60

Berra Baiona! 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Programa do festival e colboradores

Citation preview

A Asociación BERRA nace no inverno do 2007 no Val Miñor, froito da falta de actividades culturais alternativas e de ocio para a mocidade da nosa zona. Somos unha mocidade que non pecha portas, senón que abre os brazos á xente de todas as idades con ganas de pasar un bo rato, interac-tuar e aprender xuntos.

Queremos reivindicar outras expre-sións artísticas lonxe do concepto de “arte” dos grandes medios de co-municación alienantes. Arte da rúa,

que nace no corazón, nos barrios, nas aldeas ou nos parques. Pretendemos ofrecer un espazo onde desfrutar do traballo de artistas, tanto de aquí coma do outro lado do planeta, un lugar que faga desfrutar e participar a tod@s, un minifundio cultivador de festa e de conciencia.

Con esa premisa e cargados de ilu-sión, comezamos esta aventura que nos regalou risas, suores, nervios, noites sen durmir, alegrías, decep-cións, pero sobre todas as cousas e

“Outro ano mais...”Asociación Cultural e Deportiva Berra Val Miñor

o máis importante, a satisfacción de traballar por algo que sentimos ne-cesario.

Outro ano máis volvemos a carga, sempre apostando por ofrecer pro-gramas heteroxéneos, alternativos e multiculturais no Val Miñor.

Foi un ano difícil para o Colectivo Be-rra!, pero cando comezamos coa aso-ciación, hai xa sete anos, sabiamos que non ía ser doado. Existen moi-tas barreiras á hora de levar a cabo un proxecto coma o noso, pero non creemos no “sedentarismo” nin tam-pouco nos gusta “queixarnos dende o sofá”. Cremos que con creatividade, ilusión e moito traballo xorden as solucións.

Deste xeito, o Colectivo Berra, coa colaboración da Concellería de Cul-tura de Baiona, presenta un ano máis o Berra Baiona! Un festival gratuíto, organizado con moito agarimo, co fin de achegar unha cultura “atípica” á Vila de Baiona.

Este ano visitaranos The Toasters, unha banda de Nova York con máis de 30 anos de historia. Os nostálxi-cos poderán escoitar o funk rock de Super Skunk, grupo madrileño que pegou moi forte a finais dos anos noventa. Terbutalina será o grupo que outorgue o toque irreverente ao

festival, unha banda que transmi-te diversión no seu directo. Ganjahr Family and West Rockers Band xo-garán na casa despois de percorrer o estado e parte de América latina coa súa música. Zamaramandi serán os encargados de abrir o festival co seu elegantísimo reggae roots. Todo isto acompañado do alegre espectáculo de percusión do Bloquinho de samba Aperta.

Ninguén se vai aburrir este 29 de agosto, xa que aparte de toda a pro-gramación musical temos preparadas unhas orixinais cucañas que terán lugar durante o festival. En defini-tiva, un festival moi completo e de balde!

Dende aquí queremos agradecer aos comercios locais do Val Miñor, que nos tempos que corren fan o esforzo para darnos a súa axuda, á Conce-llería de Baiona por apoiarnos outro ano máis e a toda a xente que dunha maneira ou outra colaboran facendo que isto sexa posible.

Non sabemos se o ano que vén po-deremos continuar con esta aventu-ra, o que si temos claro e que, outro ano máis, o 29 de agosto en Baiona, queremos que todo o Val Miñor berre connosco ben forte.

Colectivo Berra!

Zamaramandi xorde como un proxec-to musical na cidade de Vigo no ano 2008. Nos seus inicios crean un re-pertorio orientado cara a un son clá-sico do Reggae Roots. No 2009 foron gañadores do V Concurso Galego de Reggae e participaron na final ibé-rica do concurso European Reggae Contest.

Na súa traxectoria comparten cartel con bandas como Fully Fullwoods Band, integrada por auténticas len-das vivas do reggae, e ofrecen espec-táculos en salas e festivais dentro e fóra de Galicia.

O son desta primeira etapa queda rexistrado no ano 2010 coa grava-

ción do single “Are We Free”, co pro-dutor Roberto Sánchez. A finais do 2011 deciden dar un paso máis na exploración do reggae, proceso que rematou coa gravación do seu pri-meiro disco neste 2014. Tamén des-taca o seu traballo como banda de acompañamento de representantes galegos do reggae e de artistas como o londiniense Benjammin, así como o santanderino Roberto Sánchez e o artista inglés Alpheus.

Na actualidade están presentando o seu novo sensacional disco “Me-sopelagic”, un EP composto por oito temas e producido por un dos máxi-mos expoñentes do reggae nacional, Roberto Sánchez.

“Elegantes e hipnotizabeis”Reggae Roots dende Vigo

Os contínuos auxes da escena skata-lítica nos Estados Unidos débense, en primeiro lugar, a bandas tan extraor-dinarias como The Toasters, quen son, sen dúbida algunha, os pioneiros do xénero nos Estados Unidos (“Don’t let the bastards grind you down” – Bill-board Charts, xaneiro 1997). Esta é a razón pola que este grupo de Nova York foi esencial para o ska nos EU durante os últimos 30 anos.

The Toasters están liderados polo guitarrista e cantante Robert “Buc-ket” Hingley, un británico no exilio, que tamén se encarga do selo disco-gráfico máis importante do ska nos Estados Unidos, Megalith Records. Tras facer xiras sen descanso por toda Europa, The Toasters conseguiron ter unha lexión de fans europeos, atraen-do a novas xeracións e facendo o ska

popular máis alá da súa propia esce-na. O seu son dinámico, coñecido po-pularmente como o “East Side Beat”, é a principal característica do ska de The Toasters como música urbana: extraordinarios músicos aos ventos, unha sección rítmica impoñente e a voz característica de Bucket, dan un toque especial ás cancións reggae e con marcado acento jazzístico, así como ás clásicas melodías do ska e do rock.

Ese é o motivo polo cal The Toasters non perderon nin un ápice do seu carisma tras case 5000 concertos. Na actualidade están de xira polos mellores festivais de toda Europa e Estados Unidos (Rototom Festival, Boomtown Festival, Iboga Summer Festival…), unha boa maneira de ce-lebrar os seus 33 anos de carreira.

“Os pais do Ska en EE.UU.”Ska 2tone dende Nova York

Os estilos que practican son, princi-palmente, o new roots e o dancehall, aínda que se moven con soltura por case todos os estilos do reggae. Ras Canelow representa a potencia e a intensidade, con letras directas e cun rexistro agresivo, mentres Donpol, pola contra, executa belas harmonías e retrousos pegadizos. O resultado é una mestura explosiva.

No ano 2009 sae á luz o seu primeiro álbum “Karamawi”, co que se reafir-ma a escena nacional actuando sem-pre acompañados de Sound System. Tres anos máis tarde do seu debut,

en febreiro do 2012, presentan o seu segundo disco baixo o nome “No Podrán”, editado por Mad91. Neste novo traballo apréciase a evolución e madurez, tanto musical como en contido, que sufriron nestes anos e que os acredita para acompañar a Morodo na “Family Latin Tour”, o que os leva a unha xira por México, Perú, Arxentina e Chile. Na actuali-dade atópanse inmersos na presen-tación do seu excelente último tra-ballo “Rise Up” por toda a xeografía española, acompañados pola West Rockers Band, levando o seu show a unha nova dimensión musical.

“Unha mestura explosiva”“Dancehall/ New Roots” dende Baiona

Corría o ano 1995 en Madrid cando un grupo de músicos, cansados dos convencionalismos dos seus respec-tivos grupos (Blues Bordes, Elemen-tos, La Vacazul…), se xuntaron para dar renda solta á súa creatividade e múltiples influencias. A súa parti-cular proposta musical, unha fusión de rock, hip-hop, metal, funk, ra-gamuffin e outros estilos, resultaba

por entón innovadora. As súas letras comprometíanse politicamente, pero cun espírito construtivo e unha vi-sión positiva do mundo que, de xeito inmediato, déronlles personalidade propia. Tras gañar varios concursos e premios musicais comezaron a darse a coñecer, convertéronse pronto nun grupo carismático entre a xuventude rockeira e alternativa.

“Lexendarios e carismaticos”“Funk Rock” dende Madrid

Desde a súa formación no ano 2010, Terbutalina non parou de tocar, de medrar e facer pasalo ben. En menos de tres anos, estes cinco monóga-mos e promiscuos das Rías Baixas, pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o país. A mellor mostra do rebumbio que teñen organizado está nos seus directos, nos que non hai ocasión para o descanso. Máis de 70 festivais e salas de toda Galicia bailaron, can-taron e resultaron vítimas directas do

espírito de festa de Terbutalina nos últimos anos.

Este grupo conta con seis traballos discográficos e colaborou con colec-tivos como o Galician Bizarre. Todos os seus discos foron autoeditados, están dispoñibles en libre descarga, de xeito gratuíto e nunca se publi-caron en formato físico. Máis de 70 concertos en tres anos e nin un disco vendido? Algo está pasando coa ban-da Terbutalina...

“Divertidos e irreverentes”Garage-Punk dende Muros

A Asociación de Percusionistas e Tamborileiros (A.PER.TA) nace no ano 2004 na cidade de Vigo co fin de apoiar e promover música en xeral, particularmente a percusión.

O Bloquinho de samba Aperta é a formación máis destacada por idade, experiencia e popularidade. Esta for-mación leva ás súas costas infinida-de de actuacións en festas, festivais,

concertos... por toda a xeografía ga-lega, mesmo fóra dela, ate o día de hoxe.

Un bloquinho dun mínimo de 10 persoas que dá vida ás rúas, anima e fai moverse a todo o mundo sen excepcións, “os espectadores, sen ningunha dúbida, veranse atrapados por unha marea de son e baile sen interrupción”.

“... atrapados por unhamarea de son e baile ...”Percusión Afrobahiana dende Vigo e o Val Miñor

O sábado 26 de xaneiro do 2013 constituíase en Santiago de Com-postela a Federación Galega de Fes-tivais. 15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, decidi-ron xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e darlle pulo á rede de festivais que, ao longo de todo o ano, serve de altofalante á música do país.A Federación Galega de Festivais bota a andar co obxectivo de promo-ver a música do país e a organización de concertos e festivais, con especial atención ás comarcas rurais. Preten-

de, ademais, dar apoio ás asociacións que dinamizan o tecido cultural ga-lego e fomentar a comunicación e o intercambio de ideas entre elas.

60 bandas. Máis de 100 horas de música. 60.000 espectadores. Rock, folk, tradicional. Ska, reggae, hip hop. Apenas un ou dous festivais en toda a península poden asumir unha proposta coma esa. Mais eses son os datos do 2013 dos festivais da FEGA-FE. En conxunto, os seus datos son equiparables aos dos festivais sen-lleiros do estado. Ademais, contan

“A union fai a forza””Federación Galega de festivais

coa vantaxe de se celebrar en 15 em-prazamentos diferentes, -e non nas cidades galegas-, polo que achegan a música a zonas arredadas dos cir-cuítos habituais. Facendo realidade unha vez máis o tópico de “A unión fai a forza”, unha serie de festivais espallados ao longo da xeografía ga-lega traballan agora en conxunto co que están a conseguir moitos benefi-cios. Por unha banda, comparten co-ñecementos, estratexias e aprenden a solucionar problemas. Por outra, como colectivo, poden ofrecerlles mellores condicións ás bandas e ne-

gociar servizos aos que non poderían acceder individualmente.

E a FEGAFE aínda acaba de nacer. No transcurso dun ano, outras seis asociacións pasaron a formar parte da Federación e algunhas máis es-tán cumprimentando o proceso para federarse. A Federación Galega de Festivais é un proxecto duradeiro, que agrupa xa moitos dos festivais máis importantes do país e que, a medio prazo, vai ser o referente in-eludible no panorama festivaleiro e cultural a nivel estatal.