15
XOGOS POPULARES Exposición da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia no CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO DO CARBALLIÑO

Xogos populares

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Xogos populares

XOGOS POPULARES

Exposición da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia no CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO DO CARBALLIÑO

Page 2: Xogos populares

XOGADE

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza o programa XOGADE.

Dentro deste programa está a exposición XOGOS POPULARES.

Page 3: Xogos populares

A CHAVE

É un xogo de lanzamento e precisión, onde uns “pesos” deben impactar na chave para facela xirar ou derrubala.

Xógase e equipos de 2 ou 3 xogadores. Cada xogador lanza 5 pellas.

Gaña o xogo que máis puntod acade. Adoita xogarse a u número determinado de punto ou a 6 xogos.

Page 4: Xogos populares

A GOMA

Material: Goma elástica. Dúas persoas manterán a

goma tensa enrolada nas pernas e outra persoa salta, de diferentes formas (picando, metendo cada lado enro os pés, saltándoa,…)

Hai varias modalidades, cada unha coa súa canción correspondente.

Page 5: Xogos populares

A MARIOLA OU O TRUCO

Consiste en ir desplazando unha pedra a través das 9 casiñas.

Trátase dun xogo de precisión, equilibrio e rapidez.

Comeza tirando a pedra a casilla número 1 sin tocar as liñas. Despois pasar as outras á pata coxa.

Só se descansa nas dobles. A volta recóllese a pedra. Así con todas as casiñas.

Page 6: Xogos populares

O GATO E O RATO

Farase un círculo cos xogadores collidos da man. Dous quedan fóra, un será gato (perseguidor) e outro o rato (perseguido).

O rato enntra e sale do círculo por deaio das mans dos da roda, entrando sen ser collido polo gato.

Se o pilla ou chega a súa casa, cambiarase a parexa de gato e rato.

Page 7: Xogos populares

AS CHAPAS

Márcase un camiño no chan, por onde se desprazan as chapas dándolles un golpiño coas uñas.

Cada xogador golpea unha vez a súa chapa, se esta sae fóra do camiño, volverá ao principio deste.

Pódense poñer atrancos no camiño.

Page 8: Xogos populares

TIRO DA CORDA

Para xogar fanse dous equipos co mesmo número de xogadores.

A finalidade é turrar máis ca o equipo contrario.

Trázanse 3 liñas no chan; unha central e dou extremos a mesma distancia desta. Márcase cun pano a metade da corda.

Sitúanse os equipo a ambos lados da corda, por detrás da súa liña, co pano aliñado enriba da raia central.

Cando o xuíz/a o indique, turrarán da corda ata conseguir que o pano sobrepase a raia máis preto do seu equipo.

Page 9: Xogos populares

PASE MISÁ

Dúas persoas fan de portas, collidas das mans unha fronte a outra,

Escollen en segredo un tema, e cada unha, unha palabra.

O resto dos xogadores sitúanse en fila e van pasando por debaixo da ponte cantando: “Pase misí, pase misá, polas portas de Alcalá, os de diante corren moito os de atrás aí quedarán.

O último ten que elexir unha das palabras e porase na fila correspondente.

Ao final tirarán intentando arrastrar a fila contraria.

Page 10: Xogos populares

O BUSCA LUME

Márcanse polo menos catro esquinas, nas que se colocan os xogadores. Un deles queda no medio vixiando.

A un sinal todos deben moverse de esquina. O que está no centro debe aproveitar a ocasión para ocupar unha delas.

Page 11: Xogos populares

OS TRES PÉS

Xoga un número indeterminado de xogadores, que se atan polos nocellos cunha corda de tres en tres.

Despois fanse carreiras.

Page 12: Xogos populares

O TROMPO

Son varios os xogos que se poden facer con el.

Primeiro aprender a bailar a buxaina. Hai que rodearlle unha pequena corda arredor da punta e despois lanzalo.

Tamçen se pode facer bailar na man, collelo no aire ou bailar nun corro.

Page 13: Xogos populares

O PANO

Fórmanse dous equipos de igual número de persoas, as cales se numeran.

Trázanse tres liñas no campo. Cada equipo colócase nun extremo.

Un xogador sitúase no medio do campo e di un número. O xogador que o teña sairá a por o pano e intentará levalo para o seu campo, deste xeito gañará.

Page 14: Xogos populares

AS LOMBAS

Escoller un ou unha pandote, que se colocará anicado coas mans nos xeonllos.

O resto saltará de un en un en fila, facendo a acción que se determine.

Page 15: Xogos populares

OS AROS

Primeiro dominar a habilidade de dominar o aro sin tocalo con ningunha parte do corpo, só coa axuda do guiador.

Despois pódense realizar carreiras de xeito lineal ou nun circuito.