8
Víctor Erice N: Karrantza (Biskaia), 30 de xuño de 1940

Víctor Erice

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Víctor Erice

Víctor EriceN: Karrantza (Biskaia), 30 de xuño de 1940

Page 2: Víctor Erice

Con poucos meses trasladouse coa súa familia a Donostia, cidade na que residiu até os dezasete anos. Despois de rematar o bacharelato marchou a Madrid para estudar Ciencias Políticas e Dereito.

Escribe crítica de cinema na revista Nuestro Cine (con boa parte do comité de redacción na órbita do Partido Comunista) e ingresa na Escuela Oficial de Cinematografía. Desa etapa formativa nacen algunhas curtametraxes e o seu proxecto fin de carreira, a mediometraxe Los días perdidos (1963).

Nos 60 colabora puntualmente en proxectos doutros cineastas, caso de El próximo otoño de Antxon Eceiza (guionista, 1967). En 1969 achega un dos segmentos do filme colectivo Los desafíos, que recibe a Concha de Prata no Festival de Donostia. Segundo Ángel Fernández-Santos, este filme “le sirvió para averiguar, haciéndolo, qué no tenía que hacer”.

Page 3: Víctor Erice

A publicidade será o destino de Erice logo de Los desafíos. Elías Querejeta proponlle facer unha longametraxe en solitario; logo de desbotar un par de proxectos, cobra forza unha terceira opción que nace da relectura do Frankenstein de Mary Shelley e a visión en TVE da adaptación que fixera James Whale en 1931. Ángel Fernández-Santos -antigo redactor xefe de Nuestro Cine- traballa con el na elaboración do guión, que vai cambiando respecto da idea inicial (ante o desencanto, disque, de Elías Querejeta). O orzamento é de 9,7 millóns de pesetas, baixo incluso para a produtora (12 millóns El jardín de las delicias, 16 Ana y los lobos, 13 Habla mudita). Erice só puido contar unha semana con Fernán-Gómez e Teresa Gimpera, menos do previsto no plan de rodaxe. Parece evidente que a confianza de Querejeta neste filme era escasa...

El espíritu de la colmena (1973) estreouse no Festival de Donostia e gañou a Cuncha de Ouro.

Page 4: Víctor Erice

Durante algúns anos, Victor Erice mantivo unha relación con Adelaida García-Morales (Badajoz, 1945-Sevilla, 2014), autora do relato no que se basa El Sur (1983). Un filme que o autor considera inacabado:

El Sur nunca estuvo dividida en dos películas como se ha comentado (...) El plan de trabajo contemplaba 81 días de rodaje y la película fue interrumpida por la producción cuando se llevaban apenas 48 días. Es decir, que todavía quedaban 33 días de rodaje.

Yo acordé continuar el montaje sobre la base de un acuerdo firmado con el productor, Elías Querejeta, en el que los dos nos comprometíamos a seguir trabajando para completar el proyecto original. Y conforme a este compromiso realicé el montaje de lo que hoy es El Sur.

O filme concursou na competición internacional do Festival de Cannes. Nunca se completou o “proxecto orixinal”.

Page 5: Víctor Erice

Erice regresa aos traballos para televisión e a publicidade. Un encargo de TVE que non chega a bo porto pono en contacto con Antonio López. Dunha conversa con el xorde a idea de El Sol del membrillo, coa que concursa outra vez en Cannes e obtén o Premio do Xurado e o FIPRESCI.

No 94 Andrés Vicente Gómez encárgalle a adaptación de La promesa de Shanghai de Juan Marsé. Fai unha versión do guión (maio 1996-decembro 1997) que apunta a un filme de tres horas e sobre el traballa nun plan de rodaxe (febreiro-maio 1998). Oito semanas antes de comezar a rodaxe, AVG despide ao equipo de preprodución e acaba explicando que é inviábel un filme de tres horas. Para salvar o proxecto, Erice accede a “recortalo” e remata en decembro de 1998 un guión de 2h 20min. Non serviu de nada.

Desgraciadamente, no pudo ser. Para mi sorpresa, la medida tomada no logró modificar sustancialmente los planteamientos de la producción. El proyecto, por los motivos que fuera, no recibió ni la confianza ni la solidaridad necesarias para llevarlo a buen puerto.

Page 6: Víctor Erice

En 1996 contribúe cunha curta ao filme colectivo Celebrate Cinema 101 e seis anos despois con outra, Alumbramiento, ao proxecto Ten minutes older: the trumpet, no que participan tamén Werner Herzog, Jim Jarmusch, Aki Kaurismäki ou Spike Lee.

Uns anos despois chegan as “correspondencias” con Abbas Kiarostami, videocartas que pertencen a un proxecto expositivo o CCCB de Barcelona e La Casa Encendida de Madrid. La Morte Rouge é un dos froitos dese proceso.

Page 7: Víctor Erice

En 2011 colabora coa curta Ana, tres minutos nun filme colectivo en beneficio das vítimas de Fukushima, 3.11, a sense of home, producido por Naomi Kawase.

Dentro das iniciativas culturais nacidas ao abeiro da proclamación de Guimaraes coma “Capital Europea da Cultura 2012” a creación fílmica tivo moito peso. Un dos resultados que máis repercusión mundial tivo foi a longametraxe colectiva Centro histórico, formada por catro curtas a cargo de Aki Kaurismäki, Pedro Costa -un material que logo integrou en Cavalo dinheiro-, Víctor Erice e Manoel de Oliveira. A curta de Víctor Erice leva por título Vidros partidos.

Dende hai varios anos Víctor Erice está realizando unha serie de documentais sobre filmes que el considera moi importantes baixo o lema xeral Memoria y sueño. Os capítulos dedicados a Roma, cittá aperta de Rosellini, Sierra de Teruel de Malraux e Le Mépris de Godard xa foron exhibidos en público.

Page 8: Víctor Erice

Víctor Erice nas bibliotecas da Coruña

Bibliotecas municipais

El espíritu de la colmena (1973): Castrillón, Infantil e Xuvenil, Sagrada Familia, Monte Alto

El Sur (1983): Castrillón, Monte Alto, Infantil e Xuvenil, Fórum, Os Rosales

El Sol del membrillo (1992): Monte Alto

Alumbramiento (2002) + La Morte Rouge (2006): Sagrada Familia

Libros: La Promesa de Shanghai (guión) no Fórum e Infantil e Xuvenil.

Biblioteca da Deputación

El espíritu de la colmena

Libros: La promesa de Shanghai, Nicholas Ray y su tiempo.

Sobre Víctor Erice: Víctor Erice (Carmen Arocena), El Cine de Víctor Erice (José Luis Castrillón e Ignacio Martín Jiménez)

Biblioteca González Garcés

El espíritu de la colmenaEl Sur

Libros: La promesa de Shanghai.

Sobre Víctor Erice: Víctor Erice, el poeta pictórico (Rafael Cerrato), Víctor Erice (Carmen Arocena), El espíritu de la colmena (Jaime Pena). Hai varios libros con textos (prólogo, epílogo) de Erice.