4
Os Amigos de Vilaverde están hoxe no xardín do avó Celso. A horta do avó está moi ben coidada. E mirade cantas plantas e froitos diferentes. Mireia e Tomé son capaces de recoñecer algunhas delas. Tamén Aloia e Brais. E ti? NO XARDÍN

NO XARDÍNcadernoverde.com/uploads/contido/ficha8-no-xardin-contido-37.pdf · sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: NO XARDÍNcadernoverde.com/uploads/contido/ficha8-no-xardin-contido-37.pdf · sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A

Os Amigos de Vilaverde están hoxe no xardín do avó Celso. A horta do avó está moi ben coidada. E mirade cantas plantas e froitos diferentes.Mireia e Tomé son capaces de recoñecer algunhas delas. Tamén Aloia e Brais. E ti?

NO XARDÍN

Page 2: NO XARDÍNcadernoverde.com/uploads/contido/ficha8-no-xardin-contido-37.pdf · sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A

Brais ten unha planta con raíz, talo e follas. Aloia dille que a súa planta ten ademais flores. Mireia está vendo a cerdeira.

As flores convértense en froitos. Que fermosa é a primavera!

Tomé e Cirilo están á beira do composteiro do avó Celso. Mirade todo o que podemos botarlle: os restos de podas, a herba, froitos podres e ata o esterco dos animais. O avó Celso explícalles que o compost é un excelente abono natural. Así de vizosa está a súa horta!

Cales destes residuos poden botarse no composteiro?

Cales non? Sinálaos.

Page 3: NO XARDÍNcadernoverde.com/uploads/contido/ficha8-no-xardin-contido-37.pdf · sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A

No xardín do avó Celso nacen bonitas plantas. O abono natural producido polo composteiro axuda a que medren fortes e lindas. Fíxate nestas flores. Coñecías os seus nomes? Os nosos amigos farán coloridos ramos con elas. Que flores hai no teu entorno? Sabes como se chaman?

Lirio deAuga

Rosa

Margarida

DaliaPanqueixo

PensamentoPapoula

Page 4: NO XARDÍNcadernoverde.com/uploads/contido/ficha8-no-xardin-contido-37.pdf · sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A

Mentres xuntaban restos para o composteiro, Aloia e Brais decidiron facer unha colección de follas de plantas e árbores. Que boa idea!

Fixádevos cantas follas diferentes atoparon! Despois aproveitaron unha vella guía de teléfonos para secar as follas colocándoas entre as súas páxinas. Dentro duns días xa as poderán sacar e clasificar. Queredes facer o voso propio álbum botánico? Animádesvos? Veña, imos aló! A ver que plantas atopades no voso entorno.

Mireia pregunta que facemos se non temos composteiro. Moi doado! Mirade, aquí, neste xardín hai unha illa de reciclaxe. Recoñecedes os colectores?En cal hai que depositar cada un destes residuos?