1

Click here to load reader

Os PXE 2017 abocan a Correos ás perdas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os PXE 2017 abocan a Correos ás perdas

O PP e Ciudadanos veñen de presentar no Congreso o anteproxecto de lei dos presupostos xe-

rais do estado (PXE) para 2017. Nese anteproxecto consignan para a prestación do servizo pos-

tal universal 120 millóns de Euros.

Esta cantidade aboca a Correos a rematar o ano (previsiblemente) con pérdidas posto que está

moi lonxe dos 290 millóns de Euros que Correos calcula –cifras de 2011- que precisa para prestar

o Servizo Postal universal. Comezaríamos así o ano cun defícit previsto de 170 millóns de euros

que teremos que recuperar, e todo o mundo sabe de onde vai sair: da falta de contratación, da

conxelación salarial, do aumento da precariedade e da pésima prestación do servizo postal.

O obxectivo que parece buscar o goberno é a

presentación de cifras negativas en Correos, co

cal unha privatización sería máis doada de xus-

tificar.

De feito xa a propia CNMC nos da pistas sobre o

que pretende ao respeito da prestación: O fin

definitivo da obriga de entrega diaria de corres-

pondencia en cada domicilio.

Esta comisión -no ano 2016- presentou un novo modelo de cálculo do custe da prestación do

servizo. Neste modelo Correos debe detectar as zonas onde o servizo non xera beneficios econó-

micos, e nesas zonas a CNMC entende que con repartir tres días á semana sería dabondo. Nese

mesmo plan (que suponemos coerente co famoso plan dos 1500 días) tamén se fala do peche

masivo de oficinas auxiliares.

Desde a CGT loitamos pola superviciencia do servizo postal universal, especialmente posta en

risco nas zonas rurais. Entendemos que é urxente e necesario que se poña en marcha un plan

de prestación deste servizo, porque levamos desde o 2011 agardando por el.

Pero o realmente imprescindible é que sigamos loitando nas rúas, recordándolle á sociedade

que se lles está privando dun dereito e dun servizo púbico. E recordándolle ao goberno e á direc-

ción que non imos permitir que vendan Correos.