94

Click here to load reader

Contos, xogos e intercultura

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Contos, xogos e intercultura

A BIBLIOTECA:

UNHA VENTÁ

ABERTAÁ

INTERCULTURALIDADE

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 2: Contos, xogos e intercultura

CONCEPTO DE COMPETENCIA

LINGÜÍSTICA

FALAR E ESCOITARLER

ESCRIBIR

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 3: Contos, xogos e intercultura

DESEÑO DE ESTRATEXIAS

ACCEDER C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 4: Contos, xogos e intercultura

A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA A

TRAVÉS DO XOGO

ACCEDER C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 5: Contos, xogos e intercultura

COMO TRABALLAR

COS CONTOS

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 6: Contos, xogos e intercultura

A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA A

TRAVÉS DOS CONTOS

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 7: Contos, xogos e intercultura

A AMBIENTACIÓN

O TÍTULO (ED. INFANTIL)

O TÍTULO (ED. PRIMARIA)

CONSTRUÍMOS OS PERSONAXES

A SECUENCIACIÓN

A ILUSTRACIÓN

DE NARRATIVA A TEATRO

VIÑETAS E LECTURA DRAMATIZADA

COMO TRABALLAMOS :

C.e.i.p. Agro do Muíño

Créditos

A PRESENTACIÓN

Page 8: Contos, xogos e intercultura

Grupo de traballo:“A Biblioteca; unha ventá

aberta á interculturalidade”

C.e.i.p. Agro do Muíño

C.e.i.p Agro do Muíño(Ames – A Coruña)Curso 2009-2010

C.F.R. de Santiago

Page 9: Contos, xogos e intercultura

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 10: Contos, xogos e intercultura

A competencia lingüística:

A través dos contos do mundo

Page 11: Contos, xogos e intercultura

A competencia lingüística.

Dimensións:Falar e escoitarLerEscribir

Page 12: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarEDUCACIÓN INFANTIL

Análise da parte externa do conto(cuberta)- Portada: título, autor, ilustrador. Funcións.- Lombo- Contraportada• Análise da ilustración se a houbera.• Conxecturar sobre o tema a partir do título.• Análise do título• Conxecturar sobre a historia a partir do títuloLer o conto, previamente sen imaxes, logo con imaxes.Inventar un título para o conto.Facer preguntas sobre a historia, personaxes, tempo,

lugar…Secuenciación oral do conto realizada de forma colectiva.Dramatización do conto.

Page 13: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarPRIMEIRO CICLO

Análise da parte externa do conto(cuberta)- Portada: título, autor, ilustrador. Funcións.- Lombo- Contraportada• Análise da ilustración se a houbera.• Conxecturar sobre o tema a partir do título.• Análise do título• Conxecturar sobre a historia a partir do título.Escoita activa:- O conto a escuras: escoitar en silencio con ollos tapados con

ambientación musical e utilizando olores e sabores.Vocabulario:-Significado de palabras, campo semántico, familia de palabras.-Definir palabras polo contexto.-Recoñecer sinónimos e antónimos.-Dicir unha palabra e buscar outras que rimen con ela.

Page 14: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarPRIMEIRO CICLO

Lugar:-Buscar no conto elementos, tradicións ou trazos significativos

do lugar.-Determinar o clima, o tempo atmosférico, olores, sabores e

sons propios dese lugar.-Cambiar o lugar no que sucede o conto, o tempo atmosférico,

as estacións…Tempo:-Tempo histórico no que se desenvolve a historia (argumentalo).-Trasladar o conto a outro tempo histórico.-Tempo cronolóxico (canto tempo dura a acción e canto tempo

dura cada unha das partes).

Page 15: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarPRIMEIRO CICLO

Personaxes:- Construímos personaxes sobre un fondo de imaxes dixitais

facemos unha análise guiada das imaxes: cor de pelo, ollos, nariz, pel… Coas achegas de todos construímos oralmente un personaxe tipo.

- Transformar algún personaxe, dándolle características e atributos.- Asociar calidades de personaxes dos contos con calidades de

persoas que todos coñecen.- Substituír personaxes do conto, por outros personaxes doutros

contos coñecidos.- Aumentar outros personaxes ao conto.- Ser o propio neno/a o protagonista do conto. Contalo en primeira

persoa.- Preparar un conto na casa coa axuda da familia que conteña título,

principio, no e desenlace.

Page 16: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarPRIMEIRO CICLO

Personaxe:-Contar o conto a todos os compañeiros e gravalo. Escoitar, analizar a expresión, entoación…

-Adiviñar un personaxe do conto presentando as súas características.

-Adiviñar personaxes de contos clásicos a través de preguntas e contestacións (si/non).

Dramatización:-En grupos construír estatuas que representen escenas do conto. Os demais teñen que adiviñar de que escena se trata.

-Adaptar o conto e facer unha pequena representación teatral.

Page 17: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarPRIMEIRO CICLO

Estrutura do conto:

-Buscar formas diferentes de comezar o conto.-Conxecturar oralmente en gran grupo sobre os posibles

conflitos que poidan suceder.-Buscar diferentes maneiras de comezar un conto.-Determinar oralmente cal é o principio, nó e desenlace dun

conto.-Se o texto ten ilustracións ler só o principio do conto. Facer

hipóteses a través das ilustracións e buscar posibles finais.-Dadas varias ideas, escoller a que mellor resuma o

argumento do conto.

Page 18: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarSEGUNDO CICLO

- Preguntar nomes de protagonistas.- Facer listados de palabras que rimen cos nomes de

protagonistas.- Buscar palabras que rimen cos nomes dos nenos da clase.- Facer pareados do tipo: “Xan García comeu unha sandía”- Repasar o abecedario: dicir nomes de nenos ou personaxes

do conto asignándolle por aprecio cousas que empecen por: -a,-b…

(A Alicia gústalle a area, a auga…)- Adiviñar personaxes, animais… que temos nunha

ilustración, facendo preguntas: Ten catro patas?, Vive na auga?...

- Adiviñar o nome dun compañeiro a partir da súa descrición.

Page 19: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarSEGUNDO CICLO

-Adiviñar a mentira: a partir do relato dun feito real introducir unha gran mentira que os demais deben recoñecer.

- Introducir datos falsos no relato dun conto, que os nenos han de adiviñar .

-”Eu”: identificarse con personaxes do conto, expresando as ideas do mesmo.

-”Contrarios”: en parellas, un di unha calidade dun personaxe do conto e outro o seu contrario.

-Ler o conto sen ilustracións. Despois repartir ilustracións que se correspondan coa lectura e outras que non. Seleccionar os que se correspondan co conto.

-Cambiar nomes ou accións de personaxes ao facer unha segunda lectura do conto. Os alumnos han de descubrir onde está o engano.

-Simular conversacións telefónicas sobe aspectos da lectura : personaxes, lugares…(traballo de improvisación).

Page 20: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitarSEGUNDO CICLO

- Frases encadeadas: fórmanse equipos de catro nenos.Dada unha frase cada alumno debe continuala engadindo unha nova.Antes de facer o engadido,repetirá todo o anterior.

- Tres en raia: grupos de dous.Un alumno escribe unha palabra do texto nun punto do taboleiro, o compañeiro escribe outra. Continuarán ata que todo estea ocupado. A continuación farán frases coas palabras en raia.

Page 21: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitar TERCEIRO CICLO- Enumerar os personaxes do relato, identificarse con eles,

facendo preguntas do tipo:como actúa?por que actúa así? como se sinte?

que dice? Como o dice? É correcto o seu comportamento?que lle responde? Como lle responde? Con que intención? Hai saúdos e despedidas?

- Presentación dos personaxes,explicitando características dos mesmos( carácter,afeccións…), que se deduzan da lectura ou que

os alumnos poidan imaxinar. - Inventar saúdos en foma de pareado.- Resumir oral e colectivamente o relato.

Page 22: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitar TERCEIRO CICLO- Debate entre os personaxes ( autoidentificación),

argumentando o seu comportamento. (Atenderase ao ton de voz propio de cada un ).

- Diálogo entre dous dos personaxes.- Impovisar un pequeño discurso dun dos personaxes sobre o

tema ou temas centrais da lectura.( Ha de presentarse, saudar, explicar o motivo polo que vai falar…).

- Realizar unha entrevista a algún dos personaxes.- Transmitir a lectura, ou algunha das súas partes, a modo

de noticia radiofónica ou televisiva,respondendo ás preguntas: que ? Cando? Como? Onde? Por que… ocorreu?

Page 23: Contos, xogos e intercultura

Falar e escoitar TERCEIRO CICLO- Facer o relato en forma de poesía.- Xogar a adiviñar un personaxe pola súa descrición.- O poema disparate: algúen di unha palabra en voz alta.por

exemplo, “león”. O resto dos compañeiros teñen que contestar cunha frase,aínda que sexa un disparate, pero que rime coa palabra dita:” ten cara de xamón”. Pódese facer que todos digan seguidamente a súa frase, como si recitaran, quedará un poema moi sonoro. Pódese acompañar de palmas e pitos.

Page 24: Contos, xogos e intercultura

Ler EDUCACIÓN INFANTIL

- A mestra lerá o conto sen mostrar imaxes- Ler o título do conto elexido polo autor,anotámolo nunha

lista.Recoñecer o título do conto,entre outros títulos.- Lectura de imaxes e ilustracións do conto.-- Recoñecer o nome do autor e do ilustrador.- Dramatizar o conto.- Clasificar os libros dunha caixa ou da biblioteca de aula en

contos ou non contos.- En gran grupo, ordenar as secuencias do conto e

numeralas.- Ler globalizadamente os nomes dos personaxes.

Page 25: Contos, xogos e intercultura

Ler PRIMEIRO CICLO- Lectura silenciosa.- Lectura en voz alta, atendendo ás pausas, entoación e

ritmo axeitado.- Lectura dramatizada, repartindo os papeis do narrador e

demais personaxes.- Reler o texto, engadindo exclamacións ou interrogacións.- Buscar no texto palabras que contesten a preguntas dadas.- Visión borrosa: interpretar un texto escrito ao revés, por

parellas ( con espello, ou lelo a contraluz).- Pegar en cartoliña de tres cores distintas as frases

secuenciadas que pertencen ao inicio,nó e desenlace.

Page 26: Contos, xogos e intercultura

Ler PRIMEIRO CICLO- Dar os parágrafos do conto totalmente desordenados para

que os ordenen.- Gravar a voz sobre unha presentación de power point, feita

con ilustracións dos alumnos.

Page 27: Contos, xogos e intercultura

Ler SEGUNDO CICLO- Descifrar un texto con sílabas engadidas.- Substituir palabras por debuxos nun texto.- Descifrar un texto no que falten as vogais.- Colocar tres columnas de palabras non habituas e lelas de

distintas formas (arriba, abaixo, en diagonal…).- Descifrar un texto no que falte a palabra final de cada liña.- Repartir tarxetas de cinco liñas.Ler o que se indique: todos á

vez, palabras que empecen por…,a segunda liña…- O conto de todos:dase a cada alumno un parágrafo que debe

ilustrar. Colocar as ilustracións ordenadas. Despois repártense aleatoriamente os textos e cada neno debe colocalo debaixo do debuxo correspondente.

Page 28: Contos, xogos e intercultura

Ler Terceiro ciclo- Ler o texto varias veces e peparar a lectura en

público,indicando con marcas onde se fará: pausa corta, pausa longa, cando

se mirará ao público, onde faremos algún xesto, onde pronunciaremos con maior énfase…

- Dramatizar a lectura.- Narrar a lectura con acompañamento de efectos sonoros.- Narrar a lectura dramatizando somente as accións.- Buscar a posible relación entre a temática do conto e a

actualidade.- Facer lectura expresiva do conto con distintos matices:

arrogante, temeroso…

Page 29: Contos, xogos e intercultura

Ler TERCEIRO CICLO

- Rapidez lectora: un alumno le unha frase do texto. Os outros deben localizala no menor tempo posible.

- Ler unha frase ou parágrafo do texto cunha soa vogal.- Facer lecturas con distinta rapidez.- Elaborar oralmente unha entrevista aos personaxes con

preguntas que se refiran a aspectos que se deduzan da lectura.

Page 30: Contos, xogos e intercultura

Escribir EDUCACIÓN INFANTIL

-Facer listas de títulos propostos polos alumnos.-Cada neno escribirá nun folio o título que máis lle guste( a

mestra transcribe).-Debuxo do conto debaixo do título.-Recoñecer as palabras do título, contalas , contar as letras de

cada palabra.-Escribir o nome do autor e do ilustrador.

-Escribir a lista de personaxes no encerado entre todos.-Listado de características dos personaxes en cartulina.

Page 31: Contos, xogos e intercultura

Escribir EDUCACIÓN INFANTIL

-Na pizarra o profesor anotará as partes do conto, que se elixirán e redactarán colectivamente. Repartir follas e, por equipos, adxudicar a elaboración de cada parte do conto.

-Unha vez rematada a expresión escrita realizarase a ilustración. A continuación ordénase entre todos e elabórase a portada.

-Poñen os seus nomes para que se recoñezan como autores.

Page 32: Contos, xogos e intercultura

Escribir PRIMEIRO CICLO-Completar un resumo.-Escribir un conto mesturando personaxes coñecidos.-O acordeón: facer un pequeno relato a partir dunha idea

elemental.Nunha folla de papel dobrada en forma de acordeón, de

aproximadamente 3 cm. Facer tantas dobreces coma nenos. A partir dunha pauta inicial (dada por nós) cada neno escribe unha frase en relación coa anterior, non podendo ver as outras.

-Crear e escribir unha moralexa axeitada ao conto.-Rescribir o conto cambiando os adxectivos dos personaxes

poñendo os contrarios.-Ordenar palabras que aparezcan no texto seguindo o

alfabeto.

Page 33: Contos, xogos e intercultura

Escribir PRIMEIRO CICLO

-Collemos diferentes palabras do conto, tendo en conta que cada unha empece por unha letra do alfabeto. Logo compoñemos un texto.

-Escribir xuntas todas as palabras dun parágrafo e separalas.-Ordenar sílabas para formar palabras.-Escribir en dúas columnas palabras iguais e moi similares,

riscar as que sexan diferentes.-Vocabulario fantástico: engadir o mesmo sufixo ou prefixo a

algún parágrafo do conto, convertendo este nun texto fantástico.

-Imaxinar outros finais para o conto.

Page 34: Contos, xogos e intercultura

Escribir PRIMEIRO CICLO

-Clasificar palabras do texto segundo a norma ortográfica que queiramos traballar.

-Facer acrósticos con algunha palabra do texto.-Realizar encrucillados con definicións de palabras do texto.-Realizar barullos de letras con personaxes do conto.-Realizar fugas de letras de vocabulario relativo ao conto.

Page 35: Contos, xogos e intercultura

Escribir SEGUNDO CICLO-Dar frases dos personaxes, escribir quen as dixo.-Identificar un personaxe dadas as características que se lerán

previamente.-Acrósticos: co nome de personaxes facemos un acróstico das

súas calidades.-Con distintas palabras desordenadas facer todas as frases

posibles.-A partir dunha vogal engadir letras para formar palabras

novas.-Mesturar o principio do nome dun animal, o medio e o final

doutros para crear un animal imaxinario. Describilo.-Caligramas.

Page 36: Contos, xogos e intercultura

Escribir SEGUNDO CICLO

-As catro esquinas: determinante, adxectivo, verbo e nome. Colocar unha palabra de cada tipo, formar frases uníndoas de diferentes maneiras.

-Escribir unha carta ao autor do conto.-Caixas das palabras: en distintas caixas introducir palabras de

cada tipo (nomes, artigos, verbos, adxectivos…), coller palabras de cada caixa para facer frases.

-Completar textos con espazos en branco.-Contos programados. Cada alumno debuxa nunha tarxeta

unha figura, noutra un obxecto e noutra unha acción. Métense en tres caixas. Sacando unha tarxeta de cada caixa elabórase o título dunha historia que logo desenvolverán.

Page 37: Contos, xogos e intercultura

Escribir TERCEIRO CICLO-Buscar no texto os tipos de palabras traballadas nos distintos

niveis(polisémicas, derivadas, nomes, adxectivos…)-Crear palabras derivadas, compostas… a partir dalgunhas

presentes no texto formando familias léxicas (reais e imaxinarias).

-A partir dun nome crear o correspondente adxectivo, verbo…-Definicións de obxectos reais e/ou imaxinarios.-Realizar por escrito unha entrevista a algúnha das

personaxes seguindo os criterios expresados oralmente.-Elaborar unha invitación ao cumple dalgunha das personaxes

ou a unha celebración que teña lugar no relato ou que se poida deducir del.

Page 38: Contos, xogos e intercultura

Escribir TERCEIRO CICLO

-Elaborar en equipos un anuncio relacionado coa temática do relato(búscase, cámbiase, véndese, cómprase, convocatoria…)

-Crear unha historia en viñetas.-Crear personaxes imaxinarios que teñan cabida no relato.

Describilos.-Crear pequenos textos con palabras:

. Que empecen por unha letra determinada.

.Nas que predomine unha letra

.Que carezan dunha letra determinada

.Con maioría de palabras agudas, graves…

Page 39: Contos, xogos e intercultura

Escribir TERCEIRO CICLO-Crear poesías con palabras dun tipo determinado: nomes,

adxectivos, …-Crear pareados que definan ás personaxes.-Completar textos ou poesías valeirados de verbos, nomes…-Desordenar palabras dun texto para reproducilo ou crear

outro novo.-Ampliar a narración e introducir diálogos.-Cambiar o punto de vista narrativo.-Cambiar o tempo verbal.-Cambiar o final ou o comezo da historia.

Page 40: Contos, xogos e intercultura

Escribir TERCEIRO CICLO-Cambiar o rol dalgún personaxe.-Ampliar o conto:

.Engadindo detalles

.Engadindo un motivo argumental.

.Engadindo un novo personaxe.

.Engadindo diálogos, descricións…-Reducir o conto

.Eliminando accións, lugares, personaxes…

Page 41: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

Auga vai! Bicho vai!Un alumno camiña pola clase cunha botella

pequena cun pulverizador. Este alumno elixiu en segredo unha das palabras da lista do vocabulario e escríbea nun papel como proba. A continuavción camiña pola clase e vai pedindo aos restantantes alumnos que escollan palabras e fagan unha frase con elas. O alumno que diga a palabra escollida recibe auga na súa cara, ante o aviso: auga vai!

Page 42: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

Bingo/LotaríaPrecísanse os cartóns co vocabulario e as definicións da palabra

do vocabulario. Dunha bolsa van quitándose as definicións e o alumno irá comprobando que ten esa palabra no seu cartón.

Gaña quen poida formar liña ( e grita “liña “, cando a ten) ben en horizontal, vertical ou diágonal e grítase “lotaría” se enchese todo o cartón.

Adiviña a palabraPor parellas. Un dos membros elixe unha palabra do vocabulario

e escríbea no encerado sen que o seu compañeiro o vexa. Terá que ie dando pistas ou ideas ata que o seu compañeiro a adiviñe.

Page 43: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

O LadrónOs alumnos escriben vinte palabras da lista de vocabulario, en

papeis ou a reciben do profesor. Estúdanas durante dez segundos e o ladrón saca unha mentres todos pechan os ollos. Tratan de adiviñar a palabra que falta.

O grupo di “ladrón, ladrón que tes?” E cada un toma unha quenda para tratar de adiviñar a palabra que falta. Se non se adiviña pronto o profe facendo de policia ou comisario di: o obxecto roubado é -------, ou ten----------- e dar algunha pista que axude a recoñecer a palabra que roubou o ladrón.

Page 44: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

O PitufoOs estudantes, en grupos pequenos ou como clase fan frases

nas que se atopen as palabras do vocabulario, pero cobren a palabra con pitufo, pitufar etc. Os demais deben adiviñar de que palabra se trata. Nota: os pitufos son os smurfs.

Levo nas costasO/a mestre/a pon nas costas de cada alumno un cartón cunha

palabra do vocabulario.Os estudantes van pola clase e fan preguntas ás que se poida

responder si ou non, para pescudar que palabra é a que teñen nas súas costas.

Page 45: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

Control remotoPídese aos participantes que se sitúen por parellas. A metade

do grupo reúnese no centro da aula cos ollos vendados. O resto permanece nun lado da clase. O animador dá as seguintes instrucións: as persoas que teñen os ollos vendados teñen un problema , son cegos. Os que van sen vendar teñen tres problemas: son xordos, mudos e intanxibles. A actividade consiste en guiar durante uns minutos aos cegos pola aula tentando que non choquen contra nada nin entre eles. Ao cabo duns minutos intercámbianse os papeis.

Avalíanse os sentimentos experimentados polos participantes en cada un dos seus roles.

Page 46: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaFALAR E ESCOITAR

Debuxos enfrontadosO grupo divídese en parellas e estas sitúanse costas contra

costas, sen tocarse, perpendiculares ao encerado. O profe dalles un debuxo relacionado co conto. A persoa que ve o debuxo, ten que ditarllo á súa parella sen que esta que -non o ve- poida falar, emitir ningún son, nin facer preguntas. Cando se considere que transcorreu un tempo prudencial ou deducimos que todas as parellas finalizaron o seu debuxo, sen mirar o resultado repítese o exercicio cambiando as instrucións. Esta vez, quen dita, levántase e sitúase cara a cara co seu compañeiro. O debuxo volve ditarse, pero a parella pode preguntar calquera cousa e pódense mirar aos ollos

Page 47: Contos, xogos e intercultura

Xogos da lingua• É importante que quen dite non vexa o debuxo do

compañeiro.• Ao terminar poden mirar os dous debuxos e comparar

resultados,manifestando oralmente as súas impresións, sentimentos…

Page 48: Contos, xogos e intercultura

Xogos da linguaESCRIBIR

Contos a partir dos titulares dos xornais-Recórtanse titulares de xornais e revistas.-Póñense nunha caixa e, a continuación, repártense dez deles a

cada alumno ou grupo de alumnos.-Cada un construirá un texto cos titulares que lle tocaron, tendo en

conta que pode volcer cortar as partes que forman cada titular en caso de necesitalo.Outra maneira de facelo sería:

-Recortar titulares de xornais e revistas.-Mesturalos todos.-Seleccionar os necesarios para elaborar un relato.-Pódense escribir palabras como nexos ou outras que se consideren

imprescindibles ou aconsellables.Voltar

Page 49: Contos, xogos e intercultura

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 50: Contos, xogos e intercultura

A competencia lingüística:

A través dos xogos populares e tradicionais de Galicia

A través dos xogos multiculturais

Page 51: Contos, xogos e intercultura

A competencia lingüística.

Dimensións:

Falar e escoitar

Ler Escribir

Page 52: Contos, xogos e intercultura

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA.

1º CICLO:Falar e escoitar:

• Preguntar se saben o que son os xogos populares e tradicionais.

• Pór un exemplo dun xogo popular que coñezan e comentar se xogan e como o fan eles.

• Sabemos dalgún outro? Cal?• Preguntar na casa algún xogo tradicional ao que xogaban seus

pais…, e aprendelo.• Contar aos compañeiros o xogo que aprenderon na casa para

xogar todos.• Coñecedes algún parecido? En que se parece e en que se

diferenza? • Comentar e explicar algúns outros xogos que non se

mencionasen para logo xogar.

Page 53: Contos, xogos e intercultura

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA.

2º E 3º CICLO:Falar e escoitar:

• Por grupos buscar información preguntando na casa (pais, avós…) ou a algún veciño algún xogo popular tradicional ao que xogaban de pequenos.

• Posta en común no grupo dos xogos buscados, elección dun que non coincida cos dos demais equipos e distribución do contido para expoñelo posteriormente.

• Explicación por parte do grupo do xogo que seleccionaron seguindo a ficha que fixeron con anterioridade por escrito, coa información recollida.

• Posta en práctica do xogo en grupos, para o cal en cada un haberá un membro do equipo que expuxo, por se é necesario aclarar normas ou dúbidas.

Page 54: Contos, xogos e intercultura

2º E 3º CICLO:Ler:• Actividade de busca de información dalgún xogo tradicional de Galicia

cando o grupo a fai en internet ou na biblioteca.

Escribir:

• Recoller por escrito (en galego ou castelán) os datos buscados cumprimentando a seguinte ficha dada previamente:

Nome do xogo Material e espazo Desenvolvemento Debuxo explicativo

Pódese dar como pauta para que non repitan xogos, que cada grupo escriba a ficha dun xogo cun material determinado indicado antes. Por exemplo, un equipo un xogo con goma, outro con corda, outro con material diverso distinto aos anteriores e outro sen material.

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA.

Page 55: Contos, xogos e intercultura

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA.

Page 56: Contos, xogos e intercultura

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA.

Page 57: Contos, xogos e intercultura

1º CICLO:Falar e escoitar:

• Comentar o nome dos xogos (que significa?, pronúnciase de forma parecida nalgún dos idiomas que coñecemos ?, en que país e ou continente se xoga ?).

• Falamos dos materiais (se é que hai algún) usados nos distintos xogos, que outro podemos utilizar no caso de non ter o propio?.

• Explicamos como se xoga e poñémolo en práctica.• Preguntamos que nos gustou máis deles, que cambiaríamos…

XOGOS MULTICULTURAIS

Page 58: Contos, xogos e intercultura

2º E 3º CICLO: Ler:

•Actividade de busca de información en internet ou na biblioteca dun xogo do continente que estiveron traballando na clase, debendo procurar un xogo diferente cada grupo.

XOGOS MULTICULTURAIS

Page 59: Contos, xogos e intercultura

2º E 3º CICLO: Escribir:

Recoller por escrito (en galego ou castelán) os datos buscados seguindo a seguinte ficha: Nome orixinal do xogo (ao lado poñer o nome traducido se o

atoparon) Debuxo do continente sinalando e diferenciando o país de orixe

do xogo entre os países veciños, aos que poden marcar tamén para dar máis información.

Procedencia (Continente e país de referencia) Material Nº de participantes e espazo utilizado Descrición do xogo Debuxo explicativo

XOGOS MULTICULTURAIS

Page 60: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAIS

Maleua

Page 61: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAIS

Garcetanbolilave

Page 62: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISEl gato se come al

ratón

Page 63: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAIS

Page 64: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISEl juego del pájaro

Page 65: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISKudoda

Page 66: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISMamba

Page 67: Contos, xogos e intercultura

2º E 3º CICLO: Falar e escoitar

• Posta en común do equipo dos datos buscados, elección do que cubrirán e distribución do contido a expoñer por cada membro.

• Exposición do mesmo segundo a ficha feita. Indicarlles e/ou preguntarlles se viron semellanzas con algún xogo aos que eles xogan ou cos realizados nas clases de E. Física.

• Realización práctica do xogo por grupos, para o cal en cada grupo un do equipo que expuxo, aclarará normas ou dúbidas cando sexa necesario.

XOGOS MULTICULTURAIS

Page 68: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAIS

EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

MaleuaXOGO:

Page 69: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISGarcetanbolilave

EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

XOGO:

Page 70: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISEl gato se come al ratón

EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

XOGO:

Page 71: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAIS

EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

XOGO:

¡AMIGOS MIOS VENID AQUÍ!

TENEMOS MIEDO.

Page 72: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISEl juego del pájaroXOGO:

EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

Page 73: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISXogo

:EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

Kudoda

Page 74: Contos, xogos e intercultura

XOGOS MULTICULTURAISXogo

:EXPLICACIÓN POSTA EN PRÁCTICA

Mamba

Page 75: Contos, xogos e intercultura

FAI “CLIC” AQUÍ PARA CONTINUAR PRESENTACIÓN

Page 76: Contos, xogos e intercultura

C.e.i.p. Agro do Muíño

Page 77: Contos, xogos e intercultura

AS TRES LARANXAS

Ler o conto

Page 78: Contos, xogos e intercultura

Presentación e ambientación

•Decoración porta da aula•Lectura do conto-A ecuras-Música “La misión” (Enyo Morricone)

-Tres laranxas (ver, tocar, ulir…)

Page 79: Contos, xogos e intercultura

Traballamos co título• Os alumnos non coñecen o

título.

• Especulamos oralmente.

• Escribimos, decoramos e recortamos diferentes títulos.

• Expoñémolos na aula.

• Comparámolos co título real.

Page 80: Contos, xogos e intercultura

Secuenciación do conto

Falamos.

Secuenciamos

a historia.

Page 81: Contos, xogos e intercultura

LUIS FERNANDO ATOPA UNHA SEÑORA QUE LEVA UN FARDO DE POLAS, E OFRÉCESE A AXUDARLLE

A SEÑORA DEULLE TRES LARANXAS E DÍXOLLE QUE AS CORTARA CERCA DA AUGA.

VIAXANDO POLO BRASIL, PERDEUSE NO DESERTO.

LOGO CHEGOU A UN BOSQUE, CERCA DUN REGATO ABRIU A ÚLTIMA LARANXA.

APARECEU A MOZA LOIRA, NAMOROUSE DELA E DECIDIRON CASAR.

COMO TIÑA MOITA SEDE ABRIU DÚAS LARANXAS E APARECEU UNHA MOZA LOIRA PEDINDO AUGA.

Page 82: Contos, xogos e intercultura

A BRUXA CRAVOULLE UN ALFINETE E A MOZA CONVERTIUSE EN PAXARO.

CANDO LUIS FERNANDO CHEGOU A BUSCALA, A BRUXA FÍXOSE PASAR POLA MOZA.

O DÍA DA VODA, UN PAXARO CHEGOU ONDA O NOIVO CANTANDO TRISTEMENTE.

LUIS FERNANDO ACARIÑOU O PAXARO E SACOULLE O ALFINETE QUE LEVABA CRAVADO NA Á.

O PAXARO CONVERTIUSE NA SÚA NOIVA, CASARON E ENCERRARON Á BRUXA

MENTRES ELA ESPERABA, CHEGOU UNHA BRUXA HORRIBLE QUE SE OFRECEU A PEITEARLLE OS CABELOS.

Page 83: Contos, xogos e intercultura

• Principio

• Nó

• Desenlace

Usamos diferentes cores

Page 84: Contos, xogos e intercultura

CONSTRUIMOS OS PERSONAXES

-Ver imaxes de diferentes persoas.-Anotar características na ficha adxunta-Elexir catro para os personaxes principais e debuxalos.

Page 85: Contos, xogos e intercultura

Vemos diferentes persoas

Luis Fernando

É así?

Page 86: Contos, xogos e intercultura

Ou así?

Cor do peloPel OllosNarizBoca…

Page 87: Contos, xogos e intercultura

COMO É O SEU PELO?

COMO VAI VESTIDA?

Page 88: Contos, xogos e intercultura

É DA ÉPOCA ACTUAL?

É DOUTRA ANTERIOR?

Page 89: Contos, xogos e intercultura

SEÑORA MAIOR• Como ten a cara?

Page 90: Contos, xogos e intercultura

BRUXA• Cal nos gusta máis?

Page 91: Contos, xogos e intercultura

Eliximos e debuxamos

Os catro protagonistas do conto

Page 92: Contos, xogos e intercultura

Outra visión dos personaxes (a moza e a señora maior)

Page 93: Contos, xogos e intercultura

Bruxa e moza

Page 94: Contos, xogos e intercultura

Luis Fernando e moza

Voltar