View
234
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Â
Citation preview
1
PROTOCOLO
DE USO
ELEMENTOS
AULAS ABALAR
CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR
PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR
OURENSE - CURSO 12-13
2
ÍNDICE
■ OBXECTIVO………………………………………………………. 3
■ AS AULAS ABALAR……………………………………………… 4
■ PROTOCOLO A REALIZAR DESPOIS DA INSTALACIÓN DO MATERIAL NO CENTRO……………………………………………. 5
■ NORMAS XERAIS…………………………………………………. 6
■ PROTOCOLO DE FUNCIONAMIENTO DIARIO DAS AULAS ABALAR………………………………………………………………. 7
• PROFESOR…………………………………………………… 7
• ALUMNOS……………………………………………………. 8
• O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO………………….. 10
• O ARMARIO DE CARGA…………………………………… 11
■ BOAS PRÁCTICAS ………………………………………………... 12
■ INCIDENCIAS……………………………………………………… 13
■ FALTAS E SANCIÓNS…………………………………………….. 14
• FALTAS GRAVES OU MOI GRAVES…………………….. 14
• SANCIÓNS…………………………………………………... 15
3
■ OBXECTIVO XERAL
O presente documento ten como obxectivo establecer unhas normas de uso e funcionamento da infraestrutura correspondente ás Aulas Abalar que indiquen claramente os procesos de actuación e responsabilidades dos usuarios do equipamento, co fin de manter un óptimo rendemento e funcionamento das mesmas.
5
■ PROTOCOLO A REALIZAR DESPOIS DA INSTALACIÓN DO MATERIAL NO CENTRO
� Revisar o equipamento para que non falte nada (cargadores, punteiros, baterías...).
� Etiquetar cada miniportátil cun número identificativo que o relaciona co seu nº de serie.
� Facer unha lista de alumnos co número de netbook asignado.
� Colgar unha copia dentro dunha funda de plástico na parte interior dunha porta do armario.
� As chaves dos armarios estarán baixo a custodia de cada profesor/a titor/a desa aula. Unha copia permanecerá en dirección. Cando outros mestres/as desexen traballar cos portátiles pedirán a chave ao titor/a.
� Haberá un impreso de incidencias gardado no caixón do carro e nel anotaranse as máis significativas.
� Imprimir as normas de uso e protocolo e publicitalas.
6
■ NORMAS XERAIS
� O equipamento das aulas Abalar está destinado exclusivamente a uso
docente e educativo. � Os uso dos ordenadores debe ter unha finalidade educativa, non poden
ser un premio ao final da clase, nin debemos deixar que consulten o correo ou páxinas que non teñen que ver cos traballos da aula.
� Os usuarios das aulas abalar deben responsabilizarse do uso correcto das
mesmas. � Está prohibido sacar do centro os equipos das aulas abalar. � Corresponde ao profesorado e ao alumnado manter o equipamento das
aulas abalar en bo estado, evitando avarías por un mal uso. � O botón vermello que está na parte superior do carro ou armario de
carga, non debe ser pulsado baixo ningún concepto, agás unha emerxercia.
� En ningún caso o alumnado poderá quedar só na aula mentres utiliza o
equipamento Abalar. � Os netbook están instalados cunha configuración fixa, de xeito que non
se pode instalar nin desinstalar ningún programa. � O servidor Abalar e o Espazo Abalar poderán utilizarse por todo o
profesorado do centro.
7
■ PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DIARIO DA AULA ABALAR
● PROFESOR
� O profesor é o responsable do uso do seu portátil, do EDI e do cañón. � O profesor/a será o encargado de custodiar un xogo de chaves do
armario de carga.
� A operación de abrir o armario só a pode realizar o profesor, xa que é o responsable das chaves.
� Os ordenadores estarán enchufados á corrente, polo que, antes de collelos, hai que quitarlles, con coidado, o cable de alimentación.
� O profesor controlará a acción anterior, e será o responsable de que se
realice correctamente. � O mestre/a supervisará sempre o momento no que os alumnos collen o
seu ordendor. � Rematada a sesión, o profesor/a tamén supervisará a recollida dos
portátiles e comprobará visualmente que todo está no lugar adecuado. � O profesorado controlará que o carro de carga estea aceso coa fin de
acreditar que os ultraportátiles queden perfectamente conectados e cargando.
� Pechar o armario. Tamén é unha función exclusiva do profesor/a.
8
� Se o profesor/a usase o seu portátil deberá apágalo correctamente, comprobando que o proxector tamén está apagado.
� Se durante a sesión houbese incidencias significativas, débese cubrir o
parte de incidencias que estará no caixón do armario e comunicarllas ao Coodinador/a Abalar.
● ALUMNOS
� Os alumnos terán asignado un ordenador que identificarán pola súa numeración.
� Cada alumno collerá o equipo que lle corresponde por orden de lista, baixo a supervisión do mestre/a.
� Os ordenadores estarán enchufados á corrente, polo que, antes de
collelos, hai que quitarlles, con coidado, o cable de alimentación.
� O alumnado fará unha comprobación visual do estado do equipo e fixarase en que non lle falte o punteiro.
� Antes de iniciar a sesión o pupitre debe estar preparado.
9
� O alumno/a acenderá o portátil dando o tempo necesario para que cargue o sistema operativo, sen premer ningunha outra tecla.
� Os alumnos comprobarán o correcto funcionamento do equipo e no
caso de atopar algunha anomalía comunicarano ao profesor/a para anotar a incidencia, se fose preciso.
� O alumnado será responsable do correcto mantemento do escritorio,
carpetas e arquivos. � Ao rematar a clase, o alumno/a debe apagar correctamente o seu
portátil, comprobando que non hai ningunha luz acesa e que ten o punteiro no seu sitio.
� Evitarase tocar a pantalla do miniportátil con calquera obxecto que
non sexa o seu punteiro. � Non se difundirán imaxes ou informacións que atenten contra a
honra ou intimidade persoal. � O uso da webcan farase únicamente baixo a supervisión do
profesor/a.
� A devolución do portátil ao carro de carga farase no mesmo orden e do mesmo xeito que na entrega.
10
● O ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO
� O encargado de activar e desactivar o encerado dixital interactivo será o profesor/a.
� Non se poden empregar elementos punzantes para interactuar na pantalla, nin usar rotuladores, bolígrafos ou lápis.
� Hai que evitar o uso de cinta adhesiva no EDI, xa que deterioraría a súa superficie.
� As mans deberán estar limpas para evitar deixar pegadas na superficie da pantalla.
� O canón proxector deberá apagarse ao finalizar cada sesión.
� O mando a distancia do canón e o punteiro do EDI estarán baixo a custodia do profesor/a.
11
● O ARMARIO DE CARGA
� A apertura e peche do armario de carga estará bajxo a responsabilidade o profesor.
� O profesor supervisará a entrega e recollida dos ultraportátiles de maneira que todo este colocado no lugar que lle corresponde.
� O profesor prestará atención ás luces do carro para que a carga dos equipos sexa efectiva.
� No caixón haberá un parte de incidencias que será cuberto, a criterio do profesor, no caso dalgún imprevisto.
� Hai que manter libres as tomas de aire situadas no lateral exterior do carro.
� O botón vermello do carro non se deberá pulsar, agás unha emerxencia.
� Cando o carro de carga se desactiva hai que seguir un proceso para poder rearmalo de novo.
PROCESO:
- Desbloquear o botón vermello cun pequeño xiro para que se eleve.
- Abrir o armario pola parte traseira e activar o interruptor diferencial.
- Pulsar o botón de encendido para que se volvan acender as luces.
12
■ BOAS PRÁCTICAS
� Para o uso do ultraportátil e do EDI, as mans deben estar limpas. � Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre os equipos.
� Para gardar o traballo e poder levalo á casa ou a outro ordenador cada alumno/a disporá dun lápis de memoria.
� Para as sesións que requiran audio cada alumno disporá de
auriculares propios. � As páxinas ás que se acceda dende os equipos deberán ser adecuadas
á finalidade educativa dos mesmos. � A difusión de imaxes ou informacións que atenten contra a honra ou
intimidade persoal será motivo de sanción moi grave. � Dado que os miniportátiles dos alumnos teñen unha webcam que
pode apuntar en calquera dirección, coa que se poden sacar fotos e gravar vídeos, o profesorado debe estar alerta ante posibles malos usos.
� Débese evitar que o equipo entre en suspensión, esto sucede se se
baixa moito a tapa. � Se o equipo entra en suspensión, para activalo de novo hai que
premer a tecla de encendido. � Para traballar deberase colocar o equipo nun lugar estable, a fin de
evitar golpes ou caídas e non colocar obxectos sobre el.
13
� Non se poderá comer nin beber cando se está traballando cos equipos.
� Non se pode coller o portátil pola pantalla, sempre debe transportarse
colléndoo pola base.
� Hai que evitar a exposición dos equipos ao sol, a chuvia e as fontes de calor.
� É aconsellable ter sempre preparado un traballo alternativo cando
teñamos programada unha clase cos equipos por si hai algún imprevisto coa rede o proxector ou os ordenadores.
� Se algún alumno ten un problema co portátil non debemos
interromper a clase, apagarao e xuntarase cun compañeiro. � Cando queremos mostrarlle algo aos alumnos (vídeo, audio,
animacións, presentacións...) é mellor facelo a través do proxector e do EDI para evitar saturar a rede.
■ INCIDENCIAS
� No caso de existiren incidencias no funcionamento dos portátiles, encerado ou rede, deberá comunicarse coa maior brevidade posible á persoa coordinadora e cubrir o impreso, se se considera necesario.
� Se é preciso pasarase a comunicación da incidencia a uac.
14
■ FALTAS E SANCIÓNS
Os usuarios e usuarias do equipamento Abalar deberán cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso, sabendo que o incumprimento da mesma terá como consecuencia sancións que se contemplan no Regulamento de Réxime Interior, e mesmo sancións económicas se chegase ao caso.
Calquera desobediencia por parte do alumno/a dos protocolos de uso dos ultraportátiles, desatención, perturbación ou manexo indebido, poderá levar ao mestre/a á retirada durante a sesión de clase ou propoñer a retirada durante varias sesións.
● FALTAS GRAVES OU MOI GRAVES
Terán consideración de faltas graves ou moi graves, en función das circunstancias nas que se producen os feitos e das súas consecuencias, as seguintes:
� Desobedecer reiteradamente as indicacións xerais de uso do equipamento Abalar.
� A reiteración de faltas leves.
� A reiteración de faltas graves considerarase moi grave. � Calquera intento de danar os equipos, materiais, datos ou programas. � Modificar a configuración do sistema operativo e violar as restricións
que teña o portátil.
� A suplantación da identidade doutra persoa.
� Trasladar o portátil fóra da aula ou fóra do centro.
� Utilizar o sistema/rede con propósitos ilegais. � Causar estragos no portátil por mal uso intencionado do mesmo. � O uso da webcam sen permiso do profesor/a.
15
� A difusión de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á
honra, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos membros da comunidade educativa.
● SANCIÓNS
As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade da falta ou incumprimento da presente normativa serán, ademais daquelas que determine a lexislación, as que a continuación se sinalan:
a).- A retirada de privilexios de utilización do portátil.
b).- A retirada temporal ou definitiva do portátil
c).- Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a gravidade do desperfecto causado.
d).- Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclúa no R.R.I do centro.