64
cousiñas feitas na casa Mon Daporta

A rata luísa mariñeiros

Embed Size (px)

Citation preview

cousiñas feitas na casa Mon Daporta

Cousas da rata Luisa

MARIÑEIROS (por un día)

O outro día Luisa trouxo unhas vieiras, e os nenos, curiosos, queren saber como as pescan.

Roxelio contoulles como se facía…

e quedou cun amigo para iren velo un día.

E aínda que madrugaron, case máis que o Sol, xa os estaba agardando, no seu posto, o patrón

O primeiro que fan, ao saltaren a bordo e vestir roupa de augas, botas e gorro.

Saen ao mar, que está como un plato, e poñen rumbo ás marcas para empezar o traballo.

Preparan os rastos, lárgannos ao mar…

E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!

-Xa vai tempo abondo. Hai que levantar. A ver que sae hoxe do fondo do mar!

Meten o rasto a bordo, baleiran a rede, volven a largar, e escollen o que entre.

-Non veu moita cousa. Que lle imos facer! Pero no medio do lixo hai cousas que ver.

conchelos pequenos (que volven ao mar), gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,…

ás veces ven un chopo, algún día unha ostra, unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra

cousa.

conchelo

gradicela

cunchas

cangrexo ermitán

chopo

buguina

ostra

zamburiña

Aproveitado o que serve, botan o lixo ao mar

e mentras segue a rastada… volta a agardar.

E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar, queren sabelo todo e preguntan sen parar.

-Como se chama esto? -Que é esto outro? -Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo?

-Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes? -Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?

Con tanta pregunta volven ao amigo tolo queren, só nun día, aprendelo todo.

Pero el, todo pacencia (é un día especial), cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.

E sen desatender, para nada, a faena, vailles contando nos tempos de espera.

-Para pescar aos peixes que viven en mandas úsanse os cercos, redes longas e largas.

-Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo, e xa non ten saída… xa está encerrado!

Logo gáñanse os panos

para xuntar o peixe na enxagua

e, co salabardo, cóllese para as caixas.

Así péscanse sardiñas, xurelos e xardas, bocareus, tranchos, ollomoles e piardas, bolos, veladores, burases e chinchos…;

sardiñaxurel xarda

bocareu tranchoollomol

piardaburás

bolo

veladorchincho

…e na gran altura: atúns e bonito.

atúnbonito

-para pescar aos outros usanse moitas artes: de enmalle, con engado e redes de arrastre.

As redes de enmalle, lárganse entre augas, ou cálanse no fondo, e os peixes, ao non velas, préndense eles solos.

Así pescan os miños e máis os tramallos,

as volantas, o xeito, as betas e os rascos.

Que, según e onde, pescan: raias, sargos, maragotas, fanecas, xoubas, tranchos,

linguados, centolos, nécoras, corobelos, barbos, rinchas, rodaballos e vellos.

raia

sargo maragota faneca

xoubatrancho linguado

centolo

nécora corobelo

barbo rincha

rodaballovello

-As artes de arrastre, ao ir polo fondo, a según a altura pescan de todo.

Cope dun arrastreiro de altura

Os grandes arrastreiros que traballan na altura pescan: bacallau, pescada, peixe sapo, lura,… polbo, maruca, bacalada, escacho, palometa, lirio, cigala, langostino, linguado, castañeta…

bacallaupescada

peixe sapo lura

polbo

maruca

bacalada

escacho

palometa

lirio

cigala

castañetalangostino

linguado

-O chinchorro

e o bou de vara, que traballan preto de terra,

Pescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.

lura

xibaconguito

chopo solla volandeira

faneca

-Aos peixes que comen carne póñenselle trampas ata ás que se atraen cun engado, a carnada.

Así pesca o palangre, as liñas, as canas, o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.

palangres

liñas canas

medio mundo

cangrexeira

nasas

A nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.

nécora

centolo

camarón

polbo

O medio mundo é unha bulsa que se isca co engado para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …

xureloburás

piarda

faneca

sargo

A cangrexeira, xa o di o nome, pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.

anguía

cangrexo

camarón

lorcho

As picas, os anzois, son un arte sinxeloque ofrece o engado coa trampa dentro.

A liña pesca, na area: robaliza, linguado,…; na pedra : faneca, maragota, sargo…

robalizalinguado

faneca maragota sargo

Pescadores de cana

E o palangre, no fondo: bertorella, abadexo,congro, pescada,…e a flote: castañeta, marraxo, quenlla, peixe espada…

abadexo bertorella

congro

pescada

castañeta marraxo quenllapeixe espada

Hai algúns peixes, que son tan comellóns, que engulen calquera cousa que se lle mova arredor.

As luras e os chopos, as poteiras;

lura chopo

o polbo ás rañas

Pescando ao correcán

e ao correcán abadexos, bonitos e xardas.

abadexo bonitoxarda

E aos que conseguen fuxir de tantas trampas, aínda os pescamos co truel e a francada.

truel

francada

-E para pescar o que vive enterrado usamos rastos, fisgas, sachos, ganchelos, angazos, forquillas e raños.

fisga

sacho

ganchelo

angazo

forquilla

raño

Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós, ademáis de navallas …e tamén longueiróns.

ameixa finaameixa blanca ameixa xapónica ameixa rubia

berbericho

carneiro

reló

navalla

longueirón

E con esto que contei queda case todo dito do traballo do mar e dos nosos oficios.

-Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite, que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede.

E con unha e outra cousa, rematou a xornada. Volveron ao porto e…

cada un para a súa casa.

E toda a familia, ata Luisa e Roxelio, nunca esquecerán todo o que aprenderon.

fin

Moitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta