16
_Revista xuvenil ourensá. Nº 26_

AXAR CU 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

revista do 25 Campamento Urbano da cidade de Ourense organizado por Amencer

Citation preview

Page 1: AXAR CU 2012

_Revista xuvenil ourensá. Nº 26_

Page 2: AXAR CU 2012

25agostos ininterrompidos desta experiencia infantil15 agostos da xuvenil nocturna.10 días do infantil8noites do xuvenil.7reunións no ano da comisión organizadora.33’40 horas de formación e coordinación de voluntarios/as96’30 horas de actividades con rapaces/as no infantil.18 horas de actividades con mozos/as no xuvenil.288 actividades realizadas.31grupos de rapaces/zas por idades.532rapaces/as entre 8 e 15 anos de idade.

161 mozos/as de 15 anos de idade en adiante. 149animadores/as voluntarios/as.842participantes en total.137 educadores/as da nosa cidade animaron algunha actividade puntual para os rapaces/as do CU25empresas que colaboran economicamente80empresas que colaboran con materiais56entidades que colaboraron con visitas e exhibicións16 medios de comunicación que informaron do CU25Autobuses utilizados2.628Km recorridos en bus e andando82Lugares da cidade recreados e visitados

Agardamos que nestas páxinas que continúan a nosa publicación, poidades recoñecer todos os bos momentos desta aventura de verán; toda a ilusión dos animadores e animadoras; e todo o esforzo de moitas persoas que durante todo o ano traballan para que esto sea posible.

Director: Xulio César IglesiasRedacción: Bibiana MartínezCorrección: Bibiana MartínezMaquetación: Manuel SeguínImpresión: Gráficas OlympiaDeposito Legal: OU-16/00

AXAR non comparte necesariamente as opinións expresadas nas súas páxinas

Revista Xuvenil OurensáNº 26 - 2013Ed. 25 Campamento Urbano

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

SAÚDOCampamento Urbano

1-14 agosto 201225Como todos os anos ao remate do Campamento Urbano presentámosvos a revista que recolle todo o que deu de si esta experiencia tan nosa. Este ano foi moi especial xa que esta aventura cumpriu 25 anos. A continuación aparecen os grandes números do campamento, para que todos teñamos unha idea do vivido nesta experiencia tan ourensana.

87

Page 3: AXAR CU 2012

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

Benvidos á máquina do tempo do Campamento Urbano. A partir de hoxe imos a viaxar polo tempo durante dez días a través da música, os xogos, as vestimentas...

A nosa viaxe comeza en 1987. Ao entrar os ani-madores agardábannos no patio con ganas de comezar xa.

Entramos ao teatro e recibíronnos cunha peque-na representación. Presentáronnos o campamen-to e comezamos a nosa aventura coa tradicional “solta de globos” dende as pontes da cidade e este ano tamén dende o centro comercial, pintan-do o ceo branco.

Á tarde inauguramos o noso particular parque de atraccións “Tardes do Urbano” con cartas, futbo-lin, dardos, baile, gran xogo, visita ás piscinas e como novidade un taller de dj e radio.

Rematamos a tarde cansos, pero con ganas de seguir deixando pegadas!

“Mentres xogabamos soou o “chipirón” e des-pois de xuntarnos no teatro marchamos cara a ponte romana a tirar os globos e volvemos.

Rubén Lomba 8A

“Pola mañá soltamos globos Algúns rapaces pintámoslles caras aos globos. Paseino moi ben.”

Nerea Vilas Ares 9C

“Pola tarde vin unha película e xogando diverti-damente cos novos amigos.”

Martín Espino 10C

“Pola tarde os de 11 anos estivemos nas pisci-nas de Oira e nadamos, xogamos e sobre todo pasámolo xenial!!!”

Carla García 11E

“Fun a ponte do milenio e alí soltamos uns glo-bos, paseino moi ben.”

Alejandro Calderón 12C

“Fixemos uns xogos de presentación cando formamos os grupos e fixemos a solta de glo-bos na terraza do centro comercial.”

Gorka 14A

1 agosto 2012

día de 1987q

ued

inos

rap

ace

sBENVIDA87

Page 4: AXAR CU 2012

Xa estamos metidos de cheo no urbano e comezamos o día de hoxe escoitando “Hip´s don´t lie”, a canción chamada do 2006

Ao comezo da maña partimos con dirección a Praza Maior para comezar os nosos xogos polo Ourense centro en zonas como por exemplo o Casco Vello, as Galerías ou mesmo á Rúa do Paseo.Cada idade fixemos unha xincana de xogos diferente. Os máis maiores visitaron o McDonalds e as piscinas de Oira.

Pola tarde, tivemos de novo actividades de Tardes de Urbano. Obradorios, pintada do muro, xincana de auga, visitas...un monte de actividades para rematar este segundo día de urbano.

“O día de Ourense centro fomos a pra-za maior e fixemos moitos xogos diver-tidos.”

Juan Fidalgo Estevez 9C

“Paseino moi ben hoxe, pola tarde aprendín a facer unha cometa, unha flor e fun pintar ao muro.”

María Pichel 10A “Hoxe fomos pola rúa do paseo facen-do moitos xogos e pola tarde houbo actividades onde podíamos participar libremente.”

Mario López 11C e David 11B

“Fomos ata a praza maior e estivemos facendo un rastrexo cun mapa por va-rios sitios da cidade.”Beatriz Cándido e Isabela Lisieux 12B

“Hoxe pola mañá fomos por tódalas ga-lerías de Ourense buscando obxectos Pola tarde estiven xogando ao fútbol sala e tamén tivemos unha xincana de auga....de momento o mellor día deste verán.”

Juan González 13D

“Hoxe dirixímonos até o centro comer-cial para facer unha visita e estivemos xogando no mesmo centro comercial a PS3.”

Alberto García Cardoso 14C

“Os de 15 anos fomos a Oira, e pola tarde estivemos no colexio nas tardes do urbano, pasámolo moi ben.”

Andrea Rodríguez 15A

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

quedinosrapaces

2 agosto 2012

día de 2006OURENSECENTRO06 95

Page 5: AXAR CU 2012

Hoxe o día da natureza todos nos repartímonos por diferentes sitios da provincia.

Castrelo de Miño, A Valenzá, Allariz, Oira, Toén, Esgos, San Pedro de Ro-cas, Maceda, Mende, O Bamio... Cada grupo de idade puido desfrutar dal-gunhas das actividades que levamos a cabo nestes sitios: xogos, andainas, actividades deportivas, actividades acuáticas e actividades sorpresa como una festa da escuma.

O día de hoxe foi un día para compartir, coñecer e bañarnos xa que todas as nosas actividades remataron en piscinas ou ríos onde nos puidemos dar uns refrescantes baños.

Á noite os máis pequenos de 8 a 11 anos tiveron a noite do Urbano na que durmimos nas instalacións do campamento. Chegamos as 22.00h, xoga-mos, corrimos, tomamos un chocolate e fumos a dormir xa que o día de hoxe foi moi longo e estabamos cansos. Á mañá erguemonos e despedimo-nos ata o luns.

“Hoxe fomos andando ata a Valenzá, alí había va-rias piscinas e ao chegar xa nos bañamos. Come-mos e merendamos nun parque e pasámolo moi ben”

Rocío Ogando Fernández 8C

“O día da natureza fomos a Allariz a andar ,xogar e bañarnos no río pasámolo moi ben”

Jhonny Sebastian Tenorio León 9B

“Fomos a Castrelo de Miño a andar en cayack e pedaletas, e despois fomos á piscina.”

Pablo Fernández 10A

“Hoxe fixemos unha camiñata para festexar o día da natureza. Logo como recompensa fomos a pis-cina e foi moi moi divertido.”

Andrea García 11E

“Hoxe fomos as piscinas de Maceda e antes de meternos fixemos sendeirismo e tamén tivemos unha festa da escuma.”

Anxo Gallardo Sánchez 12E

“No día da natureza fomos a Toén. Alí fixemos xo-gos para conciernciarnos da importancia da natu-reza e fomos as piscinas”

Paula 14A

“Hoxe no día da natureza estivemos facendo pira-güismo e logo fomos a Oira, onde nos bañamos e fixemos un xogo, pasámolo moi ben.”

César A. Sención 15A

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

qu

edin

osra

pa

ces

3 agosto 2012

día de 1995NATUREZA95

Page 6: AXAR CU 2012

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

“O día de hoxe foi fantástico, facía un día moi bo e coñecín a xente de Vigo e Santiago.”

Carla Dasilva 9B

“Hoxe paseino moi ben. Había moitos nenos e xo-gos como o paracaídas, o catapun-chimpún...etc.”

Iria González 10C

“Hoxe fun á Leiteira, na rúa do paseo e fixemos o xesto dos 25 anos de Amencer. Despois fomos a Allariz, onde nos bañamos no río”

Claudia Cid 11C

“Hoxe estouno pasando moi ben, coñecín a xente

de outros campamentos e comemos todos xuntos.”Javier Paredes 12C

“Hoxe fomos o auditorio cos de 14 anos de Vigo e cantamos o himno do campamento urbano acompa-ñado dun baile en honor do 25 aniversario de Amen-cer e dos 25 anos de urbano. ”

Valentina 14C

“Hoxe un gran día cos amigos coñecendo xente nova de Vigo e Santiago e pasándoo moi ben por Allariz.”

Adrián 15B

6 agosto 2012

día de 1993XUNTANZA

9390

Comezamos unha nova semana de Urbano e facémolo recibindo na nosa cidade aos compañeiros e compañei-ras dos Urbanos de Vigo e Compostela. Tócanos ser os anfitrións e como estamos de aniversario imos a facer unha festa por todo o alto.

Colocados no pavillón damos a benvida aos compañei-ros cantando o himno dos Campamentos Urbanos e, como non, bailando ao son da música do 93, ano no que ,se fixo a primeira xuntanza.

Unha vez feitas as presentacións todos mesturados fo-mos por Ourense facendo un xesto referente aos 25 anos e ao rematar subimos a Allariz onde xogamos, cantamos e gozamos dun baño en Acearrica.

Un gran día compartido.

qu

edin

osrap

aces

Page 7: AXAR CU 2012

Despois de varios día de festa chega un día adicado a cultura.

Á mañá fomos entrando e despois de darnos os Bós Días escoi-tando Azúcar Moreno e outros grupos dos 90 comezamos este día. Por primeira vez chegaba a cultura urbana ao Urbano: obra-doiro de DJ, graffiti, arte na rúa, un coloquio cun grupo musical da cidade e tamén o roteiro de Alexandre Bóveda sumábanse as xa tradicionais ofertas deste día -cine e teatro-, que aproveitaron os máis cativos cunha película no Auditorio municipal e cunha obra de teatro realizada polos propios espectadores no Teatro Principal.

Ao final da mañá repartimos un libro a cada rapaz como agasa-llo.

Á tarde tivemos Tardes de Urbano, visitas á Librería, saída ás piscinas de Oira, exhibición de tenis e un obradoiro de radio, moi relacionado co día de hoxe.

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

“Fun á piscina a Oira, bañeime e gustoume moito. Pola tarde estiven na xincana de auga.”

Miguel Ángel Arteche 8C

“Estiven no teatro e xogamos a moitas cousas distin-tas, como facer abanos imaxinarios. Pola tarde fun pintar no muro e á xincana de auga.”

Lidia 9C

“Hoxe os nosos animadores leváronnos ó auditorio para ver unha película que se chamaba “Viaxe ao centro da terra” foi moi entretida.”

Sofía María Díaz Bastos 10D

“Hoxe fomos os de 12 anos a praza maior, alí xoga-mos un pouco sobre o que facía un autor. O autor chamábase Alexandre Bóveda, e á tarde quedamos nas tardes de urbano, encantoume o día.”

Amanda 12C

“Hoxe fomos a Oira e pasámolo moi ben na piscina.”Juan 13D

“Fomos grafitear o muro do colexio, e aínda que fa-cía moita calor, pasámolo moi moi ben.”

Gabriela Díaz 15A

7 agosto 2012

día de 1990CULTURA90

quedinosrapaces

Page 8: AXAR CU 2012

Nada máis abrirse as portas hoxe á mañá comezaron a soar as sirenas, a mú-sica e os xogos mesturábanse coa aparición dalgún bombeiro. Non, non vós preocupedes, non pasou nada, é que era o día da Boa Xente e para comezar o día os coordinadores vestíronse de bombeiros.

Comezamos a mañá e cada grupo de idade foi a un sitio. Coñecimos distintas ONG´S e lugares da cidade cheos de boa xente. Tamén nos visitaron algunhas persoas como árbitros de fútbol, brigadas forestais, membros de protección ci-vil... Os máis cativos realizamos un xogo de oficios nos que nos convertiamos nós en boa xente. Para terminar a mañá xuntámonos todos na Praza Maior onde nos agardaban ambulancias; coches de policía local, autonómica, nacional; au-tobuses urbanos, bombeiros ou os servizos de limpeza, todos para amosarnos o que facían día a día na nosa cidade. Aquí si que se escoitaban as sirenas! Antes de rematar visitounos o Alcalde para saudarnos.

Xa pola tarde continuamos coas Tardes do Urbano, visitas aos locais da policía local e nacional e moitas outras actividades.

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

“Fomos a praza maior e estivemos vendo autobu-ses, coches de bombeiros, policía e ambulancias. Visitounos o alcalde e cantamos moitas cancións. Paseino moi ben quero repetir.”

Antía Diz Rumbo 8B

“Fomos ó McDonalds para ver a cociña por dentro. Cando todos entramos déronnos hamburguesas e un refresco.”

Tifani 9B

Pablo González 10B “No día da boa xente fixemos un camiño ata Oira e montamos nunhas piraguas to-dos e pasámolo moi ben.”

Pablo González 10B

“Hoxe xogamos un partido de fútbol 11 cun arbitro de 1ª división, e despois fomos á praza maior.”

Yoel 11A

“Fomos ao centro de día do barbaña, ensináronos as instalacións e o que alí facían. Gustoume moito.”

Noelia Belmonte Gómez 12B

.“Dirixímonos á AECC onde nos explicaron como funciona. Ao terminar dirixímonos ata a praza maior.”

Emilio Piquero Fraga 13A

“Hoxe fomos a unha ONG na que nos explicaron de que trataba o comercio xusto.”

Ana Menor 14A

8 agosto 2012

día de 1997BOAXENTE97 09

qu

edin

osrap

aces

Page 9: AXAR CU 2012

E para rematar a segunda semana de CU temos o día dos Parques.

De novo cada grupo de idade vai a dirixirse a un punto diferente da cidade, neste caso imos a per-correr os parques da cidade. Cando falamos de parques falamos de alegría, diversión, xogo, com-partir...case podemos decir que é un sinónimo de Campamento Urbano. Parque de San Lázaro, da Ponte, da Universidade, Parque Miño, Barbaña, Xardín do Posío, Alameda do Cruceiro...que sorte poder ter a nosa disposición todas estas zonas verdes para xogar a pita cega, ao rapto da princesa, ao gato e o rato, as agachadas, ao pilla e como non desfrutar dos xogos do propio parque.

A tarde tivemos as últimas Tardes de Urbano desta edición, pero despedímolas por todo o alto con grandes xogos, cancións, obradoiros...

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

“Hoxe foi o día dos parques e os de 10 anos fo-mos o parque Miño. Ao chegar ó parque aprende-mos unha canción, despois dividímonos en 3 grupos e xogamos a diferentes xogos. Ao rematar subimos os columbios ata que marchamos para o colexio de novo”.

Lucía Vázquez 10D

“Hoxe pola mañá fomos ao parque da Ponte e xo-gamos a mouros e cristiáns. Pola tarde fun ensaiar na escola de baile para a velada final e tamén fixen carteiras de cómic.”

Ángela Jiménez 12C

“Hoxe no campamento urbano fomos ao parque bar-baña. Tivemos que superar moitísimas probas para lograr encontrar a palabra máxica que é o tesouro. É

un dos mellores días do campamento urbano”Juan González 13D

“Pola maña fun o parque da universidade. Foi moi divertido e o pasamos moi ben todos.”

Joenmy Rosillo De Luna 14A

“Fixemos un rastrexo fotográfico polo parque de San Lázaro, onde nos deron unha lista a cada grupo cunha serie de lugares onde tiña-mos que facernos unha foto, como coa estatua do carrabouxo, cun ciprés... fixemos un reconto de fotos e cantamos varias cancións de campa-mento.”

David Novoa Paradela e Diego Fernández Leyton 15B e 15A

9 agosto 2012

día de 2009PARQUES09

qu

edin

osrap

aces

qu

edin

osra

pa

ces

Page 10: AXAR CU 2012

Hoxe comezamos a terceira semana de Urbano e a comezamos máis cedo xa que tiñamos que saír cara Praia América que era a nosa parada.

Chegamos, demos os Bos días e sen perder tempo saímos nos autocares. Pasada hora e media estaba-mos xa na praia. Colocamos a toalla, botamos crema, puxemos os traxes de baño e entramos na auga.

Despois dun baño á mañá saímos e fumos a comer a Virxe da Roca en Baiona. Fixemos xogos e despois baixamos de novo a praia. Un último chapuzón e saí-mos.

Xa estamos de volta! Foi un día longo e cansado, pero merecer a pena...

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

“Hoxe pola mañá fomos bañarnos a praia América. Despois fomos comer ó monte, onde está a Virxe da Rocha e pola tarde volvemos á praia. Paseino moi ben!

Ángela González 8B

“Fomos á praia e nos gustou moito. Xogamos a moitas cousas: corda, diá-bolos, etc.”

Soraya Madureira 9B

“Hoxe fomos a praia América, nada máis chegar bañámonos. Logo fomos comer á Virxe da Rocha en Baiona e despois de comer estivemos xogando por alí”.

Alba Domínguez 12B

qu

edin

osra

pa

ces

10 agosto 2012

día de 2007PRAIA07

Page 11: AXAR CU 2012

Hoxe é un dia importante para os nosos rapaces; a temática deste dia é a auga. Dirixirémonos todos cara Monterrei, e dispersáronse cada grupo cara unha zona distinta.

Os nenos de nove anos irían co paracaídas, farán xogos con el e mais cantaran cancións ata a hora de comer. Os de dez anos farán unha xincana e auga con xogos como o Paraugas, o cabalo,o mala-bares con globos…

Os nenos de once e doce tiveron as urbanolimpiadas. Consistían en realizar unha serie de probas atléticas o mais semellantes as olimpiadas. Para iso cedéronnos o recinto de atletismo de Monterrei onde realizamos probas como 100metros lisos, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso e xabalina… o concluír todas as probas déuselles os rapaces un diploma de acordo coa súa partici-pación e mais anunciouse o grupo gañador, neste caso foi 12 E.

Os grupos de trece anos marcharon cara o clubs de Santo Domingo onde practicaron diversos de-portes. Os de catorce…

Pola tarde os rapaces de quince anos marcharon aos cars o resto quedou en Monterrei facendo uso das marabillosas piscinas.

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

“O Día da Auga foi en Monterrei. Tireime dúas veces polo tobogán e estiven nadando nunha piscina gran-de e máis na das ondas. Paseino en grande! “

Rubén Lomba 8A

“O Día da Auga é un día especial onde todos pa-sámolo moi ben. Os de 10 anos tivemos xincana de auga, pola tarde fomos á piscina e divertímonos moito”.

Simón Rodríguez 10C

qu

edin

osrap

aces

13 agosto 2012

día de 2000AUGA00

Page 12: AXAR CU 2012

E chega a despedida. Despois de nove días de festa, ledicia e xogos remata o 25 C.U.Este día non ten ningún ano porque non sabemos cando rematara esta aventura que hoxe se despide ata a seguinte tempada, pero o que si sabemos e que nos quedamos con todo o que aquí aprendemos.

Pero aínda que é o día da despedida a ledicia segue presente por iso comezamos o día bailando coas mellores cancións do verán de todos os tempos e seguimos a festa na discoteca Bul 2.0 da cidade de Ourense. Ao chegar ao colexio, pese a que o tempo non acompañaba tivemos a nosa festa da escuma. Cansos de festa fixemos un pa-ron para comer, cunha sobremesa moi especial de postres e rematamos o campamento coa velada final na que puidemos desfrutar das actuacións que prepararon os nosos compañeiros.

Ao saír do teatro despedímonos e como decía alguén nese momento: “Vémonos no camiño”

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

14 agosto 2012

día de ...DESPEDIDA??

Page 13: AXAR CU 2012

Un ano máis, e xa van 15, chegou o Urbano Xuvenil.

Destinado a mozos maiores de 15 anos, o C.U. Xuvenil organiza actividades pola noite de luns a xoves, ofrecendo unha alternativa de ocio gratuita para os voluntarios do urbano e tamén para to-dos os mozos da cidade.

Xincanas musicais, baños na piscina exterior do Pavillón dos Remedios, baño nas termas de Outa-riz, “Un para gañar”, Deportes...son algunhas das actividades que se levan a cabo estas noites. A última noite a terraza sírvenos para despedir con festa o Xuvenil.

Resumindo, temos mil e unha excusas para pasar as noites de verán en Ourense, gozando da compañía doutros mozos e con actividades organizadas por nós mesmos.

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

1-13 agosto 2012

campamentoURBANOXUVENIL15

Page 14: AXAR CU 2012

Bar-etoUnha das salas máis concorridas. Permite refuxiarse da calor dos agostos en Ourense e calmar a sede.

DeportesComo todos os anos, os deportes son unha das principais actividades das tardes: fútbol, baloncesto, bádminton....

ObradoirosPara os artistas, os manitas e os que non o son tanto temos todas as tardes obradoiros orixinais...

LudotecaLugar para xogar: parchís, oca, monopoly...e tamén para participar en torneos organizados como de tabú, pictionary...

TebeotecaEspazo para ler un cómic, un libro, participar dun contacontos e relaxarse disfrutando da lectura.

Sala de xogosNa Sala de Xogos libre onde cada un pode xogar ao que lle pareza, cartas, póker, trivial....

VisitasculturaisAdemais de todo o que facemos, no Urbano podemos visitar moitos sitios, tanto pola mañá como pola tarde: a policia local, a nacional, Telepizza, Pizza Móvil, McDonald´s, La Libreria,...

ExhibiciónsEn Ourense hai un monte de actividades que non coñecemos e que se achegan a visitarnos e amosarnos o que fan: arco, tennis, voley....

Campamento Urbano 2012 | 25 veráns deixando pegada!

tardes deURBANO

Tallerderadio-DJGústache a música, crear con ela e compartila nas ondas...esto é o que facemos no noso taller de radio e dj.

Page 15: AXAR CU 2012

VideotecaSe o que che gusta é a sétima arte e ver películas, esta é a tua sala. Aquí poderás gozar das mellores películas.

Velada finalDurante todo o Campamento, nesta sala preparábanse os bailes e actuacións para representar despois o último día na velada final, diante de todos.

Play Station WiiUnha sala adicada aos afeccionados ás consolas, non para estar todo o día, senón para compartials xogando, dando a posibilidade de xogar a quen non a teña.

Escola de Baile Se o que che gusta é bailar aquí tes o teu sitio. Coa mellor música de verán bailarás soltando toda a enerxía nesta sala.

Futbolín,pimpón e dardosUnha das salas preferidas polos maiores, podes xogar, falar e compartir entre xogos de sempre.

Grande xogoxincanas, probas por idades e moita diversión todas as tardes no patio.

Pintada no muroA imaxinación e a creatividade voan cando os rapaces salen a darlle cor ao muro das instalacións que nos acollen, decorando a nosa cidade.

AnimacióndepatioTodas as tardes ofrécese unha alternativa para aqueles nenos que prefiren o xogo libre. Faise no patio do colexio e pódese xogar coas toallas de praia con xogos de mesa impresos a tamaño xigante, co paracaídas, cos xogos tradicionais como os zancos, o aro…

AXAR Nº 26 | Revista xuvenil ourensá

CíberSala para navegar por internet de xeito libre, compartindo experiencias cos demais.

Page 16: AXAR CU 2012