5
1 PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Os alumn@s son os verdadeiros protagonistas, e elixen o que queren facer e como facelo ao longo do curso. Intentamos desenvolver as súas competencias básicas: “Social e cidadá” “Autonomía e iniciativa persoal” “Aprender a aprender” “ Coñecemento e interacción co mundo físico” “Cultural e artística e “Tratamento da información e competencia dixital” Propoñéndonos como obxectivos Fomentar: O traballo cooperativo e a participación activa e crítica, na toma de decisións. E gozar nun proceso creativo. Que sexan respectuos@s e comprometidos co medio urbano no que viven, e co medio natural mariño no que imos desenvolver o noso proxecto Que teñan hábitos saudables activos no seu tempo de ocio FASE DE PREPARACIÓN: 1.- Que é o que queremos facer? Posibles ideas de proxectos ou eixos temáticos abertos, admitimos todas as suxestións para enriquecernos e dar que pensar. Os seus intereses foron os seguintes: Informática, Cultura, Mitoloxía, Música, Debuxo e Deportes no medio mariño. Cal eleximos? e por que?: Valoramos as ideas, e consensuando entre tod@s cal podería ser a proposta máis interesante para o grupo. 2.- Título do proxecto, apartados e formato As ideas sobre o título que lle íamos poñer foron moitas e moi boas. As máis votadas foron: “Cos pés na auga”, “Lendas nas ondas”, Atrévete! e móllate!” e “O noso bello...vello mar” , os demais títulos ou epígrafes: “Navegando polas salgadas augas”, “Móllate por unha Coruña mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN: Temporalización: Fase 1 e 2, dende Setembro clarificamos o significado de Interdisciplinar. O 11 de Outubro tiñamos moitas propostas. O 25 de Outubro xa tiñamos o eixo temático: O noso mar. A proposta resultante, que englobaría todo o que eles desexaban facer, foi o mundo mariño. Fase 3, Pasamos a acción!! Dende comezo de Novembro Traballamos dun xeito individual, por grupos, ou todo o grupo xunto para darlle sentido as actividades. Sabemos o que queremos facer, e por onde comezar e ata final de curso iremos valorando e

PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

1

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Os alumn@s son os verdadeiros protagonistas, e elixen o que

queren facer e como facelo ao longo do curso.

Intentamos desenvolver as súas competencias básicas: “Social e cidadá” “Autonomía e iniciativa persoal” “Aprender a aprender”

“ Coñecemento e interacción co mundo físico” “Cultural e artística e

“Tratamento da información e competencia dixital”

Propoñéndonos como obxectivos Fomentar:

O traballo cooperativo e a participación activa e crítica, na toma

de decisións. E gozar nun proceso creativo.

Que sexan respectuos@s e comprometidos co medio urbano no

que viven, e co medio natural mariño no que imos desenvolver

o noso proxecto

Que teñan hábitos saudables activos no seu tempo de ocio

FASE DE PREPARACIÓN: 1.- Que é o que queremos facer? Posibles ideas de proxectos ou eixos temáticos abertos, admitimos todas as suxestións para enriquecernos e dar que pensar. Os seus intereses foron os

seguintes: Informática, Cultura, Mitoloxía, Música, Debuxo e

Deportes no medio mariño.

Cal eleximos? e por que?: Valoramos as ideas, e consensuando

entre tod@s cal podería ser a proposta máis interesante para o

grupo.

2.- Título do proxecto, apartados e formato As ideas sobre o

título que lle íamos poñer foron moitas e moi boas. As máis votadas

foron: “Cos pés na auga”, “Lendas nas ondas”, Atrévete! e móllate!”

e “O noso bello...vello mar” , os demais títulos ou epígrafes:

“Navegando polas salgadas augas”, “Móllate por unha Coruña

mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point.

FASE DE EXECUCIÓN: Temporalización:

Fase 1 e 2, dende Setembro clarificamos o significado de

Interdisciplinar. O 11 de Outubro tiñamos moitas propostas. O 25 de Outubro xa tiñamos o eixo temático: O noso mar. A proposta

resultante, que englobaría todo o que eles desexaban facer, foi o

mundo mariño.

Fase 3, Pasamos a acción!! Dende comezo de Novembro Traballamos dun xeito individual, por grupos, ou todo o grupo xunto

para darlle sentido as actividades. Sabemos o que queremos facer, e

por onde comezar e ata final de curso iremos valorando e

Page 2: PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

2

introducindo propostas de mellora. Ao final de curso faremos unha

exposición en público do realizado no proxecto.

O NOSO PROXECTO INTERDISCIPLINAR: Título: “COS PÉS NA AUGA” IMOS FACER UNHA VIAXE A TRAVÉS DO MUNDO MARIÑO...

Lle dimos unha reviravolta a tradicional frase de “Cos pés na terra”

cun significado de ser realistas e non deixarse levar moito polos

soños. Nós queremos achegarnos máis ao mar e deixarnos levar

polos nosos soños. E empregar a cabeza, pero tamén o corpo, e

camiñar cos pes espidos pola beira do mar pode ser un bo

punto de partida...

O mar, como a vida mesma, está sempre cambiante e en

movemento. Se pensamos no mar inúndannos recordos de

vivencias de plenitude. No noso maxín gardamos recordos e

sensacións moi agradables de equilibrio ou paz, enerxía, liberdade,

elevación... pero tamén o mar pode resultar perigoso e cruel, e

tamén recordamos episodios de inseguridade, medo, rabia,

impotencia...

QUEREMOS COÑECER máis das posibilidades recreativas que

ofrece o mar a través da práctica dun deporte, e das posibilidades

culturais. A través da nosa curiosidade , farémonos preguntas e

haberá que investigar. Constatamos que na nosa cidade non se

fomentan os deportes náuticos, desperdiciando un enorme potencial educativo. Vivimos nunha cidade rodeada case

completamente polo mar, sen embargo na Coruña vivimos de

costas ao mar. O mundo da vela segue a ser elitista, e os os outros

deportes tradicionais como o piragüismo, e o remo non se practican a

penas. Estas actividades mariñeiras que desperdiciamos no ámbito

escolar, tradicionalmente tiveron un fin utilitario, polo que forman

parte do noso patrimonio cultural. Os nosos alumn@s nunca viron

arroaces, nunca foron coller xenrada e pescar, ou fixeron de piratillas

en travesías pola ría... a maioría de rapaces da Coruña non

dispoñen dun traxe de neopreno e un body para xogar coas

ondas, para achegarse ao coñecemento, respecto, admiración

e goce do mar dende pequen@s; para engancharse ao mar

para sempre. Sen embargo en Andorra, por exemplo, todo cativo esquía fenomenal, por que?

Imos aproveitarnos da experiencia da xente relacionada co mar,

investigando sobre que colectivos fan actividades no mar na Coruña.

Lles pasaremos unha enquisa que elaboraremos coa finalidade

de que nos conten a cerca do que tan ben coñecen.

Page 3: PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

3

QUEREMOS TER UNHA ACTITUDE RESPONSABLE E

INTELIXENTE CARA AO MAR, E A VEZ SENTIR LIBERDADE,

EMOCIÓN, AVENTURA, GOCE NUNHA PRÁCTICA DEPORTIVA...

Ata onde queremos realmente implicarnos? Ata onde imos

chegar? Quen trouxo ideas, fotografías, poemas, debuxos,

textos, noticias na prensa, quen navegou pola rede, foi ao mar

cos seus pais, amigos? Quen fixo actividades recreativas no

mar?

Propostas:

1.- LENDAS NAS ONDAS. Ao longo das historias, o mar sempre

foi escenario de mitos e fábulas. Os gregos na súa Teogonía tiñan

a Poseidón o Deus do Océano, como personificación do enorme poder da auga. Poder que desempeñaba no Olimpo, e as súas fillas

oceánidas eran as ninfas do mar... Na enormemente marítima Odisea

de Homero é Poseidón, non Zeus, o principal protagonista dos

sucesos que se desencadean. As historias cos mitos greco-latinos

imos velas no ceo nas constelacións... saída observación noite...

Porque as sereas enfeitizan e fan perder o norte aos mariños?Por que

os faros se chaman así e por que teñen luz e dende cando?...

(Hércules e a copa do sol, Ith nos petroglifos de Punta Herminia, San

Amaro, Simbad o mariño, “Se o vello Simbad volvese as illas”...)

2.- O NOSO BELLO...VELLO MAR. Orixe e evolución da vida no

planeta terra. Condicións ambientais da vida do mar; concepto de

sobreexplotación, sostenibilidade, urbanismo, consumismo invasivo, monocultivos... Composición da auga do mar e ecosistema mariño.

Realización dunha práctica intermareal; ou recollida de mostras de

flora e fauna para o seu análise. Coñecer, valorar e

sensibilizarnos sobre a interrelación humana co medio mariño

Riqueza do ecosistema mariño atlántico. Como os seres humanos

manipulamos o mar para sacar proveito del?

E como se lle saca beneficio a esa materia prima? ou comercialización

dos produtos do mar. O impacto dos seres humanos sobre o

medio mariño ten que ser o menos perxudicial posible.

3.- NAVEGANDO POLAS SALGADAS AUGAS. Coñecer os tipos de

embarcacións antes da aparición do motor, materiais de que estaban

feitas. Dende as construcións tradicionais de embarcacións galegas as

táboas de surf...

4.- O SON DAS ONDAS. A inspiración do mar nas artes:

Literatura: Espronceda “La canción del pirata”, Álvaro Cunqueiro

“Fábulas y leyendas de la mar”, Herman Melville “Moby Dick”... R.Lois

Steavenson“La isla del tesoro”, Julio Verne “20 mil leguas de viaxe

submarino”... Música, Pintura...cine... Gozar das diferentes

manifestacións artísticas e non ter pudor a hora de crear nas distintas

linguaxes artísticas: plásticas, literarias, escénicas, coas tics...

Realización dalgunha creación artística individual.

Page 4: PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

4

ALVARO CUNQUEIRO, enorme poeta, narrador, dramaturgo e

xornalista, sempre estivo fascinado pola xeografía dos mares, e os

ventos, polas fantásticas criaturas e aventuras…Cando vivía en

Madrid tiña verdadeiros síndromes de abstinencia. Quizás escribir foi

unha terapia. Na dictadura, na España anterior ao desarrollismo,

houbo moitas carencias ademáis das de liberdade… e moita xente

chegaba a maior sen ter visto nunca o mar…

Page 5: PROXECTO INTERDISCIPLINAR€¦ · mellor”, “O Son das ondas” “Mariñeiros a navegar”... Din que o formato das presentacións vai ser en Power Point. FASE DE EXECUCIÓN:

5

E ti que fas polo mar? QUE FAI O MAR POR TI?

Cantemos!, e aprendamos a comprender o valor que ten

preservar o mar para todos nós.

El Hombre Y El Agua (Joan Manuel Serrat ) Si el hombre es un gesto el agua es la historia.

Si el hombre es un sueño el agua es el rumbo.

Si el hombre es un pueblo el agua es el mundo.

Si el hombre es recuerdo el agua es memoria.

Si el hombre está vivo el agua es la vida.

Si el hombre es un niño el agua es París.

Si el hombre la pisa el agua salpica.

Cuídala como cuida ella de ti.

Brinca, moja, vuela, lava, agua que vienes y vas. Río, espuma, lluvia,

niebla, nube, fuente, hielo, mar. Agua, barro en el camino, agua que esculpes paisajes, agua que

mueves molinos. ¡Ay agua!, que me da sed nombrarte,

agua que le puedes al fuego, agua que agujereas la piedra,

agua que estás en los cielos como en la tierra.

Brinca, moja, vuela, lava, agua que vienes y vas. Río, espuma, lluvia,

niebla, nube, fuente, hielo, mar...

5.-ATRÉVETE E MÓLLATE! Móllate por unha Coruña mellor!

Reivindicacións para unha concienciación de vivir sen darlle as costas

ao mar. Persoas, clubs que viven en contacto co mar facendo

actividades de ocio en relación co mar na nosa cidade.

6.- MARIÑEIROS A NAVEGAR! Travesía en batel e piragua!!