Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E
MARISQUEO
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 9 de setembro de 2015, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Preguntas orais en Comisión
1.1 38167 (09/POC-005598)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre os obxectivos da participación directa do Goberno galego, no ámbito do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos ao futuro da acuicultura, así como os compromisos e as posicións defendidas ao respecto na semana do 19 de xuño en PortugalPublicación da iniciativa, BOPG n.º 490, do 02.07.2015
1.2 38825 (09/POC-005776)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 7 máisSobre a valoración que fai o Goberno do desenvolvemento da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocataPublicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 28.08.2015
Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión
2.1 22251 (09/PNC-001806)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos criterios de uso dos fondos europeos para a pesca e a actual Orde de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico noroestePublicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 23.04.2014
2.2 26485 (09/PNC-002224)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do CarmeSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o inicio
pola Comisión Europea dun novo proceso negociador con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da frota cefalodopeira galega nese caladoiroPublicación da iniciativa, BOPG n.º 339, do 11.09.2014
2.3 28514 (09/PNC-002375)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 360, do 23.10.2014
2.4 35812 (09/PNC-003007)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar o impacto que está a ter na frota galega do cerco o actual modelo de xestión e repartición das posibilidades de pesca das especies peláxicasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 08.04.2015
2.5 38221 (09/PNC-003205)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José ManuelSobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas iniciativas dirixidas a aumentar as posibilidades pesqueiras para a frota galega no ano 2016, en coherencia coa mellora da situación dos recursos, e a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia ao respectoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 490, do 02.07.2015
2.6 38870 (09/PNC-003265)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 3 máisSobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan integral de saneamento das rías de Arousa e PontevedraPublicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 28.08.2015
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015
Javier Jorge Guerra Fernández
Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO
POR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteJavier Jorge Guerra Fernández P
VicepresidentaRosa Oubiña Solla P
SecretarioJosé Manuel Gallego Lomba S
José Manuel Balseiro Orol PNoela Blanco Rodríguez SJuan Manuel Fajardo Recouso AGEMaría Consuelo Martínez García MVidal Martínez-Sierra López PBerta Pérez Hernández PMaría Soledad Piñeiro Martínez PMaría Herminia Pouso Maneiro PDaniel Rodas Chapela BNGGonzalo Trenor López PJosé Ramón Val Alonso S
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 38167(09/POC-005598)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre os obxectivos da participación directa do Goberno
galego, no ámbito do Comité das Rexións, no seo da Comisión
de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames
relativos ao futuro da acuicultura, así como os compromisos e
as posicións defendidas ao respecto na semana do 19 de xuño
en Portugal
Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA
Juan Manuel Fajardo Recouso, deputado pertencente ao Grupo
Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no
artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a
súa resposta oral en Comisión .
O Partido Popular que sustenta o executivo galego ten actuado de estilete nas
políticas de desvaldimento de competencias do país, para cedelas ao estilo
colonial á metrópole, neste caso á UE e, polo tanto, a Alemaña. Son moitos os
casos onde por omisión, ou por acción activa do goberno galego se permite
que a lexislación europea ocupe espazos asignados ao noso país; un exemplo
a permisividade sobre as competencias, que de exclusividade Galicia ten en
augas interiores, e que o executivo delega de forma temeraria na Unión
Europea ou no estado.
Máis preocupante é cando a iniciativa xorde do propio PP de Galicia, como no
caso da emenda que provocou a eliminación da obriga do orixe no etiquetado
dos produtos elaborados, decisión política do PP que suporá un auténtico crime
económico e de emprego no país.
A ocultación coa que se fan estas prácticas, incluso camuflando as decisións
en órganos e materias que impiden coñecer o obxectivo final, é un exemplo do
turbio fin que se persegue por parte do executivo galego. Nos últimos meses
veñen de participar como poñentes e expertos no ámbito do comité das
rexións, na elaboración de ditames, informes e celebración de “mitins” que
perseguen trasladar as competencias sobre acuicultura á UE, sobre todo ante a
covardía de expresarlle ao sector do mar de Galicia o obxectivo final, que
incluso esta redactado no borrador de lei de pesca que ocultan nos caixóns da
Xunta, a privatización do noso mar e as nosas Rías.
Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a
seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión :
1.- Cal é obxectivo que persegue a participación directa, e incluso impulso, dos
informes e proxectos de ditame sobre o futuro da acuicultura, realizados no
comité das Rexións dentro da comisión de Recursos Naturais?
2.- Que compromisos e posicións defendeu o executivo galego ou os seus
representantes no “mitin” celebrado durante a semana do 19 de xuño en
Portugal?
3.- Porque ocultaron ao sector e o parlamento esta transcendental posición
sobre a acuicultura do goberno Galego en Europa?
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015.
Asdo.: Juan M. Fajardo Recouso
Deputado do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Fajardo Recouso na data 19/06/2015 11:46:24
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 38825(09/POC-005776)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno do desenvolvemento da
iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata
Publicación da iniciativa, 510, 28.08.2015
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol, Rosa Oubiña Solla, Marisol Piñeiro Martínez, Javier Guerra Fernández, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. Ao longo dos últimos anos e, a través da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata, a Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración cos departamentos autonómicos de Educación e Sanidade e de Anfaco-Cecopesca, pretende fomentar o consumo de conservas de peixe e moluscos entre os máis cativos e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas. A campaña Ponlle as pilas ao teu bocata estivo presente durante o curso nas aulas de colexios públicos de toda Galicia e en diferentes eventos deportivos e culturais, campamentos e outras iniciativas de participación xuvenil. Ao obxecto de valorar o desenvolvemento desta actividade así como a finalidade perseguida pola mesma, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:
1. Cantas accións se veñen desenvolvendo ao longo do último ano ao abeiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata?
2. Cal é a acollida que está a recibir esta iniciativa polos rapaces
galegos e nos centros educativos e outras entidades nas que se vén realizando?
3. Que valoración fai o Goberno galego do desenvolvemento
desta actividade?
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015
Asinado dixitalmente por:
José Manuel Balseiro Orol na data 14/07/2015 10:06:29
Rosa Oubiña Solla na data 14/07/2015 10:06:38
Maria de la Soledad Piñeiro Martinez na data 14/07/2015 10:06:44
Javier Jorge Guerra Fernández na data 14/07/2015 10:06:47
Vidal Martínez-Sierra López na data 14/07/2015 10:06:55
Berta Pérez Hernández na data 14/07/2015 10:07:01
María Herminia Pouso Maneiro na data 14/07/2015 10:07:10
Gonzalo Trenor Lopez na data 14/07/2015 10:07:20
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 22251(09/PNC-001806)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación cos criterios de uso dos fondos europeos para a
pesca e a actual Orde de axudas á paralización definitiva dos
buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da
pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico noroeste
Publicación da iniciativa, 277, 23.04.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
dos deputados Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Comisión, instando ao Goberno galego a rexeitar os criterios dos
fondos comunitarios para a paralización definitiva dos buques de pesca galega e a
revocar a actual orde de axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros afectados
polo Plan de xestión integral da baixura.
Ven de publicarse a Orde do 3 de abril de 2014 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á
paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da
pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75%
co Fondo Europeo de Pesca
Estas axudas van destinadas a embarcacións sometidas a plans de recuperación,
plans de xestión, plan nacional de desmantelamento, medidas de urxencia da Comisión,
medidas de urxencia do Estado membro, medidas dos estados membros dentro das 12
millas, aplicables unicamente aos buques pesqueiros que enarbolen o seu pavillón.
A finalidade desta orde é acatar as directrices de Bruxelas, no sentido de adaptar
a nosa flota á dispoñibilidade dos recursos, non mediante mellores negociacións e un
trato xusto, senón mediante a redución do esforzo pesqueiro, asumindo como propio a
obrigatoriedade de ter que reducir o número de embarcacións como principal piar dos
fondos comunitarios que a actual consellaría subscribe, apoia e comparte.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Prantéxaselle unha solución individual ao armador, mentres as tripulacións
quedan ao pairo para que as embarcacións galegas poidan servir de arrecifes artificiais
ou de elementos folclóricos nas rotondas dos paseos marítimos, promocionando o que
puido ser e acabou sendo a flota galega.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Comisión:
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a non aceitar o
prantexamento dos fondos europeos para pesca dos que unha parte significativa dos
mesmos vaia destinado ao despeze. Non aceptar o modelo imposto polos fondos do
FEMP que mantén ditos investimentos e a paralizar a actual orde de axudas á
paralización definitiva de buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da
baixura”.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Deputado do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Daniel Rodas Chapela na data 15/04/2014 12:52:12
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 15/04/2014 12:52:20
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 26485(09/PNC-002224)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do Carme
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para
o inicio pola Comisión Europea dun novo proceso negociador
con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da
frota cefalodopeira galega nese caladoiro
Publicación da iniciativa, 339, 11.09.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do
deputado Daniel Rodas Chapela e da deputada María do Carme Adán Villamarín,
ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non
de lei para o seu tratamento en Comisión, para instar ao Goberno galego a reclamar
as xestións precisas do Goberno español para que a Comisión Europea inicie un novo
proceso negociador con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da flota
cefalopodeira galega.
Mauritania ven de prohibir dende o 21 de agosto ata o 30 de novembro a pesca
de polbo aducindo problemas comerciais, isto é: de exceso de oferta e caída dos prezos.
O anterior acordo pesqueiro entre a República de Mauritania e a UE estivo
condicionado polo argumento de que o polbo nas súas augas estaba sobreexplotado, o
que impedía a renovación do acordo coa inclusión da flota cefalopodeira. Así, a UE
aceptou este argumentario asinando un novo protocolo pesqueiro 2012-2014 por 70
millóns de euros anuais que excluía a flota galega, cando os informes científicos
españois reflectían a boa situación do stock.
Este acordo pagouno a UE pero non foi utilizado nin pola metade dos barcos
con posibilidades de pesca nas costas do país africano, e supuxo a renuncia dos dereitos
de pesca históricos da flota galega, e o amarre e posterior despece de moitas das
embarcacións que alí faenaban.
Mentres se lle negaba o aceso ás augas mauritanas á flota galega, os barcos
chinos a través da compañía Poly Hondone ocupaban o lugar ao que a UE renunciaba, e
que ademais levan a cabo unha actividade con cuestionables criterios de sostibilidade,
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
pois pesca con artes non autorizadas e en zonas restritivas para a reprodución, pescando
por riba da demanda do mercado, acadando un exceso de capturas superior en 6.000
toneladas, o que provocou o afundimento do mercado xaponés abocado a manter o stock
almacenado en frigoríficos en Nouadhibou.
Estas son as razóns que levan ao G.P. do BNG a formular a seguinte proposición
non de lei para a súa resposta oral en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a reclamar as xestións
precisas do Goberno español para que a Comisión europea inicie un novo proceso
negociador con Mauritania, que restitúa as posibilidades de pesca da flota cefalopodeira
galega (2012), sen a cal non debería renovarse o actual acordoo pesqueiro UE-
Mauritania”.
Santiago de Compostela,1 de setembro de 2014
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Deputado do G.P. do BNG
María do Carme Adán Villamarín
Portavoz s. do G.P. BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 01/09/2014 13:04:57
María do Carme Adán Villamarín na data 01/09/2014 13:05:02
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 28514(09/PNC-002375)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
en relación coa Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se
establecen os elementos identificativos do Servizo de
Gardacostas de Galicia
Publicación da iniciativa, 360, 23.10.2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa da súa deputada
Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de Lei para o seu debate na comisión, relativa á derrogación
da Orde do 23 de xuño de 2014, pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo
de Gardacostas de Galicia.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado día 7 de xullo do 2014, o DOG publicou a Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de Galicia. Pola lei 2/2004, do 21 de abril, creárase o Servizo de Gardacostas de Galicia, modificada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, que no seu artigo 3º sinala que o persoal do Servizo de Gardacostas irá uniformado portando placa e carné profesional, e no seu artigo 1º prescribe que os membros do Servizo de Gardacostas serán os pertencentes ás escalas específicas que nel se definen. A legalidade sinala pois que levarán uniforme identificativo, placa e carné profesional do Servizo de Gardacostas exclusivamente as persoas pertencentes as escalas que define o artigo 1º da devandita lei.
Hai pouco a propia consellería, representada pola Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, tras unha investigación interna motivada por unha iniciativa parlamentar presentada polo noso grupo determinou que o actual Subdirector xeral do Gardacostas non podía levar uniforme nin placa ni carné profesional, por ser ilegal polo feito de pertencer á administración xeral da Xunta e non pertencer a ningunha das escalas do Gardacostas.
A devandita Orde do 23 de xuño teima en disputarlle á lei e o decreto a razón. A orde recolle no seu artigo13.3:
Cando existan outros cargos de dirección superiores ao/á subdirector/a xeral, dos que, segundo o correspondente decreto de estrutura, teña dependencia orgánica o Servizo
de Gardacostas de Galicia, nos actos en que exerzan representación directa deste, poderán usar o uniforme de clase A no cal exhibirán as mesmas divisas que o/a subdirector/a xeral pero engadindo sobre eles outro galón dourado de 14 mm, no caso de cargos de nivel de director/a xeral ou secretario/a xeral, e engadindo dous galóns dourados de 14 mm, no caso de nivel de conselleiro/a.
Isto é ilegal pois infrinxe de novo a lei e o decreto de funcións do Gardacostas. Por outra banda
a orde de uniformidade fíxose atendendo ós postos non ás escalas, para enmascarar que
persoas pertencentes a grupos inferiores manden nos superiores, o que lesiona claramente as
funcións das escalas como indica o decreto 157/2005, do 26 de maio, nos seus artigos 6º, 7º e
8º. Semella transparente o exercicio de amiguismo que practica a conselleira, que pretende
aprobar un ordenamento ad hoc, que sirva para satisfacer indesexables clientelismos e
extravagantes caprichos.
Semella claro que os distintivos deben de ser por escalas e que ademais a uniformidade leve
unha referencia o posto, tal e coma indicaba o anexo IV da orde do 22 de xullo de 2005 pola
que se establecían os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de
Gardacostas, feita polo PP e actualmente derrogada. Coa orde actual na que os distintivos son
pos postos pódense dar situacións en que un axente que estea en libre designación cese e
quede a disposición da Conselleira, polo que non estaría en ningún posto dos que cita a orde;
entón que galóns ou distintivos levaría?, traballaría sen distintivos indo en contra da norma?.
Esta orde foi publicada en suma para tratar de xustificar temporalmente situacións irregulares
do servizo, e este grupo coñece do proxecto de decreto de funcións que iría na mesma liña de
vulneración da lei.
Polo referido, este grupo parlamentar achega a seguinte proposición non de lei para a
comisión:
1º.- O parlamento Galego insta á Xunta á derrogación inmediata da Orde do 23 de xuño de
2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de Galicia.
2º O parlamento Galego insta á Xunta á elaborar unha nova orde que cumpra a Lei 2/2004, do
21 de abril, sendo os distintivos por escalas e na que ademais a uniformidade leve unha
referencia ao posto, tal e coma indicaba o anexo IV da Orde do 22 de xullo de 2005 pola que se
establecen os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de Gardacostas,
actualmente derrogada.
3º O parlamento Galego reproba a actuación da conselleira do Medio Rural e do Mar por ter
publicado normas e permitir situación ilegais no seu departamento, e permitir a permanencia
do Subdirector xeral do Servizo de Gardacostas nunha situación ilegal e irregular.
Compostela, 13 de outubro do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 13/10/2014 13:25:31
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.4 35812(09/PNC-003007)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
para evitar o impacto que está a ter na frota galega do cerco
o actual modelo de xestión e repartición das posibilidades de
pesca das especies peláxicas
Publicación da iniciativa, 444, 08.04.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Ramón Val Alonso, José Manuel Gallego Lomba e Francisco
Caamaño Domínguez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non
de lei para o seu debate na Comisión 8ª.
A situación da flota do cerco galega é practicamente insostible principalmente
polas medidas que durante os últimos anos vén implementando o Goberno do
Estado coa connivencia do Goberno galego.
Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, profundamente discriminados
nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, profundamente
discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para
poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías.
Á falla de posibilidades de pesca nas súas especies obxectivo hai que sumarlle,
nos últimos tempos, a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas
veces como delincuentes e non como traballadores profesionais.
Hai poucos días saía á luz pública unha desmedida actuación inspectora contra
un barco do cerco, ao que lle foi prohibido desembarcar as súas capturas nun
porto galego que tan só estaba a unhas poucas millas da súa posición de pesca e
foi escoltado ata o porto da Coruña onde sufriu unha fonda inspección que
rematou nunha infracción sen motivo aparente algún.
O Goberno galego permanece impasible diante destas actuacións que moitas
veces rozan o abuso de autoridade, e mira para outro lado á hora de defender a
viabilidade das empresas pesqueiras, sen manifestar a posibilidade de ir a un
cambio de modelo que desde hai tempo veñen reclamando os propios
profesionais.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todas estas razóns o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte
proposición non de lei.
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de
pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes
menores, solicitando un reparto lineal e xusto baseado en criterios
socioeconómicos (núm. Tripulantes ...) que permitan aos barcos da comunidade
de galega acceder ao recurso en igualdade de condicións.
2º) Defender aos profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de
ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas.
Pazo do Parlamento, 27 de marzo de 2015
Asinado dixitalmente por:
José Ramón Val Alonso na data 27/03/2015 12:08:54
José Manuel Gallego Lomba na data 27/03/2015 12:09:37
Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 27/03/2015 12:09:51
Jose Luis Méndez Romeu na data 27/03/2015 12:10:11
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.5 38221(09/PNC-003205)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas
iniciativas dirixidas a aumentar as posibilidades pesqueiras
para a frota galega no ano 2016, en coherencia coa mellora da
situación dos recursos, e a actuación que debe levar a cabo a
Xunta de Galicia ao respecto
Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa do deputado José Manuel Balseiro Orol, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
Exposición de motivos
O artigo 43, apartado 3, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea dispón que corresponde ao Consello Europeo, a proposta da Comisión, adoptar as medidas relativas á fixación e repartición das posibilidades de pesca. Para adoptalas, a normativa vixente establece que debe terse en consideración os ditames científicos, técnicos e económicos dispoñibles e sempre garantir un trato xusto entre os distintos sectores da pesca. A súa vez todo este proceso é resultado dun amplo período de consultas previas coas autoridades dos Estados membros e as autonómicas, a consulta coas partes interesadas, en particular, nas reunións dos consellos consultivos rexionais correspondentes. Non obstante, segue a ser un obxectivo preferente do sector pesqueiro galego e do propio Goberno autonómico seguir avanzando en cantas medidas se estimen acaídas para ampliar e darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais. De feito, a conselleira do Medio Rural e do Mar vén de defender, na última xuntanza do Consello Consultivo de Pesca celebrado no mes de xuño, entre o Ministerio de Agricultura e as comunidades autónomas un novo aumento das posibilidades pesqueiras para a nosa flota en 2016.
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
En apoio destas petición e polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión: “O Parlamento de Galicia, manifesta o seu apoio ás iniciativas dirixidas a acadar un aumento das posibilidades pesqueiras para a nosa flota en 2016, en coherencia coa mellora da situación dos recursos e, neste sentido, insta á Xunta de Galicia a seguir defendendo este obxectivo diante da autoridades correspondentes”.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 22/06/2015 17:54:58
José Manuel Balseiro Orol na data 22/06/2015 17:55:13
Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Día: 09.09.2015 Hora: 10:30
Orde do día
2.6 38870(09/PNC-003265)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 3 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan integral
de saneamento das rías de Arousa e Pontevedra
Publicación da iniciativa, 510, 28.08.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e das súas deputadas, José Ramón Val Alonso, José Manuel Gallego
Lomba, Patricia Vilán Lorenzo e Noela Blanco Rodriguez, a través do portavoz e
ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 8ª.
As confrarías das rías de Arousa e Pontevedra levan anos sufrindo problemas
moi similares sempre ligados á contaminación, á falta de saneamento nas rías e á
pouca implicación por parte do Goberno galego do Partido Popular.
Os datos falan por si solos, e calquera indicador dos que podamos consultar nos
vai referir á situación na que se atopan as persoas profesionais do marisqueo
nestas dúas rías.
Se falamos de días traballados poderemos comprobar como en moitos casos se
chega a reducir en preto do 60 % o número de días propostos para traballo nos
plans de explotación cos días realmente traballados.
Se decidimos consultar os niveis de produción poderemos observar tamén como
ten diminuído de xeito alarmante nos últimos anos, ao igual que os niveis de
ingresos.
O Goberno galego fala continuamente de dinamizar e profesionalizar o sector,
pero o único que está a conseguir é precarizar os empregos no mar.
O Grupo Parlamentario Socialista considera que é preciso deter a sangría que
está a sufrir o sector marisqueiro en moitas confrarías destas dúas rías polo que
presentamos a seguinte proposición non de lei.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Poñer en marcha un plan integral de saneamento destas dúas rías que sirva
para eliminar todos os puntos de vertidos incontrolados.
2º) Realizar todos os traballos de rexeneración comprometidos nas zonas de libre
marisqueo de ámbalas dúas rías.
Pazo do Parlamento, 14 de xullo de 2015
Asinado dixitalmente por:
José Ramón Val Alonso na data 14/07/2015 13:49:47
José Manuel Gallego Lomba na data 14/07/2015 13:49:58
Patricia Vilán Lorenzo na data 14/07/2015 13:50:07
Noela Blanco Rodriguez na data 14/07/2015 13:50:19