Características xerais da literatura grega
Nace moi influida pola mitoloxía e as lendas
Pero a mitoloxía grega é independente das castas sacerdotais. As lendas gregas, os seus heroes, cambian dun autor a outro. Os personaxes evolucionan.
Ten unha función eminentemente colectiva
Os heroes gregos, e mesmo os deuses, teñen un carácter moi humano.
O centro das súas preocupacións é o ser humano
Desenvolveron multitude de xéneros, tanto en verso como en prosa. Esos xéneros extendéronse despois a outras literaturas.
Os gregos non só fan literatura, senón que ademáis reflexionan sobre ela; elaboran métodos e normas e inician a crítica literaria
Épica
Homero
Hesíodo
Ilíada
Odisea
Teogonía
Os traballos e os días
A eles devorábaos o gran Crono cando cada un desde o sagrado ventre da súa nai chegaba aos xeonllos, para que ningún outro dos nobles descendentes de Urano obtivese a dignidade real entre os Inmortais. Pois por Xea e o estrelado Urano enterárase de que tiña como destino morrer a man do seu fillo. Por iso non descoidaba a vixianza e, sempre atento, devoraba aos seus fillos, e Rea sufría terriblemente.
(Hesíodo, Teogonía)
Zeus non respondeu enseguida. O que amontoa as nubes gardou silencio durante un bo rato, e Tetis suplicoulle de novo, abrazada aos seus xeonllos.
(Homero, Iliada)
Lírica arcaica
Safo
Anacreonte
Píndaro
Expresión de sentimentos persoais. Son os primeiro exemplos de poetas que falan de si mesmos
Escribe odas de louvanza aos vencedores nas competicións olímpicas.
Traxedia
Esquilo
Sófocles
Eurípides
Os Persas, Orestiada, Prometeo encadeado
Edipo Rei, Antígona, Electra
Medea, As Troianas, Andrómaca
A traxedia é unha das grandes aportacións dos gregos á cultura universal. Caracterízase por poñer a un heroe ou heroína nunha situación límite ante a cal deberá tomar unha decisión. Ademáis dos personaxes individuais, en todas elas intervén un coro que dialoga cos protagonistas, facendo unha especie de voz colectiva que toma partido e se emociona.
Pier Paolo Pasolini (1967) Pier Paolo Pasolini (1969) Michael Cacoyannis (1977)
Comedia Aristófanes
As Nubes
As Asamblearias
Lisístrata