19
Grupo do Procedemento PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA RESPIRATORIA ALTA PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA RESPIRATORIA ALTA Procedementos de enfermería: vía respiratoria Sumario de recomendacións Rede de Saúde

PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

Grupo do Procedemento

PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍARESPIRATORIA ALTA

PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

Procedementos de enfermería: vía respiratoria

Sumario de recomendacións

Rede de Saúde

Page 2: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE
Page 3: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTOS DE ENFERMERÍA

Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Santiago de Compostela 2015

Page 4: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

DATA DE ELABORACIÓN: Setembro 2013.

EDITA: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.LUGAR: Santiago de Compostela.ANO: 2015.

DESEÑO E MAQUETACIÓN: everis Spain, S.L.U.

AUTORES

Comisión de Protocolos de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (in-tegrantes do Grupo Femora):

Azuara García, María Jesús Dolores. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Bermejo Montero, Lourdes. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Dapena Álvarez ,María José. TCAE EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Fernández Cotado, María Jesús. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Fernández Varela, María Milagros. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

García Penela, María Mercedes. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Gómez Gómez, Ana María. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Iglesias Casas, Gregorio César. Enfermeiro EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Parada Folgoso, Ana Isabel. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Pérez Dinamarca, Andrea del Pilar. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Rodríguez Fernández, María José. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Vázquez González, Ana Belén. Enfermeira EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

COLABORADORES

González Vázquez, Antía. TécnicA de Saúde. FEA Preventiva. EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Lojo Rodríguez, Juan. Grupo Técnico Función Administrativa. EOXI Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Xunta de Galicia. 2015. Procedementos de enfermería

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: http://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Publicacións-da-Organización

Esta obra distribúese cunha licenza Atribución–Non comercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons (CC BY-NC-SA 4.0). Para ver una copia da licenza, visite:

https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl

Page 5: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

/ 6

/ 7

/ 13

/ 14

/ 14

14

15

/ 16

/ 9

9

9

9

12

13

13

1 12 23 3

4 4

5 5

6 67 78 8

XUSTIFICACIÓN

DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVE

OBXECTIVO Obxectivo xeral /

Obxectivos específicos /

ÁMBITO DE APLICACIÓN Diagnósticos de enfermería relacionados

Poboación diana

Profesionais aos que vai dirixido

Ámbito asistencial de aplicación

DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO Medidas básicas de obrigado cumprimento /

5.1 Medios materiais /

5.2 Procedemento /

5.3 Observacións /

5.4 Rexistros /

5.5 Avaliación e seguimento /

RESPONSABILIDADES

REFERENCIAS

BIBLIOGRAFÍA Bibliografía referenciada /

Bibliografía consultada /

ANEXOS

/ 8

/ 8

9 9

8

8

8

8

Page 6: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

1 1 XUSTIFICACIÓNA finalidade deste procedemento é estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesio-nais, de xeito que se garanta en todo momento a seguridade e o confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

As vías respiratorias teñen ao seu cargo o paso de aire a través delas. Hai que diferenciar entre as vías respiratorias superiores ou altas —formadas pola boca, a farinxe, a larinxe e a traquea— e as vías respiratorias inferiores ou baixas —formadas polos bron-quios lobares e segmentarios—.

As obstrucións da vía aérea alta, pola presenza de contido gás-trico, de saliva ou doutras secrecións, supón para o paciente unha multitude de problemas, xa que por unha parte se ve afec-tada a ventilación pulmonar con posibilidade de que se produza hipoxemia, insuficiencia respiratoria e, por outra banda, favorece que se produzan infeccións como a pneumonía.

A aspiración de secrecións é unha técnica invasiva que se em-prega cando o paciente non pode eliminar de forma espontánea ou por outros procedementos menos invasivos estas secrecións e precisa da extracción de secrecións das vías aéreas, mediante a introdución dun catéter de aspiración na vía aérea oral e/ou traqueal. (Def. NIC aspiración das vías aéreas -3160)1.

Este procedemento non está exento de riscos, como son a hi-poxemia, hemorraxias, infeccións, laringoespasmos, lesións na mucosa etc., xa que como dixemos anteriormente é unha técni-ca invasiva.

Page 7: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /7

2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVEDefinicións/Aspiración - introducir ou extraer cun movemento de succión. O termo tamén pode referirse a un procedemento médico para a extracción “de algo” dunha área do corpo. Estas substancias poden ser aire ou líquidos corporais 2.

Sonda - instrumento flexible, ríxido ou elástico, que se introduce en cavidades corporais naturais ou patolóxicas con fins exploratorios, diagnósticos ou terapéuticos 3.

Manómetro (regulador de baleiro) - instrumento para adecuar o nivel de baleiro para as diferentes aplicacions 4.

Abreviaturas /

CDC: centros para o control e a prevención das enfermidades (USA).

CHOU: Complexo Hospitalario de Ourense.

GACELA: Gestión Avanzada de Cuidados de Enfermería Línea Abierta.

Grade: clasificación das recomendacións de avaliación e desenvolvemento.

HICPAC: Comité Asesor de Prácticas Saudables para o Control de Infeccións.

IANUS: historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.

mm Hg: milímetro de mercurio.

NANDA: North American Nursing Diagnosis Association.

NIC: clasificación internacional de enfermería.

PBA: produto de base alcohólica.

TCAE: técnico de coidados auxiliares de enfermería.

Palabras clave / Aspiración de secrecións, succión de secrecións/suction aspiration, secrecións orofa-rínxeas e sondas de aspiración 2.

Page 8: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /8

3 3 OBXECTIVOObxectivo xeral /Definir as accións que compre desenvolver para manter permeable a vía aérea respira-toria alta.

Obxectivos específicos /1. Desenvolver unha correcta extracción das secrecións das vías aéreas superiores, mediante a inserción dun catéter de aspiración na vía aérea do paciente, a través da boca, do nariz ou da traquea.

2. Favorecer a ventilación e a osixenación.

3. Contribuír a previr infeccións e/ou atelectasias ocasionadas pola acumulación de secrecións.

ÁMBITO DE APLICACIÓN4 4 Diagnósticos de enfermería relacionadosDiagnósticos NANDA 5

− 00004 Risco de infección.

− 00031 Limpeza ineficaz das vías aéreas.

− 00032 Patrón respiratorio ineficaz.

Poboación dianaEste procedemento aplicaráselles a todos os usuarios do Servizo Ga-lego de Saúde que precisen eliminar as secrecións que obstrúen total ou parcialmente as vías aéreas superiores.

Profesionais aos que vai dirixidoEste procedemento vai dirixido aos profesionais pertencentes á rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Ámbito asistencial de aplicaciónEste procedemento aplicarase na rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde en todos os casos en que o paciente precise aspiración de secrecións da vía aérea alta.

Di

Page 9: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /9

5 5 DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTOMedidas básicas de obrigado cumprimento 6/- Formación e adestramento axeitado na manipulación da vía aérea (aspiraciónde se-crecións bronquiais). (Nivel da evidencia alto.Recomendación forte).

- Hixiene estrita das mans con produtos de base alcohólica (PBA) antes de manipular a vía aérea. (Nivel de evidencia alto. Recomendación forte).

- Hixiene bucal empregando clorhexidina (0,12 %-0,2 %).(Nivel da evidencia alto. Reco-mendación forte). Protocolarizar cada 8 horas.

5.1 Medios materiais / (ver anexo de imaxes)

Sonda de aspiración estéril con con-trol de calibre e lonxitude axeitada.

Luvas estériles.

Sistema de baleiro.

Manómetro.

Recipiente para recoller as secre-cións.

Sistema de aspiración e conexións.

Solución de lavado (auga estéril o soro salino).

Equipo de osixenoterapia.

Auga estéril ou soro salino.

Depresor.

Cánula orofarínxea (Guedell).

Lubricante hidrosoluble estéril.

Medidas de barreira fronte ao risco de salpicaduras e/ou illamento, se se precisa.

1

222

223

5.2 Procedemento /- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que debe realizar e so-licitarlle a súa colaboración, se é posible. Hai que salientar a súa utilidade, utilizar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, cómpre explicarlles o procedemento aos pais.(Grao B. Nivel de evidencia III).

Page 10: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /10

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar se o paciente ten alerxias.

- Colocar en posición axeitada. Se non está contraindicado:

PACIENTE CONSCIENTE:

· Aspiración vía oral: posición semifowler con cabeza ladeada.

· Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º.

· Aspiración traqueal: sentado.

PACIENTE INCONSCIENTE: decúbito lateral.

- Realizar a hixiene das mans (Categoría IA) (Nivel de evidencia I) e colocar luvas non estériles.

- Dispor o material necesario.

- Comprobar o correcto funcionamento do equipo e da regulación da presión.

- Abrir o paquete estéril da sonda de aspiración e, sen retirala do envoltorio, proceder a conectala ao tubo de aspiración.

- Regular a aspiración á presión negativa apropiada segundo o tipo de paciente:

NEONATOS: 60-80 mm Hg.

BEBÉS: 80-100 mm Hg.

NENOS: 100-120 mm Hg.

ADOLESCENTES/ADULTOS:100-150 mm Hg (Grao B) 7.

ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS

- Realizar A hixiene de mans e colocar luvas estériles. (Nivel I).

- Se está indicado, empregar os equipos de protección individual. (Nivel IV)

A. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS NASOFARÍNXEAS

- Se o doente está consciente, hai que pedirlle que se asoe e examinar os orifi-cios nasais para comprobar a súa permeabilidade. Convén explicarlle que respire alter-nativamente por cada un dos orificios mentres bloquea o contralateral. Escolleremos o orificio polo que respire mellor 5, 8, 9, 10.

227

228

229

2210

2211

2212

224

225

226

1

222

Page 11: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /11

- Observaremos se existe algunha desviación do tabique nasal. Nese caso, elixi-remos o orificio nasal contrario ao lado desviado.

- Lubricar e introducir a sonda suavemente e con determinación, sen aspirar e sen forzar, seguindo a anatomía natural da vía nasal.

- Ocluír o orificio de succión e aspirar de forma intermitente durante 10-15 se-gundos11 vai retirando a sonda. (Grao B) con movementos rotatorios suaves á vez que se vai retirando a sonda.

- Se é necesario, repetir o procedemento, para o que se ha deixar descansar o paciente entre aspiración e aspiración e empregarase unha nova sonda estéril por cada aspiración.

B. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS OROFARÍNXEAS

- Inspeccionar a cavidade orofarínxea.

- Lubricar a sonda con lubricante hidrosoluble e introducir suavemente e con determinación a sonda na boca e, sen forzar, avanzar o catéter preferiblemente esva-rando polo lateral da cavidade cara ás secrecións da farinxe. Aspirar os laterais da boca e a zona da farinxe. De tratarse dun paciente inconsciente, aspirar a través da cánula orofarínxea (Guedell).

C. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS MEDIANTE UNHA CÁNULA DE TRAQUEOTOMÍA

- Lubricar e introducir a sonda suavemente a través da cánula de traqueotomía sen superar o extremo da cánula.

- Ocluír o orificio de succión e aspirar de forma intermitente durante 10-15 se-gundos (Grao B) con movementos rotatorios suaves, á vez que se vai retirando a sonda.

- Repetir o procedemento se é necesario, de maneira que se deixe descansar o paciente 20-30 segundos entre aspiración e aspiración e empregarase unha nova son-da estéril por cada aspiración (3 aspiracións como máximo).

- Desbotar a sonda.

- Despois lavar o tubo conector con con auga estéril para evitar obstrucións e limpar o sistema.

- Sacar as luvas e realizar a hixiene de mans.

- Colocar comodamente o paciente e avaliar o seu estado respiratorio.

5.3 Observacións /

- Hiperosixenar antes e despois, se procede (Grao B) 13.

223

224

225

226

Page 12: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /12

− Empregar a sonda do calibre axeitado, xa que os calibres grandes poden causar trau-mas e os calibres pequenos pode que non sexan efectivos. Na aspiración pola cánula de traqueotomía, a sonda ha de ter un diámetro non superior á metade do diámetro interno da cánula traqueal 7, 13.

− Realizar en primeiro lugar a aspiración nasofarínxea, xa que se considera máis limpa que a orofarínxea.

− Cambiar a sonda cada vez que se acceda á árbore traqueal.

− Indicarlle ao paciente que inspire e introducir a sonda coincidindo co final da inspira-ción.

− Se é preciso fluidificar as secrecións nasais, instilar soro salino antes da aspiración.

− Evitar a instilación rutineira de soro salino antes da aspiración de secrecións bron-

quiais, pois existe a posibilidade de provocar unha maior hipoxemia e de aumentar o

risco de pneumonía por mor da introdución de bacterias que poidan estar aloxadas no

interior do tubo.

− Evitar a aspiración en caso de epistaxe ou de fístula de líquido cefalorraquídeo.

− Evitar a aspiración tras as comidas.

− Evitar, sempre que sexa posible, a posición de decúbito supino a 0º (Nivel de evidencia moderado. Recomendación forte) 6.

− Aspirar a vía respiratoria só cando sexa necesario e non por rutina. A aspiración repe-

tida pode danar a mucosa e producir ulceración e hemorraxias.

− Avaliar se o paciente precisa unha segunda aspiración. O procedemento de aspiración non durará máis de 10 segundos e é necesario esperar 20-30 segundos entre aspira-ción e aspiración.

− Entre as complicacións, convén salientar as seguintes: lesións na mucosa, hipoxemia, inestabilidade cardiovascular, bradicardia, arritmias, laringoespasmos, brocoespasmos, malestar, infeccións nosocomiais, microatelectasias ou aumento da presión intracraneal 7

− As presións negativas de aspirado non deben superar os 150 mm Hg polo risco de que poden causar traumas, hipoxemias ou atlectasias 7.

− Contraindicacións para o procedemento (condicións do paciente e baixo criterio médi-co): trastornos hemorráxicos (coagulación intravascular diseminada, trombocitopenia, leucemia), edema ou espasmos larínxeos, varices esofáxicas, cirurxía traqueal, cirurxía gástrica con anastomose alta, infarto de miocardio.

Page 13: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /13

EN PACIENTES CON CÁNULA CON CAMISA FENESTRADA OU CÁNULA TAPADA

Retirar a camisa fenestrada ou o tapón e colocar a camisa sen fenestra.

EN PACIENTES PORTADORES DE CÁNULA DE TRAQUEOTOMÍA CON BALÓN

Vixiar a presión de inflado do pneumotaponamento (manómetro: 20-25 mm Hg8 (Nivel

de recomendación 1C) (Grao B) previo e posterior á aspiración.

5.4 Rexistros / Realizaranse no aplicativo informático GACELA, IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade.

Rexistrar o procedemento indicando:

− Día e hora.

− Frecuencia, cor, olor, consistencia e cantidade das secrecións aspiradas.

− Tolerancia do paciente ao procedemento (taquipnea, dispnea, náuseas...)

Rexistrar no plan de coidados do paciente as accións derivadas do procedemento.

5.5 Avaliación e seguimento /O presente documento será actualizado no prazo de cinco anos ou cando a evidencia científica poida afectar o recollido no procedemento.

RESPONSABILIDADESAs accións derivadas da posta en práctica deste procedemento son responsabilidade do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde. A dispoñibilidade do procedemento e das ferramentas necesarias para a súa aplicación na práctica asistencial son responsa-bilidade da dirección do centro sanitario.

6 6

Page 14: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /14

REFERENCIASProtocolo vixente no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense:

PT-CHOU-DENF-42-1: “Aspiración de secrecións orofarínxeas e traqueais”.

BIBLIOGRAFÍABibliografía referenciada /

1. Bulechek G. M., Butcher H. K., Mccloskey J. Nanda International. Clasificación de in-tervencións (NIC). 5.ª edición. Barcelona. Elsevier 2009.

2. http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002216.htm (consultada 06/06/2013).

3. http://www.cun.es/areasalud/diccionariomedico/todas/25?busqueda=sonda (consul-tada 12/06/2013).

4. http://www.urgenciasdelsol.es/wpcontent/uploads/2012/04/PROTOCOLOaspira-cion-secrecciones-con-V.M..pdf

5. NANDA International. Diagnósticos enfermeros. Definiciones y clasificación 2009-2011. Barcelona. Elsevier 2010.

6. Ministerio de Sanidade, Política social e igualdad. Módulo de formación “Neumonía Zero”. Dispoñible en http://hws.vhebron.net/formacion-NZero/evaluacion.asp

7. American Association for Respiratory Care. “AARC Clinical Practice Guideline/Naso-

tracheal suctioning-2004” Revision&update. Respiratory Care 2004; l49(9).

8. De Leyna P., Bedertb L., Delcroixc M., Depuydtd P., Lauwerse G., Sokolovf Y. et al. “Tracheotomy: clinical review and guidelines.” Eur J. Cardiothorac Surg 2007; 32: 412-21.

9. “Traqueostomía aspiración”. JBI [en liña], 14 de marzo de 2012 [data de acceso 11 de xaneiro de 2013], dispoñible en URL www.JoannaBriggs.edu.au.

10. Hernández C. “Cuidados de enfermería a pacientes con traqueostomía”.Desarrollo Cientif. Enferm 2007; 3 (4): 14-18.

7 78 8

Page 15: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /15

11. “Aparato respiratorio. Procedimientos relacionados”. Unidade 8. Dispoñible en www.mcgraw-hill.es/bcv/guide/capitulo/8448177851.pdf

12. http://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdesalud/hrs3/fileadmin/user_upload/area_enfermeria/enfermeria/procedimientos/procedimientos_2012/d3_aspira-cion_secreciones.pdf

13. Day T., Farnell S., Wilson-Barnett J.; “Suctioning: a review of current research recom-mendations”.Intensive and Critical Care Nursing 2002,18(2)79-89.

Bibliografía consultada /

- Mitchell R.B., Hussey H.M., Setzen G., Jacobs I.N., Nussenbaum B., Dawson C. et al. “Clinical Consensus Statement: tracheostomy care”. Otolaryngol Head Neck Surg 2013; 148: 6-20.

- ”Aspirado faríngeo” JBI . [en liña], 24 de outubro de 2011 [data de acceso 11 de xaneiro de 2013], dispoñible en www.JoannaBriggs.edu.au.

- Ramos M.R., Torner I., Onrubia X. “Protocolo de cuidados de enfermería al paciente crítico con traqueotomía”. Enfermería integral 2010; 26.

- American Association for Respiratory Care. AARC Clinical Practice Guidelines. “En-dotracheal suctioning of mechanically ventilated patients with artificial airways” 2010. Respir Care 2010;55(6):758-64.

- http://www.cun.es/areasalud/diccionariomedico/todas/25?busqueda=aspiraci%C3%B3n (consultada 07/06/2013).

Page 16: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /16

ANEXOSAnexo I: Summary of recommended practice /9 99 9

Page 17: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

PROCEDEMENTO PARA ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS DA VÍA RESPIRATORIA ALTA

/ /17

/ Sonda de aspiración

Anexo II: Imaxes / Realizadas no CHOU

/ Sonda de aspiración / Nanómetro de presión

Page 18: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE
Page 19: PROCEDEMENTO PARA A ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS D A VÍA … · 2016-07-15 · · Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º. · Aspiración traqueal: sentado. PACIENTE

Procedementos

Asistencia Sanitaria

D

Servizo Galego de Saúde

54