Upload
carmen-cid-manzano
View
411
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
cousas da rata Luisa
ENSALADAS
Desde o aquel do biscoito, aos nenos de Luisa,entroulles afección polas cousas da cociña.
O que máis lles gusta e preparar ensaladas,con moitas cousas xuntas de cores variadas
Mesturan leituga, tomate, cenoriae, si a hai na casa, calquera outra cousa.
E a según o día, bótanlle aceitunas
pasas, millo, noces… e outras cousas crúas
Pepino, repolo, rábanos, escarola,
endivias, pemento, berros, cebola…
ou verduras cociñadas:
patacas, xudías,
chicharos, coliflor,
cogumelos; ou arroz.
Unhas veces botan froita: uvas, mazán, pexego, piña,
pera, melón, amorodos, plátano, mandarina…
Outras veces botan carne: polo, pavo, xamón cocido,
mortadela, salchichón, ou calquera outro embutido.
En ocasións botan peixe: atún, anchoas, pauciños…
berberichos, mexillóns, e outros mariscos.Gambas,
E outras un pouco de todo: Pastas frías varidas, fermosas de forma e de cor,
queixos, ás veces un, ás veces varios, pan torrado, ovo, piñóns…
E preparando os aliños aínda o pasan mellor.Múdanlle case a diario o aspecto a cor e o sabor
Uns días fanlle o de sempre, seguindo ao pé o refrán:
Xeneroso co aceite, co vinagre avaro, e axustado co sal.
E outros ensaian e proban: salsa rosa, mahonesa,
allo, pemento, iogur, perixel, mostaza, especias…
E igual que cando as preparan, disfrutan logo ao comelas.Son tan bonitas, tan variadas, que dan fame só con velas
Que ricas as ensaladas! Frescas, cheas de corcon todo xa en anaquiños e cada un co seu sabor.
fin
As fotografías son collidas da Internet.Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta