13
1 Tema 3: As transformacións socioeconómicas na España liberal (1800-1923) Paralelamente á construción política do Estado liberal tivo lugar en España, ao longo do S XIX e as primeiras décadas do XX, un proceso de profunda transformación económica. Ao igual que aconteceu no resto da Europa occidental este proceso implicou o paso dunha economía de Antigo Réxime a unha economía capitalista. Todas as transformacións socioeconómicas están relacionadas entre si, de maneira que non se pode entender o limitado crecemento industrial en España ou o fenómeno migratorio sen coñecer o que sucede coa terra e a agricultura ou cos transportes. Trátase dunha etapa demasiado longa no tempo, polo que parece preferible centrar a atención no que realmente é o século XIX histórico, prolongando este nos aspectos socioeconómicos que aquí se abordan ata os anos da Primeira Guerra Mundial (1914/18), evitando así superposicións con outros apartados (ditadura de Primo de Rivera ou II República), e mantendo a asonancia cronolóxica co tema precedente. Os cambios producidos no campo socio-económico podemos centralos en: - Unha mudanza da estrutura da propiedade agraria. (tema 3.1) - Un proceso de industrialización (tema 3.2) - Unha transformación da estrutura da sociedade española (tema 3.3) 3.1. A reforma agraria e liberal e as desamortizacións. (xuño 2000 e xuño 2009) 3.1.1: O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime A revolución agraria, de modo semellante ao ocorrido noutros Estados de Europa occidental, forma parte do proceso de construción do Estado liberal en España. Os pasos básicos desta transformación céntranse fundamentalmente no ámbito lexislativo e no que seu conxunto constitúen as desamortizacións. No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra. O réxime xurídico da propiedade da terra caracterizábase pola ausencia dunha propiedade libre e individual, tal e como hoxe a entendemos. Máis da metade das terras non se podían comprar nin vender, eran terras amortizadas, vinculadas. Entendese por amortización un réxime de propiedade vinculado de forma inalienable a unha persoa xurídica. Unha finca é propiedade dun municipio, dun convento, a propiedade atopase vinculada, non se pode nin vender, nin dividir é de “mans mortas”. Dentro da propiedade amortizada podemos distinguir: - a propiedade señorial vinculada ó morgado, o maiorazgo dos nobres. - a propiedade eclesiástica, en especial das ordes relixiosas, grazas as doazóns feitas desde a idade media a igrexa acumulaba unha gran cantidade de fincas traballadas por colonos. - a propiedade dos concellos, que era de dous tipos, bens comunais (montes, prados, bosques) que eran de todos os veciños; e bens de propios (fincas, muiños, rendas) que pertencían o concello como persoa xurídica e permitíanlle automanterse. Pero para o novo modelo de sociedade que a burguesía pretendía impoñer era preciso modificar esta estrutura da propiedade eliminando os obstáculos que impedían o libre desenvolvemento da economía, por iso a burguesía liberal consideraba imprescindible facer unha reforma agraria. A medida máis importante desta reforma agraria foi a desamortización ou venda en poxa pública das terras e propiedades da Igrexa, dos concellos e doutras institucións, supuxo a incautación estatal dos bens de propiedade colectiva que, tras a correspondente nacionalización e posterior venda en poxa, pasan a formar unha propiedade nova, privada e en plena liberdade de uso e venda, é dicir: unha propiedade desamortizada. O proceso desamortizador foi moi longo, debido tanto a masa de bens afectados como aos avances e retrocesos provocados polas disputas ideolóxicas. En xeral foron impulsadas polos progresistas, rexeitadas polos absolutistas e paralizadas polos moderados. Podemos distinguir distintas fases: 3.1.2 As desamortizacións As Cortes de Cádiz promulgaron un decreto xeral de desamortización en 1813 polo que o estado confiscaba e poñía en venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos ( os que tiñan menos de 12 monxes). Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo, volvéndose poñer en práctica no Trienio Liberal, pero quedaron de novo paralizadas polos gobernos absolutistas de Fernando VII.. Foi no reinado de Isabel II cando se realizaron as transformacións máis importantes. En 1836, cos progresistas no poder e no contexto das dificultades creadas pola l a Guerra Carlista, o ministro de Facenda Juan Álvarez MENDIZÁBAL decretou a disolución das ordes relixiosas (agás as dedicadas ao ensino e á asistencia hospitalaria) e a incautación por parte do Estado do seu patrimonio. As terras e bens destas corporacións sairían á venda en poxa pública, podendo adquirilas os compradores por medio de diñeiro ou de títulos da Débeda. Os obxectivos que perseguía Mendizábal con estas medidas eran varios:

3.1. A reforma agraria e liberal e as desamortizacións ... 3... · A reforma agraria e liberal e as desamortizacións. ... que era de dous tipos, bens comunais (montes, ... (sobretodo

  • Upload
    vodat

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

1

Tema 3: As transformacións socioeconómicas na España liberal (1800-1923)

Paralelamente á construción política do Estado liberal tivo lugar en España, ao longo do S XIX e

as primeiras décadas do XX, un proceso de profunda transformación económica. Ao igual que aconteceu

no resto da Europa occidental este proceso implicou o paso dunha economía de Antigo Réxime a unha

economía capitalista. Todas as transformacións socioeconómicas están relacionadas entre si, de maneira

que non se pode entender o limitado crecemento industrial en España ou o fenómeno migratorio sen

coñecer o que sucede coa terra e a agricultura ou cos transportes.

Trátase dunha etapa demasiado longa no tempo, polo que parece preferible centrar a atención no

que realmente é o século XIX histórico, prolongando este nos aspectos socioeconómicos que aquí se

abordan ata os anos da Primeira Guerra Mundial (1914/18), evitando así superposicións con outros

apartados (ditadura de Primo de Rivera ou II República), e mantendo a asonancia cronolóxica co tema

precedente. Os cambios producidos no campo socio-económico podemos centralos en: - Unha mudanza da estrutura da propiedade agraria. (tema 3.1)

- Un proceso de industrialización (tema 3.2)

- Unha transformación da estrutura da sociedade española (tema 3.3)

3.1. A reforma agraria e liberal e as desamortizacións. (xuño 2000 e xuño 2009)

3.1.1: O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime

A revolución agraria, de modo semellante ao ocorrido noutros Estados de Europa occidental, forma parte

do proceso de construción do Estado liberal en España. Os pasos básicos desta transformación céntranse

fundamentalmente no ámbito lexislativo e no que seu conxunto constitúen as desamortizacións.

No Antigo Réxime, diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a produción agrícola e a propiedade da terra. O réxime xurídico da propiedade da terra caracterizábase pola ausencia

dunha propiedade libre e individual, tal e como hoxe a entendemos. Máis da metade das terras non se

podían comprar nin vender, eran terras amortizadas, vinculadas. Entendese por amortización un réxime de

propiedade vinculado de forma inalienable a unha persoa xurídica. Unha finca é propiedade dun municipio,

dun convento, a propiedade atopase vinculada, non se pode nin vender, nin dividir é de “mans mortas”.

Dentro da propiedade amortizada podemos distinguir:

- a propiedade señorial vinculada ó morgado, o maiorazgo dos nobres.

- a propiedade eclesiástica, en especial das ordes relixiosas, grazas as doazóns feitas desde a idade media

a igrexa acumulaba unha gran cantidade de fincas traballadas por colonos.

- a propiedade dos concellos, que era de dous tipos, bens comunais (montes, prados, bosques) que eran

de todos os veciños; e bens de propios (fincas, muiños, rendas) que pertencían o concello como persoa

xurídica e permitíanlle automanterse.

Pero para o novo modelo de sociedade que a burguesía pretendía impoñer era preciso modificar esta

estrutura da propiedade eliminando os obstáculos que impedían o libre desenvolvemento da economía, por

iso a burguesía liberal consideraba imprescindible facer unha reforma agraria.

A medida máis importante desta reforma agraria foi a desamortización ou venda en poxa pública das

terras e propiedades da Igrexa, dos concellos e doutras institucións, supuxo a incautación estatal dos bens

de propiedade colectiva que, tras a correspondente nacionalización e posterior venda en poxa, pasan a

formar unha propiedade nova, privada e en plena liberdade de uso e venda, é dicir: unha propiedade

desamortizada. O proceso desamortizador foi moi longo, debido tanto a masa de bens afectados como aos

avances e retrocesos provocados polas disputas ideolóxicas. En xeral foron impulsadas polos progresistas,

rexeitadas polos absolutistas e paralizadas polos moderados. Podemos distinguir distintas fases:

3.1.2 As desamortizacións

As Cortes de Cádiz promulgaron un decreto xeral de desamortización en 1813 polo que o estado

confiscaba e poñía en venda os bens dos afrancesados, das ordes militares, dos conventos suprimidos ( os

que tiñan menos de 12 monxes). Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo,

volvéndose poñer en práctica no Trienio Liberal, pero quedaron de novo paralizadas polos gobernos

absolutistas de Fernando VII..

Foi no reinado de Isabel II cando se realizaron as transformacións máis importantes. En 1836, cos

progresistas no poder e no contexto das dificultades creadas pola la Guerra Carlista, o ministro de Facenda

Juan Álvarez MENDIZÁBAL decretou a disolución das ordes relixiosas (agás as dedicadas ao ensino e á

asistencia hospitalaria) e a incautación por parte do Estado do seu patrimonio. As terras e bens destas

corporacións sairían á venda en poxa pública, podendo adquirilas os compradores por medio de diñeiro ou de títulos da Débeda. Os obxectivos que perseguía Mendizábal con estas medidas eran varios:

2

1- modificar a estrutura da propiedade eclesiástica (que de amortizada e colectiva pasaba a ser libre e

individual);

2- diminuír a Débeda pública e sumar recursos para financiar a guerra contra o carlismo;

3- atraer ás filas do liberalismo aos compradores dos bens desamortizados e principais beneficiarios

destas disposicións-> “crear unha copiosa familia de propietarios”.

A esta desamortización dos bens do clero regular (conventos e mosteiros de frades e monxas)

sumóuselle un ano despois a dos bens do clero secular (catedrais e igrexas), aínda que a execución desta última tería de ser retrasada até 1841, durante a rexencia de Espartero .

A desamortización eclesiástica dividiu á opinión pública española e provocou un serio conflito

diplomático co Vaticano. Para compensar á Igrexa, o Estado comprometeuse a soster economicamente aos

clérigos e a subvencionar o culto da Igrexa católica (de ahí os artigos da constitución....) Foi moi

importante: cumpriu unha misión revolucionaria máis duradeira que a constitución do 37 posto que foi a

base dun réxime de propiedade máis aberto.

A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano

(Concordato de 1851) polo que a igrexa aceptaba as ventas xa realizadas a cambio de que o goberno

sostivese economicamente ó clero.

Durante o Bienio Progresista, o tamén ministro de Facenda Pascual MADOZ promoveu unha Lei

de Desamortización Xeral (1855). Chamouse así porque incluía non só os bens da Igrexa que aínda estiveran sen vender, senón tamén bens do Estado, dos Concellos ("comúns" -propiedades colectivas dos

veciños- e "propios" -pertencentes ós concellos-) e doutras institucións (ordes militares, confrarías,

institucións benéficas... ). É dicir, todos os que non pertencían a particulares, e ós que quedaban do clero.

Esta lei foi a que provocou maiores cambios:

·Non só cambian os titulares da terra, senón que se produce un aumento da produción; os novos donos

converten os prados e montes en campos de cultivo, aínda que sen introducir modernizacións.

·Agrávanse as condicións dos campesiños máis pobres que perden un importante complemento dos seus

ingresos.

Os obxectivos perseguidos con esta segunda desamortización eran semellantes aos que motivaran anos

atrás a de Mendizábal: sanear a Facenda e acadar recursos para promover investimentos públicos

(sobretodo para a construción do ferrocarril, que experimenta o seu despegue por eses anos), ampliar a

base social do liberalismo e extender o tipo de propiedade privada e libre propio dunha economía capitalista.

3.1.3 Consecuencias das desamortizacións

O 50% da terra cultivable púxose en venda nas desamortizacións. Os principais compradores foron a

nobreza terratenente, o campesiñado rico, a burguesía comercial e administrativa... é decir, aqueles grupos

que tiñan unha favorable situación económica. Con estas posesións buscábase, ademais do negocio, o

aumento do prestixio social e do patrimonio.

O balance global pode realizarse desde diferentes perspectivas:

a) En relación cós obxectivos propostos coas medidas desamortizadoras:

1. Obtención da propiedade plena: Logrouse na maioría dos casos. A excepción produciuse, como

veremos, no caso de Galicia onde permaneceu intocable a división de dominios característica do sistema foral e os montes comunais de municipios ou comunidades de aldeáns que a penas se

privatizaron.

2. Os problemas facendísticos: A desamortización serviu para palialos en gran medida. Hai que ter

en conta, tamén, que os ingresos obtidos entre 1855-1867 foron investidos no ferrocarril e para paliar

o déficit acumulado polo Estado.

3. Aspectos políticos: Os compradores, variados e numerosos, non tiveron ningún interese en voltar

ó Antigo Réxime. No caso da desamortización de Mendizábal, ademais, foron ingresos decisivos para

o triunfo na Guerra Carlista. Todo isto reforzou o liberalismo e debilitou a unha igrexa que ademais,

sufriu a perda ou o expolio dunha parte importante do seu patrimonio artístico e cultural (mosteiros,

obras de arte...).

b) En relación coa distribución da propiedade:

A reforma agraria liberal non provocou cambios importantes e, máis ben, consolidou os caracteres preexistentes en cada zona. A propiedade cambiou de mans pero non houbo transformacións significativas:

onde había maior concentración, esta acentuouse (no sur), e onde había maior dispersión, esta aumentou

(no norte).

Os que xa eran propietarios e rendistas son os que tiñan medios para mercar novas terras; os que non

tiñan terras estiveron incapacitados para mercalas. Así ocorre cos xornaleiros e pequenos arrendatarios,

que son ó mesmo tempo os máis prexudicados pola perda dos seus dereitos sobre aproveitamento gratuíto

das fincas municipais e comunais. Unha das consecuencias das desamortizacións foi o incremento da

1800

1860

1900

3

conflitividade social no campo, debido á aparición dunha masa de campesiños sen terras que non tiñan

garantida a subsistencia, e que só conseguían ser contratados estacionalmente nos grandes latifundios.

Analizando a condición dos beneficiarios atopámonos unha grande variedade: desde a burguesía urbana

ata labradores (campesiños acomodados), nobres etc. A desamortización beneficiou ós grupos sociais

integrantes da burguesía —comerciantes, homes de negocios, fabricantes, profesionais liberais,

terratenentes, campesiños ricos dos pobos— e os nobres agora convertidos en propietarios capitalistas, que

participaron de xeito importante na compra de novas terras. A desamortización contribuíu, así, de xeito decisivo á revolución agraria liberal formando un grupo homoxéneo de burgueses terratenentes, con

independencia de cal fora a súa orixe.

c) En relación co crecemento da produción agraria: a desamortización, en xeral, non impulsou

transformacións técnicas do proceso produtivo, máis ben todo o contrario. Os rendementos medios caeron

como consecuencia da incorporación ó cultivo de terras marxinais. Incrementouse a produción (aumentou a

superficie cultivada), ás veces melloraron as técnicas, e a gandería mellorou a partir de 1860. Pero non se

logrou unha modernización da agricultura similar ós países europeos máis desenvolvidos, permanecendo a

maioría das veces os vellos sistemas de explotación agropecuaria.

O aumento da produción agrícola permitiu alimentar á poboación agraria, enviar o excedente ás cidades e

aínda exportar. Mais a agricultura non xerou os excedentes precisos para obter capitais suficientes cos que

potenciar a industrialización. Os campesiños pobres, obrigados a emigrar, a penas atoparon emprego nas

cidades debido ó escaso desenvolvemento industrial. No balance global podemos ver que como medida política foi un éxito pero que as súas consecuencias

socio-ecónomicas presentan diversos matices que os especialistas aínda discuten (docs. 4 e 5)

3.1.4. A desamortización en Galicia. A permanencia dos foros

Cando se produciu a revolución liberal Galicia posuía unha peculiar estrutura agraria caracterizada pola

xeralización do sistema foral e pola particular organización dos montes comunais (da maioría dos cales

eran propietarios non os concellos senón os veciños das parroquias e aldeas). Os foros eran contratos

agrarios de longa duración, que xurdiran na Idade Media e que recoñecían sobre unha mesma parcela a

existencia de dereitos diferentes en mans de grupos sociais distintos: os cultivadores directos que pagaban

as rendas e non podían ser expulsados das terras (dominio útil); a nobreza terratenente (laica e, sobre todo,

eclesiástica), titulares das terras e perceptores dunha parte das rendas (dominio eminente), e a fidalguía, que exercía de intermediaria entre os labregos e os detentadores do dominio eminente e que absorvía a

maior parte das rendas agrarias (cobraban dos labregos e pagábanlle unha parte desas rendas á nobreza

terratenente).

Unha das características da desamortización en Galicia foi a abundancia de rendas forais nas que o que

se traspasou ó adquirinte foi unicamente o dominio directo, é dicir, o dereito a percibir rendas forais, e non

o dominio útil ou capacidade de explotar a terra que seguiu en mans do campesiñado. Nunha proporción das

tres cuartas partes, a riqueza desamortizada consistía en dereitos a percibir unha renda e non en terras. Con

anterioridade á Lei Madoz a desamortización afectou case exclusivamente ó patrimonio eclesiástico; en

Galicia esta procedencia eclesiástica dos bens desamortizados prolongouse ata o final, dada a escasa

relevancia dos bens de propios. Segundo os datos proporcionados por Pascual Madoz os censos e foros

alcanzaban o 69,8% do valor total dos bens eclesiásticos (seculares e regulares) taxados entre 1836 e 1845.

Os que adquiriron os bens desamortizados foron nobres, fidalgos, profesionais, funcionarios urbanos e,

en especial, comerciantes, grandes arrendatarios e burgueses que tiñan títulos da Débeda Pública para

pagar a bo prezo a riqueza subastada. Permaneceu en plena vixencia a estrutura da propiedade da terra que

xa viña do Antigo Réxime: os foros dos mosteiros agora foron adquiridos en moitos casos por

comerciantes, mentres que os subforos dos fidalgos seguiron na mesma situación que antes. A orixe dos

bens vendidos non era de propios e comunais mais que nunha proporción moi pequena (1%). Isto quere

dicir que non había propios que desamortizar, porque os concellos eran de recente implantación en Galicia.

A maioría do territorio galego, aproveitado en forma de monte polos veciños dos pobos, ficou á marxe da

desamortización. Os montes seguiron en mans das comunidades aldeáns e parroquiais, explotados

comunitariamente.

(A redención dos foros: A redención dos foros realizouse no primeiro terzo do s. XX, . A liquidación do réxime foral

explícase por tres motivos: a loita que o campesiñado fai a favor da redención dentro do movemento agrarista que se

desenvolveu no primeiro terzo do s. XX; o aumento de capital dos campesiños pola venda de excedentes e a chegada a

Galicia do diñeiro procedente da emigración a ultramar. Cando en 1926, se promulgou a Lei de Redención de Foros,

durante a ditadura de Primo de Rivera, pola que os pagadores de renda podían converterse, pagando unha

indemnización non moi alta, en propietarios territoriais, o problema foral xa minguara moito. Grazas a este proceso

redencionista a maioría dos campesiños galegos se converteron en propietarios plenos das terras que viñan traballando.)

4

3.2. Industrialización na España do século XIX. (set 2001 e set 2010)

3.2.1. Características xerais: Houbo unha revolución industrial en España?

Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán, os seus progresos foron inferiores os

dos países máis avanzados de Europa. Por iso, estudosos do tema falan do fracaso da revolución industrial

en España (Jordi Nadal), ou cando menos, dunha longa infancia industrial. As coincidencias neste retraso con outros países mediterráneos como Italia ou Portugal permiten que outros falen dun patrón latino de

modernización (Gabriel Tortella) caracterizado polo atraso e a lentitude nas transformacións.

En todo caso, o proceso industrial do século XIX presenta as seguintes características básicas:

1. Unhas condicións de partida pouco favorables (mercado interior pouco desenvolvido, relativa escaseza

de materias primas, fontes de enerxía e capitais...).

2. Unha forte dependencia do capital exterior, que chegou a controlar sectores importantes da economía

española (como a minería os ingleses ou os ferrocarrís os franceses)

3. Unha tensión entre a defensa do proteccionismo propugnado pola burguesía industrial vasca e catalana

(desexosa de protexer as súas incipientes industrias fronte á competencia de países máis avanzados) e o

librecambismo defendido pola oligarquía agraria castelá (ata que, a finais do S. XIX, comecen a chegar

produtos agrarios ultramarinos máis competitivos que os que ela comercializaba).

4. A localización esencialmente periférica da industria española (que é un reflexo do reparto da poboación), os desequilibrios rexionais que presenta e a inexistencia dunha capital política válida para

promover o desenvolvemento económico español.

Como consecuencia destas condicións de partida, o proceso industrializador só prendeu, no S.XIX, en

Cataluña e o País Vasco. Hai que agardar ao primeiro terzo do S.XX para que teña lugar en

España a transición definitiva dunha economía agraria a unha economía industrial (en 1930 a

poboación ocupada na industria e os servizos supera por primeira vez á poboación activa agraria),

realizada no marco dun modelo capitalista.

3.2.2. As pautas rexionais.

-A- A industria téxtil catalana

Características: A mediados do século XIX Cataluña era a principal rexión industrial de España. A moderna

industria algodoeira –unha industria de bens de consumo– iniciou o camiño cara á industrialización,

asentándose na forza do vapor, na organización do traballo a partir da fábrica e na presenza dunha

burguesía industrial emprendedora. Eran empresas de tamaño medio, familiares e dependentes do mercado

interno.

Inicios: O desenvolvemento inicial desta industria moderna demorouse pola Guerra de Independencia e a

perda de mercado americano (1808-1824), prolongándose pola longa crise política do Antigo Réxime ata

os anos 30.

A partir dese decenio, asistiuse ó arranque do primeiro pulo industrializador co despegue da industria

algodoeira grazas á mecanización (teares mecánicos, máquina de vapor), o triunfo da fábrica, o impulso da

demanda interna, a presenza dunha burguesía emprendedora e baixo o amparo dunha lexislación proteccionista. Así, en 1833, a fábrica dos Bonaplata en Barcelona instalou máquinas de vapor, mais en

1835 un asalto, seguido dun incendio, destruíu as súas instalacións.

A primeira expansión: Unha primeira grande expansión (1835-1861), na que a industria téxtil algodoeira

foi mecanizada gradualmente, concentrouse xeograficamente (arredor de Barcelona) e economicamente

(agrupación de empresas) e abaratou os seus custos mediante o emprego dunha man de obra máis barata

composta por mulleres e nenos.

A crise: Pero non puido supera-los seus límites: un mercado interior reducido e pouco dinámico e escasa

5

capacidade competitiva nos mercados internacionais debido ós seus altos prezos. A Guerra de Secesión de

Estados Unidos (1861- 1865) reduciu a importación da materia prima, e a crise económica de 1866-1867

terminou co período de maior crecemento.

Segunda expansión: Na nova fase de expansión dos anos 1870 e 1880, o crecemento foi menor debido á

saturación do mercado interior. Pero a demanda sostívose grazas á política proteccionista e á concesión en

exclusiva do mercado cubano. Coa independencia das colonias de Cuba e Porto Rico, en 1898, a produción

estancouse ata as primeiras décadas do século XX. O desenvolvemento algodoeiro catalán atraeu outras industrias téxtis tradicionais.A industria da lá de

gran tradición en Castela e a industria da seda valenciana e murciana perderon a súa importancia.

Barcelona, Sabadell e Terrasa concentraron, a mediados do século XIX, ámbalas industrias. A industria

téxtil, particularmente a algodoeira, que foi a clave da industrialización catalá do XIX, apenas tivo efectos

sobre o resto de España.

B- A industria siderúrxica: Andalucía, Asturias e Pais Vasco

Características: O sector siderúrxico considerouse un dos puntais básicos da primeira industrialización nos

países da Europa occidental. A evolución da siderurxia española pon de manifesto as insuficiencias

enerxéticas do país e as dificultades para a aplicación das innovacións tecnolóxicas. ¿Cales foron as causas do atraso da siderurxia española?. España era rica en mineral de ferro, pero o

carbón mineral (coque) era escaso e de mala calidade. Ademais a demanda de ferro foi moi reducida ata

finais de século. Por outra banda, esta industria consumía grandes cantidades de enerxía calórica que só

proporcionaba o coque. Pero o transporte é caro; de aí que a industria siderúrxica tendese a se localizar en

tódolos países industrializados próxima ás minas de carbón mineral. Isto explica as sucesivas localizacións

da siderurxia española durante o século XIX.

Primeiro foco: Andalucía 1830-60 O primeiro intento de instalar unha moderna siderurxia en España

xurdiu en Málaga co fin de explota-los xacementos ferrosos de Marbella e Ojén. En 1832 funcionaron os

primeiros Altos Fornos nas factorías de La Concepción en Marbella e La Constancia en Málaga. Pero a

dificultade máis grave era a inexistencia de coque. Cara ós anos 60 decaeu esta fase de hexemonía da

siderurxia andaluza, debido a que a súa fundición con carbón vexetal non podía competir coa dos altos

fornos con carbón – mineral de Asturias. Segundo foco: Asturias 1860-80. Asturias, por contra, contaba coas cuncas carboníferas de Mieres e

Langreo. En 1848 fundouse un Alto Forno en Mieres e en 1857 a Sociedade Metalúrxica Duro y Cia. en La

Felguera. A nacente siderurxia asturiana, situada na cunca hulleira do Nalón, provocou un desprazamento

xeográfico da siderurxia española cara ó norte que se completaría nos anos 80 co desenvolvemento da

siderurxia vasca. Se en 1865 o 44 por cen da produción siderúrxica española procedía do núcleo andaluz, o

16 por cen da rexión asturiana e o 20 por cen da ferretería tradicional vasca, en 1868 a zona asturiana de

Mieres-La Felguera representaba o 46 por cen da produción nacional, pero o carbón asturiano era de mala

calidade e...

Terceiro foco: País Vasco 1880: Só a partir de 1880 foi consolidada en Biscaia unha industria siderúrxica

moderna. Nas últimas décadas do século XIX, a siderurxia vasca converteuse no símbolo da siderurxia

española grazas á abundancia de mineral de ferro, a dispoñibilidade do coque inglés e do capital acumulado por empresarios vascos. Desde 1848 funcionaba un Alto Forno en Bolueta. En 1860 a empresa Ybarra y

Compañía instalou Altos Fornos en Baracaldo. Entre 1880 e 1902 deuse un dobre proceso na siderurxia

vasca. A creación e a concentración de grandes compañías de Altos Fornos e a modernización da

siderurxia. De 1886 a 1888 instaláronse os primeiros convertedores Bessemer e os fornos Siemens e

Martin. En 1902 fusionáronse as tres grandes compañías (Altos Hornos y Fábricas de Hierro y Acero, La

Vizcaya e La Iberia) na gran sociedade Altos Hornos de Vizcaya. Nas primeiras décadas do século XX o 62

por 100 do ferro e aceiro español era fabricado por esta sociedade.

Así practicamente toda a industria española concentrouse en só dúas zonas: Cataluña e País Vasco,

o resto de país quedou baleiro de industria e incluso perdeuna, como no caso galego.

C. Desindustrialización: Galicia

Os sectores ligados á industria rural que resultaron ser os motores da industrialización europea fracasaron

en Galicia pola falta de investimentos produtivos (o diñeiro ía á compra das rendas forais):

a) a industria do lino.- a desorganización comercial impediu a súa capitalización e decaeu ó non poder

competir cos lenzos estranxeiros. O fiado desaparece coas importacións e os tecedores non resistiron a

competencia do algodón catalán.

b) os curtimes: a dispoñibilidade de materias primas (auga e peles) perdeu importancia diante dos avances

técnicos que permitiron a súa localización lonxe da tradicional.Tamén foron os cataláns os que anularon a

nosa produción.

6

c) as ferrarías: afundíronse a causa das vellas estruturas organizativas e da potencia vasca e asturiana. Só

Sargadelos creceu grazas ás guerras carlistas, pero a utilización de carbón vexetal provocou o seu peche en

1875.

Só mantivo certo dinamismo o sector da salgadura do peixe que se irá transformando co século en industria

conserveira.Tamén se salva a construción naval ferrolá e viguesa. 0 peso da Banca foi moi débil e só

asomou co desenvolvemento comercial da Coruña e Vigo. A escasa capacidade adquisitiva dos traballadores urbanos e a autosuficiencia campesiña reduciron o comercio ó mínimo.

Para colmo o boom ferroviario español de 1855-65 non chega a Galicia ata 1873. A escasa rendibilidade,

incapacidade investidora, discusión sobre o trazado das liñas e o alto custo de construción foron as causas

do atraso.

3.2.3. Os transportes: o ferrocarril

A historia mostra a contribución crucial que os transportes tiveron no desenvolvemento económico. Na

España do século XIX o problema do transporte foi un dos obstáculos para a modernización económica.

A pesar do notable programa de construción de estradas, emprendido a partir de 1840, co que España

contou ó remate do século cuns 36.000 km., os progresos resultaron insuficientes. O transporte fluvial era

case inexistente dada a natureza dos nosos ríos. Só o transporte marítimo experimentou durante o século XIX un progreso considerable grazas á mellora dos portos e á introdución da máquina de vapor a finais da

centuria.

Pero a auténtica revolución dos transportes no XIX foi o ferrocarril, que en España era a única alternativa

para o transporte e a formación dun mercado interior. Pero a construción da rede ferroviaria en España

atrasouse uns trinta anos respecto ós países europeos máis desenvolvidos, como Gran Bretaña ou Francia.

Atraso debido tanto á desidia gobernamental coma ó escaso desenvolvemento económico e social, a falta de

capital e de técnica así como de iniciativa empresarial.

A primeira lei de 1844 pola que o Estado reservaba para si a concesión das liñas ferroviarias, deixaba a

construción nas mans da iniciativa privada. Iso deu lugar á especulación e provocou unha serie de

escándalos.Tan só se construíron unhas poucas liñas (Barcelona-Mataró, Madrid-Aranxuez, Valencia-

Xátiva). Ademais cometeuse un grave erro técnico que se había arrastrar ata os nosos días: o ancho de vía establecido de 1,67 m., 15 cm, maior cá norma europea. Así, antes de 1855 só se construíran 475 km.

O impulso veu coa Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855, aprobada polos progresistas. Por esta lei o

Estado outorgaba unha serie de vantaxes económicas ás empresas construtoras: facilitaba a creación de

sociedades anónimas, garantía unha rendibilidade mínima do 6 por 100 e a libre importación de material

para o ferrocarril. Ademais, completábase coa Lei Bancaria de 1856 que permitiu a rápida formación dun

sistema bancario que, entre outras cousas, financiase a construción da rede ferroviaria. Lei tan xenerosa non

deixou de surtir efectos: en 1868 estaban en funcionamento 5375 km.

Entre 1856 e 1900 a rede de ferrocarrís alcanzou 14.245 km. Esta aceleración debeuse ó apoio

estatal e á achega de capital e tecnoloxía e á iniciativa estranxeira, sobre todo francesa. Tres grandes

compañías ferroviarias: a de Madrid-Zaragoza-Alacante (M.Z.A.) ; a Compañía de Camiños de Ferro do

Norte de España ; e a compañía de Ferrocarrís Andaluces á Compañía de Crédito de España, acapararon as

concesións e as subvencións estatais. ¿Cal foi o impacto dos ferrocarrís na economía española? A súa contribución á demanda de

produtos siderúrxicos e das industrias mecánicas foi escasa xa que ata 1891 tolerouse a libre importación de

todo o material ferroviario. En cambio tivo unha grande importancia na demanda de carbón e de emprego

(unhas 125.000 persoas empregadas fixas no ferrocarril). Tamén provocou un gran cambio no comercio

interior abaratando o prezo das mercadorías. Pero o ferrocarril construíuse con atraso e precipitación.

Cometeuse o erro do ancho de vía que obstaculizou a súa conexión co resto de Europa, erro que aínda pesa

sobre a economía española. Criticouse o seu trazado radial e a mala calidade da infraestrutura. Este modelo

non contribuíu a articular o territorio español, deixando á marxe do ferrocarril áreas moi extensas como

Galicia. O ferrocarril chegou a Vigo en 1892. O trazado que uniu Santiago con Madrid non finalizou ata

1956!!

3.2.4. A facenda O establecemento dun sistema moderno de Facenda fíxose moi lentamente e constituíu un dos problemas

claves da economía española. O sistema fiscal foi modernizado e simplificado en 1845 polo ministro

Alejandro Mon: o sistema suprimiu moitos pequenos impostos e estableceu o principio de reparto da carga

tributaria aínda que mantiña impostos indirectos tan odiados como os famosos consumos.

O sistema financieiro quedou reordenado no Bienio Progresista coa Lei de Bancos de Emisión e

Sociedades de Crédito de 1856, ano en que nace o Banco de España. A carón del creceu a banca privada:

en 1855 naceu o Banco de Bilbao, un ano despois o Banco de Santander.Tamén se modernizou o sistema

monetario en 1868 cunha nova unidade monetaria: a peseta.

7

3.3. Os novos grupos sociais. Conflitividade social e movemento obreiro (xuño

2003, xuño 2007 e xuño 2012)

3.3.1. A sociedade española no século XIX

A implantación do Estado liberal e os cambios económicos experimentados ao longo do S.XIX

provocaron a desaparición da vella sociedade estamental fundamentada no "privilexio", e a súa

substitución por unha nova sociedade de clases na que o principal criterio de diferenciación social o

constituía o acceso á riqueza material. Elo conlevou a transformación dos vellos grupos sociais (p.e. a

nobreza ou o campesiñado) e a emerxencia de novos grupos (como a burguesía industrial, o proletariado

ou certos sectores das clases medias). A nova sociedade seguía a ser unha sociedade fortemente

polarizada, na que un reducido sector social gozaba da maior parte da renda nacional.

A- As clases dirixentes En España son unha simbiose de poderosos do pasado (NOBREZA) e novos grupos BURGUESES. Isto

ten lugar pola vía do ennobrecemento burgués (matrimonio, adquisición de títulos) e da participación da

nobreza no mundo dos negocios, forman a Oligarquía dominante. Deste grupo dirixente saen a maior parte

dos altos cargos da administración, o exército e a Igrexa.

Nobreza: En xeral, non sae excesivamente mal parada da revolución liberal: perde os dereitos

xurisdicionais pero mantén o groso das súas propiedades pola vía da conversión dos señoríos territoriais en

propiedade plena. Acepta o liberalismo como mal necesario e chega a un pacto cos grupos burgueses. Os

seus ingresos proveñen maioritariamente das rendas agrarias, aínda que algúns nobres rematan por entrar

nos negocios. Mantén o seu prestixio social e peso político: presenza nas "camarillas" de Isabel II, na alta

oficialidade do exército, no Senado...

Burguesía: Integrada por diferentes sectores:

- Burguesía de negocios: dedicada a grandes operacións comerciais e financieiras. Adquire terras na desamortización e sente atracción polo estilo de vida nobiliario, buscando o ennobrecemento. Vinculada

aos novos centros de poder político e ao capital estranxeiro, ten unha forte presenza en Madrid, Andalucía

e a cornixa cantábrica.

- Burguesía industrial: circunscrita a Cataluña até as décadas finais do S.XIX, momento no que emerxe a

forte burguesía industrial vasca. Ocupa unha posición subordinada dentro das clases dirixentes, tanto

economicamente (máis débil que as grandes fortunas agrarias e financieiras) como politicamente lonxe dos

centros do poder. Presionara ao Estado para que se adopte unha política arancelaria proteccionista.

B- As clases medias

Constitúen un conglomerado heteroxéneo: pequenos fabricantes e comerciantes, propietarios agrarios de

tipo medio, profesións liberais, certos empregados públicos, oficialidade do exército... Caracterízanse polo

seu conservadorismo ideolóxico (defensa da orde, da propiedade... ) e o intento de imitar o estilo de vida dos poderosos.

C- As clases populares

Campesiñado: Conviven dentro del diferentes condicións: pequenos propietarios, arrendatarios,

criados e xornaleiros. Amplíase o número de campesiños sen terra (xornaleiros), afectados pola

privatización das terras comunais, a venda das pequenas propiedades e os cambios nos réximes de

arrendamento. Predominan ao sur do Texo.

Grupos populares Urbanos: Conglomerado formado por empregados domésticos, artesáns,

pequenos comerciantes, empregados da administración... Algúns deles están a medio camiño entre as

clases populares e as clases medias.

Proletariado: O seu número é relativamente reducido pola precariedade do proceso

industrializador. As súas condicións de traballo e de vida son moi duras: baixos salarios, inexistencia de seguros de enfermidade, longas xornadas laborais (12-14 h.), barrios sen servizos sanitarios mínimos... É

frecuente o traballo de mulleres e nenos para compensar os baixos salarios.

3.3.2. O Movemento Obreiro

A- Características xerais

No S. XIX xurdiu en Europa o movemento obreiro: un movemento protagonizado polas clases

traballadoras na procura da mellora das súas condicións de vida e traballo, da consecución dos plenos

dereitos políticos e, ás veces, dunha transformación radical da sociedade nun sentido igualitario. As súas

características básicas son:

1- O movemento obreiro como manifestación da nova conflitividade social que o avance da

8

industrialización propicia. Proletariado e burguesía industrial, como clases con intereses enfrontados.

2- Un contexto político (liberalismo) en xeral hostil aos intereses e reivindicacións da clase obreira.

3- As reivindicacións obreiras nos ámbitos sociolaboral (condicións de traballo, xornada, traballo

feminino e infantil, salarios...) e político, destacando neste último o papel da conflitividade obreira na crise

da Restauración.

4- As principais formas de loita e organización e a súa evolución: ludismo, asociacionismo, sindicalismo.

5- O predominio do anarquismo e do socialismo como tendencias ideolóxicas do movemento obreiro en España, destacando e caracterizando á CNT e á UGT como principais organizacións.

En España o desenvolvemento deste movemento foi algo máis lento polo relativo retraso do seu proceso

industrializador e estivo condicionado polas vicisitudes políticas que presidiu a construción do Estado

liberal. Así, atopou mellores condicións para desenvolverse naquelas conxunturas nas que as correntes

máis avanzadas do liberalismo propiciaron unha apertura democratizadora do réxime (Bienio Progresista,

Sexenio Democrático, liberalización do réxime da Restauración propiciada polo acceso ao poder do P.

Liberal na segunda metade dos anos 80... ).

B. Os primeiros pasos do Movemento obreiro: ludismo e asociacionismo

As profundas desigualdades existentes nalgunhas zonas rurais españolas (Andalucía, Estremadura... ) e

as mesmas desigualdades que xeraba o proceso industrializador determinaron o desenvolvemento dunha forte conflitividade social tanto no campo como na cidade.

No campo a conflitividade foi maior nas áreas de predominio latifundista, nas que existía un elevado

número de obreiros agrícolas sen acceso á propiedade da terra e vivindo nunhas condicións miserables.

A conflitividade social tamén se estendeu á cidade, onde as condicións de traballo e de vida non eran

moito mellores (baixos salarios, xornadas laborais de 12 ou 14 horas, inexistencia de seguros de

enfermidade, amoreamento en barrios insalubres... ).

As primeiras manifestacións de protesta obreira, acontecidas nas décadas de 1820 e 1830, dirixíronse

contra as máquinas, ás que culpaban da perda de postos de traballo e da redución dos salarios (ludismo). O

exemplo máis destacado destas accións foi o incendio da .fábrica Bonaplata en 1835, a primeira factoría

que introducira en España a máquina de vapor. Outro exemplo: o das traballadoras da Fábrica de Tabacos

da Coruña.

Pero os traballadores comprenderon moi cedo que o verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as condicións de explotación ás que estaban sometidos, e comezaron a desenvolver novas formas de loita

como a paralización da produción mediante a folga e a procura da unidade de acción mediante a creación

das primeiras asociacións obreiras. Estas asociacións agrupaban aos traballadores dun mesmo oficio e

tiñan funcións reivindicativas e de apoio mutuo (pago de cotas para cubrir as necesidades dos seus

asociados en caso de perda do emprego por despido, enfermidade, folga... ). A primeira creouse en

Barcelona en 1834 (Asociación Mutua de Teceláns) e coñeceron unha grande expansión durante o Bienio

Progresista (1854-56). Precisamente nos anos do bienio proliferaron as axitacións políticas por asociacións

obreiras que acabarían dando lugar a creación de sindicatos de clase. Agora as reivindicacións xa non serán

só laborais senón que tamén incluiranse peticións políticas semellantes ás dos Cartistas en Inglaterra. A

volta ao poder dos moderados trouxo consigo a represión do asociacionismo obreiro.

C- A chegada do Internacionalismo no sexenio (1868-1874)

Até 1868 o movemento obreiro camiñou, politicamente, a remolque das correntes burguesas

democráticas (liberalismo radical, Partido Demócrata, primeiros núcleos republicanos), pero a situación

mudou coa chegada das ideas internacionalistas despois da Revolución Gloriosa.

En 1864 fundárase en Londres, coa participación de obreiros e personalidades procedentes de distintos

países, a la Internacional ou Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os principios que presidiran

a súa creación foron o da solidariedade obreira internacional (“proletarios do mundo, unidevos) e o da

autonomía da loita dos traballadores para acadar a súa liberación de clase mediante a creación de partidos e

sindicatos obreiros. Na mesma conviviran dúas correntes opostas: a anarquista (Bakunin) e a socialista

(Marx)

En España, as ideas internacionalistas foron introducidas por Giuseppe Fanelli, un anarquista

colaborador de Bakunin, que se reuniu con grupos de traballadores en Madrid e Barcelona e difundiu entre eles os principios anarquistas (colectivismo, apoliticismo, supresión do Estado... ). A partir destes núcleos

xurdiu a Federación Rexional Española da AIT (fundada no Congreso Obreiro de Barcelona., 1870), de

predominio anarquista e que desenvolvería unha intensa actividade insurreccional durante o Sexenio

Democrático (revoltas contra as "quintas" e os "consumos", participación na insurrección cantonalista... ).

Pouco despois, a chegada de Paul Lafargue, xenro de Marx, difundiu entre os internacionalistas

madrileños as posicións marxistas (que defendían a necesidade da conquista do poder estatal por parte da

clase obreira) e propiciou a creación do primeiro núcleo socialista español ao redor da figura de Pablo

9

Iglesias e do xornal La Emancipación, Este grupo, en minoría no seo da sección española da AIT, non

tardaría en ser expulsado da mesma.

En 1874, coa chegada da Restauración, a federación española da AIT foi declarada ilegal e as súas

actividades perseguidas. Pero estaban creados os xermes da posterior evolución das ideas anarquistas e

socialistas en España.

3.3.3.- Anarquistas e socialistas despois de 1874

A- Os anarquistas: a C.N.T.

Nas décadas seguintes anarquistas e socialistas continuaron marchando por separado. En canto aos

anarquistas, en 1881 a FRE pasou a chamarse Federación de Traballadores da Rexión Española para se

adaptar á legalidade vixente (que prohibía as organizacións de carácter internacional), adquirindo unha

influencia crecente en Cataluña e Andalucía.

Entre os anarquistas foron xurdindo diferenzas entre dúas correntes:

-os partidarios da acción sindical de masas, que vían no recurso á folga e á mobilización obreira o

medio fundamental para acadar os seus fins de construción dunha sociedade igualitaria, este anarquismo

colectivista e anti-autoritario cría no apoio mutuo e na educación como armas para igualar a sociedade.

-os partidarios da acción directa ou propaganda polo feito os cales protagonizaron atentados contra personaxes e institucións representativos da clase dominante, o Estado e a Igrexa. Algúns destes

atentados, como os sufridos polo xeneral Martínez Campos, Cánovas ou o atentado do Liceo (que

provocou vinte mortos nese lugar privilexiado de encontro social da burguesía barcelonesa) era unha

vinganza pola execución, as máis das veces sen probas, de militantes anarquistas. Estes actos de

violencia -é o caso da Mano Negra andaluza, sociedade secreta a que se acusou de planear o

exterminio dos terratenentes- desataron unha feroz represión por parte do Estado contra o conxunto

dos militantes anarquistas.

En 1907 os partidarios da acción de masas promoveron a creación da Solidariedade Obreira, antecedente

directo do grande sindicato anarquista da Confederación Nacional do Traballo (CNT, fundada en 1910).

Dotada dunha estrutura federal, a CNT reivindicaba o "apoliticismo" e o papel da folga xeral (“unha folga

non debe declararse para ter un pouco máis de xornal, senón para lograr unha transformación total”) como

principal instrumento revolucionario. Entre os seus líderes estaban Salvador Segui ("el noi del sucre", asasinado nos tempos do pistoleirismo barcelonés) e Angel Pestaña. Converteríase na principal

organización obreira española antes da Guerra Civil chegando a ter un millón de afiliados. O grupo máis

activo entre os anarquistas partidarios da acción directa será a F.A.I. (Federación Anarquista Ibérica)

B- Os socialistas: O P.S.O.E. e a U.X.T.

Pola súa parte, o núcleo socialista madrileño organizado en torno a Pablo Iglesias fundou en 1879 o

Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), unha organización de inspiración marxista que aspiraba á

conquista do poder pola clase traballadora e que se adheriría á II Internacional, integrada por partidos afíns

ideoloxicamente. En 1888 -ao amparo da "Lei de Asociacións" promovida polo goberno liberal un ano

antes- os socialistas crearon a Unión Xeral de Traballadores (UXT), un sindicato de masas que chegaría a

ter unha influencia importante en Madrid, Asturias e o Pais Vasco, e que defendía a negociación colectiva entre obreiros e patróns e o recurso á folga para facer valer os intereses dos traballadores.

Paulatinamente, o socialismo español evoluiría cara posturas moderadas que combinaban a participación

en folgas xerais e os obxectivos finais igualitarios coa búsqueda de melloras graduais para os traballadores

no marco do sistema. En 1910, en coalición cos republicanos, obtivo a súa primeira acta de deputado para

Pablo Iglesias.

10

C- O crecemento de principios do XX: comunistas e folga xeral

En 1921 un grupo de dirixentes e militantes do PSOE e da UXT separáronse para fundar o Partido

Comunista de España (PCE), seguindo o modelo dos bolxeviques rusos triunfantes na Revolución

soviética de 1917. Sería moi minoritario até os tempos da Guerra Civil.

A grande expansión do movemento obreiro tivo lugar en España coa entrada no S.XX, ao compás das

profundas transformacións que estaba experimentando a sociedade (industrialización, urbanización,.. ). A afiliación ás organizacións de traballadores experimentou un notable crecemento e desenvolveuse unha

particular "cultura obreira", alternativa á cultura burguesa dos ateneos e casinos, que tivo o seu centro nas

Casas do Pobo socialistas e nos Ateneos populares e libertarios promovidos polos anarquistas. Nestes

locais, que funcionaban como centro de reunión social para os traballadores, existían bibliotecas e

desenvolvíanse escolas e outras actividades culturais e de ocio. A mobilización obreira acadou as súas

cotas máis altas nos anos finais da Restauración (folga xeral de 1917. "Trienio bolxevique" andaluz, folga

da "Canadiense" en Barcelona sufrindo unha interrupción coa chegada da ditadura de Primo de Rivera.

A ditadura reprimiu a anarquistas e comunistas e mantivo unha actitude inicial de tolerancia cara os

socialistas, os cales colaboraron até 1927 nas institucións primorriveiristas como a Organización

Corporativa ao Traballo. Con todo, en vésperas da proclamación da II República o movemento obreiro

constituía unha forza á que non se podía ignorar e xogaría un papel fundamental na posterior evolución do

réxime republicano.

O comité de folga do PSOE ingresou no penal de Cartagena polos disturbios de 1917. De

esquerda a dereita: Largo Caballero, o avogado Luis de Zulueta, Julián Besteiro, Andrés Saborit

e Daniel Anguiano

11

Modelo de exame

OPCIÓN A

Estruturando libremente a redacción e referíndote explicitamente aos documentos

presentados, debes integrar no teu comentario as seguintes cuestións relativas ao

proceso desamortizador: a súa contextualización no marco da construción do Estado

liberal, os seus obxectivos, os bens afectados polas vendas e os resultados ou balance.

Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas senón de realizar unha

composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os

coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):

“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por

medio dunha amortización exactamente igual ao produto das rendas; é abrir unha fonte

abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruír as canles

da industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o

propio, anchear a patria, crear novos e firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin,

identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...), crear una

copiosa familia de propietarios (...).

Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora todos os bens raíces de

calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.

Doc.2.-Desamortización de Espartero (1841):

“Art. 1. Todas as propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...). Art. 3. Decláranse en venda todas as fincas, dereitos e accións do clero

catedral, colexial, parroquial, fábricas das igrexas e confrarías”.

Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855):

“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) todos os predios rústicos e urbanos,

censos e foros pertencentes:

Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e

santuarios (...). Aos propios e comúns das vilas. Á beneficencia. Á instrución pública e

calquera outros pertencentes a mans mortas xa estean ou non mandados vender por leis

anteriores”.

Doc.4.-O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente valora así a

desamortización:

“En suma: que a desamortización municipal se cadra non debeu facerse e que a

de bens eclesiásticos e outras “mans mortas” non debeu facerse como se fixo. Pero toda a

burguesía, mesmo a de esquerdas, quixo desamortizar, e por conseguinte a

desamortización foi un feito consumado (...).

Tamén considero innegable que o sistema desamortizador preferible en función

do logro duns beneficios xerais non debeu ser o de Mendizábal e Madoz (isto é, o do

partido progresista) senón o aconsellado no seu día por Flórez Estrada (...). Este era o

único capaz de facilitar a creación dunha clase media rural de pequenos propietarios, coa

que se estabilizaría no noso país o réxime liberal e se enchería o baleiro entre o

latifundista e o braceiro”.

Doc.5.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:

“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a

resposta é relativamente sinxela. Na etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e

axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz, para financiar a construción

da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en que estas vendas redundaron en

proveito do Estado non debe minimizarse”.

12

ORIENTACIÓNS: Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o

desenvolvemento económico español no século XIX, centrando a atención na industria. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: Os contrastes e os desequilibrios rexionais; as características do desenvolvemento

ferroviario; os sectores produtivos máis destacados; valoración global do desenvolvemento decimonónico. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir de motor

do desenvolvemento económico español:

“Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso

desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades; o

centro está exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia,

varios puntos do mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de España. Londres é digna capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que

rebordan aquelas cidades vedes as indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en

todos os arredores a longuísima distancia nada parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin

comercio”.

Doc.2.-Lei Xeral de Ferrocarrís (1855):

“Art.6. Os particulares ou compañías non poderán construír liña ningunha (...) se non obtiveron

previamente a concesión da mesma (...).

Art.14. As concesións (...) outorgaranse por termo de noventa e nove anos cando máis (...).

Art.19. Os capitais estranxeiros que se empreguen na construción de ferrocarrís ou en empréstitos para

este obxecto quedan baixo a salvagarda do Estado e están exentos de represalias, confiscacións ou embargos por causa de guerra”.

Doc.3.-Produción de ferro coado en España, 1861-1900 (en millares de toneladas):

ANOS MÁLAGA SEVILLA OVIEDO BISCAIA OUTROS TOTAL

1861-65 12,43 2,22 13,17 11,73 6,10 45,65

1866-70 1,91 1,36 19,24 10,73 9,32 42,56

1871-75 3,08 1,38 24,90 8,72 7,45 45,53

1876-80 3,36 1,43 28,84 17,24 11,7 62,57

1881-85 1,51 1,38 40,08 76,71 11,91 131,59

1886-90 33,18 138,97 2,07 174,22

1891-95 44,30 ? 185,49

1896-1900 52,10 227,69 9,45 289,24

Doc.4.-Neste texto publicado en 1860 saliéntase a importancia da industria catalá:

“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen

dúbida o núcleo da forza e riqueza industrial da Península; Barcelona é chamada por propios e estraños

o Manchester da nosa querida patria (…). Non hai probablemente industria ningunha que non teña en

Cataluña a súa representación (…). Sabadell e Terrassa adiantaron tan considerablemente na

fabricación de las, que xa os seus artefactos chamaron a atención en exposicións nacionais e

estranxeiras. Non menos progresou a cidade de Reus na industria de tecer a seda (…). Girona elabora en grandes cantidades papel continuo para imprimir e escribir (…).

As poboacións de Gracia, Sants, Sant Martí, Sant Andreu, Horta e Badalona, que parecen simplemente

barrios anexos á capital do principado, son outras tantas poboacións fabrís, nas que a industria se atopa

tan adiantada coma na mesma metrópole”.

Doc.5.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do século XIX:

“Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da modernización do país. Por unha

banda temos os esforzos privados da clase empresarial catalá por crear unha base industrial no principado.

Por outra están os repetidos intentos progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha

sociedade moderna, é dicir, industrializada e tecnificada. O século XIX non foi en España de absoluto

estancamento: en Cataluña, e en especial en Barcelona, desenvolveuse unha notable industria; o país

levou a cabo a desamortización e a construción da rede ferroviaria; reformouse a educación, o sistema

monetario e bancario, os impostos; instituíuse definitivamente o orzamento; sentáronse as bases da

industria siderúrxica, etc. Pero en total a tan cacarexada revolución industrial non tivo lugar”.

13

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en

España desde as súas orixes ata a crise da Restauración. Estruturando libremente a túa composición á

luz dos documentos, e tendo en conta a súa contextualización, debes atender cando menos aos seguintes

aspectos: razóns e reivindicacións obreiras, formas de organización e loita, e caracterización ideolóxica

das principais organizacións obreiras.

Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El

País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857): “O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a

construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o

tabaco. Como ambas as operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque

non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que apenas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban

(…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do

establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…),

tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nos cuartos do

director”.

Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás Cortes: “Señores Deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara á súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos

comestibles e dos cuartos é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller as

nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo

prematuro.

É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que

ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia,

porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os

apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.

Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo;

concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de

acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar

o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.

Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do

perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT):

“Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao

elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ao traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á

patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ao goberno, á economía política; e en fin, a todas as

entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos

os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento!

E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais

están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo ao que empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita,

que se titula a Asociación Internacional”.

Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería

definitivamente convocada en agosto:

“O proletariado organizado chegou así ao convencemento da necesidade da unificación das súas

forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E

respondendo a este convencemento, os representantes da Unión General de Trabajadores e os da

Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar ás

clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ao pobo o mínimo das

condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o

proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.