12
139 Revista Galega do Ensino - nº 16 - Maio 1997 Mentres o gran Feijóo combatía prexuízos, supersticións e milagrerías, á súa sombra –aínda que lucindo indu- bidablemente con luz propia– come- zaba a adquirir singular relevo quen tería de se-lo seu máis perfecto comple- mento e o seu máis firme e sólido defensor. É frei Martín Sarmiento, un monxe da súa mesma orde, de carácter retraído, sen dúbida un tanto brusco e, por veces, case descortés. Aínda que nado –como el mesmo deixou escrito– en Vilafranca do Bierzo, por sangue e sobre todo por vocación, case por paixón, sempre se sentiu neta e profundamente galego. E non podía ser doutro xeito; desde os catro meses e ata xa ben cumpridos os quince anos residira coa súa familia en Pontevedra, estudiando cos benedic- tinos de Lérez. Profesaría logo en San Martín (Madrid), desde onde se trasla- daría ó Colexio navarro de Irache e máis tarde, sucesivamente, a San Vicente de Salamanca, Eslonza, Celo- rio e San Vicente de Oviedo. En 1725 retornaría ó citado de San Martín, onde salvo contadas e breves ausencias permanecería xa o resto dos seus días. E, certamente, a maior parte da vida intelectual de Sarmiento desen- volverase entre as catro paredes da súa ampla se ben modesta cela madrileña. Un lugar de traballo onde reuniría unha selecta e ben nutrida biblioteca –de máis de sete mil volumes– que chegaría a ser famosa. E xunta deles, catro mesas, dous escritorios, unha ducia de cadeiras e toda unha ampla e moi variada colección de obxectos curiosos da que nos deixou exacta e expresiva relación: un gran número de cacharros con plantas para as súas experiencias de botánica, corenta e dous frascos de cristal, un telescopio inglés de reflexión, un reloxo de luz, un astrolabio de bronce, unha pesa para ouro, unha balanza, un micros- copio de oito lentes, un corno de rino- ceronte, etc. Neste ambiente recollido, e sen a penas se mover, o Padre Sarmiento entregouse sen pausa ningunha, FREI MARTÍN SARMIENTO Unha aproximación ó grande ilustrado galego Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC)

Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

139

Revista Galega do Ensino - nº 16 - Maio 1997

Mentres o gran Feijóo combatíaprexuízos, supersticións e milagrerías,á súa sombra –aínda que lucindo indu-bidablemente con luz propia– come-zaba a adquirir singular relevo quentería de se-lo seu máis perfecto comple-mento e o seu máis firme e sólidodefensor. É frei Martín Sarmiento, unmonxe da súa mesma orde, de carácterretraído, sen dúbida un tanto brusco e,por veces, case descortés.

Aínda que nado –como el mesmodeixou escrito– en Vilafranca doBierzo, por sangue e sobre todo porvocación, case por paixón, sempre sesentiu neta e profundamente galego. Enon podía ser doutro xeito; desde oscatro meses e ata xa ben cumpridos osquince anos residira coa súa familia enPontevedra, estudiando cos benedic-tinos de Lérez. Profesaría logo en SanMartín (Madrid), desde onde se trasla-daría ó Colexio navarro de Irache emáis tarde, sucesivamente, a SanVicente de Salamanca, Eslonza, Celo-rio e San Vicente de Oviedo. En 1725retornaría ó citado de San Martín,

onde salvo contadas e breves ausenciaspermanecería xa o resto dos seus días.

E, certamente, a maior parte davida intelectual de Sarmiento desen-volverase entre as catro paredes da súaampla se ben modesta cela madrileña.Un lugar de traballo onde reuniríaunha selecta e ben nutrida biblioteca–de máis de sete mil volumes– quechegaría a ser famosa. E xunta deles,catro mesas, dous escritorios, unhaducia de cadeiras e toda unha ampla emoi variada colección de obxectoscuriosos da que nos deixou exacta eexpresiva relación: un gran número decacharros con plantas para as súasexperiencias de botánica, corenta edous frascos de cristal, un telescopioinglés de reflexión, un reloxo de luz,un astrolabio de bronce, unha pesapara ouro, unha balanza, un micros-copio de oito lentes, un corno de rino-ceronte, etc.

Neste ambiente recollido, e sen apenas se mover, o Padre Sarmientoentregouse sen pausa ningunha,

FREI MARTÍN SARMIENTOUnha aproximación ó grande ilustrado galego

Eduardo Pardo de Guevara y ValdésInstituto de Estudios Gallegos

Padre Sarmiento (CSIC)

Page 2: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

140

incansablemente, a unha vida deestudio e traballo en verdadeextraordinaria. Lembremos, conrespecto ó número incontable das súasobras e escritos, que abranguen asmaterias máis diversas e complexas, oque el mesmo deixou reflectido nundos seus manuscritos: “si a los 2.600que relaciono se agregan los pliegossueltos que he escrito y firmado,subirán a 3.000 pliegos o a seis resmasde papel”. E digamos, xa con respectoás súas lecturas, o que el mesmomanifestaría moi pouco antes da súamorte, ocorrida o 7 de decembro de1772: que desde había máis de corentaanos viña lendo vintecatro libros deasuntos diferentes cada día.

PERFIL HUMANO DO SABIO

Frei Martín era –segundo o seupropio autorretrato– un home de esta-tura mediana, corpo groso, peito ancho,brazos curtos e mans carnosas. A taldescrición cabería engadi-lo seucarácter retraído e se cadra un tantoestraño, sobre o cal corrían multitudede comentarios. Deles se fixo eco elmesmo ó escribir, en tono burlón, que“soy en boca de todos, con distribuciónacomodada, un hombre ridículo, duro,adusto, terco, hipocondríaco, insufrible,seco, desabrido, incomunicable, testa-rudo, huraño, incivil, inurbano, descor-tés, inmanejable, voluntarioso...”

Pero, fronte a isto, hai testemuñosde sobra que falan da súa humildade e

sinxeleza, e tamén da súa xenerosidadeintelectual, da súa agudeza de enxeño,da súa amena conversa... Feijóo, porexemplo, axustándose sen dúbida árealidade, escribiría del que “es tanenemigo de que le aplaudan que huyede que le conozcan...” E o certo é,precisamente, que Sarmiento, pretex-tando que así habería de ser máisracional, viviu sempre na soidade dasúa cela e sen facer maior aprecio, querporque os rexeitara expresamente, querporque non ían co seu temperamento,de cantos títulos, cargos ou honras selle ofreceron.

O illamento e ata a aspereza mes-ma de Sarmiento, que Marañónvalorou como propia dun psicópatadepresivo, poderían ter sen embargoxustificación de máis. En todo caso,teñen moito máis de formais, deaparentes case, pois sabemos moi benque á súa cela concorrían asiduamente–en particular ás mañás dosdomingos– un gran número de amigose selectos eruditos. E eles serán osmaiores defensores da súa persoa e,tamén, os mellores propagandistas doseu saber. Dun destes interlocutores, oembaixador de Venecia, Justiniani,coñecemos unha declaración ben ilus-trativa con motivo da súa despedida:“que solamente llevaba el sentimientode verse privado del P. Sarmiento, cuyaciencia no había encontrado en cortealguna, y no satisfecho con este elogio,volvió algunos pasos atrás, obligado desu amor, a besar la puerta de su celda.”

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Page 3: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

141Frei Martín Sarmiento. Unha aproximación ó grande ilustrado galego

A sabedoría de Sarmiento, que xaera popular, faríase lendaria axiña. Deaí que a súa opinión fora recoñecida esolicitada por tódolos grandes perso-naxes da súa época, incluídos o propiomonarca español –que o nomearía oseu Consultor Privado– e a maiorparte dos ministros e conselleirosreais. As consultas eran frecuentes eversaban sobre os asuntos máisvariados: os camiños reais, a contri-bución única, os adornos do Pazo Real,a descrición de España, a formación da

Biblioteca Real, do Xardín Botánico, doGabinete de Historia Natural, etc.

Sorprende moito, pois, que o nosoSarmiento non aspirara a maiorcelebridade da que gozaba, que nontentara acrecentala ou simplementeacreditala con publicacións impresas.Esta actitude é, sen dúbida, unhamanifestación máis do seu carácterhumilde e retraído, como o foi, en boamedida tamén, o pertinaz ineditismoque ó propio tempo impuxo ós seusescritos, pois non publicaría practica-mente nada, pouco máis que os douscélebres volumes da súa Demostracióncrítico-apologética del Theatro Críticodo seu mestre e amigo Feijóo.

Todo semella indicar que, logodesta primeira e única concorrencia,Sarmiento convenceuse da esterilidadedas polémicas xurdidas arredor da obrado mestre de Oviedo, o que o determi-nará a non publicar desde aquela ningúnescrito máis. A xustificación do seucomportamento, debida á insistenciados amigos e literatos, está abondorazoada no seu célebre El Porque Sí y ElPorque No del Padre Sarmiento, textoque –coma os máis escritos seus– nontiña máis público que aquel selectogrupo de amigos que o visitaban na súacela, ós cales mesmo lles permitíagustoso que fixesen copia deles.

Escribiuse, e é posible que haxamoito de certo nisto, que a actitude deSarmiento se xustifica tamén na súa

Sistema de adornos para o Palacio Real. Real Academia deBellas Artes de San Fernando. Madrid

Page 4: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

142

demostrada humildade ante Feijóo, dequen se confesaba amigo, discípulo ecolaborador; ou tamén, no temor a que asúa inquietude e as súas propiasaudacias puidesen prexudica-la fama epopularidade do gran gallego. Pero, máisalá de todo isto, resulta difícil dar razónsconvincentes que expliquen o estrañocomportamento de quen foi cualificadorepetidamente como “la más robustapersonalidad del siglo XVIII español”.

ARBITRISMO E REFORMISMO

En todo caso, a súa teima de nonpublicar non chegou de ningunhamaneira a illalo do seu contorno vital,nin moito menos a convertelo nunmero espectador pasivo ou nun simplecoleccionista de ideas. O Padre Sar-miento é, por riba de todo, un arbi-trista –ou mellor habería que dicir unreformista– que denuncia os culpablesda prostración de España e, máis aínda,da que observa en Galicia. E, de certo,tódolos seus escritos, no seu varia-dísimo conxunto, son testemuñosindiscutibles tanto do seu continuadolabor de estudio e investigación comada súa constante preocupación desociólogo reformador do presente.

Un caso ben significativo é osuscitado polo célebre Catastro do Mar-qués de la Ensenada, ó que prestougrande atención, dedicándolle un bonúmero de pregos. Mesmo antes de queaquel fora só un proxecto, Sarmiento xa

empezara a escribir sobre a forma defacelo, propoñendo un completísimocuestionario de 150 preguntas coobxecto de formar unha descricióncompleta do estado cosmográfico,físico, ético, económico, político ehistórico de España. Abandonou oempeño, pois cinguíase estrictamente acriterios administrativos e tributariosde extremada inmediatez, esquecendocanto el considerara de interese para ofuturo. Só máis tarde, cando comezarona coñecerse os resultados do Catastro,se queixaría repetida e amargamente dasúa inutilidade e elevado custo. Elamentaría, con respecto a Galiciaparticularmente, a “nube de orugas ylangostas” –refírese ós seus autores, óscales gustáballe chamarlles catas-treros– que con magníficos soldoscaeron sobre ela para saqueala.

DA PEDAGOXÍA Á HISTORIA

Pero o asunto do Catastro non émáis que un exemplo entre moitosposibles. En realidade, a inxente obrade Sarmiento encerra aínda –como xaapuntou Sánchez Cantón– todo tipo deadiviñacións abraiantes, indicios xe-niais, análises de finura extremada enoticias recónditas.

E xunto a tales tesouros, multi-tude de atinadas propostas e de audacesproxectos. Sarmiento é, por exemplo,un dos máis grandes representantes dapedagoxía española da Ilustración.

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Page 5: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

143Frei Martín Sarmiento. Unha aproximación ó grande ilustrado galego

Tiña, con respecto á instrucciónprimaria, ideas claras e de grannovidade para a súa época; entre elas, ovalor substancial da percepción visual,o dereito a satisface-la curiosidade dosnenos sen mentiras nin evasivas, ou ainutilidade e os propios prexuízos dosaber xurdido do que el chama “estudiode memoria y a la letra”.

E non menos claras e innovadoraseran, así mesmo, as súas ideas epropostas no tocante ó ensino secun-dario ou medio. Por exemplo, as súasrecomendacións para a creación debibliotecas públicas nas poboaciónsmedianas, ou para a fundación dunxénero de Colegios o Seminarios nosque se aproveitasen, en beneficio pú-blico, as habelencias dos mozos nasartes mecánicas.

Filgueira Valverde, que estudioucomo poucos o Sistema de la Historiado Padre Sarmiento, entende que estedebe ser considerado xustamente comoun dos primeiros historiadores moder-nos. Na súa opinión, unha das clavesda vida intelectual de frei Martín nonestá tanto no seu particular interesepolos temas económicos e sociais,como na busca no pasado da raíz dosproblemas que se someten á súa consi-deración. De aí que a súa mirada cara ópasado non sexa, precisamente, nin ado cego apoloxista de antigas glorias,nin a do erudito coleccionador dedatos, senón a de quen busca prece-dentes que sinalen os riscos e asventuras das solucións propostas.

Na liña que inaugura NicolásAntonio e que continuarían GregorioMayáns e, xa moito despois, GodoyAlcántara, Sarmiento arremete contraos “falsos cronicones”. Parecíalle into-lerable que se manexaran feitosincertos ou falseados ó servicio decalquera causa. Respecto disto anotaríaque “el defecto de un estado no está entener vicios, sino en no castigarlos”; ouo que vén sendo o mesmo “que no estáen que haya impostores y falsarios, sinoen que no se refrenen y castiguen”.

A súa xenreira estaba ben xusti-ficada. Procedía de bastante tempoatrás, cando na súa época de Salaman-ca –polo 1715– lera o Beroso de Anniode Viterbo. E, máis aínda, cando enPontevedra, dez anos despois, fixeraoutro tanto coa crónica fabulosa deDon Rodrigo, de Miguel de Luna.

Como galego, ademais, anoxábaotremendamente a falsa Historia de SanServando, que intuía era obra deFernández Boán, quen con tales “pa-trañas y desatinos genealógicos” quixo“engarzar su familia con las familiasmás nobles de Galicia”. Igual irritaciónlle producía a Viaje de Ambrosio deMorales, dado a coñecer por Flórez en1765, pois achábao “superficial yligero” como froito dos “solos seismeses que anduvo por Galicia”.

Polo mesmo, tampouco sesalvaron da súa severa crítica quenforon os primeiros en ostenta-lo

Page 6: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

144

codiciado título de Cronista del Reinode Galicia. De Gándara, o primeirodeles, bastoulle con dicir que “escribiómucho, pero creyó demasiado”. Doseu sucesor, Huerta y Vega, diría moitomáis: que descoñecía a lingua galega,que ignoraba a xeografía e, en resumo,que nos seus célebres Anales del reinode Galicia dera crédito ós falsos croni-cóns que sen embargo dicía detestar.

E desde tal convencemento,sentía unha radical animadversiónpolas fantasías e falsidades xenealó-xicas. Nunca deixou de recoñecer, senembargo, canta era a utilidade do saberxenealóxico para o historiador. Danboa proba disto a súa correspondenciacon Franckenau e a súa amizade conSalazar y Castro, “insigne genealogistaa quien conocí mucho”. E, así mesmo,os seus propios apuntamentos sobre osFigueroa ou os Maldonado, ou aque-loutros nos que recomenda que seaproveite o rico patrimonio docu-mental galego para reconstruí-las liñasde moitas liñaxes históricas.

Outras moitas materias doámbito humanístico foron tratadastamén por Sarmiento. Con grandeautoridade, por exemplo, introduciuseno estudio das fontes históricas e daarquivística en xeral, anticipándose aTerreros e mesmo a Nasarre no intentode abranguer de forma sistemática aevolución completa da escritura espa-ñola; percorreu os arquivos de Asturiase Galicia, da Rioxa e de Toledo, e

colaborou na catalogación dos manus-critos orientais da Real Biblioteca doEscorial. De todo isto deixou abon-dosas noticias, así como exactísimosextractos e valiosos comentarios sobrea infinidade de documentos e códicesque estudiou.

AS VIAXES POR GALICIA

Pero Sarmiento era tamén,ademais dun apaixonado estudioso einvestigador, un grande amigo dotraballo de campo. Estoutra vertenteda súa actividade científica foi, enrealidade, o seu mellor pretexto –aúnica causa– para abandona-lo seuretiro e entregarse a Galicia, que foi asúa máis entrañable preocupación.Deste xeito, o que en Feijóo foiesquecemento e en Cernadas –o curade Fruime– mera poesía, en Sarmientotraduciuse en afán erudito con timbresacusadísimos de orientación. E benpode dicirse, se lembrámo-la refe-rencia de Feijóo, que o discípulo vaiaplicar a Galicia as regras de ilumina-ción cultural que o mestre estendía atoda España.

No retiro da súa cela de SanMartín, frei Martín soñara unha eoutra vez con imaxinarias camiñadaspor diversos lugares de Galicia; nalgúnmomento, incluso, ideara o modo depasear por toda ela sen pasar dúasveces polo mesmo lugar. Sen embargo,só a visitaría en tres ocasións e non

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Page 7: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

145Frei Martín Sarmiento. Unha aproximación ó grande ilustrado galego

durante moito tempo, certamente. Entotal foron só dous anos e medio: catromeses cando contaba trinta anos deidade, oito cando cumpría oscincuenta, e un ano e medio cando xaera sesaxenario.

O seu primeiro periplo por terrasde Galicia lévao a cabo no verán de1725, aproveitando a viaxe de regreso aMadrid trala súa estancia en Asturias.Sabemos del polas abundantes noticiasque están esparexidas nos seusescritos. Así, por exemplo, que entroupor Ribadeo, continuando por Mondo-ñedo, Betanzos, A Coruña, Santiago e,finalmente, Pontevedra, onde perma-necería a maior parte do tempo; oregreso, desde Tui, realizouno porOurense.

Vinte anos máis tarde, en 1745,realiza o seu segundo periplo aprovei-tando unha viaxe a Valladolid, ondedebía asistir ó Capítulo Xeral da Orde.Desde esta cidade pasa –como elmesmo di– a “divertirse a Galicia”.Será daquela cando visite os arquivosmonacais de Lérez, Poio e Tenorio,próximos a Pontevedra, e tamén os deSan Pedro de Montes, Celanova e,finalmente, o de Samos, onde perma-necería durante vinteún días.

A súa derradeira e máis prolon-gada estadía en Galicia realizounaSarmiento en 1754. Logo de pasarcinco meses en Pontevedra, inicia coseu irmán un longo e lento traxecto

polas quince rías galegas, chegando ataSan Andrés de Teixido e o Cabo Prior.No camiño de regreso a Madriddeterase nos arquivos de Celanova,Santa Comba de Bande, San Pedro deRocas e, por último, Sobrado de Trives.

Nos Diarios destas viaxes enoutros cadernos de campo, Sarmientofoi anotando os nomes dos lugares queatravesaba, así como cantas inscriciónsatopaba no seu camiño. Apuntaba,tamén, os nomes galegos e latinos dasplantas que observaba e identificaba, e,así mesmo, os dos peixes, cunchas emariscos, os das aves e animais. E xuntoa todo isto, naturalmente, as vocesgalegas vulgares que escoitaba enPontevedra e noutros lugares de Galicia.Por iso, desde o punto de vista do seuinterese científico, os percorridos porGalicia tiveron unha grande impor-tancia. A partir deles, e en particular dosdous últimos, pode dicirse que colleríancorpo algunhas das súas preocupaciónsanteriores; por exemplo, o seu interesepola historia natural, a botánica e, sobretodo, pola propia lingua galega, daquelaignorada ou case desprezada. En diante,un dos seus maiores empeños serácomparala coa castelá e a portuguesa, etentar demostrar que gardaba unhalatinidade máis pura cás outras dúas.Con esta intención, precisamente,escribiría as 1.200 coplas do Coloquiode Perico y Marica, preparando nos anosseguintes o comentario lingüísticodunha boa parte das voces nel recollidase asociadas para este único fin.

Page 8: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

146 Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Dúas páxinas dous seus cadernos de notas

Page 9: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

147Frei Martín Sarmiento. Unha aproximación ó grande ilustrado galego

Page 10: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

148

Para Sarmiento, sen embargo,estas viaxes teñen unha importanciaextraordinaria desde outro punto devista moi diferente. Gracias a elas podeobservar directamente a realidadegalega, o que o converte nunha excep-cional testemuña do seu tempo. Comoapuntou o profesor Pensado, que é ogrande estudioso e editor da obra deSarmiento, “sus ojos vieron muchascosas que no se podían publicar, susoídos oyeron infinitas quejas que haestampado en sus recuerdos íntimos, sulengua era insaciable y su memoriaprivilegiada hacía que nada se leescapase. Por eso debe otorgársele unmargen de confianza excepcional”.Pouco, ou moi pouco, debeu de ser, enefecto, o que daquela Galicia puidoescapar á atencion e interese deSarmiento. Nos seus escritos ocuparasecumpridamente, unhas veces con todaextensión e detención, outras só consimples esbozos, dos temas máisdiversos: dos métodos de ensino nasescolas, da agricultura e dos planos decultivo do campo, da paisaxe popular edo folclore, da apertura de novoscamiños, do problema histórico dosforos, do comercio, da introducción denovas industrias, etc.

OS ESTUDIOS GALEGOS

Pero por encima destes e doutrosescritos, o texto de temática galega demeirande relevo e influencia de Sar-miento é o seu Onomástico Etimoló-

gico de la Lengua Gallega, obra que seanticipa nada menos que un século óDiccionario etimológico de las Len-guas Románicas, o que o sitúa, xa quelogo, no primeiro plano dosprecursores da filoloxía moderna. Enon é para menos, pois o Onomástico,aínda que escrito ó correr da pluma,constitúe sen dúbida ningunha a máissólida defensa da lingua galega que atahoxe se leva feito.

Pero o Onomástico é e significapara Galicia moito máis có propio eimportantísimo léxico etimolóxicorazoado da lingua que comprende;Sarmiento deixaría formulado nel uncompleto método para a acumulaciónde datos de carácter principalmentefilolóxico, xeográfico e histórico que é,en realidade, un auténtico e exactoplano de estudios galegos.

Para a execución do mesmo,Sarmiento fai personificación indivi-dualizada do estudioso, bautizándoo conome de Alethopilo, que sería o mesmoque dicir Veritatis amator, nome ouexpresión coa que pretendía esconxura--lo agoiro da falsidade que el tanduramente combatera. E imaxínao,ademais, como “un sacerdote sin curade almas ajenas, sin cuidados defamilia, y sin empleo que le estorve elestudio”.

Con toda a razón, polo tanto, oOnomástico –que en 1923 fixeraimprimir o arcebispo Lago González–

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Page 11: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

149Frei Martín Sarmiento. Unha aproximación ó grande ilustrado galego

Conjeturas para establecer algunas etimologías. Museo de Pontevedra. Col. Medina Sidonia, 2, 19

Page 12: Unha aproximación ó grande ilustrado galego · 2012. 6. 18. · Filgueira Valverde, que estudiou como poucos o Sistema de la Historia do Padre Sarmiento, entende que este debe ser

150

converteuse nunha lectura obrigadapara os fundadores do Seminario deEstudos Galegos, xa desde o mesmomomento en que xurdiu a idea deconstituílo. E coa mesma razón, ofeito –tantas veces recordado porFilgueira Valverde– de que se pensaramesmo en completa-lo rótulo semi-narista situándoo baixo o padroado doseu sobranceiro autor. Sen embargo,tan atinado coma xusto recoñece-mento non se había facer realidade ataque en 1943 se crea, como prolonga-ción daquel, o actual Instituto deEstudios Gallegos.

Pode imaxinarse, por todo oantedito, cal é a extraordinaria dimen-sión intelectual de Fr. MartínSarmiento. E, aínda máis, cal é a súaexacta significación para Galicia, quenel tivo sen dúbida ningunha, un dosseus máis apaixonados, exactos ecumpridos estudiosos... pois foi –digá-molo así– o primeiro en reclamar undiccionario da lingua galega, en pedirque se editaran os cancioneirosmedievais, en queixarse de que nonhoubese mestres para ensinaren ogalego... e, tamén, anticipándose cenanos ós nosos Precursores, o primeiro enesperta-la conciencia e a mesmapersonalidade cultural de Galicia.

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés