Upload
andrea-varela
View
223
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Todos os minerais
Citation preview
Os mineraisAs rochas están formadas por minerais.Os
minerais son materiais que se forman de xeito natural na Terra. Cada mineral ten unha composición e unhas propiedades características.
Os minerais diferéncianse entre si porque tñen unhs priedades características.Algunhas destas propiedades son a cor,a raia,o brillo,a dureza,a factura e a exfoliación.
Cor e raiaCada mineral adoita ter unha cor característica.Por
exemplo,a calcita é de cor branca, o ouro é amarelo e o robí vermello.
Con todo,moitas veces un mesmo mineral presenta diferentes cores debido ás impurezas que contén.Un xeito de observar a verdadeira cor dun mineral consiste en colocalo sobre unha superficie branca e facerlle unha raia.O po que cae sobre a superficie branca infórmanos da cor do mineral.
A biotita,por exemplo,pode presentar unha cor parda ou verde escura,pero se lle facemos unha raia,o po que se orixina é de cor branca.
DurezaA dureza é a resistencia que presenta un
mineral a ser raiado.A dureza dun mineral pode medirse coa
escala de Mohs.Nesta escala,cada mineral pode ser raiado polo seguinte da lista.O talco é o mineral máis brando e pode ser raiado mesmo coa uña.En cambio,o diamante é o mineral máis duro e raia todos os demais.
BrilloBrilloOs minerais presentan a propiedade de
reflectir a luz que incide sobre eles.Esta propiedade coñécese como brillo e pode ser:
Metálico:semellante ao dun metal puído.Vétreo:similar ao do cristal dunha ventá.Anacardo:coma o da parte interna das
cuncas dalgúns bivalvos,como o mexillón.Diamantino:parecido ao do vidrio,pero con
reflexos de múltiples cores.
Aplicación dos minerais
Desde a antigüidade,o ser humano identificou as distintas propiedades dos minerais e realizou a extracción de determinados minerais para o seu posterior uso.Algúns dos principais usos dos minerais son:
Materia prima para a obtención de metais.É o caso da pirita,da que se extrae o ferro para a fabricación de moitos utensilios eferramentas.Alimentació,en especial o caso do sal xema,pero outros minerais tamén son utilizados por diferentes culturas para lle proporcionar sales minerais ao organismo.Construción.O xeso é un mineral moi empregado no recubrimento de paredes.Xoiaría e obxectos de decoración,como é o caso do ouro,da prata,do rubí e do diamante.