12

Click here to load reader

O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Texto informativo sobre o Camiño Portugués a Santiago, para o alumnado de primaria

Citation preview

Page 1: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO
Page 2: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

1.- O CAMIÑO DE SANTIAGO 1.1.- ORIXES HISTÓRICAS DO CAMIÑO

O Camiño de Santiago é unha ruta milenaria seguida por millóns de peregrinos que, andando, a cabalo ou en bicicleta se achegan a Santiago de Compostela. O camiño realízase dende principios do século IX, cando se produciu o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, do cal se veneran as reliquias na catedral da cidade.

Como vedes a orixe histórica basease nas crenzas relixiosas. Pero, quen era o Apóstolo Santiago? Os primeiros datos biográficos do Apóstolo Santiago proceden fundamentalmente dos Evanxeos. A tradición dinos que Santiago (tamén coñecido como Xacobo, Santiago o Maior ou Santiago o do Zebedeo) foi o apóstolo que predicou o cristianismo nas terras máis afastadas de entre as coñecidas no límite occidental, é dicir, en Hispania.

Despois de permanecer 5 ou 6 anos predicando en España, volve á súa terra (Palestina) e alí Herodes Agripa condenao a morrer decapitado acusado de difundir a nova relixión, ademáis, e para maior castigo prohibe que o enterren. Dous dos seus discípulos (Atanasio e Teodoro) rouban o seu corpo, méteno nun sarcófago de mármore, e este nunha barca. A embarcación surcou o

mar durante sete días ata Gallaecia e remontou o río Ulla para chegar a Iria Flavia, alí atan a barca a un Pedrón (pedra que dará nome á vila de Padrón) e desembarcan o corpo do Apóstolo. Tras varias vicisitudes é enterrado nun bosque coñecido como Libredón. Conseguen así soterralo no lugar onde estivera predicando tal e como era o seu desexo. A súa tumba foi olvidada ata que, no ano 813, o ermitán Paio víu un resplandor no campo. O lugar onde se atopaba a tumba do Apóstolo iluminouse co resplandor dunha estrela, e de ahí derivou o nome de Campus Stellae (Compostela). Paio avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, que destapou o sarcófago. Na lápida había unha inscripción que indicaba quen se atopaba alí enterrado. Informaron do feito ao rei Alfonso II, que acudíu ao lugar, proclamou ao Apóstolo Patrón do Reino, e mandou constuír alí un santuario. Hoxe é a catedral de Santiago de Compostela. Coa "aparición" do corpo do apóstolo iniciuse o que hoxe coñecemos como a ruta compostelana: "O camiño das estrelas".

Page 3: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

1.2.- OS CAMIÑOS A SANTIAGO Do mesmo xeito que os Reis Magos foron guiados por unha estrela cara ao Portal de Belén, os peregrinos a Santiago viñan de todas partes guiados pola Vía Láctea. Seguindo o Camiño das Estrelas chegaban a Compostela. Pero en realidade non se pode falar dun só camiño, os peregrinos veñen dende moitos lugares e non todos o fan polo mesmo lugar, senón que o fan por distintas rutas. O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso según as épocas:

• A Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, en realidade non é un camiño por onde se acheguen os peregrinos senón que, según di a tradición, foi a ruta que seguiu a barca que trouxo a Galiza os restos do apóstolo.

• O camiño Primitivo foi a primeira ruta de peregrinación xa que, ao parecer, foi a que seguiu o rei Alfonso II dende Oviedo cando lle dixeron que apareceran os restos do Apóstolo.

• O camiño do Norte, é o que empregaban os primeiros peregrinos que viñan dende Europa. Achégabanse a pé dende Francia ou en barco ata a costa do mar Cantábrico, camiñaban ata Ribadeo e logo ían cara ao interior de Galiza.

• O camiño francés, é o que empregaban os peregrinos dende Francia. Transcorre pola meseta entrando na península por Roncesvalles e en Galiza polo Cebreiro. Na actualidade é o Camiño de Santiago con maior tradición histórica e o más recoñecido internacionalmente.

• O camiño portugués, é a ruta que recolle aos peregrinos de Portugal. • A Vía da Prata, por ela viñan os peregrinos dende o sur da península Ibérica

(Andalucía). • O camiño inglés, os peregrinos británicos chegaban en barco ata Ferrol ou Coruña e

dende alí camiñaban ata Santiago. • E por último o Camiño de Fisterra-Muxía que moitos peregrinos deciden facer dende

Santiago a Fisterra e/ou Muxía.

Camiño Francés

Camiño do Sudeste – Vía da Prata

Camiño Primitivo

Camiño do Norte

Camiño Inglés

Camiño Fisterra- Muxía

Camiño Portugués

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

Page 4: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

2.- O PEREGRINO. OS SEUS SÍMBOLOS E VESTIMENTA Un peregrino é aquela persoa que emprende unha peregrinación, é dicir, encamíñase a facer unha visita a un lugar de significación, xa sexa relixiosa ou histórica. 2.1.- VESTIMENTA DO PEREGRINO MEDIEVAL As primeiras persoas que peregrinaron a Santiago fixérono na idade media e naquel momento a súa vestimenta era moi diferente a actual.

O sombreiro de aba ancha. É o sombreiro clásico dos peregrinos e estaba feito con feltro. Na parte de diante dobrábase a aba cara arriba e cosíase unha cuncha de vieira e dous ósiños cruzados. Era imprescindible para protexerse do sol e da chuvia.

A esclavina. Chamábase así, á capa curta que ía dende os ombros a pouco antes da cintura. Para que protexese mellor da chuvia reforzábase con coiro. Os que tiñan máis cartos levaban debaixo dela unha capa longa ou un abrigo para protexerse mellor das inclemencias do tempo. A esclavina adornábase cunha cuncha e coa Cruz de Santiago.

A túnica ou vestido. Non todos os peregrinos vestían igual. Procedían de moitas partes de Europa e cada unha tiña o seu xeito de vestirse. Polo xeral levaban unha túnica (curta ou longa) que lles chegaba ata os pés; pero moitas veces era substituída por un vestido con calzóns ata o xeonllo. Despois, medias altas, e nos pés, zapatos ou sandalias con polainas.

O bordón. Era o apoio para calquera situación incómoda. Así se podería definir o bordón, un bastón que servía tanto para apoiarse ao camiñar, para axudarse a saltar pequenos regatos ou para defenderse dos cans e dos lobos que naquel entón eran abundantes. O bordón era redondeado, rematado nun pomo por arriba e nunha punteira de ferro por abaixo. O bordón adoitaba ser máis alto que o ombro, e ás veces mesmo que a cabeza, do portador. E unha curiosidade: convertéronse nun instrumento de control nos hospitais, xa que en moitos deles lles facían unha determinada marca cada día que pasaba co fin de que os peregrinos non quedasen demasiado tempo.

O zurrón ou alforxa. Trátase dunha bolsa grande colgada ao ombreiro, onde o peregrino levaba algunha roupa e a comida.

A esporta ou bornal. Era unha bolsa de pel pequena e alongada onde gardaban os cartos e os documentos importantes.

A cabaza. Nela os peregrinos levaban a bebida. Normalmente colgábase do bordón.

A vieira. Ao principio os peregrinos levaban a cuncha cando volvían ao seu lugar de orixe. Cosidas na esclavina indicaban que o peregrino conseguira chegar a Santiago, era o equivalente á actual Compostela que se recibe ao chegar a Santiago.

Sombreiro

Cabaza

Bordón

Vieira

Esporta-bornal

Esclavina

Alforxa-zurrón

Capa-abrigo

Túnica-vestido

Page 5: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

2.2.- VESTIMENTA ACTUAL Na actualidade os peregrinos visten dunha maneira moi diferente pero seguen a levar os mesmos elementos que portaban os medievais: O sombreiro cambiouse por un pucho ou gorra. A esclavina transformouse nun chuvasqueiro. A capa ou abrigo convertiuse nun forro polar. A túnica pasou a ser roupa cómoda. O bordón substituiuse por un bastón de trekking. O zurrón intercambiouse por unha mochila. O bornal pasou a ser unha riñoneira. A cabaza trocou en cantimplora. E a cuncha de vieira segue coma sempre, e lévana colgada da mochila para amosar que son peregrinos de Santiago. 2.3.- OS SÍMBOLOS DO PEREGRINO

A cruz de Santiago: é unha cruz vermella simulando unha espada, con forma de flor de lis (de lirio) na empuñadura e nos brazos. A espada representa o caracter de cabaleiro do apóstolo Santiago e a súa forma de morrer xa que foi decapitado cunha espada.

A credencial: é un documento que se entrega aos peregrinos que queren facer o Camiño a pé, en bicicleta ou a cabalo. Con ela poden ter acceso aos albergues e débena ir selando a medida que recorren o camiño para obter A Compostela ao chegar a Santiago.

A compostela: É un documento que se consegue en Santiago e acredita que o peregrino fixo o Camiño. Para obtela hai que cumprir duas condicións: - Recorrer os últimos 100 km a pé ou a cabalo, ou 200 km se se fai en bicicleta. - Presentar a credencial debidamente selada (con dous selos cada día).

2.4.- OS SINAIS NO CAMIÑO Hai varias sinais que serven para indicar o camiño que deben seguir os peregrinos. As máis usadas son as seguintes:

Page 6: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

3.- O CAMIÑO PORTUGUÉS O Camiño Portugués é a ruta que realizan os peregrinos que se achegan a Santiago de Compostela dende Portugal. O inicio da ruta atópase en Lisboa (capital de Portugal) e avanza cara ao norte ata chegar á fronteira con Galicia en Tui. Dende alí o camiño atravesa de sur a norte toda a provincia de Pontevedra e parte da de Coruña ata chegar a Compostela. Máis da metade dos camiñantes que elixen esta ruta comenzan en Tui a súa peregrinación a Santiago, un recorrido de 119 kilómetros aproximadamente que pode realizarse cómodamente en 6 días e que se convertiu na ruta máis frecuentada despois do Camiño Francés. A continuación imos coñecer mellor esta ruta describindo cada unha das etapas.

ETAPA 1 Tui – Porriño (18,7 km)

O camiño portugués entra en Galicia cruzando o río Miño sobre a Ponte Internaciónal (1). Tui é a primeira vila de Galicia e o máis destacado deste lugar é a Catedral – Fortaleza de Santa María (2). Logo de abandonar a vila e indo cara ao norte, no medio da etapa temos que cruzar o río San Simón pola Ponte das Febres que recibe este nome porque neste lugar enfermou de morte San Telmo. O camiño continúa ata chegar a Porriño, lugar moi coñecido polas canteiras de granito que hai na zona.

ETAPA 2 Porriño – Redondela (15,2 km)

Abandonamos Porriño pasando por diante da Casa do Concello (1) e enseguida chegamos ao concello de Mos. Nesta vila destaca o Pazo dos marqueses de Mos así como os numerosos lugares de descanso onde os camiñantes poden admirar a paisaxe da zona. Chegamos ao albergue de Redondela (2) que destaca pola súa maxestuidade. ETAPA 3 Redondela – Pontevedra (18,2 km)

O primeiro pobo de certa importancia despois de deixar Redondela é a vila de Arcade que pertence ao concello de Soutomaior. Neste concello pasamos pola ponte de Pontesampaio (1) que cruza o río Verdugo. Ao cruzar o río entramos xa no concello de Pontevedra e ao chegar á cidade o que máis destaca é a Igrexa da

Peregrina (2) que ten forma de cuncha de vieira; como vedes, tanto o nome como a forma, están totalmente relacionadas co Camiño de Santiago.

PORTUGAL

1

2

1

2

2 1

Page 7: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

ETAPA 4 Pontevedra – Caldas de Reis (23 km)

Abandonamos Pontevedra cruzando a Ponte do Burgo sobre o río Lérez (1) e encamiñámonos de novo cara ao norte. Aproximadamente a medio camiño desta etapa chegamos a Barro, onde podemos ver o conxunto de muíños do río Barosa. Ao chegar a Caldas e despois lunha

longa etapa é recomendable mollar os pés na fonte pública de auga medicinal das Burgas (2). ETAPA 5 Caldas de Reis –Padrón (18,5 km)

Deixamos Caldas para dirixirnos cara a Valga, o traxecto vai paralelo a autoestrada pero atravesando varios bosques autóctonos cheos de carballos. Logo se chega a Pontecesures, vila que coñecedes ben polo que xa non vou comentar nada sobre ela. Cruzamos a ponte sobre o río Ulla (1) para abandonar a provincia de Pontevedra. Na vila de Padrón hai moitos símbolos relacionados co camiño, o máis destacable é o Pedrón que é unha ara romana na que, según a lenda, amarraron a barca que trouxo ao Apostolo. Tamén é moi importante o Santiaguiño do Monte (2), xa que se di que nese lugar predicou por primeira vez en Galicia o apóstolo.

ETAPA 6 Padrón – Santiago (25,2 km)

Esta é a etapa máis longa do tramo galego do Camiño Portugués. O percorrido revive a arriscada viaxe dos discípulos co corpo de Santiago dende o desembarco ata o enterramento no Campus Stellae. Ao deixar Padrón pasamos por diante da colexiata de Iria Flavia en cuxo cemiterio se atopa enterrado Camilo José Cela. A etapa continúa camiño da Escravitude, aquí atópase un Santuario (1) e ao pé del unha fonte que din é milagreira. Proséguese o camiño e despois de pasar O Milladoiro logo chegamos a Santiago, entrando na zona monumental pola Porta Faxeira. Por fin se chega ao remate do camiño: A Catedral de Santiago (2). Dentro dela, as persoas relixiosas, poden darlle o abrazo á imaxe do Apóstolo (3), ver a tumba (4) ou contemplar o botafumeiro en funcionamento (5).

1

2

1

2

1

2 3 5 4

Page 8: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

4.- CULTURA GALEGA NO CAMIÑO PORTUGUÉS

4.1.- LENDAS RELACIONADAS CO APÓSTOLO SANTIAGO. Unha lenda é unha narración tradicional que inclúe elementos de ficción, a miúdo sobrenaturais, e que se transmite oralmente de xeración en xeración. Os feitos que se contan sitúanse nun tempo e lugar concretos que teñen relación coa xente do lugar, esto fai que o relato pareza real. Nas lendas que teñen elementos sobrenaturais, como milagres, presenza de fadas, de criaturas do outro mundo etc., estes preséntanse como reais. Débese ter en conta que como a lenda se transmite de boca en boca, vaise modificando e mesturando con historias fantásticas. En realidade unha lenda componse de feitos tradicionais e non históricos. Lenda da traslación do Apóstolo

A primeira lenda relacionada co Camiño de Santiago é precisamente a relacionada coa traslación do Apostolo. Según a tradición, despois de que mataran ao Apóstolo en Xerusalén, os seus discípulos Teodoro e Atanasio rouban os restos de Santiago (cabeza e corpo), méteno nunha barca de pedra e despois de sete días navegando polo mediterráneo e polas costas portuguesas chegan a Padrón. Atan a barca a un penedo (o pedrón) e desembarcan o corpo do Apóstolo. Cando

o pousan no chan sobre unha lousa de pedra esta, milagreiramente, derrétese como se fose manteiga e forma un sepulcro. Para poder soterrar o cadaleito pídenlle axuda á raíña da rexión, Lupa, que residía nun castelo no lugar chamado castro Lupario. Ao chegar, os discípulos solicítanlle permiso para enterrar o cadáver do seu mestre nas terras da raíña. Despois de recibilos, a raíña desenténdese da cuestión e envíaos falar cun druída chamado Régulo que vivía preto de Fisterra. Este encarcerounos decontado. O corpo do Apóstolo quedou oculto na maleza. Milagreiramente, derrubáronse os muros do cárcere e os discípulos deron fuxido. Régulo decatouse e enviou un exército tras deles. Á fin conseguen escapar porque despois de cruzar a ponte do río Tambre esta derrúbase. Tras estes feitos asombrosos, Lupa decide axudar aos visitantes e ofrécelles un carro e dous bois para transportar o cadaleito. Mándaos ao monte que hoxe se coñece como Pico Sacro para que collan alí os animais. En realidade naquela zona vivía un dragón que botaba lume pola boca e os bois eran touros salvaxes. Os discípulos matan o dragón e póñenlle o xugo aos touros sen dificultade. Os bois saen camiñando mansamente e detéñense a escasos metros de onde está a actual catedral de Compostela nun lugar coñecido como Libredón onde os discípulos depositan os restos do Apóstolo. Hai relatos que falan da reconversión ao cristianismo da nosa raíña ante tanto milagre. As cunchas de Santiago Cando os discípulos traían na barca ao apóstolo chegaron ás costas de Galicia a un lugar onde había unha festa polo casamento do fillo do señor daquelas terras. Había unha gran alegría e entre outros festexos os mozos ían galopando pola praia mentres tiraban a lanza e

Fonte do Carme- Padrón

Page 9: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

volvíana recoller sin que caera ao chan. Un dos que facían este xogo era o noivo que de repente viu como o seu cabalo se dirixía cara ao mar e se afundía baixo as augas. Nese momento produciuse o milagre, ao chegar a barca do Apóstolo, o cabalo e o mozo saíron sin dano das augas. Ao volver a terra e pisar a praia, todos viron que tiña a roupa e o sombreiro cubertos de vieiras e a partir de entonces todos os que peregrinan a Santiago levan na sua roupa a cuncha de vieira.

A lenda de Don Gaiferos Don Gaiferos é realmente o pseudónimo dun dos personaxes máis influentes da Europa do século XII. O seu verdadeiro nome era Guillerme X, duque de Aquitania. Tivo un reinado breve e con moitas loitas cos seus vasalos e liortas coa igresa. Despois dunha guerra sanguenta, decidiu deixalo todo e marchar en peregrinación a Compostela para pedir perdón polos seus pecados e implorar a axuda de Deus contra os seus inimigos. Cando chegou a Compostela cun pequeno séquito, atopábase moi enfermo por ter bebido auga contaminada e caeu morto preto da catedral. A partir de aquí comeza a lenda que di que Don Gaiferos pediu a axuda do Apóstolo, este resucitouno xusto para que dera chegado ata a tumba. Alí rezou, implorou e ao rematar, agradecendo o favor, caeu morto novamente. O bispo, que ve o milagre, ordena que se enterre na catedral. Dise que nalgunha parte xacen os seus ósos, pero non se sabe onde. Un poema medieval galego, relata os últimos momentos da vida de don Gaiferos: ROMANCE DE DON GAIFEROS I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá, camiño de Compostela, non sei se alí chegará. Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar, malpocado, probe vello, non sei se alí chegará. Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar, ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

- I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar? - Camiño de Compostela donde teño o meu fogar. - Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai, relucinte en sete soles, brilante como un altar. Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar, eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval. -I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán, se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral, Aí, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa, si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar, porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan, Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar. O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos miragres que Santiago Apóstol fai.

Page 10: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

4.2.- OUTRAS LENDAS DO CAMIÑO O monstro “Coca” As lendas de monstros mariños que atacaban navíos, devoraban mariñeiros e mesmo doncelas que paseaban polas praias son un tema moi recorrente na costa atlántica europea. Sen dúbida, o máis famoso de todos estes seres míticos é Nessie, o Monstro do Lago Ness en Escocia. Algúns habitantes do lugar afirman telo visto e escoitado. Galicia conserva a súa propia lenda sobre un monstro mariño da familia de Nessie, que asolou a nosa costa devorando nenas e doncelas. Ao dragón chamáronlle afectuosamente Coca. Esta lenda sitúase na ría de Vigo, concretamente na cidade de Redondela.

A Coca foi descrita como un ser con corpo de dragón e cola de serpe. O seu corpo, con catro patas e gadoupas moi afiadas, era viscoso e do seu costado saían unhas ás que lembraban as dos morcegos. Vivía nas profundidades do océano e subía ata os ríos na procura de comida, depredando humanos e o seu gando. De aspecto arrepiante, dicíase que "os seus ollos brillan e que da boca lle asoman moitos e afiados dentes". A lenda conta que nun día de treboada, de entre as

ondas que asolaban a costa, xurdiu unha criatura monstruosa e enguliu dúas nenas que estaban xogando na praza de Redondela, e que deseguido desapareceu. Foi o primeiro ataque que se repetiría moitas veces ata que a vila decidiu poñer remedio. Escolleron os 24 homes máis fortes e valentes para lle dar caza e morte a esta criatura. Desde o campanario da igrexa vixiábase a ría e así que se albiscou o animal, soou a campá en sinal de alarma. Os homes conseguiron rodear o monstro e cravarlle as súas espadas e picas. Tras darlle morte, formouse inmediatamente unha gran procesión e os loitadores iniciaron unha danza arredor do dragón morto; as mozas seguiron o baile subindo aos ombreiros as nenas máis novas e bailando con elas en alto. Por fin, libráranse do pesadelo. Velaquí a orixe da Danza das Espadas e do Baile das Penlas. O Santuario da Escravitude A historia deste santuario nace no século XVI, cando D. Juan Pérez de Mondragón, párroco de Santa María de Cruces, sofre un accidente cortando unhas árbores nunha fraga veciña. Unha das árbores cáelle enriba, pero, invocando o nome da virxe, sálvase milagreiramente. Axiña o párroco custeará a creación dunha estatua da virxe en agradecemento pola protección obtida. A imaxe é colocada nunha fonte moi concorrida, situada sobre o camiño de Santiago. Pasará a chamarse Fonte Santa e axiña atopa moitos usuarios e devotos. No ano 1732 acontece outro feito abraiante. Un home enfermo, paralítico e con hidropisía era transportado nun carro de bois cara ao hospital de Santiago. Ao pasar por diante da fonte, pide que pare o carro para poder beber un pouco de auga. Rezando ante a imaxe da virxe, o home tomou a auga e, ao cabo dun intre, comezou a sentirse mellor. Ao pouco tempo, baixou do carro e conseguiu manterse en pé. Tres días máis tarde, o enfermo estaba completamente recuperado e preparado para retornar á casa polos seus propios medios.

Page 11: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

4.3.- GASTRONOMÍA DO CAMIÑO PORTUGUÉS É ben sabido que un apartado moi importante da cultura galega é a gastronomía, é dicir, o estudo dos compoñentes culturais tomando como eixo central a comida. É moi frecuente escoitar decir ás persoas que veñen de fóra que en Galiza se come moi ben, e que todos os produtos, tanto do campo como do mar, son de boísima calidade. Se ben esto se pode dicir de calquera zona da nosa comunidade, a continuación imos centrarnos nos pratos máis destacables dos lugares polos que transcorre o Camiño Portugués.

En Tui, primeira localidade galega do camiño, son moi famosas as angulas, tamén coñecidas como meixóns. A angula é a cría da anguía que volve ao río despois de que as súas nais fosen desovar ao Mar dos Sargazos. Cando se atopa nos mercados de peixe adoita ter 1 gr de peso, mide algo menos de 8 cm de lonxitude e ten entre dous ou tres anos de vida. Na actualidade hai moi poucas e teñen un prezo moi alto polo que ten un sucedáneo de “surimi” máis barato coñecido como gula.

Xa no final da segunda etapa, en Redondela, son famosos os chocos, que neste concello preparan de moitísimas formas: fritos, en tinta, á grella, en empanada, etc. Hai quen dí que os mellores chocos de Galicia se atopan nesta localidade, e teñen tanta fama que incluso teñen festa propia no mes de maio.

Na terceira etapa, no concello de Soutomaior, concretamente nos areais da vila de Arcade, poden recollerse as mellores ostras de Galicia. Os bancos naturais de Arcade fixéronse famosos e converteron a este lugar na capital deste marisco. As ostras son un moluscos bibalbos coas duas cunchas rugosas e de forma circular. A maneira habitual de comelas é ao natural con unhas pingas de zume

de limón, é dicir, cruas. En Arcade celebran a festa da ostra o primeiro fin de semana de abril. Ata o de agora estivemos falando de comidas, pero dentro da gastronomía tamén se inclúen as bebidas, e en calquera das localidades das catro primeiras etapas da nosa ruta destaca a presenza dun viño blanco moi coñecido: o albariño. A el temos que engadir a auga, que como sabedes, en Galicia é abundante e de boa calidade. Xa temos pois a bebida para o noso xantar.

Page 12: O CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO

Continuamos o camiño, e se en Tui destacaba a presenza da angula como un dos seus pratos principais, é no concello de Valga onde son moi apreciadas as nais destas criaturas, é dicir, as anguías. Outro dos produtos típicos desta zona é un licor moi coñecido en toda Galicia o augardente. Precisamente, ata este ano, celebrábase durante o mes de agosto unha festa para exaltar a calidade destos dous produtos, pero nesta última edición tivose que deixar de facer a da anguía porque había moi poucas.

Algo parecido está a pasar en Pontecesures, o seu manxar máis famoso é a lamprea, pero cada ano que pasa as capturas son menores polo que corre o risco de desaparecer a festa que se celebra no mes de abril. A lamprea é un peixe cartilaxinoso, que ten a boca en forma de ventosa e o corpo cilíndrico e sen escamas. É unha especie evolutiva moi primitiva que non se parece

a un peixe nin na forma nin no sabor. O modo habitual de preparala neste concello é “á bordelesa”, é dicir guisada no seu propio sangue e acompañada con arroz blanco e pan frito. Cando pensamos nun produto gastronómico relacionado con Padrón a todos nos vén á cabeza unha variedade de pequenos pementos verdes. En toda España se coñecen como pementos de Padrón aínda que en realidade hai que dicir que os que teñen denominación de orixe son os de Herbón.

Con todos os produtos descritos ata o de agora xa podemos facer un bo xantar, pero unha boa festa non pode rematar sen unha boa sobremesa, lóxicamente atoparémola no final do noso camiño, en Santiago de Compostela, non é outra que a Torta de Santiago. Esta torta está feita con améndoas moídas, azucre e ovos. Recoñécese moi ben porque é adornada coa silueta da Cruz de Santiago.