7
BLOQUE 1 - As orixes das imaxes artísticas - A Arte moble. A definición que demos de arte moble convírteo nunha especie de “caixón de xastre” no cal os arqueólogos incluiron todos os obxectos susceptibles de ser desprazados e que a súa vez conteñen a impronta dalgunha manifestación gráfica realizada pola man do ser humano cunha clara intencionalidade. Isto supón que dentro do mesmo concepto incluimos obxectos de funcionalidade práctica, como poden ser as azagaias e propulsores decorados, con outros de practicidade moi discutible como as Venus ou os colgantes de adorno. Propulsor de Bruniquel / Estilo: arte prehistórica moble / Cronoloxía: Magdaleniense IV, Paleolítico superior (uns 40.000 anos) / Material: óso / Dimensións: 28 cm. / Localización: Procede da cova de Bruniquel, en Tarnet-Garonne - actual: Museo de Saint- Germain-en-Laye, Francia. Coma no caso das pinturas, tamén se pode apreciar unha evolución dende as formas máis naturalistas do Paleolítico ata modelos máis esquemáticos e expresionistas no Neolítico e a Idade do Bronce. De feito, as tallas máis antigas que se conservan soen representar fauna salvaxe captada con gran naturalismo, e adoitan adaptarse á forma de obxectos cotiás, como propulsores, armas, etc. Están tallados en óso, pedra ou marfil, e se estiveron policromados, hoxe en día a cor desapareceu.

20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

  • Upload
    others

  • View
    13

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

BLOQUE 1 - As orixes das imaxes artísticas - A Arte moble.

A definición que demos de arte moble convírteo nunha especie de “caixón de xastre” no cal os arqueólogos incluiron todos os obxectos susceptibles de ser desprazados e que a súa vez conteñen a impronta dalgunha manifestación gráfica realizada pola man do ser humano cunha clara intencionalidade. Isto supón que dentro do mesmo concepto incluimos obxectos de funcionalidade práctica, como poden ser as azagaias e propulsores decorados, con outros de practicidade moi discutible como as Venus ou os colgantes de adorno.

Propulsor de Bruniquel / Estilo: arte prehistórica moble / Cronoloxía: Magdaleniense IV, Paleolítico superior (uns 40.000 anos) / Material: óso / Dimensións: 28 cm. / Localización: Procede da cova de Bruniquel, en Tarnet-Garonne - actual: Museo de Saint- Germain-en-Laye, Francia.

Coma no caso das pinturas, tamén se pode apreciar unha evolución dende as formas máis naturalistas do Paleolítico ata modelos máis esquemáticos e expresionistas no Neolítico e a Idade do Bronce. De feito, as tallas máis antigas que se conservan soen representar fauna salvaxe captada con gran naturalismo, e adoitan adaptarse á forma de obxectos cotiás, como propulsores, armas, etc. Están tallados en óso, pedra ou marfil, e se estiveron policromados, hoxe en día a cor desapareceu.

Page 2: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

Cervo gravado nun bastón perforado. Cova de El Castillo, Cantabria.

As estatuiñas femininas do Paleolítico Superior, mal chamadas “Venus”, poderían ser o primeiro símbolo compartido por todo o territorio europeo. Estas esculturas teñen tamaños modestos, ata diminutos, oscilando entre os 4 e os 25 centímetros. Están feitas en óso, asta, marfil, pedra, terracota, madeira ou barro, pero, tamén, atopamos figuras deste tipo gravadas na rocha, o que tamén viría a confirmar a falta de sentido da diferenciación entre arte moble e parietal.

Venus de Laussel Venus gravetiense, Francia

Page 3: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

Venus de Willendorf

A figura máis coñecida dunha destas “Venus” é, sen dúbida, a de Willendorf (Austria) descuberta en 1908 e datada entre 28.000 a 25.000 anos b.p. (no Gravetiense). É tan famosa que case se ten convertido nunha icona da Historia da Arte. E a verdade, é que se trata dun bo compendio das características máis salientables deste tipo de imaxes:

É unha pequena figura núa de 11 cm., feita en pedra caliza tintada en ocre. A súa posición é frontal (quizais mira lixeiramente cara abaixo) e supón unha representación convencional (non realista) do corpo fiminino: aparecen esaxerados o abdome, vulva, nádegas e mamas, os brazos represéntanse moi delgados, case imperceptibles sobre os senos, carece de rasgos faciais (ocultos polo pelo ou tocado) e non ten pés, polo que non se mantería en pé. Este último detalle, unido ao seu pequeno tamaño, parece indicar que sería un ídolo portable (“moble”). Lembremos que estamos a falar aínda dunha sociedade nómade.

Sobre o seu significado só podemos facer conxeturas, que agora comentaremos, pero a idea expresada a principios do século XX, sobre que respostaría a un canon de beleza prehistórico (de ahí o nome de “Venus”), carece de fundamento.

Venus de Willendorf / Estilo: Arte moble prehistórica / Cronoloxía: 28.000 a 25.000 anos b.p. (no Gravetiense, Paleolítico Superior) / Material: tallada en pedra caliza e tintada con ocre vermello / Dimensións: uns 11 centímetros de alto, 5,7 de ancho e 4,5 de espesor con 15 centímetros de circunferencia / Localización: xacemento paleolítico cerca de Willendorf (Austria), na ribeira do Danubio - Actualmente se conserva no Museo de Historia Natural de Viena, Austria.

Page 4: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

Venus de Hohle Fels

Venus de Hohle Fels, Alemaña, (35.000-40.000)

Aínda que é menos coñecida que a de Willendorf, trátase da representación humana máis antiga e foi descuberta en 2.008 nunha das covas de Hohle Fels (Alemaña).

Trátase, tamén, dunha destas estatuiñas femininas e apareceu rota en 6 fragmentos. Aínda é máis pequena ca de Willendorf. (mide 6 cm. de alto e pesa 33 gr.). Está esculpida en marfil (de femia de mamut) e ao igual ca de Willendorf presenta os atributos sexuais moi marcados (senos, cadeiras e vulva). Neste caso, xa non hai dúbida sobre o seu carácter portable: tampouco ten pés, o pequeno tamaño e a cabeza, que apenas é unha protuberancia, está furada coma se fora un colgante.

A alta proporción de figuras femininas (case todas o son) na arte moble do Paleolítico Superior podería suxerir un papel importante da muller nas sociedades prehistóricas. Sabemos que as “Venus” non eran obxectos cunha utilidade práctica productiva; tamén que apareceron en lugares de habitación e non en lugares de enterramento. Podería ser que estiveran á vista de cualquera, non sendo, pois, amuletos funerarios, recónditos ou secretos.

Tamén, neste caso, parece clara a súa conexión cun culto á fecundidade, xa que se trata da representación dunha muller núa cos atributos relacionados coa maternidade moi marcados. Apréciase unha clara tendencia cara o esquematismo e a estilización: apenas se marcan os rasgos faciais nin se traballan as extremidades.

En todo caso, unha das cousas que máis chama a atención da Venus de Hohle Fels é a súa datación, posto que nos leva ao inicio do Paleolítico Superior. E, polo tanto, ao inicio da Arte e da representación humana, alomenos en Europa. Moito antes do que se pensaba tradicionalmente. Pero, non é un caso aillado.

Page 5: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

O “Home-león” de Holenstein-Stadel

“Home-león” de Holenstein-Stadel (ou Löwenmensch, en alemán) / Estilo: arte prehistórica moble / Cronoloxía: Paleolítico superior (período auriñaciense, entre 35.000 e 40.000 anos) / Material: Marfil de mamut / Dimensións: 31,1 cm. de alto, 5,6 cm. de ancho e 5,9 cm. de grosor. / Localización: Procede da cova de Stadel (no sur de Alemaña) - actual: Ulm Museum de Ulm, Alemaña.

Esta figuriña foi descuberta en anacos na cova de Holenstein-Stadel, bastante cerca de onde apareceu a Venus de Hohle Fels, en 1939. Pero debido ao inicio da 2ª Guerra Mundial non se puido estudar daquela e quedou esquecida durante 30 anos.

O Home-León é unha obra mestra e unha das evidencia máis antigas da existencia de crenzas relixiosas. Tamén é a representación máis antiga coñecida dun ser híbrido (coma outros que xa vimos na arte parietal), é dicir, que non existe en forma física pero simboliza ideas sobre o sobrenatural. Sería unha demostración de que os humanos xa tiñan daquela un pensamento abstracto que os vinculaba co máis alá. Que crían en seres que os podían axudar a sair adiante e a darlle significado e comprensión as cousas que nos asustan nesta vida.

Está tallada con gran orixinalidade, virtuosismo e habilidade técnica cun coitelo de pedra de pedernal, nun colmillo de mamut, o animal máis grande do entorno desa época. Representa ao depredador máis feroz, un tipo de león, agora extinto, que era un pouco máis grande que un león africano moderno e non tiña melena. Esta imaxe de 40.000 anos de antigüidade, mide uns 31 cms. de altura. Ten a cabeza do león cavernario cun corpo parcialmente humano (home ou muller, non está claro). Está ergueito, tal vez de puntillas, coas pernas separadas e os brazos a los lados dun corpo delgado e felino con ombreiros fortes e cadeiras e muslos de león. Ten talladas sete ranuras paralelas, transversais, no brazo esquerdo. A súa mirada está dirixida ao espectador. Os detalles do rostro mostran que está atento, mirando e escoitando. Semella vir dun mundo misterioso, máis alá da natureza ordinaria.

Page 6: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

O desgaste do seu corpo causado polo manexo suxire que o pasaron e o frotaron como parte dunha narrativa ou ritual que explicaría a súa aparencia e significado. Resulta imposible saber de que se trataba esa historia, nin se era unha deidade, un avatar do mundo espiritual, parte dunha historia de creación ou un humano cuxas experiencias nunha viaxe polo cosmos para comunicarse cos espíritos causaron esta transformación.

Unha proba actual, usando o mesmo tipo de ferramentas de pedra dispoñibles na Idade de Xeo, indica que deberon tardar máis de 400 horas en facelo. Era unha enorme inversión en tempo para que unha pequena comunidade que vivía en condicións moi difíciles, sobre todo tratándose dunha figuriña “inútil” para a súa supervivencia física. Isto podería suxerir que o propósito da imaxe era fortalecer os lazos comúns e a conciencia do grupo para superar os perigos e as dificultades. Existe algún apoio para a isto na cova mesma.

Os achádegos arqueolóxicos noutras covas desta rexión inclúen pequenas esculturas de animais, unha Venus, o que seguramente son frautas e que suporía unha das primeiras probas da existencia de música, grandes cantidades de ferramentas de pedra e ósos de animais. Isto indicaría que as persoas viviron ao abrigo das áreas de luz diúrna destes sitios durante períodos de tempo repetidos.

Pero a cova de Stadel, onde se encontrou ao Home-León, é diferente. Está orientada ao norte e non recibe o sol. Fai frío e a densidade dos entullos acumulados polas actividades humanas é moito menor que noutros sitios. Este non era un bo lugar para vivir. O Home-León foi atopado nunha cámara interior escura, coidadosamente gardado na escuridade con só uns poucos dentes de zorro ártico perforados e un alixo de astas de reno cerca. Estas características suxiren que Stadel só se usaba ocasionalmente coma un lugar onde as persoas se reunían arredor dun lume para compartir unha comprensión particular do mundo articulada a través de crenzas, simbolizada en esculturas e representada en rituais.

Page 7: 20 BLOQUE 1 - ARTE MOBLE PDF

Estas estatuiñas de 35.000 ou 40.000 anos, proveñen da cultura Auriñaciense, correspondente á chegada do home moderno a Europa, ao comenzo do Paleolítico Superior e, polo tanto, son algunhas das esculturas máis antigas atopadas ata hoxe en día.

Fai 40.000 anos, Europa estaba a vivir un momento moi especial. Como xa sabemos, estaríamos entrando na 2ª metade da última glaciación, a Würm, cun clima moito máis frío que o actual. O Homo Sapiens (que xurdira en África fai 200.000 anos) acababa de chegar a Europa, pero nese momento o continente xa estaba habitado por outro grupo humano, os Neandertais, cos que conviviron e incluso é posible que “hibridaran”. Sen embargo, sabemos que os Neandertais desapareceron a partires deste momento. Os restos máis recentes son de fai uns 31.000 anos.

¿Que sucedeu, entón? Resulta moi tentador imaxinar unha invasión violenta, ou a imposición da nova especie, máis capaz. Pero non parece que esas foran as razóns. Como dicía Charles Darwin, os que sobreviven non son os máis fortes, nin sequera os máis intelixentes, son os que mellor se adaptan. E eses foron, sen dúbida, os Homo Sapiens. Eu penso que a Arte ten algo que ver nisto. Non quero dicir que fora a causa, pero sí a mostra máis evidente de que o Homo Sapiens era superior no ámbito da comunicación, da socialización e seguramente da trascendencia (pensamento trascendente). É posible que tanto o home-león, como as “Venus” xogaran un rol importante na mitoloxía humana do comenzo do Paleolítico Superior. E iso si que ten moito que ver coa Arte.