14
ASCLEPIO DEUS DA MENCIÑA GREGA

Asclepio e breve historia menciña blog

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Asclepio e breve historia menciña blog

ASCLEPIO

DEUS DA MENCIÑA

GREGA

Page 2: Asclepio e breve historia menciña blog

Asclepio, o deus da menciña, fillo

de Apolo, foi venerado en moitos santuarios de Grecia. Representábase con serpes ao redor dun bastón, piñas, coroas de laurel, unha cabra ou un can. Tiña o don da curación e coñecía moi ben a vexetación, en particular as plantas medicinais.

Asclepio alcanzou tal habilidade que podía devolver a vida aos mortos. Zeus matouno cun raio e foi levado aos ceos.

Os romanos chamárono Esculapio. A súa filla foi Hygea, orixe do termo “hixiene”.

Page 3: Asclepio e breve historia menciña blog

ORIXES DA MENCIÑA

A menciña conta cunha longa tradición en Grecia. Xa na Ilíada, poema grego atribuido a Homero, que canta as fazañas de Troia (1250 a C.), descríbese como un guerreiro foi ferido na nalga “ cerca da vexiga e debaixo do oso do pube”;

Menelao, rei de Esparta, foi intervido

dunha ferida na muñeca polo ciruxano Macaón, que era fillo de Asclepio e que fora educado na arte da menciña polo centauro Quirón. Porque a menciña era unha arte γιατρικη τεχνη, o médico era o ιατρος, e o ciruxán χειρουργειν o que traballa coas máns.

Todas estas testemuñas poden

facervos reflexionar sobre o antiquísima que é esta arte da menciña.

Page 4: Asclepio e breve historia menciña blog

Paulatinamente a menciña vaise desligando dos deuses e das plegarias . Vaise afastando do mito e convertíndose en técnica .

Isto reflicte o camiño do mundo grego cara a reflexión e razoamento : o paso do μυθος ao λογος .

En Crotona, Cos e Cnido aparecen as primeiras escolas de menciña.

Page 5: Asclepio e breve historia menciña blog

HIPÓCRATES DE COS Hipócrates de Cos foi un médico grego que naceu na illa de Cos no ano

460 a.C e morreu en Larisa no 370 a.C.

É considerado unha das figuras máis destacadas da historia da menciña e moitos autores refírense a el como o ‘pai da menciña’ moderna, en recoñecemento as súas importantes e duradeiras contribucións a esta ciencia como fundador da escola que leva o seu nome.

Page 6: Asclepio e breve historia menciña blog

TEORÍA HIPOCRÁTICA

Hipócrates é considerado o primeiro médico que rexeitou as supersticións, lendas e crenzas populares que sinalaban como causantes das enfermidades ás forzas sobrenaturais ou divinas.

Separou a disciplina da menciña da relixión, crendo e argumentando que a enfermidade non era un castigo inflixido polos deuses, senón a consecuencia de factores ambientais, a dieta e os hábitos de vida.

Page 7: Asclepio e breve historia menciña blog

Concibe a enfermidade coma consecuencia de desequilibrios entre humores líquidos do corpo: o sangue, a flema, a bilis amarela ou cólera e a bilis negra ou melancolía.

Esta teoría desenvolveuna máis tarde Galeno e perdurará ata a Ilustración. Propón como métodos para atallar as enfermidades o cauterio ou bisturí, como menciñas as plantas naturais. Recoméndase o aire puro e unha alimentación sá e equilibrada.

A escola hipocrática considera o corpo no seu conxunto, fai fincapé na observación minuciosa dos síntomas e recopila o historial clínico dos pacientes.

Page 8: Asclepio e breve historia menciña blog

XURAMENTO HIPOCRÁTICO

Foi atribuído a Hipócrates na Antigüidade, aínda que investigacións máis modernas indican que podería ter sido escrito despois da súa morte.

Aínda que hoxe en día o xuramento só se utiliza raramente na súa forma orixinal, serve de base para outros xuramentos e leis similares que definen as boas prácticas e morais médicas.

Os licenciados que están a punto de empezar a práctica médica tradicionalmente pronuncian este xuramento.

Page 9: Asclepio e breve historia menciña blog

XURAMENTO HIPÓCRÁTICO

VERSIÓN ORIXINAL EN GREGO E TEXTO LATINO

VERSIÓN ORIXINAL

Page 10: Asclepio e breve historia menciña blog

VERSIÓN ACTUAL

En el momento de ser admitidos entre los miembros de la profesión médica, os comprometéis solemnemente a consagrar vuestra vida al servicio de la Humanidad y

JURÁIS

Conservar el respeto y el reconocimiento a que son acreedores vuestros maestros.

Ejercer vuestro arte con conciencia y dignidad.

Hacer de la salud y de la vida de vuestros enfermos la primera de vuestras preocupaciones.

Respetar el secreto de quien se os haya confiado a vuestro cuidado.

Mantener, en la máxima medida de vuestros medios, el honor y las nobles tradiciones de la profesión médica.

Considerar a los colegas como hermanos.

No permitir jamás, que entre el deber y el enfermo se interpongan consideraciones de raza, religión, nacionalidad, de partido o de clase.

Tener absoluto respeto por la vida humana desde el instante de la concepción.

No utilizar, ni aún bajo amenazas, los conocimientos médicos contra las leyes de la humanidad”

“Si cumpliereis íntegramente con este Juramento, que podáis gozar de vuestra vida y de vuestro arte y disfrutar de perenne estima entre los hombres. Si lo quebrantáis, que vuestra conciencia y el honor de la profesión médica en la que acabáis de ingresar os lo demanden.”

Page 11: Asclepio e breve historia menciña blog

GALENO

Despois de Hipócrates, o seguinte médico de relevancia foi Galeno, un grego romanizado que viviu entre os anos 129 e 200 d.C..

Galeno perpetuou a medicina hipocrática, desenvolvéndoa en varias direccións .

Page 12: Asclepio e breve historia menciña blog

O propio Aristóteles, fillo de médico, aínda que non exerceu, sí se interesou pola disciplina e na súa escola, os Peripatéticos ( “Paseantes”) , xorden varios discípulos médicos.

Page 13: Asclepio e breve historia menciña blog

No reinado de Alexandro Magno e nos reinos helenísticos, coma no Exipto dos Ptolomeos, tiveron lugar grandes avances. En anatomía practícaronse diseccións e descubríronse órganos coma o colédoco, as meninxes, os plexos coroideos, o cuarto ventrículo cerebral e o sistema de circulación portal.

Page 14: Asclepio e breve historia menciña blog

Na Idade Media, os árabes adoptaron os métodos de Hipócrates e contribuíron de xeito fundamental á conservación das súas ensinanzas.