16
A literatura. A A literatura. A linguaxe literaria linguaxe literaria Que é a Literatura? Que é a Literatura ? A linguaxe literaria A linguaxe literaria Características da Características da Literatura Literatura 1º ESO 1º ESO

A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes: - VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007. - Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953

Citation preview

Page 1: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A literatura. A A literatura. A linguaxe literarialinguaxe literaria

Que é a Literatura?Que é a Literatura?

A linguaxe literariaA linguaxe literaria

Características da Características da

LiteraturaLiteratura

1º ESO

1º ESO

Page 2: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

FontesVV. AA.,VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro- Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.Santillana, 2007.

Carricoba Armesto, Juan Mª, Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literariosOs xéneros literarios (1º ESO), (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de FriolFriolEnderezo: Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953

Page 3: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A literatura Que é?É a arte de crear e recrear textos, de compoñer.

Por extensión, refírese especificamente á arte ou oficio de escribir de forma artística.

O termo tamén se usa para falar dun conxunto escollido de textos como, por exemplo, a literatura médica, a literatura inglesa, literatura galega, etc.

Tamén para falar dos textos dunha época ou dun movemento artístico: a Literatura do Rexurdimento, a literatura romántica, etc.

Page 4: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A linguaxe literariaNa literatura a linguaxe é empregada dunha

maneira moi especial pois o texto literario ten unha finalidade artística.

Na literatura posúe unha grande importancia a forma na que o/a autor/a emprega a linguaxe.

A arte literaria consiste en combinar con acerto a forma e o contido, a expresión e as ideas, para que esperte o interese do lector/a.

Page 5: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A linguaxe literariaPor iso, o/a escritor/a emprega:

- un vocabulario coidado e pouco frecuente na linguaxe coloquial, ou no caso de recorrer á linguaxe cotiá faise de maneira sorprendente e procurando a atención do/a lector/a.

A carón da fonte de Vimianzo,

as campesiñas de Traba

venden as trenzas loiras da terra

engarzadas de allos

miúdos coma pérolas dun val mariño.

Manuel Rivas. Costa da Morte Blues

Page 6: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A linguaxe literaria- os denominados recursos literarios (metáforas,

comparacións, aliteracións, paralelismos, antíteses, hipérboles, ironías, personificacións, etc.).

Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón

i eu non me acordo xa se era aquel cravo

de ouro, de ferro ou de amor.

Rosalía de Castro

Page 7: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A linguaxe literariaO teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

Celso Emilio Ferreiro

Page 8: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

A linguaxe literaria

- adxectivos abundantes para adobiar o texto, mesmo epítetos, que dan cualidades propias do que se describe:

FIANDEIRA namorada

que fías detralo lume

cos ollos postos nas chamas

roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías

nas noites do longo inverno

as liñas máis delgadiñas

que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fora

riba dos teitos calada

mentras ti fías e soñas

nunha cousiña lonxana...

Uxío Novoneyra

Page 9: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Características da literatura

Texto literarioVisión subxectiva da

realidadeFinalidade estética

(busca crear beleza)

Uso creativo da linguaxe

Textos non literarioVisión obxectivaFinalidade práctrica, didáctica ou informativaLinguaxe precisa e clara

Page 10: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

O loboO nome científico do lobo é Canis lupus signatus. É da mes-

ma subespecie que o can; ademais, pertence ao reino animal, é un cordado (columna dorsal permanente), mamífero, carnívoro. Trátase dun cánido e a especie é lupus.

Todos son animais terrestres que se moven rapidamente e que se esconden en cavidades naturais ou escavadas. Son animais sociais á hora de cazar. Comunícanse por xestos faciais, posturas do corpo e da cola. Son cánidos que posúen 4 dedos nas patas anteriores e 4 nas traseiras. As poutas son retráctiles e teñen nada menos que 42 dentes.

O normal é que teña unha lonxitude entre 1 m. e 1.20 m (aínda que pode chegar a 1.25 m). A cola mide máis de 40 cms. e a altura anda entre 75 cms a 80 cm. Pesa sobre 40 quilogramos de media.

A súa cor oscila entre o pardo gris ( máis común en Galicia ) e o pardo vermello. Algunhas marcas características mouras e claras.

Page 11: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Cousos do lobo!

Caborcos do xabarín!

Eidos solos

onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco

movendo nas flairas dos teixos

ruxindo na folla dos carreiros

en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa

parase e venta

finca a pouta ergue a testa e oula

ca noite na boca…

Uxío Novoneyra

Cousos do lobo

Page 12: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Os xéneros literariosOs xéneros literarios

XÉNERO ÉPICO OU NARRATIVO

XÉNERO ÉPICO OU NARRATIVO

XÉNERO LÍRICO OU POÉTICO

XÉNERO LÍRICO OU POÉTICO

XÉNERO DRAMÁTICO OU TEATRAL

XÉNERO DRAMÁTICO OU TEATRAL

1º ESO

1º ESO

Page 13: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Hai tres grandes xéneros literarios:

• Poesía: o poeta expresa o que sente, os seus sentimentos e as súas emocións. Acostúmanse a escribir en verso.

• Narrativo: cóntase unha historia baseada en feitos, reais ou fantásticos, que lle suceden a uns personaxes nun tempo e nun espazo. Conta a historia un narrador e adoitan estar escritos en prosa.

• Teatro: engloba aqueles textos creados para seren representados diante dun público. Poden estar escritos en prosa ou verso. A historia móstrase a través do diálogo dos personaxes.

Page 14: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa.Cando maxino que es ida,no mesmo sol te me amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.Si cantan, es ti que cantas,si choran, es ti que choras,i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras,nin me abandonarás nunca,sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro

Page 15: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

Aquí moitas veces me preguntan se na nosa casa había auga corrente e se tiñamos coche e cousas así. Claro, auga corrente si que tiñamos. Aquí diso non hai. Nós temos sorte porque temos un baño e un pequeno tanque coa auga quente, aínda que ma me prohibe poñelo en marcha porque é eléctrico e está nun cuarto cheo de auga, o cal pode levar á morte segura. Lakshmi contoume que unha curmá súa, unha desas cuartas ou quintas, morreu precisamente no baño, electrocutada.

Hai días nos que nin sequera poñemos a auga quente, vai moita calor. E outros nos que non podemos porque non hai luz e non funciona o tanque eléctrico. Isto pasa a miúdo no verán porque non hai auga suficiente para producir electricidade. E que terá que ver a auga coa electricidade? Explícovolo nun segundo: a electricidade que chega á nosa casa provén dun encoro enorme no río Kaveri. A auga pasa co moita forza por unhas portas e dalgunha maneira produce electricidade, que logo viaxa ás casas polos postes eses da luz. Cando non chove e non hai auga suficiente no encoro, non entra con forza nas comportas, así que non hai luz. Así se resume que algo que pasa a quilómetros da nosa casa acabe por determinar que ma e mais eu (en todo Devastnaa, para o caso), se acabe duchando en auga fría.

María Reimóndez: Usha

Page 16: A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1º ESO)

CARMIÑAE: (Entrando.) ¡Manolitus! ¡Meu amado! (Corren un cabo do outro para abrazárense.) MANOLITUS: ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae!, ¡Carmiñae! ¡Por fin xuntos e sós! Estamos por fin xuntos e sós nesta natureza salvaxe, sen vixilancia, sós, co bosque como única testemuña. CARMIÑAE: Si, sós, por fin sós. MANOLITUS: Sós por fin, gracias ós deuses estámo-los dous sós e íllados do mundo. CARMIÑAE: (Nun suspiro.) Sós, sós, sós. MANOLITUS: (Suspirando asemade.) Sós. CARMIÑAE: (Logo dunha pausa de ollares tenros.) E haberá que facer algo para non aburrirse, digo eu, ¿non?; como estamos tan sós... MANOLITUS: Oes, pois tes razón. (Sentan collidos da man no toro da árbore e pensan un anaco en silencio.) ¡Xa sei o que podemos facer! CARMIÑAE: ¿Que? MANOLITUS: Eh... ben, nada. CARMIÑAE: Non me sexas vergoñoso, dime o que era. MANOLITUS: Non muller... era unha parvada... ademais non vas querer... CARMIÑAE: (Mimosa.) Dime o que era, anda. MANOLITUS: Ti o parchís non o trouxeches, ¿ verdade? CARMIÑAE: (Decepcionada.) Non... ¿e se xogaramos ás prendas?

O achado do Castro, de Manuel Nuñez Singala