficinas encóntranse en:VIAJES SIERRARúa Montero Rios 46, 15706 Santiago de Compostela - A CoruñaLICENCIA AG. VIAJES: XG-292Nº IATA: 78277721Os nosos teléfonos son:881 979 138 (Horario de oficina) | 670 035 719 (24 Horas)E-mail: [email protected]áis info: pdf (http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/novembro2013/Semanas_Blancas_GrandValira-Vallnord.pdf)web (http://www.viajessierra.com/category.php?id_category=5)

Promocións Carné Xove: Ven á neve 2014

Venres, 15 Novembro 2013 11:21

• Entidade Organizadora: Fantasía Animación Coruña• Lugar: Principado de Andorra, esquí na Estación Vallnord (Pal / Arinsal / Arcalís)• Quendas:– Quenda 1.- Do 25 ao 31 de xaneiro de 2014. Saída en autobús o sábado 25 ás 21.00 h dende Santia-go. Chegada o domingo 26, rexistro no Hotel e aluguer de material de esquí. Esquí de luns a venres 31 e volta para Galicia o venres ás 19.00 h.– Quenda 2.- Do 1 ao 7 de febreiro de 2014. Saída en autobús o sábado 1 ás 21.00h dende Santiago. Chegada o domingo 2, rexistro no Hotel e aluguer de material de esquí. Esquí de luns a venres 7 e volta para Galicia o venres ás 19.00 h.

– Quenda 3.- Do 8 ao 14 de febreiro de 2014. Saída en autobús o sábado 8 ás 21.00h dende Santiago. Chegada o domingo 9, rexistro no Hotel e aluguer de material de esquí. Esquí de luns a venres 14 e volta para Galicia o venres ás 19.00 h.– Quenda 4.- Do 15 ao 21 de febreiro de 2014. Saída en autobús o sábado 15 ás 21.00 h dende Santiago. Chegada o domingo 16, rexistro no Hotel e aluguer de material de esquí. Esquí de luns a venres 21 e volta para Galicia o venres ás 19.00 h.

• Documentación a entregar:– Folla de inscrición cuberta (a entidade enviará o modelo aos interesados por correo electrónico).– Fotocopia DNI.– Fotocopia Carné Xove.– Copia do ingreso que se remitirá ao correo electrónico do programa.

• Número máximo de Participantes: 65 participantes por quenda.• Número mínimo de Participantes: 40 participantes por quenda.• Prezo con Carné Xove: 390€ por participante.• Prezo sen desconto Carné Xove: 420€ por participante.• Persoa de contacto: Enrique Martínez, Director de tempo libre.• Tfno. do programa: 639 932 288.• Correo electrónico: [email protected]• Descrición do programa:

– Saída os sábados dende Santiago e Lugo/Ourense (depende da maioría das procedencias dos participantes) ás 20,30h– Chegada o domingo, aloxamento, distribución de habitacións aos participantes e aluguer do material de esquí. – Almorzos e ceas no hotel. Traslados diarios a pistas. Comidas en pistas tamén incluídas.– Clases de esquí por monitores oficiais en grupos de 10/11 persoas. Diploma acreditativo ao remate de cada quenda.– Regreso ao hotel cando cerra a estación cada día.– Visitas a Andorra e Caldea (entrada non incluída)– O venres, almorzo no hotel e traslado a pistas para realizar o derradeiro día de curso e práctica de esquí. Comida en pistas. Devo-lución do material de esquí e regreso a Galicia aos mesmos puntos de recollida de comezo da quenda. A chegada está prevista na madrugada do venres ao sábado.

Page 8: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 8

O programa inclúe:– Autocar de primeiro nivel para realizar o itinerario detallado, incluíndo traslados a pistas e as visitas a Andorra.– Estancia de 5 noites en Hotel en réxime de media pensión (almorzo-cea). – Distribución en habitacións dobres e triplas con baño completo, calefacción, TV, etc.– 5 días de remontes en Vallnord + 5 días de cursillo de esquí impartido por monitores titulados + 5 días de aluguer de material de esquí (táboas, botas e bastóns) + 5 días de comidas en pistas.– Asistencia técnica á chegada a Andorra.– Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.– Director de tempo libre que coordinará todo o programa e que estará presente en todo momento cos participantes.

Máis info: pdf (http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/novembro2013/INFO_NEVE_ANDORRA_2014.pdf)

Xuventude pon en marcha o programa Escola Emprende en Vigo.

Venres, 15 Novembro 2013 11:40 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha hoxe o programa Escola Emprende en Vigo cunha asistencia de máis de 100 mozos e mozas.

Escola Emprende pretende ser unha aproximación ó eido do emprendemento para mozos e mozas configurada a modo de experiencia piloto. Consiste na realización de obradoiros nas localidades de Mos, Ourense e Vigo cunha previsión mínima de participación de cincuenta pre-emprendedores/as por xornada. A idade das persoas participantes comprenderá entre os dezaoito e os trinta anos. A

actividade realizarase en horario de mañá cunha duración aproximada de 4 horas.Este programa está dirixido a estudantes de IES e ciclos formativos, universitarios, asociacións empresariais, mozos e mozas da zona.

• Obxectivos da actividade:– Crear un espazo de traballo onde mozos e mozas con inquedanzas de emprendemento poidan dispor dunha titorización personalizada.– Resolver dúbidas e estereotipos relacionados co emprendemento.– Fomentar o emprendemento entre os mozos e as mozas como estratexia de emprego.• Metodoloxía da actividade (como o faremos?)– A primeira hora estará dedicada a ofrecer unha breve explicación dos pasos a dar no nacemento dun proxecto de emprendemento, dende que xurde por primeira vez a idea ata que chega a poñerse en práctica de maneira efectiva.– As dúas horas e media seguintes serán de traballo práctico en grupo, creando dous grupos de traballo que estarán guiados cada un deles por:

1. persoa experta en emprendemento.2. coach.

Realizarase un exercicio práctico de posta en marcha dunha idea emprendedora a converter en empresa mediante a tormenta de ideas

e a dramatización.Durante a última media hora, os dous grupos volverán a reunirse e realizarán unha pequena sesión de conclusións, principais dificulta-des atopadas, achegas e preguntas.Entrega de enquisa de satisfacción coa actividade ao alumnado asistente.• Temporalización da actividade:15 de novembro de 2013

1. Lugar: Colexio Fogar Novacaixagalicia, rúa Filipinas, 6- 36204 Vigo.2. Horario: de 09.30 a 14.00 hs.3. Prazas: 100

21 de novembro de 20131. Lugar: Residencia Xuvenil Universitaria Florentino López Cuevillas, rúa Arturo Pérez Serantes, 2 - 32005 Ourense.2. Horario: de 16.30 a 20.30 hs.3. Prazas: 60

27 de novembro de 20131. Lugar: Concello de Mos, rúa Rexenxo 1, Petelos – 36416 Mos ( Pontevedra)2. Horario: 09.30 a 14.00 hs3. Prazas: 60

Proxecto EmprendeEsta iniciativa enmárcase no proxecto Emprende, actividade 3 (Formación para emprendedores xuvenís, acción 2 Cursos de formación presenciais), financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresa-rios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

A finalidade deste foro é potenciar o emprendemento poñendo de manifesto as ferramentas e accións para desenvolver todo o poten-cial das iniciativas e dos proxectos emprendedores galegos e portugueses. Preténdese establecer lazos fortes entre emprendedores de ambos dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e intercambiar experiencias e coñecemento.Xuventude pon en marcha o programa Escola Emprende en Vigo.

Page 9: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 9

A Federación Española de Baloncesto busca voluntarias/os para o Mundial 2014

Luns, 18 Novembro 2013 09:49

O Comité Organizador da Copa do Mundo de Baloncesto 2014 pon en marcha a fase de inscripción de Voluntarias/os, un dos elementos imprescindibles do evento.• Requisitos: As/os Voluntarias/os deberán ter como mínimo 16 anos cumpridos a 1 de agosto de 2014, é dicir, persoas nadas antes do 1 de agosto de 1998.O programa de inscripción de Voluntarios está aberto non só aos veciños das seis cidades sé do even-to (Barcelona, Bilbao, Granada, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e Sevilla) senón de toda España

e por suposto do resto do mundo.

Os Voluntarios terán a oportunidade de colaborar na Copa do Mundo 2014 desde varias áreas: Acreditacións, Puntos de Información, Tecnoloxías, Prensa, Protocolo e Servizos VIP, Transporte, Acompañamento de Equipos, Servizos Sanitarios, Marketing e Promoción, Competición, Control de Accesos, Presentación dos Partidos e Entertainment e Oficina de Atención ao Voluntario.

Máis información: http://www.feb.es/2013/10/30/baloncesto/copa-del-mundo-2014-inicia-fase-inscripcion-voluntarios/50747.aspx

NOVAS FORMACION CURSOS DA DXXV

Xornada: A formación en Xuventude nas administracións públicas Mercores, 13 Novembro 2013 08:48

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Escola Galega de Administración Pública de acordo co convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2013, convocan a xornada: A formación en Xuventude nas administracións públicas. • Destinatarios: Técnicos de xuventude, informadores xuvenís, estudantes e interesados na temática.• Data: 22 de novembro de 2013• Hora: 18.00 h a 20.00 h• Lugar: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela.• Relatorio:18:00 h. A formación en Xuventude nas Universidades e nos órganos competentes en materia de xu-

ventude das Comunidades Autónomas. Jesús Antelo García. Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil de Galicia.• Lugar e prazo de inscripción:O prazo de inscrición estará aberto ata as 14.00 h. do dia 20 de novembro de 2013.A solicitude enviarase ao correo: [email protected], indicando no asunto Formación en xuventude nas administracións públicas e no contido o nome, apelido, DNI e teléfono de contacto.O certificado de asistencia entregarase ao remate da xornada.

Máis información: no Centro Coordinador, teléfono 881 997 606

NOVAS FORMACION OUTROS CURSOS

II Monográficos de Estudo de Fauna salvaxe

Xoves, 14 Novembro 2013 14:05

Sustinea convoca os II Monográficos de Estudo de Fauna Salvaxe que se celebrará en pleno Mo-numento Natural de Pena Corneira os vindeiros 23 e 24 de novembro, no Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira , en colaboración co Grupo de Estudos de Animais Salvaxes (GEAS).

Nestas xornadas darase a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio á vez que se observarán con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso, apor-tando toda a información precisa para coñecer máis sobre a súa bioloxía e conservación.

• Contidos dos Monográficos:– Roteiros prácticos de identificación de indicios de fauna.– Inventario de fauna do Monumento Natural de Pena Corneira.– Saída nocturna.– Técnicas de achegamento, conducta no rastrexo e observación da fauna.– Lectura dos rastros, interpretación de indicios e análise das escenas.– Monitorización de fauna atropelada.– Prácticas de estudo de moluscos terrestres.

• Programa• InscriciónPara realizar a inscrición podedes cubrir o formulario e realizar o ingreso no número de conta que nel aparece. Se estades interesadas/os e non tedes onde aloxarvos contactade con nós para que vos poidamos asesorar.• Prezo: 20 euros20 Prazas.Non se inclúe aloxamento e manutención.

Page 10: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 10

Para máis información: [email protected] e Tfno: 668 874 900

Curso de "A violencia de xénero no mundo global" en Ourense

Venres, 15 Novembro 2013 12:28

Convócase o curso de "Violencia de xénero no mundo global", organizado pola Concellería de Igual-dade do Concello de Ourense e a Asociación Xarela.• Destinatarias/os: Profesionais e alumnado interesado en temas sociais e público en xeral.• Temporalización: Do 18 ao 29 de novembro de 2013.• Horario: de 10 a 13 h.• Duración: 35 h.• Número de prazas: 25.• Lugar de realización: Concellería de Igualdad. Rúa do Ensino, nº 24. Ourense

Máis información: www.xarela.org . Teléfono: 988 25 08 47.

NOVAS FORMACION CURSOS DE TEMPO LIBRE

Curso de monitora/monitor de actividades de tempo libre en Ourense (os sá-bados)

Martes, 12 Novembro 2013 09:54

A Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Ourense convoca un curso de Monitora/monitor de actividades de tempo libre.• Datas de realización: os sábados 23 e 30 de novembro,14 e 21 de decembro 11, 18, 25 de xaneiro; 1, 8,15,22 de febreiro, 8, 15, 22 e 29 de marzo; 5 e 26 de abril e 10, 17 e 18 de maio.

• Requisitos: Ter cumplidos os 18 anos e estar en posesión do título de graduado escolar ou outro similar ou superior.A inscrición poderase facer efectiva na sé de Caritas Diocesana, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.• Lugar de realización: Centro de Formación Trébede_ Cáritas Diocesana Ourense,Rúa Maestra Vide, nº 2. OurenseMáis información (http://xuventude.xunta.es/uploads/escritorio/monitorcritas_ourense.pdf): www. caritasourense.org e teléfonos: 988 236 819/ 619 952 848.

Curso de Directores/as de Actividades de Tempo Libre na Coruña Martes, 12 Novembro 2013 10:14

A Escola Galega de Tempo Libre da Coruña convoca un curso de Directora/Director de Actividades de tempo libre.• Datas:– Xaneiro: 8, 9, 13, 15, 16, 20, 22, 23, 27, 29, 30.– Febreiro: 3, 5, 6, 10, 12, 13, 17, 19, 20, 24, 26, 27.– Marzo: 5, 6, 10, 12, 13, 17, 19,

Máis información: Escola Galega de Tempo Libre. Oleoducto. 5. 15009 – A CoruñaTfno.: 607 93 59 24/ e-mail: [email protected]

Curso de Directoras/es de Actividades de Tempo Libre intensivo (sábados) A Coruña

Martes, 12 Novembro 2013 10:18

A Escola Galega de Tempo Libre da Coruña convoca un curso de Directora/Director de Actividades de tempo libre.As prazas son 25 como máximo e outórganse por orde de inscripcion. O curso consta dunha fase teórico-práctica de 150 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunca entidade de tempo libre.

• Datas:– Xaneiro: 11, 18, 25.– Febreiro: 1, 8, 15, 22.– Marzo: 1, 8, 15, 22, 29.– Abril: 5, 12, 26

Máis información: Tfno.: 607 93 59 24/ e-mail: [email protected]

Page 11: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 11

Curso de Monitores de actividades de tempo Libre en fins de semana en Vigo

Martes, 12 Novembro 2013 12:18

A Escola de Tempo Libre Fervenza convoca un Curso de Monitores/as de Tempo Libre en Vigo.• Datas: Do 30 de novembro ó 2 de febreiro, en fins de semana.• Lugar: Vigo (Cño. Do Pombal, 38 - Baixo).

• Prezo: 220 Tarifa normal (inclúe: material do curso, manual e documentación, transporte e alimentación ó lugar de acampada, segue-mento das prácticas, orientación na elaboración da memoria, seguro de R.C., e xestións do título.)• Descontos: 10 % por Carné Xove ou Familia Numerosa, 25 % por desemprego, ou 20 % por cada amigo que se traia.

Máis información no teléfono: 606 321 636 ou http://www.escolafervenza.es

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Pontevedra.

Mercores, 13 Novembro 2013 12:04

A Escola de Tempo Libre Aika convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre en Pontevedra.• Data límite de inscripción: 22 de Novembro ou ata que se cubran as plazas.• Datas de realización: Do 25 de novembro de 2013 ao 4 de febreiro de 2014.• Lugar de impartición: Escola de Tempo Libre AikaRúa Gorgullón, nº 42, baixo, 36003 - PontevedraMáis información: teléfono 986 84 84 86. Horario de oficina de luns a venres de 8:30h a 17:30h.

Curso de Monitores/as en actividades de tempo libre na Coruña Xoves, 14 Novembro 2013 07:49 A Escola Galega de Tempo Libre convoca un curso de Monitores/as en actividades de tempo libre na Coruña.• Calendario: (sábados en negra e subliñado)– Novembro: 20, 21, 25, 27, 28– Decembro: 2, 4, 5, 9, 11, 12, 16, 18, 19,– Xaneiro: 8, 9, 13, 15, 16, 18, 20, 22, 23, 27, 29, 30

– Febreiro: 3, 5, 6, 10, 12, 13, 17, 19, 20, 22, 24, 26.• Horario:– Luns, Mércores e xoves de 09.00 a 14.00 h.– Sábados: De 09.00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.

Máis información e Inscricións: Escola Galega de Tempo Libre, A Coruña | www. escolagalegadetempolibre.es/ Tfno.: 607 93 59 24/

BOLSAS E AXUDAS FORMACION PRACTICA

50 bolsas en prácticas Roche Luns, 18 Novembro 2013 09:39

• Convoca: Farmaceútica Roche• Destinatarias/os: Mozas/os recentemente titulados, que estean no último ano de carreira ou posgrado nas áreas de Ciencias da Saú-de, Empresariais, Económicas, Dereito ou Humanidades.Os/As candidatos/as deberán ter un nivel de inglés avanzado e con posibilidade de movilidad xeográfica.• Duración: un ano de duración.• Data límite: Do 25/11/2013 ao 1/1/2014.

Máis información:Estas becas, que comezarán en xaneiro de 2014, teñen o obxectivo de formar a novos estudantes españois en diferentes áreas da em-presa:– Tecnoloxía da Información.– Márketing e Desenvolvemento de Negocio.– Departamento Médico.– Fabricación e Calidade.– Finanzas e RRHH.

Fonte: http://www.injuve.es/convocatorias/becas/programa-becas-roche-2014

Page 12: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 12

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

Axudas Emprega 2014

Martes, 12 Novembro 2013 08:41

A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación convoca as axudas EMPREGA (http://www.boe.es/boe/dias/2013/11/12/pdfs/BOE-A-2013-11831.pdf), nas modalidades titulados universitarios e titulados non universitarios con formación profesional de grao superior ou equiva-lente, dentro do Programa Estatal de Promoción do Talento e o seu Empleabilidad no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2013-2016.

O obxecto das axudas é a contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+I e a formación que obrigatoriamente deben seguir estes tecnólogos e que os capacitará como xestores da I+D+I.

Estas axudas desdóbranse en dúas modalidades en función da titulación do tecnólogo:a) Axudas á contratación e formación de titulados universitarios.b) Axudas á contratación e formación de titulados non universitarios con formación profesional de grao superior.

• Beneficiarios das axudas:– Empresas, incluídas as «Spin-off» e as «JEI»– Os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica.– As fundacións.– As agrupacións ou asociacións empresariais: agrupacións de interese económico (AIE); asociacións empresariais sectoriais sen ánimo de lucro que realicen entre as súas actividades proxectos e actuacións de I+D+I para o seu sector.– Agrupacións empresariais innovadoras (AEI) e plataformas tecnolóxicas.

No caso das axudas á contratación o prazo para presentar as solicitudes finalizará o día 20 de xaneiro de 2014.Máis información no BOE do 12 de novembro de 2013.

Rede cultural para o ano 2014 da Deputación da Coruña Venres, 15 Novembro 2013 09:51

A Deputación da Coruña convoca a programación da rede cultural para o ano 2014.Poderán participar nos programas as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na provincia:

CATEGORÍA NON PROFESIONAL:a) Música:Bandas de música, Bandas de gaitas. Masas corais, Música clásica, Rondas ou orquestras, Canta-reiras, Folk, Rock, Pop/Lixeira, Electrónica, Jazz, Blues, Soul, Tunas, Charangas, Solistas, Outros.b) Danza:Danza tradicional galega, Danza contemporánea, Danza clásica, Outros tipos de danzac) Teatro:

Teatro, Títeres, Maxia e ilusionismo, Contacontos-Monólogos, Outrosd) Circo e Acrobacias.e) Outras actividades.

CATEGORÍA PROFESIONAL:a) Intérpretes de música:Música clásica, Jazz, Folk, Rock, Blues, Tecnob) Compañías de danza:Danza clásica, Danza contemporánea, Danza folclórica galega, Outros tipos de danzac) Compañías de teatro e de títeres:Teatro, Títeres, Maxia, Contacontos-Monólogos, circo e acrobacias.

• Para recibir actuacións:– CONCELLOS: Poderán solicitar actuacións tódolos concellos da provincia que queran acollerse a esta convocatoria.– ENTIDADES: Poderán solicitar actuacións dos grupos incluídos no Programa de música e teatro para grupos non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xurídicamente constituídas e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.Os grupos e intérpretes que desexen participar nesta convocatoria, deberán presentar a súa solicitude antes do 30 de novembro de 2013.

Máis información no BOP da Coruña do 15 de novembro de 2013 e en: www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

Page 13: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 13

PREMIOS E CONCURSOS

I Concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Martes, 12 Novembro 2013 08:04

A Fundación USC Deportiva organiza un concurso de postais de Nadal.A temática é o vencello entre Nadal e deporte.Poderán participar nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2010.A data límite para enviar os orixinais é o 9 de decembro.O premio consistirá nunha praza no Verán CampUSC 2014 e a imaxe gañadora formará parte da tar-xeta de Nadal que este ano fará a Fundación.

Máis información: http://fundacionuscdeportiva.org/

Concurso de Curtas co Móbil da USC

Martes, 12 Novembro 2013 08:12

A Universidade de Santiago de Compostela convoca un CONCURSO DE CURTAS CON MÓBIL,• Participantes: Poderá participar no certame, de maneira individual, o estudantado de ESO, Bacha-relato ou de ciclos formativos matriculado no curso 2013/2014.

O primeiro premio consistirá nunha tablet, o segundo e terceiro premio, respectivamente, recibirán cadanseu lector de libros elec-trónicos.Os vídeos, realizados cun teléfono móbil, deben ter unha duración mínima de 30 segundos e máxima de 90. Nese tempo deberán ofrecer a visión particular do/a autor/a sobre as posibilidades de inserción laboral das titulacións que se imparten no campus de Lugo, ou mostrar a súa idea de cómo os/as titulados egresados da sede universitaria luguesa podencontribuír ao desenvolvemento do medio rural galego

Máis información: http://www.usc.es/

VIº Concurso Fotográfico Ambiental Ourense

Venres, 15 Novembro 2013 09:06

A Asociación Medioambiental Syme presenta o Concurso Fotográfico Ambiental.Poderán participar mozas e mozos de 16 a 35 anos presentando fotografías de temática medioam-biental.Premiaranse as fotografías con maior calidade e beleza da paisaxe.

• Premios:1º premio: un teléfono móbil "libre".2º premio: un Ebook.3º premio: cámara fotográfica.

Inscrición ata o 20 de novembro inclusive.Máis información: http://asocsyme.es/resources/Diptico.pdf

Iº Concurso Fotográfico Natureza e Literatura Galega: "As verbas xogan na natureza"

Venres, 15 Novembro 2013 09:25

A Asociación Medioambiental Syme presenta o I concurso fotográfico natureza e literatura galega.As/os participantes terán que realizar "Fotografías" onde se poña de manifesto a relación entre a literatura e a natureza, terán que escoller a relación de calquera autor/a coa natureza galega e tratar de plasmala coa toma dunha fotografía.• Participantes: O concurso está aberto a tódalas persoas que desexen participar.A temática será a relación entre os escritores/as galegos e a súa terra, a natureza galega... en cal-quera das súas expresións.Inscrición ata o 20 de novembro inclusive.

• Premios:1º premio: unha videocámara.2º premio: cámara fotográfica.3º premio: un Ebook.

Máis información: http://asocsyme.es/resources/diptico+concurso+fotografia.pdf

Page 14: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 14

Premios Provinciais á Cultura en Pontevedra

Luns, 18 Novembro 2013 07:42

A Deputación de Pontevedra convoca os Premios Provinciais á Cultura. Con estes premios a institu-ción pretende salientar e impulsar o papel que están a desenvolver asociacións, fundacións, solistas, agrupacións musicais, concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais nunha provincia com-

prometida co seu patrimonio cultural.• Categorías e premios:1) Premio ó proxecto cultural máis innovador// Premio á iniciativa cultural máis vangardista, levado a cabo por persoas físicas, asocia-cións culturais e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra, dotado con 6.000 €.2) Premio á traxectoria cultural, a título individual ou levado a cabo por un colectivo cultural da provincia de Pontevedra ó longo da súa historia e de recoñecido prestixio, dotado con 6.000 €.3) Premio César Dios “Diosiño”, en recoñecemento ó labor levado a cabo por persoas ou agrupacións musicais da provincia de Ponteve-dra en defensa da música máis popular, dotado con 6.000 €.4) Premio á protección ou recuperación do patrimonio público, levado a cabo por concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais da provincia de Pontevedra; a obra de recuperación do patrimonio público ten que estar rematada antes de finalizar o prazo depresentación de candidaturas; dotado con 6.000 €.

As candidaturas para optar a estes premios poderán ser propostas por:– Presidente da Deputación de Pontevedra– Asociacións ou fundacións da provincia de Pontevedra– O mesmo xurado, xa constituído

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro de 2013.Máis información no BOP de Pontevedra do 18 de novembro de 2013.

Concurso Sex invaders para a prevención das infeccións de transmisión se-xual Luns, 18 Novembro 2013 08:59

Sabes como podes gañar un Ipad ou un Iphone?: xoga o xogo “Sex Invaders e os preservativos defensivos”. Aprenderás a defenderte delas o tempo que podes conseguir un desos regalos . Faite fan e xoga en: facebook.com/sexinvaders.

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade pon en marcha a iniciativa Sex invaders para a prevención das infeccións de transmisión sexual entre a mocidade. Así, dunha maneira lúdica os mozos e mozas obterán información sobre as infeccións de trans-misión sexual.

Neste sentido destacar que os centros Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colaboran nesta iniciativa, destacando que son centros de referencia en Galicia para a realización da proba rápida de VIH no fluído oral . A proba é anónima e confidencial.Onde podo informarme para facer a proba rápida do VIH no fluído oral?

Entre outros, nos centros Quérote + das seguintes localidades:Santiago de Compostela: Praza do Matadoiro, s/n. | Tel. 881997613 Lugo: Complexo Xuvenil Lug: Rúa Pintor Corredoira, 4 | Tel. 982241732 Ourense: Espazo Xove de Ourense: Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 | Tel. 988231470

5º Concurso temático de relatos "21 de marzo"

Luns, 18 Novembro 2013 10:02

O Concello de Tres Cantos convoca o quinto concurso temático de relatos. Este ano o tema é "Ani-mais".• Destinatarias/os: Poden participar cantos autores que o desexen, calquera que sexa a súa idade e nacionalidade, sempre que o texto se presente en castelánOs relatos deberán ter unha extensión mínima de 3 páxinas e máxima de 8, formato DIN A4, tipo de letra Arial 12 ó similar.• Premio: 3.500 euros.

• Data límite: Ata o 10 de xaneiro de 2014.

Máis información: http://www.trescantos.es/web/component/k2/item/300857-v-concurso-de-relatos-21-de-marzo

Page 15: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 15

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PUBLICO

Convocada 1 praza temporal de enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos na UDC. Mercores, 13 Novembro 2013 08:53

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (10 meses), como colaborador en proxectos de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días desde a publicación o día 11 de novembro na páxina: www.udc.es.

Convocadas 13 prazas de auxiliar administrativo no Concello de Chiclana de la Frontera (Cadiz) Mercores, 13 Novembro 2013 08:52

As prazas convocadas neste Concello son da escala Administración xeral e convocadas polo sistema de concurso-oposición en turno libre.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.Máis información BOE do 13 de novembro de 2013.

Bolsas de emprego de persoal laboral na Unión Europea Martes, 12 Novembro 2013 15:35

As bolsas de persoal contractual (curto prazo), son de 6 categorías (2 de licenciados en Ciencias Biolóxicas ou similares, 1 Ciencias Económicas, Empresariales, 1 Ciencias da Computación, 1 en recursos humáns e 1 de xuristas lingüistas).

Xuristas (Ata o 10 de decembro de 2013):http://www.060.es/web/detalleConvocatoriaWeb.do?id=165059&tipovista=2#Resultados

Ciencias Económicas, Empresariais, Contabilidade ou Finanzas (Ata o 6 de decembro de 2013):http://www.060.es/web/detalleConvocatoriaWeb.do?id=165062&tipovista=2#Resultados

Ciencias da Computación, Sistemas de Información o Enxeñeiría (Ata o 6 de decembro de 2013):http://www.060.es/web/detalleConvocatoriaWeb.do?id=165061&tipovista=2#Resultados

Ciencias Biolóxicas (Ata o 6 de decembro de 2013) :http://www.060.es/web/detalleConvocatoriaWeb.do?id=165064&tipovista=2#Resultados

Axentes contractuais: http://ec.europa.eu/civil_service/job/contract/index_es.htm

Listas de agarda de profesor/a para Turgalicia Martes, 12 Novembro 2013 08:21

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) anuncia, mediante concurso ou concurso-oposición, a convoca-toria para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos), profesor/a de aloxamento (recepción) e profesor/a de administración e finanzas no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

– Titulación mínima:» Profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos):

Bacharelato ou titulación oficial equivalente. Formación específica na área de rexeduría de pisos. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

» Profesor/a de aloxamento (recepción):Titulación universitaria (oficial ou propia) con formación específica na área da praza. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

» Profesor/a de administración e finanzas:Licenciatura ou grao nalgunha das seguintes áreas: A.D.E./CC. empresariais ou CC. económicas. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

As solicitudes, dirixidas a directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, ao seguinte enderezo: Estrada Santiago-Noia, km 3, 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto.

2008-30010 Profesor/a de aloxamento (rexeduría de pisos).2008-30010 Profesor/a de aloxamento (recepción).2004-30010 Profesor/a de administración e finanzas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de novembro de 2013.Máis información no DOG do 12 de novembro de 2013 e en Turgalicia, teléfono 981 542 500, www.turgalicia.es.

Page 16: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 16

Convocadas 2 prazas temporais para enxeñeiro en informática e licenciado en Matemáticas na UDC. Mercores, 13 Novembro 2013 08:54

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (12 meses) para licenciado en matemáticas e 1 temporal (3 meses) para enxeñeiro informático, como colaboradores en proxectos de investigación.O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días, desde a publicación o día 11 de novembro na páxina: www.udc.es.

Convocada 1 praza temporal (21 meses), para diplomados en Ciencias Empre-sariais na UDC. Mercores, 13 Novembro 2013 08:55

A Universidade da Coruña, convoca esta praza temporal como colaborador en proxectos de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días desde a publicación na páxina: www.udc.es, o día 13 de novembro de 2013.

Convocada Bolsa de emprego de arquitectos en Navarra. Mercores, 13 Novembro 2013 08:56

A dirección Xeral de función pública convoca na Comunidade Foral de Navarra, esta bolsa temporal, para dúas relacións de aspirantes, unha para a contratación temporal e outra para a formación, en situacións de servizos especiais.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 27 de novembro de 2013. Máis información BOE do 12 de novembro de 2013.

Convocadas prazas de bombeiro na Comunidade de Madrid. Mercores, 13 Novembro 2013 08:56

A Comunidade Autonómica de Madrid, convoca 15 prazas de bombeiro, polo sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 2 de decembro de 2013.Máis información BOCM do 11 de novembro de 2013.

Convocadas prazas de letrados e de inspección sanitaria e de facenda na Co-munidade de Madrid. Mercores, 13 Novembro 2013 08:57

As prazas convocadas, son 4 de subinspección sanitaria, 6 de letrados, 3 de médicos de inspección sanitaria, 3 de inspectores de facen-da e 5 de técnicos superiores especialistas. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 2 de decembro de 2013.Máis información BOCM do 11 de novembro de 2013.

Persoal para o Servizo de Gardacostas Xoves, 14 Novembro 2013 08:14

A Consellería de Facenda fai unha convocatoria para elaborar listas para o nomeamento de funcionarios interinos do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas, da Consellería do Medio Rural e do Mar.

• Requisitos:– Titulación académica: estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharelato, técnico superior ou equivalentes.– Permiso de conducir. Estar en posesión ou en condicións de obter o permiso de conducir da modalidade B.– Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.

O prazo para presnetar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2013.Máis información no DOG do 14 de novembro de 2013 e en: http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92.

Profesores visitantes en Estados Unidos de América e Canadá Xoves, 14 Novembro 2013 08:24

O Ministerio de Educación convoca 315 prazas para profesores visitantes en centros escolares dos Estados Unidos de América e Cana-dá, en centros educativos de Ensinanza Primaria e Secundaria para o curso académico 2014-2015.

Page 17: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 17

• Requisitos:– Ter nacionalidade española.– Dominar o idioma inglés oral e escrito.– Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia.– Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:– Título de Licenciado ou Grao– Título de Mestre.• Prazo: 4 de decembro de 2013.

Máis información no BOE do 14 de novembro de 2013 e en: http://www.mecd.gob.es/eeuu/convocatorias-programas/convocatorias-eeuu/ppvv.html

Xuíz de paz do Concello de Ames Xoves, 14 Novembro 2013 08:34

Concello de Ames fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz de paz substituto.Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolve-mento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabili-tación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2013.Máis información no BOP de A Coruña do 14 de novembro de 2013.

Xuíz de paz do Concello de Muxía Xoves, 14 Novembro 2013 08:38

O Concello de Muxía fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz de paz substituto.Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolve-mento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabili-tación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro de 2013.Máis información no BOP de A Coruña do 13 de novembro de 2013.

Persoal para a Deputación de Ourense Luns, 18 Novembro 2013 07:14

A Deputación de Ourense fai unha convocatoria para cubrir as seguintes prazas:– Un chofer-operario do lixo para a unidade territorial do Carballiño.– Un/ha limpador/a para o Pazo dos Deportes "Paco Paz".

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2013.Máis información no BOP de Ourense do 18 de novembro de 2013.

Convocadas 20 prazas de bombeiro condutor. Luns, 18 Novembro 2013 09:25

O Servizo de prevención e extinción de incendios da Comarca Serra de Cazorla (jaén), convoca 10 prazas de bombeiro-condutor, polo sistema de oposición libre e outras 10 prazas polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.Máis información BOE do 14 de novembro de 2013.

Convocadas 2 prazas de Técnico Especialista en Instalacións na Universidade de Santiago de Compostel Luns, 18 Novembro 2013 09:26

As prazas convocadas 1 polo sistema de acceso libre e outra por promoción interna, son por concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturias, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 14 de novembro de 2013.

Page 18: Boletinxuventude 18 11_13-1

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

18 Novembro de 2013 - Revista 946 18

Convocadas 315 prazas de profesores visitantes en centros educativos de Es-tados Unidos e Canada para Luns, 18 Novembro 2013 09:27

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca 315 prazas de profesores visitantes en centros de ensinanza primaria e secun-daria. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.Máis información BOE do 14 de novembro de 2013.

Convocada 1 praza temporal para licenciado en bioloxía, xeoloxía, química ou física na UDC. Luns, 18 Novembro 2013 09:28

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (10 meses), como colaborador en proxectos de investigación.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir da publicación o 18 de novembro, na páxina: www.udc.es.

NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO

Ofertas do Servizo de Emprego Público do 14 de novembro de 2013 Xoves, 14 Novembro 2013 10:38

– Posto ofertado: Mecánicos/as de mantemento e reparación de automoción en xeral– Localidade: Pontes de García Rodríguez , As (A Coruña).– Requisitos: Mecánico/a de automoción con coñecementos de electricidade e autodiagnose.– Nº Oferta: 12/2013/6198

– Posto ofertado: Profesoras/es técnicas/os de formación profesional (Informática e comunicacións)– Localidade: Coruña, A

– Requisitos: Formadora/or de Formación Ocupacional para curso de Desenvolvemento de aplicacións web para móbiles. Con F.P de grao superior e experiencia.– Nº Oferta: 12/2013/8952

– Posto ofertado: Ambientadores/as de vestiarios– Localidade: Ferrol (A Coruña).– Requisitos: Necesítanse ambientadores/as de vestiarios– Nº Oferta: 12/2013/9515

– Posto ofertado: Matachíns de aves e coellos– Localidade: Ourense.– Requisitos: Necesítanse matachíns de coellos método Halal. Permiso de conducir e dispoñibilidade para viaxar.– Nº Oferta: 12/2013/9544

Máis Información: Teléfono: 902 125 000.

NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX

XIV edición do Certame de Relatos Curtos Viadutos (Redondela)

Mercores, 13 Novembro 2013 10:20 • Destinatarias/os: dirixido a mozas e mozos entre dezaoito e trinta e cinco anos que presenten as súas obras escritas en lingua galega. Estas deben ser orixinais, inéditas e non premiadas en calque-ra outro tipo de certame.Terán unha extensión máxima de 15 folios e mínima de 10, en formato DIN A4 escritos por unha cara a ordenador. O tema é libre.Achegaranse catro copias anónimas en sobre pechado. Cada copia levará no encabezamento o tí-

tulo do relato e o pseudónimo elixido polo autor/a .Incluirase outro sobre pechado (plica) cos datos do participante: nome apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo completo, teléfono móbil e fixo.

Os textos remitiranse ao Rexistro do Concello de Redondela, Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, por calquera dos medios estable-cidas no artigo 38.4, lei 30/1992.• Prazo de admisión: 2 de decembro de 2013.• Primeiro premio: 1.200,00€ e segundo: 600,00€.As bases pódense consultar na web de Concello de Redondela: www.redondela.es.

Page 19: Boletinxuventude 18 11_13-1