49
Os minerais

Os minerais

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os minerais

Os minerais

Page 2: Os minerais

Un mineral é unha substancia sólida, inorgánica, de orixe natural, homoxénea e cunha estrutura interna definida e estable.

Os minerais son produto dunha serie de reaccións físico-químicas polas que a partir de átomos desordeados conséguese a formación dun material ben organizado.

Page 3: Os minerais

ORIXE DOS MINERAIS

Page 4: Os minerais

Topacio: os cristais das xemas fórmanse a partir dos magmas residuais aproveitando os espazos ocos.

Cristais de xofre formados pola sublimación dos vapores nas fumarolas.

Os cristais de sal común (cloruro de sodio) fórmanse por evaporación da auga na que está disolto.

Os granates son minerais típicos das rochas metamórficas. Aparecen asociados aos gneis, ás ecloxitas…

Page 5: Os minerais

OS CRISTAISSon a expresión externa das disposición dos átomos que constitúen un mineral.Para que se formen os cristais é necesario que os átomos dispoñan de espazo, tempo e repouso suficiente para organizárense.O 85% do total das rochas e minerais terrestres teñen estrutura cristalina.

Disposición dos átomos e aspecto da fluorita, fluoruro de calcio (F2Ca).

Page 6: Os minerais

Algúns cristais poden acadar tamaños moi grandes, como os da selenita de Naica (México) de ata 11 m de lonxitude e 5 toneladas.

Page 7: Os minerais

A formación dos cristais segue unhas regras que se expresan nos diferentes sistemas cristalinos, basados na relación que existe entre a forma do cristal e os distintos elementos de simetría: centro, eixo, planos e ángulos.

Cubo de pirita

Seixo afumado. Prismas exagonais apuntados

Ópalo, mineral amorfo.Os materiais que non teñen as súas partículas organizadas en cristais son materiais amorfos (sen forma definida)

Page 8: Os minerais

O diamante e o grafito están formados polo mesmo elemento químico, o carbono. Só os fai diferentes a súa estrutura cristalina.

No grafito os átomos dispóñense en capas feblemente unidas formadas por cristais prismáticos exagonais de cor negra. É tan brando que se usa como lubricante e para fabricar minas de lápis. Conduce a electricidade e emprégase para facer escobiñas de motores.

No diamante os átomos moi fortemente entrelazados agrúpanse en formas regulares (cubos, octaedros) brillantes e moi duras, o que o converte nun material moi buscado como elemento abrasivo ou de corte e na máis valiosa das xemas.

Page 9: Os minerais

Rosa do deserto formada por cristais de xeso.

Xeoda. Os cristais medran cubrindo a superficie interior dunha cavidade.

Na natureza os cristais non adoitan medrar illados senón que forman agregados de distintos tipos: ramificados, radiais, cubrindo superficies ou ocos...

Page 10: Os minerais

PROPIEDADES FÍSICASDensidade: valor da súa masa por unidade de volume.Forma de fragmentar: fractura, exfoliación...Tenacidade: deformación baixo unha acción mecánica (poden ser fráxiles, dúctiles, maleables, elásticos...)Dureza: resistencia á abrasión e ao rallado. Mídese utilizando a escala de Mohs.Conductividade: eléctrica, térmica.Magnetismo.Propiedades radioactivas: emisión de radiacións corpusculares.Propiedades ópticas: cor, brillo, refracción.

Magnetismo

Galena, mineral con brillo metálico.

Cor do rallado. A ralla é unha característica propia de cada mineral que se mantén constante aínda que este cambie de aspecto.

Page 11: Os minerais

ESCALA DE MOHS (Dureza dos minerais)Con esta escala dáselles aos minerais unha valoración entre 1 (o máis brando) e 10 (o máis duro), asociando a cada valor un mineral tipo. Os materiais de dureza 1 e 2 pódense rallar coa unlla, ata o 4 cunha navalla, e ata o 6 cun vidro.

Page 12: Os minerais

PROPIEDADES QUÍMICASDetermínanse pola resposta ao contacto ou acción doutras substancias:-Cor da chama na combustión (reacción co osíxeno).-Reacción a determinados produtos (auga, ácidos...).

A reacción aos ácidos é unha propiedade característica do carbonato cálcico.Mineral de potasio

Page 13: Os minerais

Mica: cor branca brillante, transparente en láminas finas. Suave ao tacto, blanda e flexible. Facilmente esfollable. Non conduce a corrente eléctrica nin é atraída polo imán. Resiste a acción da auga e os ácidos.

Page 14: Os minerais

CLASIFICACIÓN DOS MINERAISCoñécense uns 2.000 tipos de minerais que se poden clasificar tendo en conta a composición química (óxidos, sulfuros, elementos...), a forma en que aparecen (menas, pegmatitas, rochas...), o sistema cristalográfico (cúbico, hexagonal, rómbico...) ou calquera outra propiedade.O sistema máis utilizado a nivel internacional é o creado por H. STRUNZ en 1938 que establece 9 clases de minerais segundo a súa composición química.

Cando un elemento se atopa en estado puro na natureza dise que é nativo. O máis normal é que os elementos se atopen formando parte de combinacións das que se extraen (menas).

ouro nativo

limonita, mena de ferro

Page 15: Os minerais

ELEMENTOS Están formados por un único elemento químico ou aleacións.

Page 16: Os minerais

SULFUROS seleniuros, telururos, arseniuros, antimoniuros, bismoturos. Xeralmente presentan brillo metálico.

Page 17: Os minerais

HALOXENUROS (HALUROS)Sales dos halóxenos. Nunca teñen aspecto metálico.

Page 18: Os minerais

ÓXIDOS e HIDRÓXIDOSCompostos oxidados dos elementos. Non teñen brillo metálico.

Page 19: Os minerais

NITRATOS, CARBONATOS e BORATOS

Page 20: Os minerais

SULFATOS, CROMATOS, MOLIBDATOS, WOLFRAMATOSSales de diferentes elementos (arredor de 200)

Page 21: Os minerais

FOSFATOS, ARSENIATOS e VANADATOS.Oxisales do ácido fosfórico, arsénico, antimonio, vanadio, tántalo e niobio (arredor de 350).

Page 22: Os minerais

SILICATOSÉ a clase máis importante e numerosa do reino mineral. A maior parte son sales derivadas dos ácidos silícicos. Tamén comprende sales de titanio, circonio, torio e estano. En xeral son de aspecto vítreo ou ou lapídeo e de baixa densidade. (Arredor de 500)

Page 23: Os minerais

SILICATOS

Page 24: Os minerais

SILICATOS

Page 25: Os minerais

SILICATOS

Page 26: Os minerais

COMPOSTOS ORGÁNICOS.Sales de ácidos orgánicos, carburos de hidróxeno... (arredor de 20)

Page 27: Os minerais

IMPORTANCIA DOS MINERAISOs minerais máis importantes, desde o punto de vista industrial son os que permiten extraer materiais de uso cotián.

Page 28: Os minerais

As xemas son minerais valiosos pola súa rareza e vistosidade (que aumenta co puído e a talla). Existen uns cen tipos de xemas.

turquesa

hematite

crisocola ollo de tigre

cuarzo turmalina cornalinapirita suxilita

malaquita cuarzo rosa obsidianarubí ágata

xaspe amatista ágata azul lapislázuli

esmeraldas

Page 29: Os minerais

OS MINERAIS EN GALICIAEn Galicia atópanse minerais pertencentes a todos os grupos, algúns moi valiosos, como o ouro e outros que conteñen elementos moi útiles como o ferro ou a caolinita, aínda que a maioría aparecen en concentracións tan baixas que non fan rendible a súa extracción.

ELEMENTOS NATIVOS

Grafito (Melide).

Ouro (praia Barraña).

Fluorita: fluoruro de calcio (A Coruña).

HALUROS

Page 30: Os minerais

SULFUROS

Pirita: sulfuro de ferro (Lobios).

Galena: sulfuro de chumbo (A Fonsagrada).

Mispiquel, arsenopirita. Sulfuro de arsénico e ferro. (Sabarís)

Marcasita: sulfuro de ferro(Gándaras de Budiño).

Estibina: sulfuro de antimonio

Calcopirita: sulfuro de cobre e ferro.

Blenda, esfalerita: sulfuro de Cinc.

Molibdenita: sulfuro de molibdeno

Page 31: Os minerais

Casiterita: óxido de estaño.A Penouta (Viana do Bolo)

Cuprita: óxido de cobre

ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS

Zafiro (Óxido de aluminio). Goián.

Rutilo (Óxido de titanio). Carballo.

Uraninita, soleíta (Óxido de uranio). Caión Scheelita (Óxido de Uranio e calcio).

Page 32: Os minerais

ÓXIDOS E HIDRÓXIDOS

Cromita (Óxido de cromo e ferro).

Goethita (Óxido de ferro).

Ilmenita (Óxido de titanio e ferro). Balarés

Hematite, olixisto (Óxido de ferro).

Magnetita: óxido de ferro (imán natural).

Tantalita (Óxido de tántalo, ferro, manganeso…). Cartelle.

Page 33: Os minerais

Magnesita: carbonato de magnesio (Rubiá).

Siderita: carbonato de ferro.

Malaquita: carbonato de cobre hidratado (Neipín-Lugo).

CARBONATOS, NITRATOS ...

Zaratita: carbonato de níquel hidratado.

Calcita: carbonato de calcio.O Barco de Valdeorras.

Page 34: Os minerais

SULFATOS...

Wolframita: wolframato de ferro ou de manganeso (Lousame).

FOSFATOS, ARSENIATOS...

Monacita: fosfato de cerio, lantano, itrio e torio (terra rara)

Evansita: fosfato de aluminio hidratado (Ames).

Page 35: Os minerais

Granate: silicato de aluminio e outro metal (ferro, calcio, cromo...). Portomouro.

Berilo: silicato de aluminio e berilio. A Estrada

Moscovita (mica branca): silicato de alumnio e potasio (Monte do Galiñeiro).

Espodumena: silicato de aluminio e litio (Vilatuxe).

Microclina (feldespato): silicato de aluminio e potasio (O Porriño).

Crisotilo (asbesto): silicato hidratado de magnesio e ferro.

SILICATOS

Page 36: Os minerais

SILICATOS

Andalucita (silicato de aluminio). A Guarda.

Petalita (silicato de litio e aluminio).

Turmalina (silicato de sodio, ferro, boro, litio,sodio, aluminio…).

Olivino (silicato de ferro e magnesio). Teixedelo.

Sillimanita (silicato de aluminio). Xuño

(

Cianita: silicato de aluminio (O Pino).

Page 37: Os minerais

Seixo transparente (cristal de rocha)

SILICATOS

Seixo lácteoSeixo rosa

Seixo afumado

Page 38: Os minerais

SEIXO:É o mineral máis abundante. Atópase formando parte de rochas (granitos cuarcitas, gneis) ou en filóns por todo o territorio.

Mina no Pico Sacro

Page 39: Os minerais

MINERAIS DE FERROOs minerais de ferro (hematite, goethita, magnetita, pirita e siderita) son especialmente abundantes na provincia de Lugo. Na actualidade practicamente estan esgotados ou non son rendibles.

Hematite

Antiga mina de ferro na Pobra do Brollón.

Page 40: Os minerais

OURO Moi abundante noutras épocas e practicamente esgotado. Atopábase en placeres nos ríos Sil, Miño, Lor, Camba e Bibei e asociado a filóns de seixo e arsenopirita en diferentes puntos do noroeste da Coruña, zona do Carballiño e O Rosal.

Antiga explotación de ouro en Viana do Bolo (Médulas de Caldesiños).

Page 41: Os minerais

MAGNESITA Carbonato magnésico (CO3Mg,). É a máis importante mena de magnesio, elemento que se emprega como desoxidante na elaboración de aliaxes metálicas (bronces, latóns), para a elaboración de aliaxes lixeiras co aluminio, na fabricación de fertilizantes, ladrillos refractarios que resisten moi altas temperaturas...O xacemento máis importante atópase en Rubiá (O Incio).

Planta de procesado de magnesita. Rubiá.

Page 42: Os minerais

FELDESPATOSSon silicatos de aluminio e outros minerais (sodio, potasio, calcio...) que forman parte, xunto co seixo, de moitas das rochas galegas. Tamén se atopan en filóns pegmatíticos en masas e grandes cristais.Os máis comúns son a ORTOSA e a MICROCLINA (Si3O8AlK) que se atopa en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro..., e a ALBITA (Si3O8Al2Ca) que se atopan en Silán, (Muras), San Cosme (Barreiro), Ferreira do Valedouro, Pontecesures, Valga, Amoedo, Salvaterra, Mondariz...Os feldespatos utilízanse nas industrias cerámicas e de vidro.

Na industria cerámica os feldespatos empréganse como materia prima, como fundentes e para a elaboración de esmaltes.

Page 43: Os minerais

CASITERITA Bióxido de estano (SnO2). É a mena máis importante do estano.En Galicia houbo abundantes xacementos de estano, case sempre asociados aos de wolframio que foron intensamente explotados desde a antigüidade e que actualmente están esgotados ou non son rendibles.Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Fontao (Vila de Cruces), A Penouta (Viana do Bolo), Beariz, Novelle, Monterrei, Laza, Calvelos, Vilardevós...Tamén se atopa en aluvións no río Seixido (Arteixo) e no Deza e en brañas en Berdoias.

Mina da Penouta. Viana do Bolo.

Envases para conservas.

Page 44: Os minerais

MINERAIS DE WOLFRAMIOA explotación do wolframio en Galicia acadou importancia a partir de 1908 e especialmente durante as guerras mundiais pola súa utilización na fabricación de armamento e blindaxes. Durante a segunda guerra as principais minas foron explotadas polos alemáns e houbo ademais unha gran produción non controlada que se comercializaba de contrabando tanto no interior de Galicia como a traves da fronteira portuguesa. Ao rematar a guerra fíxose pouco rendible e actualmente atópase practicamente paralizada.

Mina de Fontao. Vila de Cruces.

Page 45: Os minerais

WOLFRAMITA (WO4FE, WO4MN)Asociada case sempre á casiterita.Xacementos: Monte Neme, Santa Comba, San Finx (Noia), Arteixo, Fontao (Vila de Cruces), Lobios, Baltar...

SCHEELITA (WO4Ca)Asociada xeralmente á casiterita, wolframita e ouro.Xacementos: Santa Comba, Vilardevós, Casaio, Noia, Zas, Corcoesto...

Mina de Monte Neme. Carballo.Aparecen filóns de seixo que conteñen cantidades variables de estaño e wolframio con minerais accesorios como arsenopirita, calcopirita e scheelita.

Page 46: Os minerais

CHUMBO e CINCAparecen conxuntamente como galena (sulfuro de chumbo) e blenda (sulfuro de cinc). A explotación máis importante foi a de Rubiais (O Cebreiro), unha das máis grandes de Europa. Son xacementos de orixe hidrotermal en zonas de contacto entre calcárias e lousas.

Xacemento de Rubiais, O Cebreiro.Posiblemente foi explotado polos Normandos (968-969) para a obtención de prata.Entre 1884 e 1930 foi mina de chumbo e cinc. No 1970 reanúdase a explotación que rematou no 1988 ao esgotarse.

Galena

Page 47: Os minerais

CALCOPIRITAÉ a mena máis importante de cobre. En Galicia explotouse na zona de Moeche a comezos do século XX e entre 1950-1980; e na zona de Touro desde 1977 ata 1992.

Cargadeiro de mineral de cobre procedente da explotación de Touro. Porto de Vilagarcía.

CALCOPIRITA (S2CuFe). Contén arredor dun 34% de cobre. Atópase en Touro, Cerdido, Moeche... Tamén aparece acompañando a casiterita, a wolframita, a blenda e a galena.

Mina de Touro.

Page 48: Os minerais

ESTIBINA (S3Sb2)É un sulfuro de antimonio. Atópase en Santa Eufemia e Vilarbacú (O Caurel), As Nogais, Biobra (O Barco), Mina Pandeiro (Ordes)...

Xacemento de estibina de Vilarbacú (O Courel). Explotado desde 1910 a 1945.

Page 49: Os minerais

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daportasal nunha poza da costa