1
Os días 23 e 24 de xuño, grazas á invitación do Eurogrupo de Podemos, CGT-Correos estivemos no Parlamento Europeo, xunto a unha delegación de traballador@s en loita de Correos coordinad@s por CGT. O obxecto desta viaxe foi denunciar publicamente a situación actual de Correos e transmitilo á máis alta instancia europea. Así mesmo reunímonos con dous Eurogrupos parlamentarios (Podemos e AGE) para elevarlles varias propostas e instarlles a crear un plan para recuperar e reforzar o servizo postal público. Asimesmo convocamos unha rolda de prensa e, aproveitando o plenario, fixemos varios actos públicos co obxectivo de visualizar a loita postal. O día 24 reunímonos cos Parlamentarios Europeos Tania González e Miguel Urban, de Podemos, e Lida Senra de AGEe (membro da Comisión Europea de Desenvolvemento Rural) para informarlles de: O incumprimento sistemático do Servizo Postal Universal ao non realizar o reparto da Correspondencia como mínimo 5 días á semana en todo o territorio e a toda a cidadanía. A perda de postos de traballo, a perda de dereitos laborais e a mala calidade do emprego restante. A externalización de servizos, mesmo con falsos autónomos, como é o caso de CORREOS EXPRES. O aumento da paquetería on-line nun 400%, e a ínfima cota de mercado que abarca Correos, só o 10%. A deterioración do servizo público, por unha mala xestión que ten como fin dar argumentos para unha futura privatización do servizo público. Única empresa con persoal funcionario que ten beneficios e os soldos escandalosos do Presidente e as descoñecidas produtividades. O financiamento insuficiente do Servizo Postal Universal, e a opaca utilización da mesma A situación inxusta d@s fix@s discontinu@s en Correos e da persecución en temas de seaúde laboral. Entre as propostas realizadas podemos destacar a recuperación dunha banca pública xestionada por persoal público de Correos, emendar os erros na xestión da paquetería recuperando a o reparto desde as USE e con persoal público, e a dimisión de Luís Pérez Capitán, xefe de RRHH, por tomar decisións contrarias á lei vulnerando dereitos fundamentais. Na xuntanza de traballo de CGT-Correos A Coruña coa Europarlamentaria Lidia Senra, da Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural, espúxose a necesidade de coordinar a defensa do correo rural a nivel europeo, pola importancia na cohesión fora do ámbito urbano que pode chegar a ter. Tratamos o tema do reparto rural Galego aportando dados dos recortes que se están a levar a cabo. Tamén aportamos información do incumprimento do Servizo postal na cidade da Coruña como exemplo do que acontece noutras como Compostela... Estudamos a posibilidade de potenciación do servizo postal rural aumentando os seus servizos como porta de entrada a unha administración pública próxima e persoal. Lidia e o seu grupo estudarán as medidas que tomarán para potenciar este servizo e realizarán nas próximas semanas varias preguntas e peticións en relación con este tema. Tamén fixemos entrega de 5 preguntas e peticións que @s Eurodiputad@s de Podemos dirixirán ao Parlamento: -Sobre o incumprimento do Servizo Postal Universal. -Sobre o aumento nos últimos anos da mala calidade do emprego e a desvalorización dos salarios. -Sobre o contexto laboral das embarazadas e a persecución das persoas de baixa médica. -Solicitude dun estudo sobre o impacto da privatización do servizo no ámbito laboral e no ámbito social. -Solicitude dun estudo sobre os casos de mobbing.

A CGT no Europarlamento

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A CGT no Europarlamento

Os días 23 e 24 de xuño, grazas á invitación do Eurogrupo de Podemos, CGT-Correos estivemos no Parlamento Europeo, xunto a unha delegación de traballador@s en loita de Correos coordinad@s por CGT. O obxecto desta viaxe foi denunciar publicamente a situación actual de Correos e transmitilo á máis alta instancia europea. Así mesmo reunímonos con dous Eurogrupos parlamentarios (Podemos e AGE) para elevarlles varias propostas e instarlles a crear un plan para recuperar e reforzar o servizo postal público. Asimesmo convocamos unha rolda de prensa e, aproveitando o plenario, fixemos varios actos públicos co obxectivo de visualizar a loita postal. O día 24 reunímonos cos Parlamentarios Europeos Tania González e Miguel Urban, de Podemos, e Lida Senra de AGEe (membro da Comisión Europea de Desenvolvemento Rural) para informarlles de:

O incumprimento sistemático do Servizo Postal Universal ao non realizar o reparto da Correspondencia como mínimo 5 días á semana en todo o territorio e a toda a cidadanía.

A perda de postos de traballo, a perda de dereitos laborais e a mala calidade do emprego restante.

A externalización de servizos, mesmo con falsos autónomos, como é o caso de CORREOS EXPRES.

O aumento da paquetería on-line nun 400%, e a ínfima cota de mercado que abarca Correos, só o 10%.

A deterioración do servizo público, por unha mala xestión que ten como fin dar argumentos para unha futura privatización do servizo público.

Única empresa con persoal funcionario que ten beneficios e os soldos escandalosos do Presidente e as descoñecidas produtividades.

O financiamento insuficiente do Servizo Postal Universal, e a opaca utilización da mesma

A situación inxusta d@s fix@s discontinu@s en Correos e da persecución en temas de seaúde laboral.

Entre as propostas realizadas podemos destacar a recuperación dunha banca pública xestionada por persoal público de Correos, emendar os erros na xestión da paquetería recuperando a o reparto desde as USE e con persoal público, e a dimisión de Luís Pérez Capitán, xefe de RRHH, por tomar decisións contrarias á lei vulnerando dereitos fundamentais.

Na xuntanza de traballo de CGT-Correos A Coruña coa Europarlamentaria Lidia Senra, da Comisión Europea de Agricultura e Desenvolvemento Rural, espúxose a necesidade de coordinar a defensa do correo rural a nivel europeo, pola importancia na cohesión fora do ámbito urbano que pode chegar a ter. Tratamos o tema do reparto rural Galego aportando dados dos recortes que se están a levar a cabo. Tamén aportamos información do incumprimento do Servizo postal na cidade da Coruña como exemplo do que acontece noutras como Compostela... Estudamos a posibilidade de potenciación do servizo postal rural aumentando os seus servizos como porta de entrada a unha administración pública próxima e persoal. Lidia e o seu grupo estudarán as medidas que tomarán para potenciar este servizo e realizarán nas próximas semanas varias preguntas e peticións en relación con este tema.

Tamén fixemos entrega de 5 preguntas e peticións que @s Eurodiputad@s de Podemos dirixirán ao Parlamento: -Sobre o incumprimento do Servizo Postal Universal. -Sobre o aumento nos últimos anos da mala calidade do emprego e a desvalorización dos salarios. -Sobre o contexto laboral das embarazadas e a persecución das persoas de baixa médica. -Solicitude dun estudo sobre o impacto da privatización do servizo no ámbito laboral e no ámbito social. -Solicitude dun estudo sobre os casos de mobbing.