24
260 Colecci ón docum ental Capítulo XV 1º de bacharelato. A descolonización. O Terceiro Mundo. O concepto e as causas da descolonización. A busca da liberdade polas colonias. A. O concepto de descolonización. “Nun sentido amplo o concepto de descolonización alude ao acceso á independencia dos pobos e territorios sometidos a dominación política, social e económica por parte de potencias estrañas. Desde esta perspectiva, é factible falar dunha pluralidad de procesos descolonizadores : o emprendido en América entre 1783 e 1900 e de resultas do cal emergen como realidades políticas os Estados Unidos e as diferentes repúblicas latinoamericanas, o operado entre 1920 e 1945 en relación coas dependencias do Imperio Otomán e de resultas do que xorden á vida independente boa parte dos Estados do Oriente Medio e o Maghreb ou o comprendido entre 1945 e 1970, a raíz do cal o conxunto do conti nente africano e importantes áreas de Asia, o Pacífico e o Caribe se estrutura en unidades políticas independentes, libres xa da dominación estranxeira. En sentido estrito, en cambio, o concepto de descolonización evoca exclusivamente este último proceso histórico -cuxo punto culminante é 1960- en virtude do cal a práctica totalidade do continente africano e substanciais áreas do Pacíífico, Caribe e Sueste Asiático accederon á independencia, dotándose das súas correspondentes estruturas estatais.” (GONZ ÁLEZ VEGA, J . A.: Diccionario crítico de Ciencias Sociales. En: www.ucm.es. 10-III-2006) B. As causas. Causas remotas. “Os pobos coloniais foron sacudidos pola guerra (Primeira Guerra Mundial); tanto se participaron na loita mediante os soldados e os traballadores en viados a loitar ou a traballar pola metrópole -caso das colonias británicas e francesas-, como se a súa economía fose obrigada a subministrar un esforzo destinado a aprovisionar á Entente: extensi ón de plantacións e intens ificaci ón da indus tria. Durante es ta “guerra civil” de Europa puideron ver de cerca, e cunha nova luz, a eses brancos que gozaban ata entón dunha autoridade indiscutible. Por outra banda, as potencias da Entente proclamaron repetidas veces uns principios liberais cúia realización eses pobos esperaban con impaciencia. En todo o mundo, aquí como entre os belixerantes europeos, despertou a esperanza nun novo estado de cousas máis xusto e máis humano. O prestixio da civilización europea segue sendo considerable; ó parecer podía ser posible, aínda, gañarse ós pobos coloniais aplicándolles os principios liberais que a Entente proclamaba defender. Pero o imperialismo do século XX móstrase aínda máis desexoso de colonias, de esferas de influéncia e de concesións privilexiadas, e máis áspero na explotación dos recursos e dos homes que o do século XIX. Apiándose nunha série de consideracións -a superioridade da raza branca, a incapacidade dos indíxenas para dirixirse ou utilizar por sí mesmos os recursos dos seus territorios-, e a necesidade de manter o prestixio dos brancos, a potencia dominante xustifica e organiza a explotación dos países en gran escala e transforma a enorme mai oría numéric a dos indíxe nas nunha “ minoría soc iolóxica”, simple instrumento creador de riqueza, á que só retorna unha parte moi reducida do beneficio. Decpcionados por esta actitude, os reformadores liberais que tiveran fe nas ideas occidentais de progreso e liberdade e que crían poder colaborar con Europa, convértense en inimigos dos europeos e incluso do espirito da súa civilización. O temor e o odio a Occidente acércaos ós tradicionalist as e despertan Asia e África. En todas partes, pois, se afirma a aspiración á independencia coa que chocan os imperialismos...” (CROU ZET, M.: Historia general de las civilizaciones. La época contemporánea. Ed. Destino, Barcelona, 1973. Vol. VII. Paxs. 620-621) C. As causas. Causas remotas: o mandato. “Hostís ó sistema colonial, Wilson e a opinión americana enfróntabanse violentamente cos imperialismos británico e francés, unidos polos acordos de guerra e desexosos non só de conservar as súas

ColeccióN 15

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Escolma de documentos sobre os procesos de descolonización, o neocolonialismo e o Terceiro Mundo

Citation preview

Page 1: ColeccióN 15

260

Colección documental Capítulo XV 1º de bacharelato.

A descolonización. O Terceiro Mundo.

O concepto e as causas da descolonización. A busca da liberdade polas colonias.

A. O concepto de descolonización.

“Nun sentido amplo o concepto de descolonización alude ao acceso á independencia dos pobos e

territorios sometidos a dominación política, social e económica por parte de potencias estrañas. Desde esta

perspectiva, é factible falar dunha pluralidad de procesos descolonizadores : o emprendido en América entre

1783 e 1900 e de resultas do cal emergen como realidades políticas os Estados Unidos e as diferentes

repúblicas latinoamericanas, o operado entre 1920 e 1945 en relación coas dependencias do Imperio Otomán

e de resultas do que xorden á vida independente boa parte dos Estados do Oriente Medio e o Maghreb ou o

comprendido entre 1945 e 1970, a raíz do cal o conxunto do continente africano e importantes áreas de Asia,

o Pacífico e o Caribe se estrutura en unidades políticas independentes, libres xa da dominación estranxeira.

En sentido estrito, en cambio, o concepto de descolonización evoca exclusivamente este último proceso

histórico -cuxo punto culminante é 1960- en virtude do cal a práctica totalidade do continente africano e

substanciais áreas do Pacíífico, Caribe e Sueste Asiático accederon á independencia, dotándose das súas

correspondentes estruturas estatais.”

(GONZ ÁLEZ VEGA, J . A.: Diccionario crítico de Ciencias Sociales. En: www.ucm.es. 10-III-2006)

B. As causas. Causas remotas.

“Os pobos coloniais foron sacudidos pola guerra (Primeira Guerra Mundial); tanto se participaron na

loita mediante os soldados e os traballadores enviados a loitar ou a traballar pola metrópole -caso das colonias

británicas e francesas-, como se a súa economía fose obrigada a subministrar un esforzo destinado a

aprovisionar á Entente: extensión de plantacións e intensificación da industria. Durante esta “guerra civil” de

Europa puideron ver de cerca, e cunha nova luz, a eses brancos que gozaban ata entón dunha autoridade

indiscutible. Por outra banda, as potencias da Entente proclamaron repetidas veces uns principios liberais cúia

realización eses pobos esperaban con impaciencia. En todo o mundo, aquí como entre os belixerantes europeos,

despertou a esperanza nun novo estado de cousas máis xusto e máis humano.

O prestixio da civilización europea segue sendo considerable; ó parecer podía ser posible, aínda,

gañarse ós pobos coloniais aplicándolles os principios liberais que a Entente proclamaba defender. Pero o

imperialismo do século XX móstrase aínda máis desexoso de colonias, de esferas de influéncia e de concesións

privilexiadas, e máis áspero na explotación dos recursos e dos homes que o do século XIX.

Apiándose nunha série de consideracións -a superioridade da raza branca, a incapacidade dos indíxenas

para dirixirse ou uti lizar por sí mesmos os recursos dos seus territorios-, e a necesidade de manter o prestixio

dos brancos, a potencia dominante xustifica e organiza a explotación dos países en gran escala e transforma

a enorme maioría numérica dos indíxenas nunha “minoría soc iolóxica”, simple instrumento creador de riqueza,

á que só retorna unha parte moi reducida do beneficio.

Decpcionados por esta actitude, os reformadores liberais que tiveran fe nas ideas occidentais de

progreso e liberdade e que crían poder colaborar con Europa, convértense en inimigos dos europeos e incluso

do espirito da súa civilización. O temor e o odio a Occidente acércaos ós tradicionalistas e despertan Asia e

África. En todas partes, pois, se afirma a aspiración á independencia coa que chocan os imperialismos...”

(CROU ZET, M.: Historia general de las civilizaciones. La época contemporánea. Ed. Destino, Barcelona, 1973. Vol. VII. Paxs.

620-621)

C. As causas. Causas remotas: o mandato.

“Hostís ó sistema colonial, Wilson e a opinión americana enfróntabanse violentamente cos

imperialismos británico e francés, unidos polos acordos de guerra e desexosos non só de conservar as súas

Page 2: ColeccióN 15

261

posicións, senón de aumentalas cos territorios alemáns e turcos dispoñibles. Imaxinouse unha fórmula, que

puidera prepar a transformación do sistema: a do mandato, suxerida polo xeneral Smuts. Os antigos territorios

alemáns e turcos confiaríanse a grandes potencias mandatarias da Sociedade de Nacións, encargadas de

administralos, coidar da educación do pobo e preparar a súa emancipación progresiva. A xestión da potencia

protectora sería controlada cada ano por unha Comisión de Mandato. Era unha solución transitoria no ánimo

dos Estados Unidos, e unha concesión sin importancia para os Estados mandatarios, pero o certo é que o

réxime de mandato só foi respectado de xeito moi parcial: non se fixo case nada para preparar a emencipación

daquelas poboacións; soamente Irak foi proclamado independente en 1930 sin que, por outra banda, se

resolvesen os problemas políticos e sociais de maior importancia. A rivalidade das potencias paralizou os

traballos da Comisión de Mandatos e Xapón e África do Sur negaronse incluso a someterse á súa inspección...”

(CROUZET, M.: Obra citada. Paxs. 621-622)

D. As causas. Causas próximas.

“Os movementos nacionalistas que maduraran en Asia e en Oriente despois da Primeira Guerra

Mundial, vense reforzados pola pola crise económica e social causada pola depresión; a partir de 1945 consiguen

obter dos conquistadores a independencia completa; en África, onde naceron máis tardíamente, realizan

rápidos progresos, e xa non existe ningún lugar no mundo onde non aparezan movementos nacionais que se

esforzan en liberarse da subxección económica na que se atopa o seu país e en conquistar a súa independencia

política.

A influencia da guerra foi decisiva para esta rápida evolución. A debilidade do antigo sistema co lonial

ponse de releve no afundimento dos imperios de Asia ante o avance xaponés; despois de cento vinte anos de

réxime británico en Singapur, os ingleses -coma os holandese en Indonesia, despois de tres séculos-, atópanse

sóos na defensa das súas posicións. A faci lidade coa que consigue a victoria unha gran potencia de coor,

destrúe de maneira definitiva o mito da superioridade dos brnacos, xa maltreito dende 1905...

O espectáculo das victorias de Rommel e a derrota de Francia provoca a mesma cnmoción en todo o

Oriente e en África do Norte. A guerra, finalmente, permite ós centos de milleiros de soldados hindúes ou

africanos, que foron reclutados para liberar ás nacións europeas, comparar as súas mediocres condicións de

vida coas das poboacións europeas. E inspíralles o desexo de poñer fin á explotación das riquezas do seu país,

por e para o estranxeiro, e de conquistar asimesmo a liberdade da súa propia patria...”

(CROUZET, M.: Obra citada. Paxs. 623-624)

E. As causas. Causas próximas: a actitude das grandes potencias I.

“Nós temos boas razóns para seguir desexando manter a unidade cos nosos aliados occidentais, pero

non podemos esquecer que fomos a primeira colonia en acceder á independencia. E nós démoslle un cheque en

branco a cada un dos países coloniais. Non hai ningunha dúbida de que a transición normal á autonomía se debe

realizar.”

(FOST ER DU LLES, J .: Declaracións en novembro de 1953. En: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍAZ OTERO, A.: Obra citada. Pax. 218)

F. As causas. Causas próximas: a actitude das grandes potencias II.

“Os pobos das colonias non queren vivir máis coma no pasado. As clases dominantes das metrópoles

non poden seguir dominando as colonias como o viñeron facendo. As tentativas de aniquila-lo movemento de

liberación nacional pola forza atópanse coa crecente resistencia armada dos pobos das colonias e conducen

a guerras coloniais de longa duración, como en Indonesia e Indochina.”

(KHDA NOV, A.: Declaracións a prensa en 1947. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ e outros: Obra citada. Pax. 233)

G. As causas. Causas próximas: ansias de independencia dos pobos colonizados.

“Os imperialistas europeos... teñen a responsabilidade de manter o statu quo. E, naturalmente, empregan... a técnica

do “nun ca po derá n conse guir iso ” para retr asar o proc eso en Áfric a...

É corrente pensar que o africano non posúe capa cidade política; que non ten relixión nin pode resolver os asuntos

internos do seu país... ; non hai ningún país africano que non tivera os seus líderes propios ant es da invasión europea... Chegou

a hora de que cada nación africana dependente debe dirixirse ao seu “amo” europeo e dicirlle: “poñámonos de acordo cando e

Page 3: ColeccióN 15

262

como rematará n vostedes o seu control dos nosos dereitos sob eranos”.. . Ofrezo un período de dez a quince anos para a

tran smisió n dos g ober nos af ricano s aos a frica nos re spons ables ...

Advertimos a todo s que Á frica cheg ou ao lím ite da súa pa ciencia respecto á situación actual. Quere a liberdade de

modo que sexa libre para pensar , planificar e executar por si mesm a. Quere ser libre para poder seguir dando a súa

contr ibució n -na art e, acien cia, a industria, a filosofía- ao progreso do home en África e ao enriquecemento da cultura xeral

dest e mu ndo.”

(OJIKE , Mbonu: África hoxe e mañán. 1945. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada. Pax. 379)

H. As causas. Causas próximas: coordenación internacional das colonias.

“Nós afirmamos o dereito de todos os pobos colonizados a dirixir o seu propio destino. Compre que

todas as colonias sexan liberadas do dominio estranxeiro, sexa este político ou económico.

Os pobos das colonias deben ter odereito a elixir aos propios gobernos... Nós dicimos aos pobos das

colonias que deben loitar para acadar este obxectivos con todos os medios de que dispoñan... A loita polo poder

político é o primeiro paso e a condición previa necesaria que ten que levar a unha plena emancipación soc ial,

política e económica. O Congreso Panafricano invita a todos os traballadores das colonias a organizarse

efectivamente e a situarse na vangarda da loita contra o imperialismo. As súas armas, a folga e o boicot, son

invencibles. Nós invitamos igualmente a intelctuais e profesionais das colonias a tomar conciencia das súas

responsabilidades...

¡Pobos colonizados e sometidos do mundo, unídevos!.”

(CONGRESO PANAFRICANO DE MANCHESTER. Resolución. 1945. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROM ERO MASIÁ, A.: Obra

citada. Pax. 379)

I. As causas . Causas próximas: Xurdimento dunha ideoloxía política autóctona.

“Sobre os fundamentos culturais do noso destino común... dixen, pouco máis ou menos, o seguinte:

fundar unha organización común soamente sobre a base do anticolonialismo é darlle unha base moi fraxil.

Porque o pasado colonia non nos caracteriza tanto como africanos. Iso é algo que temos en común con todos

os pobos de África e América. Iso é o pasado.. ., sobre todo cando se trata de construír o noso futuro. Este

futuro só pode repousar en valores que sexan comúns aos africanos e que sexan ao mesmo tempo, permanentes.

Precisamente é ao conxunto destes valores ao que eu chamo “africanidade”.

É o meu propósito intentar definir estes valores. Son, esencialmente, os valores culturais. Pero estes

están condicionados pola xeografía, a historia e a etnografía ou o etnos, pola raza. Sempre defino a

“africanidade” como a simbiose complementaria dos valores do arabismo e dos valores da negritude...

Farei un intento para demostrar que esta simbiose por mestizaxe realizouse, primeiramente, a nivel

de raza... e logo tratarei das converxencias que descubrín nas culturas árabes e negro-africanas. Este é o

momento de diferenciar tres termos que sempre se confunden: raza, que é unha comunidade física; pobo ou

etnos, que é unha comunidade cultural, e a nación, que é unha comunidade política.”

(SEDAR SENG HOR, Le opold: Fundamentos da africanidade. 1972. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra

citada. Pax. 380)

J. As causas. Causas próximas. A discriminación dos pobos indíxenas.

“Verdadeiramente trátase dun proceso entre a civilización europea e as civilizacións indíxenas que

Europa ten sometidas... Nalgúns países onde se estableceu o europeo, non hai indíxenas porque el os

exterminou... Pola contra, nos países cálidos puido comerciar gracias á súa colaboración xa que estas razas

estaban adaptadas ó clima e só elas eran quen de realizar o traballo corporal; el implantouse alí como director

da producción e guía da explotación... Así o europeo ten entre as súas mans a vida económica de moitos pobos.

Tutela moitas veces fatal, pois ó desenvolver os productos comerciais, sacrifícanse os cultivos alimenticios

e provócase a fame. Tutela, ademais doutras consideracións, nefasta, pois o europeo manufactureiro considera

as sociedade indíxenas como mercados naturais dos seus obxectos fabricados, e busca suprimir toda iniciativa

industrial a fin de non se crear rivais a el mesmo, e mantén, mentras pode ou lle interesa, o país fora da

evolución moderna.”

(DEMA NGEO N, A.: Le declin de l ’Europe. París, 1920. En: LÓPEZ FACA L, R. e DÍAZ OTERO , A.: Obra citada. Pax. 220)

Page 4: ColeccióN 15

263

K. As causas. Causas próximas. A oposición dos intelectuais europeos ó colonialismo.

“Non hai moito tempo, a Terra estaba poboada por 2.000 millóns de homes e deles 1.500 millóns de

indíxenas... A élite europea dedicouse a fabricar unha élite indíxena, seleccionaronse adolescentes,

marcáronlles na fronte, con ferro candente, os principios da cultura occidental... Logo dunha curta estancia

nas metrópoles devolvíanse ó seu país, falsificados. Eran mentiras vivientes que non tiñan nada que lles dicir

ós seus irmáns. Eran un eco... Aquilo rematou: as bocas abríronse soas, as voces amarelas e negras seguen

falando do noso humanismo, pero para nos reprochar a nosa inhumanidade.”

(SARTRE, J. P.: Artigo na revista Presencia africana. En: LÓPEZ FACA L, R. e DÍAZ OTERO , A.: Obra citada. Pax. 220)

L. As causas. Causas próximas. A ONU impulsa a emancipación.

“A Asemblea xeral da ONU... Proclama solemnemente a necesidade de pór fin rápida e

incondicionalmente ao colonialismo en todas as súas formas e manifestacións. A este efecto declara que:

1. O sometemento dos pobos a unha subxección, dominación e explotación estranxeiras constitúe unha

negación dos dereitos fundamentais do home, é contrario á Carta das Nacións Unidas e compromete a causa

da paz e da cooperación mundiais.

2. Todos os pobos teñen dereito da libre determinación...

3. A falta de preparación na orde política, económica, social ou educativa, non debe tomarse nunca

como pretexto para retrasar a independencia...

4. Porase fin a toda acción armadaa e a todos os medios de presión, do tipo que sexan, dirixidas contra

os pobos dependentes , para permitir a estes pobos que exerzan pacífica e libremente o seu dereito á

independencia completa, e será respectada a integridade do seu territorio nacional.

5. Nos territorios baixo tutela, territorios non autónomos e todos aqueles territorios que non

accederon aínda á independencia, tomaranse medidas inmediatas para transferir todos os poderes aos pobos

destes territorios, sen ningunha condición nin reserva, de conformidade coa súa vontade e cos seus votos

libremente expresados, sen ningunha distinción de raza, de crenza ou de color, co fin de permitirlles que

disfruten dunha independencia e dunha liberdade completas.”

(ASEMBLEA XER AL D A ON U. Resolu ción 1514. 14-XII-1960. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e RO MERO MASIÁ, A.: Obra citada.

Pax. 381)

Dúas vías no proceso de emancipación. Violencia e pacifismo.

LL. A vía violenta. A guerra de Alxeria.

“1- Un certo número de atentados tivo lugar esta noite en varios puntos de Alxeria, movidos por

individuos e pequenos grupos illados. Tomaronse inmediatamente medidas polo Goberno Xeral de Alxeria e o

Ministro do Interior puxo á súa disposición forzas suplementarias de policía. A calama é completa en toda a

poboación.

2- A Constitución é a nosa vontade. O Goberno vixiará para que todos os nosos conciudadáns de

Alxeria saiban que teñen unha esperanza e esta esperanza é francesa.

3- Fronte a vontade criminal de certos homes debe responderse cunha represión sen paliativos. Os

departamentos de Alxeria forman parte da República. A súa poboación, que goza da cidadanía francesa e está

representada no Parlamento, e que deu probas da súa vinculación a Francia, non pode deixar que se poña en

dúbida a súa unidade. Nunca Francia, nin ningún Parlamento nin Goberno cederá neste principio fundamental.”

(MATHIEUX,J. E VIN CEN T, G.: Aujourdhui, 1945 -1970. P arís, 19 72. En : LÓPE Z FA CAL , R. e DÍAZ OTERO, A.: Obra citada.

Pax. 221)

M. A vía violenta. A guerra do Vietnam.

“Paradóxicamente, todo o mundo fala de piedade en Saigón. Os responsab les dos orfelinatos onde

vexetan nenos doces e eivados que quedaron sen pais durante a guerra explican que só sentindo piedade é

posibel desenvolver este traballo. O director do centro de recuperación de drogadictos de Saigón afirma que

a piedade e a comprensión son básicas na súa terapia para desintoxicar do opio ós miles de rapaces que pasaron

e pasan polo local instalado no que antes fora seminario católico. Piedade é unha compoñente fundamental do

Page 5: ColeccióN 15

264

Fonte: www.historiasiglo20.0rg.

traballo da doutora Nguyen Thi Ngoc, subdirectora do hospital xinecolóxico onde se tratan as malformacións

infantís conxénitas producidas pola dioxina norteamericana.

“Olle para estes nenos de cinco anos unidos polo tronco. Son lindos e espilidos e vivirán como máximo

outros cinco anos”. “Os herbicidas e defoliantes provocaron non só malformacións externas, senón

probablemente mutacións cromosómicas que se transmutarán na herencia”.

(Fonte: El País . 3 de novembro de 1985.En: VILLARES PAZ e outros: Obra citada, pax. 259)

N. A vía pacífica. O pensamento de Gandhi.

“Cando un home pretende ser non violento non debe irritarse contra aquel que o aldraxou. Non lle

desexará ningún mal; desexaralle ben; non o maldirá e non lle inflixirá ningun sufrimento físisco...

Non debemos desexarlles mal ningún ós ingleses nin ós nosos compatriotas que cooperan con eles, en

tanto fagamos profesión de seren non violentos... O noso voto de non violencia exclúe toda posibilidade de

represalias futuras.

... Se a India obtén (a independencia) pola non violencia, necesita igualmente conservala por medios

non violentos. No cal Mr. Churchill non cre a penas, a non ser que a India dea unha proba do que é capaz... Esta

demostración é imposible en tanto que a sociedade non estea impregnada do espírito da non violencia de tal

forma que o pobo, na súa vida política, se conforme coa non violencia ou, noutros termos: que estime a

autoridade civil sobre a autoridade militar.”

(Historia do mundo contem poráneo. Ed. Rodeira-Edebé. Pax. 288)

O. A vía pacífica. O pensamento de Nkrumah.

“Xa sinalei que había dous modos de adquirir a autonomía: unha, pola revolución armada, e outra polos

métodos non violentos, constitucionais e lexítimos . Eu puxen como exemplo... a victoria alcanzada na India

sobre o imperialismo británico por medio da presión moral. Nós preconizamos o segundo método. Sen embargo

a liberdade non foi concedida a ningún país colonial nunha bandexa de parta: só se gañou logo de amargas e

vigorosas loitas. A causa do atraso das colonias en materia de instrucción, a maioría das xentes son iletradas

e só hai unha cousa que elas poden comprender: a saber, a acción.”

(NKRUMAH, Kwame : Presencia africana (declaración á prensa) 2-III-1957. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ,

A.: Obra citada. Pax. 383)

P. A vía pacífica. Gandhi, líder da non violencia na India.

Page 6: ColeccióN 15

265

A descolonización de Asia. A independencia da India.

Q. Os protagonistas. A Liga Musumana de Jinah.

“A Liga Musulmana, ó contrario que o Partido do Congreso do señor Nheru, baséase na realidade que

existe hoxe en día na India. Expliquei repetidamente as diferencias entre hindús e musulmáns. Non houbo

endexamais, ó longo de todos estes séculos, unidade social e política entre as dúas nacións. A Unión India da

que se fala hoxe en día, é unha continu idade da administración británica que só mantivo a paz, a lei e a orde

coa axuda da policía e do exercito. A idea da unidade que defende o Partido do Congreso fundaméntase nunha

nacionalidade que existe só nos seus soños. A nosa solución propón a partición do territorio deste

subcontinente en dous Estados soberanos: o Indostán e o Pakistan.”

(JINAH, Ahm et. A.: Declaracións na Convención da Liga Musulmana, 1946. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ e outros: Obra citada.

Pax. 235)

R. Os protagonistas. Problemas relixiosos.

“Baixo a colonización, a sociedade india era complexa dabondo para o seu entendemento, así que os

británicos a dividiron dacordo con criterios de relixión; a partir deste momento as relixións empezaron a

considerarse mutuamente como grupos diferentes.

Mentras que en Europa se empezaba a falar de nacións, empezouse na India a falar de nación hindú

e de nación musulmana: esta concepción colonialista que asentaba India sobre identidades relixiosas separadas

amputou o seu pasado á poboación, provocando efectos desastrosos. Contradecía a historiografía sánscrita

e persa que non tiña conciencia da existencia de dúas nacións. Por exemplo, desenvolveuse un sistema de

representación separada sobre unha base relixiosa, a noción de maioría e de minoría e a de comunidade hindú

e musulmana.”

(THAPAR, Romila: Artigo en: Le Monde, 11 de maio de 1993. En: SÁNCHEZ PÉREZ, F.: Historia del mundo

contemporáneo. Ed. Oxford educación. Madrid. 2002. Pax. 254)

S. Os protagonistas. O Partido do Congreso de Nehru.

“Aínda que con frecuencia quebrantado politicamente, o espirito da India sempre gardou unha

herencia común, e na súa diversidade constituíu sempre unha asombrosa unidade. Como as terras antigas, foi

unha curiosa mixtura do ben e do mal, pero o fin atopábase oculto e era preciso buscalo, mentras que o olor

da decadencia era evidente...

Hai unha certa semellanza entre Italia e a India. Ambolos dous son países antigos, respaldados por

vellas tradicións culturais... Pero, a diferencia de Roma nunca intentou construír un imperio ou pensou no poder

temporal. A cultura india estaba tan difundida por toda a India que ningunha parte do país podía chamarse

corazón desa cultura...

Italia legou o don da cultura e da relixión a Europa Occidental; o mesmo fixo a India coa Asia Oriental,

aínda que China era tan antiga e venerable coma ela...

A vella cultura foi capaz de vivir a través de moitas tempestades; e se, por unha banda, conservou a

súa forma externa, pola outra, perdeu o seu verdadeiro contido. Hoxe loita silenciosa e desesperadamente

contra un novo e todopoderoso antagonista: a civilización bania (mercantil) do Occidente capitalista. Ante este

recen chegado sucumbirá, pois o Occidente trae consigo a ciencia, e a ciencia significa alimento para millóns

de famentos. Pero o Occidente trae tamén consigo o antídoto contra os males desta civilización degollada: os

princiios do socialismo, da cooperación e o servicio á comunidade polo ben común. Isto non difire do vello ideal

brahmánico do servizo, pero significa a brahamanización (non no sentido relixioso, por suposto) de todas as

clases e de todos os grupos, e a abolición das distincións de clase...”

(NEH RU, Ja wahar lal: Autobiografía. 1936. En: KO HN, H.: El nacionalismo. Su significado y su hist oria . Ed. Paidós. Bos Aires,

1966. Paxs. 251-257)

T. Os protagonistas. A non cooperación de Gandhi.

“Ao meu pesar cheguei á conclusión de que a nosa asociación coa Gran Bretaña fixera á India máis

impotente que nunca, politica e económicamente... O país chegou a tal extremo que a penas se pode resistir

Page 7: ColeccióN 15

266

a fame. Antes da chegada dos ingleses, a india tecia e fiaba o suficiente para que os seus millóns de parados

puideran engadir aos seus febles recursos da agricultura un mínimo vital. Esta industria caseira, tan importante

para a existencia da India, foi arruinada por procedementos inhumanos e crueis...

Estou convencido, ademais, de que teño prestado un servicio á India e a Inglaterra ao lles mostrar

como a non cooperación co mal é un deber tan evidente como a cooperación co ben. Nestas ocasións a non

cooperación consistía en usar deliberadamente a violencia contra o que facía o mal. Eu quixen mostrar aos meus

compatriotas que a non cooperación violenta non fai máis que aumentar o mal e, dado que o mal só semanten

pola violencia, era preciso, se non queremos fomentar o mal, abstermos de toda violenc ia. A non violencia pide

o sometemento voluntario á pena en que se incorra por non ter colaborado co mal. Estou pois disposto a

someterme co corazón ledo ao castigo máis severo que se me podía inflixir polo que, segundo a lei, é un crime

deliberado e que a min me parece que constitúe o primeiro deber do cidadán.”

(GAND HI, M. K, : Declaracións. 1921. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada. Pax. 383)

U. A independenc ia da India.

“Coa fin da Segunda Guerra Mundial e o retorno ó poder en Inglaterra dun goberno laborista,

anunciouse que terían lugar unhas eleccións para oscorpos lexislativos centrais e provinciais da India, e que

logo, tan pronto como fose posible, sería convocado un organismo constituínte. En febreiro de 1946 decidiuse

o envio á India dunha misión do goberno británico para discutir co vicerrei e os xefes políticos hindúes o

futuro constitucional do país.

En marzo, cando chegou a misión á India, funcionaban ministerios responsables en todas as provincias,

por primeira vez desde 1939. Os principais partidos políticos non lograban chegar a un acordo e a misión víuse

forzada a presentar o seu propio plan. Á espera de que unha asemblea constituínte decida a futura constitución

da India, propúxose establecer un goberno provisional, no que todas as carteiras serían detentadas polos

hindúes. A demanda de creación dun Estado musulmán pakistaní independente foi rexeitada por incompatible

coas esixencias da defensa da India. Finalmente o Partido do Congreso aceptou formar goberno provisional que

entrou en funcións o 2 de setembro con Nehru como vicepresidente a carón do vicerrei.

Sucederonse choques entre hindúes e musulmáns no curso dos que 7.000 persoas resultaron mortas.

Cando a Asemblea constituínte se reuniu o 9 de decembro de 1946, foi boicoteada pola Liga Musulmana e os

Estados indios. O 20 de febreiro de 1947, o goberno británico anunciou a súa intención de ceder o poder ós

hindúes o máis tarde en 1948. Ante isto, Lord Wavell dimitiu; o visconde Mountbatten sucedeulle o 23 de

marzo de 1947. Despois dunha série de de consultas cos xefes políticos hindúes, este anunciou que a única

solución era a división da India en dous Estados separados. Un proxecto de lei sobre a independencia da India

se converteu en lei o 18 de xullo de 1947, dous Estados totalmente independentes: o dominio do Pakistan e o

dominio da India, as súas fronteiras definitivas no Punjab e en Bengala debían ser determinadas por sir Cyril

Radcliffe...”

(CHAULANGES e outros: Obra citada. Paxs. 157-159)

V. A independencia da India nas imaxes.

Jawaharlal Nehru, 1889-1964. Primeiro Ministro da

indpependencia india.

Page 8: ColeccióN 15

267

Fonte: www.indexnet.santillana.es

W. A independencia da India no espacio xeográfico.

A descolonización de Asia. A independencia de Indochina.

X. A batalla de Dien Bien Phu.

“Dien Bien Phu caeu porque tiña que caer. Non nos enganemos. Francia ven xugando a carta de

Indochina sin sinceridade, sin capacidade de sacrificio e sin forza para vencer. Sin sinceridade, porque nin

quería cumplir o seu compromiso de conceder unha auténtica independencia aos estados asociados nin confesar

que o seu verdadeiro propósito era unha guerra levada a cabo con diñeiro e con material ianquis , tropas

indochinas e europeas e europeas da Lexión estranxeira, dirección francesa e beneficios coloniais franceses

tamén. Sen capacidade de sacrificio, porque non se pode facer unha guerra, sen contribución de sangre, diñeiro

e traballo, e ningunha das tres cousas querían os franceses aportar. E sin forza moral nin material para alcanzar

a victoria, como o acaba de poñer de manifesto o xeneral Navarre, coa súa declaración de que soamente

internacionalizando o conflicto poderá evitarse o desastre en Indochina.”

(Artigo pu blicado en: La Nación , 8 de maio de 1 954. En: SÁNCHEZ PÉREZ, F.: Obra citada. Pax. 256)

Y. A guerra de Indochina nas imaxes.

Tropas francesas en Indochina. 1954. Fonte:

www.historiasiglo20.org.

Page 9: ColeccióN 15

268

Xeneral Nguyen Giap. Vencedor en Dien Bien PhuHo Chi Minh, 1890-1969. Lider do Vietminh

Z. A independencia do Vietnam.

“Impuxéronnos leis inhumanas... Durante máis de vintecatro anos, os colonialistas franceses, abusando

da bandeira da liberdade, da igualdade e da fraternidade, violaron a nosa terra e oprimiron ós nosos

compatriotas... Construíron máis cadeas ca escolas... Bañaron as nosas revolucións en ríos de sangue...

No dominio económico explotáronnos e expreméronnos por completo, reduciron o noso pobo á peor das

miserias e saquearon sen piedade o noso país. Espoliaron os nosos arrozais, as nosas minas, os bosques de noso.

Ostentaron o privi lexio de emitir billetes de banco e o monopolio do comercio exterior. Inventaron impostos

inxustificables que levaron ós nosos compatriotas, sobre todo ós campesiños e comerciantes, a unha pobreza

extrema. Impediron que a nosa burguesía nacional prosperase. Explotaron os nosos obreiros da maneira máis

salvaxe.

Por todas estas razóns, nós, membros do goberno provisional, declaramos, en nome de todo o pobo de

Vietnam, que nos liberamos totalmente de claquera relación colonial coa Francia imperialista... e que abolimos

tódolos privilexios que os franceses se outorgaron no noso territorio.”

(Declaración de independencia de Vietnam. Setembro de 1945. En: AROSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 235)

Z. 1. Os protagonistas da Independencia de Vietnam.

Z. 2 A descolonización de Asia. Xeografía e cronoloxía do proceso.

Page 10: ColeccióN 15

269

A descolonización do mundo árabe Loita contra Francia e Inglaterra.

Z.2. A independenc ia de Alxeria. A insurrección de Argel.

Secreto. “No momento en que a poboación de Argel acaba de abandonar os arredores do Ministero

de Alxeria, teño a honra de informarvos dos acontecementos que marcaron as horas difíciles que acabamos

de vivir.

A folga decidida pola organización de antigos combatentes era absolutamente xeral dende as trece

horas como se tiña previsto. A partir das catorce horas, decenas de milleiros de homes e mulleres diriíanse

a pe cara a plaza Laferriére. Cara as dazasete horas cerca de 100.000 persoas estaban concentradas nos

xardíns subindo ó monumento ós Mortos, entre a plaza Laferriére e as rúas circundantes. A multitude, que

contaba con varios milleiros de franceses de orixe norteafricana, estaba tranquila. Obedec ía puntualmente as

instruccións que lles eran dadas polos vehículos “altavoces” dos organizadores.

Ás dezaoito horas, acompañado polo Sr. Baret, I.G.A.M.E. (Inspector Xeral da Administración en

Misión Extraordinaria) da rexión de Arxel, do xeneral Jouhaud, do almirante Auboyneau, do xenral Massau, me

dirixía ao monumento aos mortos . Alí era acollido por unha vibrante Marsellesa cantada únanimemente por toda

a multitude. A cerimonia prevista para commemorar o recordo dos tres prisioneiros asasinados desenvolveuse

coa maior orde e coa máis absoluta disciplina. Cara as 18,30 horas, a multitude dispersábase sen incidentes.

Sen embargo, debido á instigación de elementos extranos ás organizacións oficiais de antigos

combatentes, algúns milleiros de manifestantes dirxíronse cara o Ministeri de Alxeria a partir das 17 horas.

Rapidamente trataron de penetrar no interior do edificio. Antes incluso que as unidades de paracidistas

apostadas para asegurar a protección do ministerio puidesen intervir, as C.R.S. (Compañías Republicanas de

Seguridade) concentradas no interior despexaban os arredores inmediatos uti lizando granadas lacrimóxenas.

A multitude replicaba lanzando adoquíns e pedras ás C.R.S. e aos paracaidistas que acudían.

Aproveitando estes incidentes, os novos dirixentes da manifestación chamaban aos reforzos e

facíanos penetrar á forza no ministerio. Un elevado número de oficinas eran saqueadas, mentras que os

vehículos deste servicio eran destruídos en parte...”

(Informe do 14 de maio do xeneral Raul Sala comandante en xefe de Alxeria, ao Sr. de Chevigné, ministro de Defensa. En:

CHAULANGES e outros: Obra citada. Paxs. 67-69)

Z. 3. A independencia de Alxeria. O plantexamento do Estado francés.

“Ó someterse ao pobo francés o proxecto de Lei de Referendum, lle propoño adoptar solemnemente

as medidas previstas nas declaracións gubernamentais do 19 de marzo, no que concerne, por unha parte ao cese

do fogo e a autodeterminación de Alxeria, e por outra banda, a asociación de Francia con ese país se, como todo

o mundo cre, opta por un futuro independente. Ademais, é indispensable para o Presidente da República os

medios para aplicar este conxunto (de medidas); solicito pois, ao país que o aprobe para que as adopte. O asunto

é de tal alcance que require directamente o consenso soberano da nación.

¿Qué significa, en efecto, a decisión á que todos os cidadáns son invitados a ratificar mediante o seu

sufraxio?. En primeiro lugar, eso significa a paz. Non hai home de ben e de corazón que non deba felicitarse

por isto. Desde o momento que Francia quere que Alxeria dispoña de sí mesma, desde o momento en que o noso

exercito se asegurou o dominio do territorio, desde o momento en que el o conquistou, que en contrapartida

da nosa axuda á nova Alxeria respecta os intereses do noso país e procura as garantías necesarias á comunidade

de orixe francés, a loita non ten xa ningun sentido...”

(LAR AN, M . e VILLEQ UET, J.: L’ epoque cont empor aine (1871-1965 ). T. V. Discurso do xeneral De Gaulle. Ed. Dessain, Lieja-

París, 1969. Paxs . 443-444)

Z. 4. A independencia de Alxeria. Punto de vista indíxena.

“Hai algúns días aínda (novembro de 1957), o sangue de tres mozos alxerianos recubriu o patio da

prisión... No inmenso berro de dor que brotou de todas as celas no momento en que o verdugo foi buscar aos

condenados, así como no si lencio absoluto, solemne, que seguiu, era a alma de Alxeria que vibraba. Chovía e

unhas pingas escorregaban, brillantes, na escuridade, polos barrotes da miña cela. Os gardas pecharon todas

as taquillas, pero oímos berrar a un dos condenados, antes de que o amordazaren: “¡Tahia El Djezair! ¡Viva

Alxeria!”. E todas a unha, sen dúbida no momento mesmo en que o primeiro dos tres subía ao patíbulo, brotou

da prisión de mulleres a canción dos combatentes alxerianos:

“Das nosas montañas/A voz dos homes libres elevouse:

Page 11: ColeccióN 15

270

Ahmed Ben Bella. Líder anticolonialista de

Alxeria.Charles De Gaulle. Presidente de Francia durante a

descolonización de Alxeria.

Chama a independencia da patria/Douche todo o que amo.

Douche a miña vida,/¡Oh, meu país!”

Todo isto era preciso que o dixese para os franceses que me queiran ler.”

(ALLEG . H.: La Questión. 1961. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada. Pax. 384)

Z. 5. Os protagonistas da independencia de Alxeria.

Z. 6. A ruptura de Exipto con Francia e Inglaterra. Nacionalización do Canal de Suez.

“A pobreza non é unha vergoña, pero si o é a explotación dos pobos. Recuperaremos tódolos nosos

dereitos, xa que todas estas riquezas son nosas e este canal é propiedade de Exipto. A compañ'çia é unha

sociedade anónima exipcia e o canal foi contruído por 120.000 exipcios... A Sociedade do Canal de Suez en París

non é senón unha pantalla que agacha unha grande explotación... Non lles daremos ningunha ocasión ós países

ocupantes para que poidan executa-los seus plans e esta é a razón pola que hoxe asino o acordo do goberno

sobre a nacionalización da Compañía do Canal... En Exipto non existe ningunha outra soberanía que a do pobo

exipcio, un só pobo..., que constitúe un bloque unido contra calquera agresor e contra as conspiracións dos

imperialistas.”

(Discurso de G. Nasser, 26 de xullo de 1956. En: AROSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 237)

Z. 6. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí . Problemas internos de Israel.

Page 12: ColeccióN 15

271

Fonte: LÓPE Z ALO NSO, C: Israel, tierra de las promesas rotas. Artigo publicado en: La av entu ra de la hist oria , nº 44, pax. 50

Interpretación do conflicto israelo-palestino do debuxante A. Krauze, publicada no diario británico The Guardian. O 13 de abri l de

2002.

Z. 7. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí . Problemas internos de Israel.

Z. 8. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí. A interpretación no exterior.

Z. 9. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí. As reivindicacións palestinas.

“Art. 2. Os territorios de Palestina, que constitu ían as fronteiras baixo mandato británico, constitúen

unha unidade territorial indivisible.

Art. 3. Soamente o pobo palestino ten dereitos lexítimos sobre a súa patria. Desppois de tela liberado,

exercerá o seu dereito á autodeterminación, segundo a súa única voz e a súa soa vontade.

Page 13: ColeccióN 15

272

Evolución espacial do reparto de Palestina. En: SOLAR, D.: iIsraelíes y palestinos en el laberinto. La av entu ra de la hist oria , nº 44. Pax. 35

Art. 4. A identidade palestina transmítese de pais a fillos. Nin a ocupación sionista nin a dispersión

do pobo árabe palestino poden atolda-la identidade palestina.

Art. 15. A liberación de Palest ina é unha obriga nacional para os árabes. A súa obriga é rexeita-la

invasión sionista e imperialista na gran patria árabe e liquida-la presencia sionista en Palestina.

Art. 19. A partición de Palestina, en 1947, e a creación de Israel non teñen ningunha validez, sexa cal

sexa o tempo transcorrido despois desta data, xa que son contrarias á vontade do pobo palestino e ó dereito

natural sobre a súa patria. Tamén son contrarias á carta de Nacións Unidas no que concerne ó dereito de

autodeterminación.”

(Carta da Organización para a Liberación de Palestina (OLP). 1964. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 239)

Z. 10. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí. O conflicto nos mapas.

Z. 11. A descolonización no Oriente Medio. O conflicto árabe-israelí. Violencia e fracaso.

“A conflictividade foi grande en Palestina desde o comenzo do mandato, distinguíndose tres

momentos: A revolta do Mufti: En 1928, o Mufti Amin el Husseini in iciou, primeiro, unha campaña para afirmar

o seu liderádego político sobre os árabes de Palestina e, despois, unha série de tumultos e desordes moi

violentos, nos que se rexistraron 299 mortos (133 xudeos) e 571 feridos (339 xudeos), segundo cifras oficiais

británicas.

Segunda Guerra Santa: Entre 1936 e 1939, Palestina viviu un conflicto ininterrumpido que causou máis de 3.600

mortos e máis de 3.000 feridos, promovida polo Alto Comité Árabe, cúios membros foron detidos pola policía

británica e deportados. Esa rebelión árabe provocou o Libro Blanco, ainda que nin a súa promulgación logrou

paralizala e foi preciso que a metrópole enviara a Palestina máis de 16.000 soldados.

Os momentos cumio de barbarie desatada en Palestina desde 1946 a mio de 1948 son, sen dúbida,a

voladura do hotel King David, de Jerusalen, por terroristas xudeos do Irgun, o 22 de xullo de 1946, na que

Page 14: ColeccióN 15

273

morreron 91 persoas e 200 máis foron afectadas de diversa gravidade. O asalto da poboación palestina de Deir

Yessin, durante a noite do 9 de abril de 1948, por unidades do Irgun, arroxou o terrible saldo de 254 mortos,

nenos, mulleres e ancians na súa gran maioría. Unha partida de terroristas árabes tomouse a inmediata

vinganza: asaltou un convoy sanitario xudeo cerca de Xerusalén, asasinando a 76 persoas: enfermeiras,

médicos, camilleiros e conductores. Segundo os británicos, en 28 meses esa guerra produciu 1.500 mortos e

máis de 5.000 feridos.”

(La Aventura de la historia, nº 44. Pax. 37)

Z. 12. A descolonización no Oriente Medio.O conflicto árabe-israelí. O conflicto na actualidade.

“Durante más de un cuarto de siglo, la política israelí ha estado en conflicto con la de Estados Unidos

y la de la comunidad internacional. La ocupación israelí de Palestina ha impedido alcanzar un acuerdo de paz

amplio en Tierra Santa, independientemente de los problemas propios palestinos. La postura estadounidense

desde Eisenhower es que las fronteras de Israel coincidan con las instauradas en 1949, y, desde 1967, la

Resolución 242 de la ONU, adoptada universalmente, ordena la retirada israelí de los territorios ocupados ese

año. Como parte del Cuarteto, que incluye a Rusia, la ONU y la Unión Europea, George W. Bush ha refrendado

una Hoja de Ruta para la paz. Pero Israel ha rechazado oficialmente sus premisas básicas.

El Centro Carter, con el visto bueno de Israel, ha realizado un seguimiento de las tres elecciones

palestinas. Supervisadas por una comisión de expertos, todas han sido honestas, justas y pacíficas, y ganadores

y perdedores han aceptado los resultados. Las últimas fueron ganadas por Hamás, pero los sondeos

poselectorales demuestran que un 80% de los palestinos sigue deseando la paz con Israel.

Israel ha anunciado una política de aislamiento y desestabilización del nuevo Gobierno de Hamás (a

la que quizá se sume Estados Unidos). Pero el enviado especial del Cuarteto, James Wolfensohn, ha propuesto

que los donantes ayuden al pueblo palestino sin violar las leyes antiterroristas que prohíben el envío directo

de fondos a Hamás. A corto plazo, el mejor planteamiento es seguir el consejo de Wolfensohn, dejar que pase

la tormenta en Palestina, y esperar el resultado de los comicios israelíes este mismo mes. Hamás desea ahora

consolidar sus triunfos políticos, mantener el orden y la estabilidad internos y abstenerse de cualquier

contacto con Israel.

El principal obstáculo para la paz es la colonización de Palestina por parte de Israel. Cuando me

nombraron presidente había sólo unos cientos de colonos en Cisjordania y Gaza, pero el Gobierno del Likud

amplió la actividad de los asentamientos después de que yo abandonara el cargo. Ronald Reagan condenó esta

política; George W. Bush amenazó incluso con recortar la ayuda de EE UU a Israel. Aunque Bill Clinton hizo

grandes esfuerzos por fomentar la paz, durante su Administración se produjo un masivo incremento de colonos,

hasta alcanzar los 225.000, sobre todo mientras Ehud Barak fue primer ministro israelí. Su mejor oferta

oficial a los palestinos fue retirar a un 20% de los colonos, dejando a 180.000 en 209 asentamientos. Este

laberinto mantendría la división de Cisjordania en múltiples e inhabitables fragmentos.

Recientemente, los líderes israelíes han optado por acciones unilaterales sin la participación de EE

UU o los palestinos, con la retirada de Gaza como primer paso. Gaza, con las restricciones y aislamiento

actuales, sin acceso al aire, al mar o a Cisjordania, es una entidad económica y polít ica inviable. El futuro de

Cisjordania también es sombrío. Resulta especialmente problemática la construcción por parte de Israel de

enormes muros divisorios de cemento en zonas pobladas y vallas altas en áreas rurales, ubicadas en su totalidad

en territorio palestino, y a menudo con profundas intrusiones para abarcar más tierra y asentamientos. El muro

está diseñado para rodear por completo a una truncada Palestina. Esto nunca será aceptable ni para los

palestinos ni para la comunidad internacional.

A lo largo de los años, los sondeos de opinión han mostrado sistemáticamente que en torno a un 60%

de los israelíes están a favor de la retirada de Cisjordania a cambio de la paz permanente. De forma similar,

una abrumadora cantidad de israelííes y palestinos desean una solución duradera de dos Estados.

Caben pocas dudas de que la reconciliación con los palestinos puede suponer para Israel un pleno

Page 15: ColeccióN 15

274

reconocimiento por parte de los árabes y el derecho a vivir en paz. Cualquier política de Hamás o de cualquier

otro grupo terrorista se superará mediante un compromiso árabe general de contener la violencia y fomentar

el bienestar del pueblo palestino.

Ni siquiera ahora debemos perder la esperanza de una paz permanente para los israelíes y de libertad

y justicia para los palestinos si se respetan tres premisas básicas:

1. El derecho de Israel a existir -y a vivir en paz - debe ser reconocido y aceptado por los palestinos y todos

los demás vecinos;

2. El asesinato de personas inocentes mediante bombas suicidas u otros actos de violencia no puede continuar;

y

3. Los palestinos deben vivir en paz y con dignidad, y los asentamientos israelíes permanentes en su tierra son

un gran obstáculo para ese objetivo.

Jimmy Carter, ex presidente de Estados Unidos, dirigió la observación de las elecciones palestinas de enero.

Traducción de News Clips. ©© Project Syndicate y The Council on Foreign Relations.

(Fonte: El País. 14 de marzo de 2006)

A descolonización da África negra. Na procura da l iberdade.

Z. 13. A descolonización do Congo belga.

“A todos vos, amigos meus que loitastes sen descanso ó noso lado, pídovos facer deste 30 de xuño de

1960 unha data ilustre que gardaredes indeleblemente grabada nos vosos corazóns, unha data que ensinaredes

con orgullo aos vosos nenos para que eles á súa vez fagan coñecer aos seus fillos e aos seus netos a historia

gloriosa da nosa loita pola liberdade.

Porque esta independencia do Congo, se é proclamada hoxe en armonía con Bélxica, país amigo con quen

nós tratamos de igual a igual, ningún congoleño digno dese nombre xamais poderá esquecer, sen embargo, que

foi a través da loita como el a conquistou, unha loita de todos os días, unha loita ardente e idealista, unha loita

na que nós non escatimamos, nin as nosas forzas, nin as nosas privacións, nin os nosos sufrimentos, nin o noso

sangue. Unha loita que foi de lágrimas, de lume e de sangue: nós estamos orgullosos disto ata o máis profundo

de nós mesmos, pois esta foi unha loita nobre e xusta, unha loita indispensable para poñer fin á humillante

esclavitude que se nos impoñía pola forza.

O que foi o noso destino en 80 anos de réxime colonialista, as nosas feridas están dabondo frescas

e son demasiado dolorosas aínda para que as poidamos borrar da nosa memoria...”

(Discurso de Patrice Lumumba o 30 de xuño de 1960. En: GO THIER , L. e EBER TZHE IN, R.: A la rencontre des hommes” , ed.

Dessain, Lieja, 1968. Paxs. 256-257)

Z. 14. A descolonización de Ghana.

“A marea crecente da reacción internacional contra Ghana chegou ao seu punto culminante de

turbulencia no mes de setembro, a fins do que a prensa e a radio imperialistas, de ambolos dous lados do

Atlántico, fixeron circular unha mentira abominable sobre o noso amado presidente vitalicio da República de

Ghana, Osagyefo Dr. Kwame Nkrumah.

Os incidentes que conduciron á declaración do estado de emerxencia na capital de Ghana e no porto

de Tema demostraron, sen lugar a dúbidas, a existencia dunha conspiración global contra Ghana, dirixida polos

axentes do imperialismo mundial e coa axuda da parte reacc ionaria da prensa occidental.

Entre as razóns aducidas ata o momento nesta xugada desesperada das forzas organizadas do

neocolonialismo para deter o golpe do Movemento de Liberación Africano áchase a declaración que o presidente

de Ghana formulará a comenzos deste ano, no sentido de que o imperialismo debe abandonar África a fins

deste ano, 1962.”

(CISN EROS FRAIL E e outros : Historia do mundo contem poráneo. Ed. Ecir. Valencia. 1986. Paxs. 515-516)

Page 16: ColeccióN 15

275

Fonte: www.indexnet.santillana.es.

Z. 15. A visión dos indíxenas sobre a colonización.

“Unha vez un elefante fixo un pacto de amistade co home. Un día de tormenta e de moita chuvia, o

elefante -o europeo- solicitou do seu amigo que lle permitise meter a súa trompa,, porque era moi delicada, no

interior da súa choza. O home deulle autorización e, en pouco tempo, o lefante entraba na casa, botaba ao home

e dexábao debaixo da chuvia. Ante os berros de protesta do home, chegou o rei -o león- e, considerados os

disturbios ocasionados no seu reino, solicitou que se estudiara o caso por unha comisión real. A Comisión,

despois de numerosas consultas, chegou ao seguinte fallo: o elefante cumplíu cun deber sagrado ó interesarse

pola casa do alborotador, cúia protesta se produciu porque se trataba dunha persoa subdesenvolvida. En

resumo, foi polo ben do home polo que o elefante ocupou aquela casa, e como o seu dono non chegou aínda a un

suficiente grado de coñecemento, estabreceremos o seguinte compromiso: Que o elefante se quede donde

está e que o home busque noutra parte, en plena liberdade, un lugar para construír a súa nova choza.

(RUÍZ GARCÍ A, E.: El Tercer Mundo. Alianza Editor ial)

Z. 16. Os problemas da colonización. O segregacionismo.

“A política de apartheid xurdíu da esperiencia da poboación branca estabrecida no país, e baséase no

principio do dereito e da xustiza cristians.

A súa finalidade é a conservación e a protección da poboación branca como unha raza branca pura, e

a conservación e protección dos grupos raciais indíxenas como comunidades nacionais separadas, con

posibilidades de desenvolverse nas súas propias zonas ata converterse na verdadeira patria dos africanos. O

Partido Nacional (afrikaners) dase conta do perigo que representan as oleadas de africanos que van ás cidades

e trata de protexer o carácter branco das nosas cidades.

(En: Áfric a desd e 180 0, Ed. Alianza)

Z. 17. A independencia de África nos mapas.

Page 17: ColeccióN 15

276

Liquida ción do imper io colonial fran cés. Fonte: www.historiasiglo20.org. 10-III-2006

Z. 18. A fin do imperialismo. Unha visión satírica do caso francés.

Z. 19. Movemento de integración nos países descolonizados. A Organización da Unidade Africana (OUA)

“Nós, Xefes de Estado e Goberno africanos, reunidos en Addis-Abeba, Etiopía, convencidos de que

os pobos teñen o dereito inalienble de determina-lo propio destino, conscientes do feito de que a liberdade,

a igualdade, a xustiza e maila dignidade son aspiracións lexítimas dos pobos africanos, sabendo que o noso

deber é o poñe-los recursos naturais e humanos do noso continente ó servicio do progreso xeral dos nosos

pobos en tódolos dominios da actividade humana.

Guiados por unha común vontade de reforza-la comprensión entre os nosos pobos e a cooperación entre

os nosos Estados, co fin de responder ás aspiracións dos nosos pobos de ir cara a consolidación dunha

fraternidade e unha solidariedade integradas no censo dunha unidade máis ampla que transcenda as

diverxencias étnicas e nacionais.

Convencido de que para poñer esta firme determinación ó servicio do progreso humano, compre crear

e manter condicións de paz e seguridade.

Firmemente resoltos a ssalvagardar e consolidar a independencia e soberanía duramente conquistadas,

así como a integridade territorial dos nosos Estados, e a combate-lo neocolonialismo baixo tóda-las súas

formas.

Consagrados ó proceso xeral de África, ...

Resoltos a reafirma-los lazos entre os nosos Estados creando institucións comúns e reforzándoos.

Conviñemos en crear: a Organización da Unidade Africana.”

(Carta da Organización da Unidade Africana. 25 de maio de 1963)

O Terceiro Mundo. Os países non aliñados.

Z. 20. O concepto de Terceiro Mundo.

“Falamos de boa gana da existencia de dous mundos, do seu posible enfrontamento, da súa

coexistencia, etc., esquecendo demasiado a miudo que existe un terceiro mundo, o máis importante... É o

conxunto de aqueles que se denominan, na linguaxe das Nacións Unidas, os países subdesenvolvidos...

Quizais polo seu propio ben, o primeiro mundo podería, incluso máis aló de toda solidariedade humana,

non permanecer insensib le ao ascenso lento e irresistible, humi lde e fero, cara á vida. Porque, a fin de contas,

Page 18: ColeccióN 15

277

Fonte: LÓPEZ FACAL e DÍAZ OTERO: Obra citada. Pax. 226.

Fonte: LÓPEZ FACAL e DÍAZ OTERO: Obra citada. Pax. 226.

este terceiro mundo, ignorado, explotado, desprezado como o terceiro estado, tamén quere ser algo.”

(SAUV Y, A.: Tres mundos, un planeta. 1952. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada. Pax. 385)

Z. 21. Os problemas do Terceiro Mundo. A explosión demográfica.

Z. 22. Os problemas do Terceiro Mundo. Deficiencias sanitarias.

Page 19: ColeccióN 15

278

Fonte: LÓPEZ FACAL e DÍAZ OTERO: Obra citada. Pax. 228.

Z. 23. Os problemas do Terceiro Mundo. A dependencia económica.

Z. 24. Os problemas do Terceiro Mundo. A intervención das compañías multinacionais.

“A United Fruit Company é un exemplo clásico. En 59 anos a compañía medrou tanto que controla máis

dun millón de acres en Guatemala, Honduras, Ecuador, Costa Rica, Colombia, Panamá e outros países.

En 1957 a súa Gran Flota Branca de 61 Barcos transportou non menos de 61 mi llóns de acios de bananas

aos EE.UU. A compañía cultiva tamén numerosos acres de caña de azucre, cacao, abacá, palma oleaxinosa,

madeiras e posúe, ademáis , preto de 1.400 millas de ferrocarrís. Buscando un maior grado de diversificación,

está actualmente dedicada á busca de petróleo e gas natural, bauxita, minerais de ferro e outros metais.

Actualmente, a empresa e as súas subsidiarias, teñen orzamentos de case 400 millóns de dólares. Se a United

Fruit dista moito de ser xigantesca comparada coas empresas similares nos EE.UU., parece como un coloso se

a comparamos coa maioría das empresas centroamericanas.”

(BARRON’S. Revista Financeira. VIII-1958. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada. Pax. 388)

Z. 25. Os problemas do Terceiro Mundo. As grandes desigualdades económicas.

“En 1980 no Salvador, o 66% do ingreso nacional foi parar ás máns do 20% máis rico da poboación,

mentras que o 20% máis pobre únicamente recibía o 2% dese ingreso. Nese mesmo ano, o 60% da poboación

da rexión vivía en Estado de pobreza e máis do 40% en estado de “extrema pobreza”. Os ingresos reais das

familias pobres en Guatemala eran menores en 1980 que en 1970.”

(KISSINGER, H.: Informe sobre Centroamérica. 1984. En: ALFEIRÁN RODRIGU EZ e ROME RO MASIÁ , A.: Obra citada. Pax.

389)

Z. 26. Os problemas do Terceiro Mundo. As guerras civís.

“¿Pode sorprender a alguén que os países máis explotados gasten o mesmo en armas que en

desenvolvemento agrícola? O dato pode e debe provocar indignación; sorpresa nunca. ¿Acaso eses países non

teñen donos? E eses donos, ¿non teñen motivos para sentirse acosados? Os países subdesenvolvidos...

duplicaron os seus gastos militares entre 1970 e 1975. No mesmo período diminu íron a súa producción de

alimentos por paersoa.

Sen unha baioneta detrás das costas, ¿como podería gobernar, por exemplo, (Pinochet) quen afogou

en sangue a democracia en Chile?... Guatemala foi o primeiro país latinoamericano onde se desenvolveu en gran

escala a técnica das desaparicións. Nos nosos días, o método segue aplicándose alí e tamén no salvador e

noutros países gobernados por secuestradores. En Arxentina cobraron non menos de 20.000 víctimas...

Coñecemos os prtestos. ¿Haberá quen honestamente crea que os axentes soviéticos son os culpables

de que os salvadoreños teñan o máis baixo consumo de calorías en América Latina? De cada dez nenos

Page 20: ColeccióN 15

279

Fonte: Gar cía Almiñana e outros: Historia do mundo contem poráneo.

Ed. Ecir. Valencia. 2002. Pax. 395.

salvadoreños, hai oito desnutridos. Desa violencia ven a violencia. Democracia era antes no Salvdor o reino de

catorce familias. Agora é o reino de 244 familias, e a farsa das eleccións baixo estado de sitio, que ninguén

cre. Desa violencia ven a violenccia. Hai dous anos, as forzas armadas do Salvador ocuparon o campo.

Entregaron o 5% da terra ás cooperativas campesiñas, chamaron a iso reforma agraria. Antes da fin de 1980,

as forzas armada asasinaron a douscentos líderes desas cooperativas. Desa guerra ven a guerra.”

(GALEANO, Eduardo: As guerras da guerra. El País, 10-III-1982. En : ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra

citada. Pax. 390)

Z. 27. Os problemas do Terceiro Mundo. A débeda externa.

Z. 28. Os problemas do Terceiro Mundo. O cículo vicioso do subdesenvolvemento.

Fonte: García Almiñana e outros: Historia do

mundo contemporá neo. Ed. Ecir. Valencia. 2002.

Pax. 394

Page 21: ColeccióN 15

280

Fonte: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A.: Obra citada, pax. 386.

Z. 29. Os problemas do Terceiro Mundo. Exceso de burocracia.

“A principal “industria” dos países de ultramar é, actualmente, a administración. É improductiva pois

absobe os gastos globais do país...; a administración tal e como está concib ida vai levar a estes países á ruína.

A última fase “colonial” proclamara a igualdade dos salarios; o funcionario autóctono recibía ademáis dos soldos

metropolitanos, un complemento colonial, que ás veces foi reducido, pero non abolido. Coa independencia esta

pseudo-igualdade desembocou nunha flagrante disparidade co resto da poboación, que tiñan un nivel de vida

a miúdo quince veces inferior ó noso... A saída amsiva de franceses entrañou unha forte promoción dos

subalternos africanos... Elementos da función pública, parlamentarios, ministros, constitúen unha especie de

casta privilexiada, con membros que se apoian uns ós outros...; créase en África unha “burguesía” de novo tipo

que Karl Marx a penas puido prever, unha burguesía da función pública.”

(DUMO NT, René : L’Afr ique es t ma l part ie. En: LÓPEZ FACAL e DÍAZ OTERO. Obra citada, pax. 222)

Z. 30. A diferenciación espacial entre mundo rico e mundo pobre.

Z. 31. Os países no aliñados. A conferncia de Bandung.

“A Conferencia Afroasiática prestou seria ó problema da paz e da cooperación mundial. L ibre de

sospeitas e de medos e animados pola fe e a boa vontade de unha cara a outra, as nacións debería praticar a

tolerancia e vivir xuntas en paz e de bos veciños a desenvolver unha cooperación amigable sobre a base dos dez

principios seguintes:

1. Respecto polos dereitos fundamentais do home para os fins e principios da Carta das Nacións

Unidas.

2. Respecto para a soberanía e a integridade territorial de todas aas nacións.

3. Recoñecemento da igualdade de todas as razas e de todas as nacións, grandes e pequenas.

4. Abstención de intervencións ou interferencia dos asuntos internos doutros países.

5. Respeto ó dereito de toda nación a defenderse por si sóa ou en colaboración con outros Estados,

en conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

6. a) Abstención de participar en acordos de defensa colect iva con vistas a favorecer os intereses

particulares dunha das grandes potencias.

Page 22: ColeccióN 15

281

Mesa pre sidencial da Conf rencia de Ba ndung. En: www.historiasiglo20.org.

b) Abstención por parte de todo país a exercitar presión sobre os outros países.

7. Abstención de actos ou de ameaza de agresión e do uso da forza nos cotexos da integridade

territorial ou de independencia política de calquera país.

8. Composición de todas as diverxencias internacionais con medios pacíficos, como tratados,

conciliacións, arbitraxe ou composición xudicial, así como tamén con outros medios pacíficos, segundo a libre

selección das partes en conformidade coa Carta das Nacións Unidas...”

(CORD ERO T ORRE S, J. Mª.: Textos básicos de África. I.E.P., Madrid, 1962. Pax. 451)

Z. 32. Os países non aliñados. A Conferencia nas imaxes.

Z. 33. Os países non aliñados. Os non aliñados no especio xeográfico.

Fonte: www.historiasiglo20.org.

Page 23: ColeccióN 15

282

Fonte: ABC. 5-IX-89

Z. 34. Os países non aliñados. O fracaso do non aliñamento.

Page 24: ColeccióN 15

283

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. A batalla de Argel. Italia. 1965. Dir. Gillo Pontecorvo. Xénero: drama. Duración: 120 m.

2. Exodo. EE. UU. 1960. Dir. Otto Preminger. Xénero: drama. Duración: 213 m.

3. Gandhi. Reino Unido. 1982. Dir. Richard Atteborugh. Xénero: drama biográfico. Duración: 188 m.

4. Berra liberdade. Reino Unido. 1987. Dir. Richard Atteborough. Xénero: drama racial. Duración: 158 m.

5. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras biográfica. Duración: 222 m.

6. Indochina. Francia. 1992. Dir. Régis Wargnier. Xénero: drama romántico. Duración: 155 m.

7. Os esquecidos. México. 1950. Dir. Luís Buñuel. Xénero: drama social. Duración: 88 m.

8. Antonio das mortes. Brasil. 1969. Dir. Glauber Rocha. Xénero: drama. Duración: 94 m.

9. Estado de sitio. Francia. 1973. Dir. Constantin Costa-Gavras. Xénero: drama político. Duración: 125 m.

10. Un lugar no mundo. Arxentina. 1992. Dir. Adolfo Aristarain. Xénero: drama. Duración: 120 m.

11. A casa dos espíritos. EE. UU. 1993. Dir. Bille August. Xénero: drama. Duración: 138 m.

12. 55 días en Pekin. EE. UU. 1963. Dir. Nicholas Ray. Xénero: aventuras. Duración: 154 m.

13. Beau Geste. EE. UU. 1939. Dir. William A. Wellman. Xénero: aventuras. Duración: 114 m.

14. Máis aló de Rangun. EE. UU. 1995. Dir. Jhon Boorman. Xénero: drama. Duración: 96 m.

15. O ano que vivimos perigosamente. Australia. 1983. Dir. Peter Weir. Xénero: drama. Duración: 115 m.

16. Os berros do silencio. Reino Unido. 1984. Dir. Roland Joffé. Xénero: drama. Duración: 142 m.