Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PANEIS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA E PATRIMONIAL DO
COMPLEXO AREA DE SECADA-AMEIXIDA Os ecosistemas e as especies naturais
AS AVES
Neste sector, é moi habitual atopar especies moi diversas de aves. Destaca o veciño Par-
que Natural de Corrubedo que supón un magnífico enclave para gozar da riqueza or-
nitolóxica do Concello. Así, pódense ver aves acuáticas como os corvos mariños, moi recoñecibles pola súa plumaxe negra. A gai-vota patiamarela adoita xogar coas correntes de aire, para repousar sobre as rochas do lu-gar. Outras especies de menor tamaño rol-dan pola ribeira mariña como os lamparei-
ros, dos que destaca o seu peteiro alaranxa-do. Finalmente, é moi vistosa a garzota co-mún, visible a miúdo entre as rochas. A se-guir ofrcemos algunhas das especies que
podes atopar no enclave.
Corvo mariño cristado · Phalacrocorax aristotelis
Garzota común · Ardea alba
Gaviota patiamarela - Larus michahellis
Lampareiro - Haematopus ostralegus
AS ESPECIES MARIÑAS
Se por algo destaca este sector é polo im-portantísimo valor do seu medio mariño po-
boado por numerosas especies. Bibalvos, crustáceos, cefalópodos e peixes son os gru-pos máis abundantes. Todos eles se alimen-tan sobre uns fondos que ofrecen gran canti-dade de nutrientes no fitoplacto en suspen-sión. De entre todo ese universo mariño po-demos citar peixes, como o sargo ou a roba-liza; cefalópodos, como o choco ou a lura; crustáceos, como a nécora ou a centola e,
tamén, bibalvos, como a navalla ou a amei-xa. Todos eles son protagonistas ademais,
da proposta gastronómica do concello.
Sargo · Diplodus sargus
Nécora · Necora puber
Choco · Sepia officinalis
Navalla · Ensis arcuatus
Bolboreta - Zerynthia rumina
Lagarto arnal - Timon lepidus MÁIS FAUNA
Ademais de aves e especies mari-ñas, esta zona de visita posúe ou-tras especies que compoñen o seu universo faunístico. Entre elas des-tacan insectos voadores e vistosos como a bolboreta. Tamén son visi-bles nos meses máis calorosos al-gúns réptiles como o lagarto arnal que posúe unha capacidade moi
elevada de adaptación cromática ao medio. Para ver as lontras que vi-
ven nas zonas rochosas, hai que en-cherse de paciencia e ter un pouco de sorte. O espectáculo será com-pleto se cadra a nosa visita co paso
dos arroaces.
Herba de namorar. Armeria maritima Alga parda · Saccorhiza Piñeiro · Pinus pinaster
A FLORA
A vexetación do complexo intermareal divídese en dous grupos: as especies pertencentes ao medio mariño propia-mente dito e as especies de ribeira litoral. As primeiras son fundamentalmente algas, entre as que destacan as denomi-nadas pardas, moi recoñecibles polo seu aspecto de “cinta de cor marrón”. Estas algas son moi apreciadas xa que posú-en un notable valor gastronómico como “espaguetis de mar”. Entre as segundas atopamos especies moi adaptadas a un medio moi seco e de elevada salinidade (xerófitas) como a herba de namorar. Cómpre destacar tamén a vexetación ru-pícola que medra asociada aos cantís e aos conxuntos de bolos graníticos, así como as masas boscosas de ladeira, fun-damentalmente piñeirais mesturados con outras especies como carballos e loureiros. Onde a cobertura arbórea é menor
cobran maior relevancia as toxeiras, matogueiras con predominancia dos toxos (Ulex spp.).
Arroaz - Tursiops truncatus
Garza real - Ardea cinerea Gaivotón atlántico - Larus marinus Píllara riscada - Arenaria interpres Carrán cristado - Thalasseus sandvincensis Mascato - Morus bassanus
AS PRAIAS
O Concello de Riveira conta con algúns dos mellores
areais das Rías Baixas. Dende algunhas pequenas praias de augas calmadas como as do sector de Area de Secada-
Ameixida ata outras de maior tamaño de augas máis axitadas como O Vilar ou Ba-lieiros. Todas son formidables
lugares para o lecer.
Para máis infomación: http://www.riveira.es/
http://turismo.riveira.es/
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/