15
O MUNDO DA CUADRÍCULA XEOMETRÍA CURSO ACADÉMICO: 2019-2020 CENTRO EDUCATIVO: CEIP TERRA CHÁ MESTRA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA: CARLA PENA

o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

hhhh

O MUNDO DA

CUADRÍCULA

XEOMETRÍA

CURSO ACADÉMICO: 2019-2020

CENTRO EDUCATIVO: CEIP TERRA CHÁ

MESTRA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA: CARLA PENA

Page 2: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

1

ÍNDICE

1. Ferramentas básicas

1.1. Regra

1.2. Escuadro

1.3. Cartabón

1.4. Compás e o transportador de ángulos

2. Tipos de ángulos

2.1. Ángulo agudo

2.2. Ángulo rectos

2.3. Ángulos obtusos

2.4. Ángulos rasos

2.5. Ángulos completos

3. A circunferencia e o círculo

4. Os polígonos

4.1. Triángulos

4.2. Cuadriláteros

4.3. Polígonos de 5 ou + lados

Page 3: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

2

1. Ferramentas básicas

1.1. Regra

É un instrumento de medición. A unidade de medida que se emprega é o

centímetro.

A continuación déixovos un novo reto:

Se ti queres facer unha regra de papel, soamente tes que recortar o debuxo

que ves a continuación e con axuda da túa familia, fai un pasador (o cadrado

que ves na regra) cortándoo cunha tesoira e pasando o rectángulo (onde están

situadas as frechas) polo medio.

Unha vez teñas feita a regra, mide os obxectos que vexas pola túa casa.

Apunta as súas medidas e se queres, envíamas ao meu correo electrónico.

1.2. Escuadro

Ten forma de triángulo rectángulo isósceles; é dicir, dous dos seus lados son

iguais e forman un ángulo recto.

Page 4: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

3

1.3. Cartabón

Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son

desiguais. A lonxitude da hipotenusa é o dobre da do cateto menor.

NOTA: O CARTABÓN E O ESCUADRO ÚSANSE PARA TRAZAR

RECTAS PARALELAS E PERPENDICULARES.

1.4. Compás e o transportador de ángulos.

É un instrumento esencial que che axudará no trazado de circunferencias e

arcos. Adoita xirar no sentido das agullas do reloxo.

Está formado por dous brazos metálicos acabados un, en agulla e o outro, en

material para escribir (grafito, tinta, pintura...). Grazas a este instrumento

podemos medir ángulos, trazar bisectrices e mediatrices, mover figuras

xeométricas no papel, entre outras cousas.

Page 5: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

4

Non nos podemos esquecer do TRANSPORTADOR DE ÁNGULOS. Este é un

instrumento graduado co cal debuxamos ou medimos un ángulo.

2. Tipos de ángulos

2.1. Ángulo agudo

O seu ángulo mide MENOS de 90º

2.2. Ángulo recto

O seu ángulo mide 90º

Page 6: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

5

2.3. Ángulo obtuso

O seu ángulo mide MÁIS de 90º

2.4. Ángulo raso

O seu ángulo mide 180º

2.5. Ángulo completo

Son os ángulos que miden 360º

Page 7: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

6

3. A circunferencia e o círculo.

CIRCUNFERENCIA

É unha liña curva pechada cuxo puntos están a mesma distancia do centro. Os

seus elementos son os seguintes:

CENTRO: É o punto que está a mesma distancia de todos os puntos da

circunferencia.

RADIO: É o segmento que une o centro con calquera punto da circunferencia.

DIÁMETRO: É o segmento que une dous puntos da circunferencia pasando

polo centro.

CORDA: Une dous puntos da circunferencia sen pasar polo centro.

ARCO: Porción da circunferencia limitada por unha corda.

SEMICIRCUNFERENCIA: É a metade da circunferencia.

De forma visual, observádeo a continuación:

Page 8: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

7

CÍRCULO

É unha figura plana formada por unha circunferencia e o seu interior; é dicir,

é o que está dentro da circunferencia.

4. Os polígonos

Que son os polígonos?

Son figuras xeométricas planas limitadas por liñas rectas. Poden ser:

Regulares: Os seus lados son iguais.

Irregulares: Os seus lados son desiguais.

4.1. Triángulos

Estes son polígonos formados por 3 lados, 3 ángulos e 3 vértices. A suma dos

seus 3 ángulos é de 180º. A continuación podedes observar unha táboa onde

aparecen diferentes triángulos clasificados segundo os seus lados e os seus

ángulos.

En canto os seus lados podemos atopar os triángulos:

ESCALENO, ISÓSCELE E EQUILÁTERO

Page 9: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

8

En canto os seus ángulos podemos atopar os triángulos:

ACUTÁNGULO, RECTÁNGULO E OBTUSÁNGULO

4.2. Cuadriláteros

Son polígonos de 4 lados e, polo tanto, teñen 4 ángulos. A suma dos seus

ángulos é de 360º.

Os cuadriláteros clasifícanse segundo teñan ou non os seus lados opostos

paralelos dous a dous.

Se atendemos aos PARALELOGRAMOS, os cales teñen os seus lados paralelos

opostos dous a dous, distinguimos:

▪ CADRADO: Ten os 4 lados e os 4 ángulos iguais.

Page 10: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

9

▪ RECTÁNGULO: Ten os lados iguais 2 a 2 e os 4 ángulos iguais.

▪ ROMBO: Ten os 4 lados iguais e os ángulos iguais 2 a 2.

▪ ROMBOIDE: Ten os lados e os ángulos iguais 2 a 2.

Con respecto aos NON PARALELOGRAMOS, é dicir, os que NON teñen os

lados opostos paralelos, destacamos:

o TRAPECIO: Ten soamente 2 lados paralelos entre si.

o TRAPEZOIDE: Non ten lados opostos paralelos.

Page 11: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

10

Se queredes entretervos un pouco, déixovos a continuación unha actividade

para que poñades en práctica os diferentes polígonos.

ACTIVIDADE: Forma o teu propio TANGRAM

DESCRIPCIÓN: O tangram é un xogo chino que consiste en realizar

diferentes figuras a partir dun cadrado cortado en 7 figuras xeométricas: 5

triángulos e 2 cuadriláteros.

MATERIAIS: Necesitas as diferentes ferramentas básicas que che expuxen

ao principio deste documento (regra, cartabón, escuadro, compás) ademais de

papel (ou cartolina se tedes) pegamento e lapis.

PASOS A SEGUIR:

1º: Fai o teu tangram utilizando o seguinte modelo.

2º: Recorta as pezas individualmente.

3º: Píntaas de cores diferentes.

Page 12: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

11

4º: Agora xa podes crear diferentes figuras. A continuación podedes

observar todas as figuras que se poden compoñer.

Page 13: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

12

4.3. Polígonos de 5 e + lados.

Son polígonos regulares e teñen os seus lados e ángulos iguais. Existen

diferentes polígonos segundo o número de lados. Podemos distinguir:

➢ Pentágono: Ten 5 lados.

➢ Hexágono: Ten 6 lados.

➢ Heptágono: Ten 7 lados.

➢ Octógono: Ten 8 lados.

Page 14: o mundo da cuadrícula - edu.xunta.gal XEO… · 3 1.3. Cartabón Ten forma de triángulo rectángulo escaleno; é dicir, todos os seus lados son desiguais. A lonxitude da hipotenusa

13

➢ Eneágono: Ten 9 lados.

➢ Decágono: Ten 10 lados.

➢ Endecágono: Ten 11 lados.

➢ Dodecágono: Ten 12 lados