8
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO // MUSEO PAZO DE TOR MUSEO PROVINCIAL DO MAR // MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO // MUSEO PAZO DE TOR MUSEO PROVINCIAL DO MAR // MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

Page 2: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

www.museolugo.org

Museo Provincial de Lugo

Praza da Soidade s/n. 27001 Lugo Tel. 982 242 112 Fax 982 240 [email protected]

Museo Provincial do Mar

Avda. da Mariña s/n. 27890 Cervo (Lugo) Tel. 982 594 572 [email protected]

Museo EtnográficoSan Paio de Narla

Torre de Xiá 27220 Friol (Lugo Tel. 982 375 156 [email protected]

Pazo de Tor

San Xoán de Tor 27591 Monforte de Lemos (Lugo) Tel. 982 165 [email protected]

Page 3: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

MUSEO PROVINCIAL DE LUGOMUSEO PAZO DE TOR MUSEO PROVINCIAL DO MARMUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

Page 4: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

A visibilización das mulleres na Historia da Humanidade é o obxectivo principal cara ao que van encamiñados os “Estudos de Xénero/Mulleres” impulsados polo movemento feminista que naceu nos anos sesenta do século XX. Abriron unha nova perspectiva, enriquecendo a Historia que se escribira ata entón, analizando as relacións sociais entre mulleres e homes e construíndo un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.

Neste seminario propoñeremos interesantes reflexións sobre: a Historia das Mulleres, o Xénero, os Museos e a Arte. Unha conxunción de catro aspectos cun denominador común, as mulleres, e na que poderemos analizar cada un deles, de maneira detallada, tanto a través de experiencias concretas e vividas como de daquelas máis xerais, na teoría e na práctica.

Unha aproximación e estado da cuestión dos estudos de xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas, e intervencións sobre a Historia das Mulleres abrirán este Congreso. Asistiremos, tamén, a un repaso completo dos mu-seos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe.

Falando da muller e a Arte Contemporánea poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e a través das súas obras unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.

Coa realización deste Seminario, pretendemos fortalecer as políticas e iniciativas públicas e privadas dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre os sexos e a loita contra o sexismo, desde o ámbito da educación, vendo que as mulleres representaron e representan, ao igual que os va-róns, o 50% da nosa sociedade. O Congreso de Xénero, Museos e Arte celebrarase en Lugo e no marco dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo (Galicia, España) os días 11, 12 e 13 de outubro de 2013.

ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS

Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa cola-boración de distintas institucións museísticas de calado, entre outras, o Museo de Belas Artes de Murcia, así como o seu Centro de Estudos de Museoloxía; o Museo de Arte Con-temporánea de León (MUSAC); o Museo de León; o Centro Buendía da Universidade de Valladolid; o Museo Thyssen-Bornemisza; o Museo Arqueolóxico de Cacabelos e o Festival Miradas Mulleres 2014 nas súas sedes de Madrid e Galicia.

Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Santiago de Compostela e Vigo.

O Museo Provincial de Lugo encargarase das inscricións e certificados de asistencia.

Page 5: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

ESTRUTURA E TEMÁTICA

O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: Xénero e Historia; Xénero e Museo; Arte e Xénero. Cada un dos anteriores ocupará un día completo dos tres nos que se desenvolverá o encon-tro e na orde correlativa mencionada liñas arriba.

1.º BLOQUE: XÉNERO E HISTORIANesta primeira sesión titulada “Xénero e Historia” realizaremos unha aproximación e estado da cuestión dos Estudos de Xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas; todo isto, xunto con varias intervencións que versarán sobre a His-toria das mulleres. Os Estudos de Xénero, que se desenvolveron desde os anos sesenta do século XX, están centrados nas mulleres e a súa Historia, así como nas relacións entre mulleres e homes. Deste modo, abriron unha nova perspectiva enriquecendo a Historia que se escribira ata entón e construín-do un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.

2.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOSEsta segunda sesión tratará sobre a Museografía e o Xénero. Así, asistiremos a un repaso comple-to dos museos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe. Neste mesmo espazo presentarase un proxecto en rede do Museo Provincial de Lugo, o Museo de León e o Museo de Belas Artes de Murcia e, mediante o cal, se analizarán os roles de xénero de mulleres e homes a través das súas coleccións. Esta investigación parte do interese e da preocupación destes tres museos co obxectivo de visibilizar tanto as mulleres coma os homes, a través das representacións artísticas, analizando, tamén, neste sentido, os problemas existentes desde a visión dos museos.

3.º BLOQUE: XÉNERO E ARTENa terceira e última sesión do Congreso trataranse os temas das mulleres e a Arte Contemporánea, presentando tanto unha visión xeral e estado da cuestión en Galicia como de temas concretos, entre os que se encontran a xestión e o comisariado realizado por mulleres na actualidade. Con varias experiencias concretas de mulleres artistas, poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e, a través das súas obras, unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.

Cada bloque temático será articulado cun ou dous relatorios, unha mesa redonda e unha quenda para comunicacións, cuxas condicións son explicadas nesta primeira circular.

Page 6: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

PROGRAMA:

Venres, 11 de outubro de 2013Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol, Lugo) 15.00 h Traslado en autobús Lugo-San Paio de Narla (Lugo)16.00 h Visita guiada ao Museo Etnográfico San Paio de Narla16.30 h Presentación do I Congreso de Xénero, Museos e Arte a cargo do comité organizador xunto con D. Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.16.45 h Conferencia inaugural. “Rosalía de Castro, a inauguradora da modernidade galega: nova arte, novo espírito” Pilar García Negro. Profesora da Universidade da Coruña e escritora.17. 45 h Descanso e café

1. ª SESIÓN: XÉNERO E HISTORIA18.00 h Relatorio: “Tecendo historias de xénero: descubrir os baleiros para completar a Historia con mulleres e homes” M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Universidade de Zaragoza.19.00 h Mesa redonda: “Un novo tempo, unha nova mirada: revisionando e relendo a importancia das mulleres na Historia”. Amelia Aguado Álvarez. Directora Fundación Arellano Alonso e Directora do Centro Buendía da Universidade de Valladolid. Aurora Marco. Profesora na USC, especializada en Muller e Historia Modera e intervén: M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Universidade de Zaragoza20.30 h Conclusións da Xornada21.00 h Traslado en autobús San Paio de Narla-Lugo

Sábado, 12 de outubro de 2013. Museo Provincial de Lugo2. ª SESIÓN: XÉNERO E MUSEOS 9.00 h 1ª Exposición de comunicacións de Xénero e Historia. Relatora: M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro10.00 h Relatorio: “Muller e museo en España: mirando cunha nova mirada” Juan García Sandoval. Director-conservador Museo de Belas Artes de Murcia e Centro de Museoloxía da CARM.11.00 h Descanso e café11.15 h “O Museo Thyssen e os programas didácticos para educar en igualdade” Ana Moreno. Xefa da Área de Educación. Museo Thyssen-Bornemisza Alberto Gamoneda. Educador. Museo Thyssen-Bornemisza12.15 h “Experiencia: creando redes a través de xénero en tres museos provinciais” Presentación das guías didácticas de xénero ‘Volteando’, dos museos provinciais de Lugo, León e Murcia”. Encarna Lago. Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Luis Grau. Director Museo de León Juan García Sandoval. Director-conservador Museo de Belas Artes de Murcia Aurora Lema. Antropóloga cultural e social. Medusa Mediación13.00 h Mesa redonda: “A relación muller e museo-espazos patrimoniais” Araceli Corbo. Responsable Biblioteca e Centro de Documentación Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC). Silvia Blanco. Directora Museo Arqueolóxico de Cacabelos Josefina Cerviño. Catedrática de Historia del Arte. Universidade da Coruña Modera: Encarna Lago. Rede Museística Provincial de Lugo14.30 h Comida

Page 7: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

3.ª SESIÓN: XÉNERO E ARTE16.30 h 2.ª Exposición de comunicacións de Xénero e Museos Relator: Luis Grau Lobo17.30 h “Marco conceptual de arte e xénero en España” Mónica Álvarez Careaga. Festival Miradas Mulleres 2014 en Madrid18.30 h Descanso e café18.45 h “NOMEAR para EXISTIR. Proxectos de xénero en Galicia” Paula Cabaleiro. Miradas Mulleres 2014 en Galicia19.45 h Mesa redonda: “A relación de arte e xénero: Muller creadora e xeradora de arte” Laura Piñeiro. Artista. A Coruña Reme Remedios. Artista, galerista. Ponferrada Chus Martínez. Comisaria independente e crítica de arte Elena Gaztelumendi. Vídeo-artista. Ponferrada-Barcelona Modera: Paula Cabaleiro. Miradas Mulleres 2014 en Galicia21.00 h 3.ª Exposición de comunicacións de Xénero e Arte Relatora: Gema López22.00 h Conclusións

Domingo, 13 de outubro. Pazo de Tor (Monforte de Lemos, Lugo) 4.ª SESIÓN

9.15 h Traslado en autobús Lugo-Pazo de Tor10.15 h Visita guiada ao Pazo de Tor11.00 h “Prácticas feministas de xestión cultural” Anxela Caramés. Comisaria independente, especializada en proxectos de xénero12.00 h Descanso e café12.30 h Conferencia de Clausura: “Diferentes” Marina Núñez. Artista e profesora na Facultade de Belas Artes na UVigo13.30 h Conclusións14.00 h Clausura do I Congreso de Xénero, Museos e Arte14.30 h Traslado en autobús Pazo de Tor-Lugo

Page 8: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA

COMITÉ ORGANIZADOR Encarna Lago. Rede Museística Provincial de LugoJuan García Sandoval. Museo de Belas Artes de Murcia. Centro de Estudos de Museoloxía da CARMLuis Grau Lobo. Museo de LeónAraceli Corbo. Biblioteca e Centro de Documentación. Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC)Mónica Álvarez. Festival Miradas Mulleres 2014 en MadridPaula Cabaleiro. Festival Miradas Mulleres 2014 en Galicia

COMITÉ CIENTÍFICO Almudena Domínguez. Catedrática de Arqueoloxía e Directora del Máster en Museos. Universidade de Zaragoza.Marina Núñez. Artista e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo) Mar Rodríguez Caldas. Profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo)

COORDINACIÓN CIENTÍFICA M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Investigadora de xénero. Universidade de Zaragoza

SECRETARÍA E COORDINACIÓN TÉCNICAGema López. Artista plástica, Lugo Pilar Sánchez. Produción culturalJuan Ignacio Márquez. Rede Museística Provincial de LugoFernando Arribas. Responsable do Departamento de Difusión da Rede Museística Provincial de LugoComunicación e Xestión Cultural. Rede Museística Provincial de LugoDepartamentos de Educación. Museos de Lugo, León e MurciaTámara Bermúdez , Rubén Hurtado e Adrián Pérez. Voluntarios comunitymanager