307

Antoloxía poética das árbores celtas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Antoloxía poética das árbores celtas
Page 2: Antoloxía poética das árbores celtas

ANTOLOXÍA POÉTICA DAS ÁRBORES CELTAS

Argalleiros e argalleiras das letras

Page 3: Antoloxía poética das árbores celtas

ÍNDICE

INTRODUCIÓN

Page 4: Antoloxía poética das árbores celtas

ABELEIRA........................................................................................................11

ABETO............................................................................................................23

ÁLAMO...........................................................................................................27

AMIEIRO.........................................................................................................31

BIDUEIRO.......................................................................................................39

CARBALLO......................................................................................................53

CASTIÑEIRO....................................................................................................93

CEDRO..........................................................................................................107

CIPRÉS..........................................................................................................115

FAIA..............................................................................................................123

FIGUEIRA......................................................................................................129

FREIXO.........................................................................................................141

MACEIRA......................................................................................................145

NOGUEIRA...................................................................................................167

OLIVEIRA......................................................................................................173

OLMO...........................................................................................................183

PIÑEIRO........................................................................................................189

PRADAIRO....................................................................................................227

SALGUEIRO..................................................................................................231

SORBEIRA.....................................................................................................247

TILEIRO.........................................................................................................251

Page 5: Antoloxía poética das árbores celtas
Page 6: Antoloxía poética das árbores celtas

INTRODUCIÓN

Querido lector e amigo:Tes entre as túas mans a última das nosas creacións, a Antoloxía Poética das Árbores Celtas, froito de moito traballo, esforzo e dedicación. Dende comezos de curso @s argalleir@s das letras sabiamos o que nos viña enriba, unha tarefa realmente complicada e relacionada co amor que temos cara á natureza e cara ás nosas árbores. O noso traballo consistiu en mergullarnos nos libros de poesía galega en busca de poemas nos que aparezan as nosas vinte e unha árbores celtas. Algunhas das árbores celtas, como o carballo, o piñeiro, o castiñeiro, aparecen en miles de poemas: dende a literatura medieval, pasando polo Rexurdimento e chegando á nosa literatura actual. Pola contra, a presenza doutras, coma a nogueira, o abeto, o pradairo é moi reducida. É por iso atoparás a antoloxía descompensada, desequilibrada, desigual. Así como hai árbores que aparecen nunha cantidade moi pequena de poemas, tamén as hai que non contan con ningún verso (ou polo menos nós non o atopamos), como é o caso do tileiro. Para solucionar estes problemiñas os argalleiros e argalleiras recorremos a iso que nunca nos abandona: a nosa imaxinación. Botando man desta ferramenta compuxemos algúns poemas nos que aparecen esas árbores, que non teñen tanta presenza na literatura galega como merecen. Como verás a Antoloxía Poética das Árbores Celtas está introducida por un poema especial, dedicado a ” case” todas ás árbores. Este poema pertence á nosa amiga Helena Villar Janeiro, que, ante a nosa desesperación, decidiu botarnos unha man e compartiu con nós o poema que abre o libro e achegounos outro do abeto, que era das árbores que nos estaban dando problemas. Moitas grazas, Abeleira!As ilustracións que atoparedes ao longo do libro pertencen a dúas das nosas creacións anteriores: O libro dos nomes e das árbores e O sono das árbores celtas. @s argalleir@s das letras que as debuxaron tamén merecen o noso agradecemento.Intentamos ordenar os poemas desta antoloxía por orde cronolóxica, aínda que cometemos excepcións. Decatarédesvos que os poemas de Manuel María introducen os demais, e xa imaxinaredes o motivo. Atopamos nas obras de Manuel María centos de poemas relacionados coas árbores, e xa que nos serviu de moita axuda na nosa tarefa, e que o día das Letras Galegas deste ano 2016 está dedicado a el, decidimos outorgarlle un protagonismo especial no noso libro.Esperemos que vos deleitedes nos poemas que tanto nos custou seleccionar e despedímonos lembrándovos que o noso traballo será continuado ao longo dos anos. Pregámosvos que se alguén de vós atopa algún poema das árbores que se nos resisten nolo acheguedes.

Unha aperta e feliz lectura!

Alba Requeijo Cendán, Argalleira das letras IES Castro da Uz

As Pontes, maio de 2016

6

Page 7: Antoloxía poética das árbores celtas

Pradairo,teixo,sobreira,freixo,

capudre,

7

Page 8: Antoloxía poética das árbores celtas

bieiteiro,carballo,piñeiro,

abraira,cerquiño,rebola,sanguiño,

xardón,castiñeiro,cerdeira,espiñeiro,

érbedo,aciñeira,faia,nogueira

bidueiraameneiroolmo,salgueiro.

Helena Villar Janeiro, Na praia dos lagartos

8

Page 9: Antoloxía poética das árbores celtas

9

Page 10: Antoloxía poética das árbores celtas

ABELEIRA

10

Page 11: Antoloxía poética das árbores celtas

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,so aquestas avelaneiras frolidas,e quen for velida como nós, velidas, se amigo amar,so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar.

Bailemos nós ja todas tres, ai irmanasso aqueste ramo d´ estas avelanas,e quen for louçana como nós, louçanas, se amigo amar,so aqueste ramo d´estas avelanas verrá bailar.

Por Deus, ai amigas, mentr´al no fazemosso aqueste ramo frolido bailemos,

11

Page 12: Antoloxía poética das árbores celtas

e quen ben parecer como nós parecemos, se amigo amar,so aqueste ramo,sol que nós bailemos, verrá bailar.

Airas Nunes, Antoloxía da lírica medieval

ABENEIRO

Abeneiro, alto e esguío,cheo de gracia e donaire:¡estás ollando pró ríoe dáslle pousada ó aire!

¡Ti non sabes, abeneiro,-as túas follas cor de mel-Que estás ollando o regueirosen saber o que ves nel!

Manuel María, Terra Chá

12

Page 13: Antoloxía poética das árbores celtas

HOMENAXE ÓS POETAS DA TERRA CHÁ 1Fun á Montaña levandoa miña paixón chairega,¡O vento foime contandoos poemas de Noriega...!

E pra saber de Chao Ledoa Vilalba entón baixei.¡E baixo un abelanedoo seu cantar escoitei...!

Despois subín a Abadínperguntar por Alvariño.¡No meu corazón sentínFalar seus versos baixiño!

Achegueime deica Outeiro,namorado e sorridente.¡Cantaba o Miño moceiroos poemas de Crecente...!

13

Page 14: Antoloxía poética das árbores celtas

Dende as ribeiras do Miño,seguindo un máxico rastro,achegueime a Vilariñoe atencionei a Díaz Castro. 2Cheguei a Seixas e andeibuscando marcos, lindeiras...¡Por Xesús Rábade seidunha chaira sen fronteiras!

Fun silandeiro a Roásna percura do Cabana.¡Carballos e salgueirásfalaban con voz humana!

Andiven Castro de Reina busca da Margarita.¡Nunca máis esquencereiesta planura infinita....!

Fun escoitar en Cospeitoa Miguel Anxo Fernán.¡E levo, enchéndome o peito,O seu garimo de irmán...! Manuel María, Terra CháVILALBA

Vilalba, dona da Chaira,Soportando un ceo gris:¡sobre a gracia da abelairaanda a cantar o malvís…!

¡Vilalba, vella planuragallopada dos Andrade!¡Raíña da fermosuranun trono de señardade!

¡Ouh, Alonso de Lanzóse Rui López de Aguiar!¡Nobres e claros varós!¡Flor de romance e cantar!

Ouh Vila do Amencer,misteriosa, silandeira:¡fírgoa de lúa a tremerda color da abidueira.

Manuel María, Terra Chá

14

Page 15: Antoloxía poética das árbores celtas

RAPAZAS As rapaciñas da Chairason caladas e lanzales:os ollos cor abelaira,corpo de vimbios vimbiales.

Teñen gracia e sinxelezae unha sutil fermosura.A chaira deulles beleza.A soedade, fondura...

Son mozas de moi bon vercoa humildade da carpaza.¡O que percure mullerbusque na Chaira rapaza!

Manuel María, Terra CháÁ Virxe do Monte, patrona da Terra Chá

Nosa Señora do Montede Sistalo ben a vin,eu finquei os ollos n-Elae Ela fincounos en min

Cantiga popular

Virxe do Monte, Raíña,Patroa da Terra Chá:¡Olla a soedade miñaque morro de señardá!

Eu algo teño no peito,non debe ser cousa boa.¡Téñote lonxe, en Cospeito,con saudades da Lagoa...!

Estás ollando amorosacon olliños de abelairaa miña terra fermosana soedade da Chaira.

Eu estou lonxe, Señora,agora vivo en Monforte.¡E penso en ti cada hora,miña estreliña do norte!

Manuel María, Terra Chá

15

Page 16: Antoloxía poética das árbores celtas

RIBA da auga tecidaflaira d´abraira frorida.

Riba da auga trenzadaflaira d´abraira granada.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

ESTRELAMPADA de maiocon cinco paxareliñas!Embarrosada d´orvalloflaira d´abraira á pinga!

Corpiño de bidueiradelgada e ben seguidaque ten pro vento maneirasollos de auga movida!

Uxío Novoneyra, Os Eidos

VENDO i ouvindo o ríovaise o tempo sin sentilo.

16

Page 17: Antoloxía poética das árbores celtas

Naz´a auga su as abrairasentr´ as penas sombrizasroxe e baixade pincheira en pincheirae corre entretecida...

/

ESTA auga da presaSon eu ou é ela?

Uxío Novoneyra, Os Eidos

VOCE NA NÉBOA

Gallopaleva de arzón a iarpa penduradaface de cinsa e desperoTogor Fraa gorxa de xílgaro.

E atribulados cons cabezos láasespreitan o xenete no crepúsculoun melro de tolemia en cada ollo.

Togor Fraa voce de pétalacristal que fora a sua língoa líquidacupe que estrelas puña en cada estrofe.

Ás voltas o seu cánticoentraba a escuso no corazón do guerreiroscomo un furón grise afondaba neles carnicerías escuras de pranto e de presaxio.

Se el queríase Togar Fraa tiña vontadeo seu verso aletexaba en prata e escumacomo píllaras da mañan ou o chouto da toniña de azur e amore o sorriso da infancia éralle devolto aos túzaros.

Cando Togor Fraa decía pombaos estandartes da tropa ondeaban cun bater de asase se el escurecía o seu cantarcoa presencia de algún tirano de noutroraas xentes sentían o arreguizo nas costase lobos grises pasaban polos seus ollos pechos.

Ao ser dito o nome de Bruma a benamadaavelairas florescentes abalaban o mundo con ramos reverentes

17

Page 18: Antoloxía poética das árbores celtas

de neve e as pequenas aves suspendían os chirlosrosmeados porque toda dozura era libada no crepúsculo da mentada voz de Togor Fraa.

Veleivai Togor Fraa non cantara máis!Escuras pedras arneirón argazoContemplan o seu pas coa arpa ao lomboe un melro de tolemia en cada ollo.

Gallopa Togor Fraao que dicía mellor que as fontiñas da serrafoxe de si e no ventoondéalle o mundo brosladode tristes runas escenas de cazata ponlas de recurrirpaxaros timidos.Póñenlle a Togor Fraa dentes as rochaso mar escacha pra el fervor de pratas incendiadasérguese témero o cómaro da ausencianubes escuras pasan como gandoa coruxa é un pan de estameña brancaentre a ramaxe do boscopon leite xeado a lúa nas pedas nostálxicas.

Baixo saraiva de estrelas inflamadascontra Sirius contra o seu azul vacilante e líquidoproclama Togor Fraa os desdéns de Bruma a benamadaa traición enguedellada nas garcetas delaque semellantes en todo á cor do fogo no crepúsculosobre as illaspra outro se desenguedellaranno máis húmido e cego de noites inimigas.Veleiquí que Togor Fraa cantor das fragas e das ruínasdas máis nobres proxeniescantor dos boscos do anao onde poden verse os signose os tesourose máis dos elfos e as fadas de algún tempofecha por sempre a voce de seixo e cachoeirase nuca máis prorrumpirá no tronodos tronos estivaisnen vencerá o licor do reiseñor das ribeiras tremecidasnen guiará a verba como a pluma caudal da aiguea conquista do ceo.

Togor Fraa pendura a iarpa da ponla dun carballodocemente séntase a escoitá-lo mar na escuridadee a deixar perdé-la vdaentre os beizos entreabertos que do mel foran cuncas.

Xosé L. Méndez Ferrín, O fin dun canto

18

Page 19: Antoloxía poética das árbores celtas

CON LUZ DE TEMPO QUEDO

A lúatinguía de prata o río.

As pingas de orballo,perlas nas arañeiras,pola corredoira do muíñolavábanme a espida alma

e con luz de tempo quedoamencía sobre carballos,abeleiras e castiñeiros.

Un merlo nun espiñotróuxome ao corazónreflexos dos tempos ledoscos seus asubíos.

Santi del Moral, Instantes detidos

19

Page 20: Antoloxía poética das árbores celtas

20

Page 21: Antoloxía poética das árbores celtas

ABETO

21

Page 22: Antoloxía poética das árbores celtas

KENNINGTON ROAD

Do seo da taberna mana a música e acordeóns e violíns

22

Page 23: Antoloxía poética das árbores celtas

pola vidreira oeste cortan a luz do sol en poliedrose colocan no colo desta tardeos últimos diamantes.

Veño de ver os cisnes polo Támesis,de ulir os sabugueiros que ateigarono aire de branco olor e de escoitar nos dedos dos abetosos pianos do vento.

E téntame a tabernacoa súa bocalada de bafo quente,coa música verquida por entre escumas de alee a invitación ás danzas que eu bailara de nena maia,cando el soltaba a música en fervenzaspor riba das glicinias dos corredoresque facían a sombraonde eu simbolizaba a primavera.

¡Canto tempo perdiches!, di o sanguevertido das feridas dos cristais

que se derrama nos perfís borrososdas cousas e os saborese o reproche fai ecosna cor esvaecida que se esparexe,nun harmónico acorde de cadencia final,na derradeira gota de licorque esvara pola copa e polos beizos.

Porque souben marcar cada poema que virou o meu mundo cun pétalo de rosae deixar calendarios nas cortizas das árborespara marcar o amor,pero non souben anotar o díanin a horanos que el tocaba para mina derradeira música. Helena Villar Janeiro, Nas hedras da clepsidraCor violeta,misterioso abeto:digna árbore

Argalleiros e argalleiras das letras

23

Page 24: Antoloxía poética das árbores celtas

Beleza sofisticada,ambiciosa procuraen busca do amor.

Oh, abeto meu!Sempre perdido,Soñando con ese sentimento.

Recendo misteriosono corazón do bosque.Será o amor?

Argalleiros e argalleiras das letras

24

Page 25: Antoloxía poética das árbores celtas

ÁLAMO

25

Page 26: Antoloxía poética das árbores celtas

VAN SOTERRÁNDOSE AS RAÍCES DO MEU AMOR POR TI

As gaivotas revoan sobre os álamos.O noso amor é un andar pola praia.Indecisos, teimosos, afondándonos. Camiñamos.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Sede e luz”

26

Page 27: Antoloxía poética das árbores celtas

Oh!, meu álamocheo de incerteza,bello grafito.

Argalleiros e argalleiras das letras

Álamo presumido,amante da soidade.

27

Page 28: Antoloxía poética das árbores celtas

Comprometido coa noite eterna,valente na escuridade.Organizador das estrelase cheo de bondade.

Argalleiros e argalleiras das letras

Álamo, incertoe solitario.

Cabaleiroso e comprometidoen busca da súa amada.

Álamo,incertoe solitario.

Princesa durmidanas noites escuras e tristes.

Álamo,incertoe solitariocomo ese amor perdidoe non correspondido.

Argalleiros e argalleiras das letras

28

Page 29: Antoloxía poética das árbores celtas

AMIEIRO

29

Page 30: Antoloxía poética das árbores celtas

ABENEIRO

Abeneiro, alto e esguío,cheo de gracia e donaire:¡estás ollando pró ríoe dáslle pousada ó aire!

¡Ti non sabes, abeneiro,-as túas follas cor de mel-que estás ollando o regueirosen saber o que ves nel!

Manuel María, Terra Chá

30

Page 31: Antoloxía poética das árbores celtas

Santiago d`Amarante,feito de pao d´amieiro,irmán das miñas tamancas,nacido no meu lameiro.

Poesía popular galega

O SOL ERGUEUSE MOI CEDO

O sol ergueuse moi cedo.Na terra da noite molesfende un suco marelo.

Unha xugada bacentade nubes iba tripandoas estrelas derradeiras.

Mañá de Sábado Santo!Nacían calandras novasno bico dos campanarios.

Cómaros d´herba mollada.Camiños de cabrinfollos e silvas por entre as casas.

Van para misa as bidueirasdebulladiñas en bágoas,todo ô longo das veredas.

Amigas tolas dos fondosrios de fieitos verdes

31

Page 32: Antoloxía poética das árbores celtas

e dos ameneiros novos.

Van chorando,madanelas,chuchas que deron òs ventosreposeiros,inda nenas.

Outras quedan nas caivancas,lúas de neve encoiriñas,todas desmarafoulladas.

Páscoa de Resereución.Medio día.O sol, xa canso,Sentouse na sua searaSobre a rabela do arado.

Aquilino Iglesias Alvariño, Cómaros verdes

ROSALÍA DE CASTRO

Ai, a chuva longa! Sobor das pontes, herba de sono.-Penedos, penedos de noite e mouchos meniños.

-Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta.-A i-auga parada dos ollos, qué sonos moe?

Ónde está a rula ruliña?Ai! que galliña de vento,Cerdeira de aire frolida?-Daime un sol moi doce pra un vello olivo que hai en Adina.- Xa cantan os galos na aires, de negras penas quitadoriños!- E vacas marelas nos cómaros. Canta, neniña!

Ai, aquela voz quebrada!En qué varanda de lúa,Ai! en qué verde varanda?

-Ai, as barcas ledas, que leva o Ulla, teu forte río!-Meniñas alegres de Tállara, cántigas orfas!

-Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo!-Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite.

Pombiña de vidro frío,na sombra da noite longa,

32

Page 33: Antoloxía poética das árbores celtas

sin galos de amor nin río.

agora o cuco de abril,en qué altos amieiroscucará abriles sin fin?

Aquilino Iglesias Alvariño, Cómaros verdes

SUBIOTE

Subiote, meu chifrotede ameneiro,cantareiro,paxariñoquerendón.Subiote,meu chifrotesempre amigo,vas comigoespallandounha canción.Subiote,meu chifrotena camposatodo amosao grileodo teu son.Subiote,meu chifroterecendente, pau ridente,bibimbaodo corazón.

Xosé Neira Vilas, Cantarolas

33

Page 34: Antoloxía poética das árbores celtas

EN BONAVAL VEÑO A PENSAR EN TIpara sentir a vida que abonda nunha bágoa

Nunha palabra xustaUn salmoUnha pregaria

Hai tempo que convives nun diálogo sen verbasEu asumo memorias de identidade nosaComa bosques de alisosComa fontesComa unha sombra vaga que vaga en desacougoComo a noite esvaída no lenzo fuxitivodunha igrexa de aldea...

Agora heite seguir nos días que nos marcanNunha cruzNunha rosaNunha pedra luída polo tempoNas consignas da morte nas orelas do SarNun aquel de sabencia ou de penumbraNo destino das almas que traspasan a luzNa pobreza dos débiles

Ti ben sabías disoE foi a soidade para ti unha segunda patria

En Bonaval quero deixar pequenos reiseñoresUn algo de porfía

34

Page 35: Antoloxía poética das árbores celtas

Luz Pozo Garza, Vida secreta de Rosalía

35

Page 36: Antoloxía poética das árbores celtas

BIDUEIRO

36

Page 37: Antoloxía poética das árbores celtas

A ABIDUEIRA

¡Que branca é a abidueira!¡Cara ó ceo anda a soñar!¡Feita zoca, anque non queira,

37

Page 38: Antoloxía poética das árbores celtas

moita lama ha de tripar!

Manuel María, Terra Chá

LOUVANZA DAS ZOCAS VILALBESAS. CHAMADAS CHINELASA gracia da abidueiraatopou o seu destino,¡fíxose zoca chinela,apreixa un pé feminino!

Fíxose zoca chinelaa abidueira lanzal.¡Agora sobor da aceracanta con voz musical!

A zoca xa é cancióndelgada como asubíoque aprendeu a abidueirados melros de xunto ó río.

Fíxose zoca chinelaa gracia da abidueira.¡E vai marcando na aceraos puntos da muiñeira!

Manuel María, Terra Chá

DERRADEIRO HOMENAXE A CARMIÑA PRIETO ROUCOCarmiña Prieto Rouco, abidueira,carpaza florecida, cotovía,orballeira de luz, voz verdadeirada Terra Chá senlleira e largacía.

Tiñas forza de mar e de trebón,

38

Page 39: Antoloxía poética das árbores celtas

sinxeleza de brisa e de luar:por eso era pura a túa cancióne nos era preciso o teu cantar.

A túa voz de xílgaro e muíño-tenra, alporizada e amorosa-era un claro regato pequeniño.

Agora eres xa sombra misteriosacantadora e profunda como o Miño,recendente e calada como a rosa. Manuel María, Terra Chá

A XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Xosé María Díaz Castro dos Vilares:co corazón aberto cara á vidaescoito a túa voz estremecidapor altos, misteriosos ensoñares. A tua mensaxe, senlleira e alcendida,feita de abidueiras, nimbos e luares,renunciaciós, lembranzas e pesares:¡é colleita de amor, fonda ferida! ¡Ouh palabra total; raigaña escura;terra humana, carnal e namorada;maravillosa luz; verdade amarga …! Ti eres a nosa voz, sagrada e pura;a fala de Galicia eternizada:¡carballo da Terra Chá, rocha de Parga! Outeiro de Rei, Nadal, 1986 XXV cabodano da publicación de NimbosManuel María, Terra CháCANTIGA DA ROMAXE DE SANTA ISABEL

Madre, en romaxe a Santa Sabel irei;a Santa Isabel de Outeiro de Reique eu estou moi soioe de amor non sei

Madre, a Santa Isabel hei de ire tódalas coitas verei fuxirnesta romeríaque eu ben cantaría.

39

Page 40: Antoloxía poética das árbores celtas

E bailarei, madre, sú a abidueira;e bailarei, madre, a miña maneiranesta romeríaque eu ben cantaría.

Irei, ¡ai madre!, a Santa Isabela buscar amiga como un carabelnesta romeríaque eu ben cantaría.

Amiga fremosa de ceo e de liñobuscarei, mi madre, xunto ó rio Miñonesta romeríaque eu ben cantaría.

¡Madre, mi madre, que me namoreina Santa Isabel de Outeiro de Reie de amor xa seinesta romeríaque eu ben cantarei!.

Manuel María, Terra Chá

Miña nai quere unhas zocasbranquiñas de abidueira;mándemas vir de Vilalba,daquilas que hai de chinela.

Leiras Pulpeiro, Cantares Gallegos

40

Page 41: Antoloxía poética das árbores celtas

O SOL ERGUEUSE MOI CEDO

O sol ergueuse moi cedo.Na terra da noite molesfende un suco marelo.

Unha xugada bacentade nubes iba tripandoas estrelas derradeiras.

Mañá de Sábado Santo!Nacían calandras novasno bico dos campanarios.

Cómaros d´herba mollada.Camiños de cabrinfollos e silvas por entre as casas.

41

Page 42: Antoloxía poética das árbores celtas

Van para misa as bidueirasdebulladiñas en bágoas,todo ô longo das veredas.

Amigas tolas dos fondosrios de fieitos verdese dos ameneiros novos.

Van chorando,madanelas,chuchas que deron òs ventosreposeiros,inda nenas.

Outras quedan nas caivancas,lúas de neve encoiriñas,todas desmarafoulladas.

Páscoa de Resereución.Medio día.O sol, xa canso,Sentouse na sua searaSobre a rabela do arado.

Aquilino Iglesias Alvariño, Cómaros verdes

SOL

Sol!Sol na cume!Sol de primavera.Río de Sol!Mar de Sol!-Mirái, Mirái!

No mar do sol van boiando as chousascoas velas verdes das bidueiras ô vento.As casiñas da chairaforan a pique, ô fío das catro e media,pol-as tres lumieiras do celeiro.

Cando despertóu a xente,xa nadaban en sol as cambeleiras dos bois.

Aquilino Iglesias Alvariño, Cómaros verdes

42

Page 43: Antoloxía poética das árbores celtas

VOLTA DO VELLO EMIGRANTE Voltando, a facer veu realidade o garimoso soñode non morrer lonxe sen ollar novamenteos montes,o mar, os boscos da Terra. O lenesoño feito polos anos misericordia labrada,ou tapiz paseniñamente dibuxado, candomergurado folgaba nas saudosas longas vixilias.A procurar veu a iauga crara de fonte de mocedade.

Sobor dun chan abondado de herbas e fieitostecera o vello no seu soño,ou labrara, os perfilesdos souriles lagartos de luxoso verde, as buligasnervosas das bichas da cór das follas murchasou gris aceiradas, os besbellos ledos e satisfeitos,os cantores grilos,os tremelucentes cabaliños do demo,acarón da iauga crara da fonte da mocedade.

Dibuxara ou tecera a defiada e senlleira toupa,as denosiñas e as martas frientas, de vizosas peles,o arroutado porco montés que ten a escura cova

43

Page 44: Antoloxía poética das árbores celtas

nos boscos sobrosos,o medoñento aturdido coello,a aguzada lebre, basta Dona rabecha da toxeira.I as aves: o peto, o corvo, a laberca, a rula,Por enriba da iagua crara da fonte da mocidade.

Grabara,dibuxara, outros animáis, o can, a besta,e tamén moitas aves baixando donairosas do ceo.En soños tecera o vello ou grabara os accidentes do chan,os prados, as corredoiras. Acarón da ponte do ríodibuxara os bidueiros, e no río as sotiles troitas.Tamén tecera os carballos, os castaños, os froitalesao fondo da iagua crara da fonte da mocedade.

Non grabara, tecera ou dibuxara o vello emigrante,homes nin mulleres isolados, senón moitedumesdeles en traballos e foliadas. Nengunha facianalembrara de home ou muller, senón soio a paisaxeque facíalle esquecer o xesto familiar desvariado.Endemáis o vello emigrante soñóu os montes, o ár,e a iagua limpa, crara, da fonte da mocedade.

Ao redor da fonte nos moitos anos o soño teceratódalas saudades do vello emigrante. Lembrábaseaxionllado de neno, as meixelas mollando a fronte,enchendo a boca de auga e arrepiando aos áxiles cágados.A fontela estaba á soma da ponte, na cima das xunqueiras,e cara a ela iba agora o vello emigrante, a curar as doenzasca iauga lembrada, tecida en soños, da fonte da mocedade.

Luís Seoane, Fardel de eisiliado

44

Page 45: Antoloxía poética das árbores celtas

Todos eramos labregos. Eu, esposo, pai, Ramón Cernadas,traía conmigo a miña muller, María Fernández, aos tres fillosXosé, María Rosa, María Pepa, que viñamos de lonxe aosadasa por terras ceibes de sementar, suxeitas ao Virrei e aos cabdillos,que gobernaban Buenos Aires en nome do Rei. Unha légoapor dúas centas varas de fronte de terra de panlevar.A primeira terra soio nosa, tal era o prometimento da coroapros labregos galegos que viñamos ao Río de la Plata a povoare labrar este chan. Dende os boscos e o mar de Galicia,cara a veira do Arroyo Dulce, perto da Horqueta de Roxas,lonxe da garimosa choiva, pra comprir coa lediña cobizadunha terra propia, farturenta, que finara coas congoxasdunha vida astrosa, de farrapos, de chirles, de lixaduras,como a que tiñamos padescido. Ibamos por unha terra valeira.Os teros e os chajás alcaiotaban a nosa presencia por escurasbarranqueiras fecundas onde os povoadores feríamo-la semeteira.Somos eiquí –cavilamos- os primeiros labregos, traémolo-lo aradoa semente e o oficio pra ista senlleira, núa, terra asollada.Traguemos connosco a lenda, a saudade, a canción, o caxadodo pastor, a vontade maina do paisán, a resprandecente luzadapra istes campos virxes onde nascerán os bidueiros xigantoso trigo, o pan dourado, o millo, o liño azur e crescerá o gando.Cuasi nengún de nós tivese querido voltar. Deixámo-los prantospola aldeia abandoada, polas antigas costumes, por calquera brandomotivo sentimental. Algúns poucos malpocados tivesen desexado virarpolas fames coñecidas, coma os cabalos que, apegados á terra na caltiñan nascido, voltaban a ela até o hourizonte, crebando o ara fuxir en riolada dende o convoio onde viñan, galopando polo val

Ao remate nas terras que tiñamos de traballar erguíase a ensiña da pulpería

45

Page 46: Antoloxía poética das árbores celtas

unha sinal axeitada chameante, no cabo dunha pértega de tacuara.Descarregámo-las carretas. Cada un de nós povoadores enqueríapola terra de labrar que o Rei por gracia lle tiña asiñado, caraa fronteira do indio onde escomenzamos despois, axiña, a abrir regos,sementar, co fusil ás costas por termo do indio, fillo, din, do solque asalta os eidos, atobándose apegado nos pescozos árdegosdos cabalos, cautivando mulleres, nenos, matando, sen outro prol.Ficamos de cabo no deserto, en terra prometida, onde chegabapolo dito, El –Tiro- Del- Cañón- De- Los- Fuertes- De- La- Campañaco fusil ao lombo. Dixeron: “ Ganaredes terra onde seredes señores”arando, ganando a terra por contrato servil co Rei de Hespaña.

Luís Seoane, Fardel de eisiliado

“Outorgádeme só outro veránoh seres poderosos, e outro outonopara un canto maduroe que o meu corazón fique compridodo doce xogo e sexa máis propicioe veña enton de cara min a morte”.

Friedrich Hólderlin

... E se despois reverto nas fogueiras,no magma me entrelazoe and vivo nos éteres profundoscomo unha charamona que arrebentade luz no abismo, no núcleo rompe a ondaen longa praia nunca divisada?Pois emana da vida algo que latenas urdimes da terra alí onde a planta abrolla,onde se tece o mineral: Alí estou eu de mortodando vida ao que nace,son átomo e son célula que se abre a cantare dalle corpo á rosa, dalle ao verme o vigore volverse crisálida e de logo voar.Alí estou eu bebéndomepor dar auga ao sedento, por darlle ao bidueiroo ouro do esplendor.E darlle á relva o manto.Alí estou eu de morto dando vida aos carballos.Pois é un trasvase a vida: A corrente que vaina nervadura oculta,o eterno dos ríos que nos levan ao mar...

Antón Avilés de Taramancos, Última fuxida Harar

46

Page 47: Antoloxía poética das árbores celtas

DEVESA DA ROGUEIRA

BIDUEIROS cimeiros!Pena das Augas!Xardois teixosrebolos tocos faias derrubadas!

Camiño da Veneira!Carreiro dos dez regueiros!Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairaspincheiras e pincheiras!

/

EIQUÍ sempre foi bosque …

Ruxir soloda fonte do corzo!Barbas do mofopingando dos toros

Uxío Novoneyra, Os eidos

SOUTO sin folla!Cerdeiras roxas e bidueiras marelas!

/

DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas.As bouzas roxas pardean cas choivas.

O vento sólo

47

Page 48: Antoloxía poética das árbores celtas

no souto do outo outono.

Uxío Novoneyra, Os eidos

48

Page 49: Antoloxía poética das árbores celtas

CARBALLO

49

Page 50: Antoloxía poética das árbores celtas

50

Page 51: Antoloxía poética das árbores celtas

CARBALLOS

¡Carballos rexos, potentes,calados ou musicales:loitades como valentescoas xistras e os vendavales!

¡Duros carballos verdeados,petrucios e sedentarios!¡Estades na Chá chantadosSolemnes e centenarios!

¡Como amo a vosa belezada máis baril sobriedade!¡Que sensación de fortezaollando prá eternidade!

Manuel María, Terra Chá

CARBALLEIRA DE HORTAS

51

Page 52: Antoloxía poética das árbores celtas

¡Era en verdá fermosa a carballeirae das brosas fora aínda librando!¡Que nube de verdor na Primaveira!¡Á súa sombra no Vrao estaba o gando!

Pegas carniceiras de póla en póla íanen bandadas agoreiras e doentes.Os carballos ós ventos non temían:¡eran vellos, moi rexos e valentes!

¡Carballos da carballeira de Hortas!Us foran prantados, outros montesíos.¡Unhos tiñan feituras moi retortas!¡Eran os outros dereitos como fíos!

Algús daqueles carballos tan barileseran limpos e dereitos, sen un nó.¡E sentiran pasar moitos abriles,que xa os ollara medrar seu bisavó!

Era a mellor carballeira que medrouen toda a Chaira. ¡Viñérona cortar!¡Nunca o vento máis forte a derreuboue unha serra abondou pra a derrubar!

Manuel María, Terra Chá

Sonetiño ó carballo que o noso amigo Pepe Estévez, quirogués e historiador, levou dende Carballido da Terra Chá a Oiartzun de Gipuzkoa pra transplantalo nun eido da súa pertenza e da súa dona Maribel Goñi

Carballo de Carballido:¡na Terra Chá tes nación

52

Page 53: Antoloxía poética das árbores celtas

e levas no corazónun puro amor transcendido!

¡Non deas nunca ó olvidoidioma, patria e canciónque o teu nativo torrónqueda, sen ti, dolorido!

Asume un novo destiñoplenamente. E sen espera:¡faite luz, símbolo e siño!

Ti non eres un calquera:¡dille, en galego, ó Pepiñoque che adeprenda o euskera!

Manuel María, Terra Chá

LOUVANZA DOS QUEIXOS DE SAN SIMÓN

Os queixos de San Simónco ar da serra curados:¡viron correr os regatose mais o verde dos prados!

Os queixos de San Simónsentiron tremar orballos

53

Page 54: Antoloxía poética das árbores celtas

e escoitaron os murmuriosdos ventos polos carballos.

Os queixos de San Simónaínda son feitos a mao,¡sentiron frío de Invernoe sudaron polo Vrao…!

Os queixos de San Simónson a cousa máis sinxela,¡teñen feitura de picoe saben a pastorela…!

Manuel María, Terra Chá

NEVE

¡Está xa tapada a airae non se olla o camiño!¡Está nevando na Chaira!¡Está nevando amodiño!

E o gando encortelladonon ha saír tan axiña.¡Ó lonxe o monte nevadoé unha sáboa branquiña!

54

Page 55: Antoloxía poética das árbores celtas

¡Non parecen verdadeirasestas terras coas nevadas!¡Montes e carballeirassemellan contos de fadas!

¡Soio se olla branquearen todo o longo da Chá!Anda a nevar, a nevar:¡quen sabe se parará...!

Manuel María, Terra Chá

PRANTO POR XOSÉ-LUÍS GARCÍA MATO

Amigo García Mato, “Guedelliña”,raioliña de sol entre a negrura,carballeira sagrada, fonte pura,namorado pastor das anduriñas.

As túas verbas acesas de tenrura-pois levaban o lume que ti tiñas-eran un doce voar de avelaíñasrecendendo a semente e a seitura.

A túa fonda paixón estremecidafíxoa canto chairego o Madalenacorrendo mainamente cara a vida.

55

Page 56: Antoloxía poética das árbores celtas

Sen ti a Terra Chá é máis pequena.¡E Vilalba quedou enmudecida,traspasada de dor, morta de pena!Manuel María, Terra Chá

Teño a liñaza no fol,a roca na carballeira,vou pra cas da tecelana:¿cando has de vir custureira?

Poesía popular galega

56

Page 57: Antoloxía poética das árbores celtas

Díxome nantronte o curaque é pecado...Mais aquél de tal fondura¿cómo o facer desbotado?

Dálle que dálle ó argadelo,noite e día,e pensa e pensa naquelo,porfía que te porfía...

Sempre malla que te malla,enchendo a cunca,porque o que o diancre traballadin que acaba tarde ou nunca.

Canto máis digo: "¡Arrenegado!¡Demo fora!",máis o demo endemoncrado,me atenta dempóis i agora.

Máis ansias teño, máis sinto,

57

Page 58: Antoloxía poética das árbores celtas

¡rematada!,que non me queira Jacintonin solteira nin casada.

Porque deste ou de outro modo,a verdá digo,quixera atentalo e todo,como me atenta o enemigo.

¡Que é pecado..., miña almiña!Mais que sea,¿Cál non vai, si é rapaciña,buscando o que ben desea?

Nin podo atopar feitura,nin asento,que me está dando amargurasempre este mal pensamento.

Din que parés lagarteirodesprumado,si é verdad, ¡meu lagarteirotenme o corasón prendado!

"Cara de pote fendido"ten de alcume;mellor que descolorido,quéroo tostado do lume.

Si elas cal eu te miraran,meu amore,nin toliña me chamaran,nin ti me fixeras dore.

Vino unha mañán de orballo,á mañecida,durmindo ó pe dun carballo,enriba da herba mollida.

Arriméime paseniñoá súa beira,e sospiraba mainiñocoma brisa mareeira.

58

Page 59: Antoloxía poética das árbores celtas

E tiña a boca antraberta,como un nenoque mirando ó ceu despertadeitadiño antre o centeno.

I as guedellas enrisadaslle caían,cal ovellas en manadas,sobre as froliñas que abrían.

¡Meu Dios! ¡Quén froliña foradas daquélas...!¡Quén as herbas que en tal horao tiñan pretiño delas!

¡Quén xiada, quén orballoque o mollóu!¡Quén aquel mesmo carballoque cas ponlas o abrigóu!

Mentras que así o contempraba,rebuléu;e pensei que me afogabao corasonsiño meu.

Bate que bate, batíasin parar;mais eu tembrando decía:"Agora lle hei de falar."

E volvéu a rebulirmoi paseniño.¡Ai!, e botéi a fuxir,lixeira polo camiño.

Dempóis, chora que te chora,avergonzada,dixen: "Si el non me namora,non lle diréi nunca nada."

E non me namora, non,¡maldizoado!

59

Page 60: Antoloxía poética das árbores celtas

Mentras o meu corasónquérelle anque sea pecado.

E vai tras de outras mociñastan contento,i eu con unhas cadiñasprendino ó meu pensamento.

E que queira que non queira,está comigo,i á postre i á derradeira,con el me atenta o enemigo.

¡Sempre malla que te mallaenchendo a cunca!I é que o que o demo traballa,acabará tarde ou nunca.

Por eso, anque o cura dixoque é pecado,mal que tanto mal me fixonunca o daréi desbotado.

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos

60

Page 61: Antoloxía poética das árbores celtas

Non hai peor meiga que unha gran pena

-Marianiña, vaite ó río..-Deixá, ña nai, que aquí estea,que eu non vexa a luz do día,que a luz a min non me vexa.-¿Que estás dicindo, rapaza?...-Que onte á mañán na devesaa iauga se tornou roxacando me fun lavar nela;que en baixo dos meus peíñosíñanse muchando as herbas,que ó ferirme o sol na caratornouma color da cera;que os ourizos dos castañosnos meus cabelos se enredan,que as espiñas dos espiñoscontra min se volven feras;que ó pasa-las correidorasprenden en min as silveiras;que me pican as ortigas;que me mágoan as areas,i os paxariños ó vermedin cantando en son de queixa:¡Vai a morrer Marianiña!...¡Rezade todos por ela!-¡Ai, miña virxe do Carme,que a miña filla está enferma!¡Ai, Dios, que ma enfeitizaron!...¡Ai, que a abafou unha meiga!Non foras ti tan bonita,naide envidia che tivera.Prenda das miñas entrañas,

61

Page 62: Antoloxía poética das árbores celtas

ven a min, non tomes pena,que has de ir a San Pedro Mártir,mais que bois e vacas venda...-Mi madriña, mi madriña,levaime a donde quixeras,mas para min n'hai remedioen todo o redor da terra,sinón é nun corazónque me oprime antre cadeas,si n'e nunha mala bocaque me pragueou maldicenta...

-¿Quen te pragueou, ña filla?¿Que males, meu ben, fixeras?-Non mo preguntés, mi madre,vale máis que nunca o sepas.Secretos desta feituradeben dormir antre as pedras.-Fala, rapaza, que sintoferverme o sangre nas venas.-Que eu non vexa a luz do día,que a luz a min non me vexa...Mi madriña, mi madriña,non me maldizás cal ela.Deixame ir co meu sacretodormir no fondo da terra.-Non irás co teu sacreto.Non irás, anque ben queiras;que alí a preguntarcho foratu madre, e alí responderas.-¡Ai, mi madre!, era bonitocoma os anxos das igresias;era en falas amoroso,muito, muito, máis que as sedas;era doce.... muito, muito,más que a mel que sai da cera.Olía a rosas de Maio,seus ollos eran estrelas,e tiña cal ouro puroa enrisada cabeleira...-Acaba, Mariana, acaba,que o corazón se me aperta...¿De quen falas?, dimo, dimo...¿Ou quizais soñaches, nena?-Non soñei, mi má, non soño,

62

Page 63: Antoloxía poética das árbores celtas

anque soñar ben quixera.Folguei co conde, señora,prometido da condesa.Falábame antre os carballoscando iba ó monte por leña;falábame ó pé do río,nas tardes do vran serenas,falei con el... ¡ai, falara,mi madriña, a vida enteira!-¡Ai!, miña Virxe querida,que a miña filla está enferma,enferma de mal de amoresque enfermaron a honra dela.Ben fan en cantarche os páxaros,Marianiña, miña prenda:¡Vai a morrer Marianiña!¡Que rezen todos por ela!

Marianiña vai secando,a probe sin sangre queda,n'hai alimento que tome,n'hai augua que lle apeteza.Amigas n'hai que a consolen,músicas n'hai que a entreteñan,i á vista do sol acora,i á vista das frores tembra.A súa nai anda tolaen busca de santas herbas,que no leito de Marianapon de noite á cabeceira;e vai de ermida en ermida,leva ofrenda tras ofrendaa cada bendita virxe,a tódolos santos rezai ás ánimas lles pon lucespara que pidan por ela.Pero non sanda Mariana,Mariana sin sangre queda...Todos din que unha chuchonavén de noite a chuchar nela,e hai algún que ven de noite,a compaña pola aldea.-¿Con que morre a namorada¿Por min morre a linda nena?...¡Nunca!, porque eso non fora

63

Page 64: Antoloxía poética das árbores celtas

dino da miña nobreza.Enxugade esas bagullas,non chorés máis, probe vella,que a nena das trenzas longasben pronto será condesa.Vamos a darlle esta nova,vámonos a cabo dela.E a trote largo camiñanpolo medio da devesa.

-Meu señor.. ¿n'oís os corvos?Véñen camiño da aldea...Mirá cal baten as alas...cal baten as alas negras.-Deixá que as batan, que é cousados corvos facer tal moestra.-Señor, señor... ¡como chilan!¡Que agoreiramente berran!É porque adiviñan morte,é que mortandade hai cerca.-¡Habráia! que Dios acollaa aquel que deixa esta terra.-Meu señor, tocan a morto...¡Ai!, tocan na nosa igrexa...¡Ña virxe! ¿Quen morrería?-Non pensés en quen morrera,pensá, ña vella, tan soiona vosa filla, que pena.-Señor, señor.. pouco andamos,picade, por Dios, espuela,que ó salir, á mañanciña,n'había enfermos na aldeasinón era miña filla,que tiña o color da terra,i os pés coma a neve fríos,i as manciñas coma cera,i ó redor dos tristes ollosunhas coma manchas negras.-Afrixisme co eses ditos,e aguillóame a impacencia...Medio condado daríapor salvar a vida dela;da máis fermosa villanaque hai en toda a redondeza.Mas se é que a atopase morta,

64

Page 65: Antoloxía poética das árbores celtas

si tal nos acontecera...Xa que a matase, hastra a mortehei de facer penitencia.

Morreu, morreu Mariana,o conde viuna antre as velas,mais ela non veu a el,que antes de chegar morrera.Morreu como un paxariño,i antre os lenzos que a rodeanpares un anxel que agardaque veñan do ceu por ela..... .... .... .... .... .... .... .... .... ....Ninguén soupo que de amorese que de olvido morrera.Uns dixeron que unha pragacon ela na tomba dera;outros contaban que forade abafada dunha meiga...Mais por ela o conde fixohastra o seu fin penitencia.

Rosalía de Castro, Follas Novas, “Varia”

Cartas perdidas De Grigoria de Leborin a Marcos da Portela.

65

Page 66: Antoloxía poética das árbores celtas

De sofrir no leito farta,topábame ó sol na horta,cando lin, de pena morta,a túa aguda e longo carta.¡Centella cha nunca parta,Que saia che me recurta!Mais anque o creto me furtai estou cal sardiña firta,alcóntroa tan ben esquirta,que inda me parece curta.

Por máis que cal nun sarillome estou devanando a chollasi acerto ¡que inda me tolla!por que me néga-lo fillo. Non diche en mal estrebillovello da cara de esguello.O diaño che dá consellopra te fuxir polo atallo,mais si entra o xuez no allonon che ha valer sen can vello...

Dis que non queres que á resche boten fillos ningús...¡Pois anque che pese a crus,has de cargar co que tes!En vano negalo qués,que no corpo e nas faucióstan teu fillo o fixo Diosi herdou tanto o teu carís,que hastra ten, cal ti, o pitís,un luar... entre os riñós.

¿Máis probas? Teño un millón.¿Máis testigos? Teño cen,pra que digan, si á mau vén,como foi e como non.Atopeite indo ó feirónpor entre unha carballeiraatentáchesme..., eu lixeira,nun carballo me escondín,e... ¡como ha ser!... era, ó fin,o tempo da sementeira...

Pra arrenegar o pecado

66

Page 67: Antoloxía poética das árbores celtas

tanto botei a rezar, que viñeron a guichartres homes tras un valado.Sintindo o demo no estrado,sin saber que xeito tome, volvendo polo meu nomedin en berrar: “¡Meus amigos, vostedes me sean testigosde como me tenta este home!”

Pra coa teima me saírque teño aldrabas xa ves.Olla donde po-los pés,que te podes escurrir.Cantas probas me pedir,tantas o xuez terá,mais si por cuaselidáfor en contra miña o fallo,que no pau de aquel carballote leven á eternidá!

Si son pormesas ó ventoas que me estonces fixeches,¿pra que, argalleiro, me dechespalabra de casamento?¿Que foi do teu xuramentosi a cabo non o has levar?Si non has de apadriñaro rapaz, que é meu argullo,¿pra que mercache un burullocon que ó neno emburullar?

E non de coraxe cegorepoñas ó que aquí digo, que antes de ter un contigotiven un fillo de achego.Dun crego foi, non o nego,mais si ouíras os sermósdo abade de Zarracós,pasárasme estas loucuras,pois “solo as amas dos curasestán en gracia de Dios”.

Marcos, pon a mau no peitoe salva a esta probe nai.

67

Page 68: Antoloxía poética das árbores celtas

Pra te negar a ser paido rolo non tes direito.Non me fagas porche preito,porque vas ter que faguer.Que tanto hei de remexere tamto hei de traballar,que, ou contigo me hei casar,ou nunha forca te hei ver.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

COMO CHOVE MIUDIÑO

Vagoroso chover... este zarzalloQue alxófares espalla, de mansiño,É bendición de Dios, e é un hirmauciñoDas lágrimas, da brétema, e do orballo.

O ceo inda non ten outro agasalloMellor pra desmostra-lo seu cariño,As froliñas da urze, e ás do espiño,E á ramaxe pomposa do carballo.

68

Page 69: Antoloxía poética das árbores celtas

E Galicia, sin par, onde eu nacera,Tra-lo rico presente, quizá esperaDo hirman sol, rei da luz, unha raiola...

Quizá!, pois xa notou a alma miñaQue si adoita de estar na cruz soliñaÓ sentirse feliz, non quer ser sola. Antonio Noriega Varela, Poesía

FASTUOSO CARBALLO

Fastuoso carballo, á sombra túaBailaron as brañegas todo o día,Mais, o día expirou..., asoma a lúa...Queira o lunar facernos compañía.

¡Queira da noite arrebata-lo manto!,E ora a lembranza con nosouttos seaDas que a morte levou pra o camposanto,Das que a inmodestia separou da aldea.

¡Das que tendo unha almiña perfumadalla ofrecen a Xesús! ... das que a alboradave, con tristeza, á par dos segadores.

Ou das nais nos lembremos, polo menos,Que en presencia das mágoas dos seus nenosChoran máis que a Señora dos Delores. Antonio Noriega Varela, Poesía

ARRIEIRO

Oubeando pol-a bouzao vento murcho d´outonoanda pol-a noite adiantetriste como o can sin dono.

Ao baixar pol-o Parañoxa se esperguizaba a Luaantr´as follas d´un carballo.

Pol-o camiño de estrelasesbara o cantar do arrieiro,leva o compás nas campaíñaso macho que vai dianteiro.

Medra como unha mareao avalar perguiceiro

69

Page 70: Antoloxía poética das árbores celtas

das montanas de Tras- Deza.Nos meus beizos dorme o bicoqu´algún día ch-ei de dar,como dormen as estrelasarroladas pol-o mar.

Ao chegar ao Carballiñoeran as doce na luay-estaba morto o camiño.

No argadelo do teu corpodevano a miña emoción,un repinicar de estrelasvoa no meu corazón.

A costiña de Canedoagarda ao sol que lle fagaa loira trenza do pelo.

Contei meu querer â luapor non ter con quen chorar,dend´entón as miñas mágoasson dondas com- o luar.

Xa canta o vento gaiteiropeiteando os soutos barbudos,que a luzada virá cedo.

Pra o muíño do luarque fartan ríos de tebrasa moura moega do ceobotaba o seu grau de estrelas. Luís Amado Carballo, O GaloClamor na encrucillada

No anal de Amado Carballo

Catei ollos verdegadossob dos piñeiros -hei medo!-de ramallos arrepiados,cachoupos arregañados…arregañados…No trivium ispiuse a Lúade estrelas novas -hei medo!-ao saber da morte túa.E a mendiña ficou núa…Ficou núa…núa…

Pé do cruceiro atravesaa Santa Compaña.

70

Page 71: Antoloxía poética das árbores celtas

-hei medo!-Entregaime a facha alcesa,Poeta, que a vida pesa.Convosco xa non hei medo! Fermín Bouza Brei

GRORIA DOS OLLOS QUE VIRANAL SEÑOR

Groria dos ollos que a Xesús miraran,inxel visión seus ollos estasía.Vision tarrea de sinxelas cousas,groria divina pra as neniñas cegasque viran o Divino Nazareno.

Como no Ulloa craras augas soñanbidos de aires e ceios tremelantes,tremban nos ollos de Santiago, vivas,divinas augas, celestiais lucese un carreiño nelas neboento.

Un carreiño de uces con rosada,galaxia ardente de pelerinaxes.Anxos romeiros con cabazas de ourocantan envoltos en poeira de astrosun himno de rebrilos na noitiña.

71

Page 72: Antoloxía poética das árbores celtas

Hai no remate do camiño un monteque un mostro garda en nebra de meigallo.E no bicaño, espesas carballeiras,con raioliñas de luar nas polase bois píos deitados nas caivancas.

N´el labarea un astro ventureiro.( Ai, qué silencio, crara estrela amante!)O carro canta sob as carballeirasnas corredoiras fondas do Mahía,e remoen os bois herba de sono.

N´él labarea un astro ventureiro.(Ai, que silencio, crara estrela amante!)É brando o leito de homildosa terra,leve a mortalla de barruzo levepra os seus osos ardidos nas calzadas.

Qué brando sono desvelado de astrosxunta os pasteiros cheos de armentío,onde ôs liñares brandos coma o sono,beira das leiras que os labregos aran.Ai, qué doce silencio sob a chuva!

Logo, canté!, agallopar nos montescontra a Mourisma en terras de Castela.Cabalos brancos, capas coloradas,acesas lanzas sob o mediodía,pol-o Cristo que viran os seus ollos.

Medran na noite sob a longa chuvatorres sonoras. ( Lentas badaladascampás escuras, ecoar soturno).

Medran as torres. Moi lonxanas gaitasonse entre a chuva. Escuro mel recendee un zunir de divinas corticelas.

Enchense todas, tódal-as estradasde pelengriños –viño e pan moreno-.Un revoar de enxámes ardorosos,un garduar de cantos como mares

72

Page 73: Antoloxía poética das árbores celtas

devala lentamente na tardiña.

Inxel visión dos ollos que mirarana sombra leve de Xesús nos Lagos.Rumbo ô poente, envolto en longa nebra,un barco ven. Arcanxos por remeiros.Ai, qué doce silencio sob a chuva!

Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdes

AS CARBALLEIRAS

Ai, neniña, qué escuro aquel runxirdos nosos pasos pol-o carballido!

Vanse enterrando ledas as pisadasna brandura da folla, entre os fieitos.E o souto énchese todo de ledicia,vello amigo dos mozos señardosos.

Ora veñen co engazo e cos carrascospara apañar a folla. A dos castirosxa está casa curtida e apodrentaa i-herba dos pasteiros miudiña.

Qué tenro e fino ven o musgo novocoa i-auga de setembro verdecido.

No medo dos carballos, nun relanzo,as pilas de follasca, qué lediciapara xogar os nenos âs ruladas!

Levarán-a nos carros â tardiña,e afondaráse logo a carballeiranun silencio de sol e auga parada.

As álbores velliñas, xa despidas,

73

Page 74: Antoloxía poética das árbores celtas

enchéranse de sol por entre as gallas,prateadas de musgo e ourilocentescoas raiolas da tarde, contra o ceio.

Orfos e fríos, inda sobre as polas,abanearánse os niños de buxato.Os nosos pasos xa non terán voz.E â noite virá o medo demansiño.

Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdes

POEMAS DO DÍAPra o escritor insine, gallego de corazón e Desinteresado protector dos humildes, D. JaimeSolá; como rpoba de sincero afecto e ademiración.

Mañán

Frega os ollos dormiñentosa ponte; espértase o río.Tirando as sabans do orballoEspreguízase o camiño. Véstense á présa os carballoscon fatos de luz marela;as ponlas furan chapeosde paxaros na cabeza. Beilan tolas ribeiranasos peixes. Hai romería:toca o pandeiro do solo brazo longo do día.

Mediodía

O liño puxo os mantésna mesa verde do val;unha pega cociñeirachama as rolas pra xantar.

Serán

Botando arrotos de enchentaVai polas laxes do río,

74

Page 75: Antoloxía poética das árbores celtas

e de tanta auga borrachoponse a danzar o muíño.

A sombra dunhos penedosdorme a sesta o césped mol;os penedos, debruzados,fuman xarutos de sol...

A Sera findou o rezo:“Gloria Patri... Amén. Jesús;agora estase a dormir,a noite soproulle a luz.

NoiteNa sombrisa carballeirabambéase a lúa rindo;o vento tira da cordaela baixando e rubindo...

Das picadelas dos griloso deble silencio doise.Cai a pingada dos saposNa fonda cunca da noite.

Manuel Luís Acuña, Fírgoas

75

Page 76: Antoloxía poética das árbores celtas

Eu amo as minerais entrañas do meu eido,quixera nun momento que o soterrado seixorubira ata os meus labios e sentírase vivo,vivo como unha fera bruantemente vivaque o amor domeara da súa escuridade.

Ir caíndo en pingueiras enriba da estruturado antracito, do wolfram, onde florece o ouroe treman as turbinas das burgas e da noiteque atafegada dorme no corazón da terra.

Mamar leite materno no fondo dos carballosa carón das raíces dos bosques e das veasda terra que sostén o centeoe entrega ó sol os gromos do pan alegramente.

Náufrago soterrado, feliz entre as estrelasde auga primitiva, o corazón molladona saiba poderosa que dá lentura ás leiras,en silandeiro navegar, amante aínda,ter saudade da luz, do sal, de ve-lo vento,da chuvia elemental caíndo nos pomares:ser orfo, orfo espido, para amar con máis furiaa flor roxa do cobre e o iris do estaño.

Acaso así sería verdade a miña vidavir da profundidade e erguerme no infinitenraigado no colo da terra tendo a frentecomo único astro no epicentro das tebras.

Anton Avilés de Taramancos, Os poemas da ausencia

76

Page 77: Antoloxía poética das árbores celtas

CÁNTICO DE ANGURIA E DE ESPERANZA PRAARROLA-LO MEU NENOE vin un ceo novo e unha terra novaporque o primeiro ceo e a primeira terradesapareceran, e o mar xa non existe.

Apocalipse,. –XXI-1

Meu fillo, meu carballo pequeno,gomo de canle vertebral,semente miña aberta na saudade.

Qué tempo de vivir ferozmente se aproximaó teu ollar inda abraiado e puro!Qué tempo nuclear, aqueloutrado,meu capitán, vai se-la tua vida.

Días virán abanear teu sangue,días de aceiro e lóstrego e carraxe.

Acaso a pomba aniñe proxectísbombas de alto poder, morte alxebraica:e sintoo berro o teu pequeno corazón-o eco da miña voz multiplicada-na túa gorxa feita para o canto.

Meu fillo, meu amor, miña cobiza,quero falar contigo docementesemear no teu peito a miña espranzaos meus soños de homea miña terra-esa terra lonxana que non unxea túa fronte americana-a terra que me queima fondamenteeido dos teus avós por parte miña.

¡E digo este cantar na seguranzade que ha de conforta-la túa loitaesta palabra – terra- semellantea abrir coiteladas a ledicia!

77

Page 78: Antoloxía poética das árbores celtas

Veño meu fillo dun país sinxelode homes e cada paso soñadores,criaturas de man encalecidae a peito abertohomes de mar que esculcan horizontes,labregos investidos pola melancolía.

Decir patria ten algo de sabor a centeode nai pedindo auxilio ós catro ventos,camaradas perdidos no abrazo derradeiro.

Todo isoque encontra na calor do meu peito,o rumor do granito, da chuvia, da morriña,é a voz da miña patria que te ampara,a ti nado na ausenciaa ti miña semente en terra alleatan inocente e xa crucifixado.

De min non terás nuncaherdanza máis segura qu este ouvear do lobono camiño da vida,e esta terra lonxana que che ofrezoque é unha ferida que hai que ir abrindo sempre.

Tempo de profecía vas a vivir meu fillo-a besta ceibe o fogo desbordado-espadas de dous gumes no verbo dos arcanxospranto e xenreira e odio e temporaisque queimarán o mar, ai do navio!

Tempo tamén para o amor máis forteo dos abandeirados do futuro,alicerce da paz e da campáda feliz moradía, da promesa.

Cando sexas un mozo, meu capitán,e sintas o sangue axionllarse nos canles do cerebro-o megatón é un mostro que arrepía de medo-volve ó eido que un día teu pai abandonara,á terra simplea esa hostia incólumee acouga meu amor, descansa. Durme. Antón Avilés de Taramancos, Os poemas da ausencia

78

Page 79: Antoloxía poética das árbores celtas

PRANTO POR URBANO LUGRÍS

Estou agora, Urbano, mordendo unha flor negra no medio da vidacunha sede abismal de beber tódolos cráteres do mundode onde vai saír a túa voz de capitán antigo bruandocoma un temporal oceánico, ou acaso o balbordodas carballeiras silúricas onde zunía-lo teu corno de ouro.

Estou inerme debaixo da besta apocalípticatorcéndolle os testículos: son o profeta enfurecidoque non pode entende-la túa morte, a túa morte, a túa morte.

¿Quen vai coidar agora dos soños na fronteira da Patria!Ouh guardián terrible. Argonauta, vello titiriteiro conmovido.

Esta noite zugo o viño máis acedo. Esta noite cavo leguasprofundas de memoria pra camiñar contigo novamente,agardo vixiante nas illas máis remotas a túa fragata,a túa nave inconsútil.

Asisto cun ferro atravesado nas virillasó enterro da miña mocedade. E escoitoa treboada universal cando derruban a pirámidee os cabalos das batallas pisan aqueloutradoso noso tempoonde a túa grande man de mariñeiro crepuscularprendía os astros.

Asoballado por última vez, cun lobo famento na arterías,atravesas un país xiadoe cantas con voz rouca nos subterráneos boreais o teu amore un milleiro de defuntos apodrecidos pola iracóbrense entón de rosas e lembran o fulgor da súa terra.

Se non fora tan loxne, ¡con que ardentía de compañeiro de catástrofetiña de calafatea-los teus ósos, coutando con barro elementalesa longa feridaque un deus sen pálpebras furou na túa illarga!

Era- la derradeira eperanza do mundo. Pastor de naves,cun corazón multicolor de tirreme feniciaamába-la rota fundamental dos exploradores celestes

79

Page 80: Antoloxía poética das árbores celtas

e intimamente andabaspolos tellados vestido de astronauta galego.

¡Meu amigo sobrenatural!

Hoxe desexi, tanto como Ulises, atopar unha barca que me leveás costas de Galicia. Son prisioneiro dunha forza estraña.Navegantes a cegas por ríos diferentese o noso canto retumba nos confíns da saudade,os dous loitamos con yatagáns de aceiro conra o tempo,o teu xa tan preciso, o meu aínda vaga, fuxidío que me acoitela en tódolos recantos.

¡E esa dor de non verte, meu amigo!

Antón Avilés de Taramancos, Os poemas da ausencia

AS RAIGAMES

Empúxanme as raigames.Os lonxanos abós das carballeiras,as misteriosas nais que cavilabaná luz do sol nas albas precursoras:

80

Page 81: Antoloxía poética das árbores celtas

Cando a miña voz era aínda un silenciode tarde solermiña, latexabanseus nomes xa correndo polo aire.Podedes non creelo, pero eu lembrocomo nasceu a estirpe do meu sangueno bosque dunha noite remotísimaarrombada de pombas e de ríos.Eu son tamén raigame, pai de cousasque dormen sobre o tempoe agardan frolecer calquera díabaixo o mapa impasíbel diste ceo.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra

EL SALVADOR

Fillos tamén vósde Votán que veu de máis alá do soñohabedes de saber que hai unha Europamilitar de vidros e de estancias de satén amante e sorrisos de fogo

purificada en labios de nostalxia múltiplee doces dinamitas de esperanzaque convosco está camaradas de índigo e café sombrizo

81

Page 82: Antoloxía poética das árbores celtas

Convosco está a Europa que amaríaprata irisada dos ausoles vosos a poñer ensoñono vento das cuíñas do terror.

Convosco está unha Europa de bronce ardente verdor acedoe neves furibundasque move no cuspe cariño por cardos e ouriolos tenrosConvosco Irlanda poboada de ventos sombras e raícesqueimando o mundo en Derry e no Bogsidee Galicia ateigada de millos nos socalcos de vrane uns pases de bretóns e de vascoscomo carriza témera ou herba do raposo apeados ao chan de seue berros de luz cega sangue coma rosas de relumbres áticos

Convosco os menceres de aldeas de granitoprofundos boscos de carballos saudosos e vellos coma o mundoo despacioso fumegar dos lousados das serras máis azuise a soedade das celas de castigonas que os leninistas e os patriotas europeos son exterminados

Convosco unha dura de pedernal xente que arelapra vós proletari fogo pipil por mil anose ama a vosa fe coma volcáns e bálsamonos fígados de ferro da lembranza de Farabundo Martí.

Fillos ao mellor tamén vósde Quetzalcohualt múltiple e provisornon esquenzades os vales e as fábricas dunha Europa en néboaque convosco estará cando certedes co coitelono yulut do lagarto que vos cega a vida.

Xosé L. Méndez Ferrín, O fin dun canto

Descoberta de terra A terra estaba virxe e nós, os nenos, lle íamos pondo nomes, a brincare. A cousa máis cativa tiña un nomeda nosa fantasía:unha peneda, un albre, un regatiño que polo vran ficaba todo enxoito —coa pel de areas sóio, a escintilare—; un cómaro, un recanto do vieiro,o cancil dun valado... Nomes ledos,nomes de cousas que non tiñan nome.

82

Page 83: Antoloxía poética das árbores celtas

"A Pena do Coello", "O Albre Rachado", "As Roíñas de Dona Mariquita","O Castelo dos Corvos"... ¡Tolerías de nenos ceibes baixo o sol dourado! Eran nomes urxentes, de cazataou descoberta, coma aquiles outros que traguían os libros. ¡Qué fermosa xeografía, sóio de nós sabida!E lago aquil repartoda terra, atal que os bos conquistadores. Cadaquén tiña un soto, unha valgada, un casal encostado nun outeiro,un pazo, coa facenda toda súa...

Eran nosas provincias, pra mandare nos paxaros que nelas apousaban, nas fontes e nos regos.Ninguén poido xamáis tirarnos isaposesión ideal da nosa terra.

Inda agora eu son dono vinculeiro do meu carballo torto,aló na carballeira de Sovilase dunha pena chaira,que soaba a tesouros escondidos, a soño tolo de rapaz sin sono,cando o meu corazón petaba nela...

Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredoEra un tolo troulearandar pola carballeirade noite, baixo o luar.

Todos a tremar co medoe o máis cativo de todosno medio dos toxos, quedo.

Estaba alí acochadiño,preso das sombras que viñaná roda polo camiño.

¡Ai, qué mágoa, Santo Dios,que se perdéu o pequenoe foi por culpa de nós!

83

Page 84: Antoloxía poética das árbores celtas

¡Ai, qué tolo troulear!Un neno morto de medoE tres chorando a rabiar

Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo

Centos, miles de galegosforon a buscar o pan,fóra, lonxe de Galicia,que perto xa non o hai. Lorenza Varela

Levaron pausfóra da terraas boas xentesbaixo as estrelas.

Sen carballeiras,sen piñeiraislevaron pausalén do mar.

Lonxe da terra.Camiños novos.As boas xentes

84

Page 85: Antoloxía poética das árbores celtas

atopan lobos.

Silencios negros.Engurras fondas.As boas xentesfoxen das sombras.

Antonio García Teijeiro, Na fogueira dos versos

Abril

O azul do ceo adivíñaseno verde do campodourado pola luz do solque comeza a subirpolas árbores espidas.Tamén pola redeque forman as sombrasdas pólas dos carballos.

As abrótegas en formacióndesfilan valado arribagozando deste sol primeiro.

Enriza no outeiroo cruceiro e a arae mais eu ao seu carónvermos un ano máisnacer a primavera.

Santi del Moral, Instantes detidos

85

Page 86: Antoloxía poética das árbores celtas

CASTIÑEIRO

86

Page 87: Antoloxía poética das árbores celtas

87

Page 88: Antoloxía poética das árbores celtas

CASTIÑEIROEstá só o castiñeirono cómaro dun labradío.¡E como o ollo senlleiroeu coido que sinte frío!

Ten a copa moi redondae ten a casca enrugada.¡Debe sentir pena fondalembrando a vida pasada!

Como xa ten tantos anosos seus foron morrendo.¡Agora arbres estranosescoitano estar xemendo!

¡Case non hai castiñeiros!Os que hai son de respeto:¡velliños, orfos, tristeirose con furados do peto...!

Manuel María, Terra Chá

88

Page 89: Antoloxía poética das árbores celtas

Santo que estás no caínzobota as castañas abaixo.Bota desas maduriñasqu´eu ás verdes non me baixo. ..........Nosa Señora d´Abades¿qu´ha de dar ós seus romeiros?- Auguiña da súa fonte,sombra dos seus castiñeiros. .........Naquela banda do ríoten meu pai un castiñeiro;dá castañas en agosto,uvas blancas en xaneiro. ..........Non chas quero, non chas quero,castañas do teu magosto,non chas quero, non chas quero,que che cheiran a chamosco. ..................A castaña no ourizotenlle moita gravidade;quen máis anda, máis aprende,quen máis deprende, máis sabe.

................Maruxiña: do canizotrae castañas abaixo:e xa que non tes camisatráxelas no refaixo ...........Nosa Señora d´Abades¿qu´ha de dar ós seus romeiros?-Auguiña da súa fonte,sombra dos seus castiñeiros. .............De Santa Crus ós DoloresIde, mozos, ide, nenas;Comerés, castañas novas,Qu´eu pra´stonces hei de telas..............

A castaña no ourizoquixo rir e rebentou:caeu do castiro abaixo:¡mira que golpe levou!

..........

Poesía popular galega

89

Page 90: Antoloxía poética das árbores celtas

O MAIO

Aquí vén o maiode frores cuberto…puxéronse á portacantándome os nenos;i os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocasdos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,calados e quedos,que o que é polo de hoxeque darvos non teño.Eu sónvo-lo probedo pobo gallego:¡Pra min non hai maio,pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atoparede donos libertoi o pan non me quitentrabucos e préstemos, e como os do abadefrorezan meus eidos,chegado habrá entonceso maio que quero.

¿Queredes castañasdos meus castiñeiros?...Cantádeme un maiosin bruxas nin demos;un maio sen segas,usuras nin preitos,sin quintas, nin portas,nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

90

Page 91: Antoloxía poética das árbores celtas

INTENCIÓNS

SetembroAntr-unhas nubens de pallaestá o sol a madurar. Gabea o vento por elaspra ver si o pode roubar.

San MartiñoNo castiñeiro da noite,os ourizos das estrelasarregañan penduradosdas mouras ponlas das tebras. LegónUn forte brazo de guerreiro celta.E unha língoa de boy que lambe a terra.

ÉglogaMama o campo oxeleite de campanas;para el monxe o cregoquentes badaladas.

Luís Amado Carballo, O Galo

OS CAMIÑOS DO OUTONOOs camiños do outono! Que ledicia!

91

Page 92: Antoloxía poética das árbores celtas

Beireados de outos castiñeirose de carballos vellos, son máis fondose soedosos ora.

Laváronse en setembre,cando os cómaros secos, cando as veigasledas de poltros novos e armentío,e de tollemerendas côr de rosa.

Entre o fume de escuma da alborada,fartura de dous ledos bacoriños,cómo relucen as castañas novase as landras côr de palla nas rodeiras!

Cabrinfollos e silvas deporondancon recimiños roxos orballadose con negras amoras rebinchando.

As gavias, inda secas, vanse enchendode follas amarelas e de bichosfríos e silenciosos.

Qué lonxanosos rousares dos carros de herba seca,que mal cabían sob as gallas verdesna fresca da tardiña ou da rosada!

Ora van madrugueiros de eixe novoe ladrairos do trinque pra as patacascon ledo estarabouzo e a gallaroufade sete picariños gariteiros.

Volverán, xa estrelado, recendendoa terra labradía e herbas murchas.E en leve troupeleo volveránentre as apañadoras cantarelas,detrás do carro forte, os cativeiros.

A noite, silenciosa e soedosa,virá dormir despois contra as silveiras,verde de vagalumes, nas caivancas. Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdesPRESENTIMENTO

Todos eran a facer suposiciónssobor dos meus invernos craros e mornos.Ademirábanse porque me vían a paseo

92

Page 93: Antoloxía poética das árbores celtas

nas seras ventosas e lostregantes.Eu decíalles: Por nacente ou polo sul.Ademirábanse ó verme abanear os castiñeirosnos días fartos de sol.Eu dicíalles: Ela – a xustiza, a verdade-ha de vir nunha alborada de luz,regalando paxaros a mancheas.Por eso eu monto a carranchapernas nas ponlas verdes, bambeándome na bris solporeña,mentras percorren meu corpocorrentes soaves do álbore en frol.Por eso rubo ás penedías máis outasi engatuño polos serros máis despidospra benzoar as terras, os homes e as cousas.Porque ela – a xustiza, a verdade- ha de vir.Polo norde ou polo sul.Coando fervan en cores de primaveiraos carreiriños do val.Por nacente ou por poñente.Coando o vento acotife mainoas fiestras das namoradas.Ela ha de vir- a Xustiza, a Verdade.Ela ha de vir.

Manuel Luís Acuña, Fírgoas

O LUSCO FUSCO

O castiñeirotiña moita froncee foron degallalo. Estralan ós poucosos ramallos ó caír no chao,.Por entre as xuncas asubía

93

Page 94: Antoloxía poética das árbores celtas

o vento á veira do pastor.As nubes anunciuan o trebón.No brouzal mestoxa rozamo-la molimeque o gado ha de estercar.O pitorrei, peta, peta, peta.síntese o seu peteiro longona casca crepuscular da choiva.E corvexa unha noitarega.As mozas colleron os pustoiros de erbae camiñan coiles na cabezacara á noite da aldea.Vai a flauta do sapo acompañándoas,enxermando os seus ventres úbedos.O trebón agoiradodeitou agora a saragana miúdacontra o tambor das fiestras labregas.Escaravana, escaravana.No rousío brúa o boi enchoupadoventando a quentura da erba.Batuxando nas lamagorzasalancañamos prá lareiraonde natronteesconxuramo-lo neno entangarañadoarandeándoo sobre o bafo quentedo pote grande a gurgullar.Agárdanos, agora, o caldo familiar,o escano ensoniñado xunto ó lumee o leito canso e longo dos namoros.

Antón Tovar, Calados esconxuros

ANDA o vento ceibe polos eidoscon tódalas áas soltasempreña os castiñeirosripa as lousas dos teitosi escachafoula nas portas...

Uxío Novoneyra, Os Eidos

94

Page 95: Antoloxía poética das árbores celtas

AGOSTAN as veigas. Cain as candiasdas cantrochas calvoas. Os ninos que andaná ouvea fain parvase mediñas pequenas de candias apiladas.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

Deitado á pampanetasu castiñeiro focofacía cos olloso camiño da formiga

i era outro que foraoutras veces que as virarubir e baixar enfexasna faena longa...

Uxío Novoneyra, Os Eidos

Folla seca!

En tromo teito brilaba.Onte amor do ourizo,hoxe voz da esperanza.

Folla seca!

Luz e ter de castiñeiro!De ben alumache o souto.Sonos foi túa sombra,vento foi teu trobeiro.

Folla seca!

95

Page 96: Antoloxía poética das árbores celtas

Ti que tanto arrolaches!Ollos que foron teus onteven a fosa que enlousaches.

Folla seca!

Logo serás a viandadoutras folliñas novas,doutras froriñas brancas.

Donde pousáche-la sombrado vello són da esperanza?

María Mariño, Palabra no tempo

Don carballo chora landrasna amencida. E don Outono baballanéboa fría. Don Labrego, de sombreiro,aplaude a don Castiñeirocon variña de abelaira. E don Ourizo da chaira,como non se ten coa risa,cáenlle dentes de castaña. Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, "Dona e Don"

96

Page 97: Antoloxía poética das árbores celtas

Contáronme nun serán de café con leiteo caso dun heroeque marchou para Salt Lake Citycoa fame pisándolle os talóns.E non é de estrañaro asunto,por frecuente e tópico de tópicos,de non ser que pouco antes de morrer,entrou en coma non se sabe moi ben por que querencia,e deu en falar nunha xerga incomprensible.As enfermeiras, todas de pernas coma percebes de Malpica,azoradas,babecamente ignorantes,nunca se decataron de que, na inconsciencia da morte que se achega,aquel home só pedíaen galego do Ribeiro,unha eixada para ir rozar o océanoque illado mantíñao lonxe dos castiñeiros herdados.

97

Page 98: Antoloxía poética das árbores celtas

Raúl Gómez Pato, Choiva, vapor e velocidade

98

Page 99: Antoloxía poética das árbores celtas

CEDRO

99

Page 100: Antoloxía poética das árbores celtas

100

Page 101: Antoloxía poética das árbores celtas

OS POETAS DA TERRA CHÁ

¡Non foi a Chaira cantadapor Noriega, gran brañego!¡Cantouna como unha amadaXosé Crecente,o bon crego!

Aquilino Iglesias Alvariño,o brañego de Abadín,tomoulle á Chaira cariño,cantou á Chaira sen fin.

E Xosé María Díaz Castro,profunda voz de Os Vilares:¡suco, semente, alto mastro,esencia e flor de ensoñares!

Xesús Rábade: cantorde verba crara e sinxelaabrindo canles de amorde Seixas a Compostela.

Meu afillado, o Daríoten voz de carballo e vento.¡Que canto rexo e esguíocon raíz non sentemento!

Margarita Ledo Andión, facho de luz no escuro,recendo a seiva e torrón,camiño cara ó futuro...

101

Page 102: Antoloxía poética das árbores celtas

Miguel Anxo Fernán- Vello,Cedro lanzal de A do monte:¡é nidio como un espelloe puro como unha fonte!

¡E tantos poetas iñoradosque só pró vento cantaron!¡Os seus versos namoradosnas ás da brisa voaron!

¡O Grilo! ¡Manuel Chiquito!¡Pepe da Costa, o trotón!¡Paderna...! ¡No meu espíritoLatexa a vosa canción...!

Manuel María, Terra Chá

102

Page 103: Antoloxía poética das árbores celtas

O CEDRO DA HORTA DA CASA DE HORTAS

Meu lanzal cedro senlleiroque naciche en Pontedeume:¿gardas lembranza de Outeirodas doces augas do Eume...?

Cando meu avó e padriñote plantou na horta de Hortas:¡eras un cedro noviñode ponlas febles e cortas!

Cedro xentil, labaradade delicadeza elegancia:¡ti fuche o meu compañeironos días da miña infancia!

¡Non hai arbre tan fermosa,nen ponlas tan cantereiras,nen pousada máis xeitosapras anduriñas lixeiras...!

As estrelas fan o niñono teu cimo, meu irmao.¡E se te estiras un poucotocas o ceo coa mao...!

Como eres tan xigantónfalaron de derrubarte.¡Eu sempre dixen que none loitarei pra salvarte!

Se a sorte, cega e arteira,chega a rematar contigo:¡eu pídolle á túa madeiraque baixe á terra comigo!

Manuel María, Terra Chá

103

Page 104: Antoloxía poética das árbores celtas

A chuvia era de guerra. Eu xa non tiña nome e choraba no centro das explosións azuis.

Detido fronte ás láminas dun océano aberto sobre a praia de escoura

sentín pasar un barco que viña desfondado, ardendo sen destino. E perguntei por ti, silenciosa, senlleira, porcelana nocturna,

corpo branco ferido. Na noite da primeira celebración sen voz

recoñecín o leito como se fose meu, e dixen: "Esta alcoba..."

Do Sul viña unha luz como de fondo de auga. A casa esmorecía ocupada de páxaros e neve de salitre.

Nun xardín de domingo, detrás da flor dos cedros, sentimos a hora morta dunha vida imposíbel. Polas prazas queimadas

baixaban ríos quietos e os nenos extraviados recitaban un número. Eu fuxía de ti

e regresaba sempre con botellas, enigmas e palabras de lacre.

O tempo limitaba coa estación das perpetuas flores secas de Marzo. Ti sabías o tempo

do final dese amor. Escoitabas o río mentres eu, desnortado, preso doutras memorias,

morría fronte ás láminas dun océano roto.

Destinada a un planeta de ollos cegos azuis, nunca puden saber a flor da túa lenda,

porcelana nocturna que vivías desperta nas areas delgadas do alto da mañá e cantabas espida, sorprendente, infeliz.

104

Page 105: Antoloxía poética das árbores celtas

¿Que foi do teu vagar polas veigas queimadas? ¿Como lembras o riso con que te despertei e as tres palabras mortas que usei para marchar?Daquel amor conservo unha brétema en gasas que soben das enchousas, a bolboreta gris, asas rotas de orballo contra os cristais de outono,e un instrumento exacto para medir os ángulos

da luz e da memoria. Dentro de min, silencio, copia do teu silencio, criatura imposíbel, flor de xelo no ar. Xosé María Álvarez Cáccamo, O lume branco

105

Page 106: Antoloxía poética das árbores celtas

106

Page 107: Antoloxía poética das árbores celtas

CIPRÉS

Alcipreste non se regaporque na lentura nace.

107

Page 108: Antoloxía poética das árbores celtas

Amor firme non s´olvidapor máis martirios que pase.

Poesía popular galega

A HORA DOS FRADES

Enriba do monteo serán rezaba.Escuros cipreses

108

Page 109: Antoloxía poética das árbores celtas

ao ceo lovantabansuas mans oxivalesen verde pregaria.

Un paxaro fulvoseu canto desfiabaencol das roseirasda hortiña monástica:e o sangue do díano angelus pingaba.

No lombo do Sol, a esclavina pardaleva en penitenciaas horas que marchanen foulas de luza morrer na praya.

No día esmorecido, a horta franciscanado ban penduradoo cordón levabados brancos camiñosque as sandalias lles atan.

Luís Amado Carballo, O Galo

NOUTURNO

O corazón ben o sabía,e na frente da noitea música rompía flores de marfilpra o piano pulido de silencio.Eu pensábache regalar a iauga da noitepra vestir os teus hombros acaídos.

109

Page 110: Antoloxía poética das árbores celtas

¿I as voceciñas das frores da amendoeira?¡Cánto medo sobre o tronco negroe cánto espía a unha i outra beira do ríocontando as estrelas que se queren afogar!Non sabes que o muíño devolverache mais puro o vidro.

Relanzo,vitral...¡Qué medo dan as frores da noite,sin sangre,sin voz!...As dalias marelas,nun aire mouro choídas,mortas estrelas en caixas de ébano.O alciprés defende o silencio das escalinatas.

Auga de mirtos,verde auga,durafonte que me acompañas.Si tu non foras...¡Qué medo dan as fores da noite!

Luís Pimentel, Sombra no aire na herba

O CORAZÓN DO VENTO

Ánxel Ferrant, o corazón do ventoé un sputnik dondo teletolo,unha mazá azul nunca pintada,un peixe fuxidío.Está cansado.Dende aquil albre mol do paradiso,dende a arxila primeira,dende a primeira lama con alento, até os tellados grises de Hiroshima

110

Page 111: Antoloxía poética das árbores celtas

-meu amor sin consolo-o corazón do vento non sosega.Está cansado.Debaixo das formigas hai aramios,hai caliveiras dóciles surrindobaixo a chuvia de chumbo-ta ta ta, ta ta ta – na ialba roxa.Debaixo das folerpas,debaixo das pisadas temerosas,hai birbiquís furando, fura, fura,perfurando a vontá dos homes libres.O corazón do vento, penduradodo cristal da mañá,ou do teito sin fin da noite pechaé un paxaro morno,é unha pombadecindo adiós ao mar dende os camiños.Está cansado.Ánxel Ferrant, que sabes dos bruídosfeitos de pronto espadas,os tornillos insomnes,ou patacas sonoras,ou papagaios místicoscon alma de alciprés e de guitarra,dime si sabes, dimeque o dondo corazón do ventoestá cansado.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra

Alcipréstede pedra, esguío,ergueitoasubiantena curotadiste soñode nenoonde todoé de pe

111

Page 112: Antoloxía poética das árbores celtas

draenonhairío.

Pedra feliz,repouso ledo.

Antón Tovar, Calados esconxuros

OS PASOS DO TEMPOÚltima fuxida

Xacen os restos do triste outono nos paeeos,a morta luz ardendo na aboreda, o desamparosobre a pedra gris das vellas casase os últimos raios de sol entre as ruínas,perduran nas altas estancias os recordosen tanto declina o lento ocasodispoñendo leves sombras polas rúas,despregando os seus dedos de penumbrabaixo os cipreses do parque, nas igrexas,permanecen as voces cálidas de antanonas antigas lousas da cidade,no empedrado tosco das quedas avenidas,naquel xardín oculto onde o silencioencerra o tempo pasado nun estanque

112

Page 113: Antoloxía poética das árbores celtas

sen reparar nos xacinos desolados,pervive por fin o abatemento nas olladas,os pasos do tempo nos semblantes, os despoxosdun amor fuxido, do propio acabamento.

Martín Veiga, Tempo van de porcelana

AS ÚLTIMAS RUÍNAS

Hoxe a morte persiste obstinada nas pedras,nos lenzos corrompidos das paredes,sobre os xacintos do patio, nos estucosmordidos polo tempo, destrozados;hoxe vaga a morte nas últimas ruínasabrazando os cipreses vellos, abrazandoos corpos como unha música antiga.Retornan hoxe as máscaras da mortea pousarse nos semblantes desolados,a pousar a luz de abatementono invernadeiro con dalias, nas estanciasarrasadas como ceos de Turner, como templosonde o silencio cerca a pedra derrubada.Hoxe sentimos a morta baixamar do tempoentre a enredadeira do xardín calado,no sombrío claustro onde agardaba,aquel soño amargo de amores e tapices,aquel escuro soño de hoizontes e navios.

113

Page 114: Antoloxía poética das árbores celtas

Hoxe vaga a morte nas últimas ruínas ocultando o rostro negro nas columnas.Hoxe atopamos pedras cando buscamos rosas,procuramos cálidos ouros baixo os nardos,atopamos no corazón a cinza.

Martín Veiga, Tempo van de porcelana

FAIA

114

Page 115: Antoloxía poética das árbores celtas

A por que perço o dormire ando mui namorado,vejo-a d´ aqui partire fiqu´eu desemparado;a mui gran prazer se vaia que x´én ten sua mua baia;

vestida d´un pres de Cambrai,Deus, ¡ que ben lh´ está mano e saia!

A morrer houvi por éntanto a vi ben talhada,que parecía mui benen sua sela dourada;as sueiras son d´ensaie os arçoes [son] de faia;

vestida d´un pres de Cambrai,Deus, ¡ que ben lh´ está mano e saia!

Se a podess´ eu filharterria- m´en por ben-andante,e nos braços a levarna coma do rocin, deante,per caminho de Lampaipassar Minho e Doir´ e Gaia;

vestida d´un pres de Cambrai,Deus, ¡ que ben lh´ está mano e saia!

115

Page 116: Antoloxía poética das árbores celtas

Se a podess´ alongarquatro legoas de Crecente,e nos braçola filhar,apertala fortemente,non lhi valria dizer “¡ai!”,nin chamar Deus nen Santa Ovaia;

vestida d´un pres de Cambrai,Deus, ¡ que ben lh´ está mano e saia!

Joan Airas de Santiago ( Antoloxía da Lírica Medieval)

PÓRTICO

Veleiquí como alzo polida arquitectura:sobor do chan das eiras ergo a forte montañae con brunidos aires cing o imponente cume,o amor dáme azos e esbolígame os dedoslizgairas cotovías de palabra tan claraque fan no vento ponlas ou ascuas tremorosasonde se pousan diáfanos os beizos da xeada.

E rompo limpas fontesde ico abrindo o zarxopra invadir de marmurios o ámbito perfeitoe plantar nos menceres freixos na súa linde.

Ouh esta fermosura de ter un bosque íntimocuberto polo ouro das faias, sabugueirosde frescos arrecendoscarballos de ancho toroe esguíos castiñeiros de cerna perfumada.Logo criar un cervo fuxidío e deixaloser dono desta inmensa devesa luminosapara move-la calma con áxiles pegadas.

Perto do sol tender fíos de arame ó ventoonde as viñas penduren seus acios apretadose encontre o vagamundo bastimento e sosego,moi a carón a casa ergueita en pedra firme,solaina de madeira ollando a lonxaníado mar que chega manso como un guerreiro invicto

116

Page 117: Antoloxía poética das árbores celtas

florido da tenrura do pai ante o meniño.Ter farturenta mesa abacial para os hóspedese unha lareira ampla, onde á amor do lumexurda a chama máis alta do amor á humanidade.

Criar con agarimo unha estirpe sinxelade toro campesiño e ponlas mariñeirasque amen fondamente a entraña paridorada Terra Nai, e sintan a saudade infinitados lobos mariñeiros que foron do seu sangue.

E ti, amada, dona de meu que non viñeche aínda:amorosa e aberta, alegre como un sulcoonde cae a semente preñada do vindoiro,síntote xa comigo, a min crucifixadacomo unha margarida tronzada polo lesteque a miña man erguera convertida en bandeira.

Veleiquí como alzo baruda arquitectura :mozos da miña carne brincarían na eirae entón a miña patria sería xa tan ceibeque non houbera aceiro nen pouta vixianteque esta forza que eu planto ó seu pé sometera.

Antón Avilés de Taramancos, Os poemas da ausencia

117

Page 118: Antoloxía poética das árbores celtas

AUGAS Brancas da Rogueira!Bouzas pechas d´uces e xestas!Abrairas teixos e faias xardois e reboleiras!

Outo bosco calado!Fontiñas do corzo!Carrozos picando!Non hai outro templo máis vastonin outro credoque este silencio....

Uxío Novoneyra, Os Eidos

FONTIÑA do Carabel!Auga brancanacida ó pé dunha faiateñe que ter bon beber.

- Tomapon de calexa esta folla.Aséntaa ben no buracoe préndea cunha pedra.

Que fontiña máis pequena!

118

Page 119: Antoloxía poética das árbores celtas

Sécase dun sorbato.

Fontiña do Carabelque dás xusto o que ún pode beber!

Uxío Novoneyra, Os Eidos

FONTE das Faias!Aas d´aire e tarde pasabantocando o soño que eu soñaba...

Non podo acordarme onde o soño deixara.Erguinme e funme pra casasin que o intre se crebase ó recoller a mirada.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

OLLO do Río!Barbas de mofo e lidrio!Alta faia con redroma!

119

Page 120: Antoloxía poética das árbores celtas

Non miro máis que a sombra...

Uxío Novoneyra, Os Eidos

FIGUEIRA

120

Page 121: Antoloxía poética das árbores celtas

121

Page 122: Antoloxía poética das árbores celtas

O chifre

Eu teño un chifre chifreiro.Eu teño un chifre chifrón,tan chifrador e algareiroque a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro,que mo mercaron na feira.¡O seu alegre asubíoresoa na aldea enteira...!

Eu dou ordes co meu chifre, ando a ordenar con chifrazos:- ¡Que florezan as roseiras,que chíen ben os paxaros...!

- ¡Que maduren as cerdeiras,as figueiras e os mazairos !¡E que veñan ben cargadosde xoguetes os Reis Magos...!

-¡Teño un chifre de verdade!¡Teño un chifre verdadeiro!¡Non quero chifres de pallanen de casca de salgueiro...!

Manuel María, Os soños na gaiola

Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos:

122

Page 123: Antoloxía poética das árbores celtas

non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra, terra donde me eu crié¡, hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantéi,prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento,muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar,amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin!Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero. ¡Quén pudera no o deixar ... !

................Mais son probe e, ¡mal pecado!,a miña terra n'é miña,que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que nacéu desdichado.Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amé¡, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantéi, fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto donde meu pai se enterróu, herbiñas que biquéi tanto, terriña que vos crióu.

123

Page 124: Antoloxía poética das árbores celtas

Adiós, Virxe da Asunción, branca como un serafín: lévovos no corasón; pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡a¡!, coitadiño, nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, iadiós!

¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizáis...!Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!, imeu lar!

Rosalía de Castro, Cantares gallegos

¡Quen fora reichiño ruibopara cantar na túa figueira,para non salir do teu horto, e aniñar na túa silveira!

-Vaia, que non tornas poucoda túa figueira, valeca!-Éche segundo, meu neno,

124

Page 125: Antoloxía poética das árbores celtas

éche segundo a quen sexa.

Leiras Pulpeiro, Cantares Gallegos

Tornan as vacas para a aldea;vacas roxas, vacas mouras,vacas de coor marela.

Foi avisarlle un luceiro:«a teixa noite está preta»;lembrándose do cortello lonxano,tamén da herbaqu'escoa o suor do carpo,loira cabeleira d'unha Madalena.

Tornan as vacas para a aldea;

125

Page 126: Antoloxía poética das árbores celtas

vacas roxas, vacas mouras,vacas da coor marela.

Como no San Xuán as mozas,con cereixas nas orellas,axiña elas van con fallasencol do pescozo e testa.Todal-as folliñas bican,docemente, a sua pel tépedasi quixeran voar poderían,pois no mesmo lomba dúas alas levan,mais prefiren voltar paseniñodepinicando nas froles das veirashastra qu'os zagales lle berren:«Ey, vacas, seique non tendes presa!»

Tornan as vacas para a aldea;vacas roxas, vacas mouras,vacas da coor marela.

Un istante se pararona carón d'unha figueira;todol-os figos bulían,sonaxas d'unha pandeira,porque o vento os abanabacomo campanas nas festas;entón os cornos das vacas¡como tremaban de invexa!,ponlas que no pairen froitosnin coñecen primaveira.Tornas as vacas para a aldea;vacas roxas, vacas mouras,vacas da coor marela.

Xa tiraron do carro mancado,xa cabelaron c'un arado a terra,xa deixaron nas augas dos regos,onde elas beberon, fiiños de estrelas..

Tornanas vacas para a aldea,vacas roxas, vacas mouras,vacas da coor marela.

Alí as agardan as donas,para lle munguil-as tetas;

126

Page 127: Antoloxía poética das árbores celtas

e para que fique nas cuncasa esmola da leite fresca,branca como a lúa,como a lúa chea.

Euxenio Montes

RÍA, CAMELIA, ALEGRE LUZ, ACOUGO,

recendo de maceira,a cantiga da chuvia na ramaxe da acaciatremelucente ao sol. A sombra da figueirade froito aberto en meles.Antes que todo esto sexa palabra lonxe,palabra na que tremen as lembranzas,antes de que eu me vaia por incerto camiñoe, irremediablemente, sexas un homecun pouco de sombra xa na fronte,xoguemos.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Poemas a Albertiño”

127

Page 128: Antoloxía poética das árbores celtas

RAPARIGA NO QUECER DA ESPERA Ten as portas sen mans

e as mansno faiado pechadas-

ela-tan moura e xeitosacoma unha noiteque escorrebicos de lúa nos eidos-

senlleiro poema de abella, muller de figueira-

con follas viola de ventofaillemantelas ás pedras-

e vai lavar nunha tina de silencioos primeiros berrosque brotan cheos de sangue-

e vólvese vermello o río

128

Page 129: Antoloxía poética das árbores celtas

e o mar vólvese branco-

e os ollos tan negros como as terras que se perdenentre silveirase toxos que arden-

e ninguén se detén tempraneiropara vela vestirsepés de maceira, mans de pandeiro

ai polas mañás / tan cedo-

ela -que escribecartasnas follas do lume-

e vai polos camiñoscoma un neno orfoá procura de paxaros

quentándose espida nunha chuvia que chora-

e non se lle quecen as mansque xa soncarolos que voan,ou soñan, ou morren,

e esquece-

moza dunha tendavendendo os primeiros soños-

esquece-

e segue lavandomentres / lavandeiras de neveróubanle rulos á lúapra que ela pase o inverno-

Alfonso Pexegueiro, Seraogna

129

Page 130: Antoloxía poética das árbores celtas

As árbores alimentan

Senteime baixo a pereira e deume unha pera.Senteime baixo a ameixeira e deume unha ameixa.Senteime baixo a figueira e deume un figo.Senteime baixo a cerdeira e deume unha cereixa.Senteime baixo a maceira e deume unha mazá.Senteime baixo o pexegueiro e deume un pexego.Senteime baixo o carballo e deume tanta alegríaQue comín peras, ameixas, figos, cereixas, mazás e pexegos todo o día.

Carlos Fontes, Poemas con piruleta

130

Page 131: Antoloxía poética das árbores celtas

FREIXO

131

Page 132: Antoloxía poética das árbores celtas

132

Page 133: Antoloxía poética das árbores celtas

O CARRO

Non canta na Chá ninguén.Por eso o meu carro canta.Canta o seu eixo tan benque a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:fino como un asubío.Anque é, ás vegadas, saudoso,faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:sábese carballo e freixo.¡Que fermosa a súa feitura!¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledandopor onde o meu carro pasa.¡Carrétame herba pró gando!¡Traime a colleita pra casa!

Manuel María, Terra Chá

133

Page 134: Antoloxía poética das árbores celtas

MOREDA das morodellas!Nogueiras freixos da Barxa!A Boca do Couto! As Augasi a Devesa da Rogueira!

Baixando terra fragosadende a Fontiña da Rosahastr´o muiño das edraspeta a auga nas pedrasfoza nas portas un tourotecen as mozas na teaun monte lonxe fumeae vai muñando o boi louro...

Uxío Novoneyra, Os Eidos

134

Page 135: Antoloxía poética das árbores celtas

MACEIRA

135

Page 136: Antoloxía poética das árbores celtas

POVO

Vinte, trinta casas. Aí estáncunha feitura xusta e aldeán.A terra é moura. Dorme con desgana

136

Page 137: Antoloxía poética das árbores celtas

sen a curva feminina da montana.Uns prados, a mazaira e a cerdeira.Os palleiros ocupan media eira.Os cás, entrelas casas, a folgar,ladrando por ladrar.

Manuel María, Terra Chá

Dáme da pera que comes;da mazán, un anaquiño;da túa boquiña, unha fala;do corazón, un cariño.

.....................

137

Page 138: Antoloxía poética das árbores celtas

Disme que te queima o sol,eu digo te fai hermosa.Mazanciña moi sombrizanunca foi a máis sabrosa.

Poesía popular galega

Xan

Xan vai coller leña ó monte,Xan vai a compoñer cestos,Xan vai a poda-las viñas,Xan vai a apaña-lo esterco,e leva o fol ó muíño,e trai o estrume ó cortello,e vai á fonte por augua,e vai á misa cos nenos,e fai o leito i o caldo...

138

Page 139: Antoloxía poética das árbores celtas

Xan, en fin, é un Xan completo,desos que a cada mullerlle conviña un polo menos.Pero cando un busca un Xan, case sempre atopa un Pedro.

Pepa, a fertunada Pepa,muller do Xan que sabemos, mentras seu home traballa,ela lava os pés no rego,cátalle as pulgas ó gato,peitea os longos cabelos,bótalles millo ás galiñas,marmura co irmán do crego,mira se hai ovos no niño, bota un ollo ós mazanceiros,e lambe a nata do leite,e se pode bota un netoca comadre, que agachadotraillo en baixo do mantelo.E cando Xan pola noitechega cansado e famento,ela xa o espera entre as mantas,e ó velo entrar dille quedo:-Por Dios non barulles moito,que me estou mesmo morrendo.-¿Pois que tes, ña mulleriña?-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,que esta madre roe en mincal roe un can nun codelo,i ó cabo ha de dar comigonos terrós do simiterio...-Pois, ña Pepa, toma un tragode resolio que aquí teño,e durme, ña mulleriña,mentres os meniños deito.

De bágoas se enchen os ollos,de Xan ó ver tales feitos;mas non temás, que entre mil,n´hai máis que un anxo entre os demos;n´hai máis que un atormentadoantre mil que dan tormentos.

Rosalía de Castro, Follas Novas, “Da Terra”

139

Page 140: Antoloxía poética das árbores celtas

MAÑÁ DA MIÑA RÚA

Entrou a mañá no meu pobotan limpa, tan redonda e puracoma unha mazásobre un espello.

Hoxe, a miña rúa está aberta.

¿Xogan os anxosnas cornixas das casas?

Ela foi a primeira que pasoucos seus ledos cadrís:dous cachos de luz combados abalábansesobre un negro tenro.As ventás, despertas,

140

Page 141: Antoloxía poética das árbores celtas

ollábana caladas, ditosas. Dúas raparigas loiras páranse,Unha no sol, outra na sombra.Outro tenro dos seus brazos,prata donda dos seus ombros.

Agora, un obreiro pasacun espello enriba da súa cabeza.El non sabe que se vai levandoo ceo e unhas nubes brancas.

Alónxanse, alónxanse....E pola pulida prataesbaran a luz e a sombra.

Torbelliño brillante, veloz...un neno en bicicleta.

A rúa remata lonxe,coma se fose ó mar.O neno pérdese.

Luís Pimentel, Sombra do aire na herba

¡Se te vises esta tarde!...

¡Se te vises esta tarde,coma unha pulida mazáverde e rosa na mao da Virxe!Agarda o río non sei que milagres.Atento, enviso, está neste intreós máis fermosos aconteceres.As sombras non loitan,e ata o voo dun paxarosería monstruoso.A mazá do ceoquedóu soa, traslúcida.E a mao da Virxe,modestamente oculta na sombra¿Onde está o finito?Nin árbores, nin aire...nin case ceo existe¡Que íntimo desterro!Pra a miña frente

141

Page 142: Antoloxía poética das árbores celtas

e o meu corazón atormentadoestá feito este divino misteiro¿Será o meu pobre corazónesa pulida mazá, verde e rosa,que a mao da Virxepousa agora na bruñidabandexa do río?

Luís Pimentel, Sombra do aire na herba

El hermoso rostro del país ( Titular de Faro de Vigo)

A miña terra é doce coma o mel,abondosos e gasalleiros os seus froitos.Na primavera agroman os touzalese o cuco canta.Xermola a naturezabaixo a fecunda codia das labranzas.Alédanse os boscosi as noites son infindas i estreladas.Si.A miña terra é doce coma o mel,pro, a carón de tanta fermosura,a miseria labroulleun túnel amarguísimo na historia.

A miña terra é soave, solermiñapolo vrau, cando as anduriñas tecenos seus voos de soños. Os grilos poñenaxóuxeres vibrátiles na serán lenta.Os reisiñoles cantan ás portas do mencere os ríos pasan en romería.

142

Page 143: Antoloxía poética das árbores celtas

Si.A miña terra é soave, solermiña,pro, nos ollos dos meniñosque van á escola nas mañás frías,hai unha tristura antiga.

A miña terra é aquelada como unha mazápolo outono, cando os arbres son de ouroe a brisa acariña coma un beixo.Nácenlle á paisaxe camiños novoscon merlos chifradores baixo as parras.Farturentas colleitas,dondos acios, cántigas de ceifa e de vendima.Ateigadas de graus fican as tullas.Si.A miña terra é aquelada coma unha mazápro a inxusticia, proterva, dura, fonda,vai furandoo corazón dos homes coma un verme.A miña terra é íntima e tenracoma un colo de nai polo invernorente ao lume do lar.Húmedos e verdes, os camposexpónxanse na brétema, os valesdormen brandamente, as cumes branquenexanbaixo un vento fungón que ven no norde.As vacas muxen nos cortellose o fume das lareirasarromeda pantasmas nos tellados.Si.A miña terra é íntima e tenra,pro, a mocedá fuxe delaen busca de outra terraonde o panse pode comer sin bágoas.

Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos ananos.

143

Page 144: Antoloxía poética das árbores celtas

ÁS VECES –E GRACIOSO- EU XOGO A SER TEU PAIe ata me poño serio-tamén hai outros nenos que maxinan ser grandes-,mais ti ben o comprendes, é só un xogo.A única verdade é ollar á tartaruga,tan extraña,coller ao cascarolo de vagar churrusqueiroque nos amosa os cornos,rubir pola maceira, taniscar nas paviasgavear polo cereixoe escoitar aos merlos, despois que chove abondo,na cantante cameliaou enxergar as barcas esbarantes na ría...¡Que xogos verdadeiros!E non os aballoados do camiñar opaco,o latexar dos anceiados vermes,o medo de homes-ratos con cheiro a podredume,ou a cruel insistencia de alicatese sombras enloitadas de tamboresque nos zugan a alma.E non quero falarche desas cousas lonxanasque me angurian e afogan cando non son un neno.Voltemos a nós mesmos. Albertiño, xoguemos.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Poemas a Albertiño”

144

Page 145: Antoloxía poética das árbores celtas

RÍA, CAMELIA, ALEGRE LUZ, ACOUGO,recendo de maceira,a cantiga da chuvia na ramaxe da acaciatremelucente ao sol. A sombra da figueirade froito aberto en meles.Antes que todo esto sexa palabra lonxe,palabra na que tremen as lembranzas,antes de que eu me vaia por incerto camiñoe, irremediablemente, sexas un homecun pouco de sombra xa na fronte,xoguemos.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Poemas a Albertiño”A FOLLA DO SILENCIOé saudade da luz morta de súpeto.Nos cristais do ventovoar de bolboretaacende en ouro o relembrar deserto.O meigallo máis triste é non saber da vidae non coller mazás a carón dos vieirosque latexan quizais coma palabrasdos íntimos espellos.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Bailada dos anxos”

POUSOUSE O TEU AMOR NA MÁIS ALTA PONLA.Fermosa herba verde o teu sorriso,

145

Page 146: Antoloxía poética das árbores celtas

non me ofrecías a mazá;inventabas un río, luz sedosa,non era o seu espello;os labios teñen celme e ledicia,cristal opaco negábame a súa música;recendía a mirada a flor dos campos,a branca nube escurecía o beixo.Cando a felicidade inda non tiña a forma do teu corpo.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Sede e luz”NADA ACABA EN SI MESMO.Nos obxectos latexan as metáforasdun aquel transcendente.Libro, xarra, reloxo, vaso, espellodanlle palabra humana a un outro espíritoque fala a tentas na presencia muda.Eu atópote sempre neste anceiode buscarte nas flores,nas mazás e nas cuncas,na raiola que esbara nunha mesa...E cando que te beixotoco o fondo do ser que vai comigo,o eu feliz e nobreque está aló, moi aló,alonxado das falsas encobertas,naquel abismo ledo dos teus ollos,máis aló, aínda máis, do meu desexo,deste soño de sede que me crea.

Miguel González Garcés, Poesía Galega, “ Sede e luz”

MAZÁ NA HERBA

146

Page 147: Antoloxía poética das árbores celtas

Inanimada virxe no chan verdeafastado xa o tempo do seu corpo.E cun tanisco noso revivesceo doce aroma vivo, sabor vivo,dourado canto na calada voz..

Miguel González Garcés, Poesía GalegaReclamo a libertade pró meu pobo

No vento de mazán que se desfaganos cons e pedregullo solarde cabo de Home e Punta do Cabalo de Fóra reclamo a libertade pró meu pobo.

No meniño que dormeno edredón dos teus ollos reclamo a libertade pró meu pobo.

Nas vellas mans agrias,nas loias amorosas dos estíos reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos bicos acedísimos e tenrosdos meus fillos inmenos reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos sangues artesáns que teño ardendoen cada dedo meu;nos finos labradores que aparecen agora no papellevando chapeos pardos, panos dre seda e zocas remontadas reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos crepúsculos de anísnos que se erixe a familia naval de Manuel Antonioe pon, de arca e cousa, pequeniñoslumes azuis e brancos de San Telmo reclamo a libertade pró meu pobo.

Na anguria de arandela que te cerca,nos marcos, portas, fechos, nos durísimos e sen luzarames, non me torzo e reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos tépedos infernos da túa boca ferida,de comunión ao sol e ao viño máis adentro,

147

Page 148: Antoloxía poética das árbores celtas

diapasón da verdade de pantrigoe cumio do cabazo e da alborada boa reclamo a libertade pró meu pobo.

Na cizaña, composición, feitura, debuxo ruínde cada cerimonia de convenio coleutivocegando o noso fogo metalúrxico reclamo a libertade pró meu pobo.

Nunha nena de seis anos que naceu enn Basileae cantou pra min a Internacional en idioma galego e nonpuiden rete-lo pranto e foi en mil novecentossetenta e catro, e por ela reclamo a libertade pró meu pobo.

Nas muradellas de couselo e da violeta,nas fonduras da carriza e dos fentos, nos castros,calzadas e vieiros( pedra do alén) pra sempre abandoados reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos camiños fechados, nos abertos,nos que levan ás casas dos homes nosos de cada día,nos trasportes por ferrocarril,nos irmáns que gobernan as máquinas do mare os cameóns na alta noite, reclamo a libertade pró meu pobo.

Na fogueira de Londonderry, en cada palabra, en cada palabra do noso tío Ho Chi Minh coma un ouriolenchendo a tarde de lus nacionalista e líquidos reclamo a libertade pró meu pobo.

Na sindical reconstrucción diariade cada cousa rompida e volta a endereitar,na unión mínima dos homes darredor dun problema sórdido,en cada petición en grupo,en cada contubernio de mans dadas, reclamo a libertade pró meu pobo.

Na casa dos meus avós arrecendentea si propia, singular no mundo;nos cabalos da serra e nos mineirosde Lousame aquil vinte de Santiago, reclamo a libertade pró meu pobo.

148

Page 149: Antoloxía poética das árbores celtas

No comer e no beberen torno á ola da camaradaxe,no sagro segredo en torno á pérola de lus clandestina,no medo e na teimosa retesía en torno ao adverso reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos loitadores de xofre e lume acedo,nos difuntos endexamais vencidos,nos que virán e son aínda lene bris e vos de melroe portarán o ferro e darán a morte clara reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos ríos, nas folgas, nas romaxes,nas protestas nos muros, nos escritos,nas gaitas, nas areas de Espasante acaso reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos esplotados,nos que contemplan o devalar das augassen fin, nos que confían no meu partido ( tuba de despertarou camiño que nunca se desanda),nos que combaten e han de se-lo lóstregoachaiador, neles poño a miña lingoa e descanso os meus ollos e reclamo a libertade pró meu pobo. e reclamo a libertade pró meu pobo.

X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias

ANDABA eu su os mazairos de vagaró pecho da noite.

149

Page 150: Antoloxía poética das árbores celtas

O aire i eu andabamos os dous a nembrar.

Andaba eu su os mazairos de vagaró pecho da noite.As aves xa atoparan a cana onde apousar.

Andaba eu so os mazairos de vagaró pecho da noite.Ninguén nin eu sabía onde podía estar.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

FLORES de maionevando dos mazairospre que ún quede inde máis quedoque ollándovos no alto.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

A nación das mazásBen pouca cousa son estas montañasque non cansan nin home.Lombos de boi,outeiros vencidos a norte a sur

150

Page 151: Antoloxía poética das árbores celtas

por lonxanos viaxeiros,xentes de vento de acabalo do marou do deserto.Ben pouca cousa son.Mas na noite, a lúa está perto como unha mazá.

Manuel Rivas, Mohicania

Os líquidos íntimos

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas

algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas

151

Page 152: Antoloxía poética das árbores celtas

tódalas tardes ao volver da escola.

Acostumada a tirar por un poema como por un becerro cando se lle ven as [patas,cando xa non se está en idade de medrar

toda maduración require un desgarro de tendónsentón é cando corren polo meu peito rabaños de [cabras que non se dirixen a ningunha parte,sóbenme ás paredes dende as que te vexo,arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.

o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.

e case non podo soportar que as túas mans me acariñen [como a la dos xerseis que me facía

a miña nai cando era nena.

pero coa miña pel[coa miña pel podes facer enxertos nas

[mazairas.

Olga Novo, Nós nus

O desesperoe o pudin de maça. Uma comida

amarga como o amor. JOSÉ ALBERTO OLIVEIRA

Como algodón (o corpo) no contacto esponxoso, como hedras ( os cabelos) perenne enredadeira,como ananas ( os ollos) mollados en azucre,como vimbio ( o nariz) que trema no olfacto,

152

Page 153: Antoloxía poética das árbores celtas

como hidras ( as orellas) de tentáculos negros,

como tabaco ( a boca) penetrante arrecendo,como amoras ( os labios) docísimo veneno,como escarola ( a lingua) de refinado prato,como café ( o pescozo) no sorbo delicado,como xarxas ( os brazos) de longo percorrido,

como aguacate ( os dedos) de insípido xuízo,como arroz ( os mamilos) exquisito alimento,como mazás ( os peitos) reinetas gordas,duras,como azafrán ( o embigo) condimento escondido,como sargazo ( o pube) dos teus cálidos mares,

como níscalo ( a vulva) de sabores estraños,como acevros ( as pernas) de brancos interiores,como buxo ( os xeonllos) de compacta dureza,como rosas ( as nádegas) de pálidas colores,como vainilla ( a pel) no beixo despacioso.

como amanita ( a dor) phaloides da ausencia,como cacto ( o olvido) de espiñentas palabras,como cizaña ( aas bágoas) da dor e da amargura,como beladona ( ti) de durmente memoria,como saramago ( eu) na desolación grave.

Miro Villar, Abecedario da desolación

Polpa

Sebra que me aghallopas fisterráo embigho e os pensóns na túa mar vivason busos caramiñas na serdeira que viro.Eu fento dentesil das cuxas sinto asesoa paixón pola polpa da túa masán partida. Apreto arreghalado a doblegha das pernas e xorde desde a ghargha unha ghavota antighuatorada na caluba de asibecheonde gharsos pouso os meus ollos selestes

153

Page 154: Antoloxía poética das árbores celtas

e recorren a sinta os brasos abalados.A túa cabeleira chegha a boca do reghoe as cuxas lumbrighantes que me oprimenconséntrase en apreta de sighala.Estamos na fin do mundo entouriñadosterra do esghanaboi mar da langhostasebra apetesida que nase nos alghasos.

Claudio Rodríguez Fer, Cebra

Meu meniño,cando chegues

que o arco da vella estendao seu grande abrazo de corese te anuncie.

Que enmudeza o vento e sexaapenas leve airexiña de cóxegasxogando no teu pelo.

Os bosques profundos dos que xordenas pegadas dos teus pasos sen ecofagan máis pura e solemne a gravidade do silencio.

154

Page 155: Antoloxía poética das árbores celtas

Que cante o merlo nos pomaresda mesma hortaque me regalou a infancia.

A ferida traslúcida do díaa súa redonda e plena copade fragancia ofreza.

Que o murmurio das fontesse adelgacecomo cristal de íntima ocarina,e que a sinfonía da choiva caladacaendo sobre a herba,como a distante cantigaque a avoa campesiña me cantabao máis doce arrolo sexa,

berce de amor para o teu sono.

Xulio L. Valcárcel, O sol entre os dedos

155

Page 156: Antoloxía poética das árbores celtas

NOGUEIRA

156

Page 157: Antoloxía poética das árbores celtas

Has de cantar,que che hei de dar zonchos;has de cantar,que che hei de dar moitos.

"Has de cantar, meniña gaiteira; has de cantar, que me morro de pena.

Canta, meniña, na beira da fonte; canta, dareiche boliños do pote.

Canta, meniña, con brando compás; dareiche unha proia da pedra do lar.

Papiñas con leite tamén che darei; sopiñas con viño, torrexas con mel.

157

Page 158: Antoloxía poética das árbores celtas

Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces. ¡Que ricas que saben!

¡Que feira, rapaza, si cantas faremos... Festiña por fóra, festiña por dentro.

Canta, si queres, rapaza do demo; canta, si queres; dareiche un mantelo.

Canta, si queres, na lengua que eu falo. Dareiche un mantelo. Dareiche un refaixo.

Co son da gaitiña, co son da pandeira, che pido que cantes, rapaza morena.

Co son da gaitiña,co son do tambor,che pido que cantes, meniña, por Dios”

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos

158

Page 159: Antoloxía poética das árbores celtas

Eu son de aquí

desta raíz de nogueiraque fendeo mar

desta carrizaorientada ao inverno

desta mera

son de aquí

sombrados díasque andeitansó

de aquí

lento velenona gorxae mortal

os meus restosson esta casade espellosmudosque me crean

159

Page 160: Antoloxía poética das árbores celtas

Rafa Villar, Casa ou sombra

160

Page 161: Antoloxía poética das árbores celtas

OLIVEIRA

161

Page 162: Antoloxía poética das árbores celtas

162

Page 163: Antoloxía poética das árbores celtas

ARCÁDIA

DURANTE toda a miña vida andeia soñar, longa e fondamente,coa Arcadia maravillosa, lonxanae lexendaria. Viaxei a Greciae, con olIos atentos e avarentos,contemplei a Arcadia: é unhapaisaxe de oliveiras e penedos,gris e brava, onde hai un povo,pequeno e miserento, chamadoParadisus: nada menos. Todoera árido, pobre e desolado.Entón fechei os ollos cara aforae abrinnos cara adentro. E pudenollar a Arcadia feliz e verdadeira

Manuel María, Oráculos para cavalinhos-do-demo

O pazo de A...Era ó caer da tarde,

163

Page 164: Antoloxía poética das árbores celtas

encomezanba o cántico dos grilos,xorda a presa ruxía,

brilaban lonxe os lumes fuxitivos.Ó pé do monte, maxestuoso, erguíasena aldea escura o caserón querido,

ca oliva centenariade cortinax ó ventanil servindo.

Deserta a escalinata,soio o paterno niño,

e enriba del caendo misteriosascoas sombras do crepúsculo, as do olvido.

¿Quén ó pasado volveos ollos compasivos?

¿Quén se lembra dos mortos,si aínda non poder recordarse dos vivos?

Rosalía de Castro, Follas Novas, “¡Do íntimo!”

O simiterio de Adinan´hai duda que é encantador,cos seus olivos escurosde vella recordazón;co seu chan de herbas e froreslindas, cal no´outras dou Dios;cos seus canónegos vellosque nel se sentan ó sol;cos meniños que alí xogancontentos e rebuldós;cas lousas brancas que o crubren,e cos húmedos montónsde terra, onde algunha probeó ameñecer se enterróu.Moito de quixen un tempo,simiterio encantador,cos teus olivos escuros,máis vellos que os meus abós;cos teus cregos venerables,que se iban sentar ó sol,mentres cantaban os páxarosas matutinas cancións,e co teu osario humildeque tanto respeto impóncando da luz que nel ardeve un de noite o resprandor.Moito te quixen e quérote,eso ben o sabe Dios;mas hoxe, ó pensar en ti

164

Page 165: Antoloxía poética das árbores celtas

núbraseme o corazón:que a terra está removida,

negra e sin frols...

¡Padrón...! Padrón...!Santa María.... Lestrove...

¡Adiós! ¡Adiós!

Rosalía de Castro, Follas Novas, “¡Do íntimo!”

QUINTA – FEIRA MAIOR

Y en la noche del Huerto me han sidoJuan cobarde y el Angel hostil.

G. Mistral

Olivedos do insomnio, meus hortos de oraciónonde ateiga seu cálice meu esprito en paxión,cando baixará o Anxo da miña redención?

165

Page 166: Antoloxía poética das árbores celtas

Vin axexar ao Xudas sob das sombrizas pólasDa soldadesca ao lonxe óucense as riandolase chégame o balbordo das brutaes parolas.

Os meus discipres dormen deica o raiar do día, alleos á tremenda feizón de treidoría,e a lúa nos seus rostos pon somas de agonía.

Pai celeste, que sabes do meu inmenso pranto,e coil me acariñache na forza do crebanto,por que eisí me abandonas no meio de iste espanto?

O cálice reverque. Eu pido a miña cruz.Eu quero a miña croa de arnales toxos nus,máis o vinagre acedo que queimou a Xesús...

E si dempois non mandas que haxa pra min Tabor,nin que me sente á beira de Cristo Redentor,senón que eternamente sinta penas e dor.Que groria pode haber como sofrir, Señor?

Fermín Bouza Brey, Seitura

NA MORTE DO MOZO ERUDITOXURXO LOURENZO

Mocedade milgranadada miña terra en sazón,en maturidade as frentes,quen te viu, quen te mirou!...Cada frol da milgranadaun inmenso corazón; cada pinga do seu sangueuniversos que callou!

166

Page 167: Antoloxía poética das árbores celtas

Alá vai da milgranadaaquil baluce mellor,aquil que tremelucíagueipos de luz en paixón.

Alá vai no seu cabalode nubens, como un heroi,a cazar nos ceos abertosanseios que eiquí soñoupra unha patria dormida,pra un destino sen rol,pra un alento sen peitos,pra un salaio sen dor...

Alá vai, polo olivedoda nosa recordazón!

Fermín Bouza Brey, Seitura

ROSALÍA DE CASTRO

Ai, a chuva longa! Sobor das pontes, herba de sono.-Penedos, penedos de noite e mouchos meniños.

-Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta.-A i-auga parada dos ollos, qué sonos moe?

Ónde está a rula ruliña?Ai! que galliña de vento,Cerdeira de aire frolida?-Daime un sol moi doce pra un vello olivo que hai en Adina.- Xa cantan os galos na aires, de negras penas quitadoriños!- E vacas marelas nos cómaros. Canta, neniña!

167

Page 168: Antoloxía poética das árbores celtas

Ai, aquela voz quebrada!En qué varanda de lúa,Ai! en qué verde varanda?

-Ai, as barcas ledas, que leva o Ulla, teu forte río!-Meniñas alegres de Tállara, cántigas orfas!

-Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo!-Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite.

Pombiña de vidro frío,na sombra da noite longa, sin galos de amor nin río.

agora o cuco de abril,en qué altos amieiroscucará abriles sin fin?

Aquilino Iglesias Alvariño, Cómaros verdes

MESTER DO POETA

( O POETA)Porque pra cantar é o Poeta;porque pra doer é o Poeta;

porque pra lucir é o Poeta...!

Porque nunca morrer morre quen na torre da Noite ten árbores de canto!Porque as árbores da noite do canto son a voz que inda vive!Porque vive no albor das árbores quen ten mans pra unha Terra!Porque sempre berra a Terra por quen na porta é de todos!

Pra cantar, -o Poeta;

pra doer,-o corazón do Poeta;

pra luír,

168

Page 169: Antoloxía poética das árbores celtas

-os ollos de exilio e cinza do Poeta!

(PREGO)Polas veces que na noite do galo negamos o canto, perdón, meu corazón; polas veces que nos camiños lixamos as azas do canto,perdón, meu corazón;

polas medas do medo coas que queimamos as fronzas do canto, perdón, meu corazón;

e polas cancelas do pan pechadas pra il,e polas lareiras do mundo desfornadas pra il,

e polo cavado carro e levado sen il,e polos acios e a auga convidados sen il,

perdón,teito noso sempre,Terra erma, e miña, e doce, axiónllate, horto das oliveiras sobre mámoas de mortos!

(REQUIEM)

Pra os méndigos do corazón están nos camiños; pra os méndigos de luz está o Templo caído; pra os méndigos de Terra está a terra do exilio.

- Mailos camiños da Terra,¿pra onde van?

-mailo Tempo da Terra,¿quen o erguerá?;

-maila Terra sen terra,¿a quen acobillará...?

Porque os camiños do mundo xa non son nosos;porque no pórtico do Templo oula o lobo;porque na Terra sen terra do mundo somos solos!

- E ninguén ten camiños, nin Templo, nin terras!- E ninguén ten xa Casa, nin fillos, nin leiras!-E ninguén vive xa polas mans que doeran!

-E ninguén está vivo xa no canto...- ¿Que queda?

(A PALABRA)Pois que noso é o mester do velare na Noite,VELAR;

169

Page 170: Antoloxía poética das árbores celtas

pois que nosa é a voz dos herdeiros sen Terra,CANTAR;

pois que nosos son os ollos dos que miran no loito, LOITAR;

pois que nosos son os pés dos camiños da Morte, ALENTAR;

pois que nosas son as mans dos que mallan na sombra, QUENTAR!

- Pois que somos da noite sen Terra;- pois que somos do loito da Morte;

-pois que somos do forno da Sombra,

¡MESTER É QUE CANTEMOS PRÁS ÁRBORES DO DÍA!

Arcadio López Casanova, Mesteres

OLMO

170

Page 171: Antoloxía poética das árbores celtas

171

Page 172: Antoloxía poética das árbores celtas

Fun un domingo, fun pola tarde,co sol que baixatras dos pinares,cas nubes brancassombra dos ánxeles,cas palomiñasque as alas baten,con un batidomanso e suave,atravesandovagos celaxes,mundos extrañosque en raios partenricos tesourosde ouro e diamante.Pasín os montes,montes e valles,pasín llanurase soledades;pasín os regos,pasín os mares,con pés enxoitose sin cansarme. Colleume a noite,noite brillante,cunha luniña

172

Page 173: Antoloxía poética das árbores celtas

feitas de xaspes,e fun con elacamiño adiante,cas estreliñaspara guiarme,que aquel camiñosolo elas saben. Dempois a auroraco seu sembrantefeito de rosasveu a alumbrarme,e vin estonces,antre o ramaxede olmos e pinos,acobexarsebranca casiñacon palomare,donde as pombiñasentran e saien.Nela se escoitandoces cantares,nela garulanmozos galantescas rapaciñasde outros lugares.Todo é contento,todo é folgare,mentras a pedrabate que bate,mole que mole,dálle que dálle,con lindo gustofaille compases. Non hai sitiñoque máis me agradeque aquel muíñodos castañares,donde hai meniñas,donde hai rapaces,que ricamentesaben loitare;donde rechinanhasta cansarse

173

Page 174: Antoloxía poética das árbores celtas

mozos e vellos,nenos e grandes,e anque non querenque aló me baixe,sin que o souperana casa naide,fun ó muíñodo meu compadre;fun polo vento,vin polo aire.Rosalía de Castro, Cantares GallegosXigantescos olmos, mirtosque brancas frores ostentan,unhas con cogollos inda,outras que o vento esfollea.Buxos que xa contan sigrose que xuntos verdegueanformando de rama e troncosvalos que naide atravesa,e nos que moi descansadasfan o seu niño as culebras.Loureiros,irmáns dos buxos pola altura i a nacenza,pois arraigaron a un tempono mais profundo da terra.Limoeiros e laranxosque o verde musgo sombreani olido esparcen de azarecon que a xente se recrea.Eternos bosques en dondesombrío misterio reina,onde só os paxaros cruzanpolas tristes alamedasonde ó marmular as fontesun coidara que se queixan,i onde o mesmo sol do estíomelancólico penetra.I en medio de esta espesuraE desta hermosa tristeza,Nunha casa inda máis triste,si de fachada soberba,alí din que tén o niñoa nai de tódalas meigas:casa con portas de cedro,en cada ventana reixa,

174

Page 175: Antoloxía poética das árbores celtas

cociña coma de monxes,silencio coma de igrexa,criados que non dan fala,cans que morden como feras.Alí a viron negra e fracacoma unha gata famenta,no máis san e máis froridoda hermosa terra galega.I estes mals que nos afrixendin que todos veñen dela…¡Mais socede nesta vidaque os que tén culpa na levan!

Rosalia de Castro, Follas Novas, “Varia”.

175

Page 176: Antoloxía poética das árbores celtas

PIÑEIRO

176

Page 177: Antoloxía poética das árbores celtas

177

Page 178: Antoloxía poética das árbores celtas

PIÑEIROS¡Piñeiros finos, delgados,perfección da vertical!¡Ollais ó ceo pasmadoscoa vosa ollada lanzal!

¡Tedes as vosas verdadese só o vento escoitais!Se o vento quere, chorades,Se quer o vento, cantais.

Eu téñovos pouco aprecio.Como sodes tan esguíos:¡vedes con certo desprecioós meus arbres montesíos!

Manuel María, Terra Chá

Ou que piñeiro tan alto,ou que boas piñas ten; de baixo non se lle chega,

178

Page 179: Antoloxía poética das árbores celtas

arriba non vai ninguén

.....

Nostra Señora de Iriaten un piñeiro no adro;bota piñas por agosto,cereixas no mes de maio.

.............

Entr´as piñas dun piñeirovin un niño estoutro día.¡Quen me dera ver se dentroxa paxariños había!

.......

¡Ou que piñeiro tan alto!¡Que piñas tan coloradas!¡Que rebique ten as nenasen mentres non son casadas!

..............

Ai qué piñeiro máis alto,qué táboas dará ó correr;os amores dun casadoé morrer pra non comer.

Poesía popular galega

PASADE

Brila, raio da aurora,cal un sono de paz branco e purísimo.A aquel que nacéu cego, ¿qué lle importa

o teu fulgor divino?

179

Page 180: Antoloxía poética das árbores celtas

Xemí, serenas ondas, co romor dos pinares.Músicas, ¡ai!, e cantos i armonías,

para un xordo, ¿que valen?

Pasá, pasade, hermosas,feitizo dos que esperan e dos que aman.Amores e praceres son mentira

pra quen ten seca a ialma. [...]

Rosalía de Castro, Follas Novas, “¡ Do íntimo!”

¡NIN ÁS ESCURAS...!

-¡ Todo está negro, as sombras envolven a vereda,e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quén midéu as fonduras?¡Alma n´habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura.

-¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora...-È unha estrela que brila nas augas bulidoras.

-¿E non oies que remuxe algo onde aquel herbal?-É o vento que anda tolo correndo antre a follax.

-Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...-¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto!

Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda:ven, e santos ou deños, que nos atopen ora.

Rosalía de Castro, Follas Novas, “Varia”

¡Adiante! No escuro e pavoroso

i antre o xordo romor dos pinos bravosque a tempestá azoutaba como a escravos,oiéuse, como queixa de raposo,un asubio medoso.

E un laio de temor que daba frío,ó medoso asubíorespondéu dende o fondo da espesura,

180

Page 181: Antoloxía poética das árbores celtas

aumentando no espíritu a tristuraque daba o ronco marmurar do río.

Antre as negras ribeiras, manso e lento,como corre o abatido pensamentoantre os tristes remorsos i a esperanza,iña a compás do ventocorrendo tras da estensa lontananza.

Mais cabe da ancha orela,misterioso e agachado un centinelanunha lancha do Miño apousentaba;i a arma na man i en velaa través da ramaxen axexaba.

Rosalía de Castro, Follas Novas, “Varia”.

Os camiños, os matos montesíos

Os camiños, os matos montesíosos garridos ensoños, os lindeiros,os cantos saudosos, os resíos,os cómaros, os pinos, os regueiros:as promesas, os trunfos, os desvíos,as doces esperanzas, os sendeiros;todo me dá suidades e triganzas,todo me trae punxentes memoranzas.

Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos

181

Page 182: Antoloxía poética das árbores celtas

AIRIÑOS, AIRES...

Pasan os aires que increpou a ousadaMusa que é carpazona de por vida.Pasou ulindo á herbiña ó sol curada,E a frouma dos piñeiros desprendida.

Saudade, ¡ oh, a Triste!, que a espreitar se asoma,Debullándose en bágoas, lles acena(E sua almiña virxinal aroma,Emulo dos prefumes da azucena).

Acénalles; máis... pasan!Do Rodeiro

No máis ermo cantiño, un sabugueiro

182

Page 183: Antoloxía poética das árbores celtas

Mostra abelorios nas miudas frores...

E, ¡nin reparan!, son indiferentesÓ enlevo das doíñas relucentesE ó pranto que amargura ós ruiseñores.

Antonio Noriega Varela, Poesía

A LUZ QUE É TÚA

Tamén a luz da alba te hermosea;Mais a que te sublima, a luz que é túaÍntima e devotiña, bruta aldeaVén dos ermos inhóspitos da lúa...

Debalde a acolles, o sembrante serio,Debalde a encaras, a mirada fría,Seu sorriso te atrai...Un cementerioNon che inspirara máis melaconlía...Nos brazos do luar esmoecidaTe ve meu nome, en fin: da túa vidaRestan solo salaios dunha fonte.

E os queixumes daquel piñeiro graveQue por ser torto non valeu pra traveDunha ermidiña que coroa o mnte.

Antonio Noriega Varela, PoesíaLEMBRANZAS

¡Oh, divina Saudade!, compañeirasChe eu mostrara si é cert que as precuras:Son cal rosas cortadas das roseiras,Estreliñas ausentes das alturas.

Lembranzas son de lindas pegureiras,De fascinantes meigas criaturas,Que en noites de luar das CoruxeirasBaixan ao fiadeiro de Cesuras.

A Lúa Chea bríndalles raiolasMentras, solen, as ve camiñar solas;Pero entóldase axiña... coma bruxos

Aparecen arteiros rondadores...Elas canta, e os bravos aturuxos

183

Page 184: Antoloxía poética das árbores celtas

Turba-na paz dos pinos fungadores.

Antonio Noriega Varela, Poesía

SI O FILLIÑO CHORA...

¡Adio-los piñeirales! Máis arribaUrces, si acaso, brétemas de certo:No hai píncaro en Galicia máis deserto,No hai fragosa montaña tan esquiva...

¡Outra terra non vin máis pobresiña!!E, con todo, ¡entre todos leve a palma!Pra que moito a venere a miña almaTen tañama aspereza unha ermidiña.

Na isolada ermidiña, aló a desora,A Virxen canta si o Filliño chora,Mentre-la neve cai e o lobo ouvea...

.......................................................Que por estes traballos de MaríaNunca mimos vos falten e alegría,Rapaciños da máis remota aldea.

Antonio Noriega Varela, PoesíaESTRELAS

E aquela noite, ¡sea Dios loado!,Triunfou de si meu nume: dera ó olvidoEn presencia do ceo consteladoA áurea pompa dun toxal frorido.

¡Oh a inquietú sideral!... ¡O que nos diceUn sol que tremeluce!... Ollando estrelasVida que Dios ben fada ¡ a Dios bendice,Soberano Señor que irradia entre elas!

E sobre a máis remota e medrosiña¡Inda a prece do xusto!, cal na miñaTerra, sobre os pinares, branca nube.

E atra-las deixa a todas tamén creoGrito de nai que se remonta ó ceoTras do filliño que pra o ceo sube.

Antonio Noriega Varela, Poesía

184

Page 185: Antoloxía poética das árbores celtas

ROMAXE

¡Santo Cristo de Xende...!¡Roxa e mol terra do pan...!Na longa agulla do ríovai enfiando o luar.

Pol-a estrada cobregante,ate a tua porta vande xionllos as estrelaspara arder no teu altar.

Fuxiron as bateladasao despertal-a mañán,entre xílgaros e merlospol-o bosque a rebuldar.

De lonxe a gaita grileirachega falando co mar.Nas risadas dos muiñosvai envolveito un cantar.

Nos picheles de espadeiroestase o sol a afogar,

185

Page 186: Antoloxía poética das árbores celtas

domente o violín do cegosomella o chiflo de Pan.

¡Santo Cristo de Xende...!¡Roxa e mol terra do pan...!Pastan as nubens na froumados piñeiros máis lanzals.

Luís Amado Carballo, Proel

A CANDELORIA

Na catedral do abrenteoxe cásans´os paxaros,con nubens de neve e ouroestá o ceo galanado.

Ficou o día ancoradona ría donda do ceo.Os roibéns soben no lonxecomo rosarios d´encenso.

O xantar do casamento,Roibo, na palma da mandas eiras madrugadoras,xa está arraxando no val.

Vai tocando pol-o campoa sua zanfona o regoe canta o vento nas farpassonorosas dos piñeiros.

O campo as montanas ruzasenvolve en capa fluvial,co hisopo do sol molladodalles a beizón nupcial.

186

Page 187: Antoloxía poética das árbores celtas

Do casebre nugallánsoben os vivas dos galose na festa d´esta noiteestrena un luar o campo.

Luís Amado Carballo, Proel

ABRENTE

Antr´os teixos piñeiraleso rexoubante camiñocingue os chorosos herbalesen feixes amañecidos.

No mar derretiuse a lua.No peitoril da montanaestá o sol a madurarantr´unhas nubens de palla.

A campía aterecidaabre os olliños molladosno dondo berce do abrentecon tenro mimo dourado.

As campanas da parroquiabrincan na alma do campocomo puchos rebuldeirosna esponxa dos toxos bravos.

No río desperto aboyamorta a paisaxe calada,na corrente van as coresdesfeitas y- esnaquizadas.

O mozo vento mareirofunga un cantar esquencidoque chove frores nas leiras

187

Page 188: Antoloxía poética das árbores celtas

entumecidas de frío.

Luís Amado Carballo, Proel

ALALÁSSon lóstregos do verde mollado,que aturuxan nas ponlas dos pinospregoando a chegada do día,os tremantes cantares doídosque maina acompasaa chorosa fuxida do río...

A alma do campo choraba nos ceosunha sonatina de violoncellos. Luís Amado Carballo, ProelA NOSA BANDEIRA

AZULOs pinos, foguetes verdes;das suas ponlas penduradochora o ceo estremecido,do gris inverno amayado.

BRANCOOs ledos regueiros,mozos e algareiros,van á romaríaTocando os pandeiros.Pandeiros de prata,de breixas, de neve,vasos cristaíñosonde o día bebe.

ESCUDOO cáliz do sol reverteroxo sangue do serán.sete estrelas, como pombasque tornan ao seu pombal,crucifican o silenzoarredor do Sant-Graal.

Luís Amado Carballo, Proel

188

Page 189: Antoloxía poética das árbores celtas

CHAMADE ao luar labregopra que estea o val máis belido,pendurai lumes de estrelasnas revoltas dos camiños,pois din que voltará ao mundoNoso Señor Xesuscristo.

Houbo sinales do ceo,máis o mundo endurecidose non decatou ô ollalasde ter todo apercibido;o lume da sua estrelaficou no ceo esquencido,e voltará soyo ao mundoNoso Señor Xesuscristo.

El veu para os que o chamaron,El veu para os aflixidos,pra os que non teñen consolonin outro dôce agarimoque lembrar o que falouNoso Señor Xesuscristo.Están os ceos de festa,o vento canta a modiñonas cordas dos piñeiralese o mar debala estantíopra oucir o que agora faleNoso Señor Xesuscristo.

Petade forte na almae deixar que fale o espritoacochado na sua covacousas que non sinte o ouvido,e alcendei lumes de festapois ven perto do camiño,chegando está a nosa porta

189

Page 190: Antoloxía poética das árbores celtas

Noso Señor Xesuscristo.

Luís Amado Carballo, Proel

MUIÑEIRA

Brinca o sol...na campía noiva...como un corazón...Brinca o sol....

Unha mañán de San Xoánatopei a fror das ágoas,dend´aquela levo en minunha mágoa de arelanzas.

Na terra...no ceo...no monte...no val...Non atopo acougopra tan fondo mal.

Agora que ven o tempodos romaxes e rueirosconfesarei meu amorâ meiga nena qu´eu quero.

Cantorreiseñor que cantas â lua,que cantas ao sol,dam´o teu tremar;que chore ou que morraarelo cantar.

No peito do serán tenrocravei unha bágoa branca,e cando chegóu a noiteera unha estrela de prata.

Chouta no muiño,tolo remuiñodas ágoas ferventes,a escuma alboral.Cantigas de amoresas bágoas da luaa eito no chán.

As campanas de Mourente,

190

Page 191: Antoloxía poética das árbores celtas

as campanas de Marcónxogan nas nubens do ceopol-a festa do patrón.

Corren toleironasapañando estrelasno fondo do mar.A cantata líricados grilos nas leirasrecende a luar.

Con limpos traxes de festabailan copras e alalásencol das veigas lavadaspol- o orballo da mañán.

Brincan con lediciade donda cariciapol-a herbiña mol,segándoos con foucesde lua crecenteapañan n´un feixeos rayos do sol.

O luceiro namoradodos falares da fontenlaquixo ser folla outonizapra verse afogado n´ela.

Un triste cantarpendura das ponlasd´aquel piñeiralbágoas de saudade,tenra despedidaás azas das dornasque van pol-o mar.

A campía escurecidachora tremando cô frío,a probiña quedóu horfaqu´o día afogóu no río.Vel- o ei vai o sol,abuado, tristeiro,sin lus, sin coor...Vel-o ei vai o sol...

Luís Amado Carballo, O galo

191

Page 192: Antoloxía poética das árbores celtas

OS PIÑEIROS MORTOS

Afiando o berro dos carrosfende o sol-pôr amarelo.Rube a lua pol-o monte para despedil-o enterro.

As estrelas en ringleirasalumean o vieiro;o bosque despeiteadoenloitouse de silenzo.

Co ollar húmido de verdecamiñan os bois labregos,levando os piñeiros mortosno primeiro cadaleito.

-O serán cóncavo e fondomolla pol-o mar os ecosdas doídas bateladasque pinga a campá do ceo-

Ficou chorando no campoo enorme e viudo vento,buscándoos âs palpadelasna orfandade do ermo.

Luís Amado Carballo, Poemas soltos

192

Page 193: Antoloxía poética das árbores celtas

DUARDO PONDAL

IMoi docementecomo fíos de auga negra arreitando ô ceio,ou coma finas venas doendo no aire a pico,coma fumes mainos e lonxanos,un tras de outro,van subindo pouquiño a pouco âs lombasos pinares calados, das valgadas.

Mirái primeiro aquel silencio verde,aquel pino do ermo,espido,no mencer aloucado de altas calandras,entre as queirogas sobresaltadasde áxiles lebres pardas e râs pequenas arquexando.

N´é outra cousaque unha sombra calada e alongada,piadosamente, pol-os solpôres de ouro,nos outeiros que agallopan os cabalos da grea.

A súa copa aínda sin niños,que n´alcendéu de velas a quinta primavera,dobrégase trembandosob as gadoupas duras de unha ave de rapiñaque esparexe un intre o seu silencioe despois faino máis fondo.

Aló na media noitetremba toda a sua sombra xa perdida entre a nebrae alóngase un son levepol-as valgadas húmedas de orballo.

E trembequean caladas sob a chuvaas campaíñas roxas das carpazas.

IIMirái agora aquela nube bacenta e recendente,aquel vagallón de chuva moi leve voando a ras de terra,xa sin poltros da grea, sin boutres e sin vento.

Aquel é o pinar triste do mencer.Unha mar parada no aire docemente.Unha mar con milleiros de barcos afundidose arboladuras de silencio.

193

Page 194: Antoloxía poética das árbores celtas

Unha mar docemente parada,que se remansa e quebranos millerás ardentes, verdelouros.

É o pinar dos menceres quebrados sobor finas agullas de vidro verde.

O pinar abandonado con rosas de tea de araña,relumbrantes de estrelasde estrelas brancas, verdes roxas, côr de lume.

É o pinar deshabitado e tristeque deixaron as choias en bandos degairadosde cara âs terras de labranzas.

Mirade cómo se esmorea lentamenteen marraxós de luz e se esfarela.

III

Ora mirade o pinar dos lentos solpôres de silenciosos páxaros.Mirade cómo se agranda sobor milleiros de colunas roxas de ouro leve.Cómo medran hasta as estrelas as suas copas cheas de lapas de ouro.Cómo se vai enchendo dun silencio macizo e fondo coma un mar.Sólo un perfume quente e silandeiro,un silencio de angustia,xogando â carriola,na nave fonda e longaque alongan que non seimilleiro de colunas e longuísimas sombras.

O corazón daquelaten un latir soturno e cóncavo.E os nosos vellos pasos,e as nosas vellas sombras,medran coma xigantesdiante dos nosos ollos enormemente abertos.

E cando xa na gorxavai estalar a angustia nun berrido espantoso,sob as olas paradasdaquel mar de silencio coma terra,aló moi outo,xa contra das estrelas e da lúa,roula unha ola grave e fonda de lonxana música perdida.

E o silencio e a noite ondean brandamente.E nosoutros vagueamos brandamente na noite,na ola lonxana,

194

Page 195: Antoloxía poética das árbores celtas

na mar ondeantedos queixumes dos pinos.

Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdes

NOTICIA

Dos pinares verdes,grandes olas paradas, doce son.Das fontes, vellas ora,que sentiron un día o milagrosoagurgullar das augas da primeira aurora.E das beiras da mar que é case nebra

195

Page 196: Antoloxía poética das árbores celtas

en penedos e escumas acurrada,navegada de sono sin sentido,de sonos enleadosde oucas sonámbulas e cegas.

Dos valos enfouladosde luar coma día e de muiños.(Ai, roulós de xaneiro â media noite!)

E da tea de seda das ramallas espidas,tremelosas, daquela abedoeiraque se perdéu na neve.Do silencio primeiro daquela corredoiraque gardan hoxe os buxos en medo antigo e sombra bronce. Do calexón da media noite,que escoita aterrecidopasos ocos, lonxanos,de alguén – Dios sabe!-que busca e rebusca arreo, sin parada, non sei qué que perdéu xa fai mil anos.

Dunha insua ô solpor...

Aquí traigo a noiticia, vella hestoria.Torres de sombra medran na longa noite, escura chuva.

Serra adentro na dura, na fonda noite de pizarras,gaitas, lonxanas gaitas,-fíos de luz descarriada e consumidadunha estrela velliña que se finóu antes do mundo-vanse, vans´indo e vanse,como´esta auga delgada,que se sume i –ensume,calada, para a mar.

Aquilino Iglesia Alvariño, Cómaros verdes

PANTOMIMA

Dádeme, dádeme ese gran pianolustroso, pulido polas noites...Aquí, baixo dos piñeiros,e un mar cercán.Desprovisto da miseriae desa pobreza despreciable,morto xa Pierrotnon convidedes aínda á lúa.E Laforgue en triste provincia,

196

Page 197: Antoloxía poética das árbores celtas

aforcado dun piñeiro cárdeno,polichinela enfariñado;pingando xelo os seus pés ispidos,mortos os seus escarpíns(fermosos estuches de xoias frías).

O xuíz, o forense e mailo aguacil,a tesoira das autopsiascon que logo cortan os mirtosnos xardíns choídos.Abride, abride o seu traxe de lúa.Arrincádelle os seus botóns de estrelas...El non ten peito nin ventre...Cortádelle as maos,con que facía as súas danzasarredor do estanque de mármore;e os seus pés de xelo luminoso,cando bailaba con Corina Ari.(O piano –suntuoso- baixo do ceo,e o fagot, coa súa voz escura

e sabor a noces).Ela, espida, branca Leda,co violoncello ante as coxas,ciño esganado polo éxtase...¡Agora, agora

é o intrede convidar á lúa!Non pensedes que vende miserentas calexasde verte verter a súa fariñasobre tellados lixuguentos:está sobre o mar

entre os piñeiros morados.

Comencemos o noso concerto:a area fosforecee o mar garda silencio................................................Baila, baila, baila.Xira, xira, xira.Acibeches, rachadas camelias. O verde estanque da noite,Laforgue e a súa lúa de provincias.Baila, baila Corina Ari,quizais morta aló no Norte.

Luís Pimentel, Sobra do aire na herba

197

Page 198: Antoloxía poética das árbores celtas

RONDA

Coroza de carballizos,zagós de toxeira arnau,a faca do vento norde,lampión da lúa na man. Esta noite vou de ronda. Esta noite vou rondar.

Galanos repolisqueiros-aturuxos e alalás-.Lelías no sangue mozo-formigas a formigar-.Os petos acumuladoscon herba de namorar.

198

Page 199: Antoloxía poética das árbores celtas

Esta noite vou de ronda. Esta noite vou rondar.

Monte arriba monte arribaouteiros e piñeirás.Asobíos agoirentos,cadelachos a ouvear.Arreguizos e fantasmas,trepa que trepa no chan.

Esta noite vou de ronda. Esta noite vou rondar.

Manuel Luís Acuña, Fírgoas

AFIADOR

E saben os seus ollos de cómaros e pinos.-Tamén a noite afía no vento rel que brúasalaios e friaxes da serra infunda e núa-.E saben os seus beizos de anceios peregrinos.

E contan seus ouídos de páxaros e sinos.-Tamén a noite afía-tamén a noite é crúa-o gume do silenzo na roda gris da lúa-.E contan os seus remos de rondas e destinos.

Afiador ,meu vello:tamén teu mundo afíaA fouz ourilocente da miña fantasía.Con ela voume embora nubeiros a segar.

E págame saudade en moeda de luceiros.E merco versos lindos:ronseles e viviros,afiador meu santo,para te poder cantar.

199

Page 200: Antoloxía poética das árbores celtas

Manuel Luís Acuña, Fírgoas

SOIDADEXa ren na vida .Nin me saúdan os pinosnin me bicanos paxaros no camiño.

Nin luce o sol.Nin danzan bolboretas –ilusiós-.

Nin timbrazos de grilosa chamar ordenanzas-as lembranzas- na noite –a door- durmidos.

Nin o gong do sapoanunciando ó ventoo mu número no campeonato.

Xa ren, saudade.Nin merlos.Nin nenos.A miña anguria núa na fosa soedade.

200

Page 201: Antoloxía poética das árbores celtas

Manuel Luís Acuña, Fírgoas

EIQUÍ SERÁ

A memoria de Aquilino Iglesia Alvariño

Quero morrer eiquí ( cando me cheguea hora da viaxe que me agarda).Eiquí niste silenciode pombas arroladas,niste vento que dorme nos piñeirosun profundo soño de arelanzas.Quero morrer equí cos ollos postosno fumegar das tellas, na borrallado tempo, frente a frentede min, aberta a ialmaaos latexos das horas, nunha tardeateigada de arpas.Van e veñen as nubes viaxeiras,as anduriñas pasan.O pandeiro da chuviarepenica unha mainamelodía de outonoque no roncón do río se acompasa.Quero morrer eiquí, ser sementadonesta miña bisbarra.Finar eiquí o meu cansancio acedo,pousar eiquí pra sempre as miñas azas.

201

Page 202: Antoloxía poética das árbores celtas

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra

CANTIGA PRA DURMIR A UN NENO Celanova ten un vento,Celanova un vento ten,un vento peleriñante,un vento que vai e ven.

Un vento que mais que ventoé un teimoso roncónfungando polos telladoscon grave e tristeiro son.

Iste vento vagamundo,vai coa lúa, ven co sol,vai cos mozos, ven cos vellos,vai coa neve, ven coa frol.

Vai coas nubes viaixeiraspor camiños de romaxe.Ven co pandeiro da chuviarepenicando a paisaxe.

De día vai cos paxarosi anda a brincar polas hortas.De noite ven cos morcegosi anda a petar polas portas.

Meu neno, no teñas medo,que iste vento é meu amigoi anque rosma polas rúas

202

Page 203: Antoloxía poética das árbores celtas

non te levará consigo.

Vento que vas á ventura,¿non ollas cómo che aceno?Vaite deiquí paseniño,deixa dormir ó meu neno.

¿Onde se marchou mi padreo ventiño reiseñol,ventiño de doce gaita,ónde se fo co seu fol?

O vento atópase cansodo seu constante bulir.Deitouse nos piñeirales,coma nun berce, a dormir.

I o vento que rebulía,Celanova xa o non ten.O meu neno está durmidoi o vento dormiu tamén.

Celso Emilio Ferreiro, Donde o mundo se chama Celanova

203

Page 204: Antoloxía poética das árbores celtas

A CASTELAO

Antre o queixume dos pinos, antre as sómas do luar,anda a túa i-alma perdida¡ ti non morreches, irmán!

¡Ai, Daniel, quén che poideracoas nubens alumear!¡Erguerche un moimento lourocoas raiolas do luar!

Anda no ár a pregariado pobo e das liberdái-os pinos van marmulando:¡Ti non morreches, irmán...!

Antón Avilés de Taramancos ( José Antonio Avilés Vinagre), en Lar. Recollido en Obra poética, Antoloxía

204

Page 205: Antoloxía poética das árbores celtas

Baixa a aiga, baixa,tecendo voltas e máis voltas,facendo caracol sin casa.Avisa o galo,a pita nun berro longo fuxe.A chuvia fala,peneira o rego.Casiñas vellas fumean e din:“Delas son,delas son”.

Fai tempo crucei un camiñoi atopei as pegadas hoxe.Non se van nin con mal tempo,non se van con sol-quentar,non se van inda que as pisen.Por elo volvín a elas,por elo volvinas a pisar, amigos, quedando nelas tallada,quedei nelas porque sonaquela terra sabia,aquela terra era.Como traballa en min!Como me dá e me quita!Como me fai e desfai!Leva a auga pró seu tallo,leva a néboa crara-escura,leva sol,leva vento,leva nebra que coxea,leva folliñas secs,leva súas pólas ca sombra,leva tronco ca raíz,leva prantas,leva montes,pinares e carballeiras,leva pedras espelladas,tamén aquelas de mofo,paredes de hedra leva,

205

Page 206: Antoloxía poética das árbores celtas

leva uces,leva toxos,leva ladeiras e prados,leva as herbiñas todas,leva mares,leva ríos,leva fontes,regueiriños a cantar,leva tempo aquel que deixa.Terra, verba miña!

Vou atizando o teu taloou son bafo do que el xa leva.

María Mariño, Verba que comenza

Corría a xente coa alegría no colo.Compríase a conta de outro manso día que espaiara o tempo.A paisaxe alumeaba o cor apagadoca súa ponte de idas e vidas.Os pinos daban brisa de picaños, de resina e retornos, retornos apañados de horas donas,retornos axeados e frorecidos de mañán serea.O pinar –ensaio perene- brindaba seu són. Seus sendeiros esvaradizos volvíanlle o nome o tempo aquelque deixou o seu trocándose por loitaque non foi del apañada, loita xiradoracomo ave soia, fría sin dono.Parou a xente no seu,a gaita seguía o són da súa historia.historia que xa contara.Moitos traguían dela!Cansos os rostros de trotar e festexosbrilaban na fartura que lles ditaban,ditado que non entendían pero medraban nel.Un alalá berrou:“Somos de cada intre.” Niste intre que que agora me leva,que agora me dá, son aquela muda que palpita dela.Non son aquela agra aberta que fala sin contacomo auga que corre polo regueiro.Non son aquel día festeiro e punzante.Non son ave que canta pra que lle escoiten.

206

Page 207: Antoloxía poética das árbores celtas

Fala a luz: “Rastro eres na fiebre do tempo”.

María Mariño, Verba que comezaBaixa a aiga, baixa,tecendo voltas e máis voltas,facendo caracol sin casa. Avisa o galo,a pita nun berro longo fuxe.A chuvia fala,peneira o rego.Casiñas vellas fumean e din:“Delas son, delas son”.

Fai tempo crucei un camiñoi atopei as pegadas hoxe.Non se van nin con mal tempo,non se van co sol-quentar,non se van inda que as pisen.Por elo volvín a elas,por elo volvinas a pisar, amigos,quedando nelas tallada,quedei nelas porque sonaquela terra sabia,aquela terra era.Como traballa en min!Como me dá e me quita!Como me fai e desfai!Leva a auga pró seu tallo,leva a néboa crara-escura,leva sol, leva vento, leva nebra que coxea,leva folliñas secas,leva súas pólas ca sombra,leva tronco ca raíz,leva prantas,leva montes,pinares e carballeiras,leva pedras espelladas,tamén aquelas de mofo,paredes de hedra leva,leva uces,leva toxos,leva ladeiras e prados,leva as herbiñas todas,leva mares,leva ríos,

207

Page 208: Antoloxía poética das árbores celtas

leva fontes,regueiriños a cantar,leva tempo aquel que deixa.Terra, verba miña!

Vou atizando o teu taloou son bafo do que el xa leva.

Mariña Mariño, Verba que comeza

HISTORIA E GAITEIRO

208

Page 209: Antoloxía poética das árbores celtas

Vertía o aire unha tempra que el era ben sabida.Nela mozos bailaban, nela os vellos tempo tiñande contar vellas fachendas, e tamén dalquel erguidoque o tempo foi afogando na forza da onda viva.

De vello sabía o aire tratar daqueles tres,tecendo sempre mansiño, sin dereito nin revés,unha longa tela entraña, rede de quen todo é.

Era o día sono dun ano.Néboas revolteaban sin saber pra onde coller.Viuse logo o teito azul: o que a gaita viu nacer.

Tiñan man de peitos cheos as sombras das carballeiras.

Dona era a gaita do longo daquela aldea.A tarde dos meus amores! Meniños das rosquilleiras!Os pinares eran voz:seus picaños arrecendían ó tempo.Era o tempo palabra, a que a gaita iba tecendo.

De entre fieitos naz a voz do noso gaiteiro vello.Fai de escudo a súa estampa.De retorno sempre o són.Soio é peito a súa fala.

O seu paso ben gardado entre pinos e prazuelas,fogueteiros e campás, nunca o soupen describir.Digo o dos meus avós, cando falaban de min.

Soio historia é o gaiteiromellor liro no leín!

María Mariño, Palabra no tempo

ARDENTÍA

Nun límite de sal e de solporvivimos no salseiro e na semente,nas trazas do remol e do ronsel,

209

Page 210: Antoloxía poética das árbores celtas

na conversa continua,na pausa que responde ós desmedids,na solercia que sabe como o raposo saltapero non perde a pisa, coma os cans, polo cheiro,

(no bruar dos piñeiros, na ardoranos magníficos días da concordiae nas pedras inscritas)

na cor e mais no con que non sabemos, no matriz,tamén no trazo forte e veladura triste,nunha irónica idea do pasado:na cegueira que aprende ás apalpadelaso natural fermoso, na xiria cálidano bosque non témero,no ronxido da area nos arratresno reloxo de príncipes corsarios,nos olorosos ferros oxidados;celebrámo-lo mar.

Manuel Outeiriño, Letras vencidas

210

Page 211: Antoloxía poética das árbores celtas

211

Page 212: Antoloxía poética das árbores celtas

PRADAIRO

212

Page 213: Antoloxía poética das árbores celtas

TERRAS abesedas do Val d´Asnela i Os Pradairospor Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elasescazurrado ouveando polas penas...

213

Page 214: Antoloxía poética das árbores celtas

Terras do laz dend´o outo Nadal ó Entroido!Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.

Terras xabreiras de Parada e Sant´ Eufemia!Xeadas brancas e negras!Castiñeiros do Estreito!Prados da Veiga do Couso!Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!

Uxío Novoneyra, Os Eidos

verdade?que verdade?

a que constrúen as palabras falsas dos covardesos seus berros dislocados e caníbalesdesmesuradas murallas contra a luz?

alimentareime da sombra diagonalque protexe a fonte baixo os pradairos espidos

214

Page 215: Antoloxía poética das árbores celtas

do silencioque foxe do seu veleno incendiadoonanista, cultivadoen horas

infértiles

Marta Dacosta, Dun lago escuro

215

Page 216: Antoloxía poética das árbores celtas

SALGUEIRO

216

Page 217: Antoloxía poética das árbores celtas

SALGUEIRO

¡Está na lama o salgueiroe medra no salgueiral!¡Fachenda e flor de lameiro!¡Corpo despido e xuncal!

217

Page 218: Antoloxía poética das árbores celtas

Dendes do pé deica o cimo:¡que prodixio de feitura!¡Os ventos danlle agarimo!¡E danlle as aves tenrura!

Manuel María, Terra Chá

CANTO Á TERRA CHÁ

¡Ouh miña Terra Chá, amada dende lonxe,povoada de ventos e carpazas,por onde o Miño pasa caladiñopra non despertar tanto silencioque envolve bruscamente ceo e terra!¡Terras humildes, ciscadas pola Chña,que non se dan medidas cunha ollada:

218

Page 219: Antoloxía poética das árbores celtas

lévovos no fondo da lembranzaalumando os meus días, intre a intre!

¡Terras de Vilalba e de Cospeito; Castro de Rei e Outeiro de Rei, Rábade, Abadín e Pastoriza...!¡Terras peladas e ásperas de Parga;Gándaras sen fin de Guitiriz...!¡Serra de San Simón, perto a Vilalba;Montes do Fitoiro, ollando a Lugo;Serra de Meira, chantada pró Nacentee Cordal de Ousá, cara a Friol...!E aló pola Pastoriza e Monsaibán os cabalos da grea, desbocados,gallopando por min antergos soñosque rexurden de novo, nun repente. ¡Feirón de Vilalba! ¡Feiras de Castro,Rábade, Muimenta e A do Monte...!Aínda o voso rumor na miña almaresoa cun doce e vello son de muiñeira.

¡Pazo de Sistallo! ¡Torres de Vilalba,A Caldaloba, Taboi e máis Sobrada:facedes garda de honor á inmensidadee velais o misterio e o silencioque envolve como un manto á miña terra!

¡Festa dos Milagros, en Saavedra;Santa Isabel de Outeiro de Rei;Nosa Señora do Monte, de Cospeito,Raíña da Terra Chá, dos montes sós,cubertos de pucharcas e carpazasque teñen a cor Vilalba: ¡eres a florde tódalas romaxes do país...!Pro a miña romaxe é a máis humilde:a Virxe da Saleta, en San Xulián,onde o silencio é fondo e se oi ó Miñoir co seu paso de boi cara ós encorosque deteñen a súa forza poderosacoutándolle o camiño do mar ceibe.

¡Ouh xentileza lanzal da abidueira,branca e esquía como un soño,que na humilde pucharca se reflexa,na linfa transparente dos regatos

219

Page 220: Antoloxía poética das árbores celtas

e nos ríos caudales de augas quedasque van durmindo ó mar!

Polo invernobaixo o vento xeado do Cantábrico:laias fondamente, almiña en pena.

¡Salgueiros e piñeiros; amieiros cor mele potentes carballos centenariosque loitades co vento brazo a brazo!¡Ouh agros de centeo, terras frías,coa auga encorada nos madoiros...!

Na Terra Chá todo é puro, elemental.Homes silandeiros que non teñennen sequer palabras pra cantare emigran tristeiros e caladoslevando a outras terras o silencioque lles deu a súa terra fatalmente.Na Terra Chá as cousas nada falan:a choiva cae na terra sen máis nada; o vento que ven do mar pasa ouveandoe o sol abrasa todo sen piedadenos días abafantes do Vrao longo.Mais a beleza grave das chairegas-o seu van xentil como o do vimbioe os seus ollos da cor das abelairas-érguese impresionante en toda a Chá.

Nesta terra só os carros do paíslle dan á paisaxe a súa voz agriapra que cante segredo, quedamente,a historia de Lucerna e de Valvere,as dúas cidades malditas, sulagadasno fondo da Lagoa de Cospeito....E tamén as campás, co seu acento,que se alonga soedoso polas gándaras,enchen de vaga señardade a nosa alma.(¡Verbas inspiradas de Noriega!¡Razós namoradas de Crecenteque case semellades un silencio!¡Versos virxilianos de Aquilino!¡Ouh máxicos poemas de Díaz Castro:a vosa beleza feriunos para sempre!)

Agora eu estou lonxe. E teño señardás

220

Page 221: Antoloxía poética das árbores celtas

dos berros, case ouveos, das lavercas;do rumor do Anllo, do Lea e do Azúmara,do Fabilus, do Ladra e máis do Támboga;do gando que pace polas Brañas;dos oleiros de Bonxe e Silvarrei;dos zoqueiros de Loentia e Formarán;e dos brutamontes, calados e solemnes,que baixan, dende a Corda a San Simón,vender os queixos louvados a Vilalbapondo unha nobre gravidade nos feirós.

Agora eu estou lonxe. E teño saudadedos camiños anchos como estradasque atravesan os montes soedosos;dos prados de ouro e seda perto ós ríos;das falas pausadas dos labregosde Xustás e Gaibor, que recolleitanpatacas por vagós; das mulleresvestidas de mouro que, dende Outono,encerran os capós nas capoeiraspra matalos, ben cebados, no Nadale celebrar como é debido a Noiteboa;das terras centeeiras que produceno pan e a seguridá de todo o ano;dos altos ceos chumbos que amenazan,coas súas nubes escuras como a morte,o desamparo dos povos e dos montes, perdidos na gran inmensidade,orga e impresionante da planura...Agora a Terra Chá é outra terra.Agora sinte o peso dos tractorese escoita, estantía, como fungan;como enchen o ar de roucos sons.A terra, vella e sabia, nada di.Porque esta terra, sempre despovoada,-habitada só de vento e choivas,xeadas, xistras e aves frías-cecáis non comprende cabalmentea Colonización, tan aireadaun día e outro día nos xornás...

Eu amo a Terra Chá, sempre tan miña.Eu a mo a Terra Chá tal como é:¡a súa seiva corre no meu sanguee alúmame, a súa luz, o corazón!

221

Page 222: Antoloxía poética das árbores celtas

Manuel María, Terra Chá

Prende, salgueiriño, prende,prende de póla na lama;tamén meus ollos prenderonno corazón dunha dama.

Poesía popular galega

222

Page 223: Antoloxía poética das árbores celtas

S-6

A sua queixa no brañaldebulla con voz de prataa fonte, nunha sonatano clavecín de cristal,e arrente d´unha silveiramonea no violóncon triste e pesado sonunha abella aventureira.

Aló, n´un souto remoto,un grilo ben afinadotrema un fadiño miñoto“muito ben repinicado”,e o concertista pin pinrebuldante pol- os matosacompáñao en pizzicatosno seu besgo violín.

O xílgaro máis alácon voz de tipre barataacomete unha fermatade ópera italiá,

223

Page 224: Antoloxía poética das árbores celtas

e o cuco no piñeiralcon gran degaranza probana frauta do trinque novatod´a escala natural.

Entran “ a tempo” facendoos piñeiros violinistasen compaña dos soístas un sentimental crescendo,e como na Pastoralten un canto realistad´emoción oitocentistao rego antr´o salgueiral.

Luís Amado Carballo, O galo

OS REISNa branca noite de invernoacochadiño co frío,envolveito no luar,no salgueiral chora o río.

O camiño tortoque vai pra Belénlevaba no coloaos tres vellos reis.

Anda a lua pol-o ceovaga lembranza a chorar,o vento ficóu pousadonas ponlas do piñeiral.

A estreliña erranteaboya no alén,dos mares do ceobíblico bourel.

A noite está caladiñae o silenzo abriría as azas,pra non espertar ao nenoaté os astros se pararan.

Ao roibo meniñoque ven de nacer,dos xardíns da groriatenro carabel.

Pol- os montes e valgadaschegan pastoriños nenos

224

Page 225: Antoloxía poética das árbores celtas

levando nos corazónsarrecendores d´encenso.

Líricas ovellasandan a xemerno colo das mozascon voz de rabel.

Cantan salmos as estrelasacunadas pol-o marque brua con son de órgaounha canzón de arrolar.

Cinguidos das tebrasos velliños reiscamiñan soñandoco amañecer.

Pol-as rayolas da luabaixan falando a modiñoanxos que velan o sonodo divino pequeniño.

O craro camiñoque leva aos Reischegando ond´o nenobicáball´os pés.

Luís Amado Carballo, o Galo

225

Page 226: Antoloxía poética das árbores celtas

O pé do mariñeiro é de natural anchoesparrado nos dedos, afeito a apousentara súa planta polo mol da area. O tactotan sensíbel que coñece cando pisa na solla,no pelouro, no argazo, no trabote. É unha sondaa transmitir o estado do mar: Temperaturas,fluxos, escamallos. Barómetro do tempo. Sinalde fartura de peixe, ou de ser houbermar de fondo máis afora da ría.O pé do mariñeiro é outro cantar...

Facer un zoco a esa medida, teceralgo que ampare unha estructura viva, fráxil eao mesmo tempo forte como un cepo,é labor de perito. Hai que asosegar,medir cun bimbio a curvatura, o empeine,a cuarta áurea, o longo, o ámbito no queo pé se sente libre, ou no cal- despois dunha tarefa-anda o pé coma murcho, dorido, que non quersaber de cousa algunha.

Hai que procurar un salgueiro xunta o ríoalgo comeso na raíz, vedraio;e no cuarto menguante, cando a saiva non tenesa forza que canta nas arterias do cerne,serrar con tronzador portugués e con rachaspara que sexa o ángulo propicio no caír.Unha vez ben torado, da parte da cachopaescoller ese tono de madeira coa tintaentre o roxo salmón e o solpor fisterrán,unha gama algo tenue, difícil de explicar(case sempre, ao petar cos cotelos, o salgueiro

226

Page 227: Antoloxía poética das árbores celtas

dá un oco de tambor primitivo, o máxicobruído milenario que desperta un tremorna fontenla do sangue. Atavisms quezais). E logoabrir o toro polo medio e medio. Pór ao sol a enxugar-non a carón do lume que fai torcer as vetas-sete días contados. Nin un máis.

Colles a aixola, a gubia, o serrucho máis fino,a lima grosa. Unha desas tardes calmosasnas que o fume anda baixo despois do temporal,lías un pito da petaca, pausadamente, e trazassobre a madeira, agora leve, o esquema;xa somente é cortar, facer un fondo cóncavo-convexo,medir a elipse exacta, e xatemos a perspectiva do zoco mariñeiro...

O demais son finuras, requeñeques, arte mesmounidimensional.

Antón Aviles de Taramancos, As torres no ar

227

Page 228: Antoloxía poética das árbores celtas

SALGUEIRO da tara iradaxa non son aquela ollada.

A ollada vaimais non leva nin trai.

Uxío Novoneyra, Os Eidos

228

Page 229: Antoloxía poética das árbores celtas

CHOVÍA EN COMPOSTELA O ar semellaba unha camelia brancaque se tornase en chuvia en pura ausencia.

Sombras escuras.Columnas primordiais con volume románico.Mais non estabas ti…

Mirei a tarde.Liña espiral da chuvia na memoria.Unha estación de incenso pranto mirraabisal. Salgueiros. Partituras.As fontes fican soas.Unha especie de bafo de camelias unxidas.Chove gris Compostela. Un cálice de chuvia.Mais non estabas ti…

A nosa historiapertence á cripta dos crepúsculoscamiño de Santiago.Unha longa coroa de cúpulasxiadas a facer o milagre polas pontes de Roma.A nosa historia hase ler baixo a lámpada purana noite dos pazos abertos coma un códice.Na noite debruzadasobre panos de seda de catedrais pechadasaras de perpiaño. Nun dolmen presentido perto de Compostela.Biquei a tarde nos altares.Mais non estabas ti...

Á precura do temporachei as partituras do Codex Callixtinusno Pórtico da Gloria.Unha casula azul polo pranto e a ausenciaderrubouse sen ruído.Desprovista das verbas que nivelan os cálicesfiquei a contraluz.As lousas escribían a paisaxe obstinada.Despois chegou a noite. Chovía en CompostelaMais non estabas ti... Luz Pozo Garza, Códice Calixtino

229

Page 230: Antoloxía poética das árbores celtas

FOTOGRAFÍA DE OUTONO

No tempo aquel da auga nos milcroquesa esbarar e da ruína das cerdeirasdos salgueiros esluados e tamén do ollar cansodo xardineiro que enxertou a rosana paixón agachada

descubriámo-los nomes da ledicianun serán de seixo no vilegoacougo da ribeira.

A vila sente o pulo deste ríomáis comparte o destino dos máis vellospenedos que na distancia axexan:

fica atoado o seu congostro inxel.

E nesta tremeluz nós ficaremos:nos relanzos do Outono que nos pinta.

Xosé Manuel Vélez, Ritos de auga

230

Page 231: Antoloxía poética das árbores celtas

SORBEIRA

231

Page 232: Antoloxía poética das árbores celtas

A muller que ha de ser miñaha de ter o cu de pau,a barriga de cortizoe a nariz de bacalao.

232

Page 233: Antoloxía poética das árbores celtas

..............

Custureira finiquita,se dis que te queima o sol,a cortiza está barata:faerémosch´un quitasol.

Poesía popular galega

Doce sorbeira,gris sensibilidade.Calado poder.

Argalleiros e argalleiras das letras

233

Page 234: Antoloxía poética das árbores celtas

Sorbeira solitariaque a alegría perdiches hai anos.Apaixonada e tenrasensibleamante das cores e da luz.Permite que os grises corazónsque amaron algún díaabracen o teu troncoe curen as túas feridas,as súas feridas.

Argalleiros e argalleiras das letras

234

Page 235: Antoloxía poética das árbores celtas

TILEIRO

235

Page 236: Antoloxía poética das árbores celtas

Verde tileiro,xigante, dubidoso,cheo de vida.

236

Page 237: Antoloxía poética das árbores celtas

Argalleiros e argalleiras das letras

Frondosas follas,delicadas raícesbebendo da terrapara pacificar o mundo.

Árbore para soñar,desexarimaxinarcompartira fonte na que bebes.

Tileiro solidariopacíficolealprotector deixa que baixo a túa sombradescansen os limpos corazóns.

Argalleiros e argalleiras das letras

237

Page 238: Antoloxía poética das árbores celtas

238

Page 239: Antoloxía poética das árbores celtas

Esta antoloxía realizouse durante o curso 2015/2016 polos Argalleiros e argalleiras das letras do IES Castro da Uz. Agardamos que perdoen os “`posibles” erros que cometeramos.Grazas a todos @s argalleir@s das letras, en especial a Sabela Rodríguez polo deseño da portada.

239